pelÍculas ambientadas na segunda … (1938). durante un bombardeo, un soldado republicano coñece a...

11
PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA REPÚBLICA E NA GUERRA CIVIL ¡A mí la Legión! (1942). Película española de exaltación militar centrada no compañeirismo que debe reinar no corpo da Lexión. Agente confidencial (1945). Durante a Guerra Civil, un axente republicano trata de mercar carbón e impedir que este chegue ao bando fascista. Arise, mi amor [Adelante, mi amor] (1940). Unha periodista norteamericana que cubre a Guerra Civil namórase dun aviador que apoia á república; condenado a morte, axúdao a escapar mentres en Europa comeza a Segunda Guerra Mundial. Estivo prohibida en España e Alemaña. ¡Ay, Carmela! (1990). Un grupo de cómicos que ameniza aos republicanos cae, por error, na zona nacional. Obrigados a ridiculizar á República, provocarán a súa desgraza. Biba la banda (1987). Tocando á súa fin a Guerra Civil, nun cuartel franquista ensaian sen descanso para ofrecer un concerto a mandos militares de España e Alemaña.

Upload: phamnhan

Post on 29-Apr-2018

225 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA … (1938). Durante un bombardeo, un soldado republicano coñece a unha muller que resulta ser espía dos fascistas. Baixo os escombros, tratará

PELÍCULAS AMBIENTADAS NA

SEGUNDA REPÚBLICA E NA GUERRA CIVIL

¡A mí la Legión! (1942). Película española de exaltación militar

centrada no compañeirismo que debe reinar no corpo da Lexión.

Agente confidencial (1945). Durante a Guerra Civil, un axente

republicano trata de mercar carbón e impedir que este chegue ao

bando fascista.

Arise, mi amor [Adelante, mi amor] (1940). Unha periodista

norteamericana que cubre a Guerra Civil namórase dun aviador que apoia á república; condenado a morte, axúdao a escapar mentres en Europa comeza

a Segunda Guerra Mundial. Estivo prohibida en España e Alemaña.

¡Ay, Carmela! (1990). Un grupo de cómicos que ameniza aos

republicanos cae, por error, na zona nacional. Obrigados a ridiculizar

á República, provocarán a súa desgraza.

Biba la banda (1987). Tocando á súa fin a Guerra Civil, nun cuartel

franquista ensaian sen descanso para ofrecer un concerto a mandos

militares de España e Alemaña.

Page 2: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA … (1938). Durante un bombardeo, un soldado republicano coñece a unha muller que resulta ser espía dos fascistas. Baixo os escombros, tratará

Bloqueo (1938). Durante un bombardeo, un soldado republicano

coñece a unha muller que resulta ser espía dos fascistas. Baixo os

escombros, tratará de convencer á muller do equivocadas que están

as súas ideas.

Casas Viejas (1983). Relato dos sucesos que tiveron lugar nese pobo

gaditano en 1933 que provocaron unha fonda crise de goberno que

obrigou a convocar eleccións xerais.

Dragón rapide (1986). En xullo de 1936, un avión británico, o

Dragon rapide, debe trasladar en secreto a Franco desde Canarias a

Marrocos para iniciar o golpe militar contra a República.

El ángel vestía de rojo (1960. Na Guerra Civil coñécense un

sacerdote, en crise de fe que debe escapar das tropas republicanas, e

unha prostituta e a súa relación provoca en ambos o rexurdimento de

pantasmas do pasado.

El espinazo del diablo (2001). Un grupo de nenos e adultos viven

nun orfanato durante a Guerra Civil agachados para non ser

descubertos polos fascistas nun mundo no que tamén aparecen seres

sobrenaturais.

El frente infinito (1956). Un capelán castrense que acaba de chegar

de Roma debe poñerse ao servizo do exército nacional, pero os

horrores da guerra provocan nel tal pánico que non é capaz de

superalo, debaténdose entre o medo e o deber.

Page 3: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA … (1938). Durante un bombardeo, un soldado republicano coñece a unha muller que resulta ser espía dos fascistas. Baixo os escombros, tratará

El lápiz del carpintero (2003). Galicia en 1936. Os presos

republicanos tratan de facer máis soportable a súa condena. Entre

eles está un médico ao que trata de salvar a súa noiva, filla dun

destacado fascista. En medio, un garda civil, verdugo e salvador do

médico.

El largo invierno (1991). En Barcelona, case ao final da Guerra

Civil, unha familia consolida a división ideolóxica dos seus

membros, e mentres un dos irmáns abandona o fogar, outro farase

cargo del co apoio do mordomo.

El pianista (1998). Dous pianistas barceloneses están en París cando

se inicia a Guerra Civil e un deles regresa a España para loitar pola

República, volvéndose a encontrar 40 anos despois.

El último tren de Madrid (1937). Drama humano sobre persoas que

escapan dos bombardeos de Madrid durante a Guerra Civil.

El otro árbol de Guernica (1968). O drama dun grupo de nenos

vascos que foron evacuados a países estranxeiros fuxindo da guerra e

que non perderon a esperanza de regresar.

El viaje de Carol (2002). Experiencias do espertar á vida dunha nena

de 12 anos filla dun brigadista nun pobo de Cantabria tomado polos

nacionais durante a Guerra Civil.

Page 4: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA … (1938). Durante un bombardeo, un soldado republicano coñece a unha muller que resulta ser espía dos fascistas. Baixo os escombros, tratará

En brazos de la mujer madura (1996). Durante a Guerra Civil, o

protagonista busca á súa nai e ten as primeiras experiencias sexuais cunha condesa prisioneira dos anarquistas, namorándose máis tarde dunha

violinista.

Escuadrilla (1940). No inicios da Guerra Civil, un grupo de oficiais

que non quere apoiar á República trata de incorporarse ao exército

dos sublevados.

Fiesta (1995).Un xoven aristócrata quere combater en apoio da

república, pero para endurecelo seu pai enviarao a formar parte dun

pelotón de fusilamento.

Frente de Madrid (1940). Un falanxista debe vestirse de miliciano para

entregar unha mensaxe á resistencia de Madrid. Ferido tras cumprir a

misión, morrerá xunto a un miliciano republicano reflexionando sobre a

inutilidade dunha guerra fratricida.

Huidos (1992). Ante o avance do exércitos dos sublevados, varios

habitantes dun pobo de Galicia refúxianse no monte e aínda que

enfrontados nas súas ideas, coinciden na loita guerrilleira.

¡Jo, papá! (1975). Un combatente da Guerra no bando nacional

quere lembrar aquela aventura cosa súa familia percorrendo os

lugares nos que actuou.

Page 5: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA … (1938). Durante un bombardeo, un soldado republicano coñece a unha muller que resulta ser espía dos fascistas. Baixo os escombros, tratará

Juegos de mujer (2004). Un irlandés e unha española deciden deixar

a súa cómoda vida en París para vir a España a loitar pola República.

El participará na batalla de Teruel e ela perderá a vida.

La buena nueva (2008). Drama dun xoven sacerdote nun pobo socialista

en 1936. Tras a ocupación polos nacionais, o crego tratará de defender aos represaliados poñendo en xogo a súa vida, encontrando apoio e consolo na

mestra que deixaron viúva no inicio da guerra.

La casa de las chivas (1972). Durante a Guerra Civil, un

destacamento republicano ocupa un caserón próximo á fronte e unha

das fillas da casa namórase dun soldado que oculta a súa condición

de sacerdote.

La fiel infantería (1957). Narrada desde a óptica dun batallón franquista,

relata a historia dos soldados que deben tomar un obxectivo moi difícil, Cerro Quemado, case sen poder descansar coas familias desde a anterior

operación.

La guerra de los locos (1986). Nos inicios da Guerra Civil, un grupo de

internos dun hospital psiquiátrico aproveita a confusión da chegada das

tropas de Franco para fugarse e nesta fuga compartirán experiencias cun

grupo de anarquistas.

Page 6: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA … (1938). Durante un bombardeo, un soldado republicano coñece a unha muller que resulta ser espía dos fascistas. Baixo os escombros, tratará

La hora de los valientes (1998). Un dos celadores do Museo do

Prado consegue localizar un cadro de Goya que se perdera durante o

traslado das obras de arte a lugares máis seguros para que non as

destrúan os bombardeos.

La lengua de las mariposas (1999). Escola e mestre republicano nun

pobo de Galicia aplicando a filosofía da educación que preconizaba a

república. Pero en xullo de 1936 todo cambiará e estes valores serán

ilegalizados.

La luz prodigiosa (2003). Nos inicios da Guerra Civil, un pastor

recolle a un home que os seus verdugos creron fusilar e lévao a un

asilo totalmente amnésico. Ao cabo duns anos, o pastor recoñéceo na

figura dun mendigo e este encontro reavívalle a memoria. Tratando

de saber quen é, pode que se trate do poeta García Lorca.

La montaña rebelde (1971). Drama pasional de personaxes aos que a

Guerra Civil modificou a súa vida de forma traumática, dando lugar a

situacións de tensión que acaban de forma tráxica.

La mujer del anarquista (2008). Historia baseada nun feito real, o

dun avogado que no inverno de 1937 loita contra Franco nas

trincheiras da zona de Madrid e tamén a través da radio, mentres a

súa muller percorre as rúas da cidade sitiada coa súa filla.

La mula (2013). Un cabo do bando nacional encontra unha mula no

medio do campo de batalla e está decidido a levala á súa casa, aínda

correndo serios perigos.

Page 7: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA … (1938). Durante un bombardeo, un soldado republicano coñece a unha muller que resulta ser espía dos fascistas. Baixo os escombros, tratará

La patrulla (1954).Un grupo de soldados fanse unha foto para lembrar a

patrulla que formaron durante a Guerra Civil e prometen volverse a encontrar nese lugar ao cabo de dez anos, pero son moitas as dificultades

para cumprir a promesa.

La paz empieza nunca (1960). Desde 1936 o protagonista loita cos

falanxistas e, unha vez rematada a Guerra Civil, participará nunha

misión secreta destinada a acabar cos maquis da zona de Asturias.

La plaza del diamante (1982). Colometa vive feliz coa súa familia

ata que a guerra trastorna todo e a miseria e as represalias obrigarán

aos superviventes do bando vencido a loitar coa esperanza de que os

seus fillos teñan unha vida mellor.

La silla vacía (1984). Por cada cadeira baleira nos cafés de

Barcelona había un loitador máis no bando republicano. Esta era a

mensaxe deste filme propagandístico que presenta a un mozo que

decide alistarse ao contemplar a uns mutilados pola guerra.

La vaquilla (1985). Na fronte de trincheiras da Guerra Civil, os do bando

nacional anuncian as festas de agosto; un grupo de soldados republicanos

deciden roubarlles a vaquilla dos festexos, de modo que terán comida,

arruinarán a festa ao inimigo e levantarán a moral dos seus compañeiros.

La venganza (1957). Historia dun campesiño durante a Segunda

República que pasa dez anos no cárcere acusado inxustamente de cometer

un asasinato e planifica a vinganza. Pero o amor interponse neste odio e

prevalecerá a reconciliación á vinganza.

Page 8: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA … (1938). Durante un bombardeo, un soldado republicano coñece a unha muller que resulta ser espía dos fascistas. Baixo os escombros, tratará

Las largas vacaciones del 36 (1976). Nun pobo próximo a Barcelona

veranean familias burguesas ás que o inicio da Guerra Civil sorprendeu estando de vacacións e deciden prolongalas ata que a guerra remate. Entre

os adultos, uns continuarán cos seus traballos e outros agacharanse por

medo ás represalias.

Las bicicletas son para el verano (1984). A historia comeza no verán

do 1936, co inicio da Guerra Civil en Madrid, a cidade que terá que

adaptarse ás duras condicións da súa prolongada resistencia.

Libertarias (1996). Historia dun grupo de milicianas anarquistas durante

a Guerra Civil na que se destaca o papel xogado polas mulleres

republicanas loitando na fronte e tamén contra o machismo dos seus

compañeiros.

Los días del pasado (1977). Una mestra pide destino nun pobo de

Santander coa esperanza de poderse encontrar co seu mozo, un

maquis que loita na zona, pero a Garda Civil intrepóñese nos seus

desexos.

Los niños de Rusia (2001). Tratando de salvalos da guerra, moitos nenos

da zona republicana foron enviados a outros países e recuperalos tras a esperada vitoria republicana, pero a historia escribiuse doutro modo e

moitos deles nunca regresaron.

Page 9: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA … (1938). Durante un bombardeo, un soldado republicano coñece a unha muller que resulta ser espía dos fascistas. Baixo os escombros, tratará

Los ojos perdidos (1966). Historia de amor imposible por causa da

guerra, que impide que un alférez provisional e a súa noiva poidan

cumprir os plans de futuro trazados.

Nosotros somos así (1936). Filme musical de propaganda anarquista,

de entretemento e escapismo en medio da dureza da guerra para ter

un rato de asueto.

Por quién doblan las campanas (1943). O mando republicano

encarga a un experto brigadista norteamericano en accións especiais

a destrución dunha ponte. Pero tamén hai tempo para o amor a as

fonda amizades.

Porque te vi llorar (1940). Inicio da Guerra Civil en Asturias, onde dos mozos non poden casar: el asasinado e ela violada por un miliciano, do que

terá un fillo ao que a familia despreza.

Posición avanzada (1965). Durante unha tregua na guerra, soldados

dos dous bandos pescan troitas nun río e intercambian conservas e

cigarros. Pero as forzas estranxeiras relevan aos sitiadores na noite e

matan a un confiado soldado que fai sinais para volver a pescar.

Réquiem por un campesino español (1985). Mentres agarda polos

fregueses dun funeral, o crego lembra acontecementos da vida do

defunto e os sentimentos que lle invaden pola responsabilidade na

morte do seu veciño.

Page 10: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA … (1938). Durante un bombardeo, un soldado republicano coñece a unha muller que resulta ser espía dos fascistas. Baixo os escombros, tratará

Retrato de familia (1976). Conflitos sociais, políticos e militares

nunha cidade que na Guerra Civil quedou no bando dos sublevados

centrados na conduta dos membros dunha familia.

Rojo y negro (1942). Dous mozos coñécense desde nenos, pero ao

estoupar a Guerra Civil, ela faise falanxista e el comunista, situación

que imposibilita as súas relacións.

Sin novedad en el Alcázar (1940). Describe, desde un punto de vista

épico e heroico e con evidente finalidade propagandística, a resistencia dos

militares cercados ata a súa liberación polas tropas de Franco.

Soldados (1978). Situacións que viven personaxes anónimos ante o

drama de que están perdendo a guerra.

Soldados de Salamina (2002). Reconstrución da historia do

falanxista Sánchez Mazas, fusilado con outros compañeiros pero que

conseguiu fuxir e ocultarse nun bosque, unha historia chea de

contradicións e misterios.

Tierra de todos (1961). Drama convencional sobre a Guerra Civil

pero que trata de presentar o conflito con vontade obxectiva e

reconciliadora, un valor na época na que se rodou.

Page 11: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA SEGUNDA … (1938). Durante un bombardeo, un soldado republicano coñece a unha muller que resulta ser espía dos fascistas. Baixo os escombros, tratará

Tierra y libertad (1995). Baseada nas memorias de G´Orwell, narra a

experiencia dun brigadista inglés e as divisións e loita polo poder no

bando republicano que culminaron na crise de 1937.

Un dios prohibido (2013). Narración da morte de 51 membros da

cominidade relixiosa dos claretianos de Barbastro nos inicios da

Guerra Civil

Vida en sombras (1948). No inicio da Guerra Civil, un operador de

cine perde a súa esposa nun tiroteo nun momento que se separa dela

para filmar uns planos do seu interese. Atormentado polos

remordementos convértese en reporteiro de guerra e ao finalizar a

contenda cae nunha fonda depresión.

Viva la muerte (1970).Na Guerra Civil, un neno descubre que a súa

nai delatou a seu pai para que o detivesen os fascistas por colaborar

cos republicanos, unha obsesión que na súa mente non para de crear

imaxes relacionadas coa morte.