para que precisamos aínda - uv.es · máis ou menos ligada ao concepto de terra natal, de patria....

12

Upload: others

Post on 25-Aug-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Para que precisamos aínda - uv.es · máis ou menos ligada ao concepto de terra natal, de patria. Os ilustrados publicaron deseguida reflexións sobre o “orgullo nacional”. Discutiron
Page 2: Para que precisamos aínda - uv.es · máis ou menos ligada ao concepto de terra natal, de patria. Os ilustrados publicaron deseguida reflexións sobre o “orgullo nacional”. Discutiron

77

Toda realidade social, tanto a actual coma a histórica, trans-mítesenos, como hoxe é ben sabido, a través de palabras. Poriso, cando tratamos o fenómeno “nación”, cómprenos dife-

renciar dous aspectos: por unha banda, está o plano das accións eacontecementos reais; pola outra, o plano das palabras, da termino-loxía. Sen dúbida, todo o mundo concorda con esta distinción,pero non todos os investigadores se cinguen a ela á hora de estuda-ren relacións causais.

O problema do meu relatorio —a pregunta “Para que nos faifalla a nación?”— tamén se debe abordar desde dous planos. Noprimeiro, analízase a terminoloxía —a palabra, o vocábulo ‘nación’e os seus derivados. No segundo plano analízase a realidade social,ou mellor dito, a realidade política, isto é: a realidade de cada grangrupo social que se designa co termo de “nación”.

Asemade é preciso ter en conta outra coordenada, a espacial,pois débenos quedar claro que o termo “nación”, aínda sendo unfenómeno (e termo) xenuinamente europeo, hoxe está estendido atodo o planeta. En consecuencia, cómprenos tratar o termo non sódesde o punto de vista europeo, senón integralo sempre en relaciónsespaciais, territoriais, concretas e tendo en conta as diferenzas terri-toriais, sobre todo entre Europa e o resto do mundo.

Tomando en consideración estas diferenciacións elementais,quixera analizar e demostrar nesta exposición tres teses básicas:

Primeira, que o termo nación se utilizou, e aínda hoxe se utiliza,nas diversas linguas e épocas para referir situacións históricas e seg-mentos sociais moi diferentes.

Segunda, que as comunidades, os grandes grupos sociais que eti-quetamos como “nacións” tiveron unha evolución histórica e —maliaas afinidades básicas— foron e aínda son hoxe, tipoloxicamente,moi diferentes.

Terceira, que a nación como termo e a identidade nacional sonfenómenos europeos específicos e que o termo nación se “exportou”máis tarde ao mundo extraeuropeo, onde nas coordenadas doutrascivilizacións e sistemas de valores, e en función destas circunstan-cias, adquiriu un significado abondo diferente.

A vida propia dos termos

O termo nación non é de maneira ningunha unha palabra comacalquera outra, pois non só se emprega cun significado técnico, omesmo ca, por exemplo, estado, ministerio ou poboación, senónque posúe ata hoxe un certo ton emocional que a miúdo está por

Para que precisamos aínda a nación en Europa?

M I R O S L A V H R O C H

t A liberdade guiando o pobo. Eugène Delacroix

Miroslav Hroch é catedrático emérito deHistoria da Universidade de Praga e un dosteóricos máis recoñecidos do nacionalismo

no panorama internacional. A súa obra capital

é Social Preconditions of National Revival in

Europe (1985, primeira edición en alemán,

1968). En 2005 publicou unha síntese da súa

investigación Das Europa der Nationen.

Die moderne Nationsbildung im

europäischen Vergleich.

TraduciónMaría C. Alonso Seisdedos

T E M A S D O N O S O T E M P O

* Este artigo, publicado orixinalmente no

número 37 (2011) da revista L’Espill, ten orixe

na intervención do seu autor no ciclo “Les dis-

tàncies d’Europa”, que se celebrou en Arts

Santa Mónica en outubro de 2010. As colabo-

racións dos participantes publicaranse nun

volume da Collecció Arts Santa Mónica, Depar-

tament de Cultura da Generalitat de Catalunya.

Page 3: Para que precisamos aínda - uv.es · máis ou menos ligada ao concepto de terra natal, de patria. Os ilustrados publicaron deseguida reflexións sobre o “orgullo nacional”. Discutiron

78

cos termos xeográficos contemporáneos —e, poroutro lado, que a chamada diferenciación rexio-nal xa a finais da Idade Media ás veces tamén tiñaque ver coa vinculación a un idioma—. O termoexperimentou xa nesa época unha certa “nacio-nalización”, ben que na Idade Media tiña poucoen común coa forma de socialización que enten-demos hoxe so o termo nación.

No limiar da era moderna, a palabra natiopasou a designar a elite pertencente ao mesmoestado —expresión que sobreviviu ao longo dosséculos en Hungría e Polonia, coma natio hunga-rica e natio polonica—, isto é, a quintaesencia daclase política privilexiada da aristocracia. Ade-mais, a palabra latina gens empregábase ás vecespara designar un grupo que se caracterizaba pordeterminados trazos lingüísticos. A palabra lin-gua (en alemán, Zunge) sobreviviu así mesmo áIdade Media como variante para designar ungrupo cun idioma determinado.

Desde o século XV e sobre todo do XVI, apalabra latina integrouse e domesticouse nosidiomas nacionais en formación. Probablementeisto aconteceu xa desde o principio con connota-cións diversas, que se correspondían coa situa-ción política na macrorrexión de Europa daépoca, o cal se pode verificar con bastante exacti-tude no tempo da Ilustración.

Por unha banda, os dicionarios ingleses —encorrespondencia coa práctica política— entendí-an a nación inglesa coma un pobo politicamenteunido que se organizaba nun estado. Tamén aGrande Encyclopédie francesa fala de la nationcoma o conxunto dos súbditos, isto é, da poboa-ción, que viven baixo un mesmo soberano eunhas leis comúns. Por outra banda, no uso lin-güístico do alemán da época, o termo nación (eo sinónimo ‘pobo’) definiuse a través da lingua ecultura comúns. O mesmo aconteceu, por certo,no checo e nas máis das linguas eslavas. Maliaestas diferenzas, o termo acadou xa durante o ini-cio da Idade Moderna unha connotación positiva,máis ou menos ligada ao concepto de terra natal,de patria.

Os ilustrados publicaron deseguida reflexiónssobre o “orgullo nacional”. Discutiron tanto asvirtudes nacionais coma os trazos específicos decada grupo étnico senlleiro, aos que denomina-ban nacións. Había, así mesmo, interese na defi-nición dos “inimigos nacionais”. Podemos aseve-rar que a valoración positiva do termo “nación”subiu uns graos mercé ao patriotismo declaradoda elite instruída, sobre todo, á idea dun amor á

riba, ou máis ben parece estar por riba, da habi-tual mentalidade centrada na obtención de bene-ficios (un pouco no sentido da rational choice).

Para a maioría das persoas, pertencer a unhanación foi, e en gran parte aínda é hoxe, un sen-timento positivo. Valórase coma unha cuestiónde honor representar esa nación e alegrarse dosseus éxitos, na actualidade sobre todo no relativoao deporte, ao cine e ao saber facer empresarial etecnolóxico.

Outrora, porén, tiña validez, ademais, unimperativo categórico que hoxe en raras ocasiónsencontramos, segundo o cal, o cidadán non debíaser un simple usufrutuario da circunstancia depertencer a unha nación, isto é, ser só unha per-soa que se beneficia das vantaxes da existenciadese gran grupo e que eventualmente se pode ga -bar dos seus éxitos, senón que tamén debía asu-mir responsabilidades cara á comunidade. Esteimperativo esixía que un fose útil á comunidadenacional, desvelándose a prol do benestar e oprestixio dos seus integrantes.

Como se chegou a isto? Con certeza, trátasedunha herdanza —ou dun lastre?— do séculoXIX. Algúns autores vinculan o contido emocio-nal do termo nación á gran Revolución francesa;outros, a Johann Gottfried Herder; e outros, aoRomanticismo. Con certeza, a doutrina de Her-der sobre a nación como creación divina, sobre alingua e cultura nacionais coma un valor de seu,influíu en moitos lectores. Así, encontramos anación, a súa cultura, ou incluso a historia, entreos tópicos do amor romántico e a adoraciónentusiasta. Non obstante, esta actitude mentalnon se sitúa cronoloxicamente ao “principio”, eestá claro que cómpre iniciar antes a busca daorixe do ton emocional no concepto ou, mellordito, da palabra “nación”. Pois ese compoñenteemocional ten raíces histórico-políticas e inclusosemántico-culturais máis fondas.

Imos abordar primeiro o compoñente cultu-ral e lingüístico. Todo o mundo sabe que en casetodas as linguas europeas esta palabra é un deri-vado (ou unha tradución) do substantivo latinonatio, o cal á súa vez procede do verbo nascor(natus sum), representa, por tanto, algo que per-tence ao mesmo grupo polo nacemento, polaorixe. Todo o mundo sabe que nas universidades,nos concilios, as “nacións” designaban os estu-dantes ou os notables eclesiásticos, respectiva-mente, que procedían da mesma rexión. Porén,só os expertos saben que esas unidades territoriaisdesignadas como natio non sempre coincidían

Page 4: Para que precisamos aínda - uv.es · máis ou menos ligada ao concepto de terra natal, de patria. Os ilustrados publicaron deseguida reflexións sobre o “orgullo nacional”. Discutiron

79

patria e aos seus habitantes posto en práctica através de accións concretas.

Todo isto aconteceu decenas de anos antesda gran Revolución francesa, coa cal, segundo oque se nos aprendeu nos libros de texto, sedebeu iniciar a glorificación da nación paraespallarse desde aí por Europa adiante. Con istonon pretendo pór de maneira ningunha endúbida a relevancia da gran Revolución. Nelaacadou o termo un contido social novo na con-figuración da dimensión da sociedade civil: asnacións debían formar cidadáns que tivesen osmesmos dereitos e actuasen dun xeito solidario.En consecuencia, todos se comprometíantamén como piares do progreso e defensores daliberdade en Europa. Neste punto tamén sepode retrucar que xa existía previamente o con-cepto burgués de nación, pero só grazas á Revo-lución puido reclamar por primeira vez esteconcepto a súa validez humana universal.Durante os acontecementos revolucionarios eaínda moito máis na época napoleónica daGrande Nation personalizouse, intelectualizousee ideoloxizouse o constructo de nación coma unben común case “obrigatorio”.

Se ademais buscamos as raíces do ton emo-cional e do enxalzamento da nación que forontípicos dos anos seguintes e que en realidade con-tinúan hoxe vixentes, situámonos cronoloxica-mente polo menos a unha xeración do inicio doRomanticismo. Precisamente este foi tamén con-siderado en ocasións “responsable” do enxalza-mento, do entusiasmo nacional. Eu sosteño queiso é un malentendido. Non hai dúbida de que osrománticos —coma mínimo, algúns deles— seapropiaron da idea de nación e a cultivaron, peronin a “descubriron” nin a inventaron. Sospeitoque ambos os sentimentos —tanto o nacionalcoma o romántico— abrollaron de raíces idénti-cas ou moi próximas. Había unha inseguridadecrecente no individuo, talvez, pola decadenciados valores e identidade da sociedade antiga, doancien régime. Sobre esa inseguridade medrou abusca de valores novos, de sentimentos de per-tenza novos. Non todos os románticos, ninmoito menos, atoparon ese novo centrum securi-tatis na comunidade nacional, do mesmo xeitoque non todos os patriotas se transformaron enrománticos.

Por certo, que a comparación entre a porcen-taxe de identidade nacional no Romanticismo ea porcentaxe de románticos en cada un dosmovementos nacionais europeos daría un pro-

xecto de investigación atractivo e estimulante. O punto fraco dese proxecto radica nas moidiversas definicións de Romanticismo existentes.

Dito isto, queda nitidamente demostrado quedesde a perspectiva do século XIX “a nación” seaceptou dun xeito consensual coma un valor deseu. Ser unha nación, pertencer a ela... era algohonroso, que outorgaba prestixio pero que obri-gaba por igual a todos os seus integrantes.

A nación alemá, a maxiar, a checa ou a norue-guesa fundáronse a principios do século XIXcoma obxecto dunha atención agarimosa.

Visto que a existencia como nación se consi-deraba algo distinguido, non se deu por sentadoque cada grupo tivese dereito a reivindicar esenobre título. Precisamente por ser algo tan distin-guido, a nación, do mesmo xeito ca unha familiaaristocrática, debía documentar as súas raíces.

Conviña ao historicismo dominante no sécu-lo XIX europeo que a nación se entendese comaun fenómeno histórico (“perenialista”, como se dihoxe), que xa na Idade Media era unha institu-ción constatable. E dado que desde a perspectivada época só se consideraba ciencia histórica ver-dadeira a historia política, obviamente, sen histo-ria política calquera pretensión de ser nación care-cía de validez. Xa no ano da revolución de 1848—sobre todo grazas aos liberais alemáns—, adiferenza entre as nacións “históricas” e as “nonhistóricas” foi tema de debates políticos afervoa-dos na Europa Central.

Para que un pobo fose considerado nación erarequisito imprescindible que se posuíse estruturaestatal demostrada historicamente durante aIdade Media. Acéptase que a estrutura estatalsufrise nun momento dado unha interrupción ouunha debilitación. Non existía, en todo caso,regra ningunha que ditase canto tempo e ata quegrao se podía interromper esa condición de esta-do. Podíase considerar un estatuto de autonomíacoma, por exemplo, o dos cataláns equivalente áexistencia de estado?

Paralelamente e cada vez máis contraria a estadistinción, íase actualizando a devandita relevan-cia das diferenzas tradicionais na connotación dapalabra. Cumpría que fose posible “espertar”unha nación definida a través da lingua e a cultu-ra e declarala existente, sen ter en conta que pui-dese invocar ou non unha estrutura estatal que seremontase á Idade Media. O problema, porén,non se resolvía, senón que o colocaba noutronivel: se non era decisiva a existencia de estruturaestatal histórica para o recoñecemento da nación,

Page 5: Para que precisamos aínda - uv.es · máis ou menos ligada ao concepto de terra natal, de patria. Os ilustrados publicaron deseguida reflexións sobre o “orgullo nacional”. Discutiron

80

que características debía “posuír” unha comuni-dade para ser recoñecida coma nación?

Esta pregunta, o que é e o que non é unhanación, pasa a ser tema de estudo da ciencia posi-tivista, que a tentou definir segundo criteriosobxectivos. Isto todo discorre baixo a bandeirado “realismo” escolástico: pensábase ao respectoque o concepto real existía, que había unhanación “verdadeira”, e polo tanto cumpría defini-la cientificamente.

A primeira sacudida contra esta crenza che-gou coa descrición subxectiva da nación a travésda conciencia nacional dos seus membros. Estepunto de vista representaba non só a ErnestRenan, autor citado moi a miúdo, senón os esta-tísticos alemáns teóricos da época, que devecíanpor definir mediante uns criterios fiables o senti-mento de pertenza nacional. A segunda sacudida—hoxe por desgraza xa esquecida— produciuseno inicio do século XX, coas ideas de Otto Bauer,pioneiro do marxismo en Austria, quen sostiñaque desde unha perspectiva histórica cómpre dis-tinguir varios estadios de evolución e polo tantotamén varios tipos de nación, desde a aristocráti-ca, pasando pola dos cidadáns e os intelectuais,ata a capitalista da época contemporánea. Nonfoi o único, con todo, que propuxo esta diferen-ciación. No mesmo ano 1907 en que apareceuo seu libro sobre a cuestión das nacionalidades, ohistoriador alemán Friedrich Meinecke publicoua súa proposta de diferenciación entre dous tiposde nación: a estatal e a cultural.

Foi só no tránsito do século XIX ao XX, naépoca en que se encontraba en pleno apoxeo odebate para definir a nación, cando xurdiu untermo novo no discurso político (pero non nocientífico, nun principio): o nacionalismo. Eraunha palabra sen pasado, un neoloxismo incluso,pero xa incorporaba unha carga emocional: paraalgúns era sinónimo de amor á nación —porexemplo, en Francia—, é dicir, un sentimentopositivo; para outros —sobre todo para os social-

demócratas e os pacifistas— supuña unha amea-za á humanidade. Esta segunda interpretaciónpareceu confirmarse tras as brutalidades cometi-das no nome da nación durante a Primeira Gue-rra Mundial.

Valorado dun xeito ou doutro, é comprensibleque coa difusión crecente da interpretación sub-xectiva da nación tamén fose gañando terreo otermo nacionalismo na linguaxe científica, nunprimeiro momento só nos Estados Unidos. O quexa se iniciara na década dos anos trinta nos Esta-dos Unidos, cobrou forza sobre todo a través deA idea de nacionalismo, de Hans Kohn, e asimi-louse no continente europeo durante a posguerra,primeiro nas Ciencias Sociais e, desde a décadados sesenta, tamén na investigación histórica.Como é natural, en cada lingua concreta enten-deuse esta idea de diferentes maneiras —aínda quesalientando unha e outra vez a ausencia de valora-ción— consoante ás diferentes connotacións dotermo nación. Nalgunhas linguas, de feito, tomá-base sen ningunha connotación negativa; noutras,posuía unha carga negativa moi forte. Penso que areivindicación dunha validez e aplicación univer-sal é, dalgún xeito, “un ovo de cuco” da investiga-ción estadounidense posto no niño europeo.

O termo independizouse e logo se proxectouretrospectivamente ao século XIX, unha épocaen que, por certo, a palabra nin existía! Así, todoo que se refería á nación se etiquetaba de nacio-nalismo —as máis das veces sen distincións—,procurándose no mellor dos casos unha interpre-tación máis precisa mediante un adxectivo.Algúns autores (como, por exemplo, Eli Kedouriou Ernest Gellner) mesmo designaban o nacio-nalismo como “creador” da nación. Porén, onacionalismo, ben que considerado coma primusmovens, como forza primixenia, esixía así mesmounha explicación causal. Hai poucos exemplostan claros de como unha palabra, ou mellor dito,un termo, desligado da realidade, evolucionapola súa conta e, retrospectivamente, define dun

Foi só no tránsito do século XIX ao XX cando xurdiu un termo novo

no discurso político (pero non no científico, nun principio): o nacionalismo.

Era unha palabra sen pasado, un neoloxismo incluso, pero xa incorporaba

unha carga emocional: para algúns era sinónimo de amor á nación

(por exemplo, en Francia), é dicir, un sentimento positivo; para outros

(sobre todo para os socialdemócratas e os pacifistas) supuña unha ameaza á humanidade

Page 6: Para que precisamos aínda - uv.es · máis ou menos ligada ao concepto de terra natal, de patria. Os ilustrados publicaron deseguida reflexións sobre o “orgullo nacional”. Discutiron

81

xeito autoritario esa realidade, ás veces incluso“violentándoa”.

A estas alturas, considero superfluo polemizarcontra a utilización irreflexiva do termo naciona-lismo. Abonda con subliñar que a maioría dosautores entende o nacionalismo coma todas asopinións, actividades e institucións que teñenrelación coa nación, ou que declaran esa finalida-de. Porén, a miúdo resta por definir o que esa“nación” representa.

Convén aplaudir que haxa, nos últimos tem-pos, cada vez máis autores que marxinan do seuvocabulario científico o nacionalismo, dandopreferencia a expresións alternativas como patrio-tismo, identidade nacional, conciencia nacionalou sentimento de pertenza.

Eu sitúome xunto á minoría de investigadoresque entenden o termo só en estrito sentido nega-tivo, isto é, coma egoísmo nacional repleto deodio, sobrevaloración da nación propia mestura-da con xenofobia e chauvinismo. Nese sentido, afronteira entre o nacionalismo con connotaciónsnegativas e a identidade nacional, ou mellor dito,o patriotismo é fluída, ou noutras palabras, estásempre aí latente, presente, e pode virar domi-nante so determinadas condicións históricas.

A nación europea xurdiu sen “nacionalismo”

Cómprenos abandonar agora o plano das pala-bras para abordar o da realidade social e cultural.

O punto de partida das miñas reflexiónsrepresenta o feito empiricamente verificable deque as máis das comunidades europeas cuxosmembros se etiquetan como “nación” —dito dexeito abreviado— se estableceron como socieda-des burguesas durante o proceso de moderniza-ción. E isto porque a sociedade industrial capita-lista moderna en formación necesitabaorganizarse de novo.

Permítaseme neste punto un xogo intelectualarriscado: imaxinemos que descoñecemos a pala-bra “nación” (canto máis a palabra “nacionalis-mo”) mentres realizamos o estudo e descricióndas reformas, conmocións e transformaciónssociais que adviñeron coa Idade Moderna. E imostentar ademais describir algúns procesos da trans-formación social e cultural, aínda que non coñe-césemos para estes ningún termo, ningún nomecolectivo.

No limiar de historia contemporánea —máisou menos entre a metade do século XVIII e o

final do XIX—, en todas as rexións do oeste e doleste de Europa observamos un período en que omundo dos antigos réximes posfeudais esboroou,xa fose de xeito gradual ou abrupto.

• Impugnáronse ou incluso se disolveron osvellos vínculos e dependencias tradicionais e casefeudais.

• A produción tradicional agrícola e a dosgremios nas cidades viuse afectada ou, mellordito, forzada pola produción industrial e amanufactura a buscar vías novas e a afrontarnovas decisións.

• O vello mundo do sistema patrimonial ouseñorial era cada vez menos universal, menos res-tritivo, en tanto que as barreiras estamentaisparecían máis permeables.

• A lexitimación relixiosa das autoridades pri-vilexiadas procedentes da época feudal cuestio-nábase cada vez máis, ao tempo que se puña endúbida o sistema de valores tradicional.

• Cada vez había máis persoas que traspasa-ban ou abandonaban as estruturas do vellomundo patriarcal ao que pertencían as xeraciónsdos seus devanceiros: por un lado, a través dabusca de traballo; polo outro, mediante o accesoa unha formación superior.

• A idea da igualdade de todas as persoas antea lei e ante as autoridades estatais vaise afianzan-do paulatinamente.

Estes procesos discorren en diferentes tempos—isto é, asincronicamente— nas diversasrexións de Europa.

Isto todo tivo como consecuencia a crise deidentidade e a desestabilización, o que levou —nunprimeiro momento, sobre todo, ás persoas máisinstruídas— á procura de novas certezas e iden-tidades e en especial de sistemas de valores decarácter humanista.

Unha vez que o sentimento de identidade coacomunidade tradicional rural ou urbana se debi-litou ou mesmo desapareceu, unha vez que secuestionou a lexitimidade relixiosa dos privile-xios e da monarquía, xurdiu a pregunta: Cal é onoso lugar neste “mundo desencantado”?

Se as persoas xa non se consideran desiguaispor nacemento, resulta evidente que antes oudespois van deixar de ser suxeitos dun mundoestruturado en estamentos e dividido en compar-timentos xerárquicos estancos para se converterenen membros cos mesmos dereitos dunha socieda-de burguesa baseada na división do traballo.

Page 7: Para que precisamos aínda - uv.es · máis ou menos ligada ao concepto de terra natal, de patria. Os ilustrados publicaron deseguida reflexións sobre o “orgullo nacional”. Discutiron

82

Coa crecente mobilidade social e o desen-volvemento da Administración e a burocratiza-ción, aumenta tamén a intensidade da comuni-cación social, que traspasa amplamente asestruturas comunitarias rurais ou urbanas tradi-cionais. A través da experiencia cotiá calquerapode constatar que é máis doado comunicarcon aquelas persoas que lle falen nun dialectocomprensible, e polo tanto, cadaquén, segundoa súa categoría social, utiliza a lingua vernáculaou a linguaxe culta.

Esta experiencia foi tanto máis instrutiva entanto que as persoas, a través dunha escolarizaciónque se estendía máis ou menos rápido, ían sendosusceptibles de imaxinar un gran número de indi-viduos que compartían certas particularidadescomúns, xa fose porque vivían baixo o mesmogobernante, porque habitaban o mesmo territoriohistórico e tiñan polo tanto un pasado común, ouporque falaban un idioma ou dialecto co que seentendían entre eles.

Así xurdiu —en primeiro lugar na mentedunha minoría instruída—, ou talvez se activou,o coñecemento de que as relacións e vínculos davella sociedade se desintegraran gradualmente.Esa desintegración representaba para eles a refor-ma ou desmembración das condicións estamen-tais, para dar lugar a unha comunidade baseadana división do traballo, cuxos membros tiñan osmembros dereitos, se entendían mellor entreeles, tiñan un destino común e os mesmos inte-reses e tamén podían actuar mutuamente dunxeito solidario.

Esta visión apoiábase sobre o concepto pree-xistente ilustrado de patria, á que cada persoa ins-truída debía ser útil —isto é, a devandita idea dopatriotismo da Ilustración—. Déronse variasopcións para a configuración política concretadesa comunidade: unhas veces o proceso levábasea cabo a través dunha monarquía constitucional—e podía acontecer que esa monarquía tivese tra-zos fortes de xustiza social de motivación relixio-sa—, outras veces o proceso remataba nun estadoconstitucional configurado a partir dunha revolu-ción, ben como monarquía ou coma república.

As formas podían ser tamén diversas, peronon existía alternativa ningunha á nova configu-ración da organización social e remodelación cul-tural desa sociedade. Noutras palabras, non sabe-mos de ningunha outra variante da estruturaciónda sociedade moderna fóra da que se rexía polascoordenadas que coñecemos coa etiqueta de“nacionais”.

Xusto neste momento vaise amentar por pri-meira vez o concepto central que, por certo, figu-ra no inicio: a Nación. O termo existía, como xase dixo, no uso de todas as linguas cultas daEuropa da época e posuía cunha connotaciónpositiva, aínda que en contextos diferentes: benrelacionado coa terra natal, ben co poder políti-co, coa independencia, cos privilexios feudais, aliberdade dos individuos, ou coa protecciónfronte á opresión exterior. Nalgunhas linguasexistía aínda un termo alternativo, coma “opobo” [das Volk, en alemán], tamén sempreentendido en sentido positivo.

Orixinariamente, a nación non foi un progra-ma preparado de antemán, nin un proxectosegundo o cal se debía reorganizar a sociedade,senón que encaixaba mellor como designaciónda nova realidade sociocultural que, independen-temente de calquera conceptualización, se estabaa formar a partir desa reorganización da socieda-de e que recibiu o nome de “nación”. Porén, conisto non se nega que houbese unha transferenciacultural durante o século XIX, pois —ben quecun certo atraso— íanse formando novos move-mentos nacionais que seguían ou aspiraban aseguir o modelo de nación que xa existía. Istonon acontece só na Europa central; tamén enCataluña —aínda que máis tarde, só cara a1900— se observa unha transformación dos“rexionalistas” en “nacionalistas”. En Europadéronse incluso algúns casos en que houbo quecrear, que inventar, na lingua propia o termo abs-tracto correspondente a nación (coma o kansa,en finlandés).

Que se pretendía demostrar mediante estexogo intelectual insólito?

En primeiro lugar, considereino axeitado paraentendermos mellor que nos procesos de forma-ción das nacións en Europa se deron certas carac-terísticas que non atopamos noutras partes domundo.

En segundo lugar e sobre todo, quería deixarclaro que no proceso que designamos como for-mación das nacións modernas non intervéncomo primus movens a idea de crear unha nacióne moito menos o chamado nacionalismo. Nonexclúe isto de maneira ningunha que máis tardea nación se elevase a valor de seu, cultural emesmo ético, coma principio imprescindible daexistencia solidaria.

As premisas para isto estaban case programa-das de antemán no patriotismo ilustrado. O pa -triota ilustrado consideraba unha obriga ser útil

Page 8: Para que precisamos aínda - uv.es · máis ou menos ligada ao concepto de terra natal, de patria. Os ilustrados publicaron deseguida reflexións sobre o “orgullo nacional”. Discutiron

neira continuada desde había séculos, dandolugar a unha nación estado cunha clase domi-nante propia, alta cultura e linguaxe cultahomoxéneas; noutros, en troques, formousesegundo unha visión da nación en potencia,que tentaba materializarse a través dun move-mento nacional.

Para exemplificar estes dous tipos lexítimosde formación de nacións, imaxinemos o mapa deEuropa no limiar do século XIX. Por un lado,atopamos uns poucos estados que eran casemonoétnicos: as nacións estado de Francia, PaísesBaixos, Portugal e Suecia, ás que se suman dousestados máis cunha nación estado antiga e cunforte carácter dominante, España e Gran Breta-ña, en cuxos territorios, xunto á nación estadodominante vivían outros grupos étnicos.

Encontramos, por outro lado, un gran núme-ro de etnias (no sentido que dá ao termo AnthonySmith), moitas das cales —como hoxe sabe-mos— pasaron a ser nacións independentes e namaioría dos casos estados nacionais. Isto nin foi

83

ao pobo que vive na súa patria, o que de ningúnxeito significaba que se tivese que identificar cotal pobo. Pola contra, o patriota moderno identi-fícase realmente co “seu” pobo. Esta transforma-ción ética expresouse antes ou despois na con-ceptualización do nacional. En consecuencia, aspersoas cultas de espírito patriota, como solucióná crise de identidade, consideraron con todanaturalidade que o termo “nacional” era o máisidóneo para designar a nova identidade.

Ata aquí talvez nos movemos nun plano abs-tracto en exceso, por iso é sen tempo que com-probemos en que medida se corresponde con esateoría a realidade histórica empírica. Para empe-zar, cómpre repetir que na realidade o proceso deformación nacional —como xa se dixo— non sófoi asincrónico (isto é, con diferenzas temporais),senón tamén que se deron estruturas diversas encanto ao contido social e político.

A diferenza elemental radicaba en que nunscasos a nación moderna se formou a través daremodelación interna do estado que existira de ma -

Manifestación pola República. Antonio Estruch, 1904

Page 9: Para que precisamos aínda - uv.es · máis ou menos ligada ao concepto de terra natal, de patria. Os ilustrados publicaron deseguida reflexións sobre o “orgullo nacional”. Discutiron

84

• Após o triunfo do movemento nacional,persistiu durante moito tempo (nalgúns casos atahoxe) o estereotipo da ameaza externa contra anación e os seus intereses.

• Asóciase a isto un culto do pobo comúncomo custodio, ou mellor dito, como salvador danación, acompañado a miúdo dunha simpatíacara ao democratismo solidario.

• Valórase dun xeito extraordinario a educa-ción e a educación popular como sinal de identi-dade nacional.

• Nas nacións estado encontramos con maiorfrecuencia un provincialismo que eu entendocomo desconexión consciente do “gran mundo” ea compracencia nas aspiracións máis humildes rela-cionadas co traballo e a cultura propias, mesturadacoa desconfianza cara a todo o estranxeiro.

• Estas antigas nacións sen estado non tiveronnin teñen experiencia como potencias coloniais esó unhas poucas da Europa occidental (escoceses,galeses, cataláns) puideron participar de maneiraactiva na expansión colonial da nación estadoque as dominaba e beneficiarse dela.

Para concluír as reflexións relativas á xénesedas nacións modernas, quixera advertir contraunha falsa óptica que considero unha artimañahistórica. O presente nacional vese con moita fre-cuencia a través do prisma das categorías moraisdo século XIX, e ao contrario, interprétase desdecoordenadas actuais o pasado das nacións e aactitude dos seus membros na época. Isto tencomo resultado que demasiados autores, sobretodo anglosaxóns, baseándose en criterios do pre-sente, condenen cunha arrogancia manifesta osmovementos nacionais do século XIX como“nacionalistas” ou “etnicistas”. Esa condenatransmítese logo a algunhas das nacións actuaisou aos seus movementos nacionais. Isto é certoalgunhas veces, pero as máis non.

Que resta en Europa e no mundo danación?

A través deste rodeo histórico chego agora á pre-gunta de partida das miñas reflexións. Cal é asituación da nación en Europa e no mundoactual?

Se a sociedade nacional moderna se formoucomo parte integrante da modernidade, é lexíti-mo formularse unha pregunta sobre o seu papel,ou incluso sobre a súa razón de ser na posmoder-nidade. Será que a nación non cumpre xa o seupapel social e se atopa por iso en proceso de deca-dencia? A pregunta non é nova: hai cen anos xa a

programado polos “nacionalistas” nin era histori-camente “necesario”. É máis, non todas esas etniasderon lugar a unha nación independente. Istoconseguírono principalmente as dos tres imperiosmultiétnicos da Europa central e oriental, aíndaque tamén atopamos algunhas na zona occidental(irlandeses, cataláns, flamengos, noruegueses, vas-cos). O proceso cara a unha nación plenamenteformada (mesmo sen estado de seu) discorreunestes casos como movemento nacional.

Non vou presentar aquí unha descriciónampla dos movementos nacionais. Constáteseapenas que antes ou despois a maioría dos move-mentos nacionais acadaron os seus obxectivos.Pretendíase ante todo a incorporación, a acepta-ción da identidade nacional en masa e da lingua-xe culta e da cultura independentes, para acadarasí a estrutura social plena da nación potencial eun certo grao de interese, de participación (ásveces enorme, ás veces ben escasa) nas decisiónspolíticas e na autoxestión.

Da maioría das nacións potenciais orixiná-ronse nacións sen estado xa ao longo da segundametade do século XIX. As máis non incluírannos seus programas a independencia comonacións estado, senón que aspiraban simplemen-te a conseguir a autonomía. Ademais, só coñece-mos uns poucos movementos nacionais quealcanzasen a soberanía antes da Primeira GuerraMundial, case todos no sueste de Europa (gregos,serbios, búlgaros). Fóra destes, unicamente aca-dou a condición de estado o movemento nacio-nal noruegués e só no inicio do século XX.

Se abordo aquí a contraposición entre anación estado e o movemento nacional e salientoas fortes diferenzas entre os seus procesos de for-mación nacional non é porque se trate dunhacuestión académica referida ao pasado, senóndun problema de actualidade aínda hoxe en día.

Con estado ou sen estado, ao remate dosmovementos nacionais triunfantes había “peque-nas nacións” que se diferenciaban en moitosaspectos das que xa tiveran estado de seu. Se sedesexa comprender e interpretar os estereotipos eculturas políticas específicos destas “pequenasnacións”, cómpre ter en conta esas diferenzas.

Vanse citar aquí só a modo de exemplo e bre-vemente algúns aspectos deses estereotipos:

• Para os membros das nacións pequenas, asúa existencia nacional non era (nin é aíndahoxe) evidente, polo que cumpría insistir unha eoutra vez en reivindicar o dereito á independen-cia.

Page 10: Para que precisamos aínda - uv.es · máis ou menos ligada ao concepto de terra natal, de patria. Os ilustrados publicaron deseguida reflexións sobre o “orgullo nacional”. Discutiron

85

nizada en estados nación) o que se enxalza. Nonhabía custar moito descubrir que o poder deatracción da sociedade civil no noso tempo non énin de lonxe tan forte coma o da sociedade doséculo XIX.

1. O imperativo humanista, segundo o calservir a nación supón servir a humanidade, resúl-talle bastante alleo ao individualismo neoliberalde hoxe.

2. A expresión “intereses nacionais” empréga-se sobre todo como lema dirixido á axitaciónpolítica, pero o que se considera defendible eaceptable é sobre todo o interese do cidadán indi-vidual.

3. Cando se alude en serio aos intereses nacio-nais, fálase da competitividade estatal no comer-cio e na industria, mentres que o optimismo clá-sico do progreso da comunidade organizadacomo nación está proscrito por anticuado oucoma mínimo é cuestionado.

4. Moi pouco resta dos códigos nacionais quese apoiaban na comuñón das tradicións históri-cas: a conciencia histórica limítase principalmen-te á historia contemporánea, que serve de instru-mento na loita política.

5. É xa cousa do pasado a comuñón típica daépoca “clásica” das nacións entre a cultura eleva-da e a cultura popular na que se apoiaban oscódigos culturais nacionais: aumentou a distan-cia entre a cultura elevada dunha pequena casteda elite intelectual e a cultura fortemente unifor-mada en todo o planeta (isto é, non nacional) etransmitida polos medios de comunicación demasas. Esta cultura uniformada (polos paráme-tros dos Estados Unidos) dos medios de comuni-cación abafa ou marxina paulatinamente as cul-turas nacionais.

6. En relación co anterior, tamén a linguanacional vai perdendo o seu lugar nos niveis máiselevados dos valores e símbolos nacionais.

7. Só en parte se substitúen eses déficits porunha forza nova capaz de xerar identidade e des-coñecida no século XIX: o deporte como espec-táculo para masas.

Á pluralización das identidades vai asociadaunha debilitación considerable dos sentimentosnacionais. Mentres en épocas anteriores a normaera que a identidade nacional fose a forma univer-sal e vinculante do sentimento de pertenza, hoxesabemos —e explotámolo— que cada individuoposúe varias identidades e que pode mesmo recla-mar dúas ou máis identidades nacionais. De aí que

formulara Rosa Luxemburg como prognósticode futuro e, dun xeito menos radical, taménLenin.

Aínda hoxe recordo os leninistas auténticosque tentaban determinar cando e como podía oudebía acontecer iso. O único resultado concretoque resultou disto foi o concepto frustrado do“pobo soviético”, unha supranación á que debíanestar subordinadas as identidades nacionais sin-gulares.

Isto correspóndese coas fantasías actuais dal-gúns euroentusiastas que profetizan a decadenciada nación ou a absorción dos “nacionalismos”nunha identidade europea global. Non vou dedi-car a estes prognósticos atención ningunha polosimple feito de as nosas experiencias cotiás os des-menten. Quero só subliñar a dificultade queresulta da pouca atención que talvez se presta ádiferenza aquí descrita entre o termo específico de“nación” dotado de carga emocional e a realidadeadministrativa ou sociopolítica fría e racional doestado nacional. E ademais: que consistencia teno potencial emocional da identidade europea?

Desde unha perspectiva macrohistóricapaneuropea destaca unha diferenza relevante coséculo XIX. Hoxe, en Europa, o estado nacionalconverteuse na norma, ou mellor dito, no nor-mal. Apenas quedan unhas poucas nacións senestado procedentes do século XIX e practicamen-te todas na Europa occidental.

A maioría das nacións europeas formáronsesen estado e afirmáronse como parte da normali-dade, ben que durante o século XIX nin de lonxeaspiraban as súas elites políticas a un estado deseu. Porén, non é esta a única diferenza que serexistra na natureza do grupo social “nación”desde o século XIX.

Se comparamos a comunidade que se forxoudurante a época de formación do século XIXcomo gran grupo social e recibiu o nome de“nación” coa realidade social que hoxe se designacon este termo de modo xeral, habemos atopardiferenzas tan salientables que un escéptico radi-cal pode afirmar que a vella nación “clásica”(como comunidade) só existe en forma de insti-tucións nacionais sobreviventes e coma lembran-za susceptible de actualización. Esta tese apenasse sostén nunha formulación tan radical, perovexo nela un fondo racional. Neste sentido, con-vén preguntarse que resta dos vínculos e valoresfundamentais sobre os que se construíu a nacióneuropea do século XIX.

A nación hoxe xa non se contempla coma un“valor de seu” senón que é a sociedade civil (orga-

Page 11: Para que precisamos aínda - uv.es · máis ou menos ligada ao concepto de terra natal, de patria. Os ilustrados publicaron deseguida reflexións sobre o “orgullo nacional”. Discutiron

86

Parte dos estados asiáticos e latinoamericanosen proceso de modernización xa se declararanantes como nacións, durante o seu cambio derumbo cara á modernidade e ao capitalismo. A analoxía con Europa reside sen dúbida na rea-lidade da incipiente modernización, pero osantecedentes sociais, culturais e políticos e mes -mo o punto de partida foron completamentediferentes. Politólogos e sociólogos non vacilaroná hora de enmarcar isto todo no concepto univer-sal de nacionalismo, as máis das veces sen pensa-ren que trabucaban as aparencias coa realidade.

Dito doutro modo: a aplicación irreflexiva dotermo nacionalismo na investigación —e secadra tamén na política— abriu as portas a vaga-bán a unha serie de malentendidos e interpreta-cións erradas xeradas a partir da confusión inxe-nua de formacións sociais con raíces culturaiscompletamente diferentes só porque recibían omesmo nome. O termo europeo autóctono denación (xunto co nacionalismo) importouse nospaíses non europeos como unha realidade obvia,só porque eles se deran a si mesmos esa denomi-nación. Nos máis dos casos isto ía da man daconnotación positiva do “nacionalismo”, poistratábase da loita contra a explotación colonialis-ta foránea e da abolición da opresión interna.

Como é natural, non se poden prohibir esesprocesos (e excesos) da transferencia cultural,pero polo menos a investigación independentedebera dedicar a atención pertinente ao feito deque as condicións, tradicións e raíces sociocultu-rais dese “nacionalismo” planetario se diferenciansubstancialmente das que actuaron durante a for-mación das nacións europeas.

Esas confusións vounas designar, en conclu-sión, coma unha artimaña globalizadora. Por que?Asúmese, en xeral, que a maioría dos líderes quetriunfaron nas “nacións” novas de África e Asia (een parte tamén na América Latina) non emprega-ron tanto as consignas nacionais para a integra-ción cultural interna das comunidades do seuestado como para fortalecer a súa posición de podere eventualmente tamén o seu patrimonio. Se seetiquetan as súas actividades co termo “naciona-lismo”, en aparencia, non haberá dificultade nin-gunha para incluír este modelo na mesma catego-ría do “nacionalismo” europeo ou incluso paraproxectalo ao pasado. Pois tamén con anteriorida-de, claro está, houbera “nacionalismo” en todas aspartes.

Mediante unha xeneralización groseira,algúns teóricos recoñecidos afirmaron que asnacións —tanto ten cando e onde se orixina-

se esvaecese ou borrase a antiga liña de separación,tan nítida, entre “Nós” e “Eles”.

Por iso cómpre ter ben en conta a diferenzarelativa á natureza da mobilidade horizontal: fór-manse elites supranacionais ás que aínda tendounha nacionalidade determinada esta tanto llesten, pois poden buscar e atopar traballo e ingre-sos en calquera lugar de Europa ou do mundo,polo cal non se comunican na súa lingua mater-na, senón na lingua franca, o inglés.

O feito de que para os cidadáns de case todosos estados nacionais europeos se convertese enalgo natural a existencia nacional non exclúe quehaxa residuos ou manifestacións transformadasda identidade nacional.

Entre os residuos positivos entendo eu princi-palmente as demostracións de solidariedadenacional, dunha relevancia social notable, que seproducen en situacións de crises ou catástrofes.Como exemplo máis coñecido pódese citar a reu-nificación alemá, pero obsérvanse fortes residuosde solidariedade cando se trata de catástrofesnaturais, como inundacións ou terremotos.

Entre os residuos negativos estará principal-mente a explosión repentina do nacionalismonalgúns dos países poscomunistas. Por razóns deespazo, voume limitar a un breve comentario.Tratouse dunha breve repetición dos movemen-tos nacionais que tiveron lugar en circunstanciasanálogas ás que describín como condicións “clá-sicas” da crise de identidade. Desta vez, porén,aconteceu nun contexto de comunicación socialaltamente desenvolvida e cunha marcada loitapolo poder político. O factor ético quedou for-mulado dun xeito máis ben negativo: comorepulsa da ditadura comunista.

Un factor negativo de maior amplitude e per-sistencia son as demostracións cada vez máisintensas de xenofobia contra os “outros”, os inmi-grantes. Trátase a miúdo dun estadio ulterior daarrogancia colonial nacionalista; en todo caso, étamén a miúdo unha reacción primitiva ao fenó-meno novo do multiculturalismo.

Ímonos centrar agora na repercusión en todoo planeta dos termos que estivemos a analizaraquí. Sobre todo durante a segunda metade doséculo XX, os termos nación e nacionalismoespalláronse polo mundo adiante e desenvolve-ron unha vida de seu. Os estados novos que xur-diron das antigas colonias denomináronse“nacións”. Pouco despois —ou mesmo simulta-neamente— un número crecente de tribos, degrupos étnicos, comezou a reivindicar o dereito aseren recoñecidas tamén como “nacións”.

Page 12: Para que precisamos aínda - uv.es · máis ou menos ligada ao concepto de terra natal, de patria. Os ilustrados publicaron deseguida reflexións sobre o “orgullo nacional”. Discutiron

87

tatis foi deixando gradualmente de cumprir a súafunción primordial. E non é que morrese ou des-aparecese, senón que perdeu o legado humanista,encontrándose por iso nun punto morto. Sobrevivecomo estado en canto estrutura para un grangrupo social real, pero cada vez se reproduce e sepropaga máis e quizais incluso con máis forza noplano das palabras, no da retórica e como pretex-to da loita polo poder. Isto abre o camiño ádemagoxia e ao mal uso por parte dos medios decomunicación.

Neste sentido tamén a miña resposta á pre-gunta formulada no título deste artigo é escépti-ca ou, se se quere, ambigua: á Europa actual fai-lle falla a nación? Fai, a Europa faille falla anación, fainos falla o principio de responsabilida-de cara á comunidade por riba dos individuos, asolidariedade consciente co colectivo nacional, omantemento da cultura nacional e a convicciónde que a través do traballo construtivo para anación se serve así mesmo á humanidade. Porén,este concepto de nación xa non existe, ou sim-plemente vexeta, como xa se dixo, a modo delembranza, de recordatorio (pasado de moda),como un lieux de mémoire. O que sobrevive hoxerealmente como nación é unha variedade de esce-narios teatrais da loita polo poder político, nosque se dirimen intereses individuais ou de parti-do, onde o carácter nacional específico, por pre-sión das forzas supranacionais —sexa na indus-tria ou na cultura— cada vez se ve máis relegadoao foro. Atrévome a afirmar que tal nación non éespecialmente útil para o futuro de Europa.

Lamento ser incapaz de imaxinar unha saídapositiva real desta situación no plano da realida-de. No plano da terminoloxía talvez axude unpouco a lembranza dos ideais humanistas pri-mordiais da construción das nacións para incor-porar unha distinción entre o nacionalismo ego-ísta e o patriotismo positivo ao instrumental daEducación Cívica n

sen— son simples construcións, ou mellor dito,inventos de intelectuais frustrados ou de políti-cos sedentos de poder. Estas teorías pódense co -rroborar en África ou Asia, pero contradinse decheo cos nosos coñecementos empíricos sobre ahistoria dos procesos de formación das naciónseuropeas.

Estas discrepancias —e con isto chego á miñaposición de partida— exemplifican o perigometodolóxico xa mencionado que ameaza candose produce a separación entre concepto e realida-de. Mercé a esa separación, unha única palabradesigna, baixo circunstancias socioculturais dis-tintas, segmentos da sociedade ou, mellor dito,tipos de comunidade organizada politicamentetamén totalmente distintos. O que se chamabanación en Europa a principios do século XX,existe na Europa actual máis ben coma pano defondo e lembranza, mentres que, por outra parte,o que hoxe se designa como “nación” fóra deEuropa é unha comunidade social e cultural com-pletamente diferente do que era (e é aínda nalgúnspoucos casos) a nación en Europa. Mesmo así, apalabra “nacionalismo” circula por todas partescoma un adhesivo sempre oportuno que se podepegar a discreción en calquera obxecto, nos máisdos casos ligado a unha condena subliminar.Malia isto, esa tensión entre a terminoloxíaimportada de Europa e a realidade africana ouasiática é unha fascinante materia de estudo parao futuro.

En resumo, cómpre salientar que —deixandoá parte a vida propia das “nacións” de fóra deEuropa— a nación como realidade instituciona-lizada tamén sufriu na súa terra natal europeaunha mudanza significativa. A través da expan-sión xeneralizada dos estados nacionais, a exis-tencia nacional transformouse en existencia esta-tal. En consecuencia, o nacional converteuse enobxecto da loita polo poder político, manipulán-dose e controlándose no ámbito desa loita. Enpoucas palabras, temos a miúdo a impresión deque a comunidade nacional para a que estabamosdispostos a traballar e eventualmente tamén asacrificarnos e que se consideraba centrum securi-

O que sobrevive hoxe como nación é unha variedade de escenarios

teatrais da loita polo poder político, nos que se dirimen intereses individuais

ou de partido, onde o carácter nacional específico, por presión das forzas

supranacionais, cada vez se ve máis relegado ao foro. Atrévome a afirmar

que tal nación non é especialmente útil para o futuro de Europa