ofestival p.4-5 · 2020. 8. 13. · foto: Álvaroarribi© ofestival p.4-5 ondesecelebra? p.6-7...

40

Upload: others

Post on 22-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas
Page 2: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas
Page 3: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

Foto:ÁlvaroArribi©

O FESTIVAL P. 4-5

ONDE SE CELEBRA? P. 6-7

EXPOSICIÓNS P. 8-11

Pel de Mar - Xulio Villarino

Enredadas - Asociacións de Redeiras Atalaia de A Guarda e Illa da Estrela deCorme

ENCONTROS E PROXECCIÓNS P. 12-15

eXXpedition - Lucy Gillian

O legado das rías galegas - Jorge Candán

OBRADOIROS E VISITAS P. 16-21

O mar a fondo - Instituto de Ciencias do Mar | CSIC

En busca do tesouro: visita intermareal en familia - Centro Oceanográfico daCoruña

Visitas escolares á exposición Pel de Mar

En busca do tesouro: charla + visita intermareal para estudantes - CentroOceanográfico da Coruña

Móllate!

GASTRONOMÍA P. 22-25

O cru e o cocido - Javier Ozores e Gabriela Araújo

Cociña sustentable con todo o sabor do mar - Iván Domínguez

MERCADO DO MAR P. 26-29

BAUTISMO DE VELA E REGATA FESTIVAL MAR DE MARES P- 30-31

UN MAR DE LIBROS P. 32-33

ACTÚA P. 34-35

CALENDARIO P. 36-37

CRÉDITOS P. 38-39

Page 4: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

Un ano máis, queremos celebrar oocéano como fonte de riqueza naturalimprescindible na Coruña, unha cidadeque respira mar por todos os seusrecantos. O Festival Mar de Maresvolve poñerse en marcha cun programamultidisciplinar de actividades que secelebrará entre o 21 e 25 de setembro,e que se prolongará durante o tempoque as súas exposicións permanezanabertas, que será ata o 27 denovembro.

O Festival Mar de Mares é un encontrocultural, educativo e lúdico decelebración e preservación do mar que,nesta terceira edición, achega unhamirada máis profunda e uncompromiso aínda máis forte co marde Galicia. Despois de dous anospoñendo o foco na beleza e nosproblemas dos océanos afastados, Marde Mares 2016 centra a súa atención

nas costas máis próximas coa intenciónde poñer en valor a súa impresionantepaisaxe. Para iso, contamos coaexposición Pel de mar, do premiadofotógrafo galego Xulio Villarino que, porprimeira vez, mostra o conxunto da súaobra arredor da paisaxe mariña.Viaxaremos ao fondo das augas conJorge Candán, que presenta na Coruñao seu documental O legado das ríasgalegas. E tamén gozaremos, entreoutras moitas cousas, da experiencia edas boas artes das redeiras galegas,convertidas nun dos máximosexpoñentes da artesanía galega, através da exposición Enredadas.Contaremos tamén coa presenza deLucy Gilliam, científica e activista a proldos mares que en 2011 puxo en marchao proxecto eXXpedition, no cal unveleiro tripulado só por mulleres recolledatos sobre o estado das augas do mare as consecuencias que teñen os

OFESTIVAL

04

Page 5: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

elementos tóxicos que o contaminanna saúde humana. Por primeira vez enEspaña, Gilliam falaranos da súaexperiencia como muller, navegante ecientífica nun proxecto tan innovadorcomo é eXXpedition.

O Mercado do Mar crece e este anoteremos unha maior representacióndas emprendedoras e emprendedoresgalegos que traballan con produtosmariños baixo criterios desustentabilidade, pero taméncontaremos con música, degustaciónse actividades de reciclaxe. De feito,esta será a primeira vez que teremosun espazo dedicado aos axentes quetraballan na xestión de residuos e que,reunidos na Illa da Reciclaxe, nosmostrarán de forma amena eparticipativa como debemos aproveitaro lixo para evitar que este acabe nomar.

A gastronomía será de novo un doseixes sobre os que xire o festival, poloque profundaremos nos segredos e navariedade da cociña galega de mar, contalleres e degustacións, enrestaurantes e na lonxa. A vela é esteano o deporte estrela no festival, unhaactividade accesible para todos e quepoderemos coñecer mellor grazas aoBautismo de Vela e á regata querealizaremos na baía da Coruña.

O festival ten como obxectivosensibilizar respecto do coidado e dapreservación dos océanos mentrespasamos un bo momento, estimulandoa participación cidadá e a implicaciónindividual, de maneira que quededemostrado que todos xuntospodemos contribuír a mellorar a saúdedo mar. E, por este motivo, aspropostas activistas e as actividadeseducativas, en formatos tan variadoscoma visitas intermareais ou talleres encentros educativos, son unha parteineludible deste festival. Co fin depromover a reflexión sobre a conexiónhistórica da nosa cidade co mar e osseus recursos, reuniranse na Coruñaexpertos en materias como a arte, aciencia, a gastronomía, oemprendemento, a educación ou areciclaxe, todo iso a través dunprograma de actividadesimprescindibles para coñecer, tomarconciencia, gozar e actuar en defensado noso mar, o mar de todos.

Desde o 21 de setembro e ata o 27 denovembro, A Coruña converterase denovo na capital da defensa econservación do mundo mariño.Benvidos á terceira edición do FestivalMar de Mares!

05

Foto:X

ulio

Villarino©

Page 6: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

Situada ao noroeste da PenínsulaIbérica, A Coruña é unha cidade abertae cosmopolita de preto de 250.000habitantes. Posúe un dos portoshistóricos máis relevantes de Españaque é, ademais, un dos motoreseconómicos máis importantes dametrópole. Bañada polo océanoAtlántico, á excelencia da súagastronomía e á riqueza do seucomercio súmanse tamén unha grantradición pesqueira e unha incansableactividade cultural e de lecer para ospúblicos máis diversos.

Situada no corazón das Rías Altasgalegas, na Coruña pódense visitarmonumentos tan significativos como atorre de Hércules ou o impresionantemiradoiro do monte San Pedro. Encanto ao seu paseo marítimo, con máisde 13 quilómetros de extensión,convén salientar que é o máis longo detoda Europa. E non resulta estrañoalbiscar intrépidos surfeiros desafiandoas ondas das praias do Orzán, Riazor ouMatadoiro, que bañan un dos costadosda cidade.

ONDESE CELEBRA?

06

Page 7: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

Os museos científicos son un dosgrandes atractivos do panoramaeducativo e expositivo da Coruña. Domesmo xeito que na primeira esegunda edición, o Festival Mar deMares elixiu dous deles, a Domus e oAquarium Finisterrae, para acoller boaparte do festival. Outras salas eenclaves emblemáticos da Coruñacoma o Kiosco Alfonso ou os xardínsde Méndez Núñez, un bonito pulmónnatural no centro da cidade,continuarán sendo sedes desteencontro internacional de preservacióndo mar. A Lonxa da Coruña segue a

ser tamén un dos nosos melloresaliados para celebrar o festival.Ademais, este ano alegrámonos decontar por primeira vez con Afundacióncomo sede e de reincorporar ao nosoelenco o restaurante Alborada. E,como non podía ser menos, nestaedición o mar que baña a cidade e apraia acollerá algunha das propostas.

Para descubrir todos os recantos daCoruña, podes visitar a web oficial:www.turismocoruna.com

07

Foto:X

urxo

Loba

to20

09©

Page 8: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

EXPOSICIÓNXULIO VILLARINO

Kiosco AlfonsoDo 21 de setembro ao 27 denovembro. De luns a domingo, de 12 a14 h e de 18 a 21 hEntrada gratuíta

+ info: www.xuliovillarino.com

Coa colaboración de:

Concello da Coruña

European Recycling Platform - ERP

Poucos fotógrafos galegos teñen unharelación tan intensa co mar coma XulioVillarino. Naceu na costa lucense e,despois de percorrer unha boa parte domundo coa súa cámara, decidiu volvervivir a tan só uns metros da auga, alíonde se unen o Cantábrico e oAtlántico. É por iso que se converteunun gran coñecedor dos segredos máisprofundos que esconde a costa e dasxentes que a habitan. Na súa fotografíaencérrase a verdade do mar; desde aépica dos percebeiros ao esforzoimpagable das mariscadoras, a místicados faros e a dolorosa vocación dospescadores atrapados nunha vida entreondas. O mar como forma de vida,observado e retratado desde todos ospuntos de vista e coa mirada atenta dequen sabe que non hai mellor lugarpara vivir que xunto ao océano.

PELDE MAR

08

Page 9: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

Xulio Villarino

Naceu en 1969 en Fazouro, Foz (Lugo)e desde 1998 reside en Porto de Bares.De formación fotográfica autodidacta,iníciase como fotoperiodista en 1993en La Voz de Galicia, ata que no ano2001 decide dedicarse aofotoperiodismo de formaindependente. Foi colaborador habitualde revistas como El País Semanal, Geo,XL Semanal ou Jot Down. Naactualidade, o seu traballo estácentrado en proxectos persoaisaplicados ao campo editorial, como sonFinisterraes (Proxectos Singulares,2013), A Mariña 43º Norte (Servizo dePublicacións da Deputación de Lugo,2014), As Pontes Ceo Aberto (Ed.propia 2015) e Mañón Dos Mares(Concello de Mañón, 2016). A súa obraatópase en distintas coleccións

públicas e privadas, como na doConcello de Vigo-Centro de EstudosFotográficos, no Instituto da Mocidade,na Xunta de Galicia-Xacobeo, naDeputación da Coruña ou en Fujifilm.

A exposición Pel de marcompleméntase cun espazo deconcienciación ambiental e cunprograma de visitas escolares. Máisinformación na páxina 20.

09

Foto:X

ulio

Villarino©

Page 10: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

10

EXPOSICIÓNASOCIACIÓNS DE REDEIRASATALAIA DE A GUARDA EILLA DA ESTRELA DE CORME

Sede de Afundación da CoruñaDo 21de setembro ao 8 de outubroDe 9 a 21 hEntrada gratuíta

+ info:www.afundacion.orgwww.artesaniadegalicia.xunta.gal

Coa colaboración de:

Xunta de Galicia | Artesanía de Galicia

Afundación

ENREDADASCando tradición e innovación se dan aman nace Enredadas, un proxecto coque as redeiras artesás de Galiciademostran que é posible reciclarse emanter vivo un oficio artesanal. Desde2012, as redeiras participan en acciónsformativas dirixidas por profesionais dosector da moda e do deseño, o que asconverteu nun dos máximosexpoñentes da artesanía galega.

A mostra permite realizar unseguimento do proxecto e presenta osprototipos das pezas de artesanía feitaspolas redeiras, que agora son xaprodutos listos para comercializar e quepoderán adquirirse na tenda da sede deAfundación e no Mercado do Mar.Ademais, as redeiras realizarán unhademostración en directo o día dainauguración, o 21 de setembro ás 19 hco que nos brindarán a oportunidade decoñecer de primeira man a súaexperiencia e as súas boas artes.

Page 11: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

11

Foto:C

ésar

Martín

ez©

Page 12: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

12

STORYTELLINGUnha aventura de mulleres que amano marLUCY GILLIANpresentada por Sofía Toro

DomusXoves 22 de setembro. De 20 a 21.30 hPúblico xeral (a charla será en ingléscon tradución simultánea)Entrada gratuíta (ata completarcapacidade)+ info: www.exxpedition.com

Coa colaboración de:

Concello da Coruña

En 2011, Lucy Gilliam, investigadoraambiental, doutora en EcoloxíaMicrobiolóxica e Ciencias do Solo,experta navegante e activistainfatigable a favor dos mares, puxo enmarcha, xunto con Emily Penn, oproxecto eXXpedition, unha serie detravesías mariñas nun veleiro tripuladounicamente por mulleres, co fin defacer visible o invisible; a poluciónplástica das augas e o seu efecto nasaúde, non só dos océanos, senóntamén no noso corpo, especialmente odas mulleres. Durante varias semanas,14 mulleres procedentes de campostan distintos como a ciencia, a arte, oxornalismo ou a educación, recollendatos cos que xeran material inspiradorpara lograr o compromiso da sociedadeno coidado dos mares. eXXpeditionlanzou sete viaxes polo Atlántico, oÁrtico ou o Caribe, e xa se está

eXXpedition

Page 13: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

preparando a aventura de 2017. Vencoñecer a Gilliam, unha muller que foicapaz de xuntar ciencia, navegación,arte, activismo e saúde nun proxectoliderado por mulleres.

Lucy Gillian estará acompañada porSofía Toro, coruñesa campioa olímpicade vela en Londres 2012, quepresentará a Gillian. Ao finalizar acharla, haberá unha quenda depreguntas e respostas.

Lucy Gilliam impartiu conferencias enuniversidades e instituciónsgobernamentais por todo o mundo, éconsultora en temas de medioambiente e seguridade alimentaria efundadora e directora de New DawnTraders, unha asociación de artistas ecociñeiros que traballan por lograrcambios no transporte de mercadorías

mediante a navegación a vela. Cruzou oAtlántico dúas veces e representa aUniversidade de Exeter no CampionatoUniversitario de Navegación a Vela. É aprimeira vez que vén a España contar asúa experiencia como muller, científicae activista a bordo desta expedición.

13

Page 14: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

14

PROXECCIÓNJORGE CANDÁN

DomusVenres 23 de setembroDe 20 a 21.30 hPúblico xeralEntrada gratuíta (ata completarcapacidade)

+ info:www.jjcandan.comwww.frinsa.es

Coa colaboración de:

FrinsaJJ Candán Producciones de NaturalezaConcello da Coruña

Galicia ten unha débeda pendente comar, un mar que ao longo dos séculoslle entregou a súa riqueza natural. Trasunha breve presentación por parte doautor do documental e do director deSustentabilidade de Frinsa, JorgeCandán e José Aller, teremos a ocasiónde ver, por primeira vez na Coruña, alongametraxe O legado das ríasgalegas, unha película para a queCandán, recoñecido fotógrafo edocumentalista mariño, percorreudurante máis dun ano o máis profundodas rías galegas, co obxectivo demostrar a vida salvaxe que se escondebaixo as augas da fin da terra, e plantarasí a semente dun compromiso debusca do equilibrio entre produtividadee conservación.

Con esta actividade pretendemoscontribuír á divulgación e ao

O LEGADO DASRÍAS GALEGAS

Page 15: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

coñecemento do valor natural das ríasgalegas para a economía, agastronomía e a cultura de Galicia. Trasa proxección haberá unha quenda depreguntas e respostas co autor.

Jorge Candán (Vigo) é un dosfotógrafos submarinos máisrecoñecidos do noso país. Nos seusmáis de 20 anos de traballo nasprofundidades mariñas, realizouimpresionantes traballos comaPrometeo encadeado, Mar de estrelase Mar dun bosque encantado, e gañounumerosos premios en distintosfestivais de fotografía baixo o mar,como o primeiro premio que obtivo noFestival de Cinema Submarino de SanSebastián. É un experto coñecedor dasprofundidades do mar galego.

15

Foto:J

uanCue

tos©

Page 16: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

16

OBRADOIROEQUIPO INVESTIGACIÓN -INSTITUTO DE CIENCIAS DOMAR (BARCELONA)Aquarium Finisterrae

Do 25 de outubro ao 1 de novembro

25 de outubro, de 16 a 19 h

26, 27, 28 e 31 de outubro, de 10 a13.30 h e de 16 a 19 h

Sábado 29 e domingo 30, de 11 a 14 he de 17 a 20 h

Martes 1 de novembro, de 11 a 14 h

(acceso ata 1 h antes do peche)

Público: xeral, familias e gruposescolares (educación primaria -ciclos2.º e 3.º-, ESO, bacharelato, os díaslectivos pola mañá)

Entrada: gratuíta a talleres O mar afondo, logo de pagar a entrada aoAcuario*

+ info e material educativo:

www.elmarafondo.com

www.mc2coruna.org

O MARA FONDO

Coa colaboración de:Obra Social La CaixaInstituto de Ciencias do MarCSICOcean LiteracyO Mar a FondoMuseos Científicos da Coruña

* Familias e público xeral polas tardes osdías lectivos e mañás e tardes a fin desemana e o martes 1 de novembro.

Consultar prezos e gratuidades enhttp://mc2coruna.org/es/horarios.html.

Grupos escolares: enviar unha solicitude dereserva e, unha vez confirmada, aboar só oprezo da entrada ao Aquarium Finisterraeque corresponda, xa que é unha actividadesen custo adicional. A folla de solicitude estádispoñible no enderezo:http://mc2coruna.org/escolares/reserva.html.Ao cubrila, indicar no recadro deobservacións "Actividade do festival O mar afondo no Aquarium Finisterrae".

Page 17: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

Incluso os mares máis próximos sonnatureza descoñecida para o home. Istoconverte a súa exploración en todo unaliciente. Co programa O mar a fondo,desenvolvido polo Centro Superior deInvestigacións Científicas e o Institutode Ciencias do Mar foméntase ocoñecemento a partir dun proceso deensino-aprendizaxe práctico e teóricoque, ademais, xera interese napreservación do medio mariño. O mar afondo distribúese en catro móduloscuxos formatos se adaptan ao públicoxeral, familias, profesores, alumnos einvestigadores.

Que se esconde dentro e debaixo doxeo mariño antártico?Da man dos investigadores do ICM queviaxaron en numerosas ocasións áAntártida, poderemos observar pezasde xeo mariño —krill liofilizado, entreoutros elementos— que nos axudarána comprender a importancia depreservar a Antártida para preservarpola súa vez a saúde do planeta.

O SubmarinoMergúllate nas profundidades doocéano a bordo dun submarino e pon aproba todos os teus sentidos deinvestigador.

Os bosques do marNas profundidades do océano, ondenunca chega a luz, hai vida rica evariada, moito máis parecida á dosbosques da terra do que imaxinamos.Ven e descúbreo ti mesmo.

Medusas: o éxito dunha estruturamorfolóxica simple e un ciclo de vidacomplexoAs medusas apareceron na terra haiuns 600 millóns de anos e desde entónconservan unha estrutura morfolóxicasimple, que é o que lles permitiusobrevivir todo este tempo. Aprende acoñecelas e a protexelas e mesmo asaber como se han de tratar as súaspicaduras.

17

Page 18: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

18

EN BUSCADO TESOURO

Moi preto de nós escóndese un grantesouro. Baixo as augas salgadas haiestrelas de mar, bivalvos, estrugas demar e lapas, entre outras moitasespecies, que só podemos ver se nosachegamos nun breve momento do díaao mar, xusto cando se retira ao seunivel máis baixo. Descubrir toda esaimportante fauna e flora que seesconde na franxa costeira da Coruña éposible durante unha visita intermareal,un paseo con ollos de observador poresa superficie de area e rochas situadaentre os niveis coñecidos das mareasmáximas e mínimas.

Só necesitas un bo calzadoimpermeable, preferiblemente botas deauga, e moitas ganas de atopartesouros. Ademais, poderás escoitar asexplicacións dos biólogos do CentroOceanográfico da Coruña, que cheaxudarán a descubrir e a lle poñernome a todo o que atopes.Sorprenderate a cantidade de especiesque viven nesa zona do mar que quedasometida ao ritmo diario das mareas.

OBRADOIROS EVISITASVisita intermareal en familia

BIÓLOGOS DO CENTROOCEANOGRÁFICO DACORUÑA

As Xubias (punto de encontro nasXubias de Arriba, 15 - 15006 A Coruña,fronte ao CEE María Mariño)

Venres 23 de setembro

De 16 a 17.30 h

Público xeral e familias

Entrada gratuíta logo de inscribirse enwww.festivalmardemares.org

Coa colaboración de:Centro Oceanográfico da CoruñaInstituto Español de Oceanografía

Page 19: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

19

Se percorrer as praias da zonaintermareal da man dos expertos doCentro Oceanográfico da Coruña é todoun luxo, os alumnos do centro escolarque se apunten a esta actividade teránun extra engadido que fará a visitaaínda máis proveitosa. E ese extra éunha charla que impartirá no seu centrouns días antes un dos biólogos mariñosque servirá de iniciación ao alumnadono apaixonante mundo das especiesmariñas e nos labores da súa profesión.Nunha data posterior, os estudantesacudirán á zona intermareal das Xubiasguiados polo mesmo profesional que osacompañará na procura de seres vivosque habitan entre rochas, area e auga,e que quedan ao descuberto durante abaixamar.

OBRADOIROS EVISITASCharla + visita intermareal paraestudantes

BIÓLOGOS DO CENTROOCEANOGRÁFICO DACORUÑA

Centro educativo y franja costera de AsXubias

Público: Estudantes de secundaria ebacharelato

Entrada gratuíta, logo de inscribirse enwww.festivalmardemares.org

Capacidade: 50 estudantes

Coa colaboración de:Centro Oceanográfico da CoruñaInstituto Español de Oceanografía

Page 20: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

20

PELDE MAROBRADOIROS EVISITASVisitas dinamizadas para escolares áexposición Pel de Mar

Kiosco Alfonso

Do 17 de outubro ao 25 de novembro

Público: grupos escolares de educaciónprimaria (ciclos 2.º e 3.º) da Coruña

Entrada: gratuíta, logo de inscribirse enwww.festivalmardemares.org

Coa colaboración de:Concello da Coruña

Propoñémoslles aos estudantes e aosseus profesores unha apaixonante viaxepolo noso mar a través das fotografíasde Xulio Villarino. Observarémolodetidamente, coma se estivésemosmergullados nel, desde o alto ou desdeterra firme. Descubriremos así a súabeleza, a súa riqueza, os seus moidistintos habitantes e a importanciaque ten nas nosas vidas e para oconxunto do planeta. A través dedistintas propostas e dinámicas,reflexionaremos xuntos sobre asmúltiples ameazas que ha de afrontar etrataremos de situarnos na súa defensade xeito proactivo. Que non che caibadúbida, ti podes facer moito paramellorar a saúde do noso mar, de todosos mares, e a visita á exposición é unlugar perfecto para empezares acontribuír ao seu coidado.

Page 21: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

21

MÓLLATE!OBRADOIROS EVISITASObradoiro para estudantes

EDUCADORES DO FESTIVALMAR DE MARES

Centros Educativos da Coruña

Público: estudantes de secundaria,bacharelato, ciclos formativos ouuniversitarios da Coruña

Entrada: gratuíta, logo de inscribirse enwww.festivalmardemares.org

+ info:www.festivalmardemares.org/mollate/

Coa colaboración de:

Concello da Coruña

A educación, a ferramenta máispoderosa para cambiar conciencias, éun dos alicerces fundamentais de Marde Mares e por iso volvemos conMóllate!, un programa desensibilización ambiental que buscapromover a reflexión e a acción partindodunha investigación sobre o mundomariño. Un educador desprazarase aocentro educativo, onde dará a coñeceros principais problemas que afectan osecosistemas mariños e convidará osestudantes a reflexionar sobre a súaconexión co noso estilo de vida. Desdeo coñecemento adquirido e de formaparticipativa, os estudantes exploraránmaneiras realistas de acción ambientalen defensa dos mares no seu contextoinmediato, como pode ser o seu centroeducativo, a súa casa, o seu barrio, asúa cidade...

A actividade implica que o alumnadotraballe autonomamente e proponlledeseñar campañas e accións desensibilización ao redor dos problemasespecíficos que afectan o medio mariñoque poden transformarse en realidade.A finalidade é mover conciencias ecambiar as actitudes de cada un deles ede quen os rodea. A que esperas parainscribir o teu alumnado ou paraconvencer o teu profesor para quesolicite esta actividade?

Foto:Ó

scar

Górriz

©

Page 22: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

22

GASTRONOMÍAJAVIER OZORES E GABRIELAARAÚJO

Lonxa da Coruña

Xoves 22 de setembro de 6 a 9 h damañá

Entrada: gratuíta, logo de inscribirse enwww.festivalmardemares.org

Capacidade: 20 persoas

Coa colaboración de:

Gadis

Lonxa da Coruña

Fundación Rendemento EconómicoMínimo Sostible e Social - FREMSS

Un mundo, a lonxa, dentro dunhacidade, A Coruña. Dous universosparalelos que dependen un do outro,pero que viven en tempos diferentes,coma nas historias de amantesenfeitizados. Cando a cidade aíndadorme, a lonxa, unha das maiores deEuropa, acolle por centos a pescadores,armadores, vendedores de peixe,intermediarios e cociñeiros, que buscano mellor para os seus negocios e queparticipan na poxa diaria do peixe. Endefinitiva, todo un espectáculo que moipoucos habitantes da cidade coñecende primeira man e ao que poderemosasistir en vivo e en directo.Posteriormente, representantes dalonxa e do seu tecido empresarialdesvelarannos as reviravoltas do seufuncionamento e convidarannos atomar un café.

O CRUE O COCIDO

Page 23: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

23

A continuación, Javier Ozores,vicepresidente da Academia Galega deGastronomía, e Gabriela Araujoimpartirán un showcooking na salaacristalada da lonxa, aproveitando amellor materia prima do día, quedegustaremos tamén a modo dealmorzo mariñeiro. Prepárate para amadruga, será a máis divertida da túavida.

Foto:M

aría

Martul©

Page 24: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

COCIÑA SUSTENTABLECON TODO O SABOR DO MARGASTRONOMÍAIVÁN DOMÍNGUEZ

Restaurante Alborada

Sábado 24 de setembro de 10 a 12 h

Entrada gratuíta, logo de inscribirse enwww.festivalmardemares.org

Capacidade: 20 persoas

Coa colaboración de:

SOGAMA

Para unha cociña sustentable éimprescindible elixir o peixe deproximidade, de tempada e querespecte os talles mínimos. Eses sonos criterios que priman na afamadacociña atlántica de Iván Domínguez,director gastronómico do GrupoAlborada, gañador dunha estrelaMichelín no seu restaurante da Coruña.Este taller de cociña, conducido porDomínguez no seu establecimentocoruñes Alborada, está dirixido a todoaquel afeccionado que estea interesadoen ampliar os seus coñecementos paraelaborar suculentos pratos mariñeirosda maneira máis eficiente esustentable, aplicando os criterios deredución. Unha ocasión única paralembrar, entre pucheiros, a importanciaque como cociñeiros e consumidorestemos á hora de contribuír á saúde dosmares.

24

Page 25: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

ER

A actividade conta co apoio deSogama, que editou un receitario decociña, Aprovéitate do que che sobra,dispoñible en www.sogama.es e queofrece interesantes recomendaciónssobre como evitar o desperdicioalimentario. Podes consultalo na webwww.aproveitatedoquechesobra.es

25

Page 26: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

MERCADODO MARXardíns de Méndez Núñez

Sábado 24 de setembro, de 12 a 21 h edomingo 25 de setembro, de 11 a 20 h

Entrada gratuíta

Coa colaboración de:

Unión Europea | Xunta de GaliciaEuropean Recycling Platform – ERPConcello da CoruñaEdar de BensEcoembesPescadeRíasCentro Oceanográfico de A Coruña IEOMuseos Científicos de A CoruñaBiblioteca Verde | Bibliotecas de ACoruña

O mar, impoñente paisaxe, lugar derecreo e fonte de inspiración. EnGalicia, o mar é ademais un dosprincipais motores financeiros e Mar deMares quere demostrar que o potencialeconómico non está rifado coasustentabilidade e co coidado dosocéanos.

O Mercado do Mar, que nesta ediciónterá unha maior representación deemprendedores, é unha exposición deprodutos e servizos do tecido produtivogalego arredor do mar. Empresas,cooperativas e asociacións mostrarán,difundirán e venderán os seus artigosnos postos habilitados nos xardíns deMéndez Núñez. Gastronomía,artesanía, turismo mariñeiro ecosmética estarán representados nomercado, para lles ofrecer aosvisitantes o mellor produto e a certezade que están a contribuír á preservacióndo ecosistema mariño sen poñer enperigo a súa continuidade.

26

Page 27: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

O mercado dinamizarase cunha carpade actividades paralelas na quepoderemos coñecer de primeira man asiniciativas de emprendedores galegosque traballan con produtos mariños.Contaremos coa zona Gastromar, ondeterán lugar demostraciónsgastronómicas da man de cociñeiras donivel de Beatriz Sotelo do restauranteestrela Michelín A Estación de Cambree as food trucks A Pulponeta, CudbeFood Truck e Josmaga ofrecerán assúas exquisitas especialidades.

Ademais, poderemos escoitarconcertos de música en directo ensenllas sesións vermú e vespertinas,participar nun taller científico, visitar oAquarium Finisterrae móbil ou xogarnas actividades infantís.

Como novidade, este ano o Mercadodo Mar incorpora A Illa da Reciclaxe,un espazo dedicado a algúns dosaxentes de xestión de residuos máisimportantes do país, así como a Áreade Medio Ambiente do Concello daCoruña, que mostrará de forma prácticadistintas formas de reciclar e falarannosda necesidade de reducir, reutilizar ereciclar correctamente para evitar que olixo que produzamos acabe no mar.Neste espazo terán lugar diversostalleres sobre reciclaxe, ideais para asfamilias con nenos. Tamén teremoscolectores onde poderás depositar astúas pilas e baterías, así como o aceitede cociña xa usado.

27

Page 28: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

28

EXPOSITORESConservas Mar de Ardora, algasmariñas (www.mardeardora.es).

Conservas Currimar, conservasartesás de bonito e polbo(www.conservascurrican.es).

Conservas Galuriña, empanadasgalegas con algas mariñas e conservasartesás (galurina.blogspot.com.es).

Obrador de lamprea, conservas eafumados de lamprea(www.obradordelamprea.com).

Mariscos do Ortegal, marisco galegode primeira calidade(www.mariscosdelortegal.com).

Pulponor Sociedade CooperativaGalega, distribución de polboconxelado (www.pulponor.com).

DaVeiga, galletas mariñeiras(www.daveiga.es).

Coído de Sabadelle, auga de marembotellada para uso alimentario(www.augasdemar.com).

PescadeRías selo da Xunta para apromoción do peixe e mariscosprocedentes da frota artesanal(www.deondesenon.xunta.gal).

Asoc. Redeiras Illa da Estrela deCorme, artesanía elaborada con redesde pesca .

Asoc. de Redeiras do Baixo MiñoAtalaia de A Guarda, artesaníaelaborada con redes de pesca.

Cuatro Pececitos, artesanía con restosatopados en el mar(www.cuatropececitos.com).

Tödai, deseño, serigrafía e moda contecidos ecolóxicos(www.todai.bigcartel.com).

MERCADODO MAR

Page 29: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

APAMP, artesanía con deseñosmariños. (www.apamp.org).

Retoque Retro, reciclaxe e arte conrestos atopados no mar(www.facebook.com/RetoqueRetro).

Sálvora cosmética, cosméticaecolóxica a partir de algas pardas deGalicia (www.salvora.eu).

Asociación Galega de ActividadesNáuticas - Agan+, cruceiros costerospolas rías galegas(www.nauticdestination.com).

ILLA DA RECICLAXEUn lugar para aprender como funcionaunha depuradora ou como converter olixo electrónico en pezas artísticas ounovos xoguetes, entre outras moitasactividades para aprender a reciclar esalvar os mares.

Concello da Coruña, Área de MedioAmbiente e Mobilidade Sustentable(www.coruna.es/medioambiente).

European Recycling Platform - ERP,sistema integrado de xestión deresiduos de aparellos eléctricos eelectrónicos, pilas e acumuladores(www.erp-recycling.es).

ECOEMBES, Sistema de recuperaciónde envases en España(www.ecoembes.com).

29

Consulta o programa completo de actividades na webwww.festivalmardemares.org

Page 30: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

BAUTISMO DE VELAE REGATA MAR DE MARES

30

REAL CLUB NÁUTICO DACORUÑAEdificio Deportivo do Real Club Náuticoda Coruña (próximo a castelo de SanAntón)

Domingo 25 de setembro, 10 a 14 h

Público maior de 8 anos, que saibanadar

Entrada*: 20 € por persoa. Inscrición epago en www.festivalmardemares.org

+ info: www.rcncoruna.com

Coa colaboración de:

Real Club Náutico da Coruña (RCNC)Bonilla a la vista

Tras dúas edicións dedicadas ao surf eao submarinismo, este ano o festivalpon a súa atención na vela. Un deportepara todos que se desprende da súaimaxe elitista e que nos mostra osgrandes valores que fomenta: traballoen equipo, solidariedade e afán desuperación, entre outros. Ademais, ostripulantes de veleiro son xentecomprometida co mar e saben deprimeira man da importancia dapreservación.

Se nunca subiches a un barco de vela,este ano Mar de Mares poncho fácil. Edivertido. En colaboración co Real ClubNáutico da Coruña, terás a posibilidadede converter un bautismo de velanunha trepidante experiencia: unharegata pola baía da Coruña. Naactividade, poderá participar calquerapersoa maior de 8 anos que saibanadar, sen necesidade de que teña

Page 31: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

31

experiencia previa en navegación.Podes vir en familia, con amigos ou só.O bautismo comeza cunha primeiratoma de contacto co barco, onde unpatrón te iniciará nas nocións básicasda navegación a vela a bordo dun 550con capacidade para 5 tripulantes, paradespois competir na regata que sedesenvolverá na baía coruñesa. Cadaparticipante recibirá un diplomaacreditativo do bautismo e a tripulacióngañadora terá premio. Vento en popa atoda vela, e que gañe o mellor!

E se dispós de barco propio e cheapetece participar na regata, non tesmáis que sumarte para apoiar estedeporte e celebrar e defender os maresco Festival e co RCNC. Envíanos uncorreo electrónico [email protected] paraconfirmares a túa asistencia.

*A celebración desta actividade está suxeitaa condicións meteorolóxicas e a alcanzar omínimo de inscritos (15). En caso de que secancele, devolverase o importe íntegro enotificarase con suficiente antelación.

Page 32: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

UN MAR DELIBROS

32

A vida cabe nun libro. E os marestamén. Aventuras imaxinarias, historiasreais de viaxeiros que se enfrontaronao mar, lendas de mariñeiros, contospara nenos, e non tan nenos... Sequeres vivir o mar dunha formadiferente, dá unha volta polasbibliotecas e polas librerías da Coruña,nelas atoparás unha chea de relatossobre os océanos que te farán vibrarcoma se estiveses a tripular unhagoleta.

Coa colaboración de:

Biblioteca Verde | Bibliotecas da CoruñaFNACLibrarías do barrio da Peixería

SOBE A BORDO DA TÚABIBLIOTECABiblioteca Infantil e Xuvenil, BibliotecaSagrada Familia, Biblioteca Castrillón,Biblioteca Fórum Metropolitano,Biblioteca Os Rosales, BibliotecaMonte Alto, Biblioteca Ágora.

Desde as aventuras do capitán Ahab aodesconsolo do pai de Nemo, enrólatenas bibliotecas municipais da Coruña eno seu programa Biblioteca Verde, unespazo para informar, reflexionar ecompartir. As súas reunións mensuaisteñen como obxectivo crear un foro dedebate sobre temas de actualidaderelacionados co medio ambiente e coasustentabilidade.

Desde o 12 ao 30 de setembro, en cadaunha das bibliotecas municipaisatoparás un punto de interese, conlibros e material audiovisual sobre osocéanos e os mares.

Page 33: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

Ademais, poderás gañar entradas paraparticipar no Bautismo de Vela e naregata Mar de Mares (páx.30), no Tallerde cociña sustentable con todo o sabordo mar de Iván Domínguez (páx. 24) eno Showcooking do Cru e do Cocido,con visita á lonxa (páx. 22).+info: www.coruna.es/bibliotecas

As bibliotecas municipais taménestarán presentes na Illa da Reciclaxedo Mercado do Mar (páx. 26) e noespazo de concienciación ambiental daexposición Pel de Mar de Xulio Villarino,no Kiosco Alfonso (páx. 8).

ENRÓLATE EN TU LIBRERÍA

FNACO gran buque da cultura únese aofestival. Na súa tenda da Coruña,poderás atopar unha caseta cunhaselección de vídeos e libros sobre omar. E poderás participar no sorteo dedúas entradas para o Bautismo de Velae a regata Mar de Mares (páx. 30) epara o Taller de cociña sustentable contodo o sabor do mar de IvánDomínguez (páx. 24).

FNAC. Mercado Eusebio da Guarda.Praza de Lugo s/n.www.fnac.es

Librerías do Barrio da PeixeríaAs librerías do barrio poñen rumbo aocéanos reais e imaxinarios eofrécennos unha gran variedade delibros e películas sobre o tema. Nelespodes recoller o programa do festival,ademais de gozar durante uns días detoda a épica das aventuras nos maressen saír do barrio máis mariñeiro dacidade. Ademais, podes conseguir através da túa librería de barrio favoritaunha invitación para participar na visitaintermareal en familia (páx. 18)

Libraría Arenas. Cantón Pequeno, 25www.libreriaarenas.comLibraría Berbiriana. Rúa Santiago, 7(Porta Real) www.berbiriana.comLibraría Cascanueces. RúaCordonería, 10www.zaerasilvar.es/libreriacascanuecesLibraría Moito Conto. Rúa SanAndrés, 35 www.moitoconto.comLibraría Sisargas. Rúa San Roque, 7libreriasisargas.blogaliza.org

33

Foto:X

ulio

Villarino©

Page 34: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

34

ACTÚA1. FAI COMPRAS SEGURAS ESUSTENTABLES DE PEIXERespecta os talles mínimos, consumepeixe de proximidade e de tempada enon compres peixe de especies que seestean esgotando. Valora asustentabilidade dos produtos quecompres, repara nas etiquetas.

2. REDUCE O USO DE PRODUTOSDE PLÁSTICOPoderían acabar afogando un animal oudestruíndo un hábitat mariño. Dillesnon aos produtos envoltos en plásticoinnecesariamente e leva sempre astúas propias bolsas á compra.

3. AXUDA A COIDAR AS PRAIASUn bo día de mergullo, surf ou praia enfamilia é moito mellor nunha contornalimpa. Non deixes lixo cando marches erecolle o que atopes.

4. NON COMPRES PRODUTOS QUESE APROVEITAN DA VIDA MARIÑAA xoiería de coral, os accesorios de pelofeitos con cunchas de carei e osprodutos derivados da quenllacontribúen á desaparición destasespecies.

5. COMPROMÉTETE CO NOSOLITORALPresta atención e alza a túa voz fronteao excesivo formigón das nosas costas.A construción mal planificada deestruturas para o turismo, instalaciónsportuarias, barreiras etc. pode supoñerserias alteracións do territorio e dolitoral.

Page 35: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

35

6. APOIA AS ORGANIZACIÓNSQUE TRABALLAN PARA PROTEXERO MARMoitas entidades e organizacións estána loitar para protexer os hábitatsmariños. Busca unha organización coaque simpatices e colabora con eles conapoio financeiro ou de voluntariado.

7. RECICLA, REDUCE, REUTILIZAXa sabes de que van os 3R, peroseguro que podes mellorar o teu nivelde reciclaxe, redución e reutilización. Elembra que polo váter só debes botar opapel hixiénico.

8. REDUCE AS EMISIÓNS DE CO2 EO CONSUMO DE ENERXÍACambia o coche polas camiñadas, usalámpadas compactas de luzfluorescente ou sube polas escaleirasno canto de polo ascensor. É bo para ti.E para todos.

9. SUCA OS MARESRESPONSABLEMENTETanto se navegas por oficio coma porlecer, faino de forma responsable epensando sempre nas especies quehabitan as augas que te rodean. Seplaneas facer un cruceiro nas próximasvacacións, elixe a opción que sexa máisrespectuosa co medio ambiente.

10. OBTÉN INFORMACIÓN SOBREOS OCÉANOS E A VIDA MARIÑAToda a vida na terra está conectada coocéano e cos seus habitantes. Cantomáis saibamos acerca dos problemasaos que se enfronta este sistema vital,máis desexaremos axudar a garantir asúa protección e a inspirar a outraspersoas para que fagan o mesmo.Podes empezar participando nasactividades do Festival Mar de Mares!

Page 36: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

CALENDARIOEXPOSICIÓNS

PEL DE MARXulio Villarino

ENREDADASAsociación de Redeiras Atalaia de AGuarda e Illa da Estrela de Corme

O MAR A FONDOObradoiros para grupos escolares

PEL DE MARVisitas escolares á exposición

21 DE SETEMBRO A 27 DE NOVEMBROLuns a domingo, de 12 a 14 h e de 18 a 21 h

Kiosco Alfonso

21 DE SETEMBRO A 8 DE OCTUBRODe 9 a 21 h

Sede Afundación A Coruña

25 DE OCTUBRO A 1 DE NOVEMBRO(consultar horarios en pax. 16)

Aquarium Finisterrae

17 DE OCTUBRO A 25 DE NOVEMBRO(consultar en pax. 20)

Kiosco Alfonso

OBRADOIROS E VISITAS

36

Page 37: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

f

O cru e o cocidoJavier Ozores e Gabriela Araújo

eXXpedition. Unha aventura paramulleres que aman o marLucy Gillian (presenta Sofía Toro)

En busca do tesouro: visitaintermareal en familiaBiólogos do Centro Oceanográficoda Coruña

O legado das rías galegasJorge Candán

Cociña sustentable con todo osabor do marIván Domínguez

Mercado do Mar

Bautismo de vela e Regata Marde MaresReal Club Naútico da Coruña

Mercado do Mar

XOVES, 22 DE SETEMBRO

6 a 9 h da mañáLonxa da Coruña

20 a 21:30 hDomus

VENRES, 23 DE SETEMBRO

16 a 17:30 hAs Xubias

20 a 21:30 hDomus

SÁBADO, 24 DE SETEMRBO

10 a 12 hRestaurante Alborada

12 a 21 hXardíns de Méndez Núñez

DOMINGO, 25 DE SETEMBRO

10 a 14 hEdificio Deportivo do R. Club Naútico

11 a 20 hXardíns de Méndez Núñez

ACTIVIDADES

37

Foto:L

edicia

Bellón©

Page 38: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

CRÉDITOSDIRECCIÓNSilvia OviañoMerce Carballo

COORDINACIÓNLuis CousillasJames McSherryOlga Romasanta

COMUNICACIÓNChristian SellésDiego JiménezPaula Gómez de la Fuente

DESEÑOCarlos LorenzoDiego JiménezMarta Paz

DESEÑO WEBQuino Melguizo

AUDIOVISUALÓscar Górriz

ORGANIZADORESCREARTE SERVIZOS CULTURAISwww.creartesc.esCARAVAN PROYECTOS DE CULTURAwww.caravancultura.com

FESTIVAL MAR DE [email protected]@festivalmardemares.orgT. 881 91 30 55 (festival)T. 639 102 742 (prensa)Twitter: FestMardeMaresFacebook: /FestivalMardeMaresInstagram: @FestivalMardeMares

O organismo Forest Stewardship Council (consello deadministración ambiental), coñecido como FSC, é unhaentidade de certificación internacional sen ánimo delucro. É o único recoñecido por organizacións ecoloxistascomoWWF/Adena. A misión do Consello é “promover omanexo ambientalmente apropiado, socialmentebenéfico e economicamente viable dos bosques domundo”. Ao imprimir o noso programa en papel FSC,contribuímos á xestión responsable

38

Page 39: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas

39

Page 40: OFESTIVAL P.4-5 · 2020. 8. 13. · Foto: ÁlvaroArribi© OFESTIVAL P.4-5 ONDESECELEBRA? P.6-7 EXPOSICIÓNS P.8-11 PeldeMar-XulioVillarino Enredadas