parques nacionales de españa

59
Clase de bioloxía de 1º de Bacharelato IES ANXEL FOLE Grupo B CURSO 2015-2016 “Para beneficio y disfrute del pueblo” Theodore Roosevelt, 1872

Upload: pilar-de-vega-rodriguez

Post on 15-Jan-2017

123 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Parques nacionales de españa

Clase de bioloxía de 1º de Bacharelato IES ANXEL FOLE

Grupo BCURSO 2015-2016

“Para beneficio y disfrute del pueblo”

Theodore Roosevelt, 1872

Page 2: Parques nacionales de españa

Extensión: deberá ter unha superficie adecuada para poder manter a súa evolución natural.

Continuidade territorial: o territorio debe ser continuo, sen enclavados, e non deben existir elementos de fragmentación.

Estado de conservación: a intervención humana debe ser escasa.

Representación: ten que representar o sistema natural ó que pertence.

Asentamento dos humanos: non incluír asentamentos humanos no interior.

Page 3: Parques nacionales de españa
Page 4: Parques nacionales de españa

Constituído por catro Arquipélagos: Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes, que resgardan a costa galega, desde a Ría de Arousa ata a de Vigo. Xuntas conforman o único Parque Nacional da nosa comunidade. Ofrécennos desde paisaxes terrestres con zonas costeiras ata fondos mariños oceánicos (de rocha, de area, de cuncha...). Neste último medio, podemos atopar buques afundidos agochando quen sabe que tesouros do Parque.

Page 5: Parques nacionales de españa

Observamos costas irregulares e abruptas con numerosos cantís e depósitos de area. Fai varios millóns de anos, unha cadea montañosa afundiu no mar quedando á vista só estas illas que agora vemos cheas dunha gran riqueza de biodiversidade.Illas

Cíes

Page 6: Parques nacionales de españa

Illa de Ons

Illa de Sálvora

Illa Cortegada

Page 7: Parques nacionales de españa

Grazas á diversidade de escenarios, atopamos un gran número de especies: plantas adaptadas ó medio (que viven entre as fendas dos cantís ou a area das dunas), aves mariñas que aniñan nas repisas dos cantís e pescan en augas pouco profundas, máis de 200 tipos de algas entre as que conviven gran cantidade de peixes e moluscos...

Dúas especies endémicas de Galicia coroan ás nosas illas: a herba de namorar ( Armeria marítima) e o toxo ( Cytisus insularis). Entre a fauna, podemos destacar entre as aves mariñas ao corvo mariño cristado (Phalacrocórax aristotelis) e á gaivota patiamarela (Larus michahellis). Tamén atopamos ó lagarto máis grande de Europa cun tamaño medio entre 15 e 18 cm: o lagarto ocelado (Lacerta lepida).

Page 8: Parques nacionales de españa

Corvo Mariño Cristado. Gaivota Patiamarela

Lagarto OceladoToxo

Page 9: Parques nacionales de españa

Curiosidade: a herba de namorar recibe o seu nome polas propiedades máxicas que as lendas lle atribúen. Din que na noite de San Xoán, se consegues facerlle chegar esta flor (aconsellan metela nun peto) a aquela persoa que queres conquistar... os vosos destinos quedarán unidos irremisiblemente.

Page 10: Parques nacionales de españa

Neste parque aparece a maior formación calcaria da Europa Atlántica, un macizo montañoso que chega a superar os 2500 m de altitude. Presenta importantes procesos kársticos, erosión glaciar moi patente e algúns lagos. Divídese en tres máis pequenos: o macizo Occidental ou Cornión, o macizo Central ou dos Urrieles e o macizo Oriental ou de Ándara.

Page 11: Parques nacionales de españa

Aínda que a vexetación predominante correspóndese coa dun Bosque Atlántico, o Bosque Mediterráneo tamén está representado nalgunhas zonas. Porén, vemos bosques de faias, carballos, castiñeiros, abeleiras, pradairos, olmos... acompañados por especies como acivros, abruñeiros, arandeiras e queirogas.

Unha das árbores máis abundantes é o carballo (Quercus robur e Quercus petraea). Tamén a aciñeira (Quercus rotundifolia), o freixo (Fraxinus excelsior). Como especie endémica, cabe destacar á estrela dos Pirineos ou Aster pyrenaeus.Estrela dos

Pirineos

Page 12: Parques nacionales de españa

En canto á fauna, destaca polo gran número de especies de aves que ten: máis de cen. Podemos destacar entre elas o pito negro (Dryocopus martius), a pita do monte (Tetrao urogallus) e o oso pardo (Ursus Arctos), e entre as grandes rapaces o voitre leonado (Gyps fulvus) e a aguia real (Aquila chrysaetos). Pito Negro

Pita do MonteOso Pardo

Voitre Leonardo

Aguia Real

Page 13: Parques nacionales de españa

Este parque está situado nos Pirineos; presenta un mosaico de ecosistemas con gran variedade de flora e fauna, debido a combinación de canóns e vales e a variabilidade da altitude.

Page 14: Parques nacionales de españa

Quebrantaósos

Musaraña Alpina Acentor alpino

Armiño

Furón Común

FA UNA

Page 15: Parques nacionales de españa

Zapatiño da dama Agrimonia

Coroa de Rei

EdelweissGrasilla

FL ORA

Page 16: Parques nacionales de españa

O seu principal sinal de identidade corresponde a máis de 200 lagoas, os seus impresionantes riscos de “Els Encantatas” e a seus característicos meandros da alta montaña (as aigüestortes). É un verdadeiro paraíso para os amantes da natureza: lagoas, torrentes, cascadas, turbeiras, canchales, agrestes picos e frondosos bosques de pino negro, abeto, piñeiro silvestre, bidueiro e faia, conforman o fogar de multitude de animais de orixe alpino ou boreal. Conta cunha superficie total de 14.119 hectáreas.

En 1932, o Plan Macià contemplou o Parque Nacional do Alto Pirineo coma unha magnífica representación das formacións xeolóxicas da cordilleira pirenaica axial, así coma da súa flora e fauna, ademais de constituír unha das mellores manifestacións do glaciarismo cuaternario.

Page 17: Parques nacionales de españa

Quebrantaósos Pita do monte

Aguia Real

Desmán ibérico

Sarrio

FA UNA

Page 18: Parques nacionales de españa

FL ORA

Lepidium villarsii Phragmites australis

Epipogium aphyllum.

Page 19: Parques nacionales de españa

É unha cadea cadea montañosa de 500 km de lonxitude que cruza de leste a oeste a Penísula Ibérica.

No seu medio físico predominan os circos e lagoas glaciares e roquedos graníticos, no seu medio vexetal abundan os ecosistemas de alta montaña e os extensos piñeirais de piñeiro albar.

Page 20: Parques nacionales de españa

As especies animais máis representativas deste parque son: cervos, xabarís, corzos, gamos, cabras montesas, gatos monteses, algúns mustélidos, lebres, e aves como á aguia imperial e o voitre negro.

Gamo

Gato MontésAguia Imperial

Page 21: Parques nacionales de españa

AS ESPECIES VEXETAIS MÁIS REPRESENTATIVAS SON:

O piñeiro silvestre, o carballo, o zimbro, a aciñeira e o piorno.

Carballo

Pino Silvestre

Piorno

Page 22: Parques nacionales de españa

Situado no centro da provincia de Cáceres, esténdese en torno aos encoros de dous grandes ríos, o Teixo e o Tiétar. Constitúe o primeiro espazo protexido de Estremadura.

Predominan tres hábitats principais: o bosque e o sotobosque mediterráneo, as praderías, os penedais e as masas de auga (ríos e encoros).

Ademais de Parque Nacional goza doutras figuras de protección: Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA ) E, en xullo de 2003 foi declarada "Reserva da Biosfera", en recoñecemento á boa

relación que desde séculos existe nestas terras entre o home e o medio. É unha zona privilexiada para gozar do voo das cegoñas

negras, voitres ou a, xa moi escasa, aguia imperial VALORES NAURAIS: En Monfragüe atopamos a máis extensa e mellor conservada

mancha de monte mediterráneo a nivel mundial.

Page 23: Parques nacionales de españa

Entre as árbores destacan a aciñeira (Quercus rotundifolia), oliveira silvestre (Olea europaea sylvestris), as sobreiras (Quercus suber) o escornacabra (Pistacia terebinthus).

Protexendo as beiras dos ríos da erosión, atópanse: ameneiros (Alnus glutinosa), salgueiros (Salix sps.) e freixos (Fraxinus angustifolia) Entre os arbustos destacan os érbedos (Arbutus unedo) e a urce branca (Erica arborea)...

Page 24: Parques nacionales de españa

Érbedo Aciñeira

Escornacabra

SobreiraSalgueiro

Page 25: Parques nacionales de españa

A especie máis emblemática do parque é a aguia imperial (Aquila adalberti). Está catalogada como especie en perigo de extinción. No parque aniñan 12 parellas e no mundo calcúlase que quedan unhas 200.

O voitre negro (Aegypius monachus) –280 parellas-, catalogada como vulnerable é a ave voadora máis grande de Europa.

Cegoña negra (Ciconia nigra). É unha especie vulnerable que aniña preferentemente neste Parque.

No medio acuático o único mamífero representado en Monfragüe é a lontra (Lutra lutra).

Page 26: Parques nacionales de españa

Lontra

Voitre NegroCegoña Negra

Aguia Imperial

Page 27: Parques nacionales de españa

O 3 de maio de 1973 declarouse o Parque Nacional das Tablas de Daimiel, cunha superficie total de 3.030 hectáreas.

Mestura as características dunha chaira de inundación, producida polos desbordamentos dos ríos Guadiana e Gigüela, coa dunha área de descarga de augas subterráneas procedentes dun acuífero de gran tamaño.

Page 28: Parques nacionales de españa
Page 29: Parques nacionales de españa
Page 30: Parques nacionales de españa

Unha das primeiras referencias coñecidas das Tablas de Daimiel encóntrase no "Libro da Caza" do Infante D. Juan Manuel, polo ano 1325, quen as describe como un lugar propio para a caza e onde afirma que a súa pertenza corresponde á Orde de Calatrava.

A mediados do século XIX, as Tablas adquiren gran fama como magnífico lugar de caza, como así o divulga D. Francisco Marti de Veses, que impulsa a Sociedade de Cazadores. En 1959 díctase a Orde Ministerial pola que se prohibe definitivamente a caza nas Tablas, e en 1966 As Tablas de Daimiel convírtense en Reserva Nacional de Caza, recoñecéndose a necesidade de iniciar un programa de protección e conservación da fauna.

Page 31: Parques nacionales de españa

Unha das primeiras referencias coñecidas das Tablas de Daimiel encóntrase no "Libro da Caza" do Infante D. Juan Manuel, polo ano 1325, quen as describe como un lugar propio para a caza e donde afirma que a súa pertenza corresponde á Orde de Calatrava.

A mediados do século XIX, as Tablas adquiren gran fama como magnífico lugar de caza, como así o divulga D. Francisco Marti de Veses, que impulsa a Sociedade de Cazadores. En 1959 díctase a Orde Ministerial pola que se prohibe definitivamente a caza nas Tablas, e en 1966 As Tablas de Daimiel convírtense en Reserva Nacional de Caza, reconocéndose a necesidad de iniciar un programa de protección e conservación da fauna.

Page 32: Parques nacionales de españa
Page 33: Parques nacionales de españa
Page 34: Parques nacionales de españa

No século XIV construíuse o castelo para protexer a illa dos ataques dos piratas berberiscos, que se mantendán ao longo dos séculos seguintes, marcando a historia das Illas Baleares. Cando os vixiantes outeaban un barco pirata, comunicábanllo con sinais de lume ás atalayas do sur de Maiorca, e de alí ao resto da illa. Contan as crónicas que unha das penas máis duras, peor incluso que ir a galeras, era a de ser vixía en Cabrera.

Page 35: Parques nacionales de españa

Doñana

Localización: Huelva e Sevilla (Andalucía).Ecosistemas que contén: praias, a vera, dunas, cotos e marismas.Superficie: 54.252 ha

DOÑANA

Page 36: Parques nacionales de españa

As marismas: Son os ecosistema máis abundantes deste parque natural. Fórmanse grazas ao aporte da auga da chuvia e dos regatos, producindo así una estacionalidade moi marcada.

As praias: Recollen as areas, traídas polo mar e o vento, deposítandoas como baixos e frechas ao longo de toda a costa. Ademáis, a intensa dinámica costeira modifica o perfil destas.

Dunas: Destacan as dunas móbiles, sendo un dos poucos parques naturais da Península que as conteñen.

Cotos ou zonas de matorral: representan unha etapa intermedia do ecosistema terminal e maduro do bosque mediterráneo.

A vera: O contacto entre a marisma e as areas estabilizadas, orixina este novo ecosistema no cal coinciden especies de ambos os dous. Ademáis, aflora a humidade filtrada polas areas e predominan os alcornoques e os fieitos.

Page 37: Parques nacionales de españa

Marismas

Praias Dunas

Vera

Cotos

Page 38: Parques nacionales de españa

Alcornoque(Quercus suber)

Barrón(Ammpholia arenaria)

Clavellina(Armeria pungens

Pino piñonero (Pinus pinea)

Lentisco (Pistacia lentiscus)

Page 39: Parques nacionales de españa

Flamencos(Phoenicopterus ruber)

Ansar común (Anser anser)

Lince (Lynx pardinus)

Ciervo (Cervus elaphus)

Malvasía (Oxyura leucocephala)

Calamón(Porphyrio porphyrio)

Page 40: Parques nacionales de españa

As súas empinadas cimas, á vez que dominan un inmenso horizonte, matizado de pobos e de caseríos, con pradeiras cheas de verdor, están cubertas de neve e de xeos, que á altura de 9.180 pés son perpetuos. A súa superficie total e dunhas 85.883 hectáreas.

Representa os "sistemas naturais ligados á media e alta montaña mediterránea".Destaca unha especie endémica, a violeta de Serra Nevada. A cabra montesa é a especie más característica do parque.

Na idade media denominábase “Serra do Sol”. Alberga un rico patrimonio cultural e histórico no que se solapan e enriquecen legados tartesos, romanos y visigodos. O mais significativo do período musulmán son as sofisticadas técnicas de regadío, cuxas acequias e regatos surcan as laderias recollendo auga do desxeo e a escorrentía para ser aproveitada en usos e actividades tradicionais

Page 41: Parques nacionales de españa

Búho real (Bubo bubo)

Halcón peregrino (Falco peregrinus)

Rata de auga (Arvicola sapidus)

FA UNA

Page 42: Parques nacionales de españa

Enebro (Juniperus oxycedrus)

Madreselva (Lonicera implexa)

Lentisco (Pistacia lentiscus)

FL ORA

Page 43: Parques nacionales de españa
Page 44: Parques nacionales de españa
Page 45: Parques nacionales de españa
Page 46: Parques nacionales de españa
Page 47: Parques nacionales de españa
Page 48: Parques nacionales de españa

Garajonay

Localización: A Gomera (Islas Canarias)Superficie: 3.984 ha

Page 49: Parques nacionales de españa

O parque encóntrase nunha illa volcánica de 12 millóns de anos de antigüidade. O norte da illa caracterízase pola súa espectacular formación xeolóxica e o sur polos impresionantes barrancos, produto dunha continuada erosión durante os dos últimos millóns de anos.

Grazas aos contrastes climáticos, orixinados polo seu acentuado relevo, permite a este parque concentrar una incrible variedade de paisaxes naturais. Sendo o máis característico o bosque de Laurisilva.

Page 50: Parques nacionales de españa

Auga de barranco

Arroio do Cedro

Roque Agando

Barrancos

Viñátigo Taginaste

Page 51: Parques nacionales de españa

Brezo (Erica arborea)

Faia (Morella faya)

Viñátigo (Persea indica)

Érbedo canario(Arbutus canariensis)

Pata de galo(Geranium canariensis)

Acebiño (Ilex canariensis)

Page 52: Parques nacionales de españa

Paloma rabiche (Columba junoniae)

Paloma turqué (Columba bollii)

Escarabajo broscus(Broscus crassimargo)

Vanesa(Vanessa vulcania)

Ratón (Mus musculus)

Paloma (Columba livia)

Page 53: Parques nacionales de españa

... o nome deste parque provén dunha bonita lenda?

“No pobo da illa da Gomera vivía unha fermosa princesa chamada Gara e un tinerfeño chamado Jonay. Ambos xoves namoraron. Sen embargo, un adiviño predixo que o seu amor traería desgrazas en forma de lume e lava, polo que os país de ambos o prohibiron. A pesar de todo, Jonay escapou nadando sobre unas peles de cabra ata a Gomera, onde se refuxiou coa súa amada nos bosques máis altos da illa. Ao verse acorralados, afiaron unha lanza por ambos os dous extremos, a apoiaron entre ambos e se fundiron nunha aperta que acabou coas súas vidas para sempre. Hoxe, aquel bosque leva o seu nome e foi convertido no Parque Nacional de Garajonay. ”

...é a maior reserva de laurisilva?

Page 54: Parques nacionales de españa

Caracterízase por ser un enorme circo de 8 km de diámetro con aspecto de caldeira, onde múltiples erupcións volcánicas, grandes deslizamentos, a forza erosiva da auga e o tempo modelaron a sua xeomorfoloxía, convertindoa nunha escarpada paisaxe cunha rede de córregos e torrentes de augas de gran forza erosiva, neste medio desenvolvéronse unha gran variedade de especies vexetais e animais que inclúen abundantes endemismos canarios.

Page 55: Parques nacionales de españa

Este Parque Nacional presenta formacións onde afloran as lavas máis antigas da Palma. No interior da Caldeira abundan fontes, manantiais e cascadas de gran beleza, como a de La Desfondada. Goza dun clima mediterráneo.

Page 56: Parques nacionales de españa

A especie predominante é o piñeiro canario (Pinus canariensis), unha das peculiaridades do piñeiro canario é que tolera os incendios gracias a súa adaptación ao lume producido polas erupcións volcánicas: queimase só a cortiza e internamente segue vivindo. Acompañando ao pino canario atópase o amagante(Cistus symphytifolius), estas especies endémicas das Illas Canarias son estupendas colonizadoras de solos moi pobres.

Page 57: Parques nacionales de españa

No interior da Caldeira esta presente a laurisilva: formacións de faia (Myrica faya) e brezo (Erica arborea), que en Canarias se denominan monte verde, fonte de abono orgánico e condensador das brumas que se forman na Caldeira, aportando auga ao terreo. No interior dos barrancos atópanse restos do bosque de lauraceas: loureiro(Laurus azorica). Outras especies frecuentes son o salgueiro canario ( Salix canariensis), e o bejeque (Aeonium, Greenovia, Aichryson) Por enriba dos 1.700 metros podemos atopar endemismos como o codeso (Adenocarpus viscosus) e o pensamento dos cumios (Viola palmensis).

Page 58: Parques nacionales de españa

A maior parte da fauna do parque está representada por insectos; os endemismos son abundantes. Abundan a escolopendra, que alcanza un tamaño dun palmo de lonxitude, e a araña lobo. A unha altura de 2000 m existe unha cova onde vive un escaravello cavernícola endémico da Palma que perdeu os ollos e a pigmentación.

Page 59: Parques nacionales de españa

A fauna vertebrada é escasa e a maioría son especies introducidas a excepción dos morcegos, alguns anfibios, réptiles e peixes.

Mamíferos: o arruí, as cabras e os coellos, que son unha grave amiaza para as plantas endémicas.

Aves: como o cernícalo (Falco tinnunculus canariensis), a paloma bravía (Columba livia canariensis), a chova piquirroja (Pyrrhocorax pyrrhocorax barbarus),

Anfibios: como a raniña meridional(Hyla meridionalis) Réptiles: o perenquén de Delalande(Tarentola

delalandii)ou o lagarto tizón (Gallotia galloti).