parque natural baixa limia serra do xurés

74
Parque Natural Parque Natural Baixa Limia Baixa Limia Serra do Xurés Serra do Xurés

Upload: monadela

Post on 15-Apr-2017

253 views

Category:

Engineering


8 download

TRANSCRIPT

Page 1: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Parque NaturalParque NaturalBaixa LimiaBaixa Limia

Serra do XurésSerra do Xurés

Page 2: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

SUPERFICIE: 29.345 haCONCELLOS:Entrimo, Lobios, Muíños, Bande, Calvos de Randín, Lobeira (Ourense).

Page 3: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Ocupa o tramo final do val do río Limia en terras de Ourense e o conxunto de serras que o rodean polo NO (estribacións das serras do Leboreiro e o Monte do Quinxo) e polo S-SE (serras de Santa Eufemia, do Xurés e do Pisco).Ten un gran interese xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e histórico.

Page 4: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

PROTECCIÓN:Parque Natural (febreiro 1993) e ampliado en outubro de 2009. Forma parte tamén da Zona de Especial Protección dos Valores Naturais: “Baixa Limia-Serra do Xurés” (31.287 ha) e “Baixa Limia” de 33.920 ha; da Zona especial de conservación (ZEC) “Baixa Limia” (33.921 ha) e da Reserva da Biosfera “Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés”A área forma unha unidade coa ZEPA PT002 (62.922 ha) e co Parque Nacional Peneda-Gerês (70.290 ha), en Portugal.Trátase do primeiro parque transfronteirizo designado como EUROPARC (GêresXurés) pola FNNP. Está incluído no inventario de áreas importantes para a herpetofauna española (Xurés-Laboreiro; Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2004).

Page 5: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

O parque natural inclúe varias zonas de Reserva Integral, en áreas de valor natural moi alto nas que prevalece a conservación sobre calquera outro tipo de actividade: o Barranco de Olelas, os cumios e amesetamentos superiores da serra do Xurés, o Barranco da Cruz de Touro (ao sur de Santa Eufemia) e o contorno da Barxa, no val do río Salas.

Olelas

Page 6: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

O RELEVOUnha sucesión de serras compartidas entre Galiza e Portugal: Leboreiro, Queguas, montes do Quinxo, Santa Eufemia, Cruz de Piñeiro, Xurés, Pisco e A Pena. As cotas máximas son os altos de Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m) situados no núcleo central dos cumes da serra Gerês-Xurés. A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra) que dan lugar a un relevo abrupto de picos espectaculares e grandes bolos rochosos.

Page 7: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Destaca pola súa paisaxe agreste de masas graníticas (especialmente O Quinxo, Xurés e Santa Eufemia) en contraste con serras de contornos máis suaves. A altitude oscila entre os 125 e os 1.540 m sobre o nivel do mar, e a maior parte da zona está por enriba dos 1.000 m. Dominan as áreas ocupadas por extensos rochedos e as pendentes abruptas.

Serra do Xurés desde o alto da serra de Queguas

Page 8: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

SERRA DO LABOREIRODescribe un arco orientación NO-S ao longo da fronteira entre os concellos de Entrimo, Lobeira, Verea, Quintela de Leirado e Padrendra con Portugal. De morfoloxía suave, formada por granitos de dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental. O pico máis alto é o Codesal (1.334 m). Nas vertentes galegas nacen ríos e regatos que van ao Arnoia (Cexo, Ourille...), ao Miño (Deva e os seus afluentes, e Barxas) e ao Limia (Grou, Casal...). Na vertente portuguesa o máis importante é o río Barcia ou Castro Laboreiro, afluente do Limia.

Page 9: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

SERRA DE QUEGUASCon orientación N-S, situada entre as serras do Quinxo e Leboreiro, rodeada polos vales dos ríos Agro e Casal. Acada as alturas máximas na fronteira con Portugal, en Corraídos, con 1.233 m e Pena Grande, con 1.208 m. Conserva restos arqueolóxicos (mamoas) e etnográficos (cabanas) e algunhas zonas de bosques autóctonos.

Page 10: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Serra de Queguas.

Page 11: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

MONTES DO QUINXOMacizo granítico de orientación N-S, con 1.169 m de altura máxima no Outeiro da Quintana ou Quinxo. Polo oeste limita co río Barcia ou Castro Leboreiro, que fai fronteira con Portugal e polo sur co Limia. É unha serra de formas abruptas con formacións graníticas de bolos e formas acasteladas. O Barranco de Olelas é unha Reserva Integral.

Page 12: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Montes do Quinxo en Olelas

Page 13: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

SERRA DE SANTA EUFEMIASituada entre os vales dos ríos Caldo e Limia, con orientación N-S, continúa en Portugal coa Serra Amarela. A altura máxima son 1.107 m no Alto de Santa Eufemia. Acolle unha importante flora e fauna e varios endemismos. Unha gran área da serra está declarada Reserva Integral

Page 14: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

SERRA DO XURÉS/GERÈSCon orientación NE-SO. Compartida por Galiza (Ourense) e Portugal. Destaca pola súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos arredores, de contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m). A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra) que dan lugar ao seu relevo característico de picos espectaculares e grandes bolos. A liña fronteiriza é rica en wolframita que foi explotada no tempo da II Guerra Mundial. O primeiro tramo da serra, ao leste da Portela do Homen, coñécese co nome de Serra da Cruz do Piñeiro.

Page 15: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

As Gralleiras

Page 16: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

SERRA DO PISCOCompartida entre o concello de Muíños e Portugal, con orientación NE-SO e unida ao Xurés polo oeste. O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con 1.398 m. As formas en xeral son suaves e os materiais dominantes son os granitos rosados de mica negra que conforman unha paisaxe de castelos e bolos moi erosionada.

Page 17: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

SERRA DA PENAOcupa o extremo meridional do concello de Calvos de Randín no límite con Portugal. O punto máis alto é o Monteagudo con 1.363 m. Hai unha grande área de migmatitas e algún neis glandular da serie llo de Sapo. Hai tamén unha gran intrusión de granito de dúas micas e algúns diques de aplita e pegmatita.

Page 18: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Os Pitoes

FORMACIÓNS ROCHOSAS DESTACADAS:Os anos de erosión crearon formas curiosas nos granitos das serras.

Page 19: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Pica das Gralleiras

Page 20: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

As Gralleiras (Serra do Xurés)

Pica de Illa (serra do Quinxo)

Page 21: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Camiño da Fontefría

Page 22: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

GLACIARISMO:No Wurmiense desenvolveuse nos cumes do Xurés un sistema glaciar de meseta cunha superficie duns 60 km2, entre os 1300 e os 1500 m de altura. Por todo o espazo, especialmente na serra do Xurés, consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos glaciares, vales glaciares (Vilameá -punto de interese xeolóxico-); moreas glaciares (Vilameá, Muíño Vello -San Paio, Lobios-).

Page 23: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Val glaciar de Vilameá, rochas laterais e moreas.

Page 24: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

CLIMA:As características climáticas son de transición entre a zona atlántica e a mediterránea. Neva con frecuencia nos cumios, e alcánzanse temperaturas especialmente baixas na parte oriental. As diferencias de altitude entre os cumios e os vales dos ríos da lugar a unha ampla variedade de microclimas e ecosistemas de gran riqueza biolóxica.

Page 25: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

OS RÍOSO río principal, eixe do espazo, que o atravesa de NE a SO en toda a súa lonxitude, é o Limia, e completan a rede todos os afluentes (Salas, Grou, Caldo, Castro Laboreiro) que baixan a el desde a serras que o rodean. En xeral, os ríos teñen cursos curtos e con fortes pendentes, nos que se forman series de rápidos e algunhas fervenzas importantes. Están retidos en varios encoros para a produción de enerxía hidroeléctrica (Lindoso, As Cunchas, Grou e Salas).

Page 26: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

RÍO LIMIA/LIMANace no monte Talariño (Sarreaus) e despois de atravesar a Limia cun discorer maino entra na Baixa Limia, onde, obrigado polo relevo, ten un curso sinuoso e rápido, que é freado polos encoros da Cunchas e Lindoso. Desemboca en Viana do Castelo. Neste espazo recibe pola dereita as augas do Grou, río do Casal ou da Montaña e Castro Leboreiro; e pola esquerda o Salas, Lobios e Caldo.

Page 27: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

O Limia no encoro de Lindoso co Xurés ao fondo.

Page 28: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Río SalasNace na Serra do Larouco e xúntase ao Limia no encoro de Lindoso. Os afluentes máis importantes son o Lobios, Cabaleiros e Mao. Fervenzas: Fecha de Xermeade, Fecha Carneira (rego de Salgueiros), Fecha de Cela ou Fecha da Balsa, Pozo Negro ou Pozo da Seima, As Olas (río Mao), As Forcadiñas (río Chao de Requeixo-Cabaleiro), rego da Portela,

Pozo Negro

Page 29: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Encoro do Salas desde o alto do Pisco

Page 30: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Río CaldoNace na Portela do Home e descende nun curso recto cheo de rápidos e pequenos saltos ata o Limia, no encoro de Lindoso. O principal afluente é o Vilameá.O río Caldo recibe o seu nome da surxencia de augas termais que se producen na mesma canle do río e que son aproveitadas con fins medicinais.Fervenzas: Corga da Fecha (regato da Fecha).

Corga da Fecha nun afluente do Río Caldo.

Page 31: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Área termal no río Caldo, en Lobios

Page 32: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Río Barcia ou Castro LaboreiroNace en Portugal e durante unha gran parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos de Lobios e Entrimo. Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo e recibe as augas do río da Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso. Fervenzas: Castro Leboreiro, Pozas do Mallón e outras no Barranco de Olelas.

Pozas do Mallón

Page 33: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Río NauNace nos montes de Santa Eufemia e baixa ao Limia no encoro do Lindoso. Nunha grande parte do seu curso hai numerosos rápidos e pequenos saltos.

Page 34: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Río Pacín ou da MontañaBaixa da serra de Queguas (rego da Montaña) e recolle afluentes da serra do Quinxo (Agro e rego de Illa). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso, en Lantamil. Fervenzas: río Agro (Entrimo), Fecha do Fragón, Corga das Rozadas e Corga de Merlán (río da Montaña), Pozo Caído (río Pacín).

Page 35: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Río Grou Recolle as augas do concello de Lobeira e baixa cara ao sur ata o Limia. Está explotado por unha minicentral.Fervenzas: rego Rabo de Besta, rego da Ramallosa (Fragoso).

Corga de Castrelo

Page 36: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

FLORAAs características climáticas da zona, de transición entre a zona atlántica e a mediterránea, dan lugar a unha gran riqueza florística (máis de 600 especies) na que se mesturan especies de ambos tipos con diversidade de hábitats terrestres e acuáticos: fragas, pradeiras de montaña, turbeiras, matogueiras, bosques de ribeira, pradeiras húmidas, ríos, encoros... onde se atopan numerosos endemismos ibéricos e locais.

Page 37: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Bosque da Barxa

Page 38: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Mato de uces e carqueixas nos montes do Quinxo.

Page 39: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Loro ou acereiro (Prunus lusitanica). En Galiza só se atopa no Xurés e no val do Arnoia.

Page 40: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Érbedo (Arbutus unedo). Arbusto ou pequena árbore que en Galiza aparece nas áreas de clima con influencia mediterránea.

Page 41: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Sanguiño (Rhamnus frangula). Árbore de pequeno porte que gosta de humidade. Aparece á beira dos ríos e dos regueiros..

Page 42: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Lirio do Xurés (Iris boissieri) iridácea endémica galaico-portuguesa, unha das especies máis emblemáticas do parque natural, que ten aquí a maior poboación das tres coñecidas en España e que está considerada en perigo crítico de extinción.

Eryngium duriaei juresianum, un cardo endémico da Serra do Xurés.

Page 43: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Armeria humilis. Un endemismo dos cumes do Xures e Leboreiro.

Page 44: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Sedum forsteranum. So se atopa no sur-leste de Galiza.

Paradisea lusitanica. Unha liliácea endémica do Norte de Portugal e NO de España. Atópase no sur de Galiza.

Page 45: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

ÁRBORES SENLLEIRASCarballos (Quercus robur):

-Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá, Lobios (varios exemplares de ata 5,57 m de perímetro).

-San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios.

Page 46: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

ÁRBORES SENLLEIRASCerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica).

-Casas da Carballeira en Queguas, Entrimo (4,65 m de perímetro). Incluído no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

-Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios (3,53 m de perímetro)

Page 47: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

ÁRBORES SENLLEIRASSobreiras (Quercus suber)

-Bubán, en Ludeiros, Lobios (varios exemplares, a máis grosa mide 5.60 m de perímetro).

Page 48: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

FAUNAA Serra do Xurés acolle unha importante representación da fauna silvestre galega que se atopa en todo tipo de hábitas acuáticos ou terrestres. Conta coa presenza de numerosas especies escasas e consideradas en perigo ou vulnerables.

Cabra fera (Cabra pirenaica victoriae). Foi introducida desde 1997 en substitución do endemismo local (Capra pyrenaica subsp. lusitanica) extinta en 1892.

Page 49: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

MAMÍFEROS: Censadas máis de 30 especies: destaca a presenza do desmán (Galemys pyrenaicus), o gato bravo (Felis sylvestris), a lontra (Lutra lutra), a marta (Martes martes), o lobo (Canis lupus), o corzo (Capreolus capreolus), así como os quirópteros, con especies pouco coñecidas, como o morcego da fraga (Barbastella barbastellus). Citouse tamén o leirón (Glis glis) que alcanzaría nestas serras o límite sudoccidental da súa área de distribución europea.

Morcego de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum)

Donicela (Mustela nivalis)

Page 50: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

AVES: Máis de 140 especies. Destaca a presenza de aves de rapina, incluíndo especies moi ameazadas e de distribución moi localizada, como é o caso da aguia real (Aquila chrysaetos), a aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), e o bufo real (Bubo bubo) cunha pequena poboación nidificante reforzada coa solta de varios exemplares. Ademais, nidifican a aguia cobreira (Circaetus gallicus), o miñato abelleiro (Pernis apivorus), a gatafornela (Circus cyaneus), a tartaraña cincenta (Circus pygargus), e o falcón peregrino (Falco peregrinus).

Aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus)

Bufo real (Bubo bubo).

Page 51: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Aves ligadas aos rochedos e matogueiras de montaña, con moitas especies de distribución máis ou menos localizada en Galiza: o pombo pequeno (Columba oenas), a andoriña dáurica (Hirundo daurica), a pica campestre (Anthus campestris), o pedreiro rubio (Oenanthe hispanica), os merlos rubio (Monticola saxatilis), e azul (Monticola solitarius), a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax), e o escribente hortelán (Emberiza hortulana).

Pica campestre (Anthus campestris)Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax)

Page 52: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

O espazo (xuntamente co Parque Nacional Peneda-Gerês) acolle algunhas das poboacións máis sudoccidentais de especies típicamente eurosiberianas, como a pica das árbores (Anthus trivialis), a a papuxa picafollas (Sylvia borin), o picanzo vermello (Lanius collurio ), o cardeal ou paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula), e o escribente amarelo (Emberiza citrinella). O cruzabico (Loxia curvirostra), ten aquí unha das súas poucas (quizais a única) zona de cría en Galiza. Entre a avifauna acuática, ligada aos encoros, destaca a presenza como invernante do mergullón cristado (Podiceps cristatus) con concentracións moi notables no encoro do Salas, e a cría da píllara pequena (Charadrius dubius).

Mergullón cristado (Podiceps cristatus).Paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula),

Page 53: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

RÉPTILES:15 especies: destacan a lagarta rabuda (Psammodromus algirus), a cobra rateira ou cobregón (Malpolon monspessulanus), a cobra riscada (Rhinechis scalaris) e, singularmente, a víbora fociñuda (Vipera latasti) que só se atopa en contados puntos da provincia de Ourense.

Lagarta rabuda (Psammodromus algirus)

Cobregón, cobra rateira (Malpolon monspessulanus), a cobra galega que pode acadar o maior tamaño, case 2 m de lonxitude.

Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica)

Page 54: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi). Macho adulto e cría.

Page 55: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

ANFIBIOS12 especies. Destaca a salamántiga galega ou píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) endémica de Galiza e norte de Portugal.

Saramaganta, píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica), habita nos numerosos regatos de augas rápidas en vagoadas máis ou menos sombrizas,

Page 56: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

PEIXES: Coñécense seis especies, entre as que destacan como máis características o barbo (Barbus bocagei) (a súa distribución en Galiza restrínxese ás concas do Limia e do Támega), o cacho (Squalius carolitertii), a vermella (Rutilus arcasii), a boga do Douro (Chondrostoma duriense), e o espiñento (Gasterosteus gymnurus).

Espiñentos na lagoa dos Carríns

Page 57: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

INVERTEBRADOS: destaca a presenza da lesma (Geomalacus maculosus), a vacaloura (Lucanus cervus), e o cabalo do demo (Macromia splendens) (incluídas no Anexo II da Directiva Hábitats) e a bolboreta (Erebia triarius subsp. Mendesi).

Cigarra (Cicadetta montana). Antes de converterse no adulto da imaxe a larva pasa varios anos enterrada zugando saiba das raíces das árbores e matogueiras.

Bolboreta (Erebia triarius)

Chlorophorus trifasciatus, un escarabello de cornos longos.

Page 58: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

HISTORIA/PATRIMONIO CULTURALAs terras do Xurés-Gerês foron habitadas deste tempos moi antigos. Nelas deixaron pegadas as xentes da prehistoria, os visigodos e, sobre todo, os romanos que construiron por este territorio unha das principais vías de comunicación da provincia Gallaecica. Na actualidade, xunto cos importantes valores naturais, acolle un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico.

Dolme “Casa da Moura” na Serra de Queguas.

Page 59: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

A Baixa Limia foi unha importante zona de pasoa na época romana. Por esta zona discorría unha das catro vías, a que cruzaba pola Portela do Home, que atravesaban Galiza para unir Braga e Astorga.

Calzada romana en Riocaldo (Lobios)

Page 60: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Muíño no Río Nau.

Page 61: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Pontella no río da Montaña, en Queguas.

Page 62: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Albariza. As produccións das abellas, que aproveitan a gran cantidade e variedade de flores que producen os matos, son unha achega para a economía das persoas que viven nestas áreas.

Chivana, un refuxio de pastores típico das montañas do Xurés.

Page 63: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Queguas

Page 64: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Capela da Nosa Señora do Xurés (Lobios).

Page 65: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Cortes: Asentamentos estacionais para subir co gando aos pastos de verán. A Carballeira (Queguas)

Page 66: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Mina das Sombras (Lobios).Nos cumes da serra do Xures atópase volframio que foi explotado, sobre todo, durante a II Guerra Mundial. Pecharon definitivamente na década de 1970.

Page 67: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

USOS E APROVEITAMENTOAgrogandeiro, forestal, turismo, producción enerxía eléctrica…. Destaca a raza de vacas autóctonas “cachena” de Olelas e os cabalos garranos.

Nas partes altas das serras habita en semiliberdade o cabalo garrano, raza galaico-portuguesa, da que se está levando a cabo un programa de recuperación.

Page 68: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

As cachenas son as vacas típicas do Xurés e as máis pequenas de Galiza, as femias non pasan dos 300 kg. Ata hai uns anos estiveron a piques de desaparecer. Unha campaña de protección das razas autóctonas está impulsando a súa recuperación.

Page 69: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Alvite, um dos asentamentos máis altos na Serra do Xurés.

Page 70: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Centro de Información do Parque Natural, en Lobios.

Page 71: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

ITINERARIOS NATURAIS: Por toda a área do Parque Natural hai indicados intinerarios de distinta dificultade e duración:-Serra do Xurés: Mina das Sombras (val de Vilameá); río Vilameá; Padrendo; cabaniña do Curro; de Guende ás Gralleiras A Fontefría; de Guntumil a Pitões; -Serra de Queguas: A Chaira: camiño entre Vilar e Queguas (bosque de Queguas, pallozas de Corrales, dolme Casa da Moura)-Monte do Quinxo e barranco de Olelas-Val do Río Caldo e Corga da Fecha -Serra de Santa Eufemia-Serra do Pisco

Page 72: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Os incendios deixaron a súa pegada no Xurés.

PROBLEMASIncendios forestais, asolagamento de terreos polos encoros, liñas de alta tensión, abandono do rural, extinción de especies, especies invasoras...…Debido ás cortas, ao antigo costume de realizar queimas para a creación de pastos para o gando e ao intenso pastoreo, estas serras sufriron xeneralizados procesos erosivos que, ao longo dos séculos, provocaron enormes perdas de solo e afloramento dun substrato pétreo descarnado.

Page 73: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Page 74: Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

MONTAXE: Adela Leiro, Mon DaportaFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi LeiroAbril 2016