palas de rei crónicas da comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · o parlamentario...

16
Crónicas da Comarca Mensual independente da Comarca da Ulloa Ano 2. Nº 22 - Xaneiro 2014 A empresa manchega Lácteos García Baquero S.A. xose coa queixería Cas- llo de Pambre, onde comezará a produ- cir queixos entre os que engadirá ó seu catálogo os de denominación de orixe Arzúa-Ulloa. “O número un de fabrica- ción de queixo a nivel nacional e inter- nacional escolleu Palas para comezar unha nova aventura”, Pablo Taboada, al- calde do municipio amósase orgulloso por esta decisión xa que “sen dúbida re- percurá non só na comarca senón no resto de Galicia”. García Baquero instálase en Palas Páxs. 3 Arqueixal , Ouro na Cata de Queixos Galicia 2014 COMARCA Páx. 4 Monterroso e Palas premian as compras locais no Nadal XENTE DAQUí Páx. 14 Os orzamentos superan os tres millóns de euros PALAS DE REI Páxs. 3 e 5 Os socialistas denuncian servizos deficitarios no alumeado e no lixo ANTAS DE ULLA Páx. 9 A Deputación contrata as obras para o remate do complexo multideportivo Páx. 9 PALAS DE REI Engadirá os queixos da denominación de orixe Arzúa-Ulloa ao seu catálogo MONTERROSO PALAS DE REI Interior retoma as obras do Cuartel da Garda Civil Páx. 8 Bodas, comuniones y bautizos C/ Doctor Pardo Ouro, 4 (frente al centro de salud) - 27200 PALAS DE REI (Lugo) Telf: 982 380 750 - www.complejolacabana.com - e-mail: [email protected] Comidas y cenas a la carta Volve a Escudería Monterroso Sport DEPORTES Páx. 15

Upload: others

Post on 17-Jan-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

Crónicas da ComarcaMensual independente da Comarca da Ulloa Ano 2. Nº 22 - Xaneiro 2014

A empresa manchega Lácteos García Baquero S.A. fí xose coa queixería Casti -llo de Pambre, onde comezará a produ-cir queixos entre os que engadirá ó seu catálogo os de denominación de orixe

Arzúa-Ulloa. “O número un de fabrica-ción de queixo a nivel nacional e inter-nacional escolleu Palas para comezar unha nova aventura”, Pablo Taboada, al-calde do municipio amósase orgulloso

por esta decisión xa que “sen dúbida re-percuti rá non só na comarca senón no resto de Galicia”.

García Baquero instálase en Palas

Páxs. 3

Arqueixal , Ouro na Cata de Queixos Galicia 2014

cOmARcA

Páx. 4

Monterroso e Palas premian as compras locais no Nadal

Xente dAQuí

Páx. 14

Os orzamentos superan os tres millóns de euros

PAlAS de Rei

Páxs. 3 e 5

Os socialistas denuncian servizos defi citarios no alumeado e no lixo

AntAS de ullA

Páx. 9

A deputación contrata as obras para o remate do complexo multideportivo

Páx. 9

PALAS DE REI Engadirá os queixos da denominación de orixe Arzúa-Ulloa ao seu catálogo

mOnteRROSO

PAlAS de Rei

interior retoma as obras do cuartel da Garda civil

Páx. 8

Bodas, comuniones y bautizos

C/ Doctor Pardo Ouro, 4 (frente al centro de salud) - 27200 PALAS DE REI (Lugo)Telf: 982 380 750 - www.complejolacabana.com - e-mail: [email protected]

Comidas y cenas a la carta

Volve a escudería monterroso Sport

dePORteS

Páx. 15

Page 2: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

2

ActuAlidAde

crónicas da comarca - Xaneiro 2014

PALAS DE REI Un informe enviado á Fiscalía di que hai indicios de delito

Preguntan pola relación entre a dimisión de uzal e o expediente á secretaria

O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na resposta á súa pregunta so-bre posición que mantivo a Xunta no expediente á secretaria interventora de Palas de Rei.

O deputado socialista fixo fin-capé en que Norberto Uzal, que ce-sou como director xeral de Adminis-tración Local por motivos persoais, emitira sobre este expediente un in-forme no que afirmaba que a sanción de cambio de posto de traballo que emitira a delegación de Ourense da Xunta, podería ser substituída por un cese do cargo durante un ano. Pero esta sanción era “inaplicable”.

Este mesmo director xeral emite outro informe, a petición do concello de Palas de Rei no que di que o conce-

llo é competente para o inicio do ex-pediente. Informe que contradí a sen-tencia ao respecto do Tribunal Supe-rior de Xustiza de Galicia e a do Con-tencioso de Lugo, as dúas firmes e favorables ós recursos da Secretaria de Palas, que tivo que sufrir sancións e o afastamento do seu traballo en varias ocasións.

DESTITUCIÓN POR UN ANORecordou Santín a Rueda que pre-

cisamente en virtude do informe da consellería o Pleno do Concello de Pa-las acorda a destitución por un ano da Secretaria, sen posibilidade de obter destino neste concello lugués. Sen ter en conta a advertencia de ilegalidade que no mesmo pleno fixera o voceiro do Grupo Socialista.

Tampouco tivo en conta a conse-llería nin o concello a decisión da De-

legación do Goberno, “do seu mesmo partido” insistiu González Santín, de facer caso á petición do Colexio de Secretarios e Interventores e dou or-den á Avogacía do Estado de que im-pugnase o acordo do Concello de Pa-las de Rei.

Santín recriminou a Rueda que “ata o momento non fixera nada de nada”, aínda que coñece que o Co-lexio de Secretarios remitiu a docu-mentación no seu poder á fiscalía “porque ven indicios de delito na ac-tuación do anterior director xeral”. Pola súa banda censura a pasividade do vicepresidente da Xunta cando coñece, entre outros motivos pola súa condición de secretario munici-pal, que cando o concello menoscaba competencias do Estado ou da comu-nidade autónoma “teñen a obriga de actuar”.

Turismo de Galicia e os Concellos colaborarán en tarefas de atención e mantemento do Camiño Francés

COMARCA Monterroso e Palas de Rei, beneficiaránse

O concello de Paradela acolleu o acto de sinatura do convenio de co-laboración entre a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia e os con-cellos polos que transcorre o Camiño Francés e que son Pedrafita do Ce-breiro, Triacastela, Samos, Sarria, Pa-radela, Portomarín Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino. Ade-mais o acto contou coa presenza da delegada territorial da Xunta de Gali-cia en Lugo, Raquel Arias.

Con este documento as partes asi-nantes asumen compromisos relacio-nados coa limpeza e conservación do Camiño Francés e para iso Turismo de Galicia aporta unha cantidade es-tipulada en función dos quilómetros do Camiño que transcorren por cada municipio. Desta maneira os conce-llos responsabilízanse de tarefas re-lacionadas coa limpeza e roza da ma-leza e a súa retirada, así coma a adop-ción das medidas necesarias para evitar o deterioro ou destrución do Camiño.

Ademais asumen o cometido re-lacionado coa atención e información continuada e específica de todo o Ca-miño Francés e do fito xacobeo aos peregrinos e peregrinas a través da contratación de persoal para os me-

ses de xuño a setembro, así coma a la-bor de información a través das páxi-nas webs e a edición de material in-formativo.

No convenio tamén existe unha liña para desenvolver actuacións mu-sicais no Camiño, de xeito que se in-centive e promova a distribución do produto musical galego. Estas actua-cións serán de balde e dun mínimo de trinta minutos, dous días á semana preferentemente os días de maior afluencia de peregrinos e peregri-nas, durante o período que abrangue desde o 1 de xuño ao 30 de setembro.

CAMIÑO FRANCÉS O Camiño Francés é o itinerario

con maior tradición histórica e máis recoñecido internacionalmente. Este Camiño foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO na re-unión celebrada en 1993 en Car-taxena de Indias (Colombia).

O Camiño de Santiago significou na historia europea o primeiro ele-mento vertebrador do vello conti-nente. O Camiño de Santiago foi a ruta seguida durante todas as épo-cas por milleiros de peregrinos o que converteuno no elemento fundamen-tal no fomento de intercambios cultu-

rais entre a Península Ibérica e o resto de Europa. Con el, propiciouse o des-envolvemento cultural e económico das zonas polas que discorría e hoxe, o fluxo de persoas, ideas e culturas de todo o mundo aínda continúa en plena actualidade.

No que vai de ano, recolleron a Compostela, tras percorrer o Camiño Francés un total de 151.559 pere-grinos o que supón máis do 70% do cómputo total dos peregrinos que acoden á Oficina de Acollida do Pere-

grino. Este ano percorreron este Ca-miño un 12,44% mais que no mesmo periodo do 2012.

No cómputo total das Rutas Xaco-beas, a punto de rematar o ano, con-tabilizáronse que 215.558 peregri-nos realizaron algún dos itinerarios, segundo a Oficina do Peregrino. No mesmo período de 2012, percorreron estas Rutas un total de 192.174 pere-grinos. Neste caso, a porcentaxe de incremento é do 12,17% en relación ao ano pasado.

Por Palas de Rei transcorren o Camiño de Francés e o Primitivo

Os cines do centro comercial As Termas en Lugo, participan na iniciativa nacional “Mércores de cine” que comezou o pasado 15 de xaneiro e que terá lugar ó longo de tres meses. Con esta idea, o que se pretende é incentivar a asisten-cia ás salas de cine. Os prezos dos que poderán gozar os visitantes ós cines do Centro Comercial As Ter-mas serán de 4 euros a entrada normal e de 5 euros para as sesión de 3D.

Despois da gran acollida que tivo a acción días de cine reali-zada no pasado mes de outu-bro, os cines deste centro comer-cial lucense decidiron seguir par-ticipando nestas promocións que achegan o cine a un público maior, permitíndolle gozar dos filmes que están na carteleira tendo un gasto moito menor para os seus petos que os demais días da semana.

COMARCA

O centro comercial As Termas acolle a iniciativa “Mércores de cine”

Page 3: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

ActuAlidAde

crónicas da comarca - Xaneiro 2014 3

PALAS DE REI Mantéñense os servizos sociais e crearase un novo ximnasio

Palas de Rei conta cun orzamento de máis de 3 millóns para o 2014

O Concello de Palas de Rei con cun total de 3.359.957,92 euros para os gastos que ten que afrontar neste 2014.

PERSOAL Aprobouse unha plantilla de per-

soal para o ano 2014 dentro do pre-suposto de gastos, para a que se des-tinarán 1.218.000 euros, unha canti-dade similar ao pasado ano onde se manteñen os postos de traballo e as partidas básicas para axuda a domici-lio, Centro de Día e actuacións de ca-rácter social. Neste capítulo tamén é de resaltar que o Concello de Palas de Rei segue a prestar a maioría dos ser-vicios de forma directa ao fin de xerar emprego e dinamizar a economía na localidade.

GASTO CORRENTEDentro do capítulo 2 relacionado

co gasto corrente, o rexedor de Palas de Rei, Pablo Taboada, explicou que “ mantéñense as dotacións presupos-tarias para facer frente ós gastos de

mantemento (Centro de Saúde e PAC 24h. , Gardería Municipal, Centro de Día…) e as diferentes asociacións cul-turais que actúan no municipio”.

INVERSIÓNDentro do capítulo de inversión, o

concello palense reserva no seu pre-suposto para este ano un total de 836.150,74 euros. Con estes cartos, executaranse a residencia da terceira idade no municipio,a renovación de camiños rurais dentro do Plan Aga-der 2014, e tamén figuran actuacións para mellorar espazos rurais e urba-nos con diferentes actuacións den-tro do Plan de Obras e Servizos (POS 2014).

Neste apartado tamén figuran partidas orzamentarias para a dota-cións de calefacción de biomasa en diferentes edificios municipais ou me-lloras para a conexión do saneamento e abastecemento de San Miguel de Coence e San Breixo. A maiores des-tas actuacións, o concello contempla nos orzamentos deste ano unha par-

tida para a creación dun novo ximna-sio municipal.

SUBVENCIÓNS Pablo Taboada explicou que tamén

neste ano 2014 o Concello de Palas

de Rei solicitará diversas subvencións da Xunta de Galicia para mellorar a eficiencia enerxética e os espazos co-merciais, así como para realizar o so-terramento de liñas e a promoción e mellora do Camiño de Santiago.

Pablo Taboada, alcalde de Palas na última sesión plenaria

A coñecida empresa de queixos a nivel nacional e internacional García Baquero producirá queixos nas insta-lacións da queixería Castillo de Pam-bre situada no municipio palense.

A compra por parte da empresa manchega, fíxose despois de que queixerías Castillo de Pambre entrara en suspensión de pagos no mes de marzo, e despois de duras negocia-cións con García Baquero, chegaron ó acordo para adquirir unha das mello-res plantas de produción de queixos que conta con máis de 3.000 metros cadrados así como tamén a denomi-nación de orixe Arzúa- Ulloa.

SATISFACIÓN NA ULLOA O rexedor palense, Pablo Taboada,

amósase satisfeito pola decisión adoptada por García Baquero, xa que “ instalarase na vila unha empresa lí-der en queixos en España, polo que a comarca e Galicia sairán reforzadas, tendo presencia no mercado nacional e internacional”.

Pablo Taboada destaca que “a fá-brica está moi ben dimensionada, é unha instalación practicamente nova que seguro que García Baquero adap-tará, xa que tamén quere contar coa

denominación de orixe Arzúa-Ulloa dentro da súa ampla produción de queixos”.

O alcalde de Palas de Rei explica que foi el mesmo o que solicitou á

empresa manchega que “ asumira ós nove empregados cos que contaba a queixería Castillo de Pambre antes do seu peche” aínda que tamén ma-tiza que a última decisión é “ dos di-rectivos de García Baquero”. Pablo Ta-boada non descarta que nun futuro se poida ampliar a plantilla crear así máis postos de emprego para a Co-marca.

EMPRESA FAMILIAR García Baquero é unha empresa

manchega en continúa expansión e un dos principais grupos alimentario de España, cuxo obxetivo é buscar a calidade dos seus productos, a traza-bilidade cos certificados IFS e BRC.

Trátase dunha empresa exporta-dora en máis de 25 países que reper-cutirá positivamente na Comarca da Ulloa.

Ata o momento as súas instala-cións estaban ubicadas en Alcázar de San Juan (Cidade Real) e en Toro (Za-mora).

PALAS DE REI Engadirá os queixos da denominación de orixe Arzúa-Ulloa ao seu catálogo

A empresa manchega García Baquero adquire a queixería castillo de Pambre

Instalacións da queixería Castillo de Pambre, no municipio de Palas de Rei

Page 4: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

4

ActuAlidAde

crónicas da comarca - Xaneiro 2014

A comarca da Ulloa está de nora-boa, xa que os queixos que se elabo-ran en Arqueixal foron premiados cos distinción de ouro na XVI Cata dos Queixos de Galicia. Foi dentro da ca-tegoría de Denomiación de Orixe Ar-zúa-Ulloa Curado onde os queixos de Palas de Rei foron obsequiados con este recoñecemento que os eleva ata o máis alto dentro desta sección a ni-vel Galicia.

O segundo posto e a distinción de prata foi para Aquesán de Touro, men-tres que a distinción de bronce re-caeu na marca de “Bama”, do mesmo municipio coruñés.

Os premios da XVI Cata dos Queixos e a XII Cata dos Meles de Ga-licia foron entregados no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Com-postela nun evento no que estiveron presentes todas as marcas participan-tes e boa parte do goberno da Xunta de Galicia.

A CALIDADE DO RURALO presidente da Xunta de Galicia,

Alberto Núñez Feijoo, subliñou que os queixos que participaron nesta cata

(vintesete da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla, dezaséis da DOP Arzúa-Ulloa -coa novidade nesta edición do queixo Arzúa-Ulloa cu-rado-, 10 da DOP San Simón da Costa, 6 San Simón da Costa curado e 3 da DOP Cebreiro), xunto cos meles (oito

deles monoflorais de eucalipto, cas-tiñeiro, silveira ou breixo e dezasete multiflorais) son a mellor proba de como as pequenas industrias do rural galego poden elaborar produtos moi cotizados nos mercados exteriores; denotan as grandes alternativas que

ofrece o mundo rural; e constitúen así mesmo a esencia do turismo gastro-nómico.

PREMIADOSPor iso, Alberto Núñez Feijóo ani-

mou a todos os presentes a seguir “enaltecendo e dignificando” o tra-ballo do campo, a que continúen na “aposta irrenunciable pola calidade” e dándolle pulo a Galicia como des-tino, recomendándolle aos visitantes que proben os manxares propios da nosa terra.

O presidente da Xunta de Gali-cia rematou a súa intervención feli-citando aos 26 premiados nesta XVI Cata dos Queixos de Galicia e na XII Cata dos Meles de Galicia, en espe-cial aos galardoados coa distinción de ouro. Alberto Núñez Feijoo tamén agradeceu o traballo dos dezanove expertos que integraron o panel de catas e que degustaron un total de 62 mostras de queixo con Denominación de Orixe procedentes de corenta in-dustrias e os 25 meles cos que parti-ciparon 17 industrias envasadoras de Galicia.

curado de Arqueixal logra a distinción de Ouro na XVi cata dos Queixos de Galicia

COMARCA A prata foi para Arquesán de Touro e o bronce para Bama do mesmo municipio

Foto de grupo con todos os premiados na Cata de Galicia 2013

O Instituto Galego de Vivenda e Solo puxo á venda un total de 55 parcelas nos polígonos industriais de Palas de Rei e Monterroso.

A oferta do IGVS, que convocou un concurso que se resolverá nas vindeiras semanas, ofrece un to-tal de 7 parcelas en Palas de Rei e de 48 en Monterroso. No polígono palense o prezo das parcelas é de máis de 38 euros por metro ca-drado mentres que no monterro-sino oscila entr os 34 e 36 euros.

As persoas que se acollan a este concurso poderán gozar de di-ferentes modalidades de pago: dá-selles a posibilidade de que apor-ten o importe total dunha soa vez ou pagar un 30% da parcela na firma da escritura e un 70%, nos vindeiros seis meses, sin intereses.

Con este tipo de iniciativas o que se pretende é dinamizar os polígonos industrais que se con-truiron nos últimos anos.

COMARCA

Os polígonos de Palas de Rei e de Monterroso teñen á venda 55 parcelas do IGVS

O Sindicato Labrego Galego soli-cítoulle á Consellería do Medio Rural que se habilite con carácter de urxen-cia un plano para avaliar e posterior-mente paliar os fortes danos nas ex-plotacións agrarias e gandeiras oca-sionados pola chuvia e polo vento dos temporais que chegaron a Galicia no pasado Nadal.

As fortes rachas de vento, que chegaron aos 185 km/hora en oca-sións, produciron graves danos nas estruturas dos invernadoiros en di-ferentes partes do territorio, en cu-bertas de naves agrícolas e gandei-ras, así como diferentes infraestrutu-ras. Ademais as chuvias, con rexistros de máis de 139 litros por metros ca-drados, tamén orixinaron graves da-nos nos cultivos, asolagamentos de explotacións, arrastres de terras... A todo isto, aínda habería que engadir os danos ocasionados por cortes pro-logados de subministro eléctrico en moitas comarcas.

Hai que ter en conta que no sec-tor da horta, un dos máis danados po-los temporais, hai unha problemática xeral coa falta de adaptación dos se-guros agrarios á realidade das explo-tacións galegas, o que fai que moitas non teñan ningunha póliza ou cober-tura para este tipo de danos. Tendo en conta que no ano 2013 xa as con-dicións metereolóxicas ocasionaron inicialmente fortes retrasos nas co-lleitas e logo perdas acumuladas ao longo do ano, danos deste calibre nos invernadoiros e nas explotacións po-den supoñer o peche de moitas ex-plotacións, de non tomarse as medi-das oportunas.

CORTES DE SUBMINISTROA rotura dos plásticos,por exem-

plo, é un dos problemas que máis se repite e o seu custo de reposición re-sulta moi elevado. Mesmo houbo chuvias e saraivas que arrasaron con diferentes cultivos moi importantes

nesta época do ano como os grelos ou as nabizas.

Unha queixa xeneralizada son as dificultades no subministro de co-rrente eléctrica e comeza a ser ha-bitual en moitas comarcas os cor-tes de subministro continuados oca-sionando importantes danos. Dende o SLG consideran que “a Administra-ción debe facer unha avaliación deste feito, que afecta a numerosos sec-tores e ocasiona múltiples danos, e esixir que as empresas subministra-doras se comprometan en ter a rede en mellores condicións, garantindo o subministro, e mesmo asumindo as responsabilidades dos prexuízos cau-sados”. Engaden que “como uns dos múltiples exemplos que se poderían dar citamos a parroquia de Cabaleiros (Tordoia) que chegaron a pasar 3 días sen luz. Isto é inadmisible e responde a unha actuación neglixente das com-pañías subministradoras e da propia Administración”.

COMARCA

O SlG solicíta medidas polos danos dos temporais nas explotacións

Page 5: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

entReViStA

crónicas da comarca - Xaneiro 2014 5

- Recentemente coñecimos que García Baquero vai comezar a produ-cir queixos en Palas de Rei.

- É unha noticia moi positiva non só para Palas, senon que para toda Galicia. Se falamos de queixos temos importantes productores a nivel local e tamén de denominación de orixe Arzúa-Ulloa. Pero si é certo que, a ni-vel industrial, salvo Queixería Castillo de Pambre non había outra pola zona que eu coñeza. Que García Baquero se instale en Palas é falar do número un de fabricación de queixo a nivel nacional e internacional, xa que é unha empresa que exporta a máis de 40 países entre os que se atopa EEUU, Europa, moitos lugares de Asia.

- Por que unha empresa como García Baquero escolle a vosa vila para montar un negocio?

- A verdade é que contactamos con moita xente. Creo recordar que o día clave foi o día 23 de xuño, día que fixemos unha viaxe a Toro que é donde está unha das sedes de García-Baquero. Alí, comunicámonos co fi-llo do dono, Miguel Ángel García Ba-quero que é o que leva toda a parte de producción. Comenteilles a situa-ción que atravesaba a Queixería Cas-tillo de Pambre, as instalacións que existen e toda a idiosincrasia dos queixos de Arzúa e Ulloa. Púxenos en contacto coa persoa que, aínda es-tando a fábrica en concurso de acree-dores, estaba responsable do mante-mento das instalacións e que coñecía perfectamente a fábrica. Así come-zou a historia e materializouse coa ac-ción de que García Baquero se instale en Palas de Rei. A familia García Ba-quero cree no proxecto de Castillo de Pambre e no proxecto do queixo de Arzúa-Ulloa e iso facilitounos moito o camiño. Eles querían ter a nosa de-nominación de orixe, teñen un abano amplo de queixos doutras denomina-cións de orixe, pero esta non a tiñan.

- As instalacións foron cualifica-das en diversos medios de comuni-cación como “espectaculares”.

- Si as instalacións están completa-mente novas. Por dentro coñezoa moi ben, é unha factoría que está a última en canto a producción de queixo. Gar-cía Baquero evidentemente vaina a

industrializar e a adaptará ás novas tecnoloxías. Eu tiven a fortuna de visi-tar a fábrica de Toro e aquelo é impre-sionante. Unha máquina de producir queixo de calidade moi boa. Conxu-gan moi ben a parte artesanal coa in-dustrial e, o máis importante, un pro-duto con calidade de exportación.

- Como vai repercutir na creación de emprego?

- Barallar a posibible creación de emprego é xogar a futuro. En pri-meiro lugar penso que se vai a con-tar coas persoas que xa traballaron na queixería. Esta petición fíxenlla a Mi-guel Ángel García Baquero, aínda que serán eles os que teñan a última pa-labra. Eu non descartaría que se as cousas foran ben se crease emprego, pero non a medio prazo porque esta fábrica aínda hai que poñela a fun-cionar. Seguramente no futuro poida chegar a 30 ou 40 postos de traballo.

- Cando está previsto que se em-peza a producir queixo García Ba-quero en Palas de Rei?

- O proxecto foi longo, dende os primeiros contactos. Incluso no úl-timo momento houbo que pasar po-los tribunais, xa que García Baquero tivo que recorrer unha sentenza da Audencia Provincial de Lugo para que a eximían de ter que pagar unha dé-beda que correspondía á anterior empresa, dun empregado coa segu-

ridade social. Non darei unha data, xa que cando das moitas fechas é para non cumprilas. Eu quero que sexa canto antes e este Concello vai poñer todo o que este da súa parte como son cambios de titularidade, li-cencias, para que se empece a produ-cir queixo de inmediato. Pero é algo que non só depende das dependen-cias municipais.

- Que outras medidas ten previs-tas o Concello para crear emprego?

- O Concello participa en todas as convocatorias que a Administración articula nos diferentes programas de emprego e que podemos ter acceso dependendo das súas singularidades. A maiores estamos intentando pro-mover a implantación de empresas no municipio. Estamos traballando tamén na dinamización do rural, xa que estamos levando a cabo o plan “Soutos vivos, aldeas intelixentes” para tentar motivar a propietarios de parcelas para que planten castiñei-ros para a producción de castaña. Re-centemente realizáronse inversións noutra idea innovadora que son as plantacións de cáñamo industrial e xa podemos falar dunha rentabilidade importante por hectárea. Son proxec-tos experimentais mps que económi-camente dende o Concello non pode-mos aportar todo o que quixeramos pero si á hora de promovelos.

“A chegada de García Baquero non só beneficiará á comarca, senón a toda Galicia”

PALAS DE REI Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei

Pablo Taboada é optimista cando fala do futuro do seu municipio. A empresa manchega Lácteos García Baque-ro SA traballa para abrir unha nave no polígono tras ad-quirir Queixerías Castillo de Pambre. Trátase dun feito que “sen dúbida redundará no beneficio dos veciños”.

No seu día a día Taboada pon empeño para que todos

os proxectos que entran no seu despacho saian sendo unha realidade, xa que “o rural ofrece moitas alternativas e nós temos que ser capaces de aproveitalas”. Residen-cia de maiores, ximnasio e mellora das comunicacións nas parroquias son tres actuacións que terán prioridade en Palas de Rei neste 2014.

Pablo Taboada, rexedor palense

- Palas xa ten aprobados os or-zamentos para 2014, a que se lle dará prioridade este ano?

- Este ano dámoslle prioridade á construcción da residencia de anciáns, cun fogar residencial de 24 prazas e cun Centro de Día para 40 persoas. A obra xa está contra-tada e ten un presuposto de máis de 400.000 euros. Tamén destina-mos fondos para os viais do rural e a construción dun novo ximnasio.

- O grupo de emerxencias su-pramunicipal remata o seu con-trato o 14 de febreiro, quen vai a realizar despois estes traballos?

- Eu agardo que siga funcio-nando, pois é un servizo do que non se pode prescindir. Demos-trouse que temos a necesidade de ter este servizo na vila xa que este grupo realizou moitos traballos en accidentes, limpeza de camiños nos temporais, labores de infor-mación ect.. A nosa vontade é que continúen e buscaremos todos os recursos para que isto se cumpla.

- Hai uns días incorporouse ao seu traballo a Secretaría do Con-cello, despois de que o Xulgado declarase nula a sanción.

- O Concello acata as sentenzas e eu como alcalde tamén. No seu intre abriuse un expediente disci-plinario contra esta funcionaria, que ninguén puxo en dúbida de-bido ás irregularidades que os ins-tructores puxeron de manifesto. Máis tarde, unha sentenza do Tri-bunal de Xustiza de Galicia fixo que a nosa fose a única Comunidade Autónoma de toda España onde o alcalde non é o competente para iniciar un procedimento sanciador. Hai uns días incorporouse ao seu posto de maneira totalmente nor-mal. Este concello non ten ánimo de prexudicar a ningún funcionario pero si nos gustaría que se fixera xustiza neste tema e que nunca se repetan estes feitos.

“Este ano demos prioridade á construción da residencia de anciáns”

Page 6: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

6

ActuAlidAde

crónicas da comarca - Xaneiro 2014

A deputada de Economía, Reca-dación e Facenda, Pilar García Porto, participou en varios actos de promo-ción turística e gastronómica de Lugo que se celebraron na Feira Internacio-nal de Turismo-Fitur, que acolle estes días Madrid.

Pilar García Porto tomou parte no acto de presentación, no stand oficial de Galicia, da guía turístico-gastro-nómica “...E para comer, Lugo”, que edita a Asociación Provincial de Em-presarios de Hostelería, coa que co-labora o organismo provincial. Tras esta presentación foi o momento da Ribeira Sacra, xa que tamén se pre-sentaron de maneira oficial tres no-vas guías especializadas, unha aplica-ción para móbiles e unha páxina web, todas elas elaboradas polo Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, entidade coa que a Deputación tamén mantén unha estreita colaboración dende hai anos.

PATRIMONIOA primeira das guías ofrece infor-

mación sobre o patrimonio monu-mental e cultural, así como a natu-reza, cunha clara orientación práctica. Outra delas é un directorio de servi-zos e empresas da zona e o terceiro recolle unha serie de rutas de sendei-

rismo con información sobre as mes-mas. Os contidos desta guía tamén poderán ser consultados a través da aplicación e da web.

A presentación deste novo ma-terial é un paso máis no traballo conxunto do organismo provincial e do consorcio, intensificado a partir do 2011 coa posta en marcha por parte do organismo lugués da campaña de promoción da candidatura da Ri-

beira Sacra a Patrimonio da Humani-dade. Esta candidatura, unha aposta persoal do presidente da Deputación de Lugo, abriu canles de participación a institucións e colectivos de toda a provincia coa redacción dun conve-nio de colaboración para o impulso conxunto da candidatura, que foi asi-nado polo propio Consorcio de Tu-rismo da Ribeira Sacra, así como pola Deputación de Ourense.

Os veciños teñen as instalacións da estación de autobuses abertas

MONTERROSO

A deputación promociona o turismo e a gastronomía da provincia en Fitur

COMARCA A deputada de Antas de Ulla implicouse na promoción da provincia

A deputada Pilar Porto durante a súa intervención en Fitur

Palas, na Feira internacional de turismoO Concello de Palas de Rei partici-

pou na Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebrou en Madrid co obxetivo de dar a coñecer os atracti-vos turísticos do municipio e as diver-sas posibilidades que ofrecen os ne-gocios de hostelería e servicios da lo-calidade.

O alcalde, Pablo Taboada, foi o en-cargado de amosar as diversas posibi-lidades turísticas que ofrece Palas de Rei non solo a traverso das dúas rutas de peregrinaxe a Santiago de Com-postela (Francesa e Primitiva) que transcorren polo municipio e que son un foco moi importante de visitantes, senón a través de númerosos e des-tacados recursos propios que oferta este municipio, bañado polas augas do río ulla, que van dende: elementos histórico - artísticos e culturais como o Castelo de Pambre, restos castrexos como o Castro da Aurela, ou exem-plos da pegada da arte románica en igrexas como: Vilar de Donas, Mer-lán, Santiago de Lestedo, San Xulian do Camiño, San Xorxe de Augasantas e Ferreira, así como tamén a impor-tancia da riqueza paisaxística reflec-

tida en numerosos lugares como a Serra do Careón (considerado espazo natural protexido como lugar de im-portancia comunitaria tanto pola súa flora como pola súa fauna), as Torren-tes de Mácara entre outros lugares de interese.

HOSTELERÍA Tanto o aloxamento como a res-

tauración tiveron un lugar destacado

nesta promoción de Palas de Rei. O municipio conta cun variado elenco de establecementos dispersos pola súa xeografía que van dende os dez albergues que dan cabida a máis de cincocentas plazas, dos cales ca-tro son de carácter público e os seis restantes de promoción privada. Pa-sando por os seis establecementos catalogados como casas de turismo rural; oito vivendas turísticas vacacio-nais; once pensións; tres hoteis dos cales un deles conta cun balneario; e un complexo adicado o ecoagrotu-rismo en Albá.

MATERIAL DIVULGATIVOO Concello de Palas elaborou folle-

tos informativos nos que se explican a posibilidades turísticas que ofrece o municipio, dende puntos de inte-rese para o visitante, elementos his-tórico-artísticos destacados, zonas de recreo ou aloxamentos de todo tipo. Xunto con esta información tamén se promocinaron en Fitur os produc-tos autóctonos da terra, tales como o queixo da Denominación de Orixe Ar-zúa-Ulloa.

O rexedor palense en Fitur

Logo da apertura das instala-cións da estación de autobuses de Monterroso, a voceira dos popula-res, Pilar Varela, mostrou a súa sa-tisfacción pola iniciativa do rexe-dor de escoitar, obedecer e recti-ficar ante as iniciativas e peticións dos populares. “As instalacións da estación de autobuses están aber-tas grazas ao traballo e insisten-cia dos populares”, manifestou Pi-lar Varela, quen engadíu que o seu grupo ven instando e urxindo a Gato a que tomase cartas no asunto e solventase esta proble-mática que lle estaba a causar uns grandes trastornos aos veciños.

A popular lembrou que os aseos públicos eran inaccesibles polo peche das instalacións e a pri-meira imaxe que recibían os visi-tantes era de total sucidade, des-coido e falta de mantemento. Pilar Varela reiterou que foron os po-pulares quen o pasado decembro presentaran unha moción na se-sión plenaria instando ao equipo de goberno local a corrixir as defi-ciencias da estación de autobuses.

O Concello de Monterroso ven de rematar as instalacións das no-vas pistas de pádel que están si-tuadas no seu polígono industrial.Estas obras contaron cun presu-posto de case 50.000 euros e con elas pretendese completar as in-fraestruturas coas que conta o mu-nicipio para a práctica deportiva.O alcalde, Antonio Gato, agarda que no menor tempo posible se con-voque o concurso para adxudicar as obras da piscina e rematar así unha obra que ofreza posibilidade doutras alternativas deportivas ós veciños.

MELLORA DE VIAISPor otra banda executáronse

diferentes obras nas estradas de San Pedro de Frameán e de Sir-gal. Neste arranxo dotado cun to-tal de 42.000 euros que foron uti-lizados para eliminar os baches e as irregularidades do firme e ta-mén na pavimentación da calzada.Tamén se contou cun presuposto de 35.000 euros co que se levou a cabo a restauración do aglome-rado da rúa Beningo Vázquez.

Novas pistas de pádel e arranxo de viarios

MONTERROSO

Page 7: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

eSPeciAl

crónicas da comarca - Xaneiro 2014 7

A finales de este mes de enero ha tenido lugar la sesión inaugural del Posgrado Universitario en Especializa-ción en Xestión Empresarial e Tecno-loxía, XEMTE a cargo de Juan Carlos Bugallo, Director Gerente de la Fun-dación Universidade da Coruña, Víc-tor Carneiro y Manuel Garrido, Direc-tor Académico y Coordinador de XE-MTE, respectivamente. Este acto ha contado con la participación de repre-sentantes del mundo empresarial ga-llego, de la UDC y del equipo que con-forma el posgrado.

El principal objetivo de XEMTE es la formación de expertos en tecnolo-gía que interioricen la realidad de la empresa, adquiriendo las habilidades necesarias para su mejor crecimiento profesional. En este posgrado parti-ciparán personas, empresas, profe-sores, la UDC e instituciones, dando como resultado la plataforma integra-dora XEMTE, una comunidad impul-sora y motor de una transformación en los modelos de formación y desa-rrollo profesional de los alumnos, fu-turos profesionales comprometidos con el cambio. Más información en: http://xemte.org/

En XEMTE se cuenta con la parti-cipación de grandes empresas que buscan favorecer la creación de este nuevo modelo educativo, nombres como Emetel, Al-tia, Banco Etche-verría, Telefó-nica, Reganosa, Emalcsa o Co-frico, que contra-tarán a los alum-nos apostando por el desarro-llo y el innova-dor concepto de este posgrado. Junto a la Universi-dad, profesorado y alumnos, se for-mará la comunidad XEMTE, un paso adelante hacia la educación colabora-dora, práctica y enfocada a potenciar las habilidades del alumno.

EL FUTURO DEL ALUMNOSegún Víctor Carneiro, director

Académico de XEMTE, “los alum-nos con formación en el ámbito téc-nico que salen de la Universi-dad tienen unos excelentes cono-cimientos, pero en ocasiones les falta complemen-tarlos con conoci-miento de la estructura organizativa y de gestión de la empresa”.

Esta sesión inaugural concluyó con la conferencia “Sistemas de informa-ción. Ventajas competitivas”, a cargo de Vicente Sorlí, director de Consul-

ting de Excelia y director del pro-grama Executive MBA en la Uni-versidad Europea de Valencia, toda una referencia in-ternacional en el desarrollo de consultoría en es-trategia, organi-

zación y procesos. En el transcurso de esta conferen-

cia, Vicente Sorlí señaló a los alum-nos que “la estrategia no es más que el sentido común que nos permite transformar los conocimientos que tenemos en unos resultados sosteni-bles para las compañías. La compe-tencia es destructiva y tenemos que conseguir que el conocimiento que tenemos de nuestra compañía nos

ayude a inno-var encontrando nuevas ventajas competitivas que nos permitan ser más atractivos para el cliente. No nos podemos

quedar esperando a que las cosas cambien”.

Comienza el posgrado en especialización en xestión empresarial y tecnología

ESPECIAL Es un paso adelante hacia la educación colaboradora, práctica y enfocada a potenciar las habilidades del alumno

Sesión inaugural del Posgrado Universitario en Especialización en Xestión Empresarial e Tecnoloxía, XEMTE

En este título propio de la UDC están implicadas más de 20 empresas como Emetel, Altia o Banco Etcheverría; y profeso-res del ámbito de la UDC y del ámbito profesional

La sesión inaugural finalizó con una conferencia de Vicente Sorlí, director de Consulting de Excelia y director del progra-ma Executive MBA en la Uni-versidad Europea de Valencia, referencia internacional en consultoría en estrategia, orga-nización y procesos

XEMTE está dirigido a ingenieros técnicos, gra-dos e Ingenieros en In-formática, Telecomuni-caciones o Industriales, Grados y licenciados en Ciencias Físicas o Mate-máticas, así como a pro-fesionales que reúnan los requisitos para cursar estudios universitarios y acrediten un desem-peño profesional acorde. Y cada año supondrá una oportunidad para un grupo máximo de 20 alumnos, ya que tendrán la oportunidad de in-corporarse a una de las empresas asociadas a su programa. Pensando en los alumnos, desde la organización de XEMTE se ofrecen facilidades en la financiación para evitar que el factor económico sea un obstáculo a la hora de sumarse al curso.

La metodología de XEMTE será eminentemente práctica, en ella se implicarán profesionales de las empresas más innovadoras, laboratorios en los que experimentar, proyectos de trabajo colaborativos, casos rea-les y muchas más herramientas e iniciativas en las que se aplicará la tec-nología a los procesos de la empresa. Con este sistema se fomentará la participación y la potenciación de las capacidades del alumno, ya que so-bre él gira XEMTE.

Clases magistrales, mesas redondas, casos reales, visitas a empresas, laboratorios...

La metodología de XEMTE es muy práctica

Page 8: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

8

ActuAlidAde

crónicas da comarca - Xaneiro 2014

A Dirección Xeral de la Gardía Ci-vil consignou unha partida de aproxi-madamente 60.000 euros para aco-meter as diferentes obras pendentes no acuertalamento palense. As obras consistenten na dotación dun sistema de vixilancia e de equipamento para a inmediata posta en marcha da dota-ción palense.

O equipamento conta cunha zona de dependencias oficiais, unha en-trada de atención ao público, unha zona de seguridade, despachos para os axentes e as respectivas vivien-das con entrada independiente pero ubicada dentro do conxunto xeral da estructura do edificio. En concreto, conta con 3 viviendas de 3 dormito-rios cada unha; e unha vivienda de 3 habitacións para solteiros, así como cunha zona con circuito cerrado de televisión.

INCREMENTO DO PLANTELO alcalde de Palas de Rei Pablo Ta-

boada reuniuse co director Xeral da Garda Civil e solicitou a ampliación da dotación do número de gardas desti-

nados no concello palense. O rexedor solicitou así mesmo,

unha plaza de cabo da garda civil en

Palas de Rei. Taboada precisou que ”a demanda de efectivos é moi ne-cesaria polo número de visitantes que rexistra este Concello derivados de aspectos como: o Camiño de San-tiago (por o municipio de Palas de Rei pasan as rútas: Francesa e Primitiva), O Castelo de Pambre, as Torrentes de Mácara, etc. que xeran un foco impor-tante de atracción de persoas a este municipio”.

CUMPRIMENTO O alcalde de Palas de Rei, Pablo

Taboada, expresou o seu agradece-mento ao director Xeral da Garda Ci-vil, Arsenio Fernández de Mesa, por dar “cumprida resposta a unha ne-cesidade de máis de 30 anos que le-vou a consecución do novo acuerte-lamento en Palas de Rei”. Segundo matiza Taboada, “ cúmplese un dos principais compromisos do programa electoral co que me presentei as elec-cións municipais”.

interior reanuda as obras do cuartel da Garda civil en Palas de Rei

PALAS DE REI O rexedor palense solicita a mpliación da dotación de gardas civís no municipio

Pablo Taboada xunto co director Xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández

O municipio lucense de Palas de Rei acolle, do 17 ao 20 de febreiro, a 53 edición dos cursos de saúde am-biental, que terá lugar no Centro Co-marcal A Ulloa. Esta edición está en-marcada no Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles 2000-2014, que conta co apoio da Or-ganización Mundial da Saúde (OMS), o evento desenvolverase baixo a di-rección do profesor Francisco Peña Castiñeira.

ESTRUTURA A través de catro mesas redondas

abordaranse distintas temáticas vin-culadas ao sector ambiental nas que cobrarán protagonismo a xestión da auga, dos residuos, o cambio climá-tico e a xestión sostible dos recursos naturais.

Así, o primeiro día, será Ángel Gó-mez Amorín, subdirector xeral de Pro-gramas de Control de Riscos Ambien-tais para a Saúde da Xunta de Galicia, o encargado de moderar a mesa re-donda que leva por título "Saúde am-biental, modelo enerxético sostible e

loita contra o cambio climático", con-tando para isto coas achegas do di-rector de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, un representante de Gas Natural Fenosa e outro de Isempa, que se encargará de proporcionar a información sobre a actividade e al-cance da planta de biomasa de Palas de Rei.

XESTIÓN DAS AUGASA xestión das augas liderará a se-

gunda xornada baixo a coordinación de Julia Melgar, profesora de Toxico-loxía e coordinadora do Plan de Des-envolvemento Sostible da Facultade de Veterinaria da USC, que estará acompañada polo director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, o xe-rente de Viaqua, José Antonio del Rey, e o xefe de Servizo de Espina&Delfín, Pablo Méndez.

A xestión dos residuos en Galicia chegará o terceiro día co relatorio do presidente de Sogama, Luis Lamas, sobre as implicacións ambientais, económicas e sociais do modelo polo que apostou esta empresa pública, ao

que seguirá o subdirector xeral de Re-siduos e Solos Contaminados da Con-sellería de Medio Ambiente, Miguel Ángel Veiga, quen falará dos porme-nores do plan galego de xestión de re-siduos urbanos 2010-2020, así como a intervención do profesor Florentino Díaz, do Campus de Lugo, que diser-tará sobre a actividade agrogandeira e as posibilidades de valorización na provincia.

Pechará a quenda de interven-cións o concelleiro e tenente alcalde de Palas de Rei, Amando Sande, des-granando as vantaxes da compostaxe doméstica no ámbito rural e expe-riencia do concello na materia.

VISITASO curso, complementarase cunha

serie de visitas prácticas á ETAP e EDAR municipais, a área recreativa da Peneda, en Monterroso, os petrogli-fos de Antas de Ulla, Serra do Careón, Torrentes de Mácara, Castelo de Pam-bre e Igrexa de Vilar de Donas.

O curso culminará con varias con-ferencias vinculadas ao turismo sos-

tible e que se aglutinan na mesa re-donda "A xestión sostible dos recur-sos naturais como factor de desenvol-vemento socioeconómico da Bisbarra da Ulloa", contando coas interven-cións de Antonio Riguero, catedrá-tico de Botánica Forestal e director da Estación Científica do Caurel da USC, María Nava, directora de Turismo da Xunta, así como de José Luis Carrera e Jesús Quintá, xerentes de Arqueixal e Alibós respectivamente.

BOLSAS GRATUITAS Un total de 50 bolsas gratuítas,

que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, serán destinadas a este evento, estando orientadas a empre-gados públicos da administración, así como a responsables políticos dos distintos concellos galegos, estudan-tes universitarios e de ciclos educati-vos de Formación Profesional de ca-rácter ambiental, e desempregados e representantes de asociacións sen ánimo de lucro. O correo electrónico para consultar dúbidas é [email protected].

Palas de Rei acolle unha nova edición dos cursos de saúde ambiental

PALAS DE REI Celebraránse no Centro Comarcal da Ulloa do 17 ao 20 de febreiro

Page 9: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

ActuAlidAde

crónicas da comarca - Xaneiro 2014 9

Os socialistas de Antas de Ulla anuncian que, no Pleno que a Corpo-ración celebrará a finais deste mes, preguntarán pola “a deixadez de fun-cións” que está a levar a cabo o al-calde deste municipio –Javier Varela-, e que se demostra na deficitaria pres-tación de distintos servizos públicos básicos para os veciños e veciñas.

Concretamente, a voceira munici-pal deste partido e secretaria de Eco-nomía da executiva provincial do Ps-deG-PSOE –Pilar García Porto- refí-rese, en primeiro lugar, á “mala e de-ficitaria situación” na que se atopa o alumeado público, xa que, dende 2011, a entidade local tivo que reali-zar diversas obras de mellora na ins-talación por valor de case 50.000 euros. “Trátase dunha cantidade ex-cesiva. Ademais, sabemos que o Con-cello, logo de rexeitar o plan enerxé-tico da Deputación, que tiña un custe 0, se acolleu á unha iniciativa seme-llante da Xunta, coa que Feijóo obri-gou á entidade local a pagar 15% da mesma. Pero é que, a maiores de co-financiar o proxecto do PP, cónstanos que máis da metade das luminarias instaladas, coa proposta do Goberno galego, están xa fundidas ou incluso non funcionan”.

Así mesmo, subraia a socialista, o sistema eléctrico actual, da pé a que se faga un uso fraudulento do

mesmo, xa que calquera pode engan-char a súa luz nos contadores, dado que estes están abertos. Por se isto fose pouco, engade a voceira do PSOE de Antas de Ulla, son varios os veci-ños que están acendendo e apagado o alumeado, debido a que este non funciona correctamente.

Ante esta grave situación, e dado que existe un empregado municipal destinado a este fin, pero que o al-calde ten relegado a outras funcións, os socialistas proporán que o Conce-

llo “recupere esta figura”, xa que se trata dun traballador cualificado. “É dicir, Varela ten un profesional para xestionar o alumeado publico, cuxo soldo pagamos todos os veciños e ve-ciñas de Antas, e resulta que o ten adicado a outras cuestións. O Sr. Va-rela terá que darnos explicacións”.

VERTEDOIROOutro dos asuntos polos que pre-

guntará o PSOE na vindeira sesión plenaria é polo servizo de recollida de

lixo municipal, pois as avarías conti-nuas que está a ter o camión provo-can que varios lugares do municipio se estén a converter “case que nun vertedoiro incontrolado”.

Por este motivo, os socialistas ins-tarán ó Goberno local a facer unha valoración do que custaron as últi-mas reparacións de dito vehículo, así como do gasto que pode supoñer a adquisición dun novo, xa que “ano tras ano son varias as facturas que o Concello ten que pagar polas nume-rosas avarías”. Tal é así, que nos últi-mos tres tres anos, os pagos corres-pondentes a este concepto aproxí-manse ós 8.000 euros. Deste xeito, no caso de que a compra fose dema-siado elevada, o grupo do PSOE pro-porá que esta se realice compartida con outros Concellos; o que permi-tiría abaratar considerablemente o custe da mesma. “É dicir, o que nós pretendemos é que se preste un ser-vizo axeitado, non que, como acon-tece na actualidade, o municipio sexa un almacén de lixo.

Por iso, se o Concello non pode afrontar a compra dun camión por si só, a solución que proporemos é que o Alcalde a negocia con outras entida-des. Con isto, conseguirá dúas cousas: atallar o problema, conseguindo pres-tar un servizo eficaz, e reducir custes”, destaca García Porto.

ANTAS DE ULLA O PSOE afirma que “ a vila conta cuns servizos deficitarios de alumeado e recollida de lixo”

Os socialistas critican a “deixadez de funcións” do alcalde de Antas de ulla

Cadros de luz no centro da vila de Antas de Ulla

MONTERROSO As obras custarán 350.000 euros

A Deputación contrata as últimas obras do complexo multideportivo de Monterroso

A Deputación de Lugo aprobou a contratación da última fase das obras de construción do complexo mul-tideportivo con piscina climatizada de Monterroso, por un importe de 350.000 euros. Tal e como destacou o voceiro provincial socialista, Ma-nuel Martínez, “a pesares dos pro-blemas, sacamos adiante un proxecto que suporá unha considerable me-llora na calidade de vida dos veciños de toda a comarca da Ulloa”. Nesta última fase levaranse a cabo peque-nas actuacións restantes, como a ins-talación de portas; de parte do acris-talamento ou tarefas de pintura, polo que previsiblemente estarán remata-das nun prazo de seis meses.

Trátase dunha infraestrutura si-tuada no parque empresarial mon-terrosino que contará con piscina cli-matizada de 200 metros con capaci-dade para 100 persoas; un ximnasio de 112 metros cadrados para máis de 20 usuarios; unha pista multide-portiva, e outros servizos deportivos e sociosanitarios para persoas de to-das as idades.

RECLAMACIÓN HISTÓRICAOs veciños da Ulloa contarán con

espazos para a práctica de deportes como o baloncesto, fútbol ou pádel, e os usuarios de máis idade poderán re-cibir tratamentos termais nunhas ins-talacións modernas para as que se ti-

veron en conta factores como o illa-mento acústico ou o aforro enerxé-tico. “A Deputación saldará así unha reclamación histórica de Monterroso, que levaba anos pedindo á Xunta de Galicia a creación dun complexo pú-blico como este para a Ulloa”, desta-cou Martínez.

A posta en marcha desta dotación habilitará novos servizos ós veciños, ó tempo que potenciará a creación de traballo na zona, pola obriga de incor-porar persoal como monitores de de-portes ou socorristas, así como outros postos de traballo como administrati-vos, vixilancia ou persoal de limpeza.

Imaxe da última Xunta de Goberno celebrada na Deputación de Lugo

Page 10: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

10

ecOnOmíA

crónicas da comarca - Xaneiro 2014

A empresa de Monterroso Ali-bós Galicia é a gañadora da XIV edi-ción do Premio Aresa de Desenvolve-mento Rural, tal e como decidiu o xu-rado nunha reunión mantida na sede da Vicerreitoría do campus de Lugo. O premio, dotado con 10.000 euros, entregarase o 31 de xaneiro na Facul-tade de Veterinaria.

A empresa presidida por Jesús Quintá García, en Monterroso re-úne na súa candidatura os tres ras-gos principais para recibir este pre-mio, tal e como se recollía nas bases deste ano: o fomento do emprego, a súa viabilidade e a posta en valor dos produtos da terra.

Os moitos anos de crecemento sostido desta empresa avala a pri-meira esixencia, o mesmo que fan os 130 postos de traballo que xera en tempada e a posta en valor dun pro-duto tan galego como é a castaña.

Alibós adedícase desde 1968 á ela-boración de castaña pelada e conxe-lada fundamentalmente. De feito, procesa en fábrica máis de 6.000 to-neladas ao ano, das que 5.000 se des-tinan ao consumo humano e o resto son para a alimentación de porcos da categoría Selecta de Coren.

SERVIZO INTEGRAL No ano 2010 iniciaron o Proxecto

Soutos, a través dun convenio fir-mado coa Deputación Provincial de Lugo. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende revalorizar o me-dio rural galego rentabilizando os soutos, os bosques autóctonos, ao mesmo tempo que se loita co despo-boamento rural.

A través deste proxecto, Alibós firma un contrato cos propietarios dos soutos para proporcionarlles un ser-vizo integral, desde o asesoramento antes da plantación ata a comerciali-zación, pasando polas fases interme-dias de plantación profesional e reco-llida mecanizada. Nestes tres anos, xa son 225 as hectáreas incluídas nese proxecto, 200 de nova plantación e 25 de recuperación do souto.

O Proxecto Soutos culmina coa creación dun viveiro de castaños para froito e dunha empresa, denominada Soutos Sativa, para asesorar desde a preplantación ata a venda de produto final. Así mesmo, tamén está involu-crada neste proxecto ‘Integra Casta-nea’, que ten por obxectivo estudar e mellorar a polinización, a micorriza-ción e a recollida mecanizada de cas-tañas.

COMARCA O rexedor de Monterroso é o único da provincia que non ten nómina

A nova reforma local limitará os soldos dos alcaldes

A Lei 27/2013 de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Lo-cal que recibiu luz verde no Congreso a finais de decembro, contempla grandes cambios nos artigos que re-gulan as retribucións respecto á pro-posta inicialmente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Así no texto final os salarios son máis elevados e calcúlanse por tra-mos en función da poboación dos concellos, que tomará como referen-cia a retribución bruta anual dun se-

cretario de Estado. Se o Ministerio mantén a base de cálculo que em-pregou na tramitación da norma, se-ría de 100.000 euros anuais, mentres que na Lei de Presupostos asignan a este cargo 71.886 euros para este exercizo.

Por esta razón, o Consello Xeral de Secretarios, Interventores e Tesourei-ros da Administración Local alertou fai uns días a Facenda da necesidade de coñecer canto deben cobrar final-mente os alcaldes dos municipios.

Na comarca da Ulloa, o alcalde popular Javier Varela, cobra 35.000 euros brutos ó ano, mentres que o al-calde popular de Palas de Rei, Pablo Taboada recibe un total de 31.000 euros brutos anuais pola súa dedica-ción exclusiva.

Por outra banda, Antonio Gato, o rexedor socialista de Monterroso, non ten nómina como tal senón que tan só percibe un total de 100 euros por asistencias ás Xuntas de Goberno e ós Plenos.

MONTERROSO O premio entregarase o 31 de xaneiro na Facultade de Veterinaria

Alibós obtén o XiV Premio Aresa de desenvolvemento Rural

Varias mulleres traballando na fábrica de Alibós

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera, participou no pri-meiro encontro formativo cos 135 novos bolseiros selecciona-dos pola Consellería de Econo-mía e Industria para colaborar na implantación dos servizos avan-zados de mellora da competitivi-dade facilitados ao tecido empre-sarial mediante o programa Reac-ciona, onde salientou que un terzo dos titulados que remataron o seu período como bolseiros na convo-catoria anterior xa están contrata-dos polas empresas participantes.

No primeiro encontro forma-tivo da nova convocatoria, o direc-tor xeral do Igape salientou que as novas bolsas permitirán que cada un dos titulados seleccionados teña a oportunidade de partici-par, no ámbito do programa Reac-ciona, na implantación de proxec-tos de mellora competitiva en va-rias pemes, para mellorar así as súas posibilidades de acceder ao mercado laboral.

Nesta convocatoria está pre-visto, que poidan realizar as prác-ticas en clusters empresariais e en-tidades colaboradoras da Unidade Galicia Emprende, nas que adqui-rirán coñecementos sectoriais ou acerca do proceso de análise de proxectos e apoio aos emprende-dores. Entre os bolseiros seleccio-nados destacan os titulados en ad-ministración e dirección de empre-sas (48%) ou en diferentes ramas de enxeñaría (33%).

BOA EXPERIENCIA Os bolseiros seleccionados na

anterior convocatoria están a ava-liar positivamente a súa participa-ción no programa, que lles permi-tiu participar no deseño e aplica-ción de plans de negocio e progra-mas de mellora, na elaboración de informes de vixilancia competitiva ou na procura de clientes ou im-portadores para as empresas nas que colaboraron para contribuír á mellora da súa competitividade.

O Programa Reacciona conta cun orzamento de 5 millóns de euros, durante dous anos. Con este Programa, o Igape realizará máis de 2.200 diagnósticos gratuítos de internacionalización e de compe-titividade e impulsará a implanta-ción de servizos avanzados de alto valor engadido, co obxectivo de fa-cilitar a profesionalización e a me-llora na estratexia e na xestión das empresas beneficiarias.

COMARCA

Novos titulados accederán ao mercado laboral coas bolsas do Igape

Page 11: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

ecOnOmíA

crónicas da comarca - Xaneiro 2014 11

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 7 de xaneiro, a convocato-ria de axudas para a mellora da com-petitividade das explotacións leiteiras galegas. A estas achegas a Conselle-ría do Medio Rural e do Mar destina 4 millóns de euros.

O obxectivo destas axudas é apoiar as inversións que incidan na redución de custos na produción lei-teira mediante estratexias de aforro. Con elas tamén se busca impulsar a eficiencia enerxética nas explotacións leiteiras, promovendo a substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables.

Poderán beneficiarse delas os ti-tulares de explotacións leiteiras que sexan agricultores profesionais ou cando a explotación teña a cualifica-ción de prioritaria, e serán subven-cionables os investimentos de ata un máximo de 50.000 euros por UTA sen superar 100.000 euros por explota-ción.

O prazo de presentación de so-licitudes remata o 7 de febreiro. Es-tas deberán presentarse preferible-mente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Tamén se po-derán presentar as solicitudes en pa-pel utilizando o formulario normali-zado dispoñible na mesma sede elec-trónica.

Estas axudas están cofinanciadas con fondos FEADER, sendo a intensi-dade de axuda de entre o 40 e o 60% do investimento. Proceden dos fon-dos adicionais derivados do Chequeo

Médico e do Plan Europeo de Recu-peración Económica (PERE) asignados pola Comisión Europea ao Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, destinados ao novo reto das medidas de acompañamento á reestruturación do sector lácteo. A fi-nalidade de mellorar a viabilidade e competitividade das explotacións lei-teiras galegas.

PLANS IMPULSAEstas axudas enmárcanse tamén

nos Plans Impulsa de Lugo e Ourense,

que teñen como obxectivo funda-mental dinamizar a actividade econó-mica destas dúas provincias. Nestas iniciativas contémplase precisamente como un dos sectores con potencial de crecemento o da industria da ali-mentación (neste caso, en particular, o sector lácteo).

Na orde de axudas inclúese unha discriminación positiva para as so-licitudes provenientes de Lugo e Ourense, ás que se lles outorga un punto extra nos criterios de barema-ción.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, distribúe preto de 5,8 millóns de euros entre empresas da pro-vincia de Lugo para promover a transformación e comercialización de produtos agrícolas e forestais.

As axudas, cofinanciadas con fondos europeos Feader, veñen de facerse públicas mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e, no mesmo recó-llense unhas achegas económicas que ascenden a 5.796.540 euros para o caso de empresas e explo-tacións radicadas en Lugo.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, sinalou que “62 empresas lucenses do sector agrícola e forestal se benefician destas axudas” e fixo fincapé en que esta colaboración económica por parte do Executivo galego ten por obxectivo “impulsar a moder-nización e innovación tecnolóxica dos centros produtivos”.

Neste sentido, boa parte des-tas achegas entran dentro do Pro-grama de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, a través do cal re-ciben axudas 55 empresas e explo-tacións de Lugo. Deste ámbito es-tratéxico, resultan un total de 5,5 millóns de euros das subvencións.

Por outra banda, outras sete firmas do sector forestal lucense (serradoiros, na súa meirande parte) obteñen axudas mediante o Programa de Desenvolvemento Forestal (PDF) de Galicia. En total, as achegas que reciben estas em-presas lucenses do sector forestal suman 285.569 euros.

MELLORA DO SECTORA representante da Xunta na

provincia fixo fincapé en que a tra-vés destas liñas de apoio actúase de modo importante “na mellora dun sector estratéxico do tecido socioeconómico da provincia”, co-laborando con financiación “para dar un pulo na modernización das instalacións e das liñas de produ-ción das mesmas”.

Así mesmo, cómpre destacar que está aberto o prazo de presen-tación das solicitudes da convoca-toria de axudas do ano 2014 para promover a transformación e co-mercialización de produtos agra-rios. O prazo de presentación das solicitudes remata o día 27 de xa-neiro. Destas axudas está excluído o sector vitivinícola, que conta cunha orde específica, publicada o día 24 de decembro.

A Xunta distribúe preto de 5,8 millóns de euros entre empresas da provincia de Lugo

COMARCA O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de febreiro

A Xunta destina 4 millóns a axudas á competitividade no sector lácteo

As axudas apoiarán as inversións para aforrar custos na produción leiteira

A Consellería de Traballo e Benes-tar subvencionou en Lugo con preto de 20.000 euros de investimento doce proxectos de voluntariado im-pulsados tanto por asociacións como por entidades sociais, culturais e xu-venís.

Entre os beneficiarios están a aso-ciación Aliad-Ultreia, que atende a persoas en risco de exclusión social; a Asociación de Persoas Xordas de Lugo, a Asociación Xuvenil e Cultu-ral Ateibo, e a Asociación Raiolas, que traballa pola mellora da calidade de

vida das persoas con autismo.O programa de Servizo de Volun-

tariado Xuvenil que promove esta liña de axudas consiste en sufragar os proxectos de acción voluntaria pre-sentados por colectivos e administra-cións locais sempre que a dita acción voluntaria sexa desenvolvida por mo-zos e mozas de idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, ou de 16 a 18 anos con autorización dos pais ou ti-tores legais.

Poden concorrer a estas axudas entidades inscritas no Rexistro de Ac-

ción Voluntaria de Galicia que pre-senten iniciativas relacionadas co Ca-miño de Santiago, con colectivos en situación de risco, coa recuperación da cultura, arte e tradicións popula-res galegas, ou ben actividades xuve-nís, ambientais ou relacionadas coa igualdade de xénero.

As persoas voluntarias que parti-ciparon nestes proxectos obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Vo-luntariado un certificado de educa-ción non formal acreditativo da ac-ción voluntaria desenvolvida.

traballo e Benestar subvenciona 12 proxectos lucenses de voluntariado

COMARCA Por un importe total cercano aos 20.000 euros

COMARCA

Page 12: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

12

ActuAlidAde

crónicas da comarca - Xaneiro 2014

- Que é a Verbena Galega e por que xorde?

- Verbena Galega é un proxecto que procura renovar as festas de po-bos e parroquias dun xeito alegre e festivo. O tráiler da Verbena chega a calquera vila ou torreiro, móntase o escenario e o que nel acontece é unha grande festa centrada na mú-sica galega, tanto a tradicional-folk como a música actual. Unha proposta que recupera a música galega para as nosas festas, que renova o panorama con música totalmente en directo, chea de alegría e baile, unha música que ten que ver coa nosa xente, coa nosa forma de bailar, de rir, de sentir e que servirá como punto de encon-tro para nenos e maiores nun espazo tan especial como é a festa de cada vila. Pensamos que é necesario reno-var a oferta cultural e por eso xorde a iniciativa, sempre pensando en que a proposta sexa de 1º nivel pero ta-mén en facilitar a todos os niveis que as comisións de festas conten cunha proposta como sempre houbo pero como nunca se viu, xa que a música galega sempre estivo aí, pero nesta ocasión subímola a un gran escena-rio, cunha producción (luz e son) de gran nivel e creamos un espectáculo que pode estar á altura de calquera orquestra/pachanga latina que esta-mos acostumados a ver. Máis aín, mi-llorando estas propostas dado que a escolla musical e a orixinalidade das músicas que van sonar están fóra de dúbida.

- Que achegan ás festas?- Achega 5 horas de música, baile

e festa, música de sempre con gru-pos que todo o mundo coñece como Uxía, Malvela, Pandeiromus, A Or-questra Os Modernos ou Coanha-deira no plano do tradicional e ban-das como O Sonoro Maxín, Talabarte, Caxade, A Magnifique Band, Os Cu-chufellos ou mesmo Dios Ke Te Crew, son parte do elenco que neste 2014 estará ao dispór de quen queira in-novar nas súas festas, adaptando a festa aos gustos da súa xente. A pro-posta consta, pois, dun grupo de mú-sica tradicional-folk, un grupo de mú-sica actual e un peche de sesión que cun picadiscos que recuperará éxtos de hoxe e sempre na nosa música fa-cendo unha sesión única, adaptándoa aos gustos do público de cada lugar. A Verbena Galega, ademais, pode estar presentada por unha personaxe tele-visiva (Os humoristas do Luar, un mo-nologuista..., etc) dándolle un punto humorístico á Verbena e servindo de

enlace entre as Verbena e o público. Tamén poñemos ao dispór das co-misóns, de forma complementaria, unha serie de espectáculos e anima-cións coas que poden contar se o des-exan: espectáculos infantís, conta-contos, pasarrúas musicais, espectá-culos de circo e máis, todo para que, quen queira, innove de xeito orixinal e único.

- Como teñen que facer as comi-sións de festas para levar a Verbena á súa localidade?

- O único que teñen que facer é poñerse en contacto con nós, xa sexa a través da web www.verbenagalega.org ou no teléfono 981 582 836 e con-sultarnos que tipo de Verbena que-ren, podendo adaparnos a case todos os gustos, dada a variedade de gru-pos cos que traballamos e á adapta-bilidade do escenario e equipos técni-cos que a Verbena inclúe.

- Que se pode atopar dentro do "tráiler" da Verbena?

- Neste trailer atoparemos unha festa que nos é familiar, que está moi perto do que os galegos e galegas en-tendemos como festa: música alegre e chea de referencias á nosa cultura, aos nosos bailes de sempre. Para elo contamos con grupos de música tra-dicional-popular de primeirísimo ni-vel, pensando nese público máis he-teroxéneo no principio da festa. A segunda parte da Verbena orientá-mola á música actual que se está a fa-cer con bandas que van dende esti-

los como a cumbia, a rumba ou o re-agge ata propostas máis achegacdas ao Rock Bravú, ao rap ou ao indie, po-dendo optar a uns estilos ou outros en función dos gustos de cada lugar.

- Sempre é o mesmo espectáculo ou hai varias versións?

- Hai tantas posibilidades como grupos dispoñibles, é dicir, cada ver-bena Galega pode ser diferente en función dos grupos que participen, podendo facer varios días con pro-postas diferentes, combinar os estilos e grupos ao gusto de cada festa.

- Xa se teñen levado a cabo varias Verbenas. Como foi a súa acollida?

- A acollida foi sempre incrible, atopamos un público que non tiña ata o de agora unha opción similar, xente que gosta da música tradicional ou das novas músicas que se están a facer en Galicia e que ata o de agora non atopaba estas propostas nas no-sas festas. Ademais, as críticas ao for-mato da Verbena Galega son moi boas, xa que atopamos un grande es-cenario, moi aparente e á altura de calquera boa orquestra, así como a iluminación e o son, moi coidados e pensados para que quen se achegue a ver a nosa verbena vexa un grande espectáculo, unha aposta chea de cor e de moi boa música.

- Veñen de presentar nova web. Que atoparemos nela?

- Na web podemos atopar todas as novidades da verbena Gaega: un

apartado no que a xente pode con-figurar a súa propia verbena esco-llendo as opcións que máis lle inte-resen, pero tamén o video promocio-nal (onde se pode ver un petisco do que é a verbena Galega), así como un apartado con recortes de prensa das pasadas edicións, e todas as expli-cacións para que se saiba moi ben o que é este proxecto e todo o poten-cial que ten.

- En 2014 haberá algunha novi-dade respecto á pasada tempada?

- A novidade segue a ser, primira-mente o proxecto en sí, que é total-mente novo. Pero si, este ano am-pliamos o abano de posibilidades en canto a grupos que poden formar parte, podendo adaptarse así aos gustos tan diversos das festas galegas. Ademais, as comisións de festas e de-mais organizadores poden configurar a súa propia Verbena adaptándoa ao público de cada lugar. Esas son 2 gran-des novidades para este 2014, se ben, o feito de seguir a ser un proxecto centrado nas músicas que sempre houbo na nosa terra pero que dalgún xeito un día deixaron de estar presen-tes nos palcos das nosas festas pensa-mos son as grandes apostas e innova-cións da Verbena Galega.

- Cando se pode contratar a Ver-bena Galega?

- Xa mesmo! a Verbena Galega está xa na rúa e moi pronto alá onde se reclame. Somos "A Festa de sem-pre como nunca a viches”!!!

ENTREVISTA Manuel Vicente, responsable da Verbena Galega e de Culturactiva SCG

Manuel Vicente, responsable desta novidosa iniciativa, Verbena Galega

“Achegamos 5 horas de música, baile e festa con grupos que todo o mundo coñece”

Page 13: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

ActuAlidAde

crónicas da comarca - Xaneiro 2014 13

Baixo a campaña “ Mira que te mi-ren” os veciños palenses recibiron di-ferentes pautas de seguridade vial para evitar atropelos nas estradas.

Foi nunha charla informativa que se celebrou no Edificio Multiusos deste municpio e que se enmarca dentro dunha campaña de sensibili-zación vial que se está a levar a cabo dende a delegación do Goberno en colaboración coa Xunta de Galicia.

A charla estaba dirixida ás persoas maiores de 65 anos xa que é o colec-tivo no que máis se producen este tipo de accidentes. A esta sesión acu-diron os membros da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Palas.

CONSELLOS A charla centrouse en ofrecer ós

asistentes diferentes consellos que deben aplicar no seu paseo diario, ta-les como cruzar sempre polo paso de peóns, mirar a ámbos lados e agardar a que paren os vehículos; si un axente regula o tráfico as súas indicacións te-ñen prioridade; non cruzar falando

polo teléfono ou escoitando música.Non só se lle ofreceron consellos

para os paseos no centro da vila, se-nón que tamén se lles explicou que é necesario que adopten diferentes medidas de seguridade cando cami-ñan por estradas: para atravesar a calzada hai que camiñar perpendi-

cularmente ao eixe da calzada, non cruzar en proximidades de curvas ou cambios de rasante; utilizar un ele-mento reflectante visible a unha dis-tancia mínima de 1,50 metros entre o ocaso e a saída do sol ou en con-dicións meteorolóxicas ou ambientais que dificulten a visibilidade.

As mellores postais foron premiadas en Palas de Rei

PALAS DE REI

Entrega de premios en Palas

PALAS DE REI

Os maiores de Palas de Rei reciben consellos para evitar atropelos

PALAS DE REI Os asistentes entregouselles un chaleco reflectante

Presentación da Campaña ós veciños de Palas de Rei

Mateo Mosquera, Uxío Arias, Ismael López e Mateo Irago foron os premiados no concurso de pos-tais que cada ano organiza o de-partamento de Cultura do Conce-llo de Palas de Rei. Os premios fo-ron entregados no Festival de Na-dal do colexio público.

“Operación Quilo” axuda ós máis necesitados de Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei, en colaboración coa igrexa parroquial de San Tirso palense puxo en mar-cha unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros. Esta iniciativa levaba por nome “Ope-ración Quilo” e tivo como obxec-tivo único a doazón de alimentos para poder entregarlles ás familias que están atravesando unha situa-ción difícil no municipio.

Para iso, colocáronse varias caixas solidarias no supermerca-dos da vila, onde a xente podía fa-cer as súas aportacións.

UNHA TONELADAO Concello de Palas de Rei agra-

dece ós cidadáns a súa colabora-ción con esas caixas solidarias, xa que permitiu a recadación dunha tonelada de alimentos que se dis-tribuíron entre as familias palen-ses que máis o necesitan. O resto do recadado foi enviado á cáritas diocesana de Lugo.

“Operación Quilo” axuda ós máis necesitados do municipio palense

PALAS DE REI

A riqueza patrimonial, cultural e natural da Ulloa, a análise

A Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar das Donas “Os Lobos” e o Concello de Palas de Rei, coa colaboración de Arqueixal, orga-nizaron unha Xornada sobre o Patri-monio Cultural da Ulloa baixo o título de “Patrimonio, natureza, cultura… posta en valor” que se levo a cabo no concello palense.

A xornada comezou cunha visita guiada que percorreu o municipio para dar a coñecer ós participantes

os elementos patrimoniais diferen-tes dos que a data de hoxe son em-blemas de Palas de Rei: a igrexa de Vi-lar de Donas, o Castelo de Pambre ou o Camiño de Santiago.

Pola tarde, os asistentes partici-paron nunha mesa redonda onde se ofreceron diferentes puntos de vista sobre a situación do patrimonio neste municipio da Ulloa e a repercusión que pode ter para as persoas que nos visitan.

Ruta de sendeirismo programada dentro da xornada

O Grupo de Desenvolvemento Rural Miño Ulla, ao que pertencen os tres municipios da Comarca da Ulloa, recibirá un total de 2,4 mi-llóns de euros para investir en di-ferentes proxectos para dinamizar o rural da zona durante o período 2014-2015.

A maiores dos tres concellos da Comarca: Palas de Rei, Monte-rroso e Antas de Ulla, tamén de-penden deste Grupo: Chantada, Taboada, Carballedo e Portomarín.

O MáIS ELEVADOO Grupo de Desenvolvemento

Rural Miño Ulla será o que conte co presuposto máis elevado en-tre todas as entidades da provin-cia para xestionar o Plan Leader e ocupará o terceiro posto de Galicia no ámbito económico.

Durante os vindeiros dous anos o Grupo de Desenvolvemento Ru-ral Miño Ulla manexará un total de 2.424.469 euros, distribuidos en dúas anualidades: 1.102.455 euros para o 2014 e 1.322.014 para o 2015.

COMARCA

O GDR Miño-Ulla recibe 2,4 millóns de euros para os anos 2014 e 2015

Page 14: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

14

Xente dAQuí

crónicas da comarca - Xaneiro 2014

mercar en monterroso tivo premioMONTERROSO A Asociación de Comerciantes impulsou as compras no municipio

Unha nena foi a man inocente no sorteo celebrado pola asociación de comerciantes

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Monterroso organizou como cada ano coa chegada das da-tas de nadal, un novo concurso para que os veciños que mercasen na vila os seus agasallos tiveran a oportu-nidade de levar un premio. Trátase dunha iniciativa que pretende im-pulsar as compras na vila e ó mesmo tempo dinamizar o comercio local.

Os números seleccionados no sor-teo que se celebrou o pasado 7 de xa-neiros son tres: 06297, 02811, 01175. Os lotes premiados recolleranse na Mercería Gaseosas e serán válidos ata o 8 de febreiro de 2014.

Trátase dunha iniciativa que ten moi boa acollida por parte dos veci-ños monterrosinos coa que colabora o Concello de Monterroso.

PALAS DE REI O evento chega este ano a edición número oito

Gran participación veciñal na cata degustación do Viño Paisano

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Palas de Rei (ACIPA), organizou a VIII Cata Degustación do viño Paisano en colaboración co con-cello palense e outras entidades. O evento, un dos máis concurridos de A Ulloa, comezou coa degustación gratuita para todos os asistentes de viño acompañado con torresmos fei-tos ó espeto con queixo e pan de Pa-las. Este ano, os empresarios afirma-ban que “ reuníu preto de 2.000 per-soas no casco urbano da localidade”.

A maiores da degustación gra-tuita, un xurado con persoas entendi-

das no tema vinícola determinou as tres mellores barricas de viño que fo-ron premiadas. Case todos os partici-pantes procedían da vila palense ex-cepto algún que se desprazou dende municipios limítrofes como son Mon-terroso ou Antas de Ulla.

O obxetivo da realización desta Cata degustación era potenciar a afluenza de público a Palas de Rei, nunhas datas tan sinaladas como era a noite de reis.

Como cada ano, ACIPA entregou varios agasallos os afortunados no sorteo que se leva a cabo cada ano

por estas datas e premia a fidelidade dos clientes por mercar no comercio local no nadal.

Entregouse un vale de compra por un valor de 500 euros e outro de 150 euros, unha viaxe de fin de semana a Mallorca para dúas persoas, un ro-bot de limpeza e unha noite román-tica para dúas persoas nun balneario do municipio. Cada ano colabora con esta campaña o Concello de Palas de Rei, a Deputación de Lugo, Panadería Fernando Valín, Panadería Fraga, Pa-nadería Irene, Panadería Sande, Ar-queixal e Novagalicia Banco.

O rexedor palense, Pablo Taboada, entregando un dos premios de ACIPA

ANTAS DE ULLA

Antas despide o ano coa música da súa Banda

A Banda de Música de Antas de Ulla foi a encargada ofreceu ós veciños un concerto para despedir o ano 2013. Foi unha actuación na que tamén participaron os máis pequenos.

No concerto os asistentes pui-deron gozar de música de varios estilos e de temas coñecidos de Andrés do Barro ou Juan Pardo ou cancións propias da época como eran as panxoliñas.

As cantareiras de Fiadeira ofrecen un concerto en Melide

Os membros do grupo de can-tareiras de Fiadeira de Antas de Ulla achegouse ata Melide para dar un concerto nun coñecido pub. Ata este lugar desprazáronse numesos veciños para gozar da boa música da Ulloa.

Os máis pequenos, protagonistas da Gala de Nadal da Asociación Fiadeira

A Asociación Fiadeira de Antas de Ulla adicada ó baile e á música tradicional celebrou como cada ano, unha gala de Nadal, na que os protagonistas foron os cativos do grupo. O acto celebrouse na Casa da Cultura do municipio. A agru-pación ofreceu ós asistentes unha hora e media de pezas cantadas, bailadas e tocadas.

ANTAS DE ULLA

Page 15: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

Xente dAQuí

crónicas da comarca - Xaneiro 2014 15

O Palas comezou a segunda volta cunha nova vitoria contra o Paradela en Os Chacotes por un resultado dun gol a cero.

Na primeira parte non se viron ocasións claras de gol para ningún dos dous equipos, sería xa na se-gunda parte cando o balón entraba na portería do Paradela, dándolle a vitoria ó equipo palense.

O seguinte partido que desputou o equipo palense foi co Calasancio.

Neste encontro, a primeira parte presentouse tranquila xa que os equipos marcaron un gol cada un e fóronse ó vestiario cun empate. A se-gunda parte o Palas CD dominou o xogo marcando tres goles máis.

O Palas continúa nos postos de ascenso debido ós grandes partidos que está a desputar.

CD GUNTÍN 0 – SD ANTAS 1Aínda que o encontro presen-

touse moi igualado, os dous equipos foron protagonistas nalgún momento do partido. Os de Antas comezaron sendo superiores na primeira parte mentres que na segunda metade o Guntín saía ó terreo de xogo para ir a por todas.

Finalmente chegaría o gol para a SD Antas, na última parte do partido, un resultado que o Guntín non foi quen de remontar.

A Escudería Monterroso Sport retoma a súa actividade en 2014

Despois de tres anos de pa-rón no mundo das carreiras, os integrantes da Escudería Monte-rroso decidiron que 2014 era un bo ano para retomar a súa activi-dade. Javier González, Fabio Rivas e José Ángel Fente atópanse agora á fronte da Escudería Monterroso e márcanse como principal obxec-tivo a organización da sexta edi-ción do Slalom Concello de Monte-rroso, que xa está calendada pola Federación Galega de Automobi-lismo para o vindeiro 23 de agosto.

O Slalom do Concello de Mon-terroso foi un evento co que debu-tou a Escudería Monterroso Sport na súa organización e naceu no ano 2006. Sería no 2010 cando se puxo punto final a esta proba xa que, a agrupación monterrosina tivo que interrumpir a súa activi-dade por falta de medios econó-micos.

RALLIES

O Palas e o Antas, imparables no campionato

FÚTBOL

Imaxe de arquivo dun partido do Palas

Cea de Nadal da Sociedade Deportiva Antas

Os maiores e os pequenos que forman parte da Sociedade Depor-tiva de Antas de Ulla xuntáronse nunha cea de Nadal na que com-partiron unha xornada de confra-ternindade e na que disfrutaron partincipando tamén en diversos concursos.

Ademais, os máis pequenos ti-veron a sorte de ser visitados por Papá Noel, polo que aproveitaron para “recordarlle” as súas peti-cións para esas datas.

Os socios compartiron cea

Como vén sendo habitual e dentro das actividades que se or-ganizan para celebrar o Nadal, a biblioteca de Antas de Ulla buscou de novo este ano os mellores poe-tas infantís do municipio.

Establecéronse diferentes ca-tegorías en función da idade dos participantes. O xurado estaba composto por Natalia Santiso, No-elia Sola e María Gónte así como tamén por Teresa Batán a biblio-tecaria de Antas que participaba como secretaría deste grupo con voz pero sen voto.

PREMIADOSNa categoría A, os premios fo-

ron para Ánxela Fernández, Mar-cos Ouro e Ana Gay. Na cateogría B resultaron premiados Sandra Ma-riño, Airela Bouzas e Hugo García. Nesta última entregáronse dous accésits que foron para Marta Montes e Héctor Fernández.

Na última das categorías, os premiados foron Vanesa Con-cheiro, Antía Montes e Cristián Ro-dríguez, xunto con Brian Vázquez que levou o accésit.

A Biblioteca de Antas entrega os premios aos mellores poetas infantís

MONTERROSO

Marta Álvarez e Mercedes Gue-rreiro achegáronse ata a Deputa-ción de Lugo para escoitar a última das conferencias do proxecto “In-novate 2 Empresa: Lugo Innova” cuxo ponente era Emilio Duró, un dos máis destacados expertos es-pañoles en liderazgo e xestión da intelixencia emocional.

Ao remate do acto, agasa-llárono cunhas Maruxas de Nata da Granxa Maruxa de Cumbraos en Monterroso.

Marta e Mercedes con Emilio Duró

Emilio Duró coñece as Maruxas de Nata de Cumbraos

“Misión Sapiens” achega unha visión diferente da cultura galega aos veciños de Antas de Ulla

ANTAS DE ULLA

Os veciños e veciñas de Antas ti-veron a posibilidade de pasar unha tarde entretida na Casa da Cultura do seu municipio co espectáculo cómico “ Misión Sapiens” da produtora Ma-lasombra. Esta obra aglutina a cinco actores famosos galegos tales como: Xavier Deive, Xoque Carvajal, Luis Iglesia, Marcos Orsi e Jouse García

(profesor do grupo de teatro de An-tas e de Monterroso).

Misión Sapiéns é “un espectáculo de autoaxuda que en menos de dúas horas te transforma nun ser humano culto, educado e capaz de manter unha conversa sobre calquera tema sen quedar como un burro”, segundo a produtora Malasombra.

O espectáculo percorreu toda a xeografía galega

FÚTBOL

DEPORTES

ANTAS DE ULLA

Page 16: PAlAS de Rei Crónicas da Comarca - concellopalasderei.es xaneiro2014.pdf · O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presiden-cia

A pesar da mala meteoroloxía coa que os Reis Magos chegaron a Pa-las, foron moitos os nenos que acom-pañados polas súas familias os esta-ban agardando na praza do Concello. Chegaron a cabalo, acompañados dos seus paxes e repartiron caramelos e agasallos aos nenos que os recibiron. Tamén tiveron ocasión para conver-sar con eles e explicarlles cales eran as súas peticións para a noite máxica. A cabalgata foi organizada pola Ofi-cina de Información Xuvenil, coa co-laboración do Grupo Jim Sport, que fixo un donativo de material depor-tivo para os nenos participantes.

Os veciños de Monterroso recibi-ron os Reis Magos cun belén vivinte na Cúpula formado por nenos e adul-tos totalmente caracterizados. Mel-chor, Gaspar e Baltasar chegaron ata alí dende o mercado gandeiro. No seu percorrido tiveron oportunidade de saudar os nenos que ían atopando. Nesa tarde, os nenos puideron comer doces que se repartiron nos momen-tos previos á entrega da carta ós Reis. Como é habitual os tres Reis Magos retiráronse a descansar coa chegada da noite para coller forzas para reali-zar o seu reparto polas casas do mu-nicipio monterrosino.

melchor, Gaspar e Baltasar visitaron a ulloa

Belén vivinte na Cúpula en Monterroso No Belén participaron nenos acompañados das súas familias

Os Reis Magos atenderon as peticións dos nenos de Palas Chegaron en cabalo á praza do Concello palense

Crónicas da Comarcacrónicas da comarca. Edición A UlloaDepósito Legal: C 902 - 2013Director: Antonio Vázquez Fernández. Telf: 679 21 21 40Redacción: [email protected]: Publicaciones Tameiga SL

COMARCA Milleiros de veciños e veciñas desafiaron á climatoloxía para ver ás Súas Maxestades