opiniÓns sobre a humanldade prlmltlva na gallcia do … · santiago de compostela, e publicacións...

25
AS OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO SÉCULO XiX E AS SÚAS RELACIÓNS COA INFORMACIÓN ARQUEOL~XICA Por Fernando PEREIRA GONZÁLEZ Departamento de Historia I Facultade de Xeografia e Historia Universidade de Santiago de Compostela Resumen: Se presentan las ideas existentes en la Galicia decimonónica acerca del ori- gen, antigüedad y situación original de la humanidad, y se relacionan con el empleo de la información ofrecida por la arqueología prehistórica. Abstract: The aim of this essay is to give a glimpse of the opinions about the arigin, anti- quity and primitive situation of humankind, which were present in Galicia during the nineteenth century. Special emphasis is made on archaeological informa- tion. Palabras clave: Galicia, siglo XIX, humanidad primitiva, información arqueológica. Key words: Galicia, nineteenth century, primitive humankind, archaeological information. En 1888 Leandro Saralegui y Medina, un militar galego afeccionado á arqueo- loxía e á historia, afirmaba no seu libro Estudios sobre Galicia: :<Losgrandes y acalorados debates sostenidos en el mundo científico respeto á la antigüedad del hombre, han concluído por evidenciar la presencia de la especie humana sobre el planeta que habitamos, en una época muy anterior á las grandes catas- trofes que precedieron inmediatamente al actual periodo geológico (. . .) Los des- cubrimientos de Boucher de Perthes en el diluvium de Menchecourt y Moulin- Quignon, confirmados por ulteriores investigaciones y particularmente por M. Lartet, han puesto al abrigo de toda controversia la contemporaneidad del hom- bre y de los maml'feros cuaternarios, echando por tierra las doctrinas del sabio Cuvier, contrarias a la teoría del hombre fósil y hasta á la existencia de todo cua- drumano en la época terciaria)) (Saralegui y Medina, 1888: 153-1 54). Con estas palabras Saralegui viña de recoñecer que a especie humana fixe- ra a súa aparición sobre a Terra había centos de miles de anos, incluso pode que a finais da era Terciaria, cifras estas que deixaban en ridículo as estima- cións tradicionais na Biblia que daban ó ser humano unha antigüidade de tan só 6.000 anos. Recoñecía tamén Saralegui na mesma obra que orixinariamente os primeiros humanos viviran nunha situación de ~:salvaxismo~>, habitando en covas, empre- gando pedras, pólas ou ósos como únicos útiles, e alimentándose do que caza- ban e da recolleita de froitos silvestres. A súa intelixencia estaba moi mermada e polo tanto aínda non eran capaes de viviren doutro xeito. co paso do tempo, e a medida que se esforzaban por sobrevivir loitando pola súa subsistencia, foran

Upload: others

Post on 19-Apr-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

AS OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO SÉCULO XiX E AS SÚAS RELACIÓNS COA INFORMACIÓN ARQUEOL~XICA

Por Fernando PEREIRA GONZÁLEZ

Departamento de Historia I Facultade de Xeografia e Historia Universidade de Santiago de Compostela

Resumen: Se presentan las ideas existentes en la Galicia decimonónica acerca del ori- gen, antigüedad y situación original de la humanidad, y se relacionan con el empleo de la información ofrecida por la arqueología prehistórica.

Abstract: The aim of this essay is to give a glimpse of the opinions about the arigin, anti- quity and primitive situation of humankind, which were present in Galicia during the nineteenth century. Special emphasis is made on archaeological informa- tion.

Palabras clave: Galicia, siglo XIX, humanidad primitiva, información arqueológica. Key words: Galicia, nineteenth century, primitive humankind, archaeological information.

En 1888 Leandro Saralegui y Medina, un militar galego afeccionado á arqueo- loxía e á historia, afirmaba no seu libro Estudios sobre Galicia: :<Los grandes y acalorados debates sostenidos en el mundo científico respeto á la antigüedad del hombre, han concluído por evidenciar la presencia de la especie humana sobre el planeta que habitamos, en una época muy anterior á las grandes catas- trofes que precedieron inmediatamente al actual periodo geológico (. . .) Los des- cubrimientos de Boucher de Perthes en el diluvium de Menchecourt y Moulin- Quignon, confirmados por ulteriores investigaciones y particularmente por M. Lartet, han puesto al abrigo de toda controversia la contemporaneidad del hom- bre y de los maml'feros cuaternarios, echando por tierra las doctrinas del sabio Cuvier, contrarias a la teoría del hombre fósil y hasta á la existencia de todo cua- drumano en la época terciaria)) (Saralegui y Medina, 1888: 153-1 54).

Con estas palabras Saralegui viña de recoñecer que a especie humana fixe- ra a súa aparición sobre a Terra había centos de miles de anos, incluso pode que a finais da era Terciaria, cifras estas que deixaban en ridículo as estima- cións tradicionais na Biblia que daban ó ser humano unha antigüidade de tan só 6.000 anos.

Recoñecía tamén Saralegui na mesma obra que orixinariamente os primeiros humanos viviran nunha situación de ~:salvaxismo~>, habitando en covas, empre- gando pedras, pólas ou ósos como únicos útiles, e alimentándose do que caza- ban e da recolleita de froitos silvestres. A súa intelixencia estaba moi mermada e polo tanto aínda non eran capaes de viviren doutro xeito. Só co paso do tempo, e a medida que se esforzaban por sobrevivir loitando pola súa subsistencia, foran

Page 2: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

desenvolvendo as súas capacidades mentais e realizando logros culturais cada vez máis importantes -agricultura, cerámica, uso dos metais, aldeas e cidades, alfabeto, etc.- ata chegaren á era do comercio e da industrialización na cal vivía o propio Saralegui.

Nunha grande medida a visión que tiña Saralegui acerca dos primeiros tem- pos da humanidade, da súa prehistoria, coincidía con aquela que se fora impo- ñendo na Europa occidental durante a segunda parte do século XIX a través das teorías da arqueoloxía prehistórica e da antropoloxía. Pero, como o mesmo Saralegui recoñecía no parágrafo citado mais arriba, estas teorías non foran aceptadas por todos, por cuestións basicamente ideolóxicas. Xurdiu a controver- sia; as discusións entre os partidarios destas novas ideas e os valedores das teo- rías tradicionais foron longas. Os argumentos e as probas presentados por uns e por outros foron diversos, e non faltaron mesmo as solucións de compromiso. E a información tirada da arqueoloxía, da arqueoloxía prehistórica, tivo un papel moi importante, fundamental, nestas discusións, nas que a miúdo a ideoloxía de cada autor era o que mais pesaba á hora de decidirse por unhas interpretacións do rexistro arqueolóxico ou por outras.

Na Galicia do século XIX opinións como as de Saralegui a respecto dos pri- meiros tempos da humanidade non foron, de ningunha maneira, as maioritarias. Pola contra, foi a postura tradicional, defendida fundamentalmente polo clero e polos sectores mási conservadores, a que predominou nos círculos académicos e eclesiásticos galegos ó longo de toda a centuria anterior. As ideas alternativas a esa postura tradicional, como aquelas expresadas por Saralegui, foron manti- das por unha minoría de autores, case todos eles de ideoloxía liberal e interesa- dos, en maior ou menor grao, na arqueoloxía.

Na Galicia decimonónica, e nomeadamente durante a segunda metade do século, é posible, polo tanto, atopar esas dúas visións verbo da humanidade pri- mitiva que tamén se encontraban noutras partes do Estado español e no resto da Europa occidental: a nova visión, apoiada nos datos fornecidos pola arqueo- loxía prehistórica e maila antropoloxía, pero animada tamén en moitas ocasións por unha forte carga ideolóxica; e a tradicional, inspirada no relato bíblico sobre as orixes da humanidade, e polo tanto con forte compromiso relixioso, pero que empregaba igualmente no seu proveito os datos fornecidos pola ciencia.

O caso galego presenta, sen embargo, as súas características específicas, debido fundamentalmente ás peculiares condicións nas que se atopan a socie- dade e a ciencia galegas no século pasado.

O que segue é unha presentación, necesariamente breve, desas dúas visións da humanidade primitiva --da orixe, antigüidade e situación orixinal da humani- dade- que se podían atopar en Galicia no século XIX: os seus argumentos, as súas probas, as súas diferencias, os seus valedores, as solucións de compromi- so entre as dúas, etc., facendo, asemade, especial fincapé nas relacións das mesmas coa información tirada da arqueoloxía.

As fontes empregadas para analizar esta cuestión foron obras sobre arqueo- loxía e historia de Galicia, libros de temática relixiosa e de divulgación científica publicados por autores galegos ou residentes en Galicia, os discursos de aper-

Page 3: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

tura do curso académico da Universidad Literaria e do Seminario Central de Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi.

Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego, é necesario deterse un intre e ve-los antecedentes máis inmediatos das discusións sobre a humanidade primi- tiva na Europa occidental.

1859 é unha data de importancia fundamental cando se está a tratar coas ideas acerca da humanidade primitiva no século pasado. Ese ano tiveron lugar dous feitos clave para o pensamento europeo posterior relativo á orixe dos seres humanos: daquela produciuse o recoñecemento <(oficial>) da grande antigüidade da humanidade por parte dun conxunto influinte de científicos (xeólogos, pale- ontólogos e arqueólogos), e foi publicado o libro de Charles Darwin On the ori- gin of species by means of natural selection, que levou a parte do mundo cienti- fico a admití-la posibilidade da evolución biolóxica das especies, incluso da espe- cie humana como faría anos máis tarde o propio Darwin en Descent of Man.

En principio estas dúas ideas -a grande antigüidade dos seres humanos e a evolución biolóxica da especie humana a partir de seres anteriores- non esta- ban vencelladas necesariamente. É certo que o mecanismo biolóxico invocado por Darwin para dar conta da evolución das especies, a selección natural, impli- caba longos períodos de tempo: xa que logo, acepta-la evolución biolóxica do ser humano a partir dos primates, supuña ter que admití-la súa enorme antigüidade. Pero tamén é certo que moitos dos autores que estiveron de acordo nesa gran- de antigüidade para a humanidade non aceptaban a súa orixe simia, senón que mantiñan unha postura fixista e creacionista. Nun principio, polo tanto, recofiecer esa enorme antigüidade non supuña automáticamente acepta-la teoría darwinia- na, é estas dúas ideas foron relativamente independentes, cando menos dende unha perspectiva anti-evolucionista. De feito, como afirma Donald K. Grayson, a separación que moitos autores facían entre unha e outra permitiu que a primei- ra, a da antigüidade do ser humano, fose bastante ben recibida polos científicos, incluso por aqueles que non (comungaban), co evolucionismo biolóxico. Ese foi o caso por exemplo do famoso xeólogo Charles Lyell (Grayson, 1983).

Só os máis <<radicais adoptaron as dúas ideas, facendo da primeira unha proba para demostra-la segunda. Por suposto que para os máis conservadores tanto unha como outra eran totalmente inaceptables, por se opoñeren a aquilo que, ata entón, fora ensinado pola relixión e pola ciencia: a neo-antigüidade do ser humano e a súa creación divina.

A diferencia da idea dunha evolución biolóxica da humanidade a partir dalgunha especie de primate -hipótese adiantada por primeira vez a comezos do século XIX

Pódese ver un estudio máis polo miúdo deste tema e unha presentación máis detallada das fontes utilizadas no meu traballo Contribución á historia da arqueoloxía en Galicia: As opinións sobre a humanidade primitiva e a información arqueolóxica na Galicia do século XIX. Tese de Licenciatura inédita. Universidade de Santiago de Compostela, 1 996.

Page 4: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

polo biólogo francés Lamarek-, a da grande antigüidade do ser humano era xa unha hipótese que, cando menos, dende o século XVI enfrontábase ó cómputo ortodoxo que daba á especie humana unha antigüidade na Terra de tan só 6.000 anos, segundo os cálculos realizados con base nas xenealoxías bíblicas. Nos séculos XVll e XVlll a idea da grande antigüidade da humanidade fíxose corren- te naqueles autores (<libre pensadores, ou (( libertinos>>, en claro desafío ás datas establecidas pola tradición. Pero os argumentos que eses autores (<libertinos)> daban a pro1 desa teoría non tiñan nada que ver coa arqueoloxía, senón que se baseaban en interpretaciuns particulares das propias Escrituras ou, más fre- cuentemente, na suposta enorme antigüidade de culturas como a exipcia ou a chinesa, suposición apoiada nos mitos e tradicións nos que eses pobos se auto- adscribían unha antigüidade cen veces milenaria (cfr. Rossi, 1984). Os anticua- rios, que durante eses anos estaban a estudia-los restos arqueolóxicos dos seus respectivos países, non se preocupaban deste tema, limitándose a relaciona-los vestixios do pasado con pobos históricos como os celtas, os xermanos ou os antigos daneses, e inseríndoos case sempre dentro do espacio temporal admiti- do pola lgrexa (Daniel, 1973 e 1987; Schnapp, 1993).

Pero a comezos do século XIX o debate sobre a antigüidade do ser humano mudou radicalmente, precisamente por mor da introducción no mesmo da infor- mación arqueolóxica, en combinación coa xeoloxia e maila paleontoloxía. En efecto, dende finais do século XVlll e ó longo de toda a primeira metade do XIX realizáronse en diversas covas europeas numerosos achados de restos huma- nos, tanto fisicos como culturais (útiles de pedra), en conexión con ósos de ani- mais descoñecidos (que máis tarde foron recotíecidos como grandes mamíferos xa extintos) no interior de estratos xeolóxicos aparentemente moi antigos, a xul- gar pola profundidade á que se encontraban. Dende comenzos do século XIX, xeólogos e paleontólogos foran definindo a sucesión de faunas extintas e de estratos pertencentes á longa historia xeolóxica da Terra. Precisamente como froito dese labor conxunto de xeólogos e paleontólogos observouse que os ves- tixios humanos aparecían supostamente en conexión con restos de animais extintos nun estrato característico denominado diluvium porque, segundo a teo- ría máis espallada por entón, fora producido por un grande asolagamento da Terra (ás veces identificado co Diluvio bíblico) que tería acabado con aqueles extraños animais. A sospeita da grande antigüidade dese diluvium levou a moi- tos a nega-la presencia no mesmo de restos humanos, afirmando que se se ato- paban alí con certa frecuencia debíase unicamente a remexementos dos estra- tos (tan frecuentes nas covas) que desprazaran os restos humanos cara a niveis inferiores. A autoridade de importantes científicos como Cuvier ou Buckland, opostos á co-existencia de humanos coas faunas extintas do diluvium, pesou durante moitas décadas e a teoría dos remexementos foi a explicación <<oficial,), ata que esta xa non se puido rnanter cando en 1858 na Brixham Cave, en Inglaterra, reputados xeólogos, paleontólogos e arqueólogos británicos atoparon probas irrefutables de que os restos humanos estaban realmente in situ xunto ós animais extintos. Só entón as afirmacións do arqueólogo francés Boucher de Perthes a pro1 dunha humanidade antediluviana moi antiga, baseadas nas súas

Page 5: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

descubertas de antigos útiles de pedra a carón de grandes mamíferos extintos nas terrazas do río Somme en Abbeville, foron tomadas en serio. En adiante boa parte do establishment científico aceptou a presencia de seres humanos en estratos xeolóxicos que denotaban unha grande antigüidade (canta, aínda non se sabía con certeza), moita maior dos 6.000 anos admitidos ata entón. E en con- secuencia Boucher de Perthes covirtiuse no heroe desta historia, no ((pai da prehistoria,>, e como tal aínda aparece en moitos manuais de arqueoloxía.

Por suposto que non todo o mundo aceptou o novo status cronoióxico da humanidade, e a recén exposta teoría evolucionista darwiniana, que ((ameaza- ba,) con ser aplicada tamén ás orixes do ser humano, aumentou a desconfianza cara á idea dunha humanidade moi antiga e cara á propia arqueoloxía prehistó- rica que viña de nacer. Xeólogos e paleontólogos de prestixio e de considerable peso nas institucions científicas como Elie de Beaumont eu Marcel de Serres seguían a opoñerse a esa idea.

Outra proba a pro1 desa nova idea foi fornecida polo paleontólogo Edouard Lartet cando, en 1864, atopou na cova de La Madeleine novos testemuños da co- existencia dos humanos con faunas desaparecidas ó achar ósos de mamut tra- ballados por mans humanas e un anaco de marfil no que aparecía gravada a figura inconfundible dun mamut.

lncluso falouse despois dunha (~humanidade terciaria>,, visto o achado en estratos pertencentes ó Mioceno e ó Plioceno duns supostos útiles e doutros posibles vestixios con pegadas da acción humana; pero a cuestión do c<Home Terciario>, nunca contou co consenso de arqueólogos, paleontótogos e xeólogos por mor das febles probas nas que se apoiaba, e durante toda a segunda meta- de do século pasado a existencia do mesmo foi obxecto de vivas polémicas tanto nos círculos eruditos como fóra deles.

O recoñecemento, máis ou menos oficial, da grande antigüidade da humani- dade provocou a aparición dun novo tipo de arqueoloxía: a arqueoloxía prehistó- rica, dedicada ó estudio daquelas longas épocas recén descubertas nas que non existían documentos escritos e para as que os restos arqueolóxicos eran a Única fonte de información posible. A arqueoloxía prehistórica desenvolveuse en estrei- to contacto coa xeoloxía e a paleontoloxía, e, de feito, adoptou algúns dos seus métodos e presupostos, ainda que incorporou tamén aquelas técnicas que os antigos anticuarios foran desenvolvendo dende o século XVI (cfr. Trigger, 1992; Schnapp, 1993). De feito, a primeira división dos tempos prehistóricos -Idade da Pedra, do Bronce e do Ferro- fora creada polos arqueologos escandinavos nas primeiras décadas do século XIX sen ter en conta a hipótese da grande antigüi- dade da humanidade, incitados sen embargo pola necesidade de atoparen outras fontes que puidesen arroxar algunha luz sobre o pasado de Escandinavia, envol- to nas tebras todo aquilo anterior ós tempos medievais. É por iso que desenvol- veron novas técnicas que permitisen tirar información da cultura material.

A combinación dos métodos da arqueoloxía e da xeoloxía levou á posterior ampliación deste esquema das Tres ldades e á definición de distintas épocas ou ((culturas,> prehistóricas, a través da sucesión estratigráfica de diversos <<fósiles directores>) representados por distintos tipos de útiles de pedra. É a Gabriel de

Page 6: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

Mortillet a quen se Ile debe a división tradicional da prehistoria europea, cando menos da época paleolítica, con base nestes <<fósiles directores>>. Mortillet insería a súa sucesión de culturas prehistóricas dentro dun contexto evolucionista unili- near, ó estilo dos antropólogos evolucionistas da época como Edward B.Tylor ou Lewis H. Morgan, e consideraba que esas culturas definidas arqueolóxicamente -Acheulense, Mustierense, Solutrense, etc.- eran tamén fases culturais univer- sais polas que toda a humanidade debeu pasar. Creaba así unha escala de evo- lución cultural apoiada na arqueoloxia pola que ía ascendendo a humanidade dende o seu estado inicial semi-animal ata o esplendor dos grandes imperios orientais, escala que encaixaba ben nunha época na cal a idea de Progreso tiña unha enorme importancia. Hai que engadir que Mortillet era un afervoado valedor da existencia do<<Home Terciario)> e da teoría da orixe simia da humanidade.

Ainda que a interpretación da prehistoria que facía Gabriel de Mortillet se con- virtiu na interpretación <<oficial>> ata as primeiras décadas do século XX non tódo- los prehistoriadores estiveron de acordo co seu evolucionismo unilinear. Ademais Mortillet foi a <&esta negra), dos partidarios dunha vision tradicional e anti-evolu- cionista da humanidade, e nos círculos eclesiásticos máis conservadores o seu nome era case tan aborrecido como o de Darwin ou o de Ernst Haeckel.

O recoñecemento da grande antigüidade da humanidade aínda trouxo outra importante consecuencia para a visión da humanidade primitiva, ben visible na obra de Mortillet: o estado orixinal da humanidade aparecía agora como un esta- do de ~~salvaxismo~~, de pobreza cultural e, probablemente, intelectual. Os pri- meiros humanos aparecían como seres moi primitivos vivindo case como ani- mais, sen roupa, sen casas, sen tecnoloxía, sen sociedade, e sen relixión, sub- sistindo unicamente dos animais que cazaban con toscos instrumentos de pedra ou óso, e refuxiándose en escuras cavernas. O cadro variaba segundo os auto- res, dependendo da maior ou menor énfase que se puxese no ~<salvaxismo~~ dos primeiros humanos. Evidentemente, os partidarios da orixe simia dos mesmos deberían salientar máis as características bestiais dunha humanidade recén saída da animalidade, namentres que aqueles que non a admitían, pero que si recoñecían un estado de <<salvaxismo~> inicial, tendían a sobrancea-los trazos maís humanos deses primitivos.

Atrás quedaba a imaxe dunha humanidade plenamente <<humana,> recén expulsada do Xardín do Edén que xa desfrutaba das ventaxas da agricultura e da gandería, dos metais e da vida en aldeas e cidades, como quedaba rexistra- do no Libro da Xénese en referencia ós primeiros tempos da humanidade. A imaxe dunha primeira humanidade .bestial>>, que ía progresando ó longo do tempo gracias ós seus propios esforzos, imaxe xa presente nas especulacións dos filósofos gregos e dos autores da Ilustración, era reivindicada pola antropo- loxía evolucionista decimonónica e pola arqueoloxía prehistórica, a cal fornecia de informacións novidosas, para algúns probas irrefutables e para outros inter- pretación~ malintencionadas e anti-relixiosas.

A arqueoloxía prehistórica, xa que logo, veu confirmar, co paso do tempo, vellas teorías -a enorme antigüidade do ser humano e o seu estado de asal- vaxismo>> orixinal-, que dende antigo supuxeran unha alternativa á visión

Page 7: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

ortodoxa sobre a humanidade, apoiada nas Escrituras. Ademais, por mor das épocas coas que trataba, moitas veces non tivo máis remedio que participar na polémica evolucionista.

Sen dúbida, a arqueoloxía prehistórica ofreceu valiosas probas e argumentos ós partidarios da evolución biolóxica e cultural da humanidade, e nese sentido apoiaba unha visión da humanidade contraria á tradicional. Pero tampouco hai que concluir que todolos que se adicaban á arqueoloxía ou á prehistoria estaban de acordo coa orixe simia da humanidade ou coa súa grande antigüidade, co «Heme Terciario,) ou incluso coa imaxe de <(salvaxes>) dos primeiros humanos, nin se pode afirmar que tódolos valedores das ideas tradicionais eran uns fanáti- cos relixiosos e anti-científicos que rexeitaban tódolos achados da arqueoloxía invocando unicamente a literalidade do Libro da Xénese. Esa sería unha visión simplista e maniquea do que aconteceu. A realidade foi ben máis complicada: os condicionantes ideolóxicos actuaron tanto nun ((bando,, como no outro e ámbolos dous facían uso da información arqueolóxica para apoia-los seus argumentos.

Os apartados seguintes están dedicados a ver qué aconteceu na Galicia deci- monónica en relación a estes temas, aínda que primeiro cómpre determinar cales foron as orixes da arqueoloxía prehistórica e dos estudios antropolóxicos no Estado español, asi como a súa situación en Gaiicia.

A ARQUEOLOX~A PREHISTORICA NO ESTADO ESPAÑOL

Adóitase situa-lo comezo da práctica da arqueoloxía prehistórica en Espafia no ano 18622, ano no que o xeólogo e enxeñeiro de minas Casiano de Prado e Vallo -nado en Compostela pero trasladado a Madrid en 1828 despois de ter múltiples problemas en Santiago por mor da súa ideoloxía liberal- en compañía dos xeólogos franceses Louis Lartet, fillo de Edouard Lartet, e F. Verneuil estan- do a realizar prospeccións xeolóxicas nas terrazas do Manzanares atoparon en San Isidro uns bifaces. Os investigadores franceses puxeron a Casiano de Prado ó corrente dos achados realizados por Boucher de Perthes no Sornme, e indicá- ronlle as consecuencias que eses achados tiveran á hora de determina-la gran- de antiguidade da especie humana. Convencido Casiano destes feitos compaxi- no dende entón o seu traballo como enxeñeiro de minas coa prospección de numerosos xacementos arqueolóxicos, estudiando o Cuaternario da provincia de Madrid ata 1866, data da súa morte.

Con todo a figura máis sobranceira da arqueoloxía prehistórica española durante o século XIX foi o xeólogo e paleontólogo valenciano Juan Vilanova y Piera. Xa en 1860 recoñecía a grande antigüidade do ser humano, recentemen- te demostrada, pero non foi ata despois dos achados de Casiano de Prado en San Isidro que encetou os seus traballos prehistóricos, escavando numerosas covas do Levante e de Andalucía. Asemade, o igual que o prehistoriador e his-

Sobre a arqueoloxía prehistórica e protohistórica no Estado español no século XIX véxase Ayarzagüena Sanz, M. (1 992): La Arqueología Prehistórica y Protohistórjca Espafiola en el siglo XIX. Tese de Doutoramento inédita. Madrid. Facultad de Geografía e Historia da UNED.

Page 8: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

toriador da arte Francisco Tubino3, foi un importante divulgador dos estudios prehistóricos no Estado español, a través de libros, artigos e conferencias. Asistiu, asemade, a numerosos congresos internacionais de antropoloxía e arqueoloxía prehistórica, en ocasións en compañia de Tubino. Foi tamén o principal defensor da autenticidade das pinturas de Altamira, descubertas en1 879 por Marcelino de Sautola.

Vilanova e Tubino son as figuras que rnáis salientan nos primeiros anos de vida da arqueoloxía prehistórica española. Foron amigos e colaboradores, e sen embargo diferían ideolóxicamente. Tubino era un liberal moderado, partidario da antigüidade da humanidade e da súa orixe simia, defensor do evolucionismo bio- Ióxico. Vilanova era conservador moderado e católico confeso aínda que defen- sor a ultranza dos estudios prehistóricos e da idea dunha humanidade moi anti- ga (incluso do ((Heme Terciario>)), e malia estar de acordo co evolucionismo cul- tural, rexeitaba totalmente a evolución biolóxica do ser humano por considerar esta idea oposta ás súas crenzas relixiosas e ás Escrituras, ás que en todo momento da sua carreira como científico amosou un profundo respecto. Esta posición (<intermedia)> de Vilanova, admitindo moitos dos postulados da arqueo- loxía prehistórica pero respectando o relato bíblico, valeulle numerosos ataques, tanto por parte dos partidarios das novas ideas, que Ile reprochaban o seu crea- cionismo, como por parte do clero máis conservador, que o vía demasiado (materialista>).

O interese polos restos prehistóricos non era sempre indicativo de compartí- las conclusións máis conflictivas da arqueoloxía prehistórica, como o demostra os exemplos dos arqueólogos Pere Alsius, Manuel de Góngora e Fidel Fita, todos eles conservadores e defensores da ortodoxia relixiosa. Pola contra, o xa citado Francisco Tubino, Gregorio Chil y Naranjo ou Antonio Machado Núñez, valedores do evolucionismo (biolóxico e cultural), facían da arqueoloxía prehis- tórica un argumento importante a pro1 das súas ideas.

Con todo, a desconfianza cara á estes estudios foi xeral nos círculos conser- vadores e relixiosos españois durante todo o século XIX, e mesmo a idea da anti- güidade do ser humano non foi totalmente aceptada ata ben entrado o século XX. A arqueoloxía prehistórica rnirábase con receo e considerábanse unhas investigacións potencialmente perigosas por mor das súas frecuentes conclu- sións <(materialistas~>, malia a existencia de prehistoriadores, como Vilanova, que fuxían das teorías radicais (a orixe simia da humanidade) e que procuraban en maior ou menor medida facer concidí-lo relato bíblico cos seus prehistóricos4. A lgrexa recoñecía a importancia das investigacións prehistóricas, necesarias para coñece-los primeiros tempos da humanidade, pero rexeitaba as teses m-iateria-

A Tubino débeselle, en 1867, o emprego en castelán por primeira vez do termo ~~prehistoria~>. Mostra significativa desta postura é o Manual de Arqueología Prehistórica (1 890) de Manuel de

la Peña y Fernández, e o artigo de Joaquín Rubió y Ors (<La Prehistoria. Breves notas sobre su cro- nología y sus descubrimientos~~, publicado en 1885 na revista católica compostelana El Libredon. Asimesmo hai que facer nota-los esforzos dalgúns españois de interpreta-los datos da arqueoloxía prehistórica dende unha visión ortodoxa da humanidade (Pereira González, 1996a), seguindo o exemplo doutros moitos sacerdotes europeos.

Page 9: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

listas>> producto das mesmas. Para aqueles sacerdotes interesados na prehisto- ria a arqueoloxía non facía máis que confirmar aquilo que o cristianismo viña ensinando dende sempre: a creación divina do ser humano, a súa neo-antigüi- dade e o seu estado orixinal mais ou menos desenvolvido, pero nunca <<salvaxe>> ou (<bestial>>. Cumpría, polo tanto, que os sacerdotes e tódolos católicos se dedi- casen tamén á prehistoria para contrarresta-las teses dos <<materialistas>> (cfr. as conclusións do Congreso Católico de Sevilla de 1892, reproducidas en Ayarzagüena Sanz, 1992).

Incluso o recoñecemento oficial dos estudios prehistóricos por parte das ins- titución~ non se realizou totalmente ata 1889, data na que Juan Vilanova y Piera é admitido na Real Academia de la Historia, a pesar das reticencias dalgúns dos seus membros, como Cánovas del Castillo, quen, na súa contestación ó discur- so de ingreso de Vilanova, se amosou moi escéptico cara á arqueoloxía prehis- tórica.

Con respecto ós estudios antropolóxicos, pódese dicir que se encetan no Estado español a partir de 1865, data da constitución da Sociedad Antropológica Española, malia xa existiren con anterioridade algúns libros de temática antro- polóxica, dentro da tradición que Elena Ronzón ten denominado <<antropoloxía médica,,, e entre os que salienta o Ensayo de Antropología do médico santia- gués José Varela de Montes, do que falarei mais adiante5.

A Sociedad Antropológica Española, fundada polo doutor Pedro Gonzalez de Velasco, estaba orientada basicamente cara á antropoloxía física, nomeada- mente cara ó estudio das razas humanas, tanto prehistóricas como actuais, a semellanza da escola antropolóxica francesa, centrada ó redor da Societé d'Anthropologie de París, fundada por Paul Broca, de quen fora discípulo o pro- pio Velasco. De feito, González de Velasco entendía por antropoloxía a historia natural do ser humano, a semellanza de Broca. Así, unha boa parte dos estudios levados a cabo polos integrantes da devandita sociedade estaban centrados na antropoloxía física (corenta dos seus cincuenta e oito membros iniciais eran médicos). Sen embargo o paso do tempo trouxo a incorporación de novos mem- bros con intereses diferentes, entre os que calientan a etnografía e a arqueolo- xía prehistórica (Vilanova e Tubino eran membros da sociedade).

Outro tema de interese tratado na mesma foi a polémica evolucionista. A este respecto, a postura dentro da sociedade non era homoxénea, senón que diver- xía segundo cada autor: así narnentres Tubino defendía as teses evolucionistas de Darwin e de Haeckel, Vilanova ou Joaquín Hysern, futuro presidente da socie- dade, rexeitaban esas teorías. De tódolos xeitos, había unha total liberdade den- tro da institución para discutir estas cuestións, o que non sempre se vía con bos 0110s dende fóra, como recoñecía Delgado Jugo, o primeiro secretario da socie- dade, poucos anos despois da súa fundación facendo referencia á desconfianza que esta provocaba nalgúns sectores conservadores.

En 1874 a Sociedad Antropológica Española enceta a publicación da Revista

Sobre a antropoloxía española no século XIX véxase Puig-Samper Mulero e A. Galera (1 983) e Ronzón (1991).

79

Page 10: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

de Antropolagía, e ó ano seguinte o doutor Velasco crea o Museo de Antropología cos seus propios cartos. Coa morte de Velasco en 1882 todo isto desaparecerá: a sociedade e a súa publicación esváense, namentres que o museo pechará e os seus fondos irán parar a mans do Estado. Despois da desa- parición da Sociedad Antropológica Española, a laboura antropolóxica correrá a cargo de distintas institucións, case todas de carácter privado: a Institución Libre de Enseñanza, a Sociedad Española de Historia Natural, o Ateneo de Madrid, e, sobre todo, a Sección de Antropología y Etnografía do Museo de Historia Natural, dirixida polo antropólogo Manuel Antón y Ferrándiz, a cal se centrará de novo na antropoloxía física, dando lugar ós primeiros estudios antropométricos no Estado espafiol, obra de Aranzadi e de Hoyos Sáinz, e á investigación da raza do Cro- Magnon da Península Ibérica, obra do propio Antón.

Deste xeito, ó remata-lo século, os estudios prehistóricos e antropolóxicos, se ben non chegaran a acada-lo nivel de países como Francia ou Inglaterra, esta- ban máis ou menos consolidados no Estado español: realizáranse numerosas escavacións, fixérase un esforzo na súa divulgación, existía un Museo Arqueológico Nacional e varias sociedades, moitas delas de carácter local ou rexional, dedicadas á arqueoloxía; a Sociedad Antropológica Española, maila a súa prematura desaparición, asentara minimamente os estudios antropolóxicos, e na Sección de Antropología y Etnografía do Museo de Historia Natural estába- se a forma-la primeira escola de antropólogos españois. E todas esas institu- ción~, todos eses autores que traballaban no eido da prehistoria e da antropolo- xía, contribuíran en maior ou menor grao ós debates sobre a hurnanidade primi- tiva.

E no entanto ¿que acontecía en Galicia? A situación dos estudios prehistóricos e antropolóxicos na Galicia decimonó-

nica era moito máis negativa. Durante toda a centuria non houbo na Universidade galega ningún ensino de arqueoloxía, antropoloxía, paleontoloxía, ou xeoloxía; só no Seminario Central de Santiago existfa a asignatura de Arqueología Sagrada, pero estaba centrada basicamente na historia da arte cris- tiá. As persoas interesadas na arqueoloxía non tiñan máis remedio que seren auto-didactas ou iren estudiar fóra. Desta maneira, a arqueoloxía galega deci- monónica estivo case sempre limitada á iniciativa individual dunhas cantas per- soas interesadas no tema: Ramón Barros Sivelo, José Villaamil y Castro, Eladio Oviedo Arce, Santiago de la Iglesia, Federico Maciñeira.. . As institucións oficiais desentendéronse da arqueoloxía: as Comisións Provinciais de Monumentos, creadas polo estado e encargadas de velar polo patrimonio amosáronse case sempre inoperantes; o Museo Arqueológico Central de Galicia creado en Santiago de Compostela en 1884 a instancias da Sociedad Económica de Amigos del País desa cidade desapareceu ó cabo duns poucos anos por falla de apoio oficial.. . Só na derradeira década do século formáronse grupos de traballo arqueolóxico que realizaron un importante labor de prospección e escavación en torno a dúas institucións: a re-vitalizada Comisión Provincial de Monumentos Histórico y Arfísticos de Ourense, dirixida por Marcelo Macías e a Sociedad

Page 11: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

Arqueológica de Pontevedra, fundada en 1894 a partir da esmorecente Comisión Provincial de Monumentos de Pontevedra por Castro Sampedro y Folgar6.

Cómpre sinalar tamén que as investigacións arqueolóxicas en Galicia estive- ron centradas durante o século pasado case exclusivamente na prehistoria máis recente: no estudio dos monumentos megalíticos e dos castros e na época roma- na. Os períodos paleolítico e neolítico non foron obxecto de investigación ata o século XX. Así mesmo hai que dicir que, agás unhas poucas excepcións, entre as que salienta José Villaamil y Castro, no século pasado foron poucos os estu- dios arqueolóxicos realizados con rigor, pois en moitos casos os autores neles interesados limitábanse a facer algunhas referencias á información arqueolóxica que confirmasen as súas hipóteses históricas sen antes realizaren un estudio previo e serio dos vestixios arqueolóxicos.

Tampouco existiu ningunha institución dedicada á antropoloxía, como as que existiron noutras partes do Estado español. Existiu unicamente unha sociedade dedicada ós estudios de folklore, El Folklore Gallego, fundada en 1883 e presi- dida por Emilia Pardo Bazán, creada seguindo o exemplo de El Folklore Español; de tódolos xeitos, só durou dez anos e o seu eido de estudio -a cultura popu- lar- era moi diferente do da arqueoloxía prehistórica e da antropoloxía evolu- cionista. Pódese dicir neste sentido que a erudición galega amosou escaso inte- rese cara ás cuestións antropolóxicas plantexadas no momento (o que non quere dicir que estas non se reflictan nos seus traballos e nas súas opinións), se excep- tuamos a do evolucionismo biolóxico, representado fundamentalmente polas teo- rías de Darwin e de Haeckel, cuestión esta que preocupou enormemente nos cír- culos universitarios e relixiosos (Barreiro Fernández et al., 1971 : Mayobre Rodríguez, 1985; Fraga Vázquez, 1992).

Este é o contexto ((científico,, no cal hai que situa-las opinións sobre a huma- nidade primitiva na Galicia decimonónica. O outro factor a ter en conta é o ideo- Ióxico, do que agora cómpre salienta-la grande influencia que a lgrexa seguía a ter sobre a sociedade galega, o carácter fortemente conservador que mantivo a lgrexa galega durante todo o século XIX e o carácter igualmente conservador da meirande parte do profesorado da Universidade galega. Todo isto afectará á hora de trata-los temas relacionados coas orixes da humanidade.

AS OPINIONS SOBRE A HUMANIDADE PRIMITIVA ANTES DE 1859

Como xa indiquei máis arriba, 1859 é a data do recoñecemento <<oficial,> da grande antigüidade da humanidade, que trouxo consigo a creación da arqueolo- xía prehistórica como disciplina de seu, e da publicación do libro de Darwin, que puxo de actualidade o evolucionismo biolóxico, incluíndo tamén ó ser humano. Anteriormente a esa data estas cuestións xa foran plantexadas e discutidas, pero 1859 marcou realmente o comezo dun importante espallamento desas ideas, facéndose practicamente do <<dominio público,> durante as décadas seguintes.

Sobre a arqueoloxía galega no século XIX ver Pereira González (1995 e 1996b), así como a bibliografía citada neses traballos.

81

Page 12: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

De feito pódese dicir que en Galicia o verdadeiro espallamento destes temas non se produciu de maneira xeral ata a década de 1870, aínda que é posibel ato- par referencias os mesmos xa con anterioridade, mesmo antes de 1859, nomea- damente á cuestión do evolucionismo biolóxico, que xa dende antes da publica- ción do libro de Darwin era atacado, na súa versión lamarckiana, polos profeso- res da Universidad Literaria de Compostela (por exemplo o discurso de apertura do curso 1859-60 do catedrático de Historia Natural Planellas Giralt).

A visión tradicional sobre a humanidade primitiva era a que predominaba en Galicia antes de 1859: o ser humano fora creado por Deus ha¡ 6.000 anos. E fora creado ((completo>>, tanto física como moral e intelectualmente, polo que xa dende un principio desfrutou dunha cultura relativamente elevada; por ningunha parte aparecía ese ser humano semi-salvaxe que pretendían os partidarios dunha evolución cultural da humanidade.

E en certo sentido era Ióxico este predominio. A arqueoloxía prehistórica aínda non aparecera, e as discusións sobre a antigüidade da humanidade entre algúns eruditos europeos non chegaban a unha Galicia situada na periferia. O evolucionismo cultural dos filósofos da Ilustración estaba moi desacreditado pola reacción conservadora das primeiras décadas do XIX. E as teorías evolucionis- tas, aínda que de actualidade en Inglaterra ou en Francia xa antes de Darwin, non eran obxecto de tanto interese e preocupación no noso país como o serían anos máis tarde. A falla de novidades ou de novas probas contra ela, a interpre- tación tradicional das orixes da humanidade mantiñase aquí con toda a súa forza e case sen contestación.

José Varela de Montes, catedrático de Medicina na Universidad Literaria e autor dun Ensayo de Antropología en catro volumes publicado en 1844, era qui- zais unha das persoas que na Galicia da primeira metade do XIX estaba máis ó tanto das investigacións e das teorías científicas existentes daquela en Europa. Nese libro ocupábase da historia da Terra e dos seres vivos, da orixe e da anti- güidade da humanidade e, sobre todo, facía un estudio anatómico e fisiolóxico do ser humano, propio da <<antropoloxía médica), da época (Ronzón, 1991). E nesa obra atopábanse tamén as únicas referencias existentes na Galicia deses anos á descuberta de restos humanos no diluvium das covas europeas.

Pero Varela de Montes mantíñase fiel ás interpretacións tradicionais. Malia acepta-la posibitidade de que noutro tempo o ser humano vivise a carón de fau- nas agora extintas, Varela seguía afirmando que aquel non podía ser máis anti- go de 6.000 anos. E tamén rexeitaba totalmente o transformismo e a idea da orixe simia da humanidade, á que consideraba, como tantos outros autores, unha idea que degradaba a verdadeira natureza do ser humano, que era a cre- ación divina máis perfecta. E como tal a humanidade sempre vivira nun estado de cultura, practicando pacificamente a agricultura e adorando a Deus dende un principio, como afirmaba Varela de Montes.

Non nos debe sorprender que Alejandro de la Torre y Vélez, profesor de Teoloxía na Universidad Literaria, expresase igualmente o seu rexeitamento cara ó evolucionismo, tanto o biolóxico como o cultural, negando rotundamente que a humanidade vivise nun estado de ~<salvaxismo» inicial sen relixión e sen leis. E

Page 13: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

para rexeitar isto invocaba o relato bíblico. Adoptaba unha postura dexeneracio- nista (a humanidade tería dexenerado ó se afastar das leis divinas) aposta ó evo- lucionismo cultural: «El salvaje, (. . .), evidentemente no es el hombre primitivo, sino el descendiente de un hombre separado del gran árbol de la civilización por medio de una prevaricación cualquiera, y de tal género que no se puede repetir en adelante>> (Torre y Vélez, 1857:37).

Pero a visión tradicional sobre a humanidade primitiva non se limitaba ós profesores da Universidade, e nin sequera ós autores de ideoloxía conserva- dora. Tamén era posible atopala noutros ambientes e en persoas de ideoloxía liberal.

Analizando as obras escritas durante a primeira metade do XIX acerca da his- toria de Galicia ou dalgunhas cidades galegas por autores como Verea y Aguiar, Martínez de Padín, González y Zúñiga, Vedía y Goosens ou Fernández de la Granja, atopámo-las mesmas opinións sobre a humanidade primitiva. Autores de ideoloxía liberal como Verea y Aguiar, Padín e González y Zúñiga seguían a falar dunha humanidade non máis antiga de 6.000 anos, dunha humanidade creada por Deus nun estado avanzado intelectualmente; e seguían a estar presentes o Diluvio Universal e as vellas xenealoxías bíblicas que facían descender ós pri- meiros habitantes de Galicia de Gomer, o neto de Noe.

Aínda que o obxectivo destes autores era o de traza-la historia de Galicia dende os seus principios e non o de facer unha historia xeral da humanidade, evi- dentemente as ideas que eles tivesen verbo da humanidade e das súas orixes ían condiciona-la visón da primitiva historia de Galicia, e aí ficaban reflectidas aquelas, sequer moi brevemente, nos seus traballos. A visión tradicional da humanidade era a que dominaba e polo tanto condicionaba as concepcións exis- tentes sobre a historia galega.

Nestas obras era quizais onde máis se puña de manifesto a inexistencia dunha arqueoloxía prehistórica que rachase co relato bíblico e co marco crono- Ióxico pechado que impuña a tradición.

¿Pero nesta primeira metade do século só existía en Galicia a visión tradicio- nal da humanidade? ¿Non había ningúen que defendese ideas alternativas verbo da humanidade primitiva, como xa acontecía noutros países europeos? É difícil dar unha resposta definitiva, polo menos ata que non contemos con máis datos.

Certamente na Universidade neste momento non se atopa ningún valedor do evolucionismo biolóxico ou cultural, a xulgar polos discursos de apertura de curso e pola satisfacción que amosaban os profesores máis conservadores polo ensi- no perfectamente (<ortodoxo)> que alí se impartía. Pero é moi posible que fóra da Universidade se mantivesen ideas menos ortodoxas.

Hai constancia de que entre 1840 e 1846 existiu en Santiago de Compostela a denominada Academia Literaria de Santiago, da que eran membros unha boa parte do núcleo liberal/provincialista desa cidade -Neira de Mosquera, Antolín Faraldo, Francisco Añón, Martínez de Padín-, aínda que tamén tiña membros de ideoloxía claramente conservadora; na Academia Literaria discutíanse temas de moi distinta natureza: literarios, científicos, políticos, relixiosos.. . moitos dos cales non tiñan cabida na Universidade por mor da súa natureza conflictiva,

Page 14: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

como eran por exemplo as teorías do socialismo utópico ou da emancipación da muller (Barreiro Fernandez, 1983).

Consérvase un listado cos títulos dalgúns traballos lidos na Academia Literaria, aínda que por desgracia non se conservan 0s traballos. E nese lis- tado aparece un titulo que podería indica-la defensa dunha idea contraria á visión tradicional da humanidade: refírome Ó discurso lid0 en 1842 por Carlos Somoza y Manzanares' que levaba por titulo El Género Humano tiene muchas especies. 6 moi posible que nese discurso se fixese unha defensa explícita do Polixenismo, é dicir, da teoría que afirma que non existe unha senón varias especies humanas, o que estaba totalmente en contra da ortodoxia relixiosa, que postulaba a unidade de toda a humanidade nunha coa especie, unha única especie descendente de Adán, pai de tódolos humanos. Por iso o Polixenismo era atacado ferozmente pola Igrexa, e durante todo o século XIX será combatido continuamente polo profesorado da Universidade galega e polo clero.

Desgraciadamente non coñecémo-lo contido dese discurso, pero a xul- gar polo seu título é probable que constituíse unha defensa das teses poli- xenistas.

Outro exemplo que semellaba indica-la existencia de ideas alternativas 6s admitidas pola.lgrexa é un artigo publicado en 1859 por Melchor Salvá, mem- bro da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela, na Revista Económica, publicación da devandita sociedade. Neste artigo, titu- lado <<Progreso de la Agricultura>> e consagrado a explica-los beneficios que a agricultura ofrecía á humanidade, o autor incluía un breve parágrafo moi na liña do evolucionismo cultural da Ilustración, falando da evolución social e do progreso da humanidade dende un primeiro estado cazador- recolleitor ata a aparición da agricultura. O que subxacía baixo esta visión das orixes da agri- cultura era a denominada <<Teoría dos Catro Estadios)>, teoría que acadara unha grande popularidade en Europa a partir da segunda metade do século XVlll e que se convertira nunha das ideas básicas da visión da historia da humanidade dos filósofos da Ilustración (Meek, 1981 ).

As referencias de Salvá a esta teoría eran breves, e non desenvolvía tóda- las consecuencias ((materialistas>> que aquela implicaba, mais, con todo, si indicaba a presencia de ideas alternativas ó discurso ((ortodoxo)> sobre os principios da humanidade así como a influencia da ideoloxía da Ilustración en certos autores.

Sen embargo a pesar destas posibles excepcións era claro o predominio absoluto da visión tradicional nos círculos eruditos galegos antes de 1859, incluso naqueles autores de ideoloxia liberal, que por outra banda tarnén eran profundamente católicos. O libro de Varela de Montes Ensayo de Antropología era o rnellor exemplo desa visión tradicional do mundo, da natureza e do ser humano, que prevalecía daquela.

Este autor foi responsable da traducción ó castelán dun manual de xeoloxía francés (Barreiro Fernández, 1983).

84

Page 15: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

DESPOlS DE 1859. AS NOVAS IDEAS

Haberá que agardar ata a década de 1870 para atopar unha defensa deci- dida das novas ideas verbo da humanidade primitiva por parte de certos auto- res galegos. O concepto de prehistoria e a idea da grande antigüidade da humanidade aparecen timidamente a finais da década dos 60 e máis decidida- mente na década seguinte; o evolucionismo biolóxico é defendido na Universidade galega por Agusto González de Linares a comenzos da década de 1870 (Fraga Vázquez, 1992).

Sen embargo o predominio da visión tradicional continuou igualmente ó longo de toda a segunda metade da centuria pasada. Na Universidade, coa excepción dos profesores González de Linares e de Antonio Vilá Nadal, o rexeitamento do evolucionismo biolóxico foi xeral. Representantes da erudición galega, como Emilia Pardo Bazán, ou o enxeñeiro de minas Antonio Eleizegui, autor dun traballo titulado El Materialismo ante la Ciencia (1875), tamén se amosaban contrarios ó evolucionismo biolóxico. Incluso Manuel Martínez Murguía ou Leandro Saralegui y Medina, persoas por outra banda e ideoloxía liberal e interesados na arqueoloxía e defensores da grande antigüidade da humanidade e do evolucionismo social, rexeitaban a idea da orixe simia da especie humana. Os profesores do Seminario Central, e outros importantes membros do clero galego como Plácido Rey Lemos, lanzaban constantemente duros ataques contra as teorías de Darwin e de Haeckel, contra a idea dun ser humano moi antigo que nun principio vivía nunha situación de ~~salvaxismo~~, contra o Polixenismo e contra todas aquelas ciencias que, como a xeoloxía, a bioloxía ou a arqueoloxía prehistórica servían de vehículo ás teses ((materia- listas,, e anti-relixiosas. Para estes cregos de clara tendencia conservadora e integrista, a única relación posible entre a ciencia e a relixión era o somete- mento da primeira á segunda; todo aquilo que a ciencia presentase que non estivese de acordo co admitido nun principio pola lgrexa era considerado unha manipulación da ciencia polos <<materialistas>~, era unha <<falsa ciencia),. E a arqueoloxía prehistórica e a antropoloxía facíanse moi a miúdo merecentes desa denominación, ó entender dos sacerdotes.

Son de sinalar algunhas novidades nestes autores que defendían a visión tra- dicional a respecto daqueles que xa o fixeran durante a primeira metade do sécu- lo. En primeiro lugar o meirande espallamento das novas ideas, das ideas ((mate- rialistas>>, a través da popularización das teorías transformistas, que tamén che- gara a Galicia, e da multiplicación das investigacións prehistóricas e antropolóxi- cas con resultados que moitas veces non eran do agrado dos valedores da orto- doxia, puxeron en maior perigo as ideas tradicionais, desafiadas continuamente dende distintas frontes. lsto notouse en Galicia na medida en que os ataques ás teorías <(materialistas>> por parte dos <<gardiáns,> da ortodoxia fixéronse cada vez máis numerosos e máis violentos, en especial, por suposto, os dos sacerdotes (aínda que a vehemencia de certos profesores universitarios a miúdo non se quedaba atrás).

En segundo lugar, notábase entre eles unha maior diversidade de opinións,

Page 16: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

e ás veces tarnén unha certa indiferencia, no referente á cuestión da antigüi- dade da humanidade. Se na primeira metada do século a neo-antigüidade do ser humano era case unha cuestión dogmática, a partir de agora os cada vez máis frecuentes testemuños dunha humanidade máis antiga do sospeitado cementaran a dúbida incluso entre os membros do clero (algúns, como o famo- so abade Bourgeoic, foron afervoados defensores da existencia do <<Heme Terciarios). Na propia Galicia as opinións estaban divididas a este respecto. Se por un ha banda aínda eran frecuentes -no clero, na Universidade e entre os mesmos afeccionados á historia e á arqueoloxía- os que seguían a concibir unha humanidade non mais antiga dos 6.000 anos tradicionais, outros sacer- dotes, como Emilio Villelga Rodríguez, profesor no Seminario de Santiago, admitían que os humanos podían ser máis antigos de 6.000 anos, afirmando que deste tema a lgrexa nunca fixera un dogma de fe, e calculaban a súa apa- rición na Terra en torno ós 10.000 anos (que seguía a ser unha cifra excesiva- mente curta en comparación cos 200.000 anos que calculaba Gabriel de Mortillet).

E por último estaban os que aparentaban non sentir moito interese por estas cuestións cronolóxicas, namentres se recoñecese que o ser humano era unha creación divina e que formaba parte dunha Única especie. Así Payá Alonso, nun discurso de apertura do curso do Seminario Central, afirmaba: «Demostrada concluyentemente la creación divina del hombre, las diferencias esencialísimas que existen entre su organización y la de los seres más elevados en la escala de la vida, y su indispensable unidad, importa poco la fecha que señale la antropo- logí'a á su aparición en el jardín de las delicias» (Payá Alonso, 1 883:41). Quizais con esta actitude estábase a recoñecer, implicitamente, que os partidarios da cronoloxía curta tiñan por entón a batalla perdida e que conviña non insistir demasiado nese punto.

Con todo, malia esta apertura (moi) relativa cara ás novas ideas, os ataques contra elas non han cesar durante o resto da centuria.

Os defensores do evolucionismo biolóxico na Universidade, González de Linares e Vilá Nadal, enfrontáronse ó rexeitamento de grande parte do profeso- rado e tiveron bastantes problemas coas autoridades académicas e coa lgrexa (Barreiro Fernández et al., 1971; Mayobre Rodríguez, 1985; Fraga Vázquez, 1992). Os esforzos de Antonio Vilá Nadal na década de 1890 por reconciliar evo- lucionismo e catolicismo e por facer aceptables as teorías transformistas ós 0110s dos sacerdotes galegos non tiveron éxito, e as boas intencións de Vilá Nadal só atoparon como resposta a censura por parte dos eclesiásticos. A apertura des- tes nese tema foi rnínima, sobre todo cando se trataba da orixe da humanidade.

Semella que en Galicia o evolucionismo biolóxico tivo unha meirande acepta- ción fóra da Universidade: entre certos profesores dos institutos de ensino medio da Coruña e Pontevedra; por filósofos como lndalecio Armesto; ou entre os cir- culos anarquistas, marxistas e libre pensadores, que vían no evolucionismo un xeito de emancipación do dominio ideolóxico da lgrexa e incluso unha xustifica- ción dos seus anceios de forma social (Fraga Vázquez, 1992).

Por outra banda, o concepto de prehistoria introdúcese definitivamente na his-

Page 17: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

toria de Galicia durante a década de 1870 da man de José Villaamil y Castro8, quen define a prehistoria galega como todos aqueles tempos anteriores á che- gada dos romanos, tempos para os cales a mellor (e case a única) información posible viña dada pola arqueoloxía. O prudente Villaamil y Castro, coñecendo o potencial polémico que as cuestións da arquealoxía prehistórica entrañaban moi- tas veces, sobre todo nun país como Galicia onde o peso dunha lgrexa moi con- servadora seguía ser considerable, sempre tivo moito coidado en evitar declara- cións sobre a posible orixe e antigüidade da humanidade, pero a través dos seus traballos sobre a prehistoria galega, e especialmente a través do que escribiu sobre as súas escavacións na cova lucense de <<A furada dos cás)), vese que Villaamil, que estaba moi ó corrente dos estudios prehistóricos europeos, era partidario dunha longa prehistoria da humanidade e da súa evolución cultural dun estado de <<salvaxismo>>, aínda que estas ideas só ficaban implícitas nos seus escritos.

A postura do historiador Manuel M. Murguía é particular. Admitía a antigüida- de da humanidade, os seus comezos no <<salvaxismo~~ e a súa evolución cultu- ral. Pero rexeitaba a orixe simia do ser humano, e amosábase moi escéptico cara á posibilidade da existencia dun <<Heme Terciario>>. Coñecía ben as investiga- cións arqueolóxicas desenvolvidas por entón, pero á hora de escribir sobre os tempos máis antigos do país sacrificaba todo o seu coñecemento destes temas a pro1 da súa teoría celtista. Para el non pagaba a pena estudia-los tempos ante- riores ós celtas, xa que era con este pobo co que comezaba realmente a histo- ria de Galicia. A prehistoria do país ben se podía esquecer a maior gloria dos <<nosos devanceiros os celtas>> (Llana Rodríguez, 1990; Pereira González, 1995).

Foi Leandro Saralegui y Medina, tamén interesado na historia e na arqueolo- xía de Galicia, quen máis falou, e máis abertamente, a pro1 das novas ideas sobre a humanidade primitiva. A súa posición xa ficou patente ó principio deste artigo. Pero a súa aceptación das novas teorías arqueolóxicas e antropolóxicas non Ile impedía por outra banda ser creacionista e nega-la orixe simia do ser humano. E a súa firme crenza no Progreso da humanidade tampouco Ile impe- día concibir unha historia guiada pola Divina Providencia. Sarelegui era tamén un dos autores galegos onde máis claro se vían os condicionantes ideolóxicos da súa imaxe da prehistoria humana, pois a súa énfase na loita pola vida como cau- sante do Progreso humano era un verdadeiro xustificante do seu liberalismo (Pereira González, 1 996c).

Eran polo tanto aquelas persoas interesadas na arqueoloxía, a practicasen ou non, como Fulgosio, Villaamil y Castro, Murguía, Saralegui, José Rodriguez Carracido ou Federico Maciñeira, as que amosaban unha meirande aceptación das novas teorías sobre a humanidade primitiva (agás o evolucionismo biolóxi- co). Eran os que estaban máis abertos ás influencias das investigacións prehis-

Xa en 1865 Fernando Fulgosio suxerira algo semellante a unha época prehistórica para Galicia, anterior á chegada dos celtas ó noso país, unha época unicamente coñecida pola arqueolo- xía. Pero a súa teoría da poboación <<finesa. pre-celta e a súa postura dexeneracionista fa¡ que non se Ile poida considerar como un defensor do novo concepto de prehistoria (Pereira González, 1996a). Con todo, co paso do tempo o seu pensamento evolucionaría, achegándose máis a aquel.

Page 18: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

tóricas e antropolóxicas, aínda que cada un dos autores citados anteriormente amasaba as siias propias peculiaridades a respecto destas ideas, matizándoas e reformulándoas segundo a súa ideoloxía e OS SeUS intereses particulares.

Pero no tódolos interesados na arqueoloxía e na antiga historia de Galicia adoptaron a mesma postura. Autores como Ramón Barros Sivelo, Florencio Vaamonde, Fernández de la Granja e Eladio Oviedo Arce mantivéronse fieis ó discurso tradicional.

A postura máis <'radical. a pro1 das novas ideas na Galicia decimonónica non partiu, sen embargo, dunha persoa vencellada cos estudios arqueolóxicos ou coa antropoloxía, senón dun científico e divulgador da ciencia nado en Pontevedra e desaparecido premat~ranIente: Octavi0 L0is9. A través dos dous libros que nos deixou, Recreaciones Científicas (1 881) e Lo Accesible y 10 inaccesible (1886), Lois quixo facer unha apaixoada e militante defensa de moi- tas das novas ideas que estaban a xurdir por entón e contribuír á súa divulga- ción. Nas súas páxinas, a carón de temas de moi diversa índole (física, astrono- mía, filosofía, política), xurdían de cando en vez as cuestións da orixe e desen- volvemento da humanidade.

Octavio Lois foi un dos poucos que defenderon abertamente a orixe simia da humanidade, seguindo as teses de Darwin e de Haeckel. Facía súas as teorías de Haeckel verbo do Pithecanthropus, o suposto elo de unión entre os simios e os humanos, que aparecera, segundo o biólogo alemán, no antigo continente de Lemuria hai uns 300.000 anos. Recoñecemento pois da evolución biolóxica da humanidade e da sua enorme antigüidade; e tamén do seu primitivo estado ori- xinal, como daban testemuño os achados de sinxelos útiles de pedra e das evi- dencias de vida humana dentro das covas. Pero para Lois, afervoado crente no Progreso humano, estes escuros comezos da especie humana, rexeitados con horror polas persoas comprometidas co relato tradicional, non eran senón un motivo para estar orgulloso tendo en conta os elevados logros culturais que a humanidade (ou, cando menos parte dela: os arios, de acordo coa interpretación racista de Lois) realizara posteriormente ó longo da súa historia. Noutras pala- bras, e como adoitaban argumenta-los autores pro-evolucionistas: Lacaso non era mellor ver no ser humano un animal perfeccionado antes que un anxo dexe- nerado?

A dicir verdade Lois non se interesaba especialmente pola arqueoloxia prehis- tórica, pero si consideraba que os datos fornecidos pola xeoloxía, a paleontoloxía, a etnografía e a propia arqueoloxía eran unha proba irrefutable da evolución bio- Ióxica da humanidade e do seu continuo Progreso.

O radicalismo^^ das ideas de Octavio Lois acerca da orixe da humanidade parece que pasou desapercibido nos círculos eclesiásticos galegos, a xulgar pola falla de referencias respecto a Lois que neles se atopa. Nin tampouco hai refe- rencias a Saralegui ou a outros autores galegos defensores das novas ideas que, como se acaba de ver, se encontraban sobre todo entre os afeccionados á arqueoloxía e en PerSoaS de ideoloxía liberal. Esta falla de referencias, de ata-

Sobre este autor véxase Barreiro Barreiro (1 986).

Page 19: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

ques, a autores galegos compensábase, sen embargo, con contínuos ataques ós máis conspicuos valedores das teorías <<materialistas,>: Darwin, Haeckel, Büchner, Vogt, Mortillet, etc.

O século XIX remataba en Galicia cunha Universidade aínda hostil a todo o que soase a evolucionismo e cun clero que lanzaba furiosas acusacións contra calquera desviacion da ortodoxia. Nin as teses transformistas, nin a grande anti- güidade da humanidade, nin a súa evolución cultural eran aceptadas máis que por unha minoría erudita. O resto da sociedade, allea a estas cuestións, estaba máis exposta ó control ideolóxico que a lgrexa realizaba a través do púlpito, do ensino e da prensa que ás novidades ofrecidas pola arqueoloxía prehistórica.

O <<despegue,> da arqueoloxía galega na derradeira década do XIX ó estar centrado no estudio dos megalitos e dos castros e da época romana non trouxo consigo novos datos que contribuisen a provocar debates sobre a humanidade primitiva entre os partidarios das dúas visións diferentes. A investigación do paleo- lítico galego non se encetou verdadeiramente ata os primeiros anos da década de 1920 cando, e quizais isto sexa algo paradoxal visto o pouco aprecio que sen- tiron os sacerdotes galegos cara á prehistoria, xesuítas portugueses do colexio de Camposancos (A Guarda) empezaron a estudia-las industrias Iíticas da zona.

O EMPREGO DA INFORMACIÓN ARQUEOLOXICA

¿Como influiu en Galicia a información arqueolóxica nas opinións sobre a humanidade primitiva? Ou, dito doutro xeito: ¿Cal foi o papel desempeñado pola información arqueolóxica á hora de decidir ós distintos autores por unhas ideas ou por outras ou á hora de presenta-los seus argumentos a pro1 ou en contra?

Se nos referimos á información tirada do material arqueolóxico galego, obtida mediante escavacións e o estudio dos vestixios recuperados (ás veces de manei- ra fortuita), hai que dicir que o seu papel foi mínimo, case inexistente. Pola con- tra, si que é posible atopar entre aqueles autores que trataban sobre a humani- dade primitiva frecuentes referencias a restos arqueolóxicos ou paleontolóxicos procedentes de investigacións realizadas noutros países europeos, referencias que reflectían dalgunha maneira a postura de cada autor cara a ese tema, tanto a pro1 como en contra das novas ideas.

Comezarei polo primeiro dos casos. Xa comentei antes que o estudio do paleolítico galego -a época prehistórica

que evidentemente tiña máis relación coas cuestións da humanidade primitiva- non se encetou ata o século XX. Sen embargo, as escavacións de José Villaamil y Castro na cova de <<A furada dos cás,, (Lugo) a finais da década de 1860 veñen sendo consideradas por algúns investigadores da arqueoloxía galega (Llana Rodríguez, 1990; Senín Fernández, 1995) como o inicio destes estudios. Sobre isto cómpre facer algúns comentarios.

Villaamil y Castro estaba realmente convencido de que en <<A furada dos cás,, atopara un verdadeiro xacemento arqueolóxico o cal, pese ás súas vacilacións e ambigüidades á hora de situalo cronoloxicamente, semellaba atribuílo a unha

Page 20: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

época moi antiga, posiblemente Ó paleolítico. Hoxe en día, sen embargo, recen- tes estudios do material proviñente desa escavación -Su~ostoS útiles de pedra e osos de animais- depositados no Museo de L U ~ O sinalan que dentro do mate- rial litico non hai nada semellante a útiles, e que 0s restos óseos corresponden de feito a animais domesticados e de data recente (Fernández Rodríguez e Ramil Rego, 1995). É moi posible, Xa que lago, que 0 supoSto xacement0 da [dade da Pedra que Villaamil identificara en .A furada dos C ~ S - non fose tal, e que só se tratase dun remexido de restos animais entes e de ~ n a c o s de pedra de formas diferentes, convertidos en instrumentos prehistóricos pola imaxinación do propio Villaamil.

Sexa como for, o que importa agora é que <<A furada dos cás* foi considera- do no século pasado un xacemento arqueolóxico xenuíno e así o debemos con- siderar neste estudio. Ademais a revisión actual dos achados de Villaamii non invalida de ningún xeito o valor do labor deste pioneiro da arqueoloxia galega (Llana Rodríguez, 1994).

O feito é que Villaamil interpretou os seus achados nesa cova lucense -supostos útiles líticos e óseos, restos de animais, carbóns- como a evidencia de que a cova estivera habitada nunha época moi remota por xentes descoñeci- das que vivían da caza de animais e que posuían unha tecnoloxía rudimentaria a base de instrumentos de pedra e de óso. Así insinuaba, máis que afirmaba categoricamente, unha primitiva ldade da Pedra en Galicia.

Pero Villaamil unicamente se atrevía a tirar estas conclusións, así como outras referentes ó acarreo diferencial dos animais cazados ou a que as persoas que habitaran a cova tiñan un status importante a xulgar pola presencia duns supos- tos adornos en óso. Evitaba, pola contra, calquera tipo de especulación referen- te á cronoloxía dos achados ou a cuestións relativas á orixe e antigüidade da humanidade. E facía isto conscientemente, co ánimo de evitar calquera tipo de polémica, pois el sabía moi ben que nos anos que escribía (principios de 1870) este tipo de cuestións estaban suxeitas a fortes controversias. De feito, el mesmo recoñecía no seu libro Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia. Parte Primeira (1873), libro que contiña unha descripcion da súa exploración en <<A furada dos cás>>, que no decurso das súas investigacións arqueolóxicas en Galicia enfrontárase coa incomprensión e a oposición de moitas persoas. Polo tanto, prefería ser prudente e evitar crear suspicacias coas súas investigacións arqueolóxicas.

Deste xeito, o único traballo arqueolóxico realizado por entón no noso país que pala época prehistórica que supostamente representaba podía ter contribuí- do á discusión sobre a humanidade primitiva -a súa orixe, antigüidade e situa- ción orixinal-, quedaba afóra de xogo>> a causa da prudencia do seu autor. E malia que <<A furada dos cáss aparecía citada posteriormente (en Murguía e Maciñeira, por exemplo) como unha mostra da ldade de Pedra en Galicia, a súa existencia pasou bastante desapercibida.

A falla de investigacións arqueolóxicas e o interese posto case unicamente Ilos celtas e na época ~Omana non facilitaron o emprego da información arqueo- Ióxica galega en relación á cuestión da humanidade primitiva. Así son contadas

Page 21: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

as referencias ó material arqueolóxico galego neste contexto, e sempre se ato- pan naqueles individuos afeccionados á arqueoloxía e a antiga historia do país. Polo demais ese material arqueolóxico adoitaba apoiar algunhas das novas ideas, como a da antigüidade e a da evolución cuitural dos humanos: os machados de pedra puída galegos indicaban para Saralegui a existencia dunha poboación neo- lítica en Galicia, poboación datada entre 4.700 e 7.000 anos, .es decir, que en una época muy anterior a la que fijaron, como fecha de la Creación, Usserio y el P. Petavio, las selvas seculares de nuestra patria protegieron el sueño del hom- bre* (Saralegui y Medina, 1888: 165); a presencia en Galicia de útiles de piedra, de bronce e de ferro, era para Villaamil y Castro, Saralegui e Macifieira unha proba de que os habitantes prehistóricos de Galicia atravesaran, como o resto da humanidade, as tres idades sucesivas da Pedra, o Bronce e o Ferro, indicio do continuo progreso humano.

A arqueoloxía galega decimonónica, xa que logo, contribuiu escasamente ás opinións sobre a humanidade primitiva.

As referencias ás investigacións prehistóricas europeas, o segundo aspecto do emprego da información arqueolóxica acerca da humanidade primitiva, eran relativamente frecuentes na Galicia da segunda metade do XIX, tanto entre os valedores da visión tradicional como entre os das novas ideas. Antes de 1859, e polo tanto antes do xurdimento da arqueoloxía prehistórica, unicamente Varela de Montes facía referencia á cuestión da antigüidade da humanidade en termos de arqueoloxía (cfr. máis arriba), namentres que persoas afeccionadas á arqueo- loxía como Verea y Aguiar ou González y Zúñiga só se ocupaban dos restos <<celtas,, e romanos. Pero despois de 1859 as referencias multiplicáronse.

As máis comúns nesta segunda metade do século eran ós achados de Boucher de Perthers en Abbeville, ás descubertas de Lartet no Perigord, ó tema do <<Heme Terciario>), ás vilas lacustres, e ós cranios de Neanderthal e de Cro-Magnon.

Brevemente, os partidarios das novas ideas -Saralegui y Medina, Rodríguez Carracido e Octavio Lois, sobre todo, e, dun xeito menos explícito, Murguía e Villaamil y Castro- citaban eses descubrimentos arqueolóxicos para apoia-la súa postura: grande antigüidade da humanidade, orixes no~~salvaxismo~~ e pro- greso cultural. Só Octavio Lois defendía abertamente a orixe simia do ser huma- no, con <<probas,, tiradas da antropoloxía e da arqueoloxía.

Dende unha perspectiva oposta, os defensores da visión tradicional, e á cabe- za deles os cregos do Seminario Central de Santiago, tamén citaban estas des- cubertas, pero para rexeitalas ou para interpretalas dende o seu punto de vista: negando que o ser humano fose máis antigo de 10.000 anos (e rexeitando para iso as interpretacións uniformistas do rexistro xeolóxico); negando a existencia das idades sucesivas da Pedra, Bronce e Ferro, e afirmando que estas eran sin- crónicas (desacreditanto así as análises estratigráficas e tipolóxicas, alicerces da arqueoloxía prehistórica); reafirmándose en posturas dexeneracionistas que negaban o estado primitivo dos primeiros humanos; refugando que os cranios de Neanderthal ou de Cro-Magnon indicasen unha evolución biolóxica.. . Para eles a arqueoloxía prehistórica, aínda que non a rexeitaban totalmente, era obxecto

Page 22: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

de desconfianza, por se-la fonte de tantos ataques ás ideas aceptadas pola reli- xión católica referentes ás orixes da humanidade, ataques que, segundo eles, se debían ó carácter anti-relixioso de moitos prehistoriadores.

Pero unha interpretación ~<axeitada)) dos datos arqueolóxicos, dada polos propios católicos, demostraba que a arqueoloxía confirmaba o consignado nas Escrituras; e a iso se dedicaron numerosos sacerdotes a finais de século, dentro da Apoloxética Cristiá, aínda que en Galicia non foi este un tema moi tratado. Atópanse aquí referencias esparexadas, coincidentes coas opinións doutros sacerdotes españois e europeos, pero nunca traballos consagrados en detalle a concilia-la prehistoria coas ideas tradicionais. Esta conciliación, como é de supo- ñer, comportaba unha interpretación dos datos arqueolóxicos radicalmente dife- rente da realizada polos defensores das novas ideas, o que en ocasións impli- caba unha negación da metodoloxía básica das investigacións prehistóricas.

Como é Ióxico, na Galicia decimonónica os partidarios das novas ideas facían un amplo uso da información arqueolóxica, xa que dende o seu punto de vista esta semellaba confirmalas. De outra banda, os valedores da visión tradicional esforzábanse por dárlle-la volta ás interpretacións wnaterialistas do rexistro arqueolóxico e por convertiren a este nun testemuño da veracidade do relato bíblico. A <<fe)> que os primeiros tiñan na arqueoloxía prehistórica convertíase nos segundos en desconfianza e, as veces, en hostilidade cara ela. Os sacerdotes galegos preferían a Exiptoloxía ou a Arqueoloxía Sagrada, disciplinas que sem- pre confirmaban as ensinanzas da Igrexa.

A pregunta que se nos plantexa de inmediato é se na Galicia do século XIX existiron debates sobre a humanidade primitiva.

Se por debates se entende discusión ou diálogo entre dúas ou máis opinións enfrontadas, entón hai que respostar que non existiron estes debates. Octavio Lois ou Saralegui non discutían as súas opinións sobre a humanidade primitiva con Villelga Rodríguez ou con Plácido Rey Lemos, e viceversa. De feito entre eles só podería existir un <<diálogo de xordos>), xa que para estes autores uns mesmos datos tiñan interpretacións totalmente diferentes e excluíntes, depen- dendo do punto de partida ideolóxico que se adoptase.

Verbo disto non hai que esquecer que se ben estudios posteriores confirma- ron moitos dos postulados dos defensores das novas ideas, no século pasado algunhas destas ideas tiñan un marcado carácter ideolóxico e non foran total ou parcialmente demostradas pola ciencia (cfr. a da existencia do ~ ~ H o m e Terciario)) ou a da propia evolución biolóxica do ser humano). E o mesmo carácter ideoló- xico tiñan a opinións defendidas polo <<bando)> contrario.

Pero se por debates entendemos meramente a presentación de opinións opostas, sen por iso implicar un diálogo entre elas, entón habería que afirmar sen dúbida que na Galicia decimonónica si que existiron debates sobre a humanida- de primitiva. Aquí estaban presentes unha visión tradicional da mesma e as

Page 23: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

novas ideas que cobraron importancia na segunda metade do século, así como algunhas posturas intermedias entre as dúas. O mesmo que acontecía por entón no resto do Estado español e noutras partes da Europa occidental.

Na primeira metade da centuria a visión tradicional foi case a única existente. A partir de 1860, e sobre todo en 1870, introdúcense en Galicia as novas ideas, fornecidas pola arqueoloxía prehistórica e a antropoloxía. E os defensores das novas ideas, que en moitas ocasións eran afeccionados á arqueoloxía, apoiá- banse moi a miúdo, como era Ióxico, na información arqueolóxica (aínda que pouco no material arqueolóxico galego). Pero a visión tradicional continuou a se- la hexemónica durante todo o século.

Con todo, estes <<debates,, sobre a humanidade primitiva non foron moi fre- cuentes na Galicia decimonónica. E varios feitos poden axudar a explicar por que.

En primeiro lugar, a falla de investigacións xeolóxicas, paleontolóxicas e antropoloxicas na Galicia de entón, e a cativeza da práctica da arqueoloxía prehis- tórica non favorecía o tratamento deses temas. En segundo lugar, o peso ideoló- xico da Igrexa, que mantivo durante todo o século unha actitude oposta ás novas ideas, inhibía en ocasións a defensa destas, ou incluso mesmo o falar desas cuestións (Iémbrese o caso de Villaamil y Castro).

Por outra banda, débese sinalar que o tema da humanidade primitiva foi algo secundario na Galicia decimonónica fronte a outras cuestións que preocupaban máis ós profesores da Universidade, ós sacerdotes e ós interesados na antiga historia do país. É certo que nos sacerdotes se atopan frecuentes referencias ó tema, incluso máis (aínda que poida parecer paradoxal) que nos afeccionados á arqueoloxía. E isto explícase polos moitos esforzos que investían os primeiros en defende-las ideas tradicionais. Mais tamén é certo que os cregos estaban máis interesados noutras cuestións: o transformismo, as relacións ciencia-fe, ou a defensa dos privilexios da lgrexa fronte algunhas actuacións dos gobernos libe- rais. Igualmente a inexistencia de estudios de arqueoloxía e de antropoloxía na Universidade galega provocou a ausencia na mesma de debates vencellados a estas disciplinas; unicamente a preocupación polas teorías transformistas deixá- base ver constantemente no profesorado universitario. En canto ós historiadores e ós afeccionados e practicantes da arqueoloxía (coa excepción quizais de Leandro Saralegui) o da humanidade primitiva era para eles un asunto de moita menor importancia có ((pasado celtas de Galicia, como xa sentenciara Manuel Murguía.

Todos estes feitos, de índole científica e ideolóxica, confluíron para facer do tema da humanidade primitiva algo secundario nas preocupacións dos círculos académicos, relixiosos e eruditos da Galicia do século XIX. Sen embargo a súa presencia nos debates ideolóxicos, ás veces inserida en contextos polémicos máis amplos, e a constatación de que o seu tratamento se desenvolveu ó longo de liñas comúns a toda a Europa occidental, son dúas conclusións a ter en conta á hora de levar a cabo unha historia da arqueoloxía galega e do pensamento galego decimonónico.

Page 24: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

AYARZAG (j ENA SANZ, M. (1 992) : La Arqueología Prehistórica y Protohistórica Española en e/ siglo X/X. Tese Doutoral inédita. Madrid. Facultad de Geografía e Historia da UNED.

BARRE~RO BARREIRO, X.L. (1 986): <<O positivismo liberal-conservador de Octavio Lois,, en Agora. Papeis de Filosofía, n . 3 ; P. 21 6-267.

BARRE~RO FERNÁNDEZ, X.R. (1983): Historia de Galicia. Volume XVII. A Coruña, Ediciones Gamma.

BARRE~RO FERNÁNDEZ, X.R. et al. (1971): ((El Evolucionismo en Galicia en el siglo XIX,, en Compostellanum, XVI; p. 539-574.

DANIEL, G. (1973): El Concepto de Prehistoria. 2Qdición española. Buenos Aires. Editorial Labor [orixinal: The Idea of Prehistory, 19601.

-(1987): Un siglo y medio de Arqueología. México. Fondo de Cultura Económica. [orixi- nal: A hundred and fifty years of Archaeology, 19751.

FERNÁNDEZ RODR~GUEZ, C. e P. RAMlL REGO (1 995): <<Catálogo y revisión crítica de las colecciones faunísticas del Museo Provincial de Lugo>> en Boletín do Museo Provincial de Lugo, en prensa.

FRAGA VÁZQUEZ, X.A. (1992): Bioloxía na Galiza na segunda metade do século XIX (1 868- 1903): ensino, divulgación, debates, producción, institucionalización e recep- ción de novidades. Tese Doutoral inédita. Santiago. Universidade de Santiago de Compostela.

GRAYSON, D.K. (1983): The Establishment of Human Antiquity. New York. Academic Press.

LLANA RODR~GUEZ, C. (1990): El Problema de la Ordenación del Espacio en el Paleolítico Superior de Galicia y Asturias: El territorio económico. Tese Dou toral i nédi- ta. Santiago. Universidade de Santiago de Compostela.

-(1994): <<José Villaamil y Castro. La Investigación Paleolitista en la Galicia del Siglo XIX,, en Revista de Arqueología, n .V 63; p. 52-59.

MAYOBRE RODR~G U EZ, P. (1 985): Debates ideolóxicos na Compostela do XIX. Sada. Ediciós do Castro.

MEEK, R. L. (1 981) : Los Orígenes de la Ciencia Social. El desarrollo de la Teoría de los Cuatro Estadios. Madrid. Siglo XXI. [orixinal: Social Science and the lgnoble Savage, 19761.

PAYA ALONSO, M. (1 883): Autoridad científica de la Iglesia en nuestros días. Santiago. PEREIRA GONZÁLEZ, F. (1995): O emprego da información arqueolóxica en Galicia:

1800-1922. Traballo de Investigación do Terceiro Ciclo inédito. Santiago. Universidade de Santiago de Compostela.

-(1996a): Contribución á historia da arqueoloxía en Galicia: As opinións sobre a huma- nidade primitiva e a información arqueolóxica na Galicia do século XIX. Tese de Licenciatura inédita. Santiago. Universidade de Santiago de Compostela.

-(1996b): .Unha contribución ó estudio da historia da arqueoloxía galega: O emprego da información arqueolóxica en Galicia (1 800-1 922). en Gallaecia, n." 4-1 5; p. 7-29.

-(1996c): <<O pensamento arqueolóxico e antropolóxico de Leandro Saralegui y Medina (1 839-1 91 O)>> en Cadernos de Estudios Galegos, en prensa.

PUG-SAPER MULERO, M.A. e A. GALERA (1 983): Introducción a la Historia de la

Page 25: OPINIÓNS SOBRE A HUMANlDADE PRlMlTlVA NA GALlCiA DO … · Santiago de Compostela, e publicacións periódicas galegas do século pasadoi. Pero antes de pasar a analiza-lo caso galego,

Antropología Española en el siglo XIX. Instituto <<Arnau de vil ano va^,. Cuadernos Galileo de Historia de la Ciencia. Madrid. CSIC.

RONZON, E. (1991): Antropologia y Antropologías. Ideas para una Historia crítica de la Antropología Española. El siglo XIX. Oviedo. Pentalfa Ediciones.

ROSSI, P. (1983): The Dark Abyss of Time. The History of the Earth and the History of Nations from Hooke to Vico. Chicago and London. The University of Chicago Press.

sARALEGUI Y MEDINA, L. (1 888): Estudios sobre Galicia. A Coruña. SCHNAPP, A. (1993): La Conquete du Passé. Aux origines de I'Archeologie. París, Carré. SENlN FERNÁNDEZ, I.J. (1995): A Investigación do Paleolítico en Galicia. Revisión

bibliográfica. Sada Ediciós do Castro. TORRE Y VELEZ, A. (1857): La Teología Católica. Santiago. TRIGGER, B.G. (1 992): Historia del Pensamiento Arqueológico. Barcelona. Crítica. [orixi-

nal: A History of Archaeological Thought, 19891.