o texto narrativo
DESCRIPTION
Características, modos, variantesTRANSCRIPT
O TEXTO NARRATIVO
Relatar ou referir é unha acción a considerar desde aspectos diversos:
O discurso: enunciado oral ou escrito que vehicula a expresión dun feito ou dunha sucesión de
feitos (relato)
A historia: serie de feitos, reais ou ficticios da que se ocupa o discurso e as diversas relacións de
encadeamento, oposición, repetición…en que estes se organizan
As voces narrativas: o propio feito de narrar.
As unidades do discurso:
A perspectiva: posición adoptada polo narrador fronte ao que
o Os puntos de vista teñen que ver coas diversas posicións que narrador pode adoptar fronte
ao narrado, as limitacións que se impón ao contar ou a distancia á que se permite situarse
1. Punto de vista do narrador omnisciente: prodúcese cando o narrador mostra un coñecemento absoluto do narrado. Sabe o que pensan e senten os personaxes: sentimentos, sensacións, percepcións, intencións… O narrador é un deus que domina o universo narrativo e flutúa no espazo e no tempo á vontade, pasando dun momento a outro da historia, centrándose no personaxe que lle interesa, ofrecendo ou ocultando a información ao lector como lle prace
2. Punto de vista limitado: desde esta posición hai cousas que o narrador ignora, por non ter un coñecemento directo do sucedido ou non ter recibido información sobre elas. A historia sitúase ao nivel dos personaxes. O punto de vista é o dun deles ou o de varios deles que se ofrecen contrastados.
3. Punto de vista dramático: aparece cando a historia deriva das accións e o parlamento
dos personaxes. O narrador é obxectivo e non intervén máis que como transcritor
o O narrador, a instancia narrativa a través da cal se filtra todo o universo da historia. Non
debe confundirse coa figura do autor. O autor é un individuo con existencia física que produce
un narrador distinto por cada nova obra que escribe. O narrador é unha creación intelectual
que o lector percibe detrás dunha obra concreta.
Tipos
único ou múltiple: a maioría das narracións están vehiculadas por unha única
conciencia narrativa, aínda que tamén existen historias que se contan de xeito
máis fragmentario, contrastando perspectivas narrativas grazas a opoñer relatos
de narradores diversos ou cubrindo diversos aspectos ou partes do relato coa
colaboración de diversos narradores ao xeito dun puzzle que o lector debe
construír.
de dentro ou de fóra da historia: os narradores que nos falan desde dentro da
historia (homodiexéticos) sitúanse na conciencia dun ou varios personaxes,
teñen coñecemento dos feitos narrados por participar ou ser testemuñas directas
ou indirectas dos mesmos e os que fala desde fóra (extradiexéticos) non son
personaxes e a súa posición permítelles situarse a diversas distancias do
narrado.
omnisciente ou parcial: en función do coñecemento da historia que posúa e o
nivel de información que se filtre ao lector. O narrador omnisciente domina o
mundo do relato, a súa perspectiva é de superioridade con respecto á diéxese;
en canto que o narrador parcial non limita a visión que nos ofrece por non ter
coñecemento directo de todos os aspectos da historia.
Modos narrativos
Narración (voces)
A 1ª persoa : a adopción da primeira persoa implica sempre narrar desde unha
perspectiva limitada, valéndose dun narrador homodiexético que pode ser :
o un narrador en primeira persoa protagonista, que aparece
frecuentemente nas memorias, autobiografías e diarios A esmorga
(fragmento).docx
corrente de conciencia técnica pola que o narrador revela os
mecanismos que rexen o propio pensamento Textos
dialogados\Monólogo de Casares(fragmento).docx
o un narrador testemuña
A 2ª persoa. Trátase dun narrador que sitúa ao narratario como foco da diéxese,
e toda a narración vai dirixida a unha segunda persoa (tu ou vós) que pode ou
non ser un personaxe da historia. É frecuente na narración epistolar, aínda que
un tipo especial de narrador en segunda persoa é aquel que narra a súa propia
historia dirixíndose a si mesmo como unha imaxe no espello, de xeito que as
súas vivencias así reflectidas acaban sendo asumidas como propias polo lector
de quen se procura unha identificación completa co protagonista e coa historia.2º
persoa Paul Auster.docx
A terceira persoa
o Terceira persoa con omnisciencia total
o Terceira persoa- testemuña: trátase dun narrador desde dentro da
historia, pero non protagonista. Narra o que ve, ou o que lle contan,
aínda que fai moi poucas referencias a si mesmo. É un simple
observador.
o Narrador equisciente: escóllese un personaxe determinado para filtrar
toda a información da historia, de xeito que se limita o seu coñecemento
ao que directamente este personaxe sabe ou vive
o Narrador deficiente: é tamén un narrador en terceira persoa, unha
testemuña que só dá conta do que pode ser visto ou ouvido, sen entrar
na conciencia dos personaxes e que, por iso, ten unha perspectiva pobre
e limitada da historia, pois sabe menos da mesma que o protagonista.
Descrición: describir é representar a realidade valéndose das palabras
Tipos
o A descrición técnica persegue ofrecer un coñecemento exhaustivo e
rigoroso das realidades representadas: indicando os seus elementos, a
súa composición ou organización, a súa función...Presenta
predominancia da función referencial, polo cal o punto de vista do
descritor é obxectivo, a linguaxe empregada denotativa (a miúdo con
tecnicismos, adxectivación especificativa...)e a ordenación é lóxica. É a
que adoita aparecer en textos científicos, técnicos ou propios das
ciencias sociais.
o A descrición literaria persegue representar a realidade tamén, mais nela
predomina a función estética, procurando non tanto a fidelidade ao
obxecto representado como á percepción que o descritor ten do
mesmo; esta é a razón pola que non é raro que apareza tamén a función
expresiva, que a linguaxe sexa connotativa, que se rexistre nela unha
superabundancia de adxectivos explicativos ou que bote man de todo
tipo de figuras retóricas, nomeadamente a comparación e a metáfora. A
ordenación deste tipo de descrición non é necesariamente lóxica, aínda
que iso non implique caos, senón unha organización que atende a
criterios subxectivos.
a perspectiva (oblicua, cenital, frontal, travelling, zoom,
panorámica...)
a focaxe: realista, surrealista, impresionista...
Finalidade ou función: a descrición pode formar parte de textos diversos: textos
publicitarios, mensaxes xornalísticas da sección de contactos, catálogos de
produtos comerciais, cancións, poemas ou textos xornalísticos de opinión como
críticas de cine ou recensións literarias.
Actitudes
o Neutral, se o descritor se limita a ser un mero observador obxectivo, que
non achega nin resta ningún elemento ao descrito. A súa figura
esvaécese.
o Subxectiva, se o descritor funciona como un intermediario que filtra os
elementos da realidade descrita e incide na información e na percepción
dos obxectos que lle chegan ao lector
Ponderativa, se hai valoración explícita dos obxectos descritos
por parte do descritor
Impresionista, se a representación do obxecto se produce de tal
xeito que se nos dean do mesmo uns poucos, aínda que
relevantes trazos que debuxan a un tempo a realidade do
descrito e a do mundo interior do propio descritor (as súas
preferencias, a súa sensibilidade…)
Valores: Nun discurso dunha certa amplitude, a descrición pode ofrecer múltiples
valores ou asumir funcións diversas
o Valor deíctico: trátase de introducir personaxes, representar obxectos ou
paisaxes dun xeito obxectivo, puramente denotativo.
o Valor connotativo: a descrición colabora na narración, axuda a crear
ambientes ou definir personaxes. Textos descritivos\Descrición D.
Xenaro.docx
o Valor simbólico: os elementos descritos teñen unha funcionalidade
narrativa. Textos descritivos\Descrición pazos.docx
Diálogo: é un intercambio de información e roles (emisor e receptor) entre dous
interlocutores. Pode ser oral ou escrito, literario ou non literario. Pode ser un xénero en si
mesmo, estar integrado nunha narración ou ser o elemento fundamental dos textos
dramáticos.
Organización ou estrutura
o Apertura, onde se dá inicio á conversa, saúdase ou apélase á atención
do interlocutor
o Orientación, onde se leva a conversa cara o tema que se quere tratar
o Desenvolvemento, onde os interlocutores intercambian opinións ou
información sobre o tema introducido ou temas relacionados
o Peche, onde se conclúe co tema ou se produce a despedida
Textos dialogados\Diálogo Ilustrísima e Sor Sabina.docx
Valores
o Dinamizan ou ralentizan a narración (e, cando se empregan
estratexicamente, forman parte do esquema das accións)
o Axudan a caracterizar personaxes
o Fornecen verosimilitude ao relato( ofrecen impresión de “cousa vivida”)
o No texto literario narrativo posibilitan que se estableza unha certa
empatía entre o lector e os personaxes ou situacións, é dicir, permiten
que o lector se identifique co narrado.
Monólogo
Monólogo interior
o Con desdobramento do emisor, que se dirixe a un tu ideal que é o seu
propio reflexo
o Sen desdobramento do emisor, que fala sen que haxa un interlocutor
fronte a el.
Corrente de conciencia
o O emisor dá rédea ás súas ideas, percepcións e sensacións sen ningún
tipo de control da conciencia, simulando o fluxo verbal que devén do
propio proceso de pensar. Textos dialogados\Monólogo de
Casares(fragmento).docx
Aspectos do enunciado (a lingua da narración)
Nivel semántico: procuraremos descubrir a atmosfera emocional que persegue o autor ou emisor,
fixándonos nos elementos connotativos do léxico escollido (campos semánticos predominantes, teor
das accións, presenza de descricións con valores non puramente referenciais ou denotativos…)
Emprego de símiles, metáforas e símbolos, moitas veces cargados de apreciacións subxectivas.
Nivel morfosintáctico: intentaremos descubrir predominancias no emprego de determinadas
estruturas oracionais: asercións, hipóteses, exclamacións, interrogacións, períodos curtos, longos,
con maior incidencia da coordinación ou da subordinación, con emprego parco ou profuso dos
adxectivos, e, no diálogo, emprego de apelativos e formas pronominais coa función de chamar a
atención do receptor (pronomes, vocativos, imperativos, interrogacións, etc), sufixación con valores
afectivos, despectivos, ponderativos…
Nivel léxico: buscaremos no texto o nivel e o rexistro desde o que se constrúe o enunciado e tamén
nos fixaremos aqueles repertorios que lle fornecen identidade (xirias ou vocabularios específicos,
cultismos, estranxeirismos, coloquialismos, creacións idiomáticas…)
O ritmo: determinado polo emprego das pausas, os grupos fónicos e acentuais ou de intensidade, as
repeticións léxicas ou sintácticas (paralelismos, anáforas, estruturas bimembres) que se ofrecen
nunha ordenación non só fónica, senón tamén das ideas.
As unidades da Historia
A intriga (trama, argumento, peripecia…, conxunto de accións e sucesos concatenados)
o Clases : forte, como na novela de aventuras ou na novela policiaca e feble, como na novela
psicolóxica ou na obxectalista; realista ou fantástica
o Estrutura: lineal (presentación, nó e desenlace) , descontinua (in media res, flash-back…)
Personaxes
o Personaxe: de caracterización directa por parte do narrador, doutro personaxe ou de si propio, por
contraste, referida…polo ambiente)
o Heroe e antiheroe e atributos (nomes, obxectos, profesión, características físicas)
o Transformacións (afectan a uns personaxes e non a outros, son positivas ou negativas, de carácter
externo ou de tipo espiritual…)
o Tipos: principais, secundarios, protagonista, planos, redondos…
O espazo
o Funcións e valores: referencial, narrativa ( boomerang, simbólica…)
O tempo
o Temporalidade externa (ambientación)
o Tempo da historia (extenso, reducido…)
o Tempo do discurso (tempo da escrita)
Accións, tema e significación do relato
o Significación (de encargo íntimo, de encargo social, de encargo contrastado)