o teatro

17

Upload: gorecho

Post on 25-Jul-2015

718 views

Category:

Education


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: O teatro
Page 2: O teatro

Diálogos.Os personaxes contan a historia. Menciónanse os espazos onde se

desenvolve a historia. Aparecen anotacións entre paréntese.

Page 3: O teatro

Escena III.

Un prado cun carballo. Olivia le un libro ao pé do carballo. Flora está nunha póla, vixiando o ceo. Pataco

tamén está pendente do ceo, mentres Benito dá choutos – nunca para de dar choutos-, mirando para todos

os lados.

BENITO: Onde está? Non o vexo. Onde está?

PATACO: Informa, torre de control.

FLORA: Nin rastro del. A ver se foi para o Labirinto das Arañeiras.

BENITO: (Alarmado) Ao Labirinto? Henri? Ao Labirinto?

PATACO: O Labirinto das Arañeiras está fóra do perímetro do

adestramento. É perigoso achegarse alí, para entrar e non saír vivo. Téñollo

totalmente prohibido.

Raúl Dans. Un mosquito de nome Henri.

Page 4: O teatro

Acto I Acto IIPausa

Pausa

Escena I Escena IIEscena I

Acto IIIEscena I Escena II

Escena III

Page 5: O teatro

Teatro romano de Mérida

Page 6: O teatro

Galiñeiro

Bambolina

Pano

ProscenioFoso

Page 7: O teatro
Page 8: O teatro
Page 9: O teatro

Grupo de autoresIdeal:

Importancia de ser galego e da cultura galega: o galego, as lendas, a música tradicional …

“Galicia é un pobo conlingua e cultura propia”

Page 10: O teatro

En 1920: fundaron a revista Nós.Tema: cultura galega. Permitiu:

Transmitir coñecementos de moitas materias

Recuperar a importancia de ser galega ou galego

Page 11: O teatro

Otero Pedrayo: Vicente Risco:

Page 12: O teatro

Alfonso Daniel Rodríguez

CastelaoNaceu en Rianxo no 1886.Estudou Medicina.Foi director da revista Nós.Exiliouse a Bos Aires.Morreu neste país en 1950.

Page 13: O teatro

Un ollo de vidro (1922)Cousas (1926)Os dous de sempre (1934)Os vellos non deben de namorarse (1941)

Page 14: O teatro

Preocupacíón polos máis débiles.

Defensa do idioma galego.

Protagonistas : campesiños, mariñeiros …

Page 15: O teatro

Eu diríalles máis: prohibistes o galego nas escolas para

producirdes no espírito dos nosos rapaces un complexo de

inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal

e falar castelán era falar ben. […]

Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa

variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o

que nos fai superiores aos animais.

Castelao, Sempre en Galiza (1944)

Page 16: O teatro

Se eu fose autor escribiría unha peza en dúas escenas. A obra duraría dez minutos nada máis.

Escena primeira.

Érguese o pano e aparece unha corte aldeá. Enriba do estrume hai unha vaca

morta. Ao redor da vaca hai unha vella velliña, unha muller avellentada,

unha moza aposta, dúas rapaciñas bonitas, un vello patriarca e tres nenos

louros. Todos choran moito e secan os ollos coas mans. Todos choran e din

cousas tristes que fan rir, cousas parvas de xentes labregas, que pensan que

a morte dunha vaca é unha gran desgraza. A dor debe ter moita graza para

que estoupen de risa os do “patio de butacas”

E cando se farten de rir os señoritos, baixará o pano.

Page 17: O teatro

Escena segunda.

Érguese o pano e aparece un lugar elegante, adornado con moito

señorío. Enriba dunha mesa de pés de bronce, hai unha bandexa de

prata, enriba da bandexa hai unha almofada de seda, enriba da

almofada hai unha cadeliña morta. A cadela morta semellará unha

folerpa de neve. Ao seu redor chora unha fidalgona e dúas

fidalguiñas novas. Todas elas choran e secan as bágoas con paniños

de encaixe. Todas van dicindo unha a unha, as mesmas parvadas que

dixeron os labregos diante da vaca morta, cousas tristes que fan rir,

porque a morte dunha cadela non é para tanto.

E cando a xente do galiñeiro se farte de rir a cachón, baixará o pano

moi amodiño.

Castelao, Cousas (1926)