pereiriños nº 80. marzo 2010

4
PEREIRIÑOS Boletín Informativo da Biblioteca do CEIP do Foxo BOLETÍN Nº 80 MARZO 2010 CMYK azul crepúsculo

Upload: asociacion-cultural-vagalumes

Post on 11-Jul-2015

246 views

Category:

Education

5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Pereiriños nº 80. Marzo 2010

Decano de la prensa náutica del Barbanza

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍNNº 12. Octubre - Noviembre de 2003Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOSBoletín Informativo da Biblioteca do

CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 80

MARZO 2010

CMYK azul crepúsculo

Page 2: Pereiriños nº 80. Marzo 2010

Nº80. MARZO 2010 Páxina 3

sucedía a milagre, o Couceiro tocaba a gaita. O arriba

asinante o tambor. O Son da Terra enchía todos os recunchos

da existencia e rubía pola Estrada da Vida arriba. E

soñabamos cun futuro azul e branco. E soñabamos con outra

vida e con outro mundo. E soñabamos porque as persoas

somos soños de palabras. E cantas veces queimamos os

nosos poemas, os de tristezas e de penas. E nun repenique…

Nun repenique pasan 20 anos e Xosé Couceiro chama ás

portas do “Cartafol de Vilancosta – collectione” e claro, viña

cun feixe de poemas debaixo do brazo.

Agarimo os versos entre as mans. Abro os ollos. E

déixome levar. Mergúllome de vagariño entre as ondas da

súa escrita. E subo e baixo entre as súas estrofas. E paseo

por paisaxes fantásticas, marabillosas, nosas, moi nosas. E

fico absolutamente abraiado, emocionado, marabillado. E é

que

Meu Amigo, o Gaiteiro - Poeta, conseguiuno sen facer

ruído, cun brado mainiño. Á primeira. O Couceiro foi quen

de recoller a testemuña, a viva voz dun dos nosos bardos

máis celebrados, Xosé Manuel Cabada Vázquez.

E é que estamos diante dun libro con pouso, moito

pouso. É un poemario froito –como diría Unamuno- da

cavilación, do sentir, do pensar, do actuar, do Vivir… deste

Poeta que un día enSoñou que a Terra andaba a ritmo de

pandeirada e non dubiduou en (co)fundar os “Airiños da

Baiuca”, un dos seus imperecedeiros poemas vitais.

Eu subliñaría a súa grande riqueza léxica, que o

convirte ao meu xuízo nun pequeno imprescindible tesouro

patrimonial. E como non, a grande riqueza ética. “O meu

brado mainiño” é un libro de loita, de denuncia, de

incoformismo… no que existe un espazo para os amores

(aínda que sexan prohibidos) e para os desamores.

En definitiva, se me permitides, penso que Xosé

Couceiro por este libriño, por outros que han vir, e sobre

todo pola súa traxectoria vital de compromiso coa nosa

lingua e coa nosa música, entra na República das nosa Letras

pola porta grande da Fervenza e eu doulle a benvida aos seus

versos que dende hoxe son “cousiñas” de todos Nós.

Páxina 2 PEREIRIÑOS

“EU COÑECÍN unha terra/ alá onde un vento fresco/pinta un

solpor parduxo/nas cimbras brancas do ceo/”… “O meu

brado mainiño” é a “Ópera Prima” do Gaiteiro - Poeta de

Santo André de Souto, Xosé Couceiro Bugallo.

Pecho os ollos e véxoo nunha tarde de primavera de

hai 20 anos, ao meu carón, inventando un exame de latín.

Logo, descubriamos outros Mares saboreando un condado no

mesón do Paxariño… Prendiamos un cigarro e dunha calada

fumabamos o (Uni)Verso enteiro. Era entón, só entón, cando

XOSÉ COUCEIRO BUGALLO

aceu en Santo André de Souto (A Estrada) no ano

1963. Estudou na Estrada e máis en Santiago de NCompostela, cousa que mesturou cos traballos de

cotío, na casa de labranza na que se criou. Se hai dúas

cousas que envirtaron o seu espírito artístico foron por

unha banda a vida de cidade, tanto estudante coma

laboral e por outra banda un galano que certo día lle

agasallaron: unha gaita. Foi o estudo da gaita o que o

levou a querer saber e amar sen condicións a Galiza e en

particular á terra que o viu nacer. Xa na postdictadura,

nos seus anos de bacharelato, compuxo os seus primeiros

escritos en galego e co-fundou o primeiro grupo de música

tradicional chamado “Airiños da Baiuca”. Dende aquela

sempre estivo activo no mundo músico-cultural,

colaborando na fundación, e sobre todo na didáctica, de

máis dunha ducia de formacións, hoxendía vixentes as máis

delas. Compuxo varias pezas para gaita e algún cantar.

A partir dos anos 90 abondou un pouco máis na escritura.

A súa obra permanece case toda inédita. É autor da obra lírica titulada O meu brado mainiño (Ed.

Fervenza, 2004).

Finou en maio de 2009. En novembro deste mesmo ano a

Festa da Poesía pasa a chamarse “Memorial Xosé Couceiro

Bugallo”, na lembranza do Gaiteiro-Poeta de Santo André

de Souto.

O MEU BRADO MAINIÑO

O meu brado mainiño é todoun pequeno imprescindible

tesouro patrimonial

Xosé Couceiro Bugallo

A Festa da Poesía pasa a chamarse“Memorial Xosé Couceiro Bugallo”

Page 3: Pereiriños nº 80. Marzo 2010

Page 4: Pereiriños nº 80. Marzo 2010

ARRANDEAR DE BERCE

O MELLOR FARO PARA IMPEDIR QUE OS POBOS TROPECEN

É UNHA ESCOLA

Na fraga canta o peto

o seu cantar de madeira.

Na gorxa da curuxa carpen

as voces de alende nós.

Anxiños de pardo manto,

cantareiros de alboradas,

acochan debaixo das ás

as derradeiras cancións.

Durme, meniño, durme,

acochadiño, meu ben!

Que debaixo da galiña

tódolos piros se aniñan

para dormiren tamén.