o sabor da aventura estÁ no mar - edu.xunta.gal · actividades edilim . lim o sabor da aventura...

15
CEIP ADR CASTELAO (Ordes, A Coruña) PLAN PROXECTA 2014-2015 1º ciclo de Educación Primaria CEIP ADR CASTELAO (Ordes, A Coruña) O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR Actividades EdiLIM

Upload: others

Post on 12-Oct-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

CEIP ADR CASTELAO (Ordes, A Coruña)

PLAN PROXECTA 2014-2015

1º ciclo de Educación Primaria

CEIP ADR CASTELAO (Ordes, A Coruña)

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Actividades EdiLIM

Page 2: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 1

Obxectivos:

- Coñecer diferentes tipos de peixes.

- Traballar a atención visual.

- Ser capaz de buscar as diferenzas entre distintos peixes.

- Nomear peixes que atopamos nas nosas costas.

- Valorar a importancia dos peixes.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os alumnos/as deben visualizar as imaxes dos diferentes peixes e ler os nomes de cada un deles. Ao

mesmo tempo comentaremos as diferenzas entre uns e outros e valoraremos a importancia do peixe nas

nosas costas e na nosa alimentación.

As actividades faranse en equipas.

Page 3: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 2

Obxectivos:

- Coñecer a equipa dos Arroases.

- Identificar os diferentes membros dos Arroases.

- Traballar a atención visual.

- Ser capaz de memorizar o nome de cada un dos membros dos Arroases.

- Nomear cada un dos membros dos Arroases.

- Valorar a importancia do traballo dos Arroases para fomentar o consumo de peixe.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os alumnos/as deben visualizar as imaxes dos diferentes membros da equipa dos Arroases e ler os nomes

de cada un deles. Ao mesmo tempo comentaremos as diferenzas entre uns e outros e, valoraremos a

importancia da labor que realiza a equipa en prol do consumo de peixe.

As actividades faranse en equipas.

Page 4: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 3

Obxectivos:

- Mellorar a lectura de palabras.

- Traballar a atención visual.

- Identificar os membros da equipa dos Arroases.

- Asociar aos membros da equipa dos Arroases co peixe que representan.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os nenos e nenas deben visualizar as diferentes imaxes da actividade, que representan os diferentes

membros da equipa dos arroases, e ler os nomes dos peixes que aparecen nas tarxetas. A continuación

deben arrastrar as tarxetas cos nomes dos peixes debaixo do membro dos Arroases que o representa.

As actividades faranse en equipas.

Page 5: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 4

Obxectivos:

- Coñecer os peixes que se identifican con cada un dos Arroases.

- Aprender os nutrientes que nos aportan cada un dos peixes traballados na actividade.

- Asociar cada membro dos Arroases co peixe que lle aporta superpoderes.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os nenos e nenas deben visualizar os diferentes membros da equipa dos Arroases, así como os diferentes

peixes e moluscos que os representan. A continuación deben arrastrar os peixes e moluscos e unilos coma

un quebracabezas co Arroaz correspondente.

A actividade realizarase en equipas.

Page 6: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 5

Obxectivos:

- Coñecer as diferentes partes dun peixe.

- Traballar a atención visual.

- Identificar as partes dun peixe.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os nenos e nenas deben observar a imaxe do peixe, identificar e denominar as súas partes. A continuación

lerán as tarxetas co nome das diferentes partes dun peixe e deben arrastralas ao seu lugar

correspondente.

A actividade realizarase en equipas.

Page 7: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 6

Obxectivos:

- Coñecer e identificar o que é un porto.

- Traballar a atención visual.

- Identificar as diferentes partes dun porto.

- Nomear as partes dun porto e a súa función.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os alumnos e alumnas deben observar a imaxe da páxina e identificar a que fai referencia. A continuación

deben identificar as diferentes partes que o compoñen para que a continuación arrastren as etiquetas ao

seu correspondente lugar.

A actividade realizarase en equipas.

Page 8: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 7

Obxectivos:

- Identificar e nomear aos diferentes membros da equipa dos Arroases.

- Traballar a atención visual.

- Traballar a conciencia fonolóxica.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os nenos e as nenas deben identificar e nomear aos diferentes membros da equipa dos Arroases e a

continuación deben buscar o seu nome na sopa de letras da actividade. Para facelo deben seleccionar a

primeira letra da palabra e arrastrar ata o final da mesma.

A actividade farase por equipas.

Page 9: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 8

Obxectivos:

- Coñecer diferentes tipos de peixes.

- Diferenciar os peixes azuis e os peixes brancos.

- Clasificar peixes tendo en conta se son brancos ou azuis.

- Traballar a atención visual.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os alumnos e alumnas deben identificar os peixes que aparecen no centro dos cadros e a continuación

deben clasificalos segundo sexan peixes azuis ou peixes brancos. Para realizar a actividade deben arrastar

as imaxes á caixa correspondente.

A actividade realizarase en equipas.

Page 10: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 9

Obxectivos:

- Identificar as diferentes fases dende que o peixe é capturado ata que o comemos.

- Ordenas as fases dende que o peixe é capturado ata que se comercializa e o comemos.

- Traballar a atención visual.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os nenos e nenas deben observar as imaxes e identificalas. A continuación deben ordenalas dende que o

peixe é capturado ata que o comemos nas nosas casas. Para realizar a actividade deben clicar sobre a

imaxe e arrastrala ao cadro na orde correcta.

A actividade realizarase en equipas.

Page 11: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 10

Obxectivos:

- Coñecer e nomear os diferentes membros da equipa dos Arroases.

- Identificar cada Arroaz co peixe que representan.

- Identificar os nutrientes que nos aporta cada un dos peixes que se asocian con cada arroaz.

- Asociar cada Arroaz cos nutrientes que nos aporta.

- Traballar a atención visual.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os alumnos e alumnas deben identificar os diferentes membros da Equipa dos Arroases e asocialos cos

nutrientes que nos aporta o peixe ao que representan.

Para realizar a actividade deben arrastrar cada Arroaz e unilo co nutriente que nos aporta.

A actividade realizarase en equipas.

Page 12: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 11

Obxectivos:

- Coñecer os diferentes membros da equipa dos Arroases.

- Identificar os peixes que se asocia a cada membro.

- Nomear os diferentes nutrientes que nos aportan os peixes que representa cada Arroaz.

- Traballar a lectoescritura.

- Traballar a atención visual.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os alumnos e alumnas deben identificar os diferentes membros da equipa dos Arroases, e a continuación

contestar ás diferentes preguntas relacionadas ca equipa e cos peixes que representan.

A actividade realizarase en equipo de forma colaborativa.

Page 13: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 12

Obxectivos:

- Identificar a imaxe que representa o quebracabezas.

- Traballar a atención e a percepción visual.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os nenos e as nenas deben observar as diferentes pezas do quebracabezas que se presenta e identificar a

imaxe á que fai referencia. A continuación deben arrastrar as pezas e ordenalas para representar a imaxe

dun porto.

Page 14: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 13

Obxectivos:

- Profundar na temática dunha alimentación saudable e do consumo de peixe.

- Identificar diferentes contidos relevantes relacionados coa alimentación e co peixe.

- Unir frases incompletas tras un pequeno debate.

- Traballar a lectoescritura.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os alumnos e alumnas deben ler as diferentes etiquetas da esquerda e tras un pequeno debate cos

compañeiros e compañeiras, unilas coas etiquetas da dereita que completan as frases.

A actividade realizarase en equipa.

Page 15: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR - edu.xunta.gal · Actividades EdiLIM . LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ACTIVIDADE LIM 1 Obxectivos: - Coñecer diferentes tipos de peixes. -

LIM O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

ACTIVIDADE LIM 14

Obxectivos:

- Identificar a imaxe escondida.

- Nomear a imaxe que se representa

- Traballar a atención e a percepción visual.

- Traballar a lectoescritura.

- Fomentar o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa e cooperativa.

Desenvolvemento:

Os alumnos e alumnas deben identificar a imaxe que se agocha. Para poder facelo deben arrastrar o

círculo para poder ir vendo pouco a pouco a imaxe da que se trata. Unha vez descuberta, deben escribir o

nome no recadro de abaixo á dereita.