presentaciÓn de materia/mÓdulo curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de...

68
PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA 1.- BLOQUES DE CONTIDOS - Contidos comúns - A base molecular e fisicoquímica da vida - Morfoloxía, estrutura e funcións celulares - A herdanza. Xenética molecular - A inmunidade e as súas aplicacións 2.- CONTIDOS MÍNIMOS NECESARIOS PARA SUPERAR A MATERIA/MÓDULO Contidos comúns: -Busca, selección e tratamento de información relevante para o coñecemento da bioloxía, utilizando diferentes recursos: visuais, bibliográficos, deseños experimentais coa terminoloxía adecuada. Achegas de homes e mulleres ao longo da historia. -Emprego das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta que axude á interpretación de conceptos, na obtención e tratamento de datos, na procura de información. -Participación en debates e traballos en equipo, revisando e contrastando as ideas propias, argumentando e empregando o vocabulario específico. -Lectura, análise e comentario de textos e libros científicos sinxelos que permitan comprender as cuestións e afondar nelas. -Elaboración de informes sobre situacións problemáticas no eido da saúde ou da biotecnoloxía que permitan coñecer as limitacións da tecnociencia e os problemas derivados do seu uso inadecuado, fomentando a autonomía e a capacidade de emitir xuízos críticos. A base molecular e fisicoquímica da vida. -Os compoñentes químicos da célula e a importancia dos enlaces químicos na materia viva. -Bioelementos e oligoelementos. -Moléculas e ións inorgánicos: auga e sales minerais. -Fisicoquímica das dispersións acuosas. Difusión, ósmose e diálise. -Moléculas orgánicas. -Exploración e investigación experimental dalgunhas características dos compoñentes químicos dos seres vivos. Morfoloxía, estrutura e funcións celulares. -A célula: unidade de estrutura e función. A teoría celular. -A célula como sistema complexo integrado. Ddiferentes métodos de estudo da célula. -Morfoloxía celular. Células procariotas e eucariotas. Células animais e vexetais. -Estudo das funcións celulares e das estruturas onde se desenvolven. O ciclo celular. -A división celular. A mitose en células animais e vexetais. -As membranas e a súa función nos intercambios celulares. -Introdución ao metabolismo. Biocatalizadores. Catabolismo e anabolismo. -A respiración celular, significado biolóxico. Aplicacións das fermentacións. -A fotosíntese, un proceso de síntese de macromoléculas. A quimiosíntese. -Planificación e realización de investigacións ou estudos prácticos sobre problemas relacionados coas funcións celulares. A herdanza. Xenética molecular. -A xenética clásica. Achegas de Mendel ao estudo da herdanza. -A meiose. A súa necesidade biolóxica na reproducción sexual. Importancia na evolución -A teoría cromosómica da herdanza. -A herdanza do sexo. Herdanza ligada ao sexo. Xenética humana. -A xenética molecular ou química da herdanza. Concepto de xene. -Código xenético. Transcrición e tradución xenética en procariotas e eucariotas. -A enxeñaría xenética. Organismos modificados xeneticamente. -A xenómica e a proteómica. -As mutacións. Tipos. Os axentes mutaxénicos. Mutacións e cancro. -Implicacións da mutacións na evolución e aparición de novas especies. -Repercusións sociais e valoracións éticas da manipulación xenética. -O mundo dos microorganismos e as súas aplicacións. -A diversidade dos microorganismos. As súas formas de vida. Bacterias e virus. -Interaccións con outros seres vios. Os microorganismos nos ciclos bioxeoquímicos. -Os microorganismos e as enfermidades infecciosas. -Utilización dos microorganismos nos procesos industriais: agricultura, farmacia, sanidade, alimentación e mellora do medio natural. Importancia social e económica.

Upload: others

Post on 21-Jun-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011-2012

MD750301

CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA 1.- BLOQUES DE CONTIDOS

- Contidos comúns - A base molecular e fisicoquímica da vida - Morfoloxía, estrutura e funcións celulares - A herdanza. Xenética molecular - A inmunidade e as súas aplicacións

2.- CONTIDOS MÍNIMOS NECESARIOS PARA SUPERAR A MATERIA/MÓDULO Contidos comúns:

-Busca, selección e tratamento de información relevante para o coñecemento da bioloxía, utilizando diferentes recursos: visuais, bibliográficos, deseños experimentais coa terminoloxía adecuada. Achegas de homes e mulleres ao longo da historia.

-Emprego das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta que axude á interpretación de conceptos, na obtención e tratamento de datos, na procura de información.

-Participación en debates e traballos en equipo, revisando e contrastando as ideas propias, argumentando e empregando o vocabulario específico.

-Lectura, análise e comentario de textos e libros científicos sinxelos que permitan comprender as cuestións e afondar nelas. -Elaboración de informes sobre situacións problemáticas no eido da saúde ou da biotecnoloxía que permitan coñecer as

limitacións da tecnociencia e os problemas derivados do seu uso inadecuado, fomentando a autonomía e a capacidade de emitir xuízos críticos. A base molecular e fisicoquímica da vida.

-Os compoñentes químicos da célula e a importancia dos enlaces químicos na materia viva. -Bioelementos e oligoelementos. -Moléculas e ións inorgánicos: auga e sales minerais. -Fisicoquímica das dispersións acuosas. Difusión, ósmose e diálise. -Moléculas orgánicas. -Exploración e investigación experimental dalgunhas características dos compoñentes químicos dos seres vivos.

Morfoloxía, estrutura e funcións celulares. -A célula: unidade de estrutura e función. A teoría celular. -A célula como sistema complexo integrado. Ddiferentes métodos de estudo da célula. -Morfoloxía celular. Células procariotas e eucariotas. Células animais e vexetais. -Estudo das funcións celulares e das estruturas onde se desenvolven. O ciclo celular. -A división celular. A mitose en células animais e vexetais. -As membranas e a súa función nos intercambios celulares. -Introdución ao metabolismo. Biocatalizadores. Catabolismo e anabolismo. -A respiración celular, significado biolóxico. Aplicacións das fermentacións. -A fotosíntese, un proceso de síntese de macromoléculas. A quimiosíntese. -Planificación e realización de investigacións ou estudos prácticos sobre problemas relacionados coas funcións celulares.

A herdanza. Xenética molecular. -A xenética clásica. Achegas de Mendel ao estudo da herdanza. -A meiose. A súa necesidade biolóxica na reproducción sexual. Importancia na evolución -A teoría cromosómica da herdanza. -A herdanza do sexo. Herdanza ligada ao sexo. Xenética humana. -A xenética molecular ou química da herdanza. Concepto de xene. -Código xenético. Transcrición e tradución xenética en procariotas e eucariotas. -A enxeñaría xenética. Organismos modificados xeneticamente. -A xenómica e a proteómica. -As mutacións. Tipos. Os axentes mutaxénicos. Mutacións e cancro. -Implicacións da mutacións na evolución e aparición de novas especies. -Repercusións sociais e valoracións éticas da manipulación xenética. -O mundo dos microorganismos e as súas aplicacións. -A diversidade dos microorganismos. As súas formas de vida. Bacterias e virus. -Interaccións con outros seres vios. Os microorganismos nos ciclos bioxeoquímicos. -Os microorganismos e as enfermidades infecciosas. -Utilización dos microorganismos nos procesos industriais: agricultura, farmacia, sanidade, alimentación e mellora do medio

natural. Importancia social e económica.

Page 2: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

A inmunidade e as súas aplicacións.

-Concepto de inmunidade. Tipos de resposta inmunitaria. O sistema inmunitario. -As defensas internas inespecíficas. -Concepto de antíxeno. A inmunidade celular e humoral. Memoria inmunolóxica. -Os anticorpos. Estrutura e función. A súa forma de acción. -A inmunidade natural e adquirida ou artificial. Soros e vacinas. -Disfuncións e deficiencias do sistema inmunitario. -O transplante de órganos. Reflexións éticas sobre a doazón de órganos.

3.- CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o

curriculo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 23 de xuño de 2008.

1. Analizar o carácter aberto da bioloxía a través do estudo dalgunhas interpretacións, hipóteses epredicións científicas sobre conceptos básicos como a composición celular dos organismos, a natureza do xene, a orixe da vida, etc. valorando os cambios producidos ao longo do tempo e a influencia do contexto histórico e das achegas tecnolóxicas. Trátase de coñecer se o alumnado é capaz de analizar as explicacións científicas sobre distintos fenómenos naturais achegadas por mulleres e homes en diferentes contextos históricos, debater algunas controversias e comprender a súa contribución aos coñecementos científicos actuais. Pódese valorar este criterio respecto a evidencias experimentais ou a conceptos coma o xene, infección, virus, o ADN molécula da información, etc. 2. Deseñar e realizar investigacións considerando algunhas características esenciais do traballo científico: planificación precisa do problema, formulación de hipóteses contrastables, deseño e realización de experiencias e análise e comunicación de resultados. Trátase de comprobar a progresión do alumnado no desenvolvemento de destrezas científicas como a planificación do problema ou a comunicación de resultados e adquirir actitudes propias do traballo científico como rigor, precisión, creatividade, etc. para constatar o avance, non só no terreo conceptual, senón tamén no da autonomía persoal, fundamentalmente no traballo no laboratorio con orde e seguranza. 3. Recoñecer os diferentes tipos de macromoléculas que constitúen a materia viva e relacionalas coas súas funcións biolóxicas na célula. Enumerar as razóns polas que a auga e os sales minerais son fundamentais nos procesos celulares, indicando algún exemplos das repercusións da súa ausencia. Preténdese avaliar se o alumnado é capaz de identificar os principais compoñentes moleculares que forman as estruturas celulares, se recoñece as súas unidades constituíntes e se as relaciona coas súas funcións. Tamén se avaliará se recoñece a importancia da auga para o desenvolvemento da vida, as reaccións metabólicas, etc. Así mesmo, valorarase a súa capacidade para realizar experiencias sinxelas e para identificar a presenza das biomoléculas en mostras biolóxicas. 4. Interpretar a estrutura interna dunha célula eucariota e dunha célula procariota (tanto co microscopio óptico como co microscopio electrónico), identificando os orgánulos da primeira e describindo a función que desempeñan. Explicar a teoría celular e a súa importancia no desenvolvemento da bioloxía. Preténdese valorar se o alumnado sabe diferenciar a estrutura celular procariota da eucariota (vexetal e animal) e facer estimacións dos seus tamaños relativos. Tamén se valorará se recoñece os diferentes orgánulos e indica e relaciona as súas funcións. 5. Analizar e representar esquematicamente o ciclo celular e as modalidades da división do núcleo e do citoplasma, xustificando a importancia biolóxica da mitose. Trátase de comprobar se o alumnado ten unha visión global do ciclo celular e dos detalles máis significativos da división nuclear e da citocinese. Tamén se é quen de identificar as distintas fases tanto en microfotografías como en esquemas e preparacións e poder explicar os acontecementos que se producen en cada unha delas e as súas diferenzas máis significativas. 6. Diferenciar os mecanismos de síntese da materia orgánica respecto dos de degradación e os intercambios enerxéticos a eles asociados. Explicar o significado biolóxico da respiración celular indicando as diferenzas entre a vía aerobia e a anaerobia respecto da rendibilidade enerxética, os produtos finais orixinados e o interese industrial destes últimos. Enumerar os diferentes procesos que teñen lugar na fotosíntese e xustificar a súa importancia como proceso de biosíntese, individual para os organismos, pero tamén para o mantemento da vida. Avalíase con este criterio se o alumnado entende, de forma global, os procesos metabólicos celulares de intercambio de materia e enerxía; se valora as funcións dos encimas e diferencia a vía aerobia e anaerobia respecto á rendibilidade enerxética e aos produtos finais das fermentacións e algunhas das súas aplicacións industriais. Así mesmo, trátase de valorar se coñece a importancia e finalidade da fotosíntese, distingue as fases luminosa e escura identificando as estruturas celulares onde se desenvolven, os substratos necesarios, os produtos finais e o balance enerxético obtido, valorando a súa importancia no mantemento da vida. 7. Aplicar os mecanismos de transmisión dos caracteres hereditarios segundo a hipótese mendeliana e a teoría cromosómica da herdanza á interpretación e resolución de problemas relacionados coa herdanza. Describir as vantaxes da reproducción sexual e relacionar a meiose coa variabilidade xenética das especies. Explicar o papel do ADN como portador da información xenética, a natureza do código xenético e a relación coa síntese das proteínas. Coñecer algunhas das ferramentas da enxeñaría xenética e as súas aplicacións. Relacionar as mutacións coas alteracións da información e a súa repercusión na variabilidade dos seres vivos e na saúde das persoas.

Page 3: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

Preténdese comprobar se o alumnado identifica a importancia da meiose na reprodución sexual e pode explicar a teoría cromosómica da herdanza; se analiza os traballos de investigación que levaron ao coñecemento da natureza molecular do xene e a súa relación co ADN e a síntese de proteínas; se é capaz de analizar algunhas aplicacións e limitacións da manipulación xenética en vexetais e animais e nas persoas, entendendo que o traballo científico está, como calquera actividade, sometido a presións sociais, económicas e políticas. 8. Explicar as características estruturais e funcionais dos microorganismos, resaltando a súas relación cos outros seres vivos, a súa función nos ciclos bioxeoquímicos, valorando as aplicacións da microbioloxía na industria alimentaria e farmacéutica e na mellora do medio natural, así como o poder patóxeno que poden ter nos seres vivos. Trátase de valorar se o alumnado é quen de recoñecer a heteroxeneidade taxonómica dos microorganismos e os diferentes papeis que desenvolven nos ecosistemas, así como o relevante papel que o seu coñecemento ten para a biotecnoloxía, fundamentalmente na industria alimentaria, farmacéutica ou na loita contra a contaminación. 9. Analizar os mecanismos de autodefensa dos seres vivos, en particular o desenvolto polos vertebrados ante a presenza dos antíxenos. Coñecer o concepto actual de inmunidade e explicar as características da resposta inmunitaria, así como se pode incidir para reforzar e estimular as defensas naturais. Con este criterio preténdese avaliar se o alumnado identifica as características da inmunidade e do sistema inmunitario cos diferentes tipos celulares implicados e como actúan as defensas externas e internas contra a infección. Tamén debe avaliarse o coñecemento sobre as diferentes técnicas que activan a resposta inmunitaria, como os soros e as vacinas. E finalmente a identificación das alteracións inmunitarias nas persoas, como por exemplo nos casos da Sida, o transplante de órganos e valorar as súas dimensións médicas, biolóxicas, sociais e éticas.

Avaliación parcial.

Realizaranse tres avaliación parciais. Para a cualificación global no trimestre, teranse en conta os seguintes criterios: a cualificación numérica obtida nas probas escritas, a colaboración no desenvolvemento das clases, a participación e voluntariedade, a realización daquelas actividades puntualmente establecidas para a casa e a actitude do alumno na aula,

Durante cada trimestre, o profesor realizará dúas probas escritas (como mínimo) que se basarán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas.

A calificación de cada unha das probas darase cun número de 0 a 10, e unha calificación por debaixo de 4 nunha proba, pode ser motivo de calificación negativa no trimestre. A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte:

- A cualificación numérica obtida da media das probas escritas realizadas suporá o 90% na cualificación da avaliación parcial.

- Teranse en conta o caderno do alumno, a realización daquelas actividades puntualmente establecidas para a casa, a colaboración no desenvolvemento das clases, a participación, a voluntariedade e a actitude do alumno na aula. Este apartado poderá supor o 10% na cualificación da avaliación parcial. Cada alumno ou alumna poderá acadar 1 punto neste apartado.

Do mesmo xeito, a incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o profesor poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten o alumno ata ese momento. Para obter unha avaliación positiva ó final do curso, deberanse superar as tres avaliacións.

Recuperacións.

Realizarase unha proba escrita de recuperación da primeira avaliación e outra da segunda avaliación, para aqueles alumnos ou alumnas que non acadasen unha cualificación igual ou superior a 5 na avaliación parcial. No caso dunha recuperación positiva (nota igual ou superior a 5) esta cualificación substituirá á da avaliación parcial correspondente ós efectos do cálculo da cualificación da avaliación ordinaria. En canto á terceira avaliación, o proceso de recuperación irá incluído no exame final de xuño, como se indica no apartado seguinte.

Avaliación ordinaria (xuño).

Ó final de curso realizarase un exame final ó que se presentarán aqueles alumnos que non teñan acadados os obxectivos mínimos correspondentes a tódalas avaliacións, é dicir, con nota inferior a 5 nalgunha das dúas primeiras avaliacións parciais e na correspondente recuperación, ou con nota inferior a 5 na terceira avaliación parcial. Neste exame final o alumnado terá que realizar as preguntas correspondentes a aquelas avaliacións parciais non superadas previamente de entre as tres. Este exame final puntuará sobre 10 cada un dos bloques de preguntas correspondente a cada avaliación parcial; en caso de superar unha avaliación parcial previamente non superada, a nota previa será substituída pola nova cualificación.

Page 4: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

Avaliación extraordinaria (setembro).

No caso de non acadar unha cualificación igual ou superior a 5 na sesión de avaliación ordinaria de xuño, o alumno ou alumna deberá facer unha proba extraordinaria en setembro, na que deberá examinarse de toda a materia, independentemente de que durante o curso tivera algunha avaliación parcial superada. Esta proba escrita estarán baseada sempre nos obxectivos mínimos que se recollen nesta programación. Para acadar unha avaliación extraordinaria de Setembro positiva, só se terá en conta a cualificación desta proba escrita, que deberá ser igual ou superior a 5.

Page 5: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011-2012

MD750301

CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: CIENCIAS DA TERRA E DO MEDIO AMBIENTE 1.- BLOQUES DE CONTIDOS

- Contidos comúns - O medio natural - Os sistemas fluidos - A xeosfera - A ecosfera - Interfases - A xestión do planeta

2.- CONTIDOS MÍNIMOS NECESARIOS PARA SUPERAR A MATERIA/MÓDULO Contidos comúns. -Busca, selección e tratamento de información relevante para o coñecemento do medio natural, utilizando diferentes recursos: visuais, cartográficos, bibliográficos e deseños experimentais coa terminoloxía adecuada. -Emprego das TIC como ferramenta que axude na interpretación de conceptos, na obtención, tratamento e representación de datos, na procura e comunicación da información. -Participación en debates e traballos en equipo, revisando e contrastando as ideas propias, argumentando e empregando o vocabulario específico en exposicións orais e escritas. -Lectura, análise e comentario de textos e libros científicos sinxelos, así como artigos de divulgación científica, xurídica, económica e social, que permitan comprender e afondar nas cuestións tratadas. -Elaboración de informes sobre problemas ambientais (como a sobreexplotación de recursos, a predición de riscos, impactos ambientais) fomentando a autonomía, a capacidade de reflexión e de emitir un xuízo crítico, facendo propostas de mellora e empregando os termos científicos adecuados con precisión e rigor. -Recoñecemento da necesidade dun desenvolvemento sustentable e valoración das consecuencias ambientais da evolución tecnolóxica. Aplicación á realidade galega. O medio natural. -Concepto de medio natural e interdisciplinariedade das ciencias ambientais. -Introdución á teoría de sistemas. O medio natural como sistema. Complexidade e entropía. -Cambios no medio natural ao longo da historia da Terra. -Concepto de recurso. O medio natural como recurso para a humanidade. Recursos renovables e non renovables facendo mención especial aos máis representativos de Galicia. -Concepto de impacto ambiental e de risco. Riscos naturais e inducidos. Catástrofes máis frecuentes en Galicia. -Consecuencias das accións humanas sobre o medio natural. -Fontes de información ambiental. Sistemas de determinación de posición por satélite. Fundamentos, tipos e aplicacións. Teledetección: fotografías aéreas e a súa interpretación, satélites meteorolóxicos e de información ambiental. Radiometría e os seus usos. Programas informáticos de simulación ambiental. Os sistemas fluídos. -Atmosfera: estrutura e composición. -Actividade protectora e reguladora da atmosfera. Inversións térmicas. -Breve visión do clima de Galicia no contexto ibérico. -Recursos enerxéticos relacionados coa atmosfera. -Contaminación atmosférica: detección, prevención e corrección. -O buraco da capa de ozono. Aumento do efecto invernadoiro. O cambio climático global. -Hidrosfera: os recipientes hídricos. O balance hídrico e o ciclo da auga. -Recursos hídricos: usos, explotación e impactos. Utilización dos recursos hídricos en Galicia. -A contaminación hídrica: detección, prevención e corrección. Contaminación mariña. As mareas negras. Determinación en mostras de auga dalgúns parámetros químicos e biolóxicos e interpretación dos resultados en función do seu uso. A xeosfera. -Estrutura e composición. -Balance enerxético da Terra. -Orixe da enerxía interna. Xeodinámica interna. -Risco volcánico e risco sísmico: predición e prevención. -Xeodinámica externa. -Sistemas de ladeira e sistemas fluviais. Riscos asociados: predición e prevención. -O relevo como resultado da interacción entre a dinámica interna e a dinámica externa da Terra. O relevo de Galicia. -Recursos da xeosfera e as súas reservas. Xacigos minerais. Combustibles fósiles. Enerxía nuclear.

Page 6: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

-Impactos derivados da explotación dos recursos e a súa incidencia en Galicia. A ecosfera. -O ecosistema: compoñentes e interaccións. -Os biomas terrestres e acuáticos. -Relacións tróficas entre organismos dos ecosistemas. Representación gráfica e interpretación -Ciclos bioxeoquímicos do oxíxeno, o carbono, o nitróxeno, o fósforo e o xofre. -O ecosistema no tempo: sucesión, autorregulación e regresión. -A biosfera como patrimonio e como recurso fráxil e limitado. Impactos sobre a biosfera: deforestación e perda de biodiversidade. Causas e repercusión da perda de biodiversidade. Interfases. -O solo como interfase. Composición, estrutura e textura. -Os procesos edáficos. Tipos de solos. -Trazos xerais dos solos de Galicia. -Recoñecemento experimental dos horizontes do solo. -Solo, agricultura e alimentación. -Erosión, contaminación e degradación de solos. Desertización. Valoración da importancia do solo -O sistema litoral como interfase. Formación e morfoloxía costeira. -Zonas húmidas costeiras e a súa importancia ecolóxica. -Arrecifes e fleirais. -Recursos costeiros e impactos derivados da súa explotación. A xestión do planeta. -Os principais problemas ambientais. Indicadores para a valoración do estado do planeta. Sustentabilidade. -Avaliación do impacto ambiental. Manexo de matrices sinxelas. -Ordenación do territorio. Lexislación ambiental. A protección de espazos naturais. Breve visión sobre os espazos naturais na Península e en particular en Galicia. 3.- CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o curriculo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 23 de xuño de 2008.

1. Aplicar a teoría de sistemas ao estudo da Terra e do medio natural, recoñecendo a súa complexidade, a súa relación coas leis da termodinámica e o carácter interdisciplinar das ciencias ambientais, e reproducir modelos sinxelos que reflictan a estrutura dun sistema natural. Trátase de avaliar se o alumnado é capaz de comprender que o medio natural é un sistema formado por un conxunto de elementos con relacións de interacción e interdependencia que lle confiren carácter propio e se é capaz de realizar modelos representativos.

2. Identificar os principais instrumentos que achegan información sobre o medio natural na actualidade e as súas respectivas aplicacións. Trátase de comprobar se recoñecen os principais métodos de información acerca do medio natural, como a observación e descrición do territorio e o seu uso, a cartografía temática, a fotografía aérea, a toma de mostras e a súa análise e interpretación e se saben describir en que consisten as informacións que nos subministran as modernas técnicas de investigación (sistemas de localización, fotografías de satélites, radiometrías, etc.) baseadas nas tecnoloxías da información e da comunicación.

3. Explicar a actividade reguladora da atmosfera, saber cales son as condicións meteorolóxicas que provocan maior risco de concentración de contaminantes atmosféricos e algunhas consecuencias da contaminación, como o aumento do efecto invernadoiro e a diminución da concentración do ozono estratosférico. Trátase de avaliar se o alumnado comprende a capacidade reguladora térmica, química, etc. Da atmosfera así como a súa gran capacidade difusora de contaminantes. Tamén se avaliará se entende que existen algunhas variables como a presión atmosférica e a topografía que poden modificala, aumentando a contaminación e os efectos sobre a poboación.

4. Relacionar o ciclo da auga con factores climáticos e citar os principais usos e necesidades como recurso para as actividades humanas. Recoñecer as principais causas de contaminación da auga e utilizar técnicas químicas e biolóxicas para detectala, valorando os seus efectos e consecuencias para o desenvolvemento da vida e do consumo humano. Avaliarase se se relaciona o ciclo da auga cos elementos e factores climáticos, se se coñecen as causas de que haxa máis dispoñibilidade de auga doce nuns lugares ca noutros e se se sabe qué actividades humanas destacan polo seu requirimento hídrico. Así mesmo, valorarase se se dominan algunhas técnicas para a determinación da DBO, o oxíxeno disolto, a presenza de materia orgánica e de microorganismos, se se identifican algunhas especies biolóxicas indicadoras de contaminación e se se sabe inferir a partir delas o seu grao de adecuación para o desenvolvemento da vida e do consumo humano.

5. Identificar as fontes de enerxía da actividade xeodinámica da Terra e recoñecer os seus principais procesos e produtos; explicar o papel da xeosfera como fonte de recursos para a humanidade e distinguir os riscos naturais dos inducidos pola explotación da xeosfera. Trátase de avaliar se o alumnado é quen de recoñecer no relevo o resultado da interacción entre procesos xeolóxicos internos e externos e se é capaz de establecer a relación causal destes con estruturas como cordilleiras, dorsais e fosas oceánicas, placas litosféricas, sistemas fluviais e glaciarios. Tamén se valorará se recoñece a orixe xeolóxica de gran parte dos obxectos do seu contorno. Débense saber identificar os riscos de orixe natural e aqueles causados, polo menos parcialmente, pola actividade humana.

Page 7: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

6. Analizar o papel da natureza como fonte limitada de recursos para a humanidade, distinguir os recursos renovables ou perennes dos non renovables e determinar os riscos e impactos ambientais derivados das accións humanas. Valorarase a capacidade das alumnas e dos alumnos para analizar os distintos recursos naturais que utiliza a humanidade nas súas actividades e se saben clasificar segundo criterios de renovabilidade. Tamén se valorará o coñecemento da gran capacidade de alteración do medio natural polo ser humano e algunhas das consecuencias máis relevantes (contaminación, deforestación, desaparición de recursos biolóxicos, etc.) utilizando os conceptos de risco e impacto.

7. Recoñecer o ecosistema como sistema natural interactivo; coñecer os seus ciclos de materia e fluxos de enerxía; interpretar os cambios en termos de sucesión, autorregulación e regresión; recoñecer o papel ecolóxico da biodiversidade e o aproveitamento racional dos seus recursos. Trátase de avaliar se o alumnado é capaz de identificar o ecosistema como un sistema e de manexar modelos de cadeas tróficas, redes tróficas, fluxo de enerxía e ciclos de materia. Débese avaliar, así mesmo, a valoración da biodiversidade, a importancia das perdas de enerxía en cada nivel trófico e as súas repercusións prácticas no consumo de alimentos. Trátase tamén de avaliar se o alumnado é capaz de identificar os estadios de sucesión dun ecosistema e a resposta do medio natural a alteracións humanas como os incendios e a contaminación.

8. Caracterizar o solo e o sistema litoral como interfases, valorar a súa importancia ecolóxica e coñecer as razóns polas que existen en España zonas sometidas a unha progresiva desertización, propoñendo algunhas medidas para paliar os seus efectos. Trátase de avaliar a capacidade para describir as características propias do solo e o litoral, recoñecer ao mesmo tempo aqueles compoñentes que lles dan unha entidade propia, complexa e estable e explicar mediante argumentos fisicoquímicos e biolóxicos as razóns da súa importancia ecolóxica.

9. Diferenciar entre o crecemento económico e o desenvolvemento sustentable e propoñer medidas encamiñadas a aproveitar mellor os recursos, a diminuír os impactos, a mitigar os riscos e a conseguir un medio natural máis saudable. Avaliarase se o alumnado comprende que a visión dos problemas ambientais tamén depende de criterios sociais, políticos e económicos e propón posibles melloras que mitiguen a situación baseándose en modelos de desenvolvemento sustentable.

Avaliación parcial.

Realizaranse tres avaliación parciais. Para a cualificación global no trimestre, teranse en conta os seguintes criterios: a cualificación numérica obtida nas probas escritas, a colaboración no desenvolvemento das clases, a participación e voluntariedade, a realización daquelas actividades puntualmente establecidas para a casa e a actitude do alumno na aula,

Durante cada trimestre, o profesor realizará dúas probas escritas (como mínimo) que se basarán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas.

A calificación de cada unha das probas darase cun número de 0 a 10, e unha calificación por debaixo de 4 nunha proba, pode ser motivo de calificación negativa no trimestre. A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte:

- A cualificación numérica obtida da media das probas escritas realizadas suporá o 90% na cualificación da avaliación parcial.

- Teranse en conta o caderno do alumno, a realización daquelas actividades puntualmente establecidas para a casa, a colaboración no desenvolvemento das clases, a participación, a voluntariedade e a actitude do alumno na aula. Este apartado poderá supor o 10% na cualificación da avaliación parcial. Cada alumno ou alumna poderá acadar 1 punto neste apartado.

Do mesmo xeito, a incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o profesor poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten o alumno ata ese momento. Para obter unha avaliación positiva ó final do curso, deberanse superar as tres avaliacións.

Recuperacións.

Realizarase unha proba escrita de recuperación da primeira avaliación e outra da segunda avaliación, para aqueles alumnos ou alumnas que non acadasen unha cualificación igual ou superior a 5 na avaliación parcial. No caso dunha recuperación positiva (nota igual ou superior a 5) esta cualificación substituirá á da avaliación parcial correspondente ós efectos do cálculo da cualificación da avaliación ordinaria. En canto á terceira avaliación, o proceso de recuperación irá incluído no exame final de xuño, como se indica no apartado seguinte.

Avaliación ordinaria (xuño).

Ó final de curso realizarase un exame final ó que se presentarán aqueles alumnos que non teñan acadados os obxectivos mínimos correspondentes a tódalas avaliacións, é dicir, con nota inferior a 5 nalgunha das dúas primeiras avaliacións parciais e na correspondente recuperación, ou con nota inferior a 5 na terceira avaliación parcial. Neste exame final o alumnado terá que realizar as preguntas correspondentes a aquelas avaliacións parciais non superadas previamente de entre as tres. Este exame final puntuará sobre 10 cada un dos bloques de preguntas correspondente a cada avaliación parcial; en caso de superar unha avaliación parcial previamente non superada, a nota previa será substituída pola nova cualificación.

Page 8: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

Avaliación extraordinaria (setembro).

No caso de non acadar unha cualificación igual ou superior a 5 na sesión de avaliación ordinaria de xuño, o alumno ou alumna deberá facer unha proba extraordinaria en setembro, na que deberá examinarse de toda a materia, independentemente de que durante o curso tivera algunha avaliación parcial superada. Esta proba escrita estarán baseada sempre nos obxectivos mínimos que se recollen nesta programación. Para acadar unha avaliación extraordinaria de Setembro positiva, só se terá en conta a cualificación desta proba escrita, que deberá ser igual ou superior a 5.

Page 9: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DE MATERIA Curso 2011-12

CURSO: 2º BACHARELATO

MATERIA: DEBUXO TÉCNICO II

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES

Considéranse contidos mínimos para acadar a calificación de aprobado: • A realización das construccións elementais con plantillas e compás. • Coñecemento das propiedades básicas e saber aplicar os conceptos estudados. • Coñecer e aplicar os fundamentos dos diferentes Sistemas de Representación Gráfica

estudados. • Coñecemento dos convencionalismos da linguaxe gráfica, que son as Normas do

Debuxo Técnico. • Manexo correcto dos útiles de debuxo, claridade, orde e limpeza na presentación dos

exercicios. • Asistencia á clase cunha actitude positiva cara á aprendizaxe. • A participación activa na clase. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

1. Resolver problemas xeométricos valorando o método e o razoamento das construccións, o seu acabamento e presentación.

2. Executar os debuxos técnicos a distinta escala, utilizando a escala establecida previamente e as escalas normalizadas.

3. Resolver problemas de tanxencias de xeito illado ou inseridos na definición dunha forma, sa sexa esta de carácter industrial ou arquitectónico.

4. Resolver problemas xeométricos realtivos ás curvas cónicas en que interveñan elementos principais destas, interseccións con rectas ou rectas tanxentes. Trazar curvas técnicas a partir da súa definición.

5. Utilizar o sistema diédrico para resolver problemas de posicionamento de puntos rectas, figuras planas e corpos, e as relacións que establecen entre elas no espazo.

6. Realizar a perspectiva dun obxecto definido polas súas vistas ou seccións e viceversa, executadas a man alzada e/ou dlineadas.

7. Definir gráficamente pezas e elementos industrais ou de construcción, aplicando correctamente as normas referidas a vistas, cortes, seccións, roturas e anotación.

8. Empregar o sistema de planos acotados, xa sexa para resolver problemas de interseccións, xa para obter o perfil dun terreo a partir das súas de nivel.

Page 10: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

9. Culminar os traballos de dbuxo técnico, utilizando os diferentes recursos gráficos, de forma que sexan claros, limpios e respondan ao obxectivo para os que foron realizados.

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

Avaliación parcial. Os instrumentos de avaliación serán:

• A observación e recollida de datos sobre o traballo diario dentro e fora da aula.

• A cualificación: 1. Dos exercicios realizados na aula e das entregas de traballos para realizar

fora da mesma. 2. Das distintas probas teórico-prácticas escritas.

As probas teórico-prácticas terán unha duración de unha hora e constarán de catro ou cinco cuestións sobre os temas estudiados. Valorarase a corrección e limpeza na presentación dos exercicios resoltos. Na nota da avaliación contará un 10% a valoración dos ejercicios realizados ó longo da mesma e un 90% o resultado da/s proba/s teórico-práctica.

Recuperacións. A recuperación basearáse na superación dun examen a realizar antes de cada avaliación, coa

posibilidade de incorporar traballos realizados polo alumnado.

Avaliación ordinaria (xuño). No mes de xuño realizaráse unha proba ordinaria de avaliación de toda a materia do curso e

pódese engadir a presentación de traballos de síntese da materia tratada para completar a nota da asignatura. Se presentarán aqueles alumnos que non teñan acadados os obxectivos mínimos correspondentes a tódalas avaliacións, é dicir, con nota inferior a 5 nalgunha das dúas primeiras avaliacións parciais e na correspondente recuperación, ou con nota inferior a 5 na terceira avaliación parcial. Neste exame final o alumnado terá que realizar as preguntas correspondentes a aquelas avaliacións parciais non superadas previamente de entre as tres. Este exame final puntuará sobre 10 cada un dos bloques de preguntas correspondente a cada avaliación parcial; en caso de superar unha avaliación parcial previamente non superada, a nota previa será substituída pola nova cualificación. Se despois das tres avaliacións parciais, recuperacións e exame final de xuño, un alumno ou alumno ten superadas tódalas avaliacións parciais (cualificación igual ou maior que 5 en cada unha delas), a cualificación final de xuño será a media das tres cualificacións parciais.

En caso de que o alumno ou alumna non superase algunha das tres avaliacións parciais (nota inferior a 5 nalgunha delas), a cualificación final de xuño será a media das tres avaliacións parciais sempre que ó final sexa inferior a 5.

Page 11: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

Avaliación extraordinaria (setembro). Os alumnos poderán superar a materia a través do examen oficial extraordinario que se

realiza no mes de setembro, e se se considera oportuno, dado o carácter eminentemente práctico da asignatura, de traballos a realizar polo alumnado, que integren os coñecementos mínimos esixibles para a superación da mesma.

Plan de recuperación da materia pendente de cursos anteriores. A recuperación basearáse na superación dun examen extraordinario a realizar no mes de

maio e na realización de traballos propostos polo Departamento que permitan valorar a adquisición dos coñecementos mínimos esixibles. As actividades correspondentes versarán sobre os contidos habituais do curso a recuperar e o alumno ou alumna estará obrigado a entregar estes traballos nunha carpeta na que constarán na parte delanteira exterior os seus apelidos, nome, curso e grupo, sendo a inexcusable entrega dentro das datas previstas para cada evaluación previas a convocatoria do exame extraordinario

Plan de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda do dereito a avaliación continua por faltas de asistencia a clase. Cando un alumno/a acumule faltas de asistencia a clase de forma inxustificada e supere o límite establecido no RRI do Centro para a materia, non será suficiente a superación da proba para que sexa avaliado positivamente na materia. O alumno/a deberá realizar todo o traballo atrasado a consecuencia da súa ausencia e entregalo ó profesor no prazo que este estableza. Ademáis a proba que se lle propoña poderá ser diferente á do resto da clase, xa que no seu caso non puido ser cualificado de forma continua na aula. Do mesmo xeito os criterios de corrección non serán os mesmos xa que debe quedar garantido, baseándose unicamente nesa proba, que o alumno/a acadou os obxectivos mínimos da materia.

As medidas anteriores serán aplicables tan só ó alumnado que acumulou faltas de forma inxustificada despois de ser advertidos os seus pais ou titores legais, en caso de minoría de idade do alumno/a, e o propio alumno/a nos demáis casos.

Page 12: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA
Page 13: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

Curso 2.011-2.012 ECONOMÍA DA EMPRESA

Contidos mínimos esixibles. 1. Clasificar os diferentes tipos de empresas, sinalando os seus trazos diferenciais. 2. Identificar os factores externos (poderes públicos, conxuntura económica, evolución tecnolóxica, organizacións empresariais, sindicatos, consumidores, dinámica de poboación, localización industrial, relación co medio ambiente, etc.) que inciden na empresa, sinalando exemplos representativos. 3. Caracterizar as áreas básicas de actividade da empresa, sinalando as súas relacións, interdependencias e o seu distinto peso e importancia segundo o tipo de empresa, e describir o proceso de funcionamento dun ciclo completo dunha empresa tipo. 4. Comprender o concepto de productividade. Recoñecer e valorar as variábeis que inciden nos indicadores de productividade dunha empresa. Por outra parte, preténdese que identifiquen e analicen o posíbel conflicto entre unha forma de entender o éxito empresarial, medido exclusivamente a través da conta de resultados, e unha concepción que entende este éxito desde un marco de valores máis amplo, e que incorpora o impacto ambiental (ruídos, esgotamento dos recursos, residuos contaminantes), condicións de traballo saudábeis, corrección de inxustizas na distribución do valor engadido, garantías de calidade, promoción da investigación, etc. 5. A partir dos datos básicos do balance dunha empresa, identificar a función dos seus elementos patrimoniais e interpretar o sentido económico e financeiro de cada un dos seus apartados, detectando posíbeis desequilibrios. 6. Identificar as principais fontes de financiamento da empresa tanto externas como internas, así como analizar e avaliar, a partir dunha necesidade concreta, as distintas posibilidades que teñen as empresas de recorrer ao mercado financeiro. 7. A partir do coñecemento directo dunha empresa ou institución (o propio centro escolar como institución, visita a unha empresa, asociación cultural), describir a súa estructura organizativa, estilo de dirección e de comunicación, grao de participación nas decisións, organización informal. 8. Planificar e levar a cabo un plano de observación dunha empresa local e presentar a información de forma organizada e intelixíbel, incorporando xuízos propios e con referencias a exemplos e datos apropiados. 9. Elaborar un proxecto de creación de empresas, planificando o proceso que é necesario levar a cabo e avaliar a súa posibilidade económica, integrando os distintos coñecementos da materia, aplicándoos con creatividade para abordar un proxecto de iniciativa empresarial. A planificación debe recoller, tanto os aspectos económicos e financeiros como as formalidades legais de constitución, anticipando os diversos recursos e trámites necesarios.

Page 14: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN Faranse probas escritas tratando de ver como o alumno vai asumindo determinados conceptos que lle van a permitir enfocar determinados problemas cunha perspectiva económica, intentando ver se os alumnos acadan os obxectivos mínimos. Solo se fará un exame por avaliación, para non compartimentar moito a asignatura, e así poder dar unha visión de conxunto que facilite a preparación da P.A.U. Obrigatoriamente, inda que teñan as tres avaliacións aprobadas, tódolos alumnos deberán facer un exame final de toda a materia para co obxectivo de ter unha visión global da asignatura para prepara-lo exame das P.A.U. Tratarase de combinar probas de resposta curta con probas de desenrolo dun tema dependendo do que sexa máis axeitado en cada momento, en función do tema de que se trate. Tamén se incluirán no exame exercicios prácticos cando o tema o permita, sempre tendo como referencia o exame de P.A.U. Así mesmo, cando o tema o permita e se dispoña dos medios adecuados facilitaráselle ós alumnos a posibilidade de realizar traballos nos que poidan demostrar o grao de adquisición de coñecementos. O proceso de avaliación será globalizado, de xeito que se van a valorar tanto os contidos conceptuais como os actitudinais e tamén e grao de participación do alumno nos distintos procedementos utilizados para o ensino da asignatura.

Como criterios de avaliación dicir que en cada avaliación solo se fará un exame constituíndo a nota deste exame o 90 % da nota final da avaliación, sendo o 10 % restante obtido en función do traballo e da actitude na clase. A nota final será a media das tres notas trimestrais e das pertinentes recuperacións cando sexa o caso. En cada exame indicarase a través dunha nota, a valoración asignada a cada cuestión ou exercicio prantexado.

Trataranse de valorar os coñecementos de xeito que as exposicións dos distintos temas se fagan de xeito coherente, ordenado, con boa caligrafía, sempre tratando de ver se o alumno fala de memoria ou porque realmente é coñecedor da cuestión de fondo que se está a tratar.

Valorarase especialmente a interpretación e perfecta construcción dos gráficos.

Nas cuestións de tipo práctico, terase en conta non só o resultado final, senón tamén o prantexamento, outorgándolle a este unha puntuación parcial.

Avaliación parcial. Faranse avaliacións parciais ó remate dos trimestres 1º e 2º e 3º ademais da

proba global descrita máis arriba.

Recuperacións.

Page 15: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

Para as recuperacións, ó remate de cada trimestre e despois de pasadas dúas ou tres semanas (para que os alumnos consulten as dúbidas que puidesen ter e que fosen a causa do seu fracaso) farase a proba de recuperación pertinente.

Avaliación ordinaria (xuño). Para acadar unha avaliación final positiva en xuño é condición necesaria ter

superadas cada unha das tres avaliacións parciais, ou inda tendo unha avaliación suspensa que a nota desa avaliación non sexa inferior a 4 e que a media das tres avaliacións sexa igual ou superior a 5. Ademais do anterior, tódolos alumnos, teñan ou non aprobadas as partes correspondentes a cada unha das avaliacións parciais, deberán de facer un exame final de toda a materia co obxectivo de que teñan unha visión global da asignatura e que poidan enfrontarse con garantías ó exame das P.A.U. A nota deste exame constituirá o 50 % da nota final.

Avaliación extraordinaria (setembro). Consistirá nunha proba global de toda a asignatura na que se preguntarán cousas

básicas, non de detalle, tratando de que as cuestións prantexadas representen de xeito fiel o contido de toda a materia. Coma nos exames parciais, poñerase unha nota indicando a valoración de cada cuestión prantexada.

Plan de recuperación da materia pendente de cursos anteriores. Con entrevistas periódicas cos alumnos afectados, o profesor intentará dar as

directrices básicas para que vaian preparando a materia e solucionando as dúbidas que puidesen ter. Para eso tentarase de usa-la hora de titoría de alumnos. Periódicamente, cando os alumnos queiran, faráselle un exame parcial para que vaian liberando partes da materia, e para aqueles que non a superen por parciais faráselles un exame global en maio.

Plan de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda do dereito a avaliación continua por faltas de asistencia a clase.

Faráselles ós alumnos nestas circunstancias un exame global da asignatura de características parecidas ó exame de setembro.

Page 16: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DA MATERIA DE ELECTROTECNIA 2º BAC MÍNIMOS ESIXIBLES

1. Contidos comúns.

Realización de cálculos e elaboración de documentos e esquemas, planificación de traballos e asignación de funcións específicas aos membros do equipo. Realización de ensaios, montaxes ou construción de obxectos procurando o uso correcto dos recursos materiais e das ferramentas e seguindo a planificación previamente elaborada. Verificación de que as montaxes ou os obxectos cumpren coas especificacións previstas. Emprego das TIC para a busca de información, para a elaboración dos documentos e esquemas e para a realización dos cálculos.

2. Fundamentos e fenómenos eléctricos.

Campo eléctrico, diferenza de potencial e forza electromotora. Carga eléctrica e capacidade. Intensidade e densidade de corrente. Resistencia eléctrica. Traballo, enerxía e potencia. Efectos da corrente eléctrica: luz e calor. Efectos da corrente eléctrica sobre o corpo humano. Magnitudes e unidades eléctricas.

3. Fundamentos e fenómenos electromagnéticos.

Campo magnético. Imáns. Intensidade de campo, indución e fluxo magnético. Campos e forzas magnéticas creados por correntes eléctricas. Forza sobre unha corrente nun campo magnético. Circuíto magnético. Forza magnetomotora e relutancia. Indución electromagnética: leis fundamentais. Autoindución. Efectos da corrente eléctrica: principio de funcionamento das máquinas eléctricas.

4. Circuítos eléctricos.

Análise de circuítos de corrente continua: leis e procedementos. Conexión de receptores. Divisores de tensión e de corrente. Características e identificación de resistencias e condensadores. Xeradores: pilas e acumuladores. Carga e descarga do condensador. Características e parámetros da corrente alterna. Efectos da resistencia, da autoindución e da capacidade na corrente alterna. Impedancia: reactancia, capacidade e indutancia. Variación da impedancia coa frecuencia: resonancia. Análise de circuítos sinxelos de corrente alterna monofásica: leis e procedementos. Potencia en corrente alterna. Factor de potencia e corrección. Sistemas trifásicos: xeración, conexión e tipos. Potencia en sistemas equilibrados. Representación gráfica das magnitudes da corrente alterna: fasores. Elaboración e interpretación de esquemas eléctricos de circuítos característicos de c.c. e de c.a. empregando a simboloxía normalizada. 5. Máquinas eléctricas.

Page 17: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

Funcionamento, constitución, tipos e conexión das máquinas eléctricas: transformadores e máquinas de corrente continua e de corrente alterna. Potencia, par motor, perdas e rendemento. Circuíto equivalente. Ensaios e aplicacións. Seguridade. Medidas en circuítos eléctricos. Medidas en circuítos de corrente continua e corrente alterna. Instrumentos e procedementos de medida. Medida de magnitudes básicas en circuítos electrónicos.

6. Electrónica.

Semicondutores. Díodos, transistores e tiristores. Rectificadores E amplificadores Fontes de alimentación. Circuítos integrados: amplificadores operacionais e circuítos lóxicos. Elaboración e interpretación de esquemas electrónicos de circuítos característicos empregando a simboloxía normalizada.

7. Instalacións eléctricas.

Instalacións de iluminación, calefacción e forza motora Consumo enerxético e estratexias de aforro en instalacións eléctricas domésticas e industriais. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Explicar cualitativamente o funcionamento de circuítos simples destinados a producir luz, enerxía

motora ou calor e sinalar as relacións e interaccións entre os fenómenos que teñen lugar. 2. Seleccionar elementos ou compoñentes de características adecuadas e conectalos correctamente

para formar un circuíto característico e sinxelo e explicar o seu funcionamento. 3. Explicar cualitativamente os fenómenos derivados dunha alteración nun elemento dun circuíto

eléctrico ou electrónico sinxelo e estimar as variacións que se espera que tomen os valores de tensión e corrente.

4. Calcular e representar vectorialmente as magnitudes básicas dun circuíto mixto simple, composto por cargas resistivas e reactivas e alimentado por un xerador senoidal monofásico.

5. Analizar planos de circuítos, instalacións e equipos eléctricos de uso común, identificando a función de elementos discretos ou de bloques funcionais no conxunto, e valorar a calidade da documentación técnica.

6. Representar graficamente nun esquema de conexións ou nun diagrama de bloques funcionais a composición e o funcionamento dunha instalación ou equipamento eléctrico sinxelo e de uso común.

7. Interpretar as especificacións técnicas de elementos ou dispositivos eléctricos e determinar as magnitudes principais do seu comportamento en condicións nominais.

8. Medir as magnitudes básicas de circuítos eléctricos e electrónicos e seleccionar os aparellos de medida adecuados, conectándoos correctamente e elixindo a escala óptima.

9. Interpretar as medidas efectuadas sobre circuítos eléctricos ou sobre os seus compoñentes para verificar o seu correcto funcionamento, localizar avarías e identificar as súas posibles causas. 10.Utilizar as magnitudes de referencia de forma coherente e correcta á hora de expresar a solución dos problemas. 11.Planificar montaxes en equipo, achegando ideas e opinións, responsabilizándose de tarefas e

cumprindo os obxectivos do plan de traballo. PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN

Page 18: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

Citerios xerais Terase en conta a realización de probas escritas, prácticas, traballos escritos e participación na aula-taller - Probas escritas: En toda proba escrita que se realice figurará a puntuación que se lle vai dar a cada pregunta. A cualificación de calquera proba escrita darase cun número entre 0 e 10, que poderá levar decimais con intervalos de puntuación de 0,25.

- Prácticas: Toda práctica para facer no taller levará a correspondente folla de actividades con recollida inmediata das mesmas por parte do profesor o remate do seu prazo de realización. As Prácticas valoraranse de 0 a 10 puntos, as prácticas entregadas fora de prazo por motivos inxustificados serán puntuadas con 0 puntos. Terase enconta no só a súa execución práctica en se mesma, senón tamén o método de traballo, orden, precisión e recollida de equipos e materiais no posto de traballo

- Traballos escritos: Todo traballo escrito levará os contidos básicos que se desexan traballar. O sistema de cualificación para traballos escritos tera en conta non só os contidos senon tamén a expresión, presentación e orixinalidade. Valoraranse de 0 a 10 puntos. - Participación na aula-taller: Sair a pizarra, traballar en grupo, etc. O sistema de cualificación da participación na aula-taller valorarase como muy buena (10), buena (7), aceptable (5), mala (3) o muy mala (0) a participación do alumno/a

Avaliación parcial. Realizaranse tres avaliación parciais e a nota correspondentes obterase de acordo coa fórmula seguinte

NOTA AVALIACIÓN=70%(media aritmética probas escritas)+10%(media aritmética das prácticas)+10%(media aritmética dos traballos)+10% (participación na aula-taller)

* Cando nunha avalición xunto cos exames sólo se fixeran prácticas ou só traballos, o reparto porcentual variará, de xeito co cálculo da nota farase coa seguinte fórmula: NOTA AVALIACIÓN=75%(media aritmética probas escritas)+15%(media aritmética prácticas ó traballos)+ 10% (participación na aula-taller)

O aprobado dunha avaliación significa obter unha puntuación de cinco puntos ou maior

Avaliación ordinaria (xuño). A nota da avaliación final en Xuño será a media aritmética das tres avaliacións. Como requisito

imprescindible para aproba-la materia deben aprobarse dúas avaliacións como mínimo e ca media aritmética das tres avaliacións sexa de cinco puntos ou mais

En xuño, unha vez finalizada a 3ª avaliación, o alumnado que teña avaliacións suspensas realizará un exame de recuperación por cada avaliación suspensa

Avaliación extraordinaria (setembro). No caso de non acadar unha cualificación igual ou superior a 5 na sesión de avaliación ordinaria de xuño, o alumno ou alumna deberá facer unha proba extraordinaria en setembro na que deberá examinarse de toda a materia, independentemente de que durante o curso tivera algunha avaliación parcial superada.

O aprobado significa obter unha puntuación de cinco puntos ou mais

Page 19: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011-12

MD750301

CURSO: 2º BT MATERIA/MÓDULO:FÍSICA 1.- CONTIDOS MÍNIMOS NECESARIOS PARA SUPERAR A MATERIA/MÓDULO

Contidos comúns. Serán desenvoltos polo medio dos outros contidos. -Utilización de estratexias básicas da actividade científica tales como a formulación de problemas, a toma de decisións

acerca da conveniencia ou non do seu estudo, a emisión de hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución, de deseños experimentais, a análise dos resultados e a verificación da súa fiabilidade.

-Busca, selección e comunicación de información e de conclusións utilizando diferentes recursos e empregando a terminoloxía axeitada.

-Emprego das TIC como ferramentas de axuda na interpretación de conceptos, na obtención, tratamento e representación de datos, na procura de información e na elaboración de conclusións.

-Repercusión dos diferentes achados científicos na sociedade e valoración da importancia da ciencia sobre a nosa calidade de vida. Análise crítica do carácter científico dunha información.

-Recoñecemento da necesidade dun desenvolvemento sustentable e valoración das consecuencias ambientais da evolución tecnolóxica. Aplicación á realidade galega.

Interacción gravitatoria. -Revisións dos conceptos básicos relacionados coa dinámica do movemento circular e introdución do momento dunha

forza respecto a un punto, do momento angular e a súa conservación. Forzas centrais. -Unha revolución científica que modificou a visión do Universo: das leis de Kepler á lei de gravitación universal. -O problema das interaccións a distancia e a súa superación mediante o concepto de campo gravitatorio. Magnitudes que

o caracterizan: intensidade e potencial gravitatorio. Forzas conservativas e enerxía potencial gravitatoria. -Gravidade terrestre: os seus valores en diferentes lugares da Terra e aplicación ao movemento dos satélites e foguetes

espaciais. -Determinación experimental do valor da gravidade no laboratorio. -Visión actual do Universo: buracos negros, separación de galaxias, orixe e evolución do Universo, etc. Vibracións e ondas. -Análise cinemática, dinámica e enerxética do movemento harmónico simple. Aplicación experimental: estudo estático e

dinámico do resorte. Comparación de resultados coa oscilación do péndulo simple. -Superposición de movementos: movemento ondulatorio. Criterios de clasificación e magnitudes características das

ondas. Interpretación da ecuación das ondas harmónicas planas, identificación de magnitudes e aspectos enerxéticos. -Propagación das ondas: principio de Huygens, reflexión e refracción. Estudo cualitativo de difracción, interferencias e

efecto Doppler. Ondas estacionarias. -Estudo das ondas sonoras. Propagación, calidades e percepción do son. Resonancia e instrumentos musicais. Contaminación acústica, fontes e efectos. Medidas de actuación.

-Aplicacións das ondas ao desenvolvemento tecnolóxico e á mellora das condicións de vida (sonar, ecografía, etc.). Incidencias sobre o medio natural.

Óptica. -Controversia histórica sobre a natureza da luz: modelos corpuscular e ondulatorio. Dependencia da velocidade da luz co

medio. Algúns fenómenos producidos co cambio de medio: reflexión, refracción, absorción e dispersión. -Óptica xeométrica: comprensión da formación de imaxes en espellos e lentes delgadas e explicación do funcionamento

do ollo como instrumento óptico. Realización de experiencias sinxelas con lentes e espellos, así como a construción dalgún instrumento óptico.

-Estudo cualitativo dos fenómenos de difracción, interferencias, dispersión, polarización e do espectro visible. Aplicacións médicas e tecnolóxicas.

Interacción electromagnética. -Interacción entre cargas eléctricas en repouso: lei de Coulomb. O campo eléctrico e as magnitudes que o caracterizan:

intensidade de campo e potencial eléctrico. -Relación entre fenómenos eléctricos e magnéticos. Campos magnéticos creados por correntes eléctricas. Forzas

magnéticas: lei de Lorentz e interaccións magnéticas entre correntes rectilíneas. Explicación do magnetismo natural. Realización de experiencias reais e simulacións interactivas con bobinas, imáns e motores.

-Conversión de enerxía mecánica en enerxía eléctrica. Das experiencias de Faraday e Henry á indución electromagnética. Lei de Lenz e conservación da enerxía. Obtención e transporte da enerxía eléctrica, impactos e sustentabilidade. Enerxía eléctrica de fontes renovables. Análise da situación actual en Galicia.

-Aproximación histórica á síntese electromagnética de Maxwell e á predición das ondas electromagnéticas. Aplicacións, valoración do seu papel nas tecnoloxías da comunicación e repercusións na saúde humana.

-Analoxías e diferenzas entre campos gravitatorio, eléctrico e magnético. Física moderna.

Page 20: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

-Insuficiencia da física clásica para explicar o efecto fotoeléctrico e os espectros descontinuos. Hipótese de De Broglie. Relacións de indeterminación de Heisenberg. Valoración do desenvolvemento científico e tecnolóxico que supuxo a física cuántica.

-Postulados da relatividade especial. A equivalencia masa-enerxía. Repercusións da teoría da relatividade. -Composición e estabilidade do núcleo atómico. Interacción nuclear forte. Enerxía de enlace. Radioactividade: tipos,

repercusións e aplicacións médicas. Reaccións nucleares de fisión e de fusión: aplicacións tecnolóxicas e riscos ambientais. -Interaccións fundamentais. Partículas, leptóns, hadróns e quarks. Os aceleradores de partículas: o CERN.

2.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Familiarizarse coas características básicas do traballo científico, valorando as súas posibles repercusións e implicacións ciencia-tecnoloxía-sociedade- medio natural.

2. Interpretar as leis de Kepler e valorar a importancia da lei de gravitación universal para aplicalas á resolución de situacións de interese como a determinación de masas de corpos celestes, o tratamento da gravidade terrestre e a análise do movemento de planetas e satélites.

3. Construír un modelo teórico que permita explicar as vibracións da materia e a súa propagación (ondas) para aplicalo á interpretación de diferentes fenómenos naturais e desenvolvementos tecnolóxicos.

4. Utilizar os modelos corpuscular e ondulatorio para explicar as distintas propiedades da luz. 5. Usar os conceptos de campo eléctrico e magnético para superar as dificultades que presenta a interacción á distancia e

comprender a relación entre electricidade e magnetismo que levou a establecer a interacción electromagnética. 6. Explicar a produción de corrente eléctrica mediante variacións do fluxo magnético e a súa aplicación na obtención de

enerxía eléctrica, así como a predición de ondas electromagnéticas a partir da síntese de Maxwell e a integración da óptica no electromagnetismo.

7. Coñecer a revolución científico-tecnolóxica que deu lugar ao nacemento da física cuántica. 8. Utilizar os principios da relatividade especial para explicar unha serie de fenómenos como a dilatación do tempo, a

contracción da lonxitude e a equivalencia masa-enerxía. 9. Aplicar a equivalencia masa-enerxía para explicar a enerxía de enlace nos núcleos e a súa estabilidade, as reaccións

nucleares, a radioactividade e formular elementais interpretacións co modelo de partículas. 3.- PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

Procedementos e sistema: Obteránse notas de traballos (incluída feira) e de clase, contando ata un 10% a nota das avaliacións anteriores. A nota final será a media das tres avaliacións (considerando metodolóxicamente unha terceira avaliación diferente da final) Tódolos exames parciais han de estar aprobados para facer a media correspondente. Haberá un exame obligatorio e un ou varios voluntarios por avaliación, dispostos polo profesor. Os exames adaptaránse ás normas de realización do grupo de traballo de selectividade.

Realizaranse tres avaliación parciais. Durante cada trimestre o profesor realizará como mínimo unha proba escrita de cada área que se basearán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas

A incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o profesor ou profesora poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do alumno ata ese momento.

A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte: o valor relativo das compoñentes da nota será 60% exame, 15% preguntas de clase, 25% traballos diversos e actitude correspondente, cunha variación de ata o 20% en cada apartado, segundo as circunstancias.

Hai que ter en conta que no centro realízase directamente a avaliación final de xuño, sen avaliar a terceira avaliación parcial, polo que a cualificación desta terceira avaliación parcial non se recollerá nos boletíns, aínda que ten o mesmo tratamento que as dúas primeiras avaliacións parciais; a cualificación final de xuño obterase como se indica no apartado correspondente. (para explicación máis detallada, ver a programación en conxunto na páxina http://examesdefisicaequimica.wikispaces.com/Prog2010)

Page 21: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DE MATERIA Curso 2011-12

CURSO: 2º BACHARELATO

MATERIA: FRANCÉS MÍNIMOS ESIXIBLES Respecto ós obxectivos mínimos esixibles para acadar unha avaliación positiva, citaremos os seguintes:

1. Coñecer e saber pronunciar os sons da língua francesa. 2. Ser capaz de manter unha conversación sobre un tema estudado en clase utilizando as

estratexias de comunicación e o tipo de discurso adecuado á situación 3. Ser capaz de comprender a idea esencial de mensaxes orais e textos escritos sobre temas

tratados na clase. 4. Ser capaz de responder por escrito a preguntas concretas sobre temas traballados na aula.

5. Ser capaz de redactar textos de distintos tipos, adecuados a unha situación, un propósito comunicativo e un tipo de lector concretos, coa fluidez corrección, cohesión e coherencia interna suficientes para que ó lector non se lle presenten dificultades.

Contidos gramaticais

.temps du passé

.futur

.style indirect

.le doute,le regret

.le besoin

.la cause

Sujets culturels et de comunication :

Le monde du travail

La culture française :cinéma, musique,prix litteraires…

La solidarité,le monde des ONG, les immigrants

Les problèmes actuels en Europe et dans le monde

- PROCEDEMENTOS de AVALIACION O longo do curso haberá tres avaliacións parciais. Durante cada trimestre o

profesor realizará unha proba escrita e unha oral. Ademais realizaranse controis de seguimento da aprendizaxe que non serán obxecto de cualificación como proba escrita, pero si serán tidos en conta para calificar o esforzo e a progresión do alumno.

A incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre agás que a mesma sexa debida a unha causa xustificada, neste caso o profesor poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do alumno ata ese momento.

Page 22: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

As probas, tanto orais como escritas, axustaranse ao visto na clase, tendo en

conta que tódolos alumnos deben superar uns contidos mínimos para obter unha cualificación positiva. Realizaranse controis, desta forma comprobarase si os contidos estudiados foron asimilados. Dado o carácter acumulativo da materia, non existe o concepto de materia eliminada. As probas escritas constarán dun máximo de 10 preguntas cuxo valor dependerá da maior o menor dificultade das mesmas; consistirán en exercicios gramaticais e de construción de pequenos diálogos o textos relacionados cos temas estudiados, nos que o alumno deberá utilizar as estructuras gramaticais e o léxico aprendido en clase, axustándose á tarea solicitada. Estos textos, aínda que contengan algunhas incorreccións, deberán ser comprensíbeis e coherentes. Haberá igualmente un pequeno apartado dedicado á fonética para verificar que o alumno é capaz de identificar as grafías que corresponden os sonidos traballados na aula.

A nota global da avaliación resulta de achar a media das notas correspondentes á proba oral (representa o 40% da nota) e escrita (representa o 50% da nota) realizadas ó longo da avaliación e un 10% en función do interese e a participación do alumno na aula: actitude aberta, curiosidade e interese por comunicarse na lingua estranxeira e a responsabilidade de realizar as tarefas correspondentes en casa (deberes, revisión do estudiado na aula) Para poder verificar o esforzo e o traballo persoal do alumno o profesor poderá levar a cabo pequenos controis orais e escritos.

- Recuperacións. A avaliación é continua, as estructuras gramaticais e o léxico revísanse e repiten o longo do curso, tanto nos exercicios escritos como nos actos de fala. Consideramos pois, non necesaria, a realización dunha proba específica.

Page 23: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

1.- Bloques de contidos 1º Arte clásica. 2º O prerrománico 3ª A arte islámica 4º O románico e o gótico 5º O Renacemento 6º O Barroco e Neoclásico 7º A arte do s. XIX 8 Os movementos vangardistas: os ismos. Arte do S. XX. 2.- Contidos mínimos necesarios para superar a materia/módulo Ter unha asistencia continuada ás clases e realizar as tareas que se poñan para casa. Resolución correcta dos supostos prácticos onde se saiban integrar aqueles conceptos teóricos dados na clase. Exposición e aplicación de todos os conceptos artísticos dados nas clases prácticas de cada estilo e época, sabendo distinguir o que corresponde a cada momento artístico. Corrección ortográfica e coherencia expositiva nas probas escritas e nas tareas a desenvolver na aula. Asistencia continuada ás clases e interese e boa actictude cara a asignatura. Domínio do vocabulario específico da asignatura dado en cada un dos bloques temáticos. Realización dos cuestionarios do libro de texto dentro de cada tema e que se correxirán na clase. Participación na elaboración dos temas que o profesor indique na clase, cos medios materiais que el proporcione, e colaborando en equipo. 3.- Criterios e procedementos de avaliación Avaliación ordinaria. Realizarase xeralmente dúas probas por avaliación agás naqueles casos onde dada a extensión dos temas faga necesario dividir a materia en varios exames, en cuxo caso pode o profesor aplicar algunha proba máis por avaliación. Dentro das mesmas entrarán como mínimo dúas diapositivas e preguntas sobre conceptos. A calificación final da avaliación resultará da media aritmética das probas que se fagan ao longo da mesma, sempre que as notas de cada proba non sexan inferiores ao 4. No caso de que a nota dalgunha das probas sexa inferior ao 4, non se fará nota media e polo tanto consíderase suspensa dita avaliación. A puntuación ha ser sobre 10 puntos, valorándose a capacidade de coñecer e memorizar algúns datos e feitos significativos, a capacidade de comprender e definir terminoloxía, interrelacionando as causas para chegar a conclusións. Terase en conta dun xeito especial a precisión na caracterización dos termos ou conceptos, feitos, autores, etc . En todo tipo de exame escrito valorarase a correción ortográfica e a coherencia sintáctica e gramatical. A duración máxima de cada proba será de 1,30 horas, realizándose o exame durante o horario escolar. De tódolos xeitos os exames poderan facerse fora do horario escolar senon existe outra posibilidade. A nota redondearase ao alza a partir da fracción 0,50 se o alumno escribe correctamente, se asiste con regularidade a clase e se ten unha actitude participativa e de traballo. Cando un aluno/a non acoda ao exame o día marcado perde direito ao exame, agás que a falta veña xustificada con algún documento oficial que así o certifique.

Page 24: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

Recuperacións: Faranse ao longo de cada avaliación, no máis breve prazo posibel por ter os conceptos da materia aínda frescos. O calendario tanto de exames de avaliación como das recuperacións será entregado polo profesor con antelación e agás casos excepcionais non poderá ser modificado. Calificación final da asignatura: Media aritmética das tres avaliacións. A nota final redondearase ao alza, a partir da fracción 0,50 sempre que o alumno traballe ó longo do curso, redacte con correción e non cometa erros ortográficos e, non teña retrasos ou ausencias inxustificadas ó longo do curso Calificación final para alumnos que perderon o dereito a examinarse por faltas inxustificadas : Estes alumnos deben presentarse a un único exame con toda a materia. A proba será un único exame onde o prefesor poderá dispoñer do número de obras que el crea conveniente dentro do conxunto das que se impartiron ao longo do curso.. Asi mesmo deben presentar ese día os traballos feitos polos demas alumnos ó longo do curso. Para aprobar deben chegar claramente ó 5 e a fracción para lograr subila é 0,75, sempre que non teñan faltas de ortografía e se expresen coa correción gramatical debida .Esta proba será avaliada conxuntamente por dous compoñentes do departamento Calificación da avaliación extraordinaria. Setembro O alumno debe examinarse de tódolos temas explicados ao longo do curso escolar, podendo acadar unha calificación máxima de 10 puntos. A estrutura do exame de Setembro constará de: Un conxunto de catro diapositivas a escoller 2 e un número indeterminado de conceptos de vocabulario artístico. 4.- material necesario O libro de texto especificado a principio de curso. As fotocopias que o profesor realice durante o curso

Page 25: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011-12 MD750301

CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: Filosofía

1.- BLOQUES DE CONTIDOS -Filosofía Antiga: preplatónicos, Platón, Aristóteles -Filosofía Medieval: Tomé de Aquino, Maquiavelo -Filosofía Moderna: Racionalismo, empirismo e síntese kantiana, Descartes -Filosofía Contemporánea: Marx, Nietzsche, Habermas 2.- CONTIDOS MÍNIMOS NECESARIOS PARA SUPERAR A MATERIA/MÓDULO - Os que aparecen na programación asociados ás unidades didácticas correspondentes a cada un dos bloques de contidos 3.- CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

Criterios de avaliación:

a) Analiza-lo contido dun texto filosófico, identificando os problemas e os termos específicos que aparecen e facendo explícita a súa estrutura expositiva (mediante a identificación da tese e argumentos que a apoian pero tamén seguindo outros esquemas, por exemplo: a explicación do texto citando literalmente as ideas ou fragmentos máis importantes e explicando estas e a súa relación; facendo un resumo das ideas do texto relacionadas entre si, sempre que se faga cunha linguaxe persoal distinta á que utiliza o autor do texto;... ). O alumnado sinalará igualmente as ideas secundarias, indicará os conceptos e termos específicos co seu significado ( no texto e histórico) e contextualizará o fragmento dentro do pensamento do autor. En todo caso, valoraranse as referencias ó texto ó longo do desenvolvemento do comentario.

b) Interpretar o texto filosófico sinalando, por un lado, a relación entre o problema que formula o autor e o contexto histórico e social da época e, por outro, diferenciando as propostas que contén doutras posibles posicións sobre o mesmo tema.

c)Ordenar e situar cronoloxicamente as diversas interpretacións filosóficas estudadas, relacionándoas unhas coas outras, sinalando as súas similitudes e diferenzas e recoñecendo a permanencia e historicidade das propostas filosóficas.

d)Mostrar respecto e tolerancia cara as outras ideas e valoración do diálogo racional.

e) Capacidade de expresión e comprensión clara e coherente tanto oral como escrita.

f) Valoración especial da madurez intelectual : orde e claridade nas ideas, rigor conceptual,

orixinalidade e espírito crítico

g)Capacidade de extraer e desenvolver axeitadamente os aspectos fundamentais dos temas tratados fronte ós secundarios.

h)Asimilar conceptos xerais específicos da materia e utilizalos con propiedade.

i)Ilustrar con exemplos as ideas e conceptos xerais.

j) Demostrar un esforzo de reflexión persoal.

k)Esforzo e traballo diarios na aula.

l) Participación nas actividades de clase por medio de: intervencións ordenadas e axeitadas ó tema tratado na aula, exposicións orais de traballos, realización de traballos escritos,…

m) Recoñecer as concepcións de carácter ideolóxico e discriminatorio que se agochan tralas respostas filosóficas estudadas

n)Coida-la presentación e ortografía nos traballos escritos, exames e caderno.

Procedementos de avaliación

A.1.- Avaliación parcial.

Realizaranse tres avaliación parciais. Para avaliar o alumnado teranse en conta os resultados dos exames, controis periódicos, traballos curtos, exercicios tanto de clase como para casa e participación nas actividades da aula No caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, a profesora poderá establecer outra data para facelo.

A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte:

a)EXAMES

Hai que ter en conta que o programa articúlase en sete FICHAS CURRICULARES (centradas nun autor ou conxunto de autores). O núcleo de cada ficha curricular é o autor. Os exames escritos realizaranse sobre cada unha das fichas curriculares (unidades didácticas) entregadas ó alumnado e cualificaranse cunha nota de 0 a 10. Para cada exame o alumnado deberá estudar a

Page 26: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

ficha correspondente ao último autor explicado pero tamén as fichas xa tratadas , pois cualificaranse as referencias ás mesmas, sempre que sexan axeitadas, no exame. Haberá un exame por ficha curricular que se desenvolverá de acordo coas normas que dicta a CIUG para os exames de selectividade, do seguinte xeito:

TEXTO do AUTOR correspondente:

Platón, Aristóteles, Agostiño de Hipona, Tomé de Aquino, Locke, Descartes, Hume, Kant, Marx ou Nietzsche

Cuestións principais que deben ser tidas en conta na composición a elaborar: o alumnado terá en conta que se trata de cuestións interrelacionadas. As respostas débeno estar tamén. Debe integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria. Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia) senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario apropiado coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e retórica.

• Cuestións para a composición do texto:

I) Marco histórico e conceptual (avaliación máxima: 2,5 puntos):

-Situar ao autor no marco histórico-cultural e filosófico da súa época, vida, obra (contextualización xeral)...................................................................................................1,25 ptos

-Resposta á cuestión contextual (segundo a correspondente Ficha Curricular)..............1,25 ptos

- Trátase de avaliar a comprensión epocal do/da alumno/a. (Isto non inclúe a mera mención de anécdotas). - Os 1,25 puntos de nota máxima atribuídos á “contextualización xeral”corresponderían ao hipotético caso dun/dunha alumno/a que non contestando propiamente á cuestión específica de contextualización que se lle formula amose coñecementos consistentes sobre a época na que se sitúa o autor. -A correcta resposta á cuestión específica de contextualización que se lle formula comportará inevitablemente coñecementos proporcionados de “contextualización xeral”.

II ) Comprensión (avaliación máxima: 6 puntos)

-Ler atentamente o texto e a partir del responder a unha cuestión temática (segundo a correspondente Ficha Curricular).

Os 6 puntos distribuiranse consonte os seguintes criterios: • Trátase de avaliar os coñecementos sobre o autor centrándose na cuestión temática formulada e, en relación con esta, amosar a

comprensión do texto. III)Coñecemento específico (avaliación máxima: 1, 5 puntos).

-Trátase de, atendendo á problemática do texto e á cuestión temática, expoñer –con claridade e rigor conceptual–, as relacións (de

semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da “Historia da Filosofía”

-Facer un comentario persoal.�

Os 1,5 puntos distribuiranse consonte os seguintes criterios e proporcións:

-Cuestión de relación……………………………………………………………. 1 puntos -Comentario persoal …………………………………………………………….. [0,5 ptos.] -Trátase de avaliar a capacidade do/da alumno/a para situar a cuestión temática no horizonte global da historia da filosofía. -A cuestión relacional debe ser avaliada d de 0 a 1,5 puntos. -Hai que contar coa posibilidade de que un/unha alumno/a poida introducir algún atinado comentario persoal que poña en evidencia a súa comprensión. Isto é: no hipotético caso dun/dunha alumno/a que non sendo capaz de establecer unha relación nos termos nos que se lle require, introduce comentarios pertinentes e atinados outorgaríaselle 0,5 puntos.

Page 27: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

*Os/as alumnos/as terán de ter en conta que para acadar a máxima puntuación (10 puntos) será preciso acadar a corrección non só no que atinxe ao contido do que se pregunta (coñecementos específicos de Historia da Filosofía consonte o currículo oficial da materia) senón tamén á forma, é dicir, os/as alumnos/as terán de procurar:

• a corrección ortográfica

• a corrección sintáctica (por ex.: evitar anacolutos ou o recurso a “esquemas” que non se integren dentro dunha exposición senón que manifestamente a eludan)

• empregar un léxico adecuado

• coidar a orde, consistencia e unidade da exposición

Os defectos en todos estes aspectos poden ser penalizados con ata 3 puntos: -Defectos na composición: perda de ata 1 punto. A mera fragmentación do exame será penalizada cun mínimo de 0,5 puntos -Incorrección ortográfica e/ou gramatical: perda de ata 1 punto. Prestarase atención ao teor xeral do exercicio, sobre todo á combinación de reiteración e diversidade nas incorreccións ,revelando grave descoñecemento e/ou desidia, así como á incapacidade para manter un nivel xeral de corrección gramatical. Penalizarase con contundencia aqueles exames nos que predomine o anacoluto. -Pobreza léxica e insuficiencia no manexo dos conceptos: perda de ata 1 punto Criterios específicos de avaliación dos exames de historia da filosofía

• Debe facerse unha composición unitaria, sintáctica e retoricamente ben estruturada, escrita con pulcritude,respectando escrupulosamente a normativa ortográfica que corresponda, usando o léxico adecuado e poñendo en evidencia unha boa comprensión dos conceptos concernidos.

• No que atinxe ao uso do léxico e mais á comprensión conceptual o alumnado deberá ser rigoroso con aqueles termos e conceptos que resulten esenciais para a comprensión do texto e das cuestión formuladas, así como para a correcta elaboración das respostas. Penalizaranse os defectos expresivos que denoten carencias discursivas graves dentro do nivel esixible para unha persoa que aspire a acadar o título de bacharelato (que é do que se trata).

*Ó longo do curso, a través dos contactos co grupo de traballo que elabora a proba tratarase de obter máis información sobre esta

Aínda que estes exames serán similares ás probas de selectividade, nalgunhas ocasións, dadas as características do autor tratado, o tema ou a falta de tempo, o modo de exame pode variar, realizándose só as dúas primeiras cuestións sinaladas arriba ou incluso só preguntas teóricas. Estes cambios dos exames serán decididos pola profesora.

b) Os CONTROIS PERIÓDICOS, naquelas avaliacións nas que o alumnado teña que realizalos, cualificarán como MB, B, RG, M, MM e poden subir ou baixar a nota do exame das unidades didácticas (fichas curriculares) ás que correspondan como máximo 0,5 puntos: MB= 0,5, B=O,25, RG=0, M= -0,25, MM= -0,5.

c) TERASE TAMÉN EN CONTA :

-A realización daquelas actividades establecidas para a casa -O esforzo que se aprecie na realización das de clase. Estámonos referindo a traballos curtos (lecturas e comentarios de texto, …). -Así mesmo valorarase a actitude na aula (a colaboración no desenvolvemento das clases, a voluntariedade,...) A cada alumno ou alumna iránselle descontando 0,10 puntos por cada actuación negativa nos apartados indicados

anteriormente e poderá perder ata 1 pto. na nota da avaliación por ditos apartados.

d) Valorarase positivamente a participación na clase cun mínimo de rigor conceptual e argumentativo, sempre que os contidos desta participación se correspondan cos temas tratados.

A nota da avaliación estará constituída pola suma dos apartados a-d da seguinte forma: aos exames de texto sumaráselles a nota dos controis que corresponden á mesma unidade didáctica (ficha curricular) e acharase a media destas notas, a esta cifra restaráselle o apartado c. Cando algún exame de texto estea suspenso (nota inferior a 5), a avaliación quedará suspensa e haberá que recuperar os contidos do exame respectivo.

Hai que ter en conta que no centro realízase directamente a avaliación final de xuño, sen avaliar a terceira avaliación parcial, polo que a cualificación desta terceira avaliación parcial non se recollerá nos boletíns, aínda que ten o mesmo tratamento que as dúas primeiras avaliacións parciais; a cualificación final de xuño obterase como se indica no apartado correspondente.

A .2.- Recuperacións. Realizarase recuperación para aqueles alumnos ou alumnas que non acadasen unha cualificación igual ou superior a 5 nas avaliacións parciais. Haberá unha recuperación por avaliación que terá lugar unha vez realizadas as reunións de avaliación (no seguinte trimestre), podendo a profesora, como unha excepción, realizala antes das xuntas de avaliación. Só se recuperarán os exames que estean suspensos. Os exames realizados na recuperación serán similares e puntuarán coma na

Page 28: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

avaliación ordinaria. O alumnado se obtén menos de 5 en algunha das fichas quedará inmediatamente suspenso. En caso contrario, acharase a media e sumaráselle o apartado c. O exame de recuperación seguirá o modelo da proba de selectividade e incluirá, polo tanto, un comentario de texto correspondente a algunha das fichas a recuperar e preguntas sobre o resto das fichas curriculares pendentes. Coma no caso da avaliación ordinaria a profesora pode decidir cambiar o modo de exame, facendo unicamente un exame teórico

A..3.- Avaliación ordinaria (maio). Ó final de curso aqueles alumnos/as que non teñan acadados os obxectivos mínimos correspondentes a tódalas avaliacións (é dicir, con nota inferior a 5 nalgunha das dúas primeiras avaliacións parciais e na correspondente recuperación, ou con nota inferior a 5 na terceira avaliación parcial) deberán realizar unha recuperación final .Nesta recuperación estarán representados os temas (fichas curriculares) suspensos en cada unha das avaliacións anteriores, e incluirá, como mínimo, un comentario de texto segundo o modelo da selectividade en vigor e preguntas sobre todas as fichas curriculares suspensas, Cada avaliación será cualificada sobre 10, facéndose logo a media entre todas. Con menos de 3,5 en unha ou varias das avaliacións non se fará a media aritmética, quedando o alumno/a inmediatamente suspenso.

A nota da avaliación ordinaria será a media da nota das tres avaliacións parciais. O redondeo será cara unha nota superior cando se teña aprobado sen facer recuperacións e cara a unha nota inferior no caso contrario.

A.4.- Avaliación extraordinaria (setembro). Terá unha estrutura similar á da recuperación final de xuño, salvo que incluirá tódolos contidos tratados na materia e non só os suspensos durante o curso. Deberanse entregar aqueles traballos suspensos (nota=M) ó longo do curso.

A.5.- Plan de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda do dereito a avaliación continua por faltas de asistencia a clase.Cando un alumno/a acumule faltas de asistencia a clase de forma inxustificada e supere o límite establecido no RRI do Centro para a materia, non será suficiente a superación da proba escrita para que sexa avaliado positivamente na materia. O alumno/a deberá realizar todo o traballo atrasado a consecuencia da súa ausencia e entregalo ó profesor no prazo que este estableza. Ademais a proba escrita que se lle propoña poderá ser diferente á do resto da clase, xa que no seu caso non puido ser cualificado de forma continua na aula. Do mesmo xeito os criterios de corrección non serán os mesmos xa que debe quedar garantido, baseándose unicamente nesa proba, que o alumno/a acadou os obxectivos mínimos da materia. Estas medidas serán aplicables tan só ó alumnado que acumulou faltas de forma inxustificada despois de ser advertidos os seus pais ou titores legais, en caso de minoría de idade do alumno/a, e o propio alumno/a nos demais casos

Criterios de avaliación específicos da materia:

a) Analiza-lo contido dun texto filosófico, identificando os problemas e os termos específicos que aparecen e facendo explícita a súa estructura expositiva (mediante a identificación da tese e argumentos que a apoian pero tamén seguindo outros esquemas, por exemplo: a explicación do texto citando literalmente as ideas ou fragmentos máis importantes e explicando estas e a súa relación; facendo un resumo das ideas do texto relacionadas entre si, sempre que se faga cunha linguaxe persoal distinta á que utiliza o autor do texto;... ). O alumnado sinalará igualmente as ideas secundarias, indicará os conceptos e termos específicos co seu significado ( no texto e histórico) e contextualizará o fragmento dentro do pensamento do autor. En todo caso, valoraranse as referencias ó texto ó longo do desenvolvemento do comentario. b) Interpretar o texto filosófico sinalando, por un lado, a relación entre o problema que formula o autor e o contexto histórico e social da época e, por outro, diferenciando as propostas que contén doutras posibles posicións sobre o mesmo tema. c)Ordenar e situar cronoloxicamente as diversas interpretacións filosóficas estudiadas, relacionándoas unhas coas outras, sinalando as súas similitudes e diferencias e recoñecendo a permanencia e historicidade das propostas filosóficas. d)Mostrar respecto e tolerancia cara as outras ideas e valoración do diálogo racional. e) Capacidade de expresión e comprensión, tanto oral como escrita. f) Valoración especial da madurez intelectual : orde e claridade nas ideas, rigor conceptual, orixinalidade e espírito crítico g)Capacidade de extraer e desenvolver axeitadamente os aspectos fundamentais dos temas tratados fronte ós secundarios. h)Asimilar conceptos xerais específicos da materia e utilizalos con propiedade. i)Ilustrar con exemplos as ideas e conceptos xerais. j) Demostrar un esforzo de reflexión persoal. k)Esforzo e traballo diarios na aula. l) Participación nas actividades de clase por medio de: intervencións ordenadas e axeitadas ó tema tratado na aula, exposicións orais de traballos, realización de traballos escritos,… m) Recoñecer as concepcións de carácter ideolóxico e discriminatorio que se agochan tralas respostas filosóficas estudiadas n)Coida-la presentación e ortografía nos traballos escritos, exames e caderno MATERIAL -Un caderno e fotocopias (tería que pagalas o alumnado se o departamento non dispuxese de presuposto suficiente)

Page 29: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

1. Contidos mínimos esixibles. 1. Recoñecer e valorar os procesos da historia peninsular anteriores ao século XVIII que resultan

máis significativos para a comprensión da época contemporánea. 2. Analizar e caracterizar a crise do Antigo Réxime en España e as dificultades na construción do

estado liberal. 3. Comprender as dificultades no desenvolvemento da economía capitalista e da sociedade de

clases en España, dando conta da diversidade de ritmo e intensidade con que se produce nos distintos territorios peninsulares.

4. Comprender os cambios e conflictos que se producen en España durante o período de

entreguerras. Por unha parte a crise da Restauración, que amosa a incapacidade dos grupos hexemónicos para articular un proxecto liberal para España e desemboca na ditadura de Primo de Rivera. Por outra, valorar a trascendencia da Segunda República, relacionándoa co contexto europeo en que tamén se produce a contraposición entre réximes democráticos e autoritarios.

5. Comprender a orixe, desenvolvemento e consecuencias da Guerra Civil. Recoñecer e analizar as peculiaridades ideolóxicas e institucionais da ditadura franquista e a influencia que a coxuntura internacional tivo na evolución do réxime.

6. Describir os trazos e dificultades do proceso de transición democrática e a súa trascendencia,

identificar as características da Constitución actual e do Estatuto de Autonomía de Galicia. 7. Coñecer e utilizar as técnicas básicas da indagación e explicación histórica, como recoller

información de diferentes fontes, valoralas críticamente e elaborar textos de contido histórico, utilizando con rigor o vocabulario específico

2. Criterios e procedementos de avaliación Avaliación ordinaria. Realizaranse, xeralmente dúas probas, por avaliación, consistentes nun comentario de texto. A puntuación de cada proba ha ser sobre 10 puntos, valorándose: - a capacidade de coñecer e memorizar datos e feitos significativos, - a comprensión dos feitos históricos - a habilidade á hora de interrelacionar coñecementos e conceptos, sacar conclusións pertinentes etc. - a precisión e a correción na terminoloxía propia desta asignatura - a coherencia expositiva - a correción ortográfica e a coherencia sintáctica e gramatical O comentario de texto ha seguir o modelo dos postos na Selectividade. A duración máxima de cada proba será de 1,30 horas, realizándose, a se posible, dentro do horario escolar. Traballos: Cada vez que o alumno non presente ( na data sinalada) o traballo mandado facer polo profesor, perderá un 0,5 da nota da avaliación. O alumno constante e traballador que presente puntualmente tódolos traballos aumentará a nota final nun punto

Page 30: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

Cando un aluno/a non acoda ao exame o día marcado perde direito ao exame, agás que a falta veña xustificada con algún documento oficial que así o certifique. Calificación de cada avaliación: Será a media entre os dous exames, tendo en conta o dito no caso dos traballos.A nota redondearase ao alza a partir da fracción 0,50 se o alumno escribe correctamente, se asiste con regularidade a clase e se ten unha actitude participativa e de traballo. Recuperacións: Contémplanse dúas recuperacións:

1. Dende o tema inicial ata a Restauración inclusive, “ Transformacións económicas no s. XIX-1º tercioXX”)

2. Dende Primo de Rivera ata o final. Ambas recuperacións faranse durante o curso. Constarán dun comentario de texto

Calificación final da asignatura: Media aritmética das tres avaliacións. Súmase un punto se fixo os traballos , asistiu con normalidade a clase e mostrou boa disposición. En caso de ter que redondear, para ser ao alza a fración debe superar o,50 Calificación final para alumnos que perderon o dereito a examinarse por faltas inxustificadas : Estes alumnos deben presentarse a un único exame con toda a materia. A proba será un único comentario de texto e 10 cuestións. Asi mesmo deben presentar ese día os traballos feitos polos demas alumnos ó longo do curso. Para aprobar deben chegar claramente ó 5 e a fracción para lograr subila é 0,75, sempre que non teñan faltas de ortografía e se expresen coa correción gramatical debida .Esta proba será avaliada conxuntamente por dous compoñentes do departamento Calificación para alumnos que repiten historia: Estes alumnos deben asistir a clase e a súa calificación será como a dun alumno correspondente a ese curso. En caso de non poder asistir a clase por causa xustificada, o profesor considerará cada caso en particular, prevalecendo a ser posible o estipulado para o resto do grupo Calificación da avaliación extraordinaria. Setembro O alumno debe examinarse de tódolos temas explicados ao longo do curso escolar, podendo acadar unha calificación máxima de 10 puntos. A estrutura do exame de Setembro constará de: - Un comentario de textos a escoller entre dúas opcións. 10 puntos

Page 31: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

 

PRESENTACIÓN DE MATERIA

Curso 2011­12 

 

CURSO: 2º BACHARELATO

MATERIA: INGLÉS

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES

Escoitar, falar e conversar -Comprensión xeral e específica de mensaxes transmitidas por medios de comunicación, emitidas tanto en lingua estándar como por falantes con diferentes acentos pero cunha cadencia normal. -Comprensión de interaccións orais de carácter persoal, familiar ou público suficiente para poder reaccionar con espontaneidade. -Toma de conciencia da importancia de chegar a comprender textos orais e escritos sen precisar entender todos e cada un dos seus elementos. -Produción oral atendendo á súa planificación e utilizando estratexias de comunicación como o uso de circunloquios, paráfrases ou substitucións léxicas, que permiten sacar proveito dos medios lingüísticos dispoñibles. -Participación en conversacións e debates utilizando o rexistro adecuado á situación de comunicación e estratexias de colaboración.

Ler e escribir -Comprensión de información xeral de textos xornalísticos, literarios ou académicos, en soporte papel e dixital, que traten temas próximos e coñecidos, identificando o propósito comunicativo, as ideas principais e, se é o caso, o punto de vista de quen os escribe. -Localización e comprensión de información específica en documentos escritos de uso cotián e en documentos oficiais breves e habituais. -Composición de textos escritos atendendo ás secuencias de planificación, á textualización e revisión do texto obtido, á persoa ou persoas a quen se dirixe e ao tipo de texto que corresponda á intención de comunicación, utilizando mecanismos de coherencia e cohesión textual. -Composición de textos diversos -descritivos, narrativos, argumentativos e explicativos- relativos aos ámbitos persoal, público e educativo, con coherencia, claridade, cohesión, razoable corrección gramatical e léxico axeitado ao tema. -Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital, adecuados aos fins funcionais e valorando a súa importancia nas comunicacións escritas.

Coñecementos da lingua 1. Funcións da linguaxe e gramática

a. Dar e pedir opinións e consellos. Persuadir e advertir. - Oracións de relativo especificativas e explicativas

Page 32: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

- Oracións subordinadas consecutivas introducidas por so / such ... that.

- Should / had better - Nexos: although, even if, in spite of, etc.

b. Solicitar información empregando preguntas indirectas. Referirse a unha información recibida anteriormente empregando verbos específicos.

- Estilo indirecto: afirmacións, preguntas, ordes, suxestións. - Estilo indirecto cos seguintes verbos introdutorios: accept, advise,

agree, apologise, ask, beg, declare, explain, insist, invite, offer, etc. c. Narrar unha biografía e planificar un relato.

- Subordinadas de finalidade introducidas por so (that), (in order) to, in order not to, so as to, so as not to.

- Adxectivos + enough / too + adxectivo - Usos do infinitivo ou xerundio despois de determinados verbos e

adxectivos. - Phrasal verbs.

d. Formular hipóteses e especular. Establecer condicións e falar de verdades xerais. Expresar queixas, desexos e sentimentos de pesar e arrepentimento

- Oracións condicionais, revisión dos tres tipos - Futuro. Revisión das distintas formas de expresar o futuro (will, be

going to, present continuous). - Futuro continuo. - Futuro perfecto. - Oracións condicionais con unless / as long as / providing that, etc. - Wish + pasado simple - Wish + past perfect - Wish + would

e. Describir detalladamente o aspecto físico e o carácter dunha persoa real ou imaxinaria.

- Orden de adxectivos e adxectivos compostos - Phrasal verbs para explicar rasgos de carácter ou modos de

comportamento. - Participio de presente e de pasado. - Expresións idiomáticas. - Prefixos e sufixos para formar substantivos.

f. Mostrar acordo e desacordo e dar explicacións. - Regret / remember + xerundio / infinitivo - Conectores: for this reason, in addition, moreover, on the other

hand, because, whereas, for example, consequently, etc. g. Analizar cambios en diferentes lugares e cousas e na sociedade.

- Voz pasiva - Present perfect continuous - Past perfect continuous - Need / needn’t + infinitivo - Could / may / might / must / should / ought to + have + participio - Have / get something done - Verbos seguidos de xerundio ou infinitivo.

h. Expresar sentimentos e falar de relacións persoais - Be + adxectivos - Comparacións: as if, as ... as, as though. - Verbos pronominais seguidos de adxectivos. - Phrasal verbs para falar do desenvolvemento das relacións persoais. - Prefixos e sufixos para formar adxectivos

2. Léxico-semántico

Page 33: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

- Relacionado cos temas tratados: experiencias, noticias, ocio, intereses, lugares, relacións persoais, traballo, estudios, medio natural, etc.

- Fórmulas e expresións 3. Fonética

- Pronunciación de fonemas vocálicos e consonánticos de especial dificultade. - Pronunciación de fonemas mudos, semivogais, semiconsoantes, etc. - Pronunciación de formas débiles: have / has / was / were / been, etc - Pronunciación de formas contractas: can’t / mustn’t / shouldn’t / ‘ll, etc. - Acentuación de palabras e frases. - Entoación de frases. - Ritmo.

Reflexión sobre a aprendizaxe -Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar o léxico e as estruturas lingüísticas. -Identificación das causas dos propios erros, considerándoos parte natural de todo proceso de aprendizaxe e uso autónomo de estratexias de autocorrección e de reparación, e máis interese por superalos. -Esforzo por lograr unha progresiva espontaneidade no emprego da lingua á hora de realizar as tarefas de aprendizaxe. -Participación activa nas tarefas de aprendizaxe amosando iniciativa, creatividade, e confianza nas propias posibilidades. -Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela, recorrendo ás tecnoloxías da información e da comunicación.

Aspectos socioculturais e consciencia intercultural -Toma de conciencia da diversidade lingüística e cultural española e europea, e aceptación da pertenza a unha sociedade pluricultural, evitando actitudes etnocéntricas e androcéntricas. -Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación e a comunicación con persoas pertencentes a outras culturas. -Uso apropiado, desde o punto de vista sociocultural, de rexistros, de marcadores lingüísticos de relacións sociais, de exclamacións e interxeccións e das normas de cortesía en situacións concretas de comunicación. -Establecemento de relacións entre a cultura propia e a cultura propia da lingua estranxeira para cumprir o papel de intermediación cultural, abordando con eficacia a resolución de malentendidos interculturais e esforzándose por superar relacións estereotipadas.

Page 34: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Comprender a idea principal e os detalles máis relevantes de mensaxes orais emitidas en situacións de comunicación interpersoal ou polos medios audiovisuais sobre temas concretos relacionados cos ámbitos persoal, público e académico, realizados en lingua estándar e de xeito claro e pausado. Con este criterio trátase de avaliar a capacidade dos alumnos e das alumnas para comprender información concreta de discursos orais, identificando tanto a idea principal como detalles específicos. Os discursos -conversacións cara a cara, presentacións e conferencias, avisos, instrucións, noticias de informativos, pasaxes narrativas…- serán claros e textualmente ben organizados e estarán emitidos nunha lingua estándar, cun acento normal e cadencia pausada, aínda que sexa emitida nun rexistro formal. 2. Participar activa e autonomamente e con eficacia na comunicación da aula, en conversas, debates e simulacións, con diversos propósitos comunicativos, e diferentes funcións do discurso, intercambiando opinións, achegando suxestións e respondendo a elas, coincidindo e discrepando sobre temas xerais ou específicos dunha materia, establecendo contacto social en función da situación de comunicación, pedindo aclaración sobre palabras clave que non entende, reformulando e rectificando se non consegue facerse comprender e distinguindo un cambio de tema se a persoa interlocutora articula con claridade. Trátase con este criterio de verificar a capacidade de desenvolverse en interaccións sociais con finalidades comunicativas diversas (opinar, suxerir, argumentar) e de usar adecuadamente saúdos, fórmulas de tratamento, normas de cortesía e linguaxe corporal propios de contextos de comunicación próximos tanto informais como formais (académicos, de relación entre xeracións, etc.). Avaliarase tamén o uso de estratexias de cooperación na interacción e no traballo con outras persoas: verificando a comprensión propia e a das outras persoas e cooperando activamente na realización das tarefas de comunicación. Trátase igualmente de valorar o uso dos recursos textuais e lingüísticos adquiridos e a súa adecuación sociolingüística, considerando, así mesmo, a utilización de frases feitas e locucións idiomáticas habituais da comunidade en cuestión. Valorarase igualmente a independencia progresiva dos modelos. 3. Expresarse con razoable fluidez e corrección gramatical, coherencia, certa riqueza léxica e pronunciación, ritmo e entoación adecuados, facéndose entender con claridade nunha variedade de situacións. Trátase de verificar a capacidade de expresarse de forma intelixible, prestando atención, non só á pronunciación silábica e de palabras, senón tamén á vinculación entre sílabas e palabras da frase, respectando e reproducindo os patróns acentuais e as tendencias rítmicas propias da lingua estranxeira. 4. Realizar oralmente breves exposicións previamente planificadas sobre temas xerais ou académicos propios do nivel de estudos, nunha secuencia cohesionada e lineal, utilizando apoios textuais e gráficos, e achegando explicacións e exemplos cando llelos soliciten, de maneira que se faga entender sen dificultade a maior parte do tempo. Trátase de valorar a capacidade do alumnado de producir un discurso breve, sinxelo, coherente e claro que poida ser seguido sen esforzo. Valorarase a súa corrección lingüística e que as ideas principais estean explicadas con léxico adecuado e razoable precisión.

Page 35: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

5. Mediar entre falantes que teñen dificultade para entenderse por descoñecemento da lingua ou de aspectos socioculturais, aclarando o sentido de textos orais e escritos coa finalidade de garantir a relación fluída entre falantes e culturas. Trátase con este criterio de resumir un texto oral ou escrito desligándose da formulación lingüística orixinal, e expresando o sentido na propia lingua ou na lingua estranxeira, adecuándoo así a unha persoa interlocutora próxima, que descoñece a lingua e cultura estranxeira ou propia da persoa aprendiz, coa finalidade de facer o texto comprensible e de evitar malentendidos entre falantes e culturas. 6. Uso de diversas estratexias de expresión oral e escrita como a planificación e o axuste da mensaxe aos medios lingüísticos dispoñibles e á información procedente da actitude das persoas participantes na interacción. Trátase de valorar que o alumnado planifique a súa intervención na interacción oral e escrita atendendo á persoa ou persoas destinatarias, decidindo a intencionalidade comunicativa, o tema e as rutinas, frases feitas, modelos e esquemas de interacción que facilitarán a interpretación da súa mensaxe. Valorarase que se logre a comunicación aínda que sexa utilizando circunloquios, paráfrases e substitucións léxicas. Na interacción oral valorarase igualmente a colaboración no desenvolvemento dos temas (iniciar un tema, amplialo, acabalo, cambiar de tema) e nas quendas de palabra (cando e canto falar, cando se debe ceder a palabra, etc.), así como a toma en consideración dos elementos non lingüísticos (xestos, expresións faciais e movementos das persoas interlocutoras) para reconducir o tema ou achegar aclaracións para lograr o éxito da comunicación. 7. Ler con autonomía textos, cun obxectivo preciso de lectura, redactados nunha lingua estándar e relacionados tanto coa vida cotiá como co contexto educativo, para identificar as ideas máis significativas, a liña argumental ou a información relevante para realizar unha tarefa. Con este criterio preténdese avaliar a capacidade de buscar e comprender a información xeral ou específica transmitida en textos variados -cartas, listaxes, prospectos, catálogos, correspondencia persoal e formal, informes, multas e sancións, actas, artigos, pasaxes de obras literarias en prosa, publicados en xornais e revistas de carácter xeral ou de divulgación, páxinas web ou libros de consulta. Valorarase, así mesmo, o uso de estratexias de lectura que permitan que esta sexa máis eficaz. 8. Redactar textos diversos, seguindo conscientemente o proceso de produción escrita utilizando os esquemas textuais propios de cada xénero, o léxico apropiado ao contexto comunicativo e os elementos necesarios de cohesión e coherencia, de maneira que sexan facilmente comprensibles na súa lectura. Trátase de apreciar a capacidade para comunicarse por escrito, prestando especial atención á planificación do proceso de escritura nas súas accións sucesivas: planificación, xeración de ideas, textualización e revisión e redactándoos de forma clara e ordenada, cunha estrutura adecuada e lóxica. En todos os escritos, en papel ou soporte dixital, avaliarase o respecto das regras básicas de ortografía e puntuación, así como a presentación clara, limpa e ordenada. 9. Utilizar de forma consciente os coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos, estratéxicos e discursivos adquiridos, así como identificar e utilizar de xeito progresivamente autónomo estratexias de aprendizaxe, explicar as utilizadas, poñer exemplos doutras posibles e decidir sobre as que son máis axeitadas ao obxectivo da aprendizaxe.

Page 36: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

Con este criterio preténdese verificar se alumnos e alumnas manexan estruturas gramaticais, conectores e ordenadores do discurso complexos que expresan maior grao de madurez sintáctica. Tamén se valora a utilización de léxico máis especializado, o perfeccionamento na pronunciación e a maior corrección ortográfica. Pretende igualmente avaliar se as alumnas e os alumnos utilizan as estratexias apropiadas que favorecen o proceso de aprendizaxe, como a aplicación autónoma de formas diversas para almacenar, memorizar, ampliar e revisar o léxico; o uso autónomo de dicionarios, gramáticas, material de consulta, recursos bibliográficos, informáticos e dixitais; a análise e reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece, a utilización consciente das oportunidades de aprendizaxe na aula e fóra dela, a participación na avaliación da propia aprendizaxe ou o recurso autónomo a mecanismos de autocorrección. 10. Analizar, a través de documentos auténticos en diferentes soportes, aspectos característicos sociais, culturais, históricos, xeográficos e artísticos propios de países onde se fala a lingua estranxeira e amosar interese por coñecelos. A través deste criterio apreciarase o coñecemento dos trazos máis importantes e característicos da sociedade, cultura, historia, xeografía e manifestacións artísticas dos países onde se fala a lingua estranxeira. Trátase de verificar igualmente se, a medida que se vai ampliando a experiencia lingüística do alumnado e o coñecemento de aspectos socioculturais doutros países e comunidades, se vai consolidando un modo de competencia plurilingüe e pluricultural constituída pola complexa rede de relacións que se establecen entre os coñecementos lingüísticos e culturais.

Page 37: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

AVALIACIÓN Instrumentos e sistemas de cualificación. A avaliación é continua e formativa. Aparece en tódolos momentos do proceso: ó

comezo como exploración inicial, durante o proceso como avaliación continua, e ó final do mesmo.

A avaliación inicial permítenos obter información sobre os alumnos, as súas características e a súa situación. Lévase a cabo ó principio de curso ou antes de presentar contidos novos. Para facer esta avaliación inicial valémonos de entrevistas, cuestionarios, e nalgúns casos de probas lingüísticas.

Durante o desenvolvemento da clase, o profesor observa ó alumno sistematicamente, xa que á hora de avaliar hai que ter en conta o traballo diario do alumno e a súa participación nas actividades. Os resultados desta observación serven para extraer conclusións que, ás veces, terán como consecuencia a redefinición dos obxectivos, o cambio das técnicas empregadas ou a reconsideración do sistema de avaliación.

Indicamos seguidamente algúns puntos concretos referidos á avaliación do alumnado:

♦ Para avaliar ó alumnado faranse, como mínimo, tres exames escritos ó longo do curso (un por avaliación). Estes exames serán un reflexo do practicado na clase e constarán das seguintes partes:

• exercicios gramaticais e de vocabulario

• exercicios que avalíen as destrezas: reading, listening e writing

• (opcional) exercicios de comprensión do libro de lectura

♦ Ademais dos exames que se fagan ó longo do curso, teranse en conta:

• os traballos que se pidan na clase, que deberán ser entregados no prazo debido, cunha presentación axeitada e unha caligrafía lexible.

• os libros de lectura (un por avaliación), dos que poderán ser examinados na proba escrita ou mediante a realización dalgunha tarefa indicada pola profesora ou profesor.

• as probas orais. (mínimo unha por avaliación). Nestas probas avalíase a capacidade do alumno para comunicarse en inglés con fluidez, máis que a corrección lingüística; tratando de mellorar ó longo do curso.

Todas e cada unha das actividades mencionadas teñen a mesma importancia á hora de cualificar ó alumnado. Polo tanto, todas elas deberán levarse a cabo co mesmo rigor, interese e seriedade co que o alumnado afronta normalmente os exames.

♦ Ademais destas probas obxectivas, hai outro tipo de accións que non se poden medir obxectivamente pero que influirán na cualificación:

• A participación activa na clase, en canto que é un sistema de observación diario.

• interese pola asignatura, que se reflexa na participación na dinámica da clase e na realización das tarefas a tempo; así como na intención e no esforzo por mellorar e tratar de corrixir os erros.

• A actitude na clase, que deberá ser sempre correcta cara ós compañeiros, o material, o profesor e a asignatura.

• O esforzo por comunicarse na lingua inglesa na aula, que será tido en conta positivamente.

Page 38: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

• A presentación tanto de exames como de traballos deberá ser curiosa, e a caligrafía lexible

Recuperacións. A avaliación é continua, é dicir, trátase de aprender e mellorar ó longo do curso; polo

tanto, non hai exames de recuperación, senón que o profesor ou profesora proporcionará ós alumnos que teñan dificultades actividades de reforzo naqueles aspectos que consideren necesarios

Avaliación ordinaria (xuño). Ó tratarse dunha avaliación continua, os alumnos que superen a terceira avaliación,

superan a avaliación de xuño, e aqueles que non a superen, deberán examinarse en setembro

Avaliación extraordinaria (setembro). Farase unha proba en setembro para todos aqueles alumnos que non superen os contidos

mínimos na avaliación de xuño.

A proba consistirá nun exame do mesmo tipo que os que realizados ó longo do curso, que inclúen: exercicios de gramática, de vocabulario, de comprensión e de expresión escrita. Non se incluirán probas de expresión e comprensión oral nin probas de comprensión dos libros de lectura do curso.

Plan de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda do dereito a avaliación continua por faltas de asistencia a clase.

Se houbera algún alumno con problemas de asistencia a clase, se lle faría un exame final escrito e unha proba oral sobre os contidos mínimos que figuran na programación do curso que corresponda.

Se fora posible, e dependendo das causas da súa ausencia, pediríaselle que fixera algún tipo de traballos ó longo do curso, e incluso a lectura dalgún libro adaptado ó seu nivel de coñecementos.

Plan de recuperación da materia pendente de cursos anteriores. Dado que esta é unha asignatura progresiva, a profesora ou profesor encargado do grupo

fará un seguimento daqueles alumnos que foran avaliados negativamente no curso anterior, mediante as probas que considere máis axeitadas (escritas, orais, de actitudes) e informará dos resultados en cada avaliación.

Ademais farase unha proba escrita en maio, que incluirá: exercicios de gramática, de vocabulario, de comprensión e de expresión escrita. Tamén poderán incluírse probas de expresión e/ou comprensión oral.

Page 39: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011-12 LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA

MD750301

CURSO: 2º de BACHILLERATO MATERIA/MÓDULO: LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA

1.- BLOQUES DE CONTENIDOS 1ª EVALUACIÓN. - Resumen, esquema y comentario crítico de un texto. - El texto como unidad de sentido: adecuación, coherencia y mecanismos de cohesión. Análisis textual. - Estructura morfológica de las palabras: análisis morfológico. - Oración: coordinación y subordinación: análisis sintáctico. Construcción de textos a partir de esquemas estructurales. - Semántica: definición de significados. Temas de Literatura:

1.- La Literatura española en el siglo XVIII. Características y principales autores.

2.- El Romanticismo. Características generales y autores más importantes.

3.-Realismo y Naturalismo. Características generales, principales autores y obras.

4.- El Modernismo. Características generales.

Lectura y estudio de una obra de narrativa: Plenilunio, Antonio Muñoz Molina

2ª EVALUACIÓN - Resumen, esquema y comentario crítico de un texto. - Estructura morfológica de las palabras: análisis morfológico. Procedimientos de formación de palabras. - Oración: coordinación y subordinación: análisis sintáctico. Construcción de textos a partir de esquemas estructurales - Definición de significados. - Tipos de texto: narrativo, descriptivo, expositivo y argumentativo. - Tipos de texto: técnicos y científicos, jurídicos y administrativos, humanísticos, periodísticos y literarios. - El lenguaje de la publicidad. - Los medios de comunicación y su incidencia en la sociedad contemporánea. El discurso periodístico: información y opinión. Temas de Literatura: 5.- La poesía de Machado y la de Juan Ramón Jiménez.

6.- El grupo poético del 27.

7.- La novela española anterior a la guerra civil.

8.- El teatro español anterior a la guerra civil.

Lectura y estudio de una obra poética de referencia de la primera mitad del siglo XX: La voz a ti debida, Pedro Salinas

3ª EVALUACIÓN - Resumen, esquema y comentario crítico de un texto.

La organización del léxico: relaciones semánticas (hiperonimia, sinonimia, polisemia y homonimia). - Definición de significados. - Familias léxicas y campos semánticos. - Los cambios semánticos. - Construcción de textos a partir de esquemas estructurales. - Realidad plurilingüe y pluricultural de España y del mundo contemporáneo. - Variedades dialectales del castellano. - Temas de de Literatura: 9.- La poesía española posterior a la guerra civil.

10.- La novela española posterior a la guerra.

11.- El teatro español desde la guerra civil a nuestros días.

12.- La narrativa hispanoamericana de la segunda mitad del siglo XX.

Page 40: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

Lectura y estudio de una obra de teatro : La Fundación , Antonio Buero Vallejo Lectura y estudio de una novela hispanoamericana: Crónica de una muerte anunciada , Gabriel García Márquez

2.- CONTENIDOS MÍNIMOS NECESARIOS PARA SUPERAR LA MATERIA/MÓDULO

Para obtener una calificación favorable, cualquier alumno ha de demostrar que tiene un conocimiento de la asignatura acorde con los niveles de exigencia propios del nivel de 2º curso de bachiller (reflejados en los bloques de contenidos y en los criterios y procedimientos de evaluación) en los aspectos siguientes: a Ha de expresarse con corrección, fluidez y propiedad léxica, tanto oralmente como por escrito. b Ha de poseer un mínimo de conocimientos en los aspectos teóricos y prácticos de Lengua y Literatura. c Ha de dominar las destrezas básicas del resumen, jerarquización de ideas, comentario crítico de diversos textos y análisis sintáctico. d Ha de conocer las normas que regulan la ortografía, acentuación y puntuación. También será preciso: e Leer adecuadamente los libros de lectura obligatoria. f Obtener aprobado ( al menos cinco puntos) en los exámenes de cada evaluación. g Realizar satisfactoriamente los trabajos individuales y de grupo propuestos en clase.

3.- CRITERIOS Y PROCEDIMIENTOS DE EVALUACIÓN La calificación de los alumnos será obtenida por los medios siguientes: 1.- Exámenes escritos con tres partes con 1h 30´ de duración.

A) Análisis de texto : comprende los siguientes apartados: a) Resumen del contenido o su equivalente: jerarquización de las ideas principales del texto y su vinculación (1,5 puntos) b)Explicación de significads de palabras (1punto) Comentario critico del texto propuesto. Se tendrá en cuenta la originalidad de las ideas así como la sólida fundamentación de las mismas (2 puntos). Se cuidará especialmente la expresión en todo el examen, de ahí su trascendencia. Se penalizarán especialmente las deficiencias en la construcción del texto que se refieran a la adecuación, coherencia o cohesión.

B) Lengua: análisis morfológico, morfosintáctico, semántico y textual de un fragmento. Estudio morfológico de palabras. Análisis sintáctico. Comentario semántico. Análisis textual. Tipología textual. Caracterización de variedades. .Construcción de textos que contengan estructuras propuestas (1,5 puntos)

C) Literatura:

A) Responder adecuadamente a cualquier cuestión teórico-práctica acerca de los temas de literatura que figuran en la programación como: La poesía de posguerra, características generales de un movimiento literario, la técnica narrativa usada en un fragmento, aspectos estilísticos más relevantes de un texto dado, etc. (2 puntos).

B) Preguntas sobre las obras de lectura obligatoria (2 puntos).

La fórmula de obtención de la nota será, por consiguiente, a + b + c Hay que obtener como mínimo un 40% de la nota máxima en cada una de las partes del examen. 2.- Exposiciones de los temas de literatura. La materia expuesta será objeto de examen para todos los alumnos. Este apartado será calificado de 0 a 10 puntos. (habrá que tener, al menos, un 4 para hacer media con el ejercicio anterior). 3.- Lectura voluntaria de libros. Breve comunicación a la clase de las características fundamentales del libro leído. Este apartado podrá aumentar la nota un punto por evaluación.

La nota final de cada evaluación se obtendrá de la nota media del examen de Lengua y del ejercicio de exposición de literatura más el aumento conseguido con los libros de lectura voluntaria. La recuperación de las evaluaciones suspendidas se realizará en el mes de mayo. La Lengua tendrá un carácter acumulativo y en Literatura será preciso recuperar las partes no aprobadas. Para todos los alumnos habrá en el mes de mayo un examen final sobre los 12 temas de Literatura y los libros de lectura obligatoria.

Se realizara un examen control de cada uno de los libros de lectura obligatoria que será necesario aprobar para superar la asignatura. 4.- MATERIAL Cuaderno de apuntes. Fotocopias entregadas por el profesor. Libros de lectura obligatoria. Libro de texto: Lengua castellana y Literatura de 2º de Bachillerato . Editorial Oxford. Periódicos, revistas, etc. Acceso a INTERNET. Diccionarios. Enciclopedias. Manuales recomendados de consulta.

Page 41: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

1

PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011-12 MD750301

CURSO: 2º BACHARELATO MATERIA/MÓDULO: LINGUA GALEGA E LITERATURA

1.- BLOQUES DE CONTIDOS 1ª AVALIACIÓN 2ª AVALIACIÓN 3ª AVALIACIÓN Contidos comúns -Lectura comprensiva, análise e comentario de textos de natureza diversa e cun nivel de dificultade adaptado aos obxectivos propios da etapa postobrigatoria. -Produción de textos orais e escritos respectuosos coas regras de coherencia, cohesión, adecuación, presentación e corrección ortográfica. -Elaboración de exposicións orais e composicións escritas realizadas de xeito documentado e cun vocabulario rigoroso. -Normas básicas que rexen o intercambio e a interacción comunicativa. - Busca, obtención, selección e integración de información procedente de fontes bibliográficas e audiovisuais proporcionadas polas bibliotecas e polas tecnoloxías da información. Lingua e texto. -Propiedades do texto: a coherencia e a cohesión. Análise de procedementos lingüísticos básicos e aplicación ás propias producións. A progresión temática. -A fonética e a fonoloxía. Descrición de fonemas. -As variedades dialectais. Bloques e áreas dialectais. Principais trazos fonéticos, morfolóxicos e sintácticos. O texto dialectal. -Sintaxe: unidades e funcións sintácticas. Análise sintáctica. A sociolingüística. -As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos. -Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma. A literatura. 1.- A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas. 2.- A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas. 3.- A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós

Contidos comúns -Lectura comprensiva, análise e comentario de textos de natureza diversa e cun nivel de dificultade adaptado aos obxectivos propios da etapa postobrigatoria. -Produción de textos orais e escritos respectuosos coas regras de coherencia, cohesión, adecuación, presentación e corrección ortográfica. -Elaboración de exposicións orais e composicións escritas realizadas de xeito documentado e cun vocabulario rigoroso. -Normas básicas que rexen o intercambio e a interacción comunicativa. - Busca, obtención, selección e integración de información procedente de fontes bibliográficas e audiovisuais proporcionadas polas bibliotecas e polas tecnoloxías da información.Lingua e texto. -Estrutura e formación de palabras. Tipos de morfemas e análise morfolóxica. -Sintaxe: unidades e funcións sintácticas. Análise sintáctica. -Semántica: campos semánticos. As relacións e os cambios semánticos. Definición de palabras.-Repaso dos contidos vistos na primeira avaliación. A sociolingüística. -Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización. -O galego no 1º terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. A literatura. 5.- A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais. 6.- A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas). 7.- A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas. 8.- O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia. 9.- A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro. -Lectura, análise e comentario de textos significativos, e dunha obra completa. . LECTURA: A Esmorga,de E. Blanco Amor.

Contidos comúns -Lectura comprensiva, análise e comentario de textos de natureza diversa e cun nivel de dificultade adaptado aos obxectivos propios da etapa postobrigatoria. -Produción de textos orais e escritos respectuosos coas regras de coherencia, cohesión, adecuación, presentación e corrección ortográfica. -Elaboración de exposicións orais e composicións escritas realizadas de xeito documentado e cun vocabulario rigoroso. -Normas básicas que rexen o intercambio e a interacción comunicativa. - Busca, obtención, selección e integración de información procedente de fontes bibliográficas e audiovisuais proporcionadas polas bibliotecas e polas tecnoloxías da información.Lingua e texto. -Repaso dos contidos vistos na primeira e segunda avaliación. A sociolingüística. -O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.-O galego de finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística. A literatura. 10.- A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes. 11.- A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes. 12.- O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes -Lectura, análise e comentario de textos significativos, e dunha obra completa. LECTURA: O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas

Page 42: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

2

(narrativa, ensaio e xornalismo). 4.- O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós. -Lectura, análise e comentario de textos significativos, e dunha obra completa. .LECTURA: Os dous de Sempre, de Castelao.

2.- CONTIDOS MÍNIMOS NECESARIOS PARA SUPERAR A MATERIA/MÓDULO Ademais dos obxectivos xerais para os dous cursos de bacharelato serán obxectivos mínimos para acadar o aprobado en 2º de bacharelato: No plano textual, ter unha capacidade aceptable para interpretar e producir textos con coherencia, corrección e adecuados á situación comunicativa. Coñecer a estrutura da lingua nos seus planos fónico, morfosintáctico e léxico-semántico. Saber diferenciar estes planos e utilizalos con corrección na expresión oral e escrita. En morfoloxía deberá distinguir perfectamente as diferentes clases de palabras, coñecer e empregar correctamente o paradigma verbal dos verbos regulares e irregulares, empregar con corrección o xénero e o número, saber distinguir entre pronomes persoais tónicos e átonos e colocar estes correctamente. Saber diferenciar e empregar as perífrases verbais, distinguir as preposicións das conxuncións, ... No apartado de léxico e semántica será imprescindible demostrar unha certa riqueza léxica, como corresponde a un nivel de 2º de bacharelato; distinguir entre palabras simples, derivadas e compostas, as relacións semánticas entre palabras e coñecer os principais prefixos e sufixos e a súa significación e produtividade na formación de novas palabras. En fonética e fonoloxía deberá distinguir entre vocalismo tónico e átono e saber detectar e pronunciar con corrección o e aberto/ e pechado, o aberto/ o pechado. No consonantismo farase especial fincapé nas consoantes propias do galego: /n/ /n /(velar)... En sintaxe deberá estar capacitado para distinguir as unidades sintácticas básicas, funcións, así como os diferentes tipos de nexos que as unen. Saberá diferenciar as distintas variedades sociais, contextuais e xeográficas da lingua e deberá empregar oportunamente os niveis e rexistros adecuados á situación lingüística. No caso das variedades xeográficas deberá distinguir ademais os bloques e áreas lingüísticas a partir de textos dados, tanto orais como escritos. No apartado de sociolingüística demostrará coñecer a lingua estándar empregándoa correctamente. Demostrará ademais coñecer e relacionar as características lingüísticas, o contexto histórico e situación sociolingüística da língua galega ao longo do século XX e comezos do XXI. En literatura deberá distinguir os distintos períodos literarios producidos ao longo do S. XX e XXI coas súas características, autores e obras básicos. Demostrará que ten capacidade para valorar e apreciar unha obra nos seus valores literarios esenciais máis alá do simple argumento ou tema, e que sabe poñela en relación co contexto no que se produciu. Neste sentido será imprescindible demostrar que se leron os libros de lectura obrigatoria con aproveitamento, ademais das lecturas realizadas na clase. Todas as probas escritas deberán ter unha presentación adecuada, con nome e apelidos, marxes, coidando especialmente a corrección lingüística, a ortografía, a cohesión, coherencia e respectando o estándar lingüístico do nivel culto, como corresponde a este tipo de probas. 3.- CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

.- Sistema de cualificación / Avaliación parcial

a) Probas escritas

Realizaranse dúas probas escritas por avaliación comúns a toda a clase, en datas fixadas e consensuadas pola maioría. A primeira constará dunha proba tipo exame de selectividade, puntuada sobre 10. O valor de cada pregunta irá especificado no exame. I Lingua e texto. - Lectura e comentario de texto. - Dúas ou máis preguntas sobre o código lingüístico. II Sociolingüística. - Unha pregunta sobre sociolingüística. III Literatura. Esta pregunta pode ser de tipo práctico con fundamentación textual ou ben de carácter basicamente historicista. Os contidos de sociolingüística e literatura serán os impartidos na avaliación. O bloque Lingua e texto será avaliación continua. Esixiranse tamén os contidos gramaticais impartidos no 1º curso. A segunda proba versará sobre o libro de lectura obrigatoria. Esta proba constará dun fragmento da obra con cuestións encamiñadas a comprobar a lectura significativa e a análise literaria do texto ou do propio libro. Esta proba non ten valor numérico e servirá para variar a nota global da avaliación positivamente, para iso demostrarase lectura e comprensión da obra. En todo caso, a comprobación de que non se leu o libro suporá o suspenso da avaliación ou, no seu caso, do curso.

Page 43: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

3

En ambas as dúas probas, ademais da valoración dos contidos, terase en conta a corrección e a propiedade da expresión lingüística (ortografía, gramática, cohesión, riqueza e precisión léxicas, etc). Sobre a puntuación global do exame da materia poderase descontar ata un máximo de 2 puntos por erros ortográficos, morfolóxicos, sintácticos e léxicos; tamén se poderán descontar da nota da avaliación se estes erros se dan na proba escrita sobre o libro de lectura.

O alumno/a debe demostrar nas clases que se expresa oralmente en lingua galega con corrección e fluidez adaptado ao nivel que cursa.

Se o alumno non se expresa oralmente e de forma habitual nas clases en lingua galega, poderase restar ata 1 punto na nota de cada avaliación.

b) Actitude e traballo de aula Ademais das dúas probas escritas comúns a toda a clase, o profesor contará cunha serie de notas específicas relativas a intervencións realizadas na aula, exercicios orais e escritos, debates, traballo en grupo, lecturas, etc. debendo amosar o alumno en todo momento unha actitude dialogante e de respecto cara aos temas tratados e cos membros da aula, sen que isto supoña minguar o espírito crítico e o intercambio de ideas e opinións.

A realización de exercicios e traballos (orais ou escritos) que a profesora demande na aula, a participación e a actitude computaranse con +/- 0.10 ata un máximo de +/- 1 punto.

Da nota da avaliación, a profesora descontará 0,25 puntos por cada comentario de texto que o alumno/a non entregue no prazo indicado, ata un máximo de 2 puntos.

Sistema de redondeo dunha nota final (de avaliación parcial, ordinaria ou extraordinaria, de recuperación e de pendentes).

Unha vez que se teña a nota final, en todos os casos redondearase da seguinte maneira: nota menor ou igual que x,5 redondearase a x; nota maior que x,5 redondearase a x+1.

.- Avaliación ordinaria (maio) / Recuperacións. En cada avaliación o alumno examinarase dos contidos especificados no apartado anterior. Ao final do curso haberá ademais un exame xeral dos contidos mínimos da materia que cumprirá dous obxectivos fundamentais: a) Servir de recuperación para aqueles alumnos con algunha avaliación suspensa. A nota deste exame será a nota final. b) De recapitulación para os que teñan as tres avaliacións aprobadas e, con maior motivo, para os que teñan previsto presentarse ao exame de selectividade. Neste caso, a nota final será a resultante da media do curso e o exame final. Para o redondeo á baixa ou á alta terase en conta a actitude positiva e a boa predisposición e colaboración na aula. A nota do exame final será decisiva para aqueles alumnos que teñan suspensa algunha ou todas as avaliacións, considerando o aprobado a partir de cinco sempre e cando non incorreran en faltas graves de disciplina ou outro tipo de anomalías que distorsionen o bo funcionamento do grupo,. Neste caso, para aprobar a materia sería preciso someterse ás probas específicas que o profesor estime oportuno, debendo comunicarllo previamente.

.- Avaliación extraordinaria (setembro).

No caso de non acadar unha cualificación igual ou superior a 5 na sesión de avaliación ordinaria de xuño, a alumna ou alumno deberá facer unha proba extraordinaria en setembro dos libros de lectura e/ou dos contidos da materia.

Dos libros de lectura obrigatoria:

-Se ten suspenso un ou máis libros de lectura, fará unha proba para recuperalos; non terá que recuperar os que teña aprobados de xuño.

Dos contidos da materia:

-Deberá examinarse de toda a materia, independentemente de que durante o curso tivera algunha avaliación parcial aprobada.

Esta proba escrita terá a mesma estrutura que calquera das probas parciais ou de recuperación, e preguntará sobre contidos básicos da materia, baseados nos obxectivos mínimos que se recollen no apartado correspondente. Para aprobar unha avaliación extraordinaria de setembro só se terá en conta a cualificación desta proba. A cualificación debe ser igual ou superior a 5.

No caso de non recuperar os libros de lectura suspensos no caso que os houber, a materia queda suspensa.

A nota redondearase segundo se explicou nos criterios xerais do apartado correspondente.

Page 44: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

4

.- Plan de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda do dereito a avaliación continua por faltas de asistencia a clase.

Os alumnos que, por motivos xustificados, superen o número de faltas permitido terán que superar os obxectivos mínimos expostos anteriormente e someteranse ao mesmo tipo de probas e exercicios que o resto dos seus compañeiros. De non ser posible realizar estas probas conxuntamente, e sempre que acredite a súa ausencia coas xustificacións pertinentes, realizaránselle en data previamente consensuada entre el e o profesor. É responsabilidade súa adquirir todo o material didáctico -apuntes, libros, textos, ... imprescindible para a superación das probas, podendo contar en todo momento coa colaboración do profesor. No caso dos alumnos que superen o número de faltas permitido sen xustificar non terán dereito a ser cualificados no trimestre respectivo. Se isto sucede nalgún ou en todos os trimestres, o alumno fará un exame final no mes de maio de toda a materia, diferente ao exame final dos que asistiron regularmente. A data do exame será consensuada entre os alumnos implicados e a profesora. Ademais do exame, terán que realizar as seguintes actividades: - Demostrar por escrito a lectura obrigatoria dos libros propostos. - Presentar o caderno con todas as actividades realizadas na clase e fóra dela. - A presentación destas actividades será a final de curso (mes de maio), no día indicado pola profesora.

.- Plan de recuperación da materia pendente de 1º Bacharelato. Os alumnos que teñan suspensa a materia do curso anterior serán cualificados pola profesora que lles imparte clase no curso actual. En cada avaliación serán avaliados da materia pendente. Para a recuperación da mesma, a profesora realizará un exame por avaliación sobre os contidos da materia correspondente dados no curso anterior, en data consensuada entre o alumnado e a profesora. A cualificación do exame será de 0 a 10 puntos. Ademais, terase en conta que o alumno aplica as normas ortográficas e morfolóxicas e unha expresión escrita adaptada ao seu nivel, podendo descontar da nota do exame ata 2 puntos por este apartado. Se no presente curso o alumno se esforza na realización das tarefas e mantén unha actitude positiva cara a materia progresivamente pode sumar ata 1 punto á nota final do exame. 4.- MATERIAL NECESARIO Fotocopias. Libros de lectura obrigatoria.

Page 45: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011-12 LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA

MD750301

CURSO: 2º de BACH. MATERIA/MÓDULO: LITERATURA UNIVERSAL

1.- CONTENIDOS MÍNIMOS EXIGIBLES:

1ª evaluación 1. Conocimientos esenciales sobre la literatura bíblica. Tipos de libros.

2, 3. Conocimientos esenciales sobre la literatura clásica de Grecia y de Roma. * Su temática mitológica. * Su influencia posterior. * Sus grandes géneros: la epopeya, el teatro y la poesía lírica.

4. Conocimientos esenciales sobre la literatura europea de la Edad Media: * La épica: los cantares de gesta y los poemas caballerescos: El ciclo artúrico. * La poesía trovadoresca y el Dolce Stil Nuovo. Dante. * El cuento: Chaucer, Don Juan Manuel y Las mil y una noches.

5. Conocimientos esenciales sobre la literatura del Renacimiento y el Clasicismo:

* La poesía: Petrarca, Ronsard, Garcilaso y La Fontaine. * El teatro en Inglaterra (Shakespeare), España (Lope y Calderón) y Francia (Molière).

* La narración en prosa: Boccaccio, Cervantes. * El ensayo: Montaigne.

2ª evaluación 6. Conocimientos esenciales sobre la literatura de la Ilustración:

* La prosa ilustrada: La Enciclopedia. Montesquieu, Voltaire, Rousseau. * Herederos de la picaresca española en la literatura francesa: Lesage. * Herederos de Cervantes en la literatura inglesa: Defoe y Swift. 7. Conocimientos esenciales sobre la literatura romántica: * El teatro: Goethe, Zorrilla. * La poesía romántica: temas y principales cultivadores. Espronceda y Bécquer. * La novela histórica: Alejandro Dumas, Víctor Hugo, Walter Scott, Manzoni. 8. Conocimientos esenciales sobre los grandes escritores realistas: * En Francia: Stendhal, Flaubert. * En Rusia: Dostoievski, Chéjov. * En Inglaterra y EE.UU: Dickens, Mark Twain. * En España: Galdós y Clarín. 9. Conocimientos esenciales sobre los grandes escritores posrománticos:

• Poesía: Baudelaire, Verlaine, Rimbaud y Wallt Whitman. Rubén Darío, Antonio Machado y Juan Ramón Jiménez.

• Novela: Oscar Wilde, Stevenson, Carroll, Pío Baroja. • Teatro: Ibsen, Jarry

Page 46: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

3ª evaluación 10. Conocimiento de las principales corrientes en la poesía del siglo XX:

• Vanguardismos: El surrealismo: García Lorca. • Poesía pura: Valèry, Pessoa, Kavafis, Eliot, Salinas. • Poesía existencial: Rilke, Dámaso Alonso. • Poesía social: Pablo Neruda, Rafael Alberti.

11. Conocimiento de las principales corrientes en la novela del siglo XX: • Las inquietudes religiosas: Giovanni Papini. André Gide. • La angustia existencial: F. Kafka, Jean P. Sartre, A. Camus, C. Laforet. • Las preocupaciones sociales: Faulkner, Pasternak, Böll, G. Márquez, Cela,

Delibes. • Las nuevas técnicas narrativas: Marcel Proust, James Joyce, Martín Santos. 12. Conocimiento de las principales corrientes del teatro en el siglo XX: • Teatro de corte tradicional: Giraudoux, Priestley. • Teatro independiente: Living Theatre, Els Joglars. • Teatro existencial: Pirandello, Buero Vallejo. • Teatro del absurdo: Ionesco, Beckett, M. Mihura. • Teatro social: Bertolt Brecht, Lauro Olmo.

2.- CRITERIOS DE EVALUACIÓN:

Los criterios de evaluación son los recogidos en el Decreto 126/2008, del 19 de junio, por el que se establece la ordenación y el currículo de bachillerato en la Comunidad Autónoma de Galicia, DOG del 23 de junio de 2008 (páginas 12.263-12.264). A continuación se incluye el texto correspondiente de manera literal: Os criterios de avaliación pretenden comprobar o desenvolvemento das capacidades seguintes: 1. Caracterizar algúns momentos importantes na evolución dos grandes xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro), relacionándoos coas ideas estéticas dominantes e as transformacións artísticas e históricas. O propósito deste criterio é comprobar que as alumnas e os alumnos saben explicar, mediante breves exposicións orais ou escritas, cambios significativos na concepción da literatura e dos xéneros, enmarcándoos no conxunto de circunstancias culturais que os rodean; é dicir, comprobar se establecen un nexo entre a literatura, as outras artes e a concepción do mundo que ten a sociedade nun momento de transformación. 2. Analizar e comentar obras breves e fragmentos significativos de distintas épocas, interpretando o seu contido de acordo cos coñecementos adquiridos sobre temas e formas literarias, así como sobre períodos e autores. Preténdese valorar a capacidade para interpretar obras literarias de distintas épocas e autoría no seu contexto histórico, social e cultural, sinalando a presenza de determinados temas e motivos e a evolución no xeito de tratalos, relacionando aquelas con outras obras da mesma época ou de épocas diferentes e recoñecendo as características do xénero en que se inscriben e os tropos e procedementos retóricos máis usuais. 3. Realizar exposicións orais, debidamente planificadas, acerca dunha obra, de autoras, autores ou dunha época con axuda de medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación, expresando as propias opinións e seguindo un esquema preparado previamente. Con este criterio avaliarase a capacidade de planificar e realizar breves exposicións orais integrando os coñecementos literarios e lecturas. Valoraranse aspectos como a estruturación do contido, a argumentación das propias opinións, a consulta de fontes, a selección de información relevante e a utilización do rexistro apropiado e da terminoloxía literaria necesaria.

Page 47: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

4. Realizar traballos de investigación a partir da lectura dunha obra significativa dunha época, seguindo un guión previamente establecido, interpretándoa en relación co seu contexto histórico e literario e efectuando unha valoración persoal. As fontes bibliográficas básicas serán proporcionadas polo profesor ou profesora, que guiará o proceso de documentación e de elaboración e mais proporá temas de investigación axeitados ás posibilidades do alumnado. Con este criterio quérese avaliar a capacidade de realizar un traballo persoal de investigación, interpretación e valoración a partir dunha obra significativa dunha época, lida na súa integridade, tanto no seu contido como no usos das formas literarias, relacionándoa co seu contexto histórico, social e literario e, de ser o caso, co significado e a relevancia do autor ou autora dela na época ou na historia da literatura. Valorarase a orixinalidade, a correcta utilización das fontes de información bibliográfica e a utilización axeitada das tecnoloxías da información e a comunicación. 5. Realizar, oralmente ou por escrito, valoracións en forma de ensaio das obras literarias como punto de encontro de ideas e sentimentos colectivos e como instrumentos para acrecentar o caudal da propia experiencia. Preténdese comprobar o desenvolvemento dunha actitude aberta, consciente e interesada ante a literatura que debe verse non só como resultado dun esforzo artístico dalgunhas persoas, senón como reflexo das inquietudes humanas. Tal actitude pode observarse, ademais de por outros indicadores, como o interese pola lectura e pola actualidade literaria, por medio da explicación, oral ou escrita, ou do debate sobre a contribución do coñecemento dunha determinada obra literaria ao enriquecemento da propia personalidade e á comprensión do mundo interior e da sociedade. 6. Realizar análises comparativas de textos da literatura universal con outros da literatura galega e española da mesma época, pondo de manifesto as influencias, as coincidencias ou as diferenzas que existen entre eles. Preténdese comprobar se o alumnado é capaz de establecer relacións entre os textos literarios da literatura universal e os da literatura galega e española que coñece, sinalando puntos de contacto no que se refire ás influencias mutuas e á expresión simultánea de parecidas preocupacións ante cuestións básicas de alcance universal. A análise permitirá, ademais, avaliar a capacidade de gozar da lectura como fonte de novos coñecementos e como actividade pracenteira para o lecer, subliñando os aspectos que se proxectaron noutros ámbitos culturais e artísticos, e pór de relevo as diferenzas estéticas existentes en determinados momentos. 7. Recoñecer a influencia dalgúns mitos e arquetipos creados pola literatura e o seu valor permanente na cultura universal. Recoñecer e criticar tamén estereotipos de xénero nos personaxes creados pola literatura. Trátase de comprobar a capacidade de recoñecer a importancia cultural de determinados mitos e arquetipos ao longo da historia, a xestación de grandes caracteres que perviven no tempo e que se erixen en puntos de referencia colectivos. O alumnado debe achegar datos que subliñen a pegada deixada por mitos e personaxes universais como don Quixote, Romeo e Julieta, don Juan, etc. na herdanza cultural da humanidade e debe preguntarse polas razóns da súa pervivencia na memoria. Comprobarase igualmente que recoñece de maneira crítica determinados papeis do masculino e do feminino nas obras literarias e contextualizalos. 8. Achegar exemplos de obras significativas da literatura universal adaptadas a outras manifestacións artísticas analizando nalgún deles a relación entre as diferentes linguaxes expresivas e os resultados obtidos. O obxectivo é comprobar se o alumnado pode recoñecer a utilización das obras literarias como base doutras manifestacións artísticas e se é capaz de analizar as relacións entre elas, as súas semellanzas e diferenzas, facendo especial fincapé nos tipos de linguaxe que utilizan.

Page 48: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

9. Participar, ordenadamente, nos debates e discusións que se realicen na clase sobre determinados aspectos dunha obra ou dun movemento. Trátase de valorar o traballo diario, o interese, a tolerancia á hora de escoitar as opinións doutras persoas e a confianza para expresar as propias. 3.- PROCEDIMIENTOS DE EVALUACIÓN: La evaluación de los alumnos se realizará mediante dos pruebas escritas por evaluación. Una cada dos unidades. El primer parcial será sobre conocimientos teóricos de autores y obras y el segundo tendrá un apartado (4 puntos sobre 10) sobre la lectura obligatoria en el que se llegará a profundizar en el periodo histórico, argumento, personajes y contenidos más rigurosos y diversificados. La calificación final de la evaluación será la media aritmética de estas dos pruebas. La calificación final de la materia tendrá en cuenta las notas de las evaluaciones anteriores y el trabajo realizado por los alumnos en clase. Si el alumno suspende o quiere subir nota tendrá derecho a un examen final de la materia, que versará sobre los contenidos vistos a lo largo del curso y las lecturas obligatorias. En la convocatoria de Septiembre el alumno realizará un examen sobre los contenidos mínimos de la materia, expuestos anteriormente. Plan de evaluación extraordinaria para el alumnado con pérdida del derecho a la evaluación continua por faltas de asistencia a clase. Los alumnos que tengan faltas de asistencia a clase injustificadas han de presentar, como condición previa al examen, lo que sigue: 1. Lectura de las obras propuestas por el Departamento de las que darán cuenta, bien mediante una prueba oral o escrita, bien mediante un trabajo (según indique su profesor). 2. La cumplimentación del cuaderno de clase con los ejercicios y trabajos que han realizado sus compañeros. Además, el profesor puede proponer- para tratar de suplir la inasistencia del alumno- la realización de ejercicios, lecturas o actividades que, asimismo, será imprescindible realizar si se desea ser evaluado. Los ejercicios tendrán la misma estructura que los ejercicios ordinarios y serán también evaluados de la misma manera.

Page 49: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DE MATERIA Curso 2011-12

CURSO: 2º BACHARELATO DE HUMANIDADES E CC.SS.

MATERIA: MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II

O alumnado e os seus pais/nais/titores legais terán a súa disposición a programación completa no Departamento ou na Dirección do centro. Recóllense aquí os seguintes apartados.

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES Bloque 1. Álxebra Matrices. Tipos. Operacións con matrices. Matriz inversa. Sistema de m ecuacións lineais con n incógnitas. Forma matricial dun sistema. Clasificación dun sistema segundo o número de solucións. Discusión e resolución de sistemas polo método de Gauss. Calculo da matriz inversa polo método de Gauss. Inecuacións lineais con dúas incógnitas. Sistemas de inecuacións lineais con dúas incógnitas. Programación lineal. Definicións. Métodos de resolución. Tipos de solucións. Bloque 2. Análise Límite dunha función nun punto. Límites laterais. Propiedades dos límites. Límites infinitos e no infinito. Indeterminacións. Continuidade dunha función nun punto. Tipos de descontinuidades. Derivada dunha función nun punto. Interpretación xeométrica. Recta tanxente. Derivadas laterais. Derivabilidade e continuidade. Función derivada. Derivadas sucesivas. Cálculo de derivadas. Dominio, simetría e puntos de corte cos eixes. Monotonía: Extremos. Curvatura. Puntos de inflexión. Asíntotas. Representación gráfica de funcións polinómicas e racionais. Problemas de optimización. Bloque 3. Probabilidade e estatística Experimento aleatorio. Espacio mostral. Sucesos. Operacións con sucesos. Probabilidade. Regra de Laplace. Probabilidade condicionada. Sucesos independentes. Regra do producto. Probabilidade total. Teorema de Bayes. Variable aleatoria. Función de probabilidade e función distribución dunha variable aleatoria Esperanza matemática e varianza. Distribución binomial. Distribución normal. A distribución normal estándar N(0,1). Manexo das táboas. Aproximación da distribución binomial á normal.

Page 50: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

Poboación e mostra. Representatividade Teorema central do límite Distribución mostral da media. Distribución mostral dunha proporción. Intervalo de confianza para a media. Intervalo de confianza para unha proporción. Tamaño da mostra. Erro na estimación. Contrastes de hipóteses para a media dunha distribución normal. Contraste de hipóteses para unha proporción. Erros de tipo I e tipo II Potencia dun contraste

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Utilizar a linguaxe matricial e as operacións con matrices como instrumento para representar e interpretar datos estruturados en forma de táboas ou grafos. Este criterio pretende avaliar a destreza á hora de utilizar as matrices, tanto para organizar a información como para transformala, a través de determinadas operacións entre elas. 2. Traducir problemas expresados en linguaxe usual á linguaxe alxébrica e resolvelos utilizando técnicas alxébricas: matrices, sistemas de ecuacións lineais e programación lineal bidimensional, interpretando criticamente o significado das solucións obtidas. Este criterio está dirixido a comprobar a capacidade de utilizar con eficacia a linguaxe alxébrica tanto para expor un problema como para resolvelo, aplicando as técnicas adecuadas. Trátase de medir a competencia para seleccionar as estratexias e ferramentas alxébricas; así como a capacidade de interpretar criticamente o significado das solucións obtidas. 3. Analizar e interpretar fenómenos habituais das ciencias sociais susceptibles de ser descritos mediante unha función, a partir do estudo cualitativo e cuantitativo das súas propiedades máis características. Este criterio pretende avaliar a capacidade de traducir á linguaxe das funcións determinados aspectos das ciencias sociais e de estudar as súas propiedades globais e locais para extraer información que permita analizar criticamente o fenómeno. 4. Utilizar o cálculo de derivadas como ferramenta para obter conclusións do comportamento dunha función e resolver problemas de optimización tirados de situacións reais de carácter económico ou social. Este criterio pretende valorar a capacidade para utilizar a información que proporciona o cálculo de derivadas de funcións sinxelas na resolución de problemas de optimización e na representación gráfica de funcións polinomiais ou racionais sinxelas, tiradas de situacións reais de carácter económico ou social. 5. Asignar probabilidades a sucesos aleatorios simples e compostos, dependentes ou independentes, utilizando as propiedades da probabilidade, técnicas de reconto directo, diagramas de árbore ou táboas de continxencia. Trátase de valorar a competencia para calcular as probabilidades asociadas a diferentes tipos de sucesos utilizando en cada caso as técnicas adecuadas. Este criterio avalía tamén a capacidade, no ámbito das ciencias sociais, para tomar decisións en base a probabilidades que non requiran a utilización de cálculos complicados. 6. Deseñar e desenvolver estudos estatísticos de fenómenos sociais que permitan estimar parámetros cunha confianza e exactitude prefixadas e inferir conclusións en canto ao comportamento da poboación estudada. Preténdese comprobar a capacidade para determinar o tipo e o tamaño da mostra, para establecer un intervalo de confianza para m e p e mais para decidir se a discrepancia da media, da proporción e da diferenza de medias é significativa. 7. Analizar de forma crítica informes estatísticos recollidos dos medios de comunicación e outros ámbitos, detectando posibles erros e manipulacións tanto na presentación dos datos coma nas conclusións. Valórase o nivel de autonomía, rigor e sentido crítico alcanzado ao analizar a fiabilidade do tratamento da información estatística que fan os medios de comunicación e as mensaxes publicitarias, especialmente a través de informes relacionados con fenómenos de especial relevancia social. 8. Recoñecer a presenza das matemáticas na vida diaria e aplicar os coñecementos adquiridos a situacións novas, deseñando, utilizando e contrastando distintas estratexias e ferramentas matemáticas para o seu estudo e tratamento. Este criterio pretende avaliar a capacidade para recoñecer o papel das matemáticas como instrumento para a comprensión da realidade, o que as converte nunha parte esencial da nosa cultura.

Page 51: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

AVALIACIÓN

A.1.- Criterios xerais.

Comezamos establecendo os seguintes criterios xerais:

Probas escritas: En toda proba escrita que se realice figurará a puntuación que se lle vai dar a cada pregunta e as normas e criterios xerais de corrección, que serán os seguintes:

− Tódalas follas do exame deberán estar numeradas na esquina superior dereita. − Non é necesario responder as preguntas seguindo a orde numérica, pero deberá quedar claro cal é o exercicio que se está a facer e

non intercalar respostas doutros exercicios. − É obrigatorio escribir con bolígrafo. Non se admitirán exames feitos con lapis. − A ausencia de explicacións na solución repercutirá negativamente na súa valoración, podendo chegar a ter unha puntuación de cero

se só se aporta a solución numérica sen ningunha explicación. Reciprocamente, aínda que o resultado non sexa correcto, teranse en conta a presentación e desenvolvemento do problema.

− Tamén se valorará a orde, ortografía, claridade e limpeza coa que está realizado o exame, podendo restarse 0,5 puntos como máximo por este concepto.

Sistema de cualificación das probas escritas: A cualificación de calquera proba escrita darase cun número entre 0 e 10, que poderá levar

decimais con intervalos de puntuación de 0,25.

Sistema de redondeo dunha nota final (de avaliación parcial, ordinaria ou extraordinaria, de recuperación e de pendentes): Unha vez que se teña unha nota final, en tódolos casos redondearase da seguinte maneira: nota menor ou igual que x,5 redondearase a x; nota maior que x,5 redondease a x+1.

A.2.- Avaliación parcial.

Realizaranse tres avaliación parciais. Durante cada trimestre o profesor realizará como mínimo dúas probas escritas que se basearán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas. Se nalgunha proba escrita se acumulase materia de probas anteriores, poderá establecerse máis peso para dita proba; este peso estará indicado na proba.

A incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o profesor ou profesora poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do alumno ata ese momento.

A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte:

1. A cualificación numérica obtida da media (ponderada de ser o caso) das probas escritas realizadas ponderará o 90% na cualificación da avaliación parcial.

2. Teranse en conta a realización daquelas actividades puntualmente establecidas para a casa, a colaboración no desenvolvemento das

clases, a participación, a voluntariedade e a actitude do alumno na aula. Este apartado ponderará o 10% na cualificación da avaliación parcial. Cada alumno ou alumna partirá de 1 punto e iráselle descontando 0,10 puntos por cada actuación negativa nos apartados indicados anteriormente.

3. A cualificación obtida dos apartados 1. e 2. redondearase segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.).

Hai que ter en conta que no centro realízase directamente a avaliación final de xuño, sen avaliar a terceira avaliación parcial, polo que a cualificación desta terceira avaliación parcial non se recollerá nos boletíns, aínda que para nós ten o mesmo tratamento que as dúas primeiras avaliacións parciais; a cualificación final de xuño obterase como se indica no apartado correspondente.

A.3.- Recuperacións.

Realizarase unha proba escrita de recuperación da primeira avaliación e outra da segunda avaliación, para aqueles alumnos ou alumnas que non acadasen unha cualificación igual ou superior a 5 na avaliación parcial; a cualificación da proba escrita de recuperación redondearase segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.). No caso dunha recuperación positiva (nota igual ou superior a 5) esta cualificación substituirá á da avaliación parcial correspondente ós efectos do cálculo da cualificación da avaliación ordinaria.

En canto á terceira avaliación, o proceso de recuperación irá incluído no exame final de xuño, como se indica no apartado seguinte.

A.4.- Avaliación ordinaria (xuño). Ó final de curso realizarase un exame final ó que se presentarán aqueles alumnos que non teñan acadados os obxectivos mínimos

correspondentes a tódalas avaliacións, é dicir, con nota inferior a 5 nalgunha das dúas primeiras avaliacións parciais e na correspondente recuperación, ou con nota inferior a 5 na terceira avaliación parcial. Neste exame final o alumnado terá que realizar as preguntas correspondentes a aquelas avaliacións parciais non superadas previamente de entre as tres. Este exame final puntuará sobre 10 cada un dos bloques de preguntas correspondente a cada avaliación parcial; en caso de superar unha avaliación parcial previamente non superada, a nota previa será substituída pola nova cualificación.

Se despois das tres avaliacións parciais, recuperacións e exame final de xuño, un alumno ou alumno ten superadas tódalas avaliacións parciais (cualificación igual ou maior que 5 en cada unha delas), a cualificación final de xuño será a media das tres cualificacións parciais, redondeada segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.).

Page 52: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

En caso de que o alumno ou alumna non superase algunha das tres avaliacións parciais (nota inferior a 5 nalgunha delas), a cualificación na avaliación ordinaria será sempre inferior a 5. Máis concretamente, a cualificación será a media das tres avaliacións parciais redondeada segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.) sempre que ó final esa cualificación sexa inferior a 5, ou será unha cualificación de 4 noutro caso.

A.5.- Avaliación extraordinaria (setembro). No caso de non acadar unha cualificación igual ou superior a 5 na sesión de avaliación ordinaria de xuño, o alumno ou alumna deberá facer unha proba extraordinaria en setembro, na que deberá examinarse de toda a materia, independentemente de que durante o curso tivera algunha avaliación parcial superada. Esta proba escrita constará de exercicios prácticos que recollerán os aspectos máis importantes da materia e estarán baseados sempre nos obxectivos mínimos que se recollen nesta programación. Para acadar unha avaliación extraordinaria de Setembro positiva, só se terá en conta a cualificación desta proba escrita, que deberá ser igual ou superior a 5. A nota redondearase segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.).

A.6.- Plan de recuperación da materia pendente de cursos anteriores. O seguimento dos alumnos que teñan as matemáticas de primeiro curso avaliadas negativamente estará coordinado polo Xefe/a de Departamento, sendo responsabilidade do profesor ou profesora que lles imparta clase no curso actual. Realizarase un seguimento con cualificacións en todas as avaliacións, estando o alumno ou alumna sometido ó mesmo réxime de avaliación que o alumnado do primeiro curso

O alumnado que non supere a materia pendente por avaliacións terá unha proba escrita no mes de maio de toda a materia. Se non supera esta proba poderá presentarse á proba escrita extraordinaria do mes de setembro. Estas probas se considerarán superadas cunha nota igual ou superior a 5. Para obter a nota final, redondearase segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.).

A.7.- Plan de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda do dereito a avaliación continua por faltas de asistencia a clase. Cando un alumno/a acumule faltas de asistencia a clase de forma inxustificada e supere o límite establecido no RRI do Centro para a materia, non será suficiente a superación da proba escrita para que sexa avaliado positivamente na materia. O alumno/a deberá realizar todo o traballo atrasado a consecuencia da súa ausencia e entregalo ó profesor no prazo que este estableza. Ademais a proba escrita que se lle propoña poderá ser diferente á do resto da clase, xa que no seu caso non puido ser cualificado de forma continua na aula. Do mesmo xeito os criterios de corrección non serán os mesmos xa que debe quedar garantido, baseándose unicamente nesa proba, que o alumno/a acadou os obxectivos mínimos da materia.

As medidas anteriores serán aplicables tan só ó alumnado que acumulou faltas de forma inxustificada despois de ser advertidos os seus pais ou titores legais, en caso de minoría de idade do alumno/a, e o propio alumno/a nos demais casos.

Page 53: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DE MATERIA Curso 2011-12

CURSO: 2º BACHARELATO DE TECNOLOXÍA

MATERIA: MATEMÁTICAS II

O alumnado e os seus pais/nais/titores legais terán a súa disposición a programación completa no Departamento ou na Dirección do centro.

Recóllense aquí os seguintes apartados.

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES Álxebra lineal. -Emprego das matrices como ferramenta para representar e operar con datos tirados de táboas e gráficos procedentes de diferentes contextos. -Operacións con matrices. Aplicación das operacións e das súas propiedades na resolución de problemas extraídos de contextos reais. -Determinantes. Propiedades elementais dos determinantes. Rango dunha matriz. Matriz inversa. -Utilización das propiedades das matrices e os determinantes na discusión e resolución de sistemas de ecuacións lineais. Xeometría. -Vectores no espazo. Operacións. -Produto escalar, vectorial e mixto. Interpretación xeométrica. -Ecuacións da recta e o plano. Resolución de problemas de incidencia, paralelismo e perpendicularidade entre rectas e planos. -Resolución de problemas métricos relacionados co cálculo de ángulos, distancias, áreas e volumes. Análise. -Concepto de límite dunha función. Cálculo de límites sinxelos. -Continuidade dunha función. Tipos de descontinuidade. -Concepto de derivada dunha función nun punto. Interpretación xeométrica e física. -Función derivada. Cálculo de funcións derivadas. Derivada da suma, do produto e do cociente de funcións e da función composta. -Aplicación da derivada ao estudo das propiedades locais e globais dunha función. Problemas de optimización. -Representación gráfica de funcións polinomiais e racionais. -Introdución ao concepto de integral definida a partir do cálculo de áreas encerradas baixo unha curva. Técnicas elementais para o cálculo de primitivas. Aplicación ao cálculo de áreas de rexións planas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Utilizar a linguaxe matricial e as operacións con matrices como instrumento para representar e interpretar datos e relacións e, en xeral, para resolver situacións diversas. Este criterio pretende comprobar a destreza para utilizar a linguaxe matricial como ferramenta alxébrica, útil para expresar e resolver problemas relacionados coa organización de datos, así como a capacidade de resolver problemas xeométricos e outros que dean lugar a sistemas de ecuacións lineais de como máximo tres incógnitas. 2. Expresar situacións da xeometría nunha linguaxe vectorial e utilizar as operacións con vectores para resolver problemas, dando unha interpretación das solucións. A finalidade deste criterio é avaliar a capacidade para utilizar a linguaxe vectorial como instrumento para representar situacións xeométricas, resolvelas, utilizando as técnicas apropiadas en cada caso, e interpretar as solucións obtidas.

Page 54: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

3. Utilizar as ferramentas alxébricas para resolver problemas afíns e métricos no espazo. Trátase de avaliar a capacidade de elixir e empregar as ferramentas alxébricas para resolver problemas xeométricos. Este criterio tamén avalía a capacidade para representar mediante un bosquexo a situación problemática. 4. Utilizar os conceptos, propiedades e procedementos adecuados para atopar e interpretar características destacadas de funcións expresadas analiticamente. Preténdese comprobar con este criterio que as alumnas e os alumnos son capaces de utilizar os conceptos básicos da análise, e que adquiriron o coñecemento da terminoloxía, e que os aplican adecuadamente ao estudo dunha función. En concreto, preténdese comprobar a capacidade para utilizar os límites e as derivadas no estudo da continuidade, crecemento e decrecemento, convexidade e concavidade, extremos relativos e asíntotas dunha función. Tamén se avalía a capacidade para representar graficamente funcións polinomiais ou racionais. 5. Aplicar o concepto e o cálculo de límites e derivadas ao estudo de fenómenos naturais e tecnolóxicos e á resolución de problemas de optimización. Este criterio pretende avaliar a capacidade de utilizar as ferramentas proporcionadas polo cálculo e a álxebra á análise de situacións do mundo natural, xeométrico e tecnolóxico que se modelen mediante funcións sinxelas. En concreto, preténdese comprobar a capacidade de interpretar e aplicar a información obtida ao contexto do fenómeno. Os fenómenos que se van estudar só poderán ocasionar cálculos de límites sinxelos e derivadas de funcións cunha composición como máximo. 6. Aplicar o cálculo de integrais á medida de áreas de rexións planas limitadas por rectas e curvas sinxelas que sexan facilmente representables. Este criterio pretende avaliar a capacidade para medir a área dunha rexión plana mediante o cálculo integral, utilizando técnicas de integración inmediata, integración por partes e cambios de variables sinxelos. 7. Utilizar tanto as ferramentas como os modos de argumentación propios das matemáticas na resolución de problemas e para enfrontarse a situacións novas manifestando unha actitude crítica, sen prexuízos, analítica e aberta en todas as situacións. Preténdese avaliar a capacidade de abordar problemas, combinando diferentes ferramentas e estratexias, independentemente do contexto en que se adquirisen, así como a capacidade para enfrontarse a situacións novas facendo uso da modelización, da argumentación lóxico-dedutiva e doutras destrezas matemáticas adquiridas.

AVALIACIÓN A.1.- Criterios xerais.

Comezamos establecendo os seguintes criterios xerais:

Probas escritas: En toda proba escrita que se realice figurará a puntuación que se lle vai dar a cada pregunta e as normas e criterios xerais de corrección, que serán os seguintes:

− Tódalas follas do exame deberán estar numeradas na esquina superior dereita. − Non é necesario responder as preguntas seguindo a orde numérica, pero deberá quedar claro cal é o exercicio que se está a facer e

non intercalar respostas doutros exercicios. − É obrigatorio escribir con bolígrafo. Non se admitirán exames feitos con lapis. − A ausencia de explicacións na solución repercutirá negativamente na súa valoración, podendo chegar a ter unha puntuación de cero

se só se aporta a solución numérica sen ningunha explicación. Reciprocamente, aínda que o resultado non sexa correcto, teranse en conta a presentación e desenvolvemento do problema.

− Tamén se valorará a orde, ortografía, claridade e limpeza coa que está realizado o exame, podendo restarse 0,5 puntos como máximo por este concepto.

Sistema de cualificación das probas escritas: A cualificación de calquera proba escrita darase cun número entre 0 e 10, que poderá levar

decimais con intervalos de puntuación de 0,25.

Sistema de redondeo dunha nota final (de avaliación parcial, ordinaria ou extraordinaria, de recuperación e de pendentes): Unha vez que se teña unha nota final, en tódolos casos redondearase da seguinte maneira: nota menor ou igual que x,5 redondearase a x; nota maior que x,5 redondease a x+1.

A.2.- Avaliación parcial.

Realizaranse tres avaliación parciais. Durante cada trimestre o profesor realizará como mínimo dúas probas escritas que se basearán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas. Se nalgunha proba escrita se acumulase materia de probas anteriores, poderá establecerse máis peso para dita proba; este peso estará indicado na proba.

A incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o profesor ou profesora poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do alumno ata ese momento.

Page 55: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte:

1. A cualificación numérica obtida da media (ponderada de ser o caso) das probas escritas realizadas ponderará o 90% na cualificación da avaliación parcial.

2. Teranse en conta a realización daquelas actividades puntualmente establecidas para a casa, a colaboración no desenvolvemento das

clases, a participación, a voluntariedade e a actitude do alumno na aula. Este apartado ponderará o 10% na cualificación da avaliación parcial. Cada alumno ou alumna partirá de 1 punto e iráselle descontando 0,10 puntos por cada actuación negativa nos apartados indicados anteriormente.

3. A cualificación obtida dos apartados 1. e 2. redondearase segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.).

Hai que ter en conta que no centro realízase directamente a avaliación final de xuño, sen avaliar a terceira avaliación parcial, polo que a cualificación desta terceira avaliación parcial non se recollerá nos boletíns, aínda que para nós ten o mesmo tratamento que as dúas primeiras avaliacións parciais; a cualificación final de xuño obterase como se indica no apartado correspondente.

A.3.- Recuperacións.

Realizarase unha proba escrita de recuperación da primeira avaliación e outra da segunda avaliación, para aqueles alumnos ou alumnas que non acadasen unha cualificación igual ou superior a 5 na avaliación parcial; a cualificación da proba escrita de recuperación redondearase segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.). No caso dunha recuperación positiva (nota igual ou superior a 5) esta cualificación substituirá á da avaliación parcial correspondente ós efectos do cálculo da cualificación da avaliación ordinaria.

En canto á terceira avaliación, o proceso de recuperación irá incluído no exame final de xuño, como se indica no apartado seguinte.

A.4.- Avaliación ordinaria (xuño). Ó final de curso realizarase un exame final ó que se presentarán aqueles alumnos que non teñan acadados os obxectivos mínimos

correspondentes a tódalas avaliacións, é dicir, con nota inferior a 5 nalgunha das dúas primeiras avaliacións parciais e na correspondente recuperación, ou con nota inferior a 5 na terceira avaliación parcial. Neste exame final o alumnado terá que realizar as preguntas correspondentes a aquelas avaliacións parciais non superadas previamente de entre as tres. Este exame final puntuará sobre 10 cada un dos bloques de preguntas correspondente a cada avaliación parcial; en caso de superar unha avaliación parcial previamente non superada, a nota previa será substituída pola nova cualificación.

Se despois das tres avaliacións parciais, recuperacións e exame final de xuño, un alumno ou alumno ten superadas tódalas avaliacións parciais (cualificación igual ou maior que 5 en cada unha delas), a cualificación final de xuño será a media das tres cualificacións parciais, redondeada segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.).

En caso de que o alumno ou alumna non superase algunha das tres avaliacións parciais (nota inferior a 5 nalgunha delas), a cualificación na avaliación ordinaria será sempre inferior a 5. Máis concretamente, a cualificación será a media das tres avaliacións parciais redondeada segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.) sempre que ó final esa cualificación sexa inferior a 5, ou será unha cualificación de 4 noutro caso.

A.5.- Avaliación extraordinaria (setembro). No caso de non acadar unha cualificación igual ou superior a 5 na sesión de avaliación ordinaria de xuño, o alumno ou alumna deberá facer unha proba extraordinaria en setembro, na que deberá examinarse de toda a materia, independentemente de que durante o curso tivera algunha avaliación parcial superada. Esta proba escrita constará de exercicios prácticos que recollerán os aspectos máis importantes da materia e estarán baseados sempre nos obxectivos mínimos que se recollen nesta programación. Para acadar unha avaliación extraordinaria de Setembro positiva, só se terá en conta a cualificación desta proba escrita, que deberá ser igual ou superior a 5. A nota redondearase segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.).

A.6.- Plan de recuperación da materia pendente de cursos anteriores. O seguimento dos alumnos que teñan as matemáticas de primeiro curso avaliadas negativamente estará coordinado polo Xefe/a de Departamento, sendo responsabilidade do profesor ou profesora que lles imparta clase no curso actual. Realizarase un seguimento con cualificacións en todas as avaliacións, estando o alumno ou alumna sometido ó mesmo réxime de avaliación que o alumnado do primeiro curso.

O alumnado que non supere a materia pendente por avaliacións terá unha proba escrita no mes de maio de toda a materia. Se non supera esta proba poderá presentarse á proba escrita extraordinaria do mes de setembro. Estas probas se considerarán superadas cunha nota igual ou superior a 5. Para obter a nota final, redondearase segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.).

A.7.- Plan de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda do dereito a avaliación continua por faltas de asistencia a clase. Cando un alumno/a acumule faltas de asistencia a clase de forma inxustificada e supere o límite establecido no RRI do Centro para a materia, non será suficiente a superación da proba escrita para que sexa avaliado positivamente na materia. O alumno/a deberá realizar todo o traballo atrasado a consecuencia da súa ausencia e entregalo ó profesor no prazo que este estableza. Ademais a proba escrita que se lle propoña poderá ser diferente á do resto da clase, xa que no seu caso non puido ser cualificado de forma continua na aula. Do mesmo xeito os criterios de corrección non serán os mesmos xa que debe quedar garantido, baseándose unicamente nesa proba, que o alumno/a acadou os obxectivos mínimos da materia.

As medidas anteriores serán aplicables tan só ó alumnado que acumulou faltas de forma inxustificada despois de ser advertidos os seus pais ou titores legais, en caso de minoría de idade do alumno/a, e o propio alumno/a nos demais casos.

Page 56: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DE MATERIA Curso 2011-12

CURSO: 2º BACHARELATO

MATERIA: MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS

O alumnado e os seus pais/nais/titores legais terán a súa disposición a programación completa no Departamento ou na Dirección do centro. Recóllense aquí os seguintes apartados.

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES 1ª Avaliación Erros Truncamento e redondeo Díxitos significativos Métodos numéricos de resolución de ecuacións: dicotomía ou bisección, das tanxentes ou de Newton –Raphson e das aproximacións sucesivas ou do punto fixo. Resolución de sistemas: método de iteración Integral definida e área. Método dos rectángulos. Método dos trapecios Polinomios de interpolación. Interpolación polinómica. Polinomio interpolador de Lagrange. Forma xeral dun problema de programación linear de dúas variables. Función obxectivo. Solucións factibles. O problema dual. Formulación e resolución de problemas de programación linear por métodos gráficos. 2ª Avaliación Experimento aleatorio. Espacio mostral. Sucesos. Operacións con sucesos. Probabilidade. Regra de Laplace. Probabilidade condicionada. Sucesos independentes. Regra do producto. Probabilidade total. Teorema de Bayes. Variable aleatoria. Función de probabilidade e función distribución dunha variable aleatoria Esperanza matemática e varianza. Distribución binomial. Distribución normal. A distribución normal estándar N(0,1). Manexo das táboas. Aproximación da distribución binomial á normal. Cadeas finitas de Markov Distribucións estacionarias Cadeas absorventes Series de tempo Curvas de tendencia Índice estacional e cíclico 3ª Avaliación Poboación e mostra. Representatividade Concepto de mostraxe e tipos Teorema central do límite Distribución mostral da media. Distribución mostral dunha proporción. Intervalo de confianza para a media. Intervalo de confianza para unha proporción. Tamaño da mostra. Erro na estimación. Contrastes de hipóteses para a media dunha distribución normal. Contraste de hipóteses para unha proporción. Erros de tipo I e tipo II Potencia dun contraste

Page 57: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Tomar decisións ante situacións que se axusten a unha distribución binomial ou normal, por medio da asignación de probabilidades aos sucesos correspondentes. Preténdese valorar a capacidade dos alumnos e das alumnas para distinguir se diversos fenómenos aleatorios, discretos ou continuos, seguen a distribución binomial ou normal; igualmente, valorarase a soltura no manexo das correspondentes táboas para asignarlles probabilidades aos sucesos, analizándoos e decidindo a opción máis conveniente. 2. Planificar e realizar estudos concretos partindo da elaboración de enquisas, selección da mostra e estudo estatístico dos datos obtidos acerca de determinadas características da poboación estudada para inferir conclusións, asignándolles unha confianza medible. Por medio deste criterio inténtase poñer de manifesto a capacidade de aplicar os conceptos relacionados coa mostraxe para obter datos estatísticos dunha poboación, e comprobar se os alumnos e as alumnas son capaces de extraer conclusións sobre aspectos determinantes da poboación de partida. 3. Analizar de forma crítica informes estatísticos presentes nos medios de comunicación e noutros ámbitos, detectando posibles erros e manipulacións na presentación de determinados datos. O alumnado debe mostrar, a través deste criterio, unha actitude crítica ante as informacións que, revestidas dun formalismo estatístico, intentan deformar a realidade. Os informes poderán incluír datos en forma de táboa ou gráfica, parámetros obtidos a partir dela, así como posibles interpretacións. 4. Modelar situacións contextualizadas dos mundos científico, tecnolóxico, económico e social, utilizando as cadeas de Markov para estudar a súa evolución, asignándolles probabilidades aos diferentes estados. Trátase de comprobar se os alumnos e as alumnas identifican certos fenómenos coas cadeas de Markov, se saben distinguir os seus estados e representalos e mais se calculan as probabilidades correspondentes utilizando as operacións con matrices ou outros métodos. 5. Analizar e interpretar cuantitativa e cualitativamente series cronolóxicas mediante o estudo das compoñentes que aparecen nelas. Trátase de valorar a capacidade de descrición e de interpretación global, cualitativa e cuantitativamente, das compoñentes das series de tempo que representan distintos fenómenos científicos ou sociais cando veñen dadas por unha táboa ou por unha gráfica. Valorarase a competencia para calcular e utilizar a curva de tendencia e os índices cíclicos e estacionais como modelos matemáticos que permiten realizar predicións. 6. Resolver problemas de optimización extraídos de situacións reais de carácter científico, tecnolóxico, económico e social enunciados na linguaxe natural, traducíndoos á linguaxe alxébrica, utilizando as técnicas de programación lineal e interpretando as solucións obtidas. Inténtase comprobar con este criterio se os alumnos e as alumnas son capaces de resolver problemas provenientes de diversos campos, utilizando a linguaxe alxébrica con soltura e a programación lineal con dúas variables para obter a solución. Tamén debe valorarse a capacidade de interpretar os resultados obtidos no contexto do problema formulado. 7. Utilizar as técnicas de cálculo numérico na resolución de problemas contextualizados dos campos científico, tecnolóxico ou económico, traducíndoos á linguaxe alxébrica adecuada e estudando as relacións funcionais que interveñen neles. Preténdese verificar con este criterio se os estudantes son capaces de analizar os problemas e de determinar o método de cálculo da solución apropiado a cada caso, empregando números aproximados e acoutando o erro que se comete co seu uso. Valorarase a actitude que leva a non tomar o resultado do cálculo por bo sen contrastalo coa situación de partida. 8. Utilizar táboas e gráficas como instrumento para o estudo de situacións empíricas, axustándoas a unha función, e obter os seus parámetros para adquirir información suplementaria, empregando os métodos de interpolación e extrapolación adecuados. Con este criterio preténdese comprobar a capacidade dos alumnos e das alumnas para axustar os datos extraídos dun experimento concreto a unha función, e para obter información suplementaria mediante técnicas numéricas. Comprobarase tamén se o alumnado é capaz de analizar relacións entre variables que non se axusten a ningunha fórmula alxébrica, demostrando competencia no manexo de datos numéricos.

Page 58: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

AVALIACIÓN

A.1.- Criterios xerais.

Comezamos establecendo os seguintes criterios xerais:

Probas escritas: En toda proba escrita que se realice figurará a puntuación que se lle vai dar a cada pregunta e as normas e criterios xerais de corrección, que serán os seguintes:

− Tódalas follas do exame deberán estar numeradas na esquina superior dereita. − Non é necesario responder as preguntas seguindo a orde numérica, pero deberá quedar claro cal é o exercicio que se está a facer e

non intercalar respostas doutros exercicios. − É obrigatorio escribir con bolígrafo. Non se admitirán exames feitos con lapis. − A ausencia de explicacións na solución repercutirá negativamente na súa valoración, podendo chegar a ter unha puntuación de cero

se só se aporta a solución numérica sen ningunha explicación. Reciprocamente, aínda que o resultado non sexa correcto, teranse en conta a presentación e desenvolvemento do problema.

− Tamén se valorará a orde, ortografía, claridade e limpeza coa que está realizado o exame, podendo restarse 0,5 puntos como máximo por este concepto.

Sistema de cualificación das probas escritas: A cualificación de calquera proba escrita darase cun número entre 0 e 10, que poderá levar

decimais con intervalos de puntuación de 0,25.

Sistema de redondeo dunha nota final (de avaliación parcial, ordinaria ou extraordinaria, de recuperación): Unha vez que se teña unha nota final, en tódolos casos redondearase da seguinte maneira: nota menor ou igual que x,5 redondearase a x; nota maior que x,5 redondease a x+1.

A.2.- Avaliación parcial.

Realizaranse tres avaliación parciais. Durante cada trimestre o profesor realizará como mínimo dúas probas escritas que se basearán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas. Se nalgunha proba escrita se acumulase materia de probas anteriores, poderá establecerse máis peso para dita proba; este peso estará indicado na proba.

A incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o profesor ou profesora poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do alumno ata ese momento.

A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte:

1. A cualificación numérica obtida da media (ponderada de ser o caso) das probas escritas realizadas ponderará o 90% na cualificación da avaliación parcial.

2. Teranse en conta a realización daquelas actividades puntualmente establecidas para a casa, a colaboración no desenvolvemento das

clases, a participación, a voluntariedade e a actitude do alumno na aula. Este apartado ponderará o 10% na cualificación da avaliación parcial. Cada alumno ou alumna partirá de 1 punto e iráselle descontando 0,10 puntos por cada actuación negativa nos apartados indicados anteriormente.

3. A cualificación obtida dos apartados 1. e 2. redondearase segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.).

Hai que ter en conta que no centro realízase directamente a avaliación final de xuño, sen avaliar a terceira avaliación parcial, polo que a cualificación desta terceira avaliación parcial non se recollerá nos boletíns, aínda que para nós ten o mesmo tratamento que as dúas primeiras avaliacións parciais; a cualificación final de xuño obterase como se indica no apartado correspondente.

A.3.- Recuperacións.

Realizarase unha proba escrita de recuperación da primeira avaliación e outra da segunda avaliación, para aqueles alumnos ou alumnas que non acadasen unha cualificación igual ou superior a 5 na avaliación parcial; a cualificación da proba escrita de recuperación redondearase segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.). No caso dunha recuperación positiva (nota igual ou superior a 5) esta cualificación substituirá á da avaliación parcial correspondente ós efectos do cálculo da cualificación da avaliación ordinaria.

En canto á terceira avaliación, o proceso de recuperación irá incluído no exame final de xuño, como se indica no apartado seguinte.

A.4.- Avaliación ordinaria (xuño). Ó final de curso realizarase un exame final ó que se presentarán aqueles alumnos que non teñan acadados os obxectivos mínimos

correspondentes a tódalas avaliacións, é dicir, con nota inferior a 5 nalgunha das dúas primeiras avaliacións parciais e na correspondente recuperación, ou con nota inferior a 5 na terceira avaliación parcial. Neste exame final o alumnado terá que realizar as preguntas correspondentes a aquelas avaliacións parciais non superadas previamente de entre as tres. Este exame final puntuará sobre 10 cada un dos bloques de preguntas correspondente a cada avaliación parcial; en caso de superar unha avaliación parcial previamente non superada, a nota previa será substituída pola nova cualificación.

Se despois das tres avaliacións parciais, recuperacións e exame final de xuño, un alumno ou alumno ten superadas tódalas avaliacións parciais (cualificación igual ou maior que 5 en cada unha delas), a cualificación final de xuño será a media das tres cualificacións parciais, redondeada segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.).

Page 59: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

En caso de que o alumno ou alumna non superase algunha das tres avaliacións parciais (nota inferior a 5 nalgunha delas), a cualificación na avaliación ordinaria será sempre inferior a 5. Máis concretamente, a cualificación será a media das tres avaliacións parciais redondeada segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.) sempre que ó final esa cualificación sexa inferior a 5, ou será unha cualificación de 4 noutro caso.

A.5.- Avaliación extraordinaria (setembro). No caso de non acadar unha cualificación igual ou superior a 5 na sesión de avaliación ordinaria de xuño, o alumno ou alumna deberá facer unha proba extraordinaria en setembro, na que deberá examinarse de toda a materia, independentemente de que durante o curso tivera algunha avaliación parcial superada. Esta proba escrita constará de exercicios prácticos que recollerán os aspectos máis importantes da materia e estarán baseados sempre nos obxectivos mínimos que se recollen nesta programación. Para acadar unha avaliación extraordinaria de Setembro positiva, só se terá en conta a cualificación desta proba escrita, que deberá ser igual ou superior a 5. A nota redondearase segundo se indicou nos criterios xerais (A.1.).

A.6.- Plan de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda do dereito a avaliación continua por faltas de asistencia a clase. Cando un alumno/a acumule faltas de asistencia a clase de forma inxustificada e supere o límite establecido no RRI do Centro para a materia, non será suficiente a superación da proba escrita para que sexa avaliado positivamente na materia. O alumno/a deberá realizar todo o traballo atrasado a consecuencia da súa ausencia e entregalo ó profesor no prazo que este estableza. Ademais a proba escrita que se lle propoña poderá ser diferente á do resto da clase, xa que no seu caso non puido ser cualificado de forma continua na aula. Do mesmo xeito os criterios de corrección non serán os mesmos xa que debe quedar garantido, baseándose unicamente nesa proba, que o alumno/a acadou os obxectivos mínimos da materia.

As medidas anteriores serán aplicables tan só ó alumnado que acumulou faltas de forma inxustificada despois de ser advertidos os seus pais ou titores legais, en caso de minoría de idade do alumno/a, e o propio alumno/a nos demais casos.

Page 60: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011-12

MD750301

CURSO: 2º BT MATERIA/MÓDULO:QUÍMICA 1.- CONTIDOS MÍNIMOS NECESARIOS PARA SUPERAR A MATERIA/MÓDULO

Contidos comúns. Serán tratado por medio dos outros contidos. -Utilización de estratexias básicas da actividade científica tales como a formulación de problemas, a toma de decisións

acerca da conveniencia ou non do seu estudo, a emisión de hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución, de deseños experimentais, a análise dos resultados e a verificación da súa fiabilidade.

-Busca, selección e comunicación de información e de conclusións utilizando diferentes recursos e empregando a terminoloxía axeitada.

-Emprego das TIC como ferramentas de axuda na interpretación de conceptos; na obtención, tratamento e representación de datos; na procura de información e na elaboración de conclusións.

-Repercusión dos diferentes achados científicos na sociedade e valoración da importancia da ciencia sobre a nosa calidade de vida. Análise crítica de informacións desde as teorías científicas para poñer en cuestión afirmacións que usan unha linguaxe pseudocientífica.

-Recoñecemento da necesidade dun desenvolvemento sustentable e valoración das consecuencias ambientais da evolución tecnolóxica. Aplicación á realidade galega.

-Resolución de cuestións, exercicios e problemas relacionados cos cálculos numéricos elementais en química. Estrutura atómica e clasificación periódica dos elementos. -Do átomo de Bohr ao modelo cuántico. Importancia da mecánica cuántica no desenvolvemento da química. -Evolución histórica da ordenación periódica dos elementos. Importancia de Mendeleiev no desenvolvemento da

química. -Estrutura electrónica e periodicidade. Tendencias periódicas nas propiedades dos elementos. Enlace químico e propiedades das substancias. -Enlaces covalentes. Xeometría e polaridade de moléculas sinxelas e estruturas xigantes. -Enlaces entre moléculas. Propiedades das substancias moleculares. Propiedades específicas da auga en relación co

enlace de hidróxeno. -O enlace iónico. Balance de enerxía na formación de compostos iónicos. Estrutura e propiedades das substancias

iónicas. -Estudo cualitativo do enlace metálico. Propiedades dos metais. -Propiedades dalgunhas substancias de interese biolóxico ou industrial en función da estrutura ou enlaces característicos

delas. Transformacións enerxéticas nas reaccións químicas. Espontaneidade das reaccións químicas. -Enerxía e reacción química. Procesos endo e exotérmicos. Concepto de entalpía. Determinación da calor de reacción.

Entalpía de enlace e interpretación da entalpía de reacción. -Aplicacións enerxéticas das reaccións químicas: os combustibles químicos. Repercusións sociais, cotiás e ambientais. -Valor enerxético dos alimentos: implicacións para a saúde. -Condicións que determinan o sentido en que evoluciona un proceso químico. Conceptos de entropía e de enerxía libre.

O equilibrio químico. -Características macroscópicas do equilibrio químico. Interpretación do estado de equilibrio dun sistema químico:

consideracións cinéticas e enerxéticas. -A constante de equilibrio. Factores que afectan as condicións de equilibrio. -As reaccións de precipitación como exemplos de equilibrios heteroxéneos. Estudo experimental. Aplicacións analíticas

das reaccións de precipitación. -Aplicacións do equilibrio químico á vida cotiá e aos procesos industriais. Ácidos e bases. -Revisión da interpretación do carácter ácido ou básico dunha substancia. As reaccións de transferencia de protóns. -Concepto de pH. Ácidos e bases fortes e débiles. Cálculo e medida do pH en disolucións acuosas. Importancia do pH na

vida cotiá. -Estudo experimental das volumetrías ácido-base e aplicacións. -Tratamento cualitativo das disolucións acuosas de sales como casos particulares de equilibrios ácidobase. -Algúns ácidos e bases de interese industrial na vida cotiá. O problema da chuvia ácida e as súas consecuencias en

Galicia. Introdución á electroquímica. -Importancia dos procesos de transferencia de electróns. Reaccións de oxidación-redución. Substancias oxidantes e

redutoras. Número de oxidación. Concepto de potencial de redución estándar. -Realización experimental dalgunha valoración redox.

Page 61: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

-Aplicacións e repercusións das reaccións de oxidación- redución: pilas e baterías eléctricas. Impacto ambiental producido polos seus residuos. Produción, reutilización e reciclaxe.

-A carga eléctrica e a materia: das leis da electrólise de Faraday ao concepto de ión de Arrhenius. - Importancia industrial e económica dos procesos electrolíticos; a produción de aluminio en Galicia. A corrosión de

metais e a súa prevención. -Utilización da escala de oxidantes e redutores para o deseño experimental de pilas e nos procesos de electrólise. Estudo das funcións orgánicas. -Revisión da nomenclatura e formulación das principais funcións orgánicas. -Alcohois e ácidos orgánicos: obtenció ns ésteres de interese. -Polímeros e reaccións de polimerización. Valoración da utilización das substancias orgánicas no desenvolvemento da

sociedade actual. Problemas para o medio. -A síntese de medicamentos. Importancia e repercusións da industria química orgánica.

2.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Familiarizarse coas características básicas do traballo científico, valorando as súas posibles repercusións e implicacións ciencia-tecnoloxía-sociedade- medio natural.

2. Resolver cuestións, exercicios e problemas de estequiometría básica. 3. Aplicar o modelo mecánico-cuántico do átomo para explicar as variacións periódicas dalgunhas das súas propiedades. 4. Usar o modelo de enlace para comprender tanto a formación de moléculas como de cristais e estruturas macroscópicas

e aplicalo na dedución dalgunhas das propiedades de diferentes tipos de substancias. 5. Comprender as transformacións e as transferencias de enerxía asociadas ás reaccións químicas, a súa relación coa

espontaneidade dos procesos e as súas repercusións sociais, cotiás e ambientais. 6. Aplicar o concepto de equilibrio químico para predicir a evolución dun sistema e resolver problemas de equilibrios

homoxéneos, en particular en reaccións gasosas, e de equilibrios heteroxéneos. 7. Utilizar a teoría de Brönsted para recoñecer as substancias que poden actuar como ácidos ou bases, determinar o pH das

súas disolucións, explicar as reaccións ácido-base, a importancia dalgunha delas e as súas aplicacións prácticas. 8. Axustar reaccións de oxidación-redución, realizar cálculos estequiométricos con estas reaccións, comprender o

significado de potencial estándar de redución dun par redox, predicir o posible proceso entre dous pares redox e coñecer algunhas das súas aplicacións, como a prevención da corrosión, a fabricación de pilas e a electrólise.

9. Describir as características principais de alcohois, ácidos e ésteres e escribir e nomear correctamente as fórmulas desenvolvidas de compostos orgánicos sinxelos.

10. Describir a estrutura xeral dos polímeros e valorar o seu interese económico, biolóxico e industrial, a súa presenza na vida cotiá, así como o papel da industria da química orgánica e as súas repercusións. 3.- PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte: o valor relativo das compoñentes da nota será 70% exame, 10% preguntas de clase, 20% traballos diversos e actitude correspondente, cunha variación de ata o 30% en cada apartado, segundo as circunstancias.

Hai que ter en conta que no centro realízase directamente a avaliación final de xuño, sen avaliar a terceira avaliación parcial, polo que a cualificación desta terceira avaliación parcial non se recollerá nos boletíns, aínda que ten o mesmo tratamento que as dúas primeiras avaliacións parciais; a cualificación final de xuño obterase como se indica no apartado correspondente. (para explicación máis detallada, ver a programación en conxunto na páxina http://examesdefisicaequimica.wikispaces.com/Prog2010)

Page 62: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

MÍNIMOS ESIXIBLES PARA 2º BACHARELATO 1. Humanismos como resposta ao sentido da vida. 2. Síntese das distintas expresións relixiosas do ser humano. 3. O sentido da vida de Xesús: o proxecto de vida cristián. 4. A doutrina da Igrexa ante o problema social. 5.A persoa como ser aberto á transcendencia. 6.O sentido relixioso na arte: Expresións artísticas con marcado contido relixioso. O sentido transcendente da vida na literatura, no cine e na música. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2º BACHARELATO 1. Situar o fenómeno relixioso como un dos elementos máis específicos de resposta á cuestión sobre o sentido da vida. 2. Captar a especificidade da relixión cristiá no contexto das demais relixións e comprender a estructura da propia fe cristiá e as súas consecuencias na vida das persoas que a aceptan. 3. Describir a realidade social, política e económica do contorno mediante a observación e a análise da realidade, e detectar os problemas que formula para valorala dende os principios fundamentais da doutrina social da Igrexa. 4. Participar en debates sobre temas de actualidade relacionados coas realidades económicas, sociais e políticas en que se confronten as opinións propias coas doutras persoas e, especialmente, coa doutrina social da Igrexa. 5. Elaborar un esquema comprensivo básico do funcionamento do acto moral e, xa que logo, da dimensión moral da nosa existencia analizando como inflúe a fe cristiá na dimensión da existencia humana establecendo, a partir da vida de Xesús, os valores fundamentais da moral cristiá. 6.Detectar, mediante a análise e a contemplación de obras artísticas, a dimensión espiritual da arte explicando as relacións que se deron ao longo da historia entre a arte e a relixión cristiá. 7.Situar no tempo as diferentes obras artísticas e analizar como a época influíu nunha determinada concepción do relixioso.

Page 63: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN A nota do alumno calcularase segundo os parámetros seguintes: 1. ASISTENCIA A CLASE Imprescindible para ter en conta o resto das variables. 2. TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO/A No aula o alumno traballa facendo fichas, tomando apuntamentos na súa libreta, lendo as leccións. Supón ata un máximo do 10% da nota. 3. PARTICIPACIÓN NO AULA Preguntas e/ou respostas, aclaracións, suxerencias oportunas ó profesor e compañeiros. Supón outro máximo de 10 % na nota. 4. EXAMES CONVENCIONAIS/TRABALLOS INDIVIDUAIS Exercicios escritos sobor dos contidos estudados. Supón ata un 45% da nota. 5. TRABALLO EN EQUIPO Traballos propostos polo profesor para facer en equipo. Supón ata un 20% da nota. 6. CUADERNO DE CLASE Supón ata un 15 % da nota.

Page 64: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DA MATERIA DE T.INDUSTRIAL II 2º BAC MÍNIMOS ESIXIBLES 1. Contidos comúns.

Análise de obxectos e montaxes para a identificación e a selección de solucións a problemas técnicos específicos e mais elaboración dun conxunto de características técnicas adecuadas ao contexto no que deben aplicarse. Realización de cálculos e elaboración de documentos e planos, planificación de traballos e asignación de funcións específicas aos membros do equipo. Realización de ensaios, montaxes ou construción de obxectos procurando o uso correcto dos recursos materiais e das ferramentas e seguindo a planificación previamente elaborada. Valoración dos traballos mediante a preparación dun conxunto de comprobacións coas que se poida verificar que se cumpren as especificacións previstas. Emprego das TIC para a busca de información, para a elaboración da documentación e da planificación, para a realización de cálculos e simulacións e para a presentación de obxectivos e de resultados.

2. Materiais. Estrutura interna e propiedades. Técnicas de modificación das propiedades. Procedementos de ensaio e medida de propiedades básicas dos materiais. Procedementos de reciclaxe e reutilización.

3. Principios de máquinas. Motores térmicos alternativos e rotativos. Principios de funcionamento. Aplicacións comúns. Motores eléctricos: tipos e principios de funcionamento.Aplicacións características. Circuíto frigorífico e bomba de calor: principios de funcionamento, elementos e aplicacións típicas. Enerxía útil. Potencia dunha máquina. Par motor no eixe. Perdas de enerxía nas máquinas. Rendemento.

4. Sistemas automáticos. Elementos que compoñen un sistema de control: transdutores, captadores e actuadores. Estrutura dun sistema automático. Sistemas de lazo aberto. Sistemas realimentados de control. Comparadores.

5. Circuítos pneumáticos e oleohidráulicos. Técnicas de produción, condución e depuración de fluídos. Caudal. Perda de carga. Elementos de accionamento, regulación e control. Simboloxía. Interpretación de esquemas elementais. Deseño, simulación, montaxe e experimentación de circuítos pneumáticos característicos.

6. Control e programación de sistemas automáticos. Circuítos lóxicos combinacionais. Portas e funcións lóxicas. Procedementos de simplificación de circuítos lóxicos. Aplicación ao control do funcionamento dun dispositivo. Circuítos de control programado. Programación ríxida e flexible CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Page 65: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

1. Seleccionar materiais para unha aplicación práctica determinada, considerando, ademais das súas propiedades intrínsecas, factores técnicos relacionados coa súa estrutura interna, económicos e ambientais. Analizar o uso dos novos materiais como alternativa aos empregados tradicionalmente.

2. Determinar as condicións nominais de funcionamento dunha máquina ou instalación a partir das súas características de uso.

3. Identificar as partes de motores térmicos e eléctricos e describir o seu principio de funcionamento.

4. Analizar a composición dunha máquina ou sistema automático de uso común e identificar os elementos de mando, control e potencia. Explicar a función que corresponde a cada un deles.

5. Aplicar os recursos gráficos e técnicos apropiados para describir a composición e funcionamento dunha máquina, circuíto ou sistema tecnolóxico concreto.

6. Montar un circuíto pneumático a partir do plano ou dos esquemas dunha aplicación característica.

7. Montar e comprobar un circuíto de control dun sistema automático a partir do plano ou esquema dunha aplicación característica.

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN

Citerios xerais Terase en conta a realización de probas escritas, prácticas, traballos escritos e participación na aula-taller - Probas escritas: En toda proba escrita que se realice figurará a puntuación que se lle vai dar a cada pregunta. A cualificación de calquera proba escrita darase cun número entre 0 e 10, que poderá levar decimais con intervalos de puntuación de 0,25.

- Prácticas: Toda práctica para facer no taller levará a correspondente folla de actividades con recollida inmediata das mesmas por parte do profesor o remate do seu prazo de realización. As Prácticas valoraranse de 0 a 10 puntos, as prácticas entregadas fora de prazo por motivos inxustificados serán puntuadas con 0 puntos. Terase enconta no só a súa execución práctica en se mesma, senón tamén o método de traballo, orden, precisión e recollida de equipos e materiais no posto de traballo

- Traballos escritos: Todo traballo escrito levará os contidos básicos que se desexan traballar. O sistema de cualificación para traballos escritos tera en conta non só os contidos senon tamén a expresión, presentación e orixinalidade. Valoraranse de 0 a 10 puntos. - Participación na aula-taller: Sair a pizarra, traballar en grupo, etc. O sistema de cualificación da participación na aula-taller valorarase como muy buena (10), buena (7), aceptable (5), mala (3) o muy mala (0) a participación do alumno

Avaliación parcial. Realizaranse tres avaliación parciais e a nota correspondentes obterase de acordo coa fórmula seguinte

NOTA AVALIACIÓN=70%(media aritmética probas escritas)+10%(media aritmética das prácticas)+10%(media aritmética dos traballos)+10% (participación na aula-taller)

* Cando nunha avalición xunto cos exames sólo se fixeran prácticas ou só traballos, o reparto porcentual variará, de xeito co cálculo da nota farase coa seguinte fórmula:

Page 66: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

NOTA AVALIACIÓN=75%(media aritmética probas escritas)+15%(media aritmética prácticas ó traballos)+ 10% (participación na aula-taller)

O aprobado dunha avaliación significa obter unha puntuación de cinco puntos ou maior

Avaliación ordinaria (xuño). A nota da avaliación final en Xuño será a media aritmética das tres avaliacións. Como requisito

imprescindible para aproba-la materia deben aprobarse dúas avaliacións como mínimo e ca media aritmética das tres avaliacións sexa de cinco puntos ou mais

En xuño, unha vez finalizada a 3ª avaliación, o alumnado que teña avaliacións suspensas realizará un exame de recuperación por cada avaliación suspensa

Avaliación extraordinaria (setembro). No caso de non acadar unha cualificación igual ou superior a 5 na sesión de avaliación ordinaria de xuño, o alumno ou alumna deberá facer unha proba extraordinaria en setembro na que deberá examinarse de toda a materia, independentemente de que durante o curso tivera algunha avaliación parcial superada.

O aprobado significa obter unha puntuación de cinco puntos ou mais

Page 67: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011-12

MD750301

CURSO: 2º Bacherelato MATERIA/MÓDULO: XEOGRAFÍA DE ESPAÑA

1.- Bloques de contidos 1º-As dinámicas xeográficas: relevo, clima,paisaxes, as augas e os problemas ambientais. 2º-As actividades económicas. 3ª-A poboación, o sistema urbano e a ordeación do territorio 4º-Unidade e diversidade do espacio xeográfico. 2.- Contidos mínimos necesarios para superar a materia/módulo Ter unha asistencia continuada ás clases e realizar as tareas que se poñan para casa. Resolución correcta dos supostos prácticos onde se saiban integrar aqueles conceptos teóricos dados na clase. Corrección ortográfica e coherencia expositiva nas probas escritas e nas tareas a desenvolver na aula. Asistencia continuada ás clases e interese e boa atictude cara a asignatura. Domínio do vocabulario específico da asignatura dado en cada un dos bloques temáticos. Realización dos cuestionarios do libro de texto dentro de cada tema e que se correxirán na clase. Superación e dominio dos supostos prácticos dos bloques temáticos: climogramas, pirámides de idades, comentarios de mapas, interpretación de planos, etc. 3.- criterios e procedementos de avaliación Avaliación ordinaria. Realizarase xeralmente unha proba por tema en cada avaliación agás naqueles casos onde dada a extensión dos temas sexa necesario dividir a materia en varios exames, en cuxo caso pode o profesor aplicar algunha proba máis por avaliación. Dentro das mesmas entrarán a maiores das cuestións sobre os temas, un apartado sobre vocabulario específico da materia e un exercicio práctico tomando como exemplo os exames da selectividade. A qualificación final da avaliación resultará da media aritmética das probas que se fagan ao longo da mesma, sempre que as notas de cada proba non sexan inferiores ao 4. No caso de que a nota dalgunha das probas sexa inferior ao 4, non se fará nota media e polo tanto consíderase suspensa dita avaliación. A puntuación ha ser sobre 10 puntos, valorándose a capacidade de coñecer e memorizar algúns datos e feitos significativos, a capacidade de comprender e definir terminoloxía, interrelacionando as causas para chegar a conclusións. Terase en conta dun xeito especial a precisión na caracterización dos termos ou conceptos, a riqueza léxica e expositiva propria da materia. En todo tipo de exame escrito valorara-se a correción ortográfica e a coherencia sintáctica e gramatical. A duración máxima de cada proba será de 1,30 horas, realizándose o exame durante o horario escolar. De tódolos xeitos os exames poderan facerse fóra do horario escolar senon existe outra posibilidade.

Page 68: PRESENTACIÓN DE MATERIA/MÓDULO Curso 2011 …centros.edu.xunta.es/iesportadaauga/taboleiro de anuncios...Curso 2011-2012 MD750301 CURSO: 2º Bacharelato MATERIA/MÓDULO: BIOLOXÍA

A nota redondearase ao alza a partir da fracción 0,50 se o alumno escribe correctamente, se asiste con regularidade a clase e se ten unha actitude participativa e de traballo. Cando un aluno/a non acoda ao exame o día marcado perde direito ao exame, agás que a falta veña xustificada con algún documento oficial que así o certifique. Recuperacións: Faranse ao longo de cada avaliación, no máis breve prazo posibel por ter os conceptos da materia aínda frescos. As recuperacións serán unha por avaliación, entrando o total de temas que entran en cada unha delas. O calendario tanto de exames de avaliación como das recuperacións será entregado polo profesor con antelación e agás casos excepcionais non poderá ser modificado. Fara-se un exame final de toda a materia para aquelas persoas que non teñan superado a asignatura nas avaliacións. Qualificación final da asignatura: Media aritmética das tres avaliacións. A nota final redondearase ao alza, a partir da fracción 0,40 sempre que o alumno chegue ao 5, non cometa erros ortográficos nos últimos exames da asignatura e non teña retrasos ou ausencias inxustificadas ó longo do curso Qualificación final para alumnos que perderon o dereito a examinarse por faltas inxustificadas : Estes alumnos deben presentarse a un único exame con toda a materia. A proba será un único exame de entre o conxunto de temas que forman parte do curriculum da asignatura. Asi mesmo deben presentar ese día os traballos feitos polos demais alumnos ó longo do curso. Para aprobar deben chegar claramente ó 5 e a fracción para lograr subila é 0,75, sempre que non teñan faltas de ortografía e se expresen coa correción gramatical debida .Esta proba será avaliada conxuntamente por dous compoñentes do departamento Calificación da avaliación extraordinaria. Setembro O alumno debe examinarse de tódolos temas explicados ao longo do curso escolar, podendo acadar unha calificación máxima de 10 puntos. A estrutura do exame de Setembro constará de: Na proba tamén entrará a formar parte tanto o vocabulario como os exercicios prácticos do curso. 4.- Material necesario -Libro de texto indicado ao principio do curso. -As fotocopias suministradas polo profesor. -Mapas mudos tanto físicos como políticos de España. -Todo aquello que facilite a comprensión práctica dos temas e que se indiquen ao longo do curso.