p peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · máis recursos de...

24
Rexistrando polo miúdo o camiñado Tecnoloxía e sendeirismo no Barbanza TICs como remedio Perante a crise, parques científicos Informando a pé de rúa Innovación galega contra accidentes Software con cabeciña Máis recursos de accesibilidade P P e e g g a a d d a a s s v v i i r r t t u u a a i i s s g g a a l l e e g g a a s s www.codigocero.com revista de novas tecnolóxicas de Galicia_ número 63_ xullo-agosto_ 2008 O O p p a a í í s s f f a a i i c c a a m m i i ñ ñ o o n n a a R R e e d d e e

Upload: others

Post on 13-Aug-2021

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

Rexistrando polomiúdo o camiñado

Tecnoloxía e sendeirismono Barbanza

TICs comoremedio

Perante a crise,parques científicos

Informando apé de rúa

Innovación galegacontra accidentes

Softwarecon cabeciña

Máis recursos deaccesibilidade

PPPPeeeeggggaaaaddddaaaassss vvvviiiirrrrttttuuuuaaaaiiiissss ggggaaaalllleeeeggggaaaassss

wwwwww..ccooddiiggoocceerroo..ccoomm

revista de novas tecnolóxicas de Galicia_ número 63_ xullo-agosto_ 2008

OOOO ppppaaaaííííssss ffffaaaaiiii ccccaaaammmmiiiiññññoooo nnnnaaaa RRRReeeeddddeeee

Page 2: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación
Page 3: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

Hai unha teimosía galega aplicable a todos os niveis da vida pre-sencial que non podía deixar de apercibirse tamén na virtual. E todoiso, malia termos uns cantos atrancos no camiño do dixital quesemellan postos a propósito e engrandecidos a mantenta (só desexeito se entende que haxa máis e mellores posibilidades de acce-der á Rede nos lugares máis desenvolvidos do Estado español canos menos, coma se non tivese que estar máis asegurada a súapresenza nestes últimos… o mundo ao revés). Se cadra somos unpouco así, e tampouco está mal que sexa deste xeito: canto máisproblemas nos poñan diante, máis nos emperrenchamos en acadaraquilo que se nos prohibe. Que se nos di que non hai Rede, pois pro-curámola até debaixo das pedras. Que se nos di que na Internettodo o mundo ten que falar unha lingua común e que hai que com-portarse aquí como actuarías en Estados Unidos ou Xapón, poissomos máis galegos que nunca. Que temos un local hostaleiro evemos que as cadeas de comida rápida que veñen de fora nos rou-ban cada día máis clientes, pois poñemos chopos fritidos e Wi-Fi detapa. Todo é posible nunha situación onde se pon en xogo un tira-puxa de teimosías. Unha situación, por outra banda, ben curiosa:nun extremo da corda temos a alguén que di que dá e finalmentenon dá (certas entidades responsables de achegar recursos deRede das que preferimos falar para ter a festa en paz) e, polaoutra, temos a alguén que di que non quere que lle dean pero queno fondo devece porque non sexa así (certa parte da sociedade,satisfeita de non vivir na Rede no plano teórico, pero na prácticadesexándoo). Leas aparte (e para ir simplificando, que non é este olugar nin a ocasión para meterse en complexidades), a cuestión éque nos últimos tempos as augas do dixital semellan cada vez máisnidias na nosa terra. E o que queda é isto: queremos estar naSociedade da Información, tal como somos, seguindo algunha queoutra norma pero sen que nos digan o que temos que facer nin poronde temos que turrar nin en que lingua debemos comunicarnos.Nalgún punto do camiño, descubrimos que hai recursos na Internetpara todo, mesmo para protexer o noso, e iso rematou por conven-cérmonos. Nalgún treito do camiño, para cada quen unha historiaen si mesma, establecemos ligazóns emocionais co dixital. E iso édefinitivo. Non hai volta atrás. Debémelo ter en conta este 25 dexullo e máis o resto do ano.

4

5

DIRECTOR_Xosé María Fernández [email protected]

SUBDIRECTORES_Marcus Ferná[email protected] [email protected]

REDACTORES-XEFES_Fernando [email protected] [email protected]

FOTOGRAFÍA_Adolfo Enríquez Calo · Joferpa

REDACCIÓN_Diego Rosales (Linux)Manolo Gago (Opinión)David Lombardía (Nova Economía)Raquel Noya (Reportaxes)Moncho Paz (Opinión)Modesto Pena (Redes)Víctor Salgado (Dereito)Sevi Martínez (Xogos)

COLABORADORES_Sevi Martínez, Marcus Fernández,Diego Rosales, Fernando Sarasqueta, EmilioPérez Toriño e Raquel Noya.

SUPERVISIÓN LINGÜÍSTICA_María Xesús Vázquez

DESEÑO GRÁFICO_Grupo Código Cero ComunicaciónConxo de Arriba nº 49, 1ºC15706, Santiago de [email protected]

IMPRIME_Celta Artes Gráficas, S.L.Rúa Colón , 30. VigoTel. 986 81 46 00 · Fax 986 81 46 38

EDITA_Grupo Código Cero ComunicaciónConxo de Arriba nº 49, 1º C15706 Santiago de CompostelaTel.-fax: 981 530 268http://[email protected]

CÓDIGO CEROrevista de novas tecnolóxicas de GaliciaNÚMERO 63 _ xullo_ agosto_2008_

Publicación periódica. Prezo 1 euro.Depósito Legal: C-2301/01I.S.S.N. (edición impresa): 1579-7546I.S.S.N. (edición dixital): 1579-7554

O “Grupo Código Cero S. L.” reserva para si mesmo tódolos dereitos comoautor colectivo desta publicación ó amparo dos artigos 8 e 32.1 da Lei dePropiedade Intelectual. Quedan expresamente prohibidas a reprodución, dis-tribución e a comunicación pública da totalidade ou parte dos contidos destapublicación con fins comerciais, en calquera soporte ou por calquera mediotécnico sen a autorización da editorial.

NESTE NÚMERO...

3staff

8

10

12

14

16

18

20

19

21

11

Mándanos as túas suxestións, opinións, páxinas recomendadas, blogs ou sitios persoais ao

correo electrónico: [email protected]. As páxinas seleccionadas recibirán de

balde, por correo, a nosa revista en papel durante seis meses.

ssiinnaattuurraa__ccoonnvviiddaaddaaCONFIANZA NO FUTURO. DO PRESIDENTE DAXUNTA EMILIO PÉREZ TOURIÑO

NNOOVVAASSRESUMO DE ACTUALIDADE DE E-COMERCIO EDE EMPRESAS RELACIONADOS COAS NOVASTECNOLOXÍAS

RREEPPOORRTTAAXXEESSRUTAS DE SENDEIRISMO EMOCIONAL ENAROUSA NORTE

NOVAS TECNOLOXÍAS PARA CANDO TODO ODEMAIS FALLE

eessppeecciiaall__ggaalliicciiaa__nnaa__rreeddeeINTERNET, A NOSA NOVA PROVINCIA

ESCOLMA DE WEBS GALEGAS RELACIONADASCOA NOSA CULTURA E LINGUAS

SELECCIÓN DE RECURSOS XERAIS DA INTERNETGALEGA

DAMOS CONTA DAS 100 WEBS DO PAÍS MÁISVISITADAS POLOS INTERNAUTAS

RREEPPOORRTTAAXXEESSSEGUIMOS A INFORMAR SOBRE OS RECURSOSEN LIÑA PARA DISCAPACITADOS

INNOVACIÓN PARA PREVIR ACCIDENTES NASESTRADAS

NOVIDADES SOBRE O TREBELLO MÁISAGARDADO: O EPHONE

xxOOGGOOSSOFRECEMOS UNHA ESCOLA DAS NOVIDADESMÁIS SALIENTABLES DO MUNDO DOSVIDEOXOGOS

Dúas viaxeiras na liña “Conéctate” que une Ferrol coa Coruña

Page 4: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

4 sinatura convidada_e. pérez touriño

Confianza nofuturo

“Como presidente da Xunta,agradezo a posibilidade que me

brinda Código Cero deachegarme aos seus lectoresnunha data tan sinalada para

todos os galegoscomo é o Día de Galicia”

Aproveito estas liñas para felicitar osseus traballadores por facer posible cadadía esta iniciativa pioneira e que contri-búe de forma senlleira a promover edifundir as novas tecnoloxías e a socie-dade da información.

O 25 de xullo celebramos o ser e sen-tírmonos galegos e pertencer a esta rea-lidade viva que é Galicia. Celebramos,polo tanto, o feito de formar parte domundo como colectivo, como comuni-dade, como pobo.

Este ano, sen embargo, a alegría destacelebración vese algo ensombrecidapolas dificultades económicas queGalicia, como o resto do España, está aatravesar.

Unhas dificultades que teñen a súaorixe en feitos como a suba dos prezosdo petróleo ou dos alimentos e pola crisedo sector da construción, que están asementar a incerteza en moitos fogares.

Con todo, como presidente da Xunta,quero trasladarlles que se trata dunhasituación transitoria e que nos vindeirosmeses imos poder comprobar como anosa comunidade sae reforzada destasituación, cunha economía máis sólida emáis competitiva.

Os poderes públicos estamos actuandopara gañar tempo ao tempo e superarcanto antes esta situación. Tanto desde oGoberno de Galicia, como de España,estamos a poñer en marcha as medidasao noso alcance para facerlle fronte ácrise e paliar os seus efectos sobre oscidadáns, especialmente sobre aquelesque menos teñen, garantizando as pres-

tacións e os dereitos sociais nos quetanto temos avanzado nestes últimosanos.

Creo sinceramente que Galicia tenunha oportunidade única para dar o saltode modernidade e benestar que necesita.Nestes últimos tres anos, Galicia moder-nizou e fortaleceu notablemente o seutecido económico e as súas capacidadescompetitivas. Boa mostra desta afirma-ción é o feito de que liderásemos o cre-cemento económico e a creación deemprego no Estado e incrementásemosa velocidade de converxencia conEspaña e Europa, superando atrancoshistóricos.

E iso foi posible grazas ao proceso dediálogo social posto en marcha poloGoberno galego con empresarios e sin-dicatos, que puxo de manifesto que cocompromiso, a unidade e o esforzo com-partidos Galicia pode acadar os seusobxectivos de progreso e benestar colec-tivos. Así se referendou en recentesdatas coa sinatura do Acordo polaCompetitividade entre goberno e organi-zacións empresariais e sindicais. Unacordo que marca o camiño a seguirpara lograr un novo modelo produtivo,sustentable, baseado na innovación tec-nolóxica, a investigación e o coñece-mento.

Ese é o camiño que iniciou o Gobernogalego hai tres anos, e que ten na apostapola calidade, a competitividade, aexcelencia e a sustentabilidade as súasmarcas de identidade. As mesmas daGalicia do futuro.

emilio pérez touriño_ presidente da xunta de galiciawww.xunta.es

Page 5: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

Nace Muller Activa, unha ferramentade axuda en liña para as empresarias

A Son moitas as mulleres que, a díade hoxe, teñen que recorrer aosseus fillos e coñecidos para quelles axuden a conectarse á Rede oupara empregar o teléfono móbil elevar a cabo distintas xestiónsrelacionadas cos seus negocios(en realidade, tamén son moitos oshomes que se atopan co mesmoproblema pero desta volta a nosaatención vai dirixida de xeito exclu-sivo cara a elas, por seren as pro-tagonistas da ferramenta que pre-sentamos). As novas tecnoloxías,que semellan aínda un atranco

incluso param o i t a s

e m p r e -s a r i a sq u enecesi-t a nestar á última no eido da comunicación en liña e a interac-ción con outros usuarios, son unha das principais preocu-

pacións do Instituto de Formación en Liña(IFO). Este, coa axuda daa fundación Bip-Bip,

vén de pór en marcha un proxecto de forma-ción virtual baseado na creación e emprego de

contidos dixitais “multidispositivo”, adaptados aterminais móbiles, que ten como finalidade contri-

buir ó medre persoal e profesional das mulleresautónomas e con iniciativas laborais que deben con-

ciliar a vida laboral e familiar (e non morrer no intento).Este proxecto, que está a ser financiado dentro do Plan

Avanza do Ministerio de Industria, coñécese como MullerActiva (www.mujeractiva.net) e consiste na formación

dunha comunidade virtual dirixida a mulleres empresariais que ten como principalobxectivo formar a todas aquelas persoas que queiran (ademais de fortalecer o seunegocio) aprender o emprego e manexo das novas tecnoloxías. As usuarias de Muller Activa teñen á súa libre disposición todo tipo de información eformación específica para a súa ocupación e a posibilidade de acceder a distintos iti-nerarios formativos. Asemade, poden coñecer e empregar as novas tecnoloxías deprimeira man e adaptalas ó tempo do que dispoñen para formarse ou botar man dassúas posibilidades de comunicación e interacción con outras empresarias ou asocia-cións do seu interese. Esta iniciativa está pensada, segundo vén de asegurar Cecilia Ríos, a responsable doproxecto, “para todas aquelas mulleres autónomas que estean dispostas a aprendere a perder o medo ás novas tecnoloxías”.O servizo é totalmente de balde polo que nin o tempo nin os cartos son agora excusapara que as empresarias do noso país se poñan ao día en materia de novasTecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs).

Portos de Galicia publica unhaaplicación para achegarinformación das súas instalaciónsnáuticas ao móbil

O presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, presentou hoxe enSantiago a posta en marcha dun sistema multimedia de información dos por-tos deportivos a través do móbil orientada aos usuarios deste tipo de insta-lacións náuticas.

O sistema responde ao nome de SMIT Portos de Galicia, e para acceder aomesmo o usuario deberá instalar no seu móbil unha aplicación Java que llepermite o acceso a datos dos portos deportivos, como referencias xeográfi-cas ou rexistros multimedia, estando incluídas polo momento as instalaciónsde Ribadeo, A Pobra do Caramiñal, Camariñas, Portosín, Ribeira, Sada, Baiona,Cangas, Pontevedra, Portonovo e Sanxenxo (se estenderá ao resto de mari-ñas dependentes de Portos de Galicia nos vindeiros meses).

A aplicación móbil presenta de cada porto nutrida información: datos decalado, prazas de eslora, servizos para as embarcacións (combustibles, repa-racións, guindastres...) e para tripulacións (restaurante, médicos, supermer-cado...), breve descrición do porto, datos de contacto co xestor, datos técni-cos do porto deportivo (infraestruturas, número de amarres...), mapa do porto,fotos, vídeo, datos turísticos de interese da zona e outras informaciónsactualizables practicamente en tempo real.

Dende Portos de Galicia aseguran que esta sería a primeira iniciativa destetipo a nivel europeo.

Artistas unidos a prol da causa doTíbet crean un disco paradescargar en Internet

Sting, Suzanne Vega, AlanisMorissette ou Moby son algúnsdos músicos mundialmentecoñecidos que veñen de unirse aprol da loita polo movemento protibetano unindo as súas vocesnun disco que sairá antes dainauguración dos XogosOlímpicos de Pequín.

Cancións polo Tíbet, que así sechamará o traballo destes artis-tas, “pretende chamar a aten-ción sobre a importancia doTíbet, as súas riquezas culturaise a crise que afecta ó seu poboneste momento”, segun-do declarou para AFPun dos creadores doproxecto MichaelWohl, representanteda Fundación da

Arte da Paz que apoia ó Dalai Lama.O disco estará dispoñible para descargar en Internet a partires

do vindeiro 5 de agosto, tres días antes da cerimonia de inaugu-ración dos Xogos Olímpicos 2008 e será posto á venda asemana seguinte, segundo explicou Wohl, “a fin de expresaro noso apoio ó pobo tibetano nun momento no que tódalasmiradas do planeta están posts en China”.

O álbum estará integrado por novas composicións e versións,en versión acústica, de cancións xa gravadas anteriormentepolos mesmos artistas.

Blusens estrea nova páxina webefeitura máis atractiva

Lonxe de pechar porvacacións a nosa mul-tinacional tecnolóxicamáis internacional,Blusens, semella estarmáis activa que nuncae vén de presentarrecentemente a súanova páxina web cor-porativa na que intro-duce contidos actuali-zados sobre a compa-ñía nunha interfacecun deseño máisatractivo para osusuarios.

A nova web aporta, asemade, seccións melloradas de Soporte Técnico e DescargasMultimedia así como completa información e imaxes sobre a totalidade dos seus pro-dutos; todo isto presentado para navegar dun xeito máis intuitivo o que permite ato-par a información “de xeito doado, directo e rápido”. Así o vén de asegurar o directorde Marketing de Blusens, Miguel Churruca, que engadiu que o obxectivo do novo por-tal da firma “é mellorar substancialmente a experiencia de navegación do usuario,enriquecendo a cantidade e a calidade dos recursos aos que poden ter acceso”.

Esta nova páxina web inclúe accesos directos aos portais de BluGeneration (acomunidade en liña na que os usuarios de produtos Blusens poden interactuar, des-cargar e compartir contidos persoais), Blusens Aprilia e Blusens Music, o innovadorselo discográfico dixital da multinacional galega do que xa demos conta, máis detida-mente, noutra ocasión en Código Cero.

5NOvas_rreeddaacccciióónn

Page 6: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

R sitúa á fibra óptica comoresponsable do medre de bandalarga no país

O operador galego R vén de dar a coñecer unha serie de datos positivos paraa súa actividade. O estudo, que vén da man da Comisión do Mercado das

Telecomunicacións, non é outroque o último informe da CMTsobre a penetración das redesnas Comunidades Autónomas,onde se dá conta dun medre enGaliza das liñas de Internet dealta velocidade, cunha taxa decrecemento do 28,1%, o que dácomo resultado unha subida de 8puntos por riba da media do esta-do.

Segundo sinala o operadorgalego, este incremento estárelacionado de xeito ben estreitoco espallamento da fibra óptica

que a empresa habilita nas nosas vilas. De feito, omedre interanual do número de liñas de cable-módem que achega R así semella indicalo,situándose arestora nunha porcentaxe decrecemento do 33,2%.

Neste intre, a cifra de liñas está en125.000, o que significa que de cada dez habi-litadas en Galiza, case catro son da firmagalega.

O informe da CMT, engade R, sitúa á empre-sa como posuidora do 37,4% da cota debanda ancha en Galicia, dato que se sitúa arentes do 43% en provincias como A Coruña.Por outra banda, tamén acada o 20,9% dacota de telefonía fixa de toda Galicia.

Ser funcionario en Rusia e vivirde costas ao dixital:

mala combinaciónO bo de navegar por Internet, como de moitas cousas navida, é facelo porque queres e non tes unha ameaza dedespido pendurada sobre a túa cabeza. Pola contra, nondebe ser moi agradable ter que aprender os segredos daRede e da Sociedade da Información en xeral se até opropio presidente dun país che mira de esguello a vercomo te desenvolves co rato e co teclado (neste caso, asposibilidades de pifiala, malia non haber ningún estudoque o certifique, son sen dúbidas moito maiores). Ironíasaparte, o caso é que en Rusia vénse de escoitar unha cha-mada de atención directamente encamiñada ás orellasdos funcionarios: ou aprenden ben a empregar o compu-tador ou poida que sexan despedidos. A ameaza non vénde ningún cidadán alporizado por ver como os traballado-res públicos dan voltas arredor da carcasa dun ordena-dor para atoparlle o botón de prendido, senón que proce-de do propio presidente do país, Dmitri Medvédev (naimaxe), quen, amais de representar a Rusia polo mundoadiante, dáse a casualidade de que é un seareiro da Rede. Segundo informa La Vanguardia, a idea do xefe do

Estado (que fixo estas declaracións no marco duns encontros paraafianzar o uso das TIC en Rusia) é facer exames periódicos para ava-

liar o coñecemento dos empregados da administración, formación esta áque considera indispensable para comezar con bo pé a nova era tecnolóxi-

ca que xa se nos vén enriba, queirámolo ou non, a da cidadanía dixital. Sinalarque esta, entre outras cousas, vai encamiñada a achegar un contacto máisdirecto dos cidadáns coas institucións públicas e até unha meirande marxede manobra para a participación. Todo a través do uso das TIC. O certo é queas autoridades rusas vano ter difícil á hora de afrontar este proceso. Ousexa: de pouco vai valer dixitalizar aos funcionarios cando dous de cada dezrusos teñen acceso á Internet.

3.200.000 euros para 1ª fase dodespregamento da TDT en Galicia

Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia e o Ministerio deIndustria, Turismo e Comercio, a través da Secretaría de Estado deTelecomunicacións e para a Sociedade da Información, investirán 3.200.000euros para rematar a primeira fase de despregamento da Televisión DixitalTerrestre en Galicia segundo asegurou Fernando Salgado trala xuntanza daConferencia Sectorial de Telecomunicacións e da Sociedade da Información pre-sidida por Francisco Ros.

a USC prepara un sistema denavegación con imaxes en 3D

Para moitos de nós, percorrer en coche o treito que separa o lugar de traba-llo do ámbito doméstico (e viceversa) é arestora unha das actividades do díaque máis esforzo supón. E non porque haxa que empurrar o automóbil. Istoque se aplica a distancias máis ou menos curtas, gaña en complexidade se atraxectoria se estira. Dito doutro xeito: a máis quilómetros, máis loita porbuscar o teu sitio na estrada e por non perderte. Unha solución posible a isto,a parte de incrementar a nosa concentración e a nosa paciencia, é botar manda tecnoloxía. Así o entende o equipo de investigadores da Universidade deSantiago que traballa arestora nun sistema de navegación para coches (o3DNAV) que achegará, entre outras cousas, información xeográfica en tresdimensións. A idea sobre a que se sustenta o desenvolvemento (reflectido en El CorreoGallego e presentado hai uns días no Salón Internacional do Automóbil deLondres) é a de adiantar o que será o futuro dos GPS, que tirarán o máximopartido das recreacións virtuais para facilitarnos a condución.Estes apare-llos, como se puído albiscar grazas ao prototipo presentado polos investiga-dores galegos, serán máis semellantes ao Google Earth do que son hoxe endía, dando conta de todo tipo de detalles sobre o terreo coma se nós mesmosestivésemos sobrevoándoo.Como dixemos, un dos pun-tos máis salientables destesistema deseñado polodevandito equipo da USC(Instituto de InvestigaciónsTecnolóxicas daUniversidade de Santiago) éprecisamente o potencialque ofrece para o manexodos automóbiles, que non oúnico.

Radiohead ponlleimaxes en 3D ao seunovo single cunhaferramenta aberta

Pódese gravar un vídeo clip sen cámaras? A tenor do resultado da feituravisual do máis recente single que Radiohead extrae da súa obra In Rainbows (daque xa temos falado nesta mesma web con motivo da súa peculiar comercializa-ción na Rede), a resposta é si. Outra cousa é que nos guste. O caso é que coasimaxes que acompañan ó seu tema House of Cards, vense de constatar o que encerta maneira xa se sabía: a Thom Yorke e ao resto do grupo gústanlles máis asnovas tecnoloxías dixitais (como ferramentas de creación, de presentación etamén de distribución) ca untuneiro galego o reggaeton.

De feito, e para que se enten-da, o seu vídeo clip de The Houseof Cards está feito só con tecno-loxía láser e de datos, informa-ción que (por certo) se podeadquirir e empregar de xeitolibre nunha páxina aloxada porGoogle e con licenza CreativeCommons, sinala estes díasElpais.com.

Máis polo miúdo, para a elabo-ración do vídeo a banda empregou unha ferramenta de xeometría informáticaque xera raios de luz que se proxectan en determinados obxectos, neste caso osmembros do grupo. Estes raios, no caso de reflectirse a curta distancia sobre oque haxa diante, rexistran imaxes en tres dimensións. Para quen queira afondarnesta tecnoloxía, dicirlle que na devandita páxina de Google se informa en deta-lle sobre a gravación do vídeo. Asemade, e tratándose como se trata de un pro-duto aberto (non así a propia música), é posible usar os datos cun simulador oufacerse coa aplicación informática empregada polo grupo co fin de levar a caboun produto semellante.

6 NOvas_rreeddaacccciióónn

Page 7: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación
Page 8: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

8 rutas de sendeirismo-ava_rreeddaacccciióónn

Camiña,que algo

quedaAsí, a nosa visión muda con cada

web que visitamos, e o mesmo pasaco que se sente con cada chamadade teléfono. Tirar proveito destasconexións entre o emocional e otecnolóxico e máis concretamentedas ligazóns entre dispositivosGPS, paisaxes, rutas, mapas de xeo-localización e (por suposto) usua-rios é un dos obxectivos dun pro-xecto tecnolóxico-cultural posto enmarcha os días pasados na área deArousa Norte (concellos de Rianxo,Boiro, Pobra do Caramiñal eRibeira). Esta iniciativa, que xordedo Bio Mapping ideado polo artistainglés Chirstian Nold (quen acudiupara ver in situ o desenvolvementodas fases iniciais, e cruciais, do pro-xecto), conta coa achega tecnolóxi-ca da firma galega AVA SoluciónsTecnolóxicas, con sede enSantiago.

A proposta, chamada “ProxectoMET (Mapa Emocional Turístico)”consiste en pór en marcha un siste-ma de análise do comportamentoemotivo en función dos estímulosexternos que recibe a persoa nunintre e lugar determinados. No casoconcreto do eido de Arousa Norte,mesturando cultura, natureza e máistecnoloxía, o sistema estívose aaplicar na dixitalización e rexistrode datos vinculados a catro rutas desendeirismo da Mancomunidadedos ditos concellos. Ou sexa, quecoa axuda dun GPS, os participan-tes na iniciativa (preparada até nomáis mínimo detalle a comezos emediados de xullo) non só deixanconstancia do que ven e oen, senóntamén do que senten, tirándose par-tido da súa resposta emocional paraconfigurar un mapa dixital que vaiaalén do puramente físico.

Cómpre sinalar que para rexistrare divulgar os ditos datos, os sendei-ristas que colaboraron para sentaras bases do proxecto carretaron undispositivo activo que amoreaba ainformación recollida a través docontacto coa pel. Segundo sinalaVíctor López, da empresa AVASolucións, o sistema opera deste

xeito: “En función do punto no quese atope o participante na ruta, estemanifestará unhas reaccións emoti-vas positivas ou negativas, que setraducirán en valores, estes datosxunto cos facilitados polo equipode localización GPS, permitirán arealización dun mapa en dúas outres dimensións onde se poderávisualizar dun xeito “xeolocaliza-do“ a información recollida duran-te o percorrido”.

O concello seleccionado paraalbergar o centro de operacións doproxecto foi o de Boiro, a través doseu Centro Social. Con todo, cadaun dos termos municipais tivo o seucampamento auxiliar a comezos domes de xullo. As rutas leváronse acabo durante un máximo de dúashoras, sendo a versión reducida dascatro que ten habilitadas aMancomunidade (PR-G15, PR-G90, PR-G92; PR-G91).

A de Ribeira desenvolveuse oluns 14, estando o seu campamentoauxiliar situado no Conservatorio,mentres que o día 15 fíxose naPobra do Caramiñal, co seu campa-mento auxiliar respectivo no Centrode Atención Integral á

Discapacidade. Xa para a xornadado 16 levouse a cabo a ruta porRianxo, que tivo a sede auxiliar naCasa da Cultura, sita na praza doConcello. E por ultimo en Boiro, odía 17. Nestes catro emprazamen-tos, os participantes levaron a caboa súas entrevistas e intercambio deinformación.

Finalmente, e co obxectivo depoñer en valor as rutas de sendeiris-mo para futuros visitantes (queterán ao seu alcance e a xeito deguía, xa que logo, a resposta emo-cional dos sendeiristas que partici-paron no proxecto), estanse a reco-ller as conclusións da iniciativa, asícomo as ideas que permitan revalo-rizalas a través da definición denovos usos. Ademais, informan osorganizadores, seleccionaransevinte ideas de intervención artística,cultural, deportiva e/ou medioam-biental achegadas polos propiosparticipantes. Os itinerarios a per-correr foron treitos dos orixinais,rutas de dúas horas polos catro con-cellos de Mancomunidade.

ObxectivosOs principais obxectivos que se

perseguen con este proxecto son:• Sensibilizar cara a conservación

do medio ambiente. • Promover un desenvolvemento

cultural onde os visitantes combi-nen o enfoque contemplativo e oparticipativo.

• Sentar as bases para a implanta-ción posterior de proxectos artísti-cos, culturais e/ou deportivos

Ligazóns• www.biomapping.net (o sitio

onde se dá conta dos proxectosligados a Christian Nold)

• www.avaforum.com (a web daempresa galega AVA)

• www.metarousanorte.com (oespazo en liña do proxecto de lecerArousa Norte).

A tecnoloxía non ten porqué ser só tecnoloxía. Ou sexa,que é certo que detrás das redes hai unha serie de apa-rellos, ferramentas e programas que teñen en aparenciapouca relación connosco e máis polo miúdo co que senti-mos, pero se afondamos na cuestión veremos que é pro-bable que deixemos un pouco de nós con cada experien-cia dixital que nos sae ao paso.

Os concellos deArousa Norte

desenvolven unmapa emocional

das súas rutas desendeirismo

O itinerario da Pobra do Caramiñal.

Captura da web da iniciativa, desenvolvida por AVA.

Page 9: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

araoo-oe

e-ee---í-ese,-s-,-

e

n

o-o

--

os

a

or

Page 10: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

TICs paracandotodo odemaisfalle

Neste acto, Quintana, recalcou aaposta da Xunta de Galicia por con-solidar un modelo económico alter-nativo, “máis sólido e diversifica-do”, que permita medrar de xeitosustentable (cunhas empresas máiscompetitivas) a economía galega, através da creación de emprego decalidade. A base sobre a que se estáa construír ese modelo alternativoé, segundo apuntou Anxo Quintana,o Sistema Galego de Innovación,que supón “unha aposta pola for-mación, a investigación e a innova-ción aplicadas aos sectores produ-tivos tanto tradicionais como van-gardistas”.

A devandita Rede de ParquesCientíficos e Tecnolóxicos presen-tada na capital galega está formadapor 5 parques, distribuídos polascatro provincias e totalmente inte-grados cos sectores produtivos máisimportantes de cada zona. Esta ini-ciativa é unha actuación daConsellaría de Innovación eIndustria enmarcada no PlanGalego de I+D+i que ten comoobxectivo, entre outros, transformaro potencial de Investigación eDesenvolvemento (I+D) latente nasempresas galegas en resultadoscomerciais e facilitar o acceso dasempresas ás tecnoloxías máis inno-vadoras que hai na actualidade.

Trátase do Parque Tecnolóxico deGaliza (Tecnópole), en Ourense; daCidade Tecnolóxica de Vigo(Citexvi); o Parque Tecnolóxico deLugo; e os Parques Tecnolóxicos eCientíficos de Santiago e daCoruña. A Rede irase pondo en

marcha progresivamente entre osanos 2008 e 2012, e suporá unhamobilización de 435 millóns deeuros para todo o período, con 2millóns de metros cadrados de solotecnolóxico que acollerán a máis de550 empresas e a coa creación de6.600 empregos directos.

No vindeiro mes de outubro pro-cederase á constitución formal daRede, que inicialmente incluirá aostres primeiros parques xa creados: oTecnópole e os parques de Vigo eda Coruña, e a finais de ano integra-ranse os dous restantes, coincidindocoa creación dos seus entes xesto-res. Asemade, a Rede seguirá aber-ta á incorporación de novos par-

ques, sempre e cando reúnan ascondicións de dinamizadores daI+D empresarial do seu contorno.

As iniciativas empresariais quedesexen instalarse neles deberán seradmitidas por un comité de exper-tos externo ao parque, que avaliaráo seu proxecto e velará porque a súaactividade se axuste á tipoloxía doparque, que, en todo caso, deberáde ser de base tecnolóxica.Asemade, as sociedades xestorasdestes parques están constituídaspor entidades públicas e privadas,tales como universidades, centrostecnolóxicos, Administración eempresas.

No marco da presentación da Rede de Parques Científicos eTecnolóxicos de Galiza, que tivo lugar hai uns días en Santiagode Compostela, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, refe-riuse ao Sistema Galego de Innovación como “un antídoto” con-tra a crise económica derivada da dependencia excesiva dosector construtivo e do negocio inmobiliario, que non van todoo ben que deberían.

10 parques tecnolóxicos_raquel noya

A Rede de ParquesCientíficosde Galiza,

presentada comounha solución paraa crise económica

En tódolos parques que forman a devandita Rede de Parques Científicos e Tecnolóxicos do país estarán presentes as catro tecnoloxías transver-sais importantes para a I+D en Galiza. Son os sectores da biotecnoloxía, da nanotecnoloxía, da enerxía e das Tecnoloxías da Información e aComunicación (TIC). Todas elas terán unha presenza preferente á doutros sectores, aínda que cada parque contará cunha determinada especializa-ción.Deste xeito, o Tecnópole, situado en San Cibrao das Viñas (Ourense), acollerá a sé da Rede e a súa experiencia servirá para asesorar e coordinar asúa posta en marcha. Conta actualmente cunha superficie de 550.000 m2, aos que se engadirán outros 430.000 m2 trala ampliación prevista. En2012, a estimación do número de empresas que acollerá ascende a 180. Estas contarán cuns 3.000 empregados e unha facturación de 200 millóns

de euros. Ao funcionar dende 1993 o espectro de empresas deste parque é bastanteamplo, pero predominan as do sector enerxético (solar e eólico) e do bioagroalimenta-rio. A Cidade Tecnolóxica de Vigo (Citexvi), cunha superficie de 350.000 m2, acollerá en2012 a un cento de empresas, con 1.000 empregados e 100 millóns de euros de factu-ración. As súas áreas de especialización estarán baseadas nos sectores de telecomu-nicacións, eficiencia enerxética, automoción e tecnoloxía de materiais.O Parque Tecnolóxico de Lugo disporá dunha superficie de 300.000 m2. En 2012 cal-cúlase que serán 75 as empresas situadas nel. Darán emprego a 600 traballadores etraballadoras e suporán unha facturación de 50 millóns de euros. A especializacióndeste parque estará dirixida ao sector agrogandeiro.O Parque Tecnolóxico e Científico de Santiago de Compostela contará cunha superfi-cie de 500.000 m2. Albergará a 100 empresas en catro anos, cun milleiro de empre-gados e 75 millóns de euros de facturación. O seu campo de especialización serán asiniciativas relacionadas coa biotecnoloxía médica e coa produción audiovisual.O Parque Tecnolóxico e Científico da Coruña terá 300.000 m2 de superficie que aco-llerán a un cento de empresas, con 1.000 empregados e unha facturación de 75 millónsde euros. O seu eido de especialización fundamental será o desenvolvemento de soft-ware e a enxeñería civil.

RReeddee ddee cc ii nnccoo

Edificio da Tecnópole en Ourense.

De esquerda a dereita: Fernando Blanco, Anxo Quintana e TeresaTáboas durante a presentación da Rede de Parques Tecnolóxicos deGaliza en Santiago de Compostela.

Page 11: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

A teimosía galega, tamén no dixital

Asemade, a construción desas infraes-truturas físicas actuaron como elementoralentizador, e tamén como escusa per-fecta para institucións e empresas res-ponsables na cuestión, outros dous gran-des factores: o tecido económico (ligadoen boa medida a eidos tradicionais comoa agricultura, exemplo de actividade queprecisa moito da Internet pero que nece-sita tamén que llo recorden) e as condi-cións xeográficas (estamos os galegos egalegas especialmente ciscados porunha terra que semella feita a contrape-lo de certas tecnoloxías de acceso áRede, e tamén, a contrapelo dos progra-mas de futuro das firmas que subminis-tran ese acceso). Estes e outros factores,unidos a máis circunstancias inducidaspor nós e por outros, estiveron a creardurante anos as condicións idóneas parao que se pode chamar “odisea dixitalgalega”, ou, para dicilo doutro xeitomáis detallado, a teimosía dun país poracceder á Sociedade da Informaciónmalia ter absolutamente todo na súacontra. Toda esta enleada tamén é resu-mible deste xeito: se os galegos e gale-gas saíron adiante na historia, e chegan-do a practicamente todos os países domundo para darse unha oportunidade asi mesmos, aos demais e aos que queda-ron atrás, ben se poden permitir facer omesmo con outro mapa e outro mundo,o virtual, cada vez máis ateigado depequenas bandeiriñas brancas cunha raiaazul en diagonal. Todo é unha cuestiónde tempo.

Porcentaxes galegas de emprego da Rede

O Observatorio Galego da Sociedadeda Información (ogsi.sociedadedainfor-macion.eu) ten publicados datos de inte-rese sobre os niveis de penetración daInternet na nosa terra, tanto a nivel par-ticular como a nivel de empresas. Nosíndices, que non destacan nin por ribanin por embaixo da media estatal (estánmáis preto da zona media-baixa ca dazona media-alta), abrolla de novo a ideacoa que abrimos esta páxina: a idea dunpaís, Galicia dixital, que tivo que ir dán-dose corpo a si mesmo, tendo en conta oque se fixo a prol da súa propia materia-lización dende moitas empresas e moitasinstitucións: non todo o que se deberíater feito. Sexa como sexa, só se pode ircara a diante, e a iso semellan apuntar osdatos referentes a 2007 do ditoObservatorio.

• Na nosa terra, o 54% dos fogaresdispón dalgún ordenador. A porcentaxesupera en 6,2 puntos á do ano pasado een 18,3 a de 2004.

• O ordenador de sobremesa está pre-sente xa na metade dos fogares. Seguenos equipos portátiles, cunha taxa depenetración do 17,2%. En último lugar,cun índice do 1,1%, atopamos outro tipode ordenadores (PDA, axendas electró-nicas ou semellantes).

• Arredor dun terzo dos fogares gale-gos tiñan en 2007 contratado un accesoá Rede. O dato contrasta co 29,6% de2006 e sobre todo co 22% de hai tresanos.

• Tense rexistrado unha progresivapenetración da banda larga nos fogaresgalegos: 14,4 % puntos porcentuais porriba do valor rexistrado polo InstitutoNacional de Estatística para Galiza en2004.

• As principais formas de conexiónson: ADSL (41,9%) e cable (32%).

• Practicamente a metade da pobo-ación galega emprega o computadorpolo menos unha vez cada tresmeses. Esta taxa supera en 11 pun-tos á correspondente ao ano 2004.

• Respecto ás empresas galegas,dicir que a gran maioría delasdispoñen xa de ordenador. A día

de hoxe, arredor do 90%. Máisda metade teñen rede de

área local (LAN) et e l e f o n í a

m ó b i lp a r ac o m u -

nicaciónsde voz.

• O 77,1% das nosas compa-ñías ten acceso á Internet, porcentaxeque ascende até o 93% entre as de 10 emáis empregados. Máis da metade do

conxunto do tecido empresarial tenconexión á Rede a través de banda larga.

O que a Rede pode facerpor nós e o que nós podemos

facer por ela

Cada pouco tempo organízanse nanosa terra todo tipo de actividades(encontros, foros, eventos virtuais)encamiñadas a poñer de manifesto aqui-lo que a Rede pode facer por nós e polanosa cultura e lingua. Do mesmo xeito,e aínda que non se diga de maneira tanexplícita, tamén se procura nestas activi-dades ampliar e reforzar o camiño con-trario, non excluínte: o de buscar o quepodemos facer nós a prol da Sociedadeda Información. Exemplos reais ou vir-tuais deste compromiso hai tantos comose pode imaxinar, sendo a comunidadeweb galega o elemento vertebrador(incluíndose nela ao blogomillo, que é arede máis ou menos oficial de cadernos

escritos na nosa lingua, as webs deinformación cultural como a daConsello da Cultura Galega ouCulturavai.info, as de coñecemento enxeral como a da Enciclopedia GalegaUniversal ou a Galipedia; as de organi-zacións a prol da lingua como A Mesaou a CiberIrmandade da Fala; as demúsica como o selo discográfico ARegueifa ou as canles Komunikando,Sono-Tone ou Musicaovivo; ou as derecursos lingüísticos como os diciona-rios virtuais OpenTrad e Digalego).

Recursos hai moitos, e tamén de tipopropiamente tecnolóxico, ollando cara aRede e sen quitarlle o ollo á sociedadegalega, sendo este o alicerce da activida-de de Agnix.org, do espazoMancomun.org ou da plataformaPuntogal.org, que procura a consecucióndo dominio de Internet “.gal” para a cul-tura galega, algo así como a nosa imaxede marca perante o mundo. Unha boaparte destas webs e comunidades e dou-tras moitas que están arestora operativasna Rede comparten a mesma arela, que éa afianzar dalgún xeito o uso da Internetna nosa terra e a todos os niveis.Asemade, é común a elas un achado benconcreto. Así, atoparon nalgún punto docamiño que o devandito compromisonon pode ser nunca abordado sen o seureverso, que, como dixemos, é o traballoa prol de galeguizar a Rede. Sen isto, xanon é posible entender nin a celebracióndo 17 de maio (festa das nosas Letras etamén da propia Rede) nin a do 25 dexullo, xornada na que se conmemora ofuturo da sociedade galega e, polo tanto,o descubrimento dun novo lugar no queespallármonos, igual que se fixo nopasado polo mundo enteiro: a Internet.

Se a Rede bota raíces fondas na nosa terranon será porque o tivemos doado. As circuns-tancias, como xa temos comentado noutrasmoitas ocasións, nunca foron as máis axeita-das. Por exemplo: apostouse durante moitos

anos por tirar partido de orzamentos exter-nos para a construción de infraestruturasfísicas e deixando para máis adiante as dixi-tais, coma se estas se foran habilitar por sisoas e non precisasen axuda.

Co gallo do 25 de xullo (Día da Patria), conmemoramoso espallamento da nosa cultura e lingua na era dixital

Internet, a nosa nova provincia

Ordenadores con aires galegos, vistos no caderno en Flickr da Academia IF.

“A plataformaPuntogal.org, pro-cura a consecucióndo dominio deInternet “.gal” paraa cultura galega, anosa imaxe demarca perante omundo”.

especial un país na rede_rreeddaacccciióónn 11

Page 12: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

Virtualmente GaliciaCon motivo da celebración do 25 de xullo, damos conta nestapáxina dalgunhas webs (non están, nin moito menos, todas asque son) de utilidade para a promoción e defensa da cultura e

máis da lingua

wwwwwwwwwwww.... ccccuuuullll ttttuuuurrrraaaavvvvaaaa iiii .... iiiinnnnffffoooo

A axenda de espectáculos escénicos e musicais de Galicia da Consellería de Cultura.Recentemente vén de reforzarse como voceiro web das programacións de actividadesda Consellaría de Cultura e como referente para os internautas galegos interesadospolo coñecemento achegando dende cada recuncho do noso país. Conta coa coopera-ción dos concellos, das asociacións culturais e das salas privadas de teatro e músicade Galicia, polo que semella que apenas hai acto cultural ou actividade de calqueraoutra índole que se lle escape a esta ferramenta que promove a dita Consellaría.

wwwwwwwwwwww.... ccccuuuullll ttttuuuurrrraaaaggggaaaa llll eeeeggggaaaa .... oooorrrrgggg

Portal de do Consello da Cultura Galega con información de todo tipo sobre acti-vidades ligadas á arte, a literatura, a banda deseñada, a música ou o audiovisualdo país. Trátase dunha das webs galegas que máis partido tira dos recursos mul-

timedia e dos recursos de participación da nova orde de Internet (2.0).

wwwwwwwwwwww....bbbbddddbbbbaaaannnnddddaaaa .... ccccoooommmm

Revista en liña de banda deseñada galega. Ten as súas orixes na publicación enpapel do mesmo nome, en 2001, lanzada por iniciativa do debuxante Kiko daSilva e de Cano, da Libraría Paz de Pontevedra. A intención dos responsables darevista e tamén da páxina que a complementa: crear canles nas que os autoresgalegos dean a coñecer os seus traballos nunhas boas condicións de grafismo,deseño e maquetación.

Traballos que doutro xeito non se poderían facer públicos.

11112222 lllluuuuaaaassss ....bbbbllllooooggggssssppppooootttt .... ccccoooommmm

12 Lúas é un caderno colectivo de recente creación dende o que se trata de botarabaixo unha boa parte dos atrancos que separan, por unha banda, aos galegos dacultura e, pola outra, aos artistas da posibilidade de divulgar o seu traballo.Trátase dun blog aberto que naceu ao abeiro da pasada celebración do 17 de maio,día das Letras e de Internet. Trala proposta, atópanse artistas que tocan moi diver-sos ámbitos de expresión: Veronika Cernadas, Alberte Muíño, José M. Olveira,Esperanza Porto, Francisco Porto, Gabriela Rodríguez e Eugenio Sánchez.

wwwwwwwwwwww.... ggggaaaa llll iiii cccc iiiiaaaaeeeennnnccccaaaannnnttttaaaaddddaaaa .... ccccoooommmm

Galicia Encantada, web na que os internautas galegos están a recoller e a preser-var para as xeracións vindeiras todo tipo de lendas e contos populares da nosaterra (coordinados polo seu autor, Antonio Reigosa), vén de cumprir hai poucotres anos de vida na Rede. A participación dos internautas (moi alta, por certo, eestendida no tempo), foi crucial para o proxecto, poñéndose de manifesto o inte-rese cada vez maior pola conservación do patrimonio inmaterial galego, pola lite-ratura de tradición oral e polas posibilidades que para o eido do ensino e da cul-tura pode achegar a Internet.

wwwwwwwwwwww.... eeeegggguuuu.... eeeessss

A web da Enciclopedia Galega Universal xa está en marcha, da man de Ir Indo.Presentada hai uns días en Santiago, trátase dun proxecto dirixido por Bieito Ledoencamiñado a divulgar a través a Rede toda a información posible do coñecemento enxeral e na nosa lingua. Esta nova obra virtual está na súa fase beta 1.0 e xa ofrece máisde 200.000 entradas actualizadas, 20.000 mapas, 50.000 fotografías, material didác-tico para profesores e alumnos, ademais de varios xogos e concurso. Cómpre salien-tar que a nova páxina web incorpora tecnoloxía text-to-speech achegada por Verbio,que permite a lectura a viva voz das entradas máis curtas, facilitando así a accesibili-

dade a persoas con problemas de visión.

especial un país na rede_rreeddaacccciióónn 12

Page 13: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

wwwwwwwwwwww.... xxxxooooggggoooossssppppooooppppuuuullllaaaarrrreeeessss .... ccccoooommmm

Portal web que recupera o espírito de xogar e compartir que existía denantes davaga de consumo que xa se nos veu enriba. E faino, de xeito paradoxal (aínda queacertado) a través da Internet. A idea é preservar a través dela (xa non vista comounha inimiga) a tradición lúdica galega, informando sobre xogos, recursos e com-

peticións.

wwwwwwwwwwww.... gggg llll ....wwwwiiiikkkkiiiippppeeeeddddiiiiaaaa .... oooorrrrgggg

A versión galega daWikipedia consolidousecomo un dos grandes refe-rentes da cultura e do coñe-cemento na nosa Rede.Comparte coa Wikipedia oespírito de enciclopediaaberta e plural, colectiva eparticipativa, pero cunfondo e unha feitura gale-gos. A web está a piques dechegar aos 40.000 artigos.

wwwwwwwwwwww....bbbbiiiivvvv iiii rrrr.... ccccoooommmm

Trátase do sitio da Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego, unha ini-ciativa posta en marcha pola Asociación de Tradutores Galegos para ofrecerlle aosinternautas todo o relativo á literatura universal na nosa lingua. Inclúe novas, datossobre proxectos de translación ao galego e a convocatoria dun galardón ben concre-

to, o Premio Plácido Castro ao mellor traballo de tradución.

wwwwwwwwwwww.... llll iiiibbbbrrrraaaarrrr iiiiaaaassss .... oooorrrrgggg

O espazo en liña da Federación de Libreiros de Galicia. Inclúe novas editoriais,estudos e convocatorias. O alicerce deste proxecto web foi a necesidade de renovaro eido dos libros e das librarías coa incorporación dos novos avances tecnolóxicos.Amais, a web xurdiu coa arela de converterse en punto de encontro virtual de todos

os libreiros.

wwwwwwwwwwww....pppprrrraaaazzzzaaaaddddaaaassss llll eeee ttttrrrraaaassss .... ccccoooommmm

Web que, como ben indica o seu nome, xira arredor das nosas letras. Infórmasenela sobre autoras e autores, editoriais, libros, colectivos, actividades editoriais,axendas, entrevistas, galardóns, iniciativas ou recursos.

bbbblllloooogggguuuueeeessssppppoooollllaaaa llll iiiinnnngggguuuuaaaa ....bbbbllllooooggggaaaa llll iiii zzzzaaaa .... oooorrrrgggg

Trátase dunha rede de blogueiros en defensa da lingua galega de moi recente cre-ación. Tras dela están os responsables dos cadernos Contradiscurso 3.0, Selva deEsmelle, Sempre en Galiza, O caderno do Silvio, Galiza Subversiva e O doAlberte. Amais da rede, constituíron un manifesto a prol da nosa lingua no que,entre outras cousas, faise un chamamento a empregala a todos os niveis daSociedade da Información. A súa iniciativa adheriuse á dita da Mesa a prol dodereito a vivirmos en galego. Esta rede de blogueiros pretende defender e promo-ver a lingua galega dende e na Rede, aproveitando as potencialidades da Web 2.0na que os cadernos ocupan un papel destacado, e os seus responsables xa recoñe-cen que están a recibir moitos apoios doutros blogueiros galegos. wwwwwwwwwwww.... aaaammmmeeeessssaaaannnnllll .... oooorrrrgggg

Esta é a web dunha das organizacións que máis está a facer na nosa terra a prol dadifusión da lingua en todas as frontes, A Mesa pola Normalización Lingüística,sendo a páxina unha das súas principais ferramen-tas de convocatoria a día de hoxe. Hai pouco lan-zouse dende ela a campaña e manifesto PoloDereito a vivirmos en galego, que xa puidemos verreflectida na web e a través do seu fotolog. Inclúenovas, estudos e campañas. Máis que unha web,vai camiño de converterse nunha comunidade en

liña.

wwwwwwwwwwww.... cccc iiiibbbbeeeerrrr iiii rrrrmmmmaaaannnnddddaaaaddddeeee .... oooorrrrgggg

A web da CiberIrmandade da Fala, un dos colectivos que máis está a facer porampliar a presenza da nosa lingua na Rede. Na súa web informan de todo o relati-vo ás campañas de galeguización do dixital. Son ben coñecidas as convocatoriaslanzadas para recadar o apoio da comunidade internauta galega no camiño de esi-xir a versión no noso idioma de webs corporativas ou institucionais que, malia ter

o seu xermolo na nosa xeografía, non apostan polo seu.

wwwwwwwwwwww.... llll iiiinnnngggguuuuaaaaddddeeeeaaaammmmoooorrrr.... eeeeuuuu

É este un proxecto do Consello da Xuventude de Galicia (CXG) a través do seuServizo de Normalización Lingüística. Xa vai pola segunda edición. Trátase dunconcurso de declaracións de amor a travésda Rede que ten como obxectivo principaldinamizar o emprego da lingua galega porparte da mocidade nos novos espazos decomunicación. Para participar no concursosó hai que rexistrarse na páxina web doevento e enviar logo unha declaración deamor en galego (máximo 350 caracteres).

wwwwwwwwwwww.... aaaarrrreeeegggguuuueeee iiii ffffaaaa ....nnnneeeetttt

Este selo galego en liña constitúe un espazo libre de distribución de música a tra-vés das licenzas Creative Commons. Artistas e internautas poden achegar e máissolicitar o que se lles ocorra: “Non importa o que fagas (música, videocreación,pintura, poesía, fotografía ou banda deseñada), nen como o fagas, se é dixitaliza-bel e queres difundilo na Rede”. O sitio de Aregueifa.net é un Netlabel (Selo deRede, en galego), nova índole de discográfica sen sede física e distribuíndo músi-ca de balde para os internautas, que non están obrigados a achegar datos persoaisou a aturar publicidade agresiva (unha discográfica Netlabel sería o máis semellan-te a un amigo afeccionado á música que che peta na porta para dar consellos). ARegueifa trae obras de tódolos recunchos do mundo para as nosas orellas e –ase-made- reivindica o que se produce en Galiza.

wwwwwwwwwwww....ddddiiiiggggaaaa llll eeeeggggoooo .... ccccoooommmm

Esta é a web do dicionario de galego da editorial Ir Indo. Foi recentemente remo-delado e inclúe entre outras cousas unha nova feitura gráfica e con etimoloxías encada unha das definicións, equi-valentes en portugués, español einglés, sinónimos, antónimos,variantes, novas traducións epréstamos, converténdose noservizo deste tipo máis completona Rede. Amais, os usuariospoderán facer consultar partindode entradas en portugués, espa-ñol ou inglés, polo que podeempregarse como axuda paratraducións ao galego. ODicionario de Galego de Ir Indopódese consultar dende o móbilgrazas a que conta cunha versiónWAP.

wwwwwwwwwwww.... ooooppppeeeennnnttttrrrraaaadddd.... ccccoooommmm

A web do OpenTrad Apertium, tradutor automático das linguas do Estado español.Pola parte da nosa terra, concorreron nesta iniciativa (e de xeito amplo) a empresaImaxin e máis o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.Recentemente, a ferramenta foi mellorada cun engadido que a posibilita para a tra-dución de textos e webs entre o galego, o español e o portugués, incluíndo unhabase de datos de 12.000 termos. Neste labor en concreto participaron Imaxin e máiso Grupo Talg da Universidade de Vigo e de Paulo Gamallo, da USC.

especial un país na rede_rreeddaacccciióónn 13

Page 14: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

A Web coma unha peneiraEscolmamos aquí uns cantos recursos de

utilidade para chegar ao miolo da nosa terradende fóra e tamén dende dentro

wwwwwwwwwwww....bbbbllllooooggggaaaa llll eeeeggggoooo .... ccccoooommmm

Buscador de contidos no eido da blogosfera galega. Trátase dunha ferramenta de pri-meira orde que, amais de procurar (por categorías e etiquetas), pon orde nun eido -odos blogs en galego- que segue a medrar (somos a cuarta comunidade do Estado ennúmero de bitácoras e a segunda en número de blogs que empregan a lingua propia).

wwwwwwwwwwww.... vvvv iiii eeee iiii rrrroooossss .... ccccoooommmm

Medio de comunicación cen por cen en liña, cen por cen galego e cen por cenresistente. Testemuña de todos os cambios de rumbo que deu a Web (cambios quedeixaron a webs sen conto no camiño), xurdiu nos tempos en que case nin seque-ra había internautas para responder aos requirimentos da Internet.

wwwwwwwwwwww....bbbbllllooooggggaaaa llll iiii zzzzaaaa .... oooorrrrgggg

Ferramenta de balde e en galego para a posta en marcha, achega de contidos emáis aloxamento de cadernos persoais. Trátase dun dos recursos en liña que máisten feito a prol do asentamento do blogomillo, que é o movemento social e comu-nicativo galego xurdido ao abeiro das posibilidades de expresión e participaciónque achegan os blogs.

wwwwwwwwwwww.... cccchhhhuuuuzzzzaaaa .... oooorrrrgggg

A peneira galega de información en liña que ademais dá acubillo a unha comuni-dade de internautas cada vez máis ampla e cada vez máis influínte. Recentemente,superou a liña dos 100.000 comentarios e o pasado mes de abril acadou o seu topemáximo de visitas con 21.000 accesos de media diaria. Dirixida por Berto Yáñez,a web é coma unha gran redacción espallada pola nosa terra e polo mundo ondenon hai nin espazo convencional de traballo nin xefe editorial. Só moitos usua-

rios da Rede.

wwwwwwwwwwww.... ffff iiii llll llll oooossss .... oooorrrrgggg

Comunidade virtual da emigración galega. Entre outras iniciativas, xurdiu do seumiolo a ferramenta Atopadoiro (www.atopadoiro.org), que é un servizo para o reen-contro de galegos e galegas coas súas familias.

ggggaaaa llll iiii cccc iiiiaaaaaaaabbbbeeeerrrrttttaaaa .... xxxxuuuunnnnttttaaaa .... eeeessss

Unha ferramenta da Secretaría Xeral de Emigración que informa polo miúdo a emi-grantes e inmigrantes de axudas, recursos (presenciais e en liña), formación e convo-catorias de reencontro.

wwwwwwwwwwww.... aaaaddddeeeeggggaaaaggggaaaa llll iiii zzzzaaaa .... oooorrrrgggg

A web da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza é unha das máis activas donoso panorama en liña en materia de actividades vinculadas ao respecto polo medio.O seu labor é salientable por ser un espazo cen por cen actualizado de denuncia e pola

súa capacidade á hora de xerar convocatorias.

wwwwwwwwwwww.... cccc iiii rrrrccccuuuullllooooggggaaaa llll eeeeggggoooo .... ccccoooommmm

Vídeos e imaxes con selo de orixe galega.

wwwwwwwwwwww....vvvvoooo lllluuuunnnnttttaaaarrrr iiiiaaaaddddoooommmmoooonnnntttteeeeggggaaaa llll eeeeggggoooo .... oooorrrrgggg

Unha das webs de meirande importancia social para este verán. Trátase dun recur-so posto en marcha por Vicepresidencia para canalizar a achega desinteresada demozas e mozos a prol da protección dos nosos montes fronte a unha potencial vagade incendios. Dito doutro xeito: é a porta onde petar se queremos axudar na loitacontra o lume.

mmmmaaaannnnccccoooommmmuuuunnnn.... oooorrrrgggg

Nesta web traballan ombro con ombro as asociacións galegas de usuarios e deseñado-res de software libre e máis a Consellería de Innovación. A plataforma Mancomun.org(que se coñece como Centro de Referencia e Servizos de Software Libre) consolidou-se nestes anos como un dos grandes portais europeos de información ligada ao códigoaberto e á informática en xeral. Amais, dá acubillo a unha boa cantidade de proxectoscolectivos.

wwwwwwwwwwww....ppppuuuunnnnttttooooggggaaaa llll .... oooorrrrgggg

Dende esta web canalízase a arela dunha boa parte da comunidade internautagalega de acadar un dominio propio de seu, o “.gal”. Trala páxina atópase a

Asociación PuntoGal.

Imaxe do sitio posto en marcha para xestionar o voluntariado contra os incendios

especial un país na rede_rreeddaacccciióónn 14

Page 15: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

wwwwwwwwwwww....bbbbllllooooggggooootttteeeeccccaaaa .... ccccoooommmm

Como Blogaliza, ten a finalidade de ache-garnos de balde un sistema para a creaciónde blogs e o seu mantemento. Segundoapunta Abertal, a empresa de Carballo res-ponsable do recurso, é ideal para internau-tas con baixos coñecementos tecnolóxi-cos. Conta agora co apoio de arredor de1.500 usuarios.

wwwwwwwwwwww.... ccccrrrrttttvvvvgggg .... eeeessss eeee wwwwwwwwwwww.... aaaaggggaaaa llll eeeeggggaaaa .... iiiinnnnffffoooo

A primeira é a web da Compañía de Radio Televisión de Galicia e a segunda cons-titúe unha canle específica de subministro de vídeos xerados dentro da dita empre-sa pública. Recentemente remodelada para adaptarse aos novos tempos deInternet (tempos nos que os internautas xa non se conforman con recibir informa-ción e nada máis), a web crtvg.es inclúe xa servizos de participación (como porexemplo foros) e un meirande coidado na accesibilidade para todos os internau-tas, estean máis ou menos introducidos na Rede e teñan ou non diversidades fun-cionais. Asemade, o proceso de renovación abriu o abano informativo da web,incorporándose preestreas de discos ou datos de cada programa ou canción que seestea a emitir en directo pola TVG, Radio Galega ou Radio Galega Música.

wwwwwwwwwwww....uuuuvvvv iiiiggggoooo .... eeeessss

A ponte comunicativa da Universidade de Vigo con estudantes, mestres e internau-tas en xeral. Ten unha canle informativa propia (www.duvi.uvigo.es), amais dunhatelevisión (www.uvigo.tv) dende a que se achegan retransmisións de todo tipo deeventos ligados á Universidade. Asemade, tamén fornece de canles para a matricu-

lación vía a Rede.

wwwwwwwwwwww.... ccccooooddddiiiiggggoooocccceeeerrrroooo .... ccccoooommmm

O noso sitio de novas tecnolóxicas é xa un referente da sociedade da informaciónen Galicia. Preto de 200.000 visitas ao mes e máis de 2.500 suscriptores ó boletíndiario avalan o noso traballo en prol do sector tecnolóxico dende hai sete anos. Etodo elo en galego e de balde.

wwwwwwwwwwww.... xxxxoooorrrrnnnnaaaa llll .... ccccoooommmmWeb referente na nosa lingua de información xeral.

wwwwwwwwwwww.... xxxxuuuunnnnttttoooossss .... ccccoooommmmEscolma de recursos informativos do noso país.

wwwwwwwwwwww....uuuuddddcccc .... eeeessss

A páxina da Universidade da Coruña. Do mesmo xeito cá de Santiago e a de Vigo,supón xa a canle principal de comunicación da institución educativa coa socieda-de en xeral e, por suposto, coa comunidade estudantil. Ofrece tamén recursos com-pletos para a matriculación en liña.

wwwwwwwwwwww.... ttttuuuurrrrggggaaaa llll iiii cccc iiiiaaaa .... eeeessss

Ofrecida en nove idiomas (galego, espa-ñol, portugués, inglés, francés, alemán,italiano, catalá e euskera), a web doservizo Turgalicia é hoxe en día unhadas principais portas de entrada á nosaterra dende alén das nosas fronteiras e,tamén, dende dentro das nosas frontei-ras. Achéganse dende ela ferramentasútiles para procurar e acadar aloxamen-to de todo tipo, amais de informaciónactualizada sobre onde comer e quevisitar. Tamén hai novas e publicaciónsde interese.

wwwwwwwwwwww.... aaaaggggnnnniiiixxxx .... oooorrrrgggg

A web do colectivo galego do mesmo nome é máis que un reflexo da súa activida-de presencial a prol do afianzamento do software libre na nosa terra. É un obradoi-ro en si mesmo. Asemade, constitúe unha das principais canles de comunicacióngalegas ligadas á informática aberta.

AAAAllllgggguuuunnnnhhhhaaaassss wwwweeeebbbbssss iiiinnnnssss tttt iiii ttttuuuucccc iiiioooonnnnaaaaiiii ssss

.www.edu.xunta.esO portal da Consellería de Educación. Con utilidades para a

comunidade estudantil e para a comunidade internauta en xeral. .www.galegoelogo.com e www.xunta.es/linguagalegaDúas propostas da Secretaría Xeral de Política Lingüística para

tirar partido das redes a prol da normalización do galego.Asemade, búscase o camiño contrario: mellorar redes galegas coaachega da lingua.

.sociedadedainformacion.euUn dos moitos recursos da Consellería de Innovación na Web.

Non só informa do que vai achegar o departamento en materia deafianzamento das redes, senón que funciona de observatorio dixi-tal galego.

.www.parlamentodegalicia.comNon se trata dunha web do noso Parlamento senón do

Parlamento mesmo na Web. Hai informacións da actividade, visitasvirtuais e emisións en directo.

.www.xunta.esO portal institucional da administración autonómica e canle de

acceso aos moitos outros portais que a integran. Funciona de ele-mento artellador do gran número de recursos que proceden dela.

.www.depontevedra.esO espazo en liña da Deputación de Pontevedra. .www.dicoruna.esO portal da Deputación da Coruña..www.diputacióndelugo.orgA web da Deputación de Lugo..www.depourense.esO sitio da Deputación de Ourense..medioambiente.xunta.esO principal foco de recursos en liña da Consellería de Medio

Ambiente..www.sergas.esO espazo dixital da Consellería de Sanidade..webpesca.xunta.esO portal da Consellería de Pesca..conselleriavivenda.xunta.esA web da Consellería de Vivenda..cpapx.xunta.esO espazo dixital da Consellería de Presidencia.www.economiaefacenda.orgA páxina da Consellería de Economía.www.cptopt.xunta.esO portal da Consellería de Política Territorial.mediorural.xunta.esA web da Consellería de Medio Rural.traballo.xunta.esO espazo en liña da Consellería de Traballo.culturaedeporte.xunta.esO portal da Consellería de Cultura..vicepresidencia.xunta.esA páxina web da Vicepresidencia.

wwwwwwwwwwww....uuuusssscccc .... eeeessss

A web da Universidade de Santiago. Dende ela podemos estar ao tanto dunha boaparte do coñecemento que se xera nela e, tamén, levar a cabo un bo número de xes-tións. Por exemplo: matriculármonos en liña.

wwwwwwwwwwww.... vvvveeeerrrrggggeeeeggggaaaa iiiiaaaa .... oooorrrrgggg

Outra páxina de intensa actividade dentro do ecoloxismo galego. A web, xestiona-da e mantida pola asociación ecopacifista galega do mesmo nome (nada en abril de2006), informa polo miúdo de actividades en contra de agresións á natureza e (igualou máis importante) de xeitos de colaborar dende as frontes virtual e presencial.

especial un país na rede_rreeddaacccciióónn 15

Page 16: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

En CódigoCero.com publicamos mensualmente (dende hai anos) unha listaxe coas100 webs galegas máis populares segundo o ranking Alexa. O sistema emprega-

do para tal puntuación ríxese polas visitas de usuarios que teñen instaladaa Barra de Alexa a xeito de panelistas.

Se a súa web non está na listaxe seguinte (correspondéndolle unposto entre as 100 primeiras webs), por favor, comuníqueo por

correo electrónico a [email protected].

AS 100 WEBS GALEGASMÁIS POPULARES

1. rojadirecta.com -Retransmisións deportivas por Internet2. vandal.net -Portal de xogos galego 3. lavozdegalicia.es -Portal do xornal La Voz de Galicia 4. xunta.es -Portal da admnistración autonómica 5. mibrujula.com -Cocktail de curiosidades e lecer diario na Internet 6. zara.com -Sitio da cadea de tendas 7. uvigo.es -Portal da Universidade de Vigo 8. usc.es -Portal da Universidade de Santiago9. diariomotor.com - Información sobre o mundo do automovilismo

10. udc.es -Portal da Universidade da Coruña 11. fisterra.com -Portal da saúde feito na Coruña 12. webalia.com -Comunidades de todo un pouco 13. farodevigo.es -Portal do xornal decano da prensa nacional 14. caixagalicia.es -Páxina dos clientes de Caixa Galicia 15. mundo-r.com -Sitio do cableador galego 16. zarahome.com -Portal da firma galega especializada no fogar17. xornal.com -Primeiro xornal electrónico de Galicia 18. elcorreogallego.es -Páxina do xornal El Correo Gallego 19. aytolacoruna.es -Páxina do concello herculino20. meteogalicia.es -Prediccións meteorolóxicas de Galicia 21. vieiros.com -Primeiro ciber barrio galego22. canaldeportivo.com -Sitio do clube herculino 23. caixanova.es -Sitio da caixa do sur de Galicia 24. crtvg.es -Páxina da radio e tv galega25. bancopastor.es -Páxina do Banco Pastor26. controlp.com -Tenda ourensa de electrónica e informática 27. fiestras.com -Portal de acceso a páxinas 28. sergas.es -Portal da sanidade pública galega 29. portalformativo.com -Portal dedicado á formación on-line 30. chuza.org -Sistema de comentarios sobre novas 31. maxitrucos.com -Portal de trucos feito en Ourense 32. pullbear.com -Cadea de moda do galego Amancio Ortega33. telocompro.es -Portal de compra-venta galego 34. electronicasuiza.com -Portal da tenda electrónica de Sarria 35. a-alvarez.com -Venda de produtos deportivos 36. galiciae.com -Portal informativo do Grupo El Progreso 37. infocruceros.com -Web viguesa de información sobre cruceiros 38. turgalicia.es -Web do turismo de Galicia 39. blogoteca.com -Sistema de creación de bitácoras en galego 40. comunitel.es -Empresa viguesa de solucións de telecomunicacións41. bershka.com -Cadea de roupa do grupo Inditex 42. cesga.es -Portal do Centro de Supercomputación de Galicia43. inditex.com -Web do grupo textil galego 44. elidealgallego.es -Portal do xornal coruñés 45. c4des.com -Portal oficial de cinema en 4D en español46. vigoenfotos.com -Sitio de fotografias da cidade olívica47. infomercados.com -Páxina dedicada o mercado bursátil 48. blogaliza.org -Sistema de publicación de blogs galegos 49. deportivo-la-coruna.com -Web oficial do equipo de fútbol 50. galizacig.com -Sitio da central sindical nacionalista 51. dicoruna.es -Sitio da Deputación da Coruña 52. grupobase2000.com -Empresa galega do sector da informática53. pc-portatil.com -Sito web de informática54. galiciacad.com -Portal de recursos na Rede 55. igadi.org -Instituto Galego de Análise e Documentación 56. galinor.es -Páxina de turismo sobre Galicia 57. costadelamuerte.com -Guía turística da costa da morte 58. winred.com -Portal sobre negocios 59. infotarifa.com -Información multisectorial e de negocios

60. esgalicia.com -Casas rurais de Galicia61. tatuajesypiercing.com -Portal para adornar o corpo 62. codigocero.com -Portal de novas tecnolóxicas de Galicia

63. culturagalega.org -O portal da cultura do noso país 64. agalisa.es -Empresa viguesa de servicios e productos Informáticos65. e-stradivarius.com -Cadea do grupo Inditex 66. naisa.es -Web de roupa e vestiario laboral67. lucioperri.com -Empresa santiaguesa de software 68. rankingalexa.com -Clasificación das webs máis visitadas69. salsorro.com -Actividades relacionadas coa música caribeña70. saladenegocios.com -Mercado on-line para empresas e profesionais 71. celtavigo.net -Sitio do clube vigués72. cimo.org -O portal galego do emprego 73. caminosantiago.com -Información sobre o Camiño de Santiago74. agal-gz.org -Portal galego da língua 75. diariodeferrol.com -Portal do xornal ferrolán 76. vigo.org -Páxina oficial do concello olívico77. delcelta.com -Diario dixital sobre deporte78. adolfo-dominguez.com -Sitio do modisto galego 79. guitarristas.org -Plataforma de música 80. primate.es - Empresa de comunicación dixital81. galicia-hoxe.com -Portal do único xornal en galego 82. laganzua.net -Magazine de música independente 83. depourense.es -Web da Deputación de Ourense 84. galiciacity.com -Buscador galego 85. compostelavirtual.com -Guía de lecer da cidade de Santiago86. cefiasa.com -Academia de ensino87. blusens.com -Fabricante de electrónica de consumo 88. promosbbt.com -Regalos de empresa e marketing promocional 89. fundacioncaixagalicia.org -Web da Fundación galega 90. galicianaves.com -Sitio dedicado ó chan industrial 91. galiciadigital.com -Web de información xeral92. noticiasgalicia.com -Sitio web con novas galegas 93. televes.com -Web oficial da empresa galega94. santiagoturismo.com -Páxina da oficiña de turismo 95. oysho.com -Roupa interior e pixamas 96. depontevedra.es -Web da deputación de Pontevedra 97. santiagodecompostela.org -Web da capital galega 98. galiciavirtual.net -Guía de lecer de Galicia 99. sycitv.com -Supervisión y Control, S.A. 100. igape.es -Páxina do Instituto Galego de Promoción económica

O máis semellante a Internet, xa o tiñamos nós os galegos, as redes de

pesca, vistas por Jambuling.

especial un país na rede_rreeddaacccciióónn 16

Page 17: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación
Page 18: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

Co obxectivo de estimular a promoción de investiga-cións científico-técnicas que permitan corrixir ou supe-rar as limitacións das persoas afectadas por cegueirasou con deficiencias visuais, a organización ONCE vénde convocar a quinta edición do Premio InternacionalONCE de I+D en Novas Tecnoloxías (once.es/premio-sid) que vai encamiñado a recoñecer, máis que nada, ouso práctico das investigacións e á repercusión que asdevanditas innovacións tecnolóxicas poidan ter paraeste colectivo.

Convocados con periodicidade bienal, estes galar-dóns destínanse ó fomento de deseños tecnolóxicos quecontribúan de xeito considerable a facilitar a integra-ción e máis a normalización das persoas cegas ou defi-cientes visuais.

É por iso que a achega económica do concurso ten

por obxecto contribuír ó deseño de proxectos de calida-de, con viabilidade contrastada e con posibilidades depromover avances significativos neste colectivo.

O devandito premio, dotado con 240.000 euros, estádirixido, entre outras, ás áreas de enxeñería, intelixen-cia artificial, informática, telecomunicacións, tecnolo-xía micro e nanotecnoloxía (preferentemente en eidoscomo aplicacións software para o acceso á informa-ción), accesibilidade ós espazos de software libre, apli-cacións de recoñecemento de caracteres, software edu-cativo e lúdico, PDAs, telefonía móbil e domótica.

Os proxectos poderán presentarse en español ouinglés ata o vindeiro día 5 de setembro ante a secreta-ría da quinta edición deste Premio, domiciliada enMadrid no número 18 da rúa José Ortega y Gasset,código postal 28006.

18 máis software solidario_rreeddaacccciióónn

SoftwareresponsableSeguimos a informar derecursos tecnolóxicos

para mellorar a calidade devida das persoas con

discapacidade funcional

Sabíamos que certos animais (cans, loriños, focas edemais) tiñan capacidades innatas para axudar ásnenas e nenos autistas a mellorar a súa calidade de vidae un contacto máis preto co mundo, pero se cadra nonestaba tan claro potencial das novas tecnoloxías dainformación. Segundo se informa na web do PEGSI(sociedadedainformacion.eu) e máis en galicia-hoxe.com, este novo labor social da Internet (oumellor dito, dos internautas) é xa unha realidade enpaíses como Estados Unidos e estaría a piques de selotamén na nosa terra. Isto sería posible grazas á tradu-ción ao galego dun software que xa foi probado nunámbito familiar ben concreto daquel pais, máis concre-

tamente entre un informático de Las Vegas e o seu netoautista. A finalidade deste programa, chamado ZacBrowser (www.zacbrowser.com), non é outra que a decontribuír a evitar que o cativo se peche máis en simesmo a medida que medra e, amais diso, favorecer oseu contacto cos máis innovadores recursos tecnolóxi-cos, importantes para a súa formación presente e futu-ra.

O caso é que o potencial deste desenvolvemento,que é software libre (e polo tanto está cen por cen dis-poñible na Rede para a comunidade internauta quequeira melloralo ou adaptalo ás súas necesidades),radica basicamente no seguinte: en terlle quitado á

Rede e ó feito mesmo da navegación a maior parte doque lle sobraba, que é moito. Entre outras cousas,cores, publicidade, xanelas emerxentes, etc (se isopode chegar a ser molesto para un internauta común,máis aínda para un cativo autista). O caso é que JohnLeSieur (responsable do programa) foi quen de lanzarun navegador web específico para o seu neto que favo-recese a exposición dos datos do xeito máis limpoposible. O feito de que este software sexa libre e esteaa disposición dos internautas fixo máis doada a súalocalización dende Galiza. Neste intre, segundo infor-ma Galicia Hoxe, está a ser traducido á nosa linguapolo enxeñeiro Iago Seara e co apoio de Tadega.

Captura da web Zac Browser, dirixida a facilitar a vida dos autistas.

PPrrooggrraammaa aabbeerrttoo ppaarraa ffaacciilliittaarr aa nnaavveeggaacciióónn ddee ccaattiivvooss aauuttiissttaass,, aaggoorraa eenn ggaalleeggoo

Sabíamos que a tecnoloxía estaba a subir chanzos aprol de mellorar a calidade de vida das persoas conproblemas de audición, pero os camiños que está a per-correr un grupo de investigación (www.uma.es/moc)da Universidade de Málaga semellan especialmentenovos. Con axuda de sistemas semellantes aos empre-gados en certos niveis da virtualidade e do dixital, odevandito grupo (integrado por profesionais de dife-

rentes eidos: Filoloxía, Psicoloxía ouOtorrinolaringoloxía), está a traballar nun proxectopara o tratamento da xordeira dende as idades máistemperás, máis polo miúdo dende antes dos dous anos,xa que son eses, os primeiros anos de vida dunha per-soa, os máis importantes en materia de aprendizaxe edesenvolvemento con este tipo de diversidade funcio-nal.

Concretamente, o proxecto consiste no implante nosórganos auditivos dos pequenos dun miúdo dispositivoelectrónico que fai posible que poidan volver a ouvir emesmo nos casos de xordeira máis fonda.A estruturado microaparello, no que se está a traballar dende 2007na dita Universidade, é dupla. Inclúe, segundo informao portal Uciencia, un módulo externo (con micrófonoe procesador de sons) e outro interno (integrado poreléctrodos que se conectan á cóclea).

En palabras de Ignacio MorenoTorres, filólogo e res-ponsable da investigación, o dito proxecto ten comofinalidade potenciar a rehabilitación logopédica doscativos, xa que podería mellorar con moito a rendibili-dade do implante. Ou sexa, que este só podería serrealmente eficaz se se acompaña a súa operatividadecon labores de aprendizaxe da fala e da escoita, mestu-rándose de novo a achega tecnolóxica coa formativatradicional.

O proxecto, que conta na súa aplicación práctica cosHospitais Universitario San Cecilio de Granada e coHospital Materno-Infantil de Las Palmas, está nesteintre a piques de entrar nunha fase decisiva: a do estu-do pormenorizado da resposta de doce nenos que forondiagnosticados con xordeira fonda e sometidos antesdos dous anos á operación do dito implante. A idea éestender máis adiante estas iniciativas a outros hospi-tais do Estado español.

Na imaxe, onomatopeias desenvolvidas polo grupopara mellorar a resposta dos nenos.

IInnvveessttiiggaann oo ppootteenncciiaall ddooss ddiissppoossiittiivvooss eelleeccttrróónniiccooss ppaarraa nneennooss ccoonn pprroobblleemmaass ddee aauuddiicciióónn

AA OONNCCEE ccoonnvvooccaa aa qquuiinnttaa eeddiicciióónn ddoo sseeuu PPrreemmiioo ddee II++DD eenn NNoovvaass TTeeccnnoollooxxííaass

Page 19: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

19level telecom nas estradas_r.n.

Intelixenciaartificial

galega a péde rúa

Esta ferramenta baséase enmodelos heurísticos e en métodosde intelixencia artificial para mello-rar as condicións do propio procesoda condución e avisar en tempo realaos responsables de mantemento davía a fin de que actúen no menortempo posible.

A Consellaría de Innovación, através da súa Dirección Xeral deI+D, concedeulle a Level Telecomunha axuda de 168.259 euros para arealización do proxecto, no marcodo Programa de Tecnoloxías daInformación e das Comunicaciónsdo Plan Galego de I+D+i 2006-2010 (INCITE).

A primeira das aplicacións do sis-tema no que a empresa galega estáa traballar vai destinada a evitar aformación de placas de xeo naszonas máis sombrías ou escuras dasestradas mediante a aspersióndunha disolución salina. Para isto, adevandita compañía habilitará unsistema en rede que detecte en quecircunstancias debe facer funcionara aspersión segundo parámetrosmeteorolóxicos, características dacalzada, experiencia no comporta-mento do clima...

Información en tempo realTodo este proceso de prevención

de accidentes nas estradas comezapor recoller datos sobre as condi-cións meteorolóxicas e as circuns-tancias concretas de cada vía. Omódulo de recollida de informaciónestá composto por diversos senso-res colocados na calzada, así comodunha estación meteorolóxica dota-da de instrumental avanzado demedida e doutras instancias de con-trol próximas a esta.

Tódolos datos serán procesadospor un sistema avanzado de controle análise que transmite a informa-ción en tempo real a un sistema deaspersión con carácter autónomo eintelixente; este último é o mesmoque se vai ocupar de prever a for-mación de placas de xeo nas estra-das.

Asemade, esta información che-gará ás persoas encargadas do man-temento das vías e do seu entorno,co que poderán actuar con rapidezante situacións de perigo e prepararos dispositivos de emerxencia opor-tunos.

Segundo vén de anunciarTelecom, aínda que a informacióndo sistema é servir á prevención decircunstancias de risco, esta ferra-menta tamén “terá capacidadecorrectiva e paliativa no caso deque as medidas preventivas nonsexan suficientes para mellorar noposible as circunstancias de circu-lación”.

PortabilidadeOs responsables do proxecto

tamén subliñan que o sistema apor-ta “importantes novidades” ao con-trol do estado das vías de circula-ción debido a que a integración detecnoloxías avanzadas de comuni-cacións permite unha “visiónampla” do que está a acontecer nuntramo concreto da vía, tanto a efec-tos de información de cara aos res-ponsables de conservación, comoao sistema experto de decisión deaspersión sobre a calzada, garantin-

do a seguridade dos condutores.Outra das características que fai

que o sistema sexa pioneiro nestecampo é, segundo indican os seuscreadores, a súa “modularidade”, oque fai que sexa portátil e adaptablea situacións concretas. Ao tratarsedun dispositivo por módulos podeinstalarse en diferentes lugares inte-grando nun bastidor os elementosmínimos necesarios para o trata-mento de pequenas zonas de risco,como saídas de túneles, tramossombríos, etc.

Estas estacións portátiles taménse beneficiarán da maior densidadede datos recollidos polas estaciónsfixas. Obterán esta información através da tecnoloxía de comunica-cións móbiles (GPRS/3G), canle decomunicación que tamén se usarápara a supervisión remota destasestacións portátiles.

Colaboración coa USCA Universidade de Santiago de

Compostela colabora neste mesmoproxecto a través do Laboratorio deSistemas do Instituto de investiga-cións Tecnolóxicas, que está a estu-dar a implementación dun modelode predición meteorolóxico com-plexo que integre datos extraídosdoutros nodos da rede e de esta-cións meteorolóxicas virtuais, fun-damentándose en técnicas demallas de predición meteorolóxica.

A empresa Level Telecom (www.leveltelecom.com), especializada no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos, está a traballar -cco apoio económico daConsellaría de Innovación e Industria- no deseño dunsistema de predición, alerta e mitigación de condiciónsmeteorolóxicas adversas nas estradas para tratar deevitar os accidentes de tráfico provocados por mor dasmesmas.

Innovacióncolabora con

Level Telecom naprevención deaccidentes nas

estradas Sinistro debido ás malas condicións atmosféricas, visto no caderno de Ian

Hampton no Flickr.

SSoobbrree aa eemmpprreessaa rreessppoonnssaabblleeLevel Telecom é unha empresa galega creada a mediados dos noventa que na actualidade ten unequipo de 33 traballadores no equipo e no ano 2007 facturou 2,4 millóns de euros. Un dos vieirosestratéxicos da compañía é o da I+D+i. As palabras de Juan Carlos Suárez, o director xeral damesma, así o demostran: “A empresa aposta fortemente polo I+D+i como factor clave para o des-envolvemento de produtos e proxectos de valor, que aumentan a competitividade da Empresa, e asitúan en mercados moi estratéxicos”.Ademais deste, a compañía con sede en Santiago de Compostela, xa ten traballado noutros camposde investigación importantes e froito dese esforzo xurdiron o Equipo de Localización Persoal BENG1 (desenvolvido integramente por Level Telecom) ou o Router de Comunicacións Móbiles Revisio,desenvolvido conxuntamente co socio tecnolóxico Arteixo Telecom.

“Esta ferramentaevita os accidentesnas estradasmellorando as con-dicións das vías entempo real”.

o

o

nr

oaa

a

a

a

r

r

a

n

Page 20: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

20 chegou o ephone_marcus fernández

E chegouo iPhone

O móbil de Apple chegou a España cun ano de retra-so con respecto aos EE.UU., e para compensar ademora, o modelo que chegou ás nosas terras corrixe asúa principal eiva e integra conectividade 3G, o que llepermite gozar dun acceso á Internet de banda largadende boa parte da xeografía española, de xeito que osoño de levar a Internet no peto se pode converter enrealidade.

A estrea do desexado terminal no Estado foi bastan-te accidentada, pois o número de unidades á venda nosprimeiros días foi moi limitado, o que ocasionou colase listaxes de espera das que os clientes non son moiamigos, e tampouco faltaron as incidencias para as tra-mitacións de altas ou activacións de servizos (como oacceso á Rede dende o móbil), o que parece provoca-do pola auténtica avalancha de interesados no trebellode moda.

Iso si, o iPhone 3G non é un dispositivo para calque-ra, pois ten moitas carencias que algúns usuarios pode-rían non aceptar, aínda que o maior atranco para a súacompra é non só o seu prezo, senón tamén os servizosque hai que contratar con el que, xunto cun compromi-so de permanencia de 24 meses, fan que o seu custo depropiedade durante 2 anos sexa dun mínimo de entre968,6 e 3.201,6 euros segundo as tarifas contratadas,de aí que a súa adquisición sexa algo máis que mercarun móbil.

A operadora que se fixo co iPhone 3G en exclusiva(aínda que se descoñece durante canto tempo terá talprivilexio) foi Movistar, polo que a compañía aprovei-tou a chegada do terminal a España pasa estrear a súatenda insignia na Gran Vía madrileña á que acudironmilleiros de persoas para facerse co móbil de Apple.Tal foi o auxe inicial de vendas que Apple aseguranque se venderon 1 millón de unidades en todo o mundodurante a primeira fin de semana (o que tardaran 74días en conseguir co anterior modelo do iPhone).

Aínda que o iPhone conte con pantalla táctil, GPS,Bluetooth, 3G, altofalante e acelerómetro, hai querecoñecer que a súa forza non está no seu hardware,senón no seu software, e para tirar proveito desta situa-ción, o novo terminal inclúe a AppStore, unha tendavirtual de aplicacións para o trebello (das que unha

boa parte son de balde) de xeito que conta cun dosmellores catálogos de programas para o móbil queexiste, destacando especialmente no apartado dosxogos, pois se estreou cuns 160, mentres que platafor-mas como a N-Gage de Nokia apenas xuntou 15 títu-los en varios meses.

Tamén no apartado web hai moitas novidades, poisnon faltan os servizos en liña e páxinas web que adap-taron a súa interface para semellar aplicacións nativasdo iPhone, permitindo unha carga máis lixeira e unhamellor integración, destacando casos coma o deTelecinco (telecinco.es/i) ou incluso a nosa propia web(codigocero.com/i). O certo é que a meirande parte daspáxinas web non precisan ningún tipo de adaptaciónpara funcionar axeitadamente na versión móbil donavegador Safari que vén de serie no iPhone, peromoitos usuarios agradecen os contidos ben integrados,que incluso se poden engadir ao menú do terminalcoma se fosen unha aplicación máis.

A versión estándar da nosa web tamén se pode consultar satisfactoriamente dende o iPhone

“Tal foi o auxe inicial de ven-das que se venderon 1 millónde unidades en todo o mundodurante a primeira fin desemana”.

“O iPhone conta, entreoutras cousas, con pantallatáctil, GPS, Bluetooth, 3G,altofalante e acelerómetro”.

Adaptamos a nosa web para que sexa máis lixeira

e doada de usar no iPhone

Guillermo Ansaldo, director xeral de Telefónica España, e Belén Amatriaín, conselleira delegada de

Telefónica España, durante a presentación da oferta comercial do iPhone 3G en España

coincidindo co sétimoaniversario da nosa web,

en códigocero.comfixemos unha versión

especial para osposuídores deste novoxoguete tecnolóxico

Page 21: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

Uns días antes da celebración da feira devideoxogos de Los Angeles se rumoreaba queMicrosoft ía presentar durante o E3 un novoxogo ao máis puro estilo do SingStar (saga degrande éxito nas consolas de Sony), e final-mente se coñecen os detalles do que seráLips, o karaoke para a Xbox 360 que se ven-derá con micrófonos iluminados sen fíos esensibles ao movemento (o que suporía unhaimportante innovación sobre os xogos paraas consolas de Sony).

Como curiosidade tamén está o feito de quepermita empregar a nosa propia música paracantar conectando o Zune ou o iPod á conso-la de videoxogos.

Neste momento xa coñecemos a aparenciados micrófonos de Lips (que supoñen unhaagradable achega á consola de Microsoft), acarátula do xogo, imaxes do mesmo, e inclusopodemos ver un vídeo promocional en distin-tas páxinas web.

ADeSe publicou o datos de vendas de vide-oxogos en España durante o pasado mes dexuño e se confirman as fortes vendas deMetal Gear Solid 4: Guns of the Patriots paraPlayStation3, que é o título máis vendido,seguido por Wii Play e Super Smash BrosBrawl para a consola doméstica de Nintendo,Dragon Ball Z: Burst Limit para PS3, MarioKart poara Wii e GTA IV para PS3.

Sorprende moito que nos postos 7 e 10 devendas están 2 títulos para PS2 (PES 2008 eLEGO Indiana Jones) polo que por primeira vez

en moito tempo Sony empataría con Nintendoen títulos colocados no Top 10 de vendas enEspaña.

En xuño, nin o PC, a Xbox 360 ou a PSP con-seguiron introducir ningún título entre os 10máis vendidos, dando a impresión de que nonson as distintas xeracións de consolas as quedefinen as vendas, senón os xogos dispoñi-bles.

O videoxogo clásico de naves de desprazamento horizontal Gradius (máiscoñecido en Europa coma Nemesis) continúa a estar de actualidade pese a termáis de 23 anos, pois Konami anunciou que vai lanzar Gradius ReBirth dentro daplataforma WiiWare para a consola doméstica de Nintendo (ou sexa, que se ven-derá coma descarga).

O novo xogo poderá adquirirse durante o verán no Xapón, e aínda non se deta-llou se é un remake do clásico ou se trata dunha nova creación inspirada novideoxogo orixinal, aínda que o título desta entrega podería indicar a resurrec-ción dunha franquicia da que a última entrega foi Gradius V para PS2 (que saíuhai exactamente 4 anos)

O NOVO DISCO DE METALLICA SAIRÁSIMULTANEAMENTE EN TENDAS E PARAGUITAR HERO

Para 2009 se espera que saíse o xogoGuitar Hero: Metallica como este ano saíutamén Guitar Hero: Aerosmith, ou sexa, xogosda saga de Guitar Hero dedicados a grupos degrande éxito, pero Metallica non quere agar-dar para achegarse aos seus seguidores através deste tipo de xogos, e vén de anunciarque o álbum Death Magnetic que chegará ovindeiro outono se lanzará simultaneamenteen CD e coma descarga para os xogos GuitarHero III e Guitar Hero World Tour.

Estariamos así ante un momento históricoque incluiría definitivamente aos videoxogoscomo canle de distribución musical, que sesumaría aos CD, DVD e descargas en servizos

coma iTunes.Ata o momento as descargas para os xogos

de Guitar Hero e Rock Band nas súas versiónspara Xbox 360 e PS3 son un rotundo éxito, esería unha tendencia emerxente comparableá febre dos politóns de hai un par de anos.

O novo álbum de Metallica debería saír nomes de setembro, mentres que o Guitar HeroWorld Tour non chegaría ata o 27 de outubro,e aínda que o álbum se poderá adquirir antespara o Guitar Hero III, é recomendable agardará nova entrega da saga porque aparte da gui-tarra eléctrica tamén permitirá empregar abatería e a voz para interpretar os distintostemas.

GRADIUS RENACERÁ PARA ANINTENDO WII

MICROSOFT PRESENTA O SEU XOGO DE KARAOKE

METAL GEAR SOLID 4 DOMINOU ASVENDAS DE VIDEOXOGOS ESPAÑOLASEN XUÑO

21xogos_escolma da web de código

Page 22: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación

O vindeiro 1 de agosto estrearase un novoxogo masivo multiusuario coñecido comaWorld of Kung Fu, que xa leva uns meses enprobas, e que sitúa ao participante nun con-torno inspirado na cultura tradicional chinesa,con presenza tanto da súa mitoloxía comados valores de xustiza e heroísmo do KungFu.

Aínda que a ambientación sexa diferente, oxogo parece inspirado en World of Warcraft,coa diferenza de que este produto permite

xogar de balde (aínda que tamén conta cunhamodalidade avanzada para a que hai quepagar unha cota), o que agradecerán osamantes deste tipo de títulos.

O acabado do xogo parece máis que acep-table, polo que os que gusten dos xogos enliña para PC ou da cultura tradicional chinesa(e a práctica do Kung Fu) deberían probareste título que busca crear toda unha comu-nidade ao seu redor.

WORLD OF KUNG FU, NOVO XOGO EN LIÑA DEBALDE

A primeiros de xullo incorpo-rouse ao catálogo de Xbox LiveArcade o clásico xogo de loitaSoulcalibur por 800 puntos (uns9,60 euros), que se estreara en1999 para a consola Dreamcastde Sega e deu lugar a distintassecuelas (quedando pouco para olanzamento de Soul Calibur IV paraXbox 360 e PS3).

Agora, os propietarios dunhaXbox 360 poderán rememorareste título tan ben considerado no

seu xénero, que se converteu nundos principais referentes nosxogos de loita en 3D (superandoás sagas de Tekken e VirtuaFighter). Amais, esta entregaretro de Soulcalibur está total-mente remasterizada para usargráficos en alta definición e con-tará con distintos modos de xogo:arcade, supervivencia, adestra-mento e enfrontamento (contra unamigo).

SOULCALIBUR CHEGA A XBOX LIVE ARCADE

2222 xogos_escolma da nosa web

Despois de moitos rumores e filtracións, o xogo RockBand 2 que chegará para Xbox 360 despois do verán nosEE.UU. xa ten unha listaxe de cancións oficiais, incluíndomáis de 80 cancións ás que habería que engadir outras 20que se poderían descargar de balde (agardándose que atenda de descargas inclúa máis de 500 temas antes derematar o ano).

O catálogo de temas é do máis variado que conta convarias sorpresas, coma o tema Let There Be Rock doAC/DC (grupo do que moitos seguidores deste tipo dexogos quería interpretar algún tema), a canción Tangled UpIn Blue de Bob Dylan e, especialmente, o tema Shackler’sRevenge que resulta ser o single de presentación deChinese Democracy, o novo álbum de estudio dos Guns N’Roses tras 14 sen estrear novos discos.

O NOVO SINGLE DOS GUNS N’ ROSES ESTREARASE DENTRODO XOGO ROCK BAND 2

Friendware e RTL Games veñen de presen-tar o Racing Team Manager, un xogo de “altavelocidade” no que os usuarios toman o con-trol absoluto das súas escuderías facendo derepresentantes dos equipos e incluso cons-truíndo os seus propios vehículos de compe-tición empregando ata 16 compoñentes distin-tos.

O xogo soporta modo multixogador de atadúas persoas en rede local ou Internet econta con máis de 15 circuítos distintos, máisde 170 condutores e outros 370 membros doequipo.

Racing Team tamén conta cun editor paraafacer os nomes e as características dospilotos e das escuderías aos gustos do xoga-

dor e permítelle a este tomar o control dunhaescudería xa creada ou crear a súa propia.

Os usuarios deste novo xogo presentadopor Friendware poden, entre outras cousas,deseñar os plan de investigación e desenvol-vemento de novas tecnoloxías avanzadas,negociar cos pilotos, subministradores eanunciantes ou levar as rendas de calqueraescudería do xeito máis realista posible.

A aplicación conta, asemade, cos comenta-rios do antigo piloto Christian Danner, exper-to en Fórmula 1 e colaborador dun programade velocidade da televisión alemá RTL.Danner, xunto con outros expertos destamodalidade participou no asesoramento doequipo que desenvolveu o Racing Team

Manager co que os seus creadores coidanque se trata dun videoxogo dotado “dun rea-lismo nunca visto nun xogo destas caracte-rísticas”.

A EXPERIENCIA DAS ALTAS VELOCIDADES NORACING TEAM MANAGER

Page 23: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación
Page 24: P Peeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass · 2010. 6. 19. · Máis recursos de accesibilidade PPeeggaaddaass vviirrttuuaaiiss ggaalleeggaass ... ción virtual baseado na creación