organos de gobierno das cooperativas

4
ÓRGANOS DE GOBERNO DAS COOPERATIVAS ASEMBLEA XERAL A Asemblea Xeral é o órgano de goberno supremo de expresión da vontade social e o seu obxecto é deliberar sobre a política xeral da cooperativa e adoptar acordos sobre aqueles asuntos que sexan da súa competencia. As asambleas poden ser ordinarias ou extraordinarias; as ordinarias terán lugar periódicamente en cada exercicio económico e serán convocadas polo Consello Reitor nos seis meses seguintes á data de peche do exercicio económico. As extraordinarias son as demais. A asemblea quedará validamente constituída, en primeira convocatoria, cando estean presentes a maioría dos votos. Acordos Os acordos da Asemblea Xeral, a excepción dos supostos que establece a lei ou nos estatutos, serán adoptados por máis da metade dos votos validamente expresados. Non serán computables os votos en branco nin as abstencións. Os acordos que sexan validamente adoptados obrigarán a todos/as socios/as, independentemente do sentido do seu voto. Competencia Correspóndelle á Asemblea Xeral, entre outros, adoptar os seu seguintes acordos: a) Aprobar o plano empresarial da cooperativa. b) Nomear e revogar, por votación secreta, das persoas administradoras, das interventoras e das liquidadoras, así como, se for caso, dos/as membros do Comité de Recursos e exercer a acción de responsabilidade contra eles. c) Nomear e revogar as persoas auditoras de contas. d) Examinar a xestión social, aprobar as contas anuais e distribuír excedentes ou imputar perdas. e) Establecer novas achegas obrigatorias ou voluntarias, fixar os xuros que lles puideran corresponder e a actualización delas. f) Emitir obrigas, títulos participativos ou outro tipo de participacións que puideren establecerse ou de calquera outro título admitido en dereito. g) Aprobar ou modificar o Regulamento de réxime interno da cooperativa. h) Establecer ou modificar as cotas de ingreso ou periódicas. i) Constituír cooperativas de segundo grao e doutras formas de participación económica, así como a adhesión e separación delas. j) Modificar os estatutos. k) Fusionar, escindir, transformar, disolver e liquidar a sociedade. l) Crear seccións e aprobar e modificar, se for o caso, os seus regulamentos de réxime interno. m) Ceder ou allear a sociedade ou parte desta, ou tomar calquera outra decisión que supoña unha modificación substancial da estrutura económica, social, organizativa ou funcional dela. n) Todos os demais acordos en que así o establezan a lei ou os estatutos.

Upload: sergio-artime

Post on 10-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

4ª unidad de " Guia do cooperativismo en Galicia"

TRANSCRIPT

Page 1: organos de gobierno das cooperativas

 ÓRGANOS DE GOBERNO DAS COOPERATIVAS 

ASEMBLEA XERAL A Asemblea Xeral é o órgano de goberno supremo de expresión da vontade social e o seu obxecto é deliberar sobre a política xeral da cooperativa e adoptar acordos sobre aqueles asuntos que sexan da súa competencia. As asambleas poden ser ordinarias ou extraordinarias; as ordinarias terán lugar periódicamente en cada exercicio económico e serán convocadas polo Consello Reitor nos seis meses seguintes á data de peche do exercicio económico. As extraordinarias son as demais. A asemblea quedará validamente constituída, en primeira convocatoria, cando estean presentes a maioría dos votos. Acordos Os acordos da Asemblea Xeral, a excepción dos supostos que establece a lei ou nos estatutos, serán adoptados por máis da metade dos votos validamente expresados. Non serán computables os votos en branco nin as abstencións. Os acordos que sexan validamente adoptados obrigarán a todos/as socios/as, independentemente do sentido do seu voto. Competencia Correspóndelle á Asemblea Xeral, entre outros, adoptar os seu seguintes acordos:

a) Aprobar o plano empresarial da cooperativa. b) Nomear e revogar, por votación secreta, das persoas administradoras, das

interventoras e das liquidadoras, así como, se for caso, dos/as membros do Comité de Recursos e exercer a acción de responsabilidade contra eles.

c) Nomear e revogar as persoas auditoras de contas. d) Examinar a xestión social, aprobar as contas anuais e distribuír excedentes ou

imputar perdas. e) Establecer novas achegas obrigatorias ou voluntarias, fixar os xuros que lles

puideran corresponder e a actualización delas. f) Emitir obrigas, títulos participativos ou outro tipo de participacións que puideren

establecerse ou de calquera outro título admitido en dereito. g) Aprobar ou modificar o Regulamento de réxime interno da cooperativa. h) Establecer ou modificar as cotas de ingreso ou periódicas. i) Constituír cooperativas de segundo grao e doutras formas de participación

económica, así como a adhesión e separación delas. j) Modificar os estatutos. k) Fusionar, escindir, transformar, disolver e liquidar a sociedade. l) Crear seccións e aprobar e modificar, se for o caso, os seus regulamentos de

réxime interno. m) Ceder ou allear a sociedade ou parte desta, ou tomar calquera outra decisión que

supoña unha modificación substancial da estrutura económica, social, organizativa ou funcional dela.

n) Todos os demais acordos en que así o establezan a lei ou os estatutos.

Page 2: organos de gobierno das cooperativas

O CONSELLO REITOR O Consello Reitor é órgano de goberno, xestión e representación da sociedade cooperativa. Os estatutos establecerán a composición e organización do Consello Reitor. O número de membros non poderá ser inferior a tres e deberá existir en todo caso un presidente, un vicepresidente e un secretario, agás nas cooperativas de traballo asociado cando o número de socios/as sexa inferior a catro, en que o consello estará formado por dous membros e non se esixirá o cargo de vicepresidente. Naquelas cooperativas en que o número de socios/as sexa inferior a dez, os estatutos poderán establecer a existencia dun administrador único, persoa física que deberá ter a condición de socio e que terá as competencias e o réxime establecido para o Consello Reitor. O presidente do Consello Reitor será tamén da cooperativa e terá a súa representación legal, sen prexuízo de incorrer en responsabilidade se a súa actuación non se axustase aos acordos da asemblea xeral ou do Consello Reitor. Elección As persoas administradoras e, se for o caso, as persoas suplentes, serán elixidas pola Asemblea Xeral de entre os/as socios/as en votación secreta polo maior número de votos. Non obstante, se o dispoñen os estatutos, ata un 25% dos membros do Consello Reitor poderán ser elixidos entre persoas físicas que non sexan socias, agás o/a presidente/a e o a vicepresidente/a, que deberán ser, en todo caso, socios/as da cooperativa. O presidente/a e a vicepresidente/a serán elixidos/as directamente polo Asemblea Xeral, agás que os estatutos dispoñan expresamente que poderán selo polos membros do Consello Reitor de entre os/as seus/súas compoñentes. As persoas administradoras serán elixidas por un período de entre dous e seis anos, que será fixado polos estatutos. O Consello Reitor renovarase na súa totalidade ao vencemento do prazo para o que foron elixidos, a non ser que os estatutos establezan a renovación parcial. Os/as conselleiros/as poderán ser reelixidos/as, agás limitación estatutaria. O funcionamento interno do Consello Reitor deberá estar regulado nos estatutos. No non fixado nestes, poderá autorregulamentarse o propio órgano e someterase esta regulación á primeira asemblea xeral que se realice. A reunión do Consello Reitor deberá ser convocada polo/a presidente/a ou por quen o substitúa, por iniciativa propia ou por petición de calquera conselleiro/a. Se a solicitude non for atendida no prazo de dez días, poderá ser convocada por quen fixese a petición, sempre que logre para a súa convocatoria a adhesión, polo menos, dun terzo do consello. O consello quedará validamente constituído cando concorran persoalmente á reunión máis da metade dos seus compoñentes. Os/as conselleiros/as non poderán facerse representar. Os acordos adoptaranse por máis da metade dos votos validamente expresados, agás nalgúns supostos establecidos na lei. Cada conselleiro/a terá un voto e o voto do/a presidente/a dirimirá os empates.

Page 3: organos de gobierno das cooperativas

A INTERVENCIÓN É o órgano fiscalizador da cooperativa. A Asemblea Xeral elixirá, mediante votación secreta por maioría de votos, de entre os socios da cooperativa, os interventores titulares e, se é o caso, os suplentes. Non obstante, cando exista máis dun interventor, se o dispoñen os estatutos e por unha maioría de dous terzos dos votos presentes e representados na asemblea xeral, un deles poderá ser elixido entre persoas físicas que non sexan socias e reúnan os requisitos de cualificación profesional e experiencia técnica ou empresarial adecuados en relación coas funcións daquel órgano. Os estatutos determinarán e seu número (que debe ser impar) e a duración do seu mandato que estará entre dous e seis anos con posibilidade de reelección. Son funcións dos interventores, entre outras, censurar as contas anuais antes de as presentar na Asemblea Xeral, controlar os libros da cooperativa, solicitar do Consello Reitor todas aquelas informacións sobre a marcha da cooperativa que consideren oportunas no exercicio das súas funcións, convocar a Asemblea Xeral nos supostos establecidos pola lei, impugnar ante a Asemblea Xeral a valoración dos bens ou dereitos como achega ao capital social acordada polo Consello Reitor, etc.

OUTROS ÓRGANOS Se se recolle nos estatutos, poden constituírse outros órganos como o Comité de Recursos ( que tramitará e resolverá os recursos contra as sancións dos/as socios/as. A composición e funcións do Comité de Recursos determinarase nos estatutos de acordo coa lei. Se a cooperativa vén obrigada a realizar auditoría externa deberá designar un/unha letrado/a asesor/a.

Page 4: organos de gobierno das cooperativas

ORGANIGRAMA DA COOPERATIVA 

ASEMBLEA XERAL Soci@s

INTERVENTORES/AS Interventor/a 1 Interventor/a 2

CONSELLOR REITOR Presidente/a

Vicepresidente/a

COMITÉ DE RECURSOS

Coordinación Xeral Socio/a A

I+D Socio/a B

RR.HH. Socio/a F

Producción Socios/as

A,B,C,D,E,F

Marketing Socio/a D

Administración Socio/a C

LETRADO/A ASEOSOR/A