o que foi de jimmy sparks

13
CARLOS BELLO 4º ESO

Upload: yolanda-castro

Post on 24-May-2015

767 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O que foi de jimmy sparks

CARLOS BELLO 4º ESO

Page 2: O que foi de jimmy sparks

O fedor procedente dos bueiros era insoportable, mais non fora

iso o que fixera vomitar. Tiña os ollos fóra de lugar e tremía de

puro terror. Ao seu arredor non habia máis que sangue e cristais

rotos. A rúa estaba case a escuras a excepción dunha lámpada

que case non daba a luz suficiente para observar a horripilante

escena. Cando os seus pulmóns por fin puideron coller aire, o

único que saíu da súa gorxa foi un berro.

Jimmy Sparks era un mozo de Liverpool, que asumira a cultura

Punk como a súa forma de vida. Levaba o pelo tintado de verde e

en punta, coma un ourizocacho.Na orella tiña dúas arandelas e

unha pequena cadea que as unía. Non tivera unha vida moi

sinxela, o seu pai abandoáraos cando el tiña 7 anos, e diso había

dez. A súa nai era alcohólica e ludopata. Jimmy nunca tivera

ningunha figura paterna que imitar, así que tomou como

referentes os grandes iconos da cultura Punk, coma os Sex

Pistols ou Os Ramones. Incluso aprendera a tocar a guitarra e a

cantar, coma Johnny Rotten, o cantante dos Sex Pistols é o seu

maior exemplo de comportamento.

Jimmy tiña un pequeno apartamento onde vivía de ¨okupa¨. Era

reducido, pero el botaba case todo o dia fóra, e toda a noite. Soía

espertar na rúa ou na casa dun colega.

O QUE FOI DE JIMMY SPARKS

Page 3: O que foi de jimmy sparks

Spark estaba botado na cama, mirando ao teito onde habia un

poster enorme dos Sex Pistols.¨Algún día ,si. Algún dia chegarei

a ser tan bo como Johnny¨ pensaba. A televisión producía un

ruído xordo que Jimmy non chegaba a entender, causado por un

presentador pedante dalgún concurso de pouca monta que

estaba a intimidar aos seus participantes, e pola marihuana que

acaba de fumar. Despois disto, quedou durmido coma un leirón.

Espertou unhas horas máis tarde, cando Sid, o seu mellor amigo,

petou na porta

-Spark? Spark?! Veña ,Jimmy, move o cu, estannos a esperar-

Berrou dende o relanzo.

Realmente Sid chamábase John McColgan. Era fillo dunha

inglesa e un irlandés e tiña 16 anos, un menos que Spark.

Non tivera unha vida coma a de Jimmy, pero a súa nai morrera

cando naceu el e o seu pai só durmía e bebía, cando vivía, pois

morreu de cirrose cando Sid cumpríra os 15. No canto de ir

cunha familia de acollida, xa que non tiña máis familia, fuxiu dos

servicios sociais e comezou a vivir na casa dun colega que lle

presentara Jimmy, a quen consideraba o seu irmán maior e quen

lle puxo o nomeada de Sid en honor a Sid Vicious, baixista dos

Sex Pistols.

Jimmy levantouse da cama, apagou o televisor, colleu a súa

chupa e saíu pola porta

-Vamos- foi o único que lle dixo a Sid ao saír.

Page 4: O que foi de jimmy sparks

Cando Sid e Spark baixaron, atopáronse con Jeff e James Lynch, os

irmáns dos suburbios. Ambos naceran no peor barrio de Liverpool, e

quedaron orfos cando Jeff tiña 8 e James 10. Eran os perfectos

personaxes dunha novela picaresca. Roubaban, ao principio para

vivir e despois para beber, e vivían de facer o maleante.

Xa case era noite pecha

-Como andades- Preguntou Jeff a Sid e a Jimmy. Simplemente por

romper o xeo

-Meh, a min acabóuseme a maria- Dixo Sparks

-A min non me queda ¨material¨- Contestou Sid

-Oes,Sid. Estamos todos fartos xa da túa merda de material. Iso non

é bo- Recriminoulle Jimmy

-E a túa maría que? Eu non che boto en cara que es un porreiro!-

Berrou John

-Veña,oh!. Deixádevos de leria e imos indo- Dixo Jeff, quen era

famoso pola súa falta de pacencia.

Cando chegaron á ponte, baixaron ata un terraplén cuberto. Dentro

debía haber máis de medio centenar de persoas. Os coches

pasábanlles encima da cabeza, pero ían tan postos que nin se

daban conta. Como a noite non permitía ver nada, prendéronlle lume

á leña que había dentro duns caldeiros bastante oxidados, facendo

que o lugar se enchera de fume.

Logo de chegar, Sparks non quixo perder moito tempo con

conversacións banais, asi que foi buscar a Jerry, para ver se podía

fumar algo.

Page 5: O que foi de jimmy sparks

Atopouno nun sofá, sentado cun rastafari e unha moza nova e

loira

-Home, pero se é Jimmy Spark! A futura estrela do punk! Como

andas?-Díxolle con alegría Jerry

-Estou ben, pero aínda podo distinguir o que é verdade e o que

non. Tes algo de maria?

-Pois claro, home! Eu sempre teño -Contestou o traficante coa

mesma alegría que ten un neno nunha tenda de xoguetes.

Cando por fin conseguira a súa meta, Spark dispoñíase a voltar

cos seus colegas, porro en boca. Nese momento viu algo que fixo

que se lle baixase o colocón e lle subise o sangue á cabeza.

Case non o podia crer. A 20 metros del, nun sofa de coiro vello

que alguén collera do lixo, estaba Nancy, a súa ¨moza¨ liándose

con outro rapaz.

Jimmy tardou un pouco en reaccionar, pero cando o fixo, o seu

primeiro impulso foi ir buscar ao imbécil ese e partirlle a cara.

Cando chegou ali, nin Nancy nin o outro se deron conta de que el

estaba alí, así que aproveitou e colleu ao mozo da camiseta e

tirou del para apartalo de Nancy. Cando se asegurou de que

estaban separados e confusos por non saber que pasaba, Jimmy

deulle unha puñada na boca do estomago que o deixou tremendo

sen aire. Dirixiu unha segunda á súa cara e tirouno ao chan.

Nancy levantouse dun brinco e foi correndo a onde estaba o

rapaz tirado e, cando comprobou que estaba ben, encarouse a

Spark.

Page 6: O que foi de jimmy sparks

-Pero que carallo fas? Pedazo de imbécil!- Berroulle

-E ti que, lagarta? Que fas co mascachapas este? Xa me dixeran

a min que non eras de fiar- Recriminoulle el.

Un golpe xordo oíuse en todas as partes daquela ponte. Spark

estaba en shock e Nancy tiña a man estirada. Déralle unha

bofetada descomunal. Ela tiña bágoas mas meixelas e a cara

vermella. O único que fixo Jimmy foi coller e irse.

Foi buscar a Sid e atopouno bebendo con Jeff e James

-Veña, ímonos - Díxolle Spark

-Que dis ? Se acabamos de ..-

-Dixen que nos imos- Cortou Jimmy

Os dous rapaces estaban sentados no bordo dunha beirarrúa,

diante dun 24 horas , no que compraran unha botella de whisky.

Bebeunha case toda Sparks, quen estaba profundamente

decaído.

-Veña, tío, levanta ese ánimo- Dixo Sid, nun intento de consolar o

seu mellor amigo

-Eu queríaa, de veras- tatexou o outro, ao borde do choro -

Queríaa moitísimo - Repetiu, esta vez chorando.

-Teño unha idea, proba isto- Respondeu Sid sacando unha

bolsiña de po branco- Regalouma Jerry, así que é boa. Próbaa-

Jimmy dubidou, pero aínda así fíxoo, soamente para aliviar a dor

do corazón dun infiel.

Page 7: O que foi de jimmy sparks

Sid colocou o po en liñas enriba dunha caíxa de cartón que

atopara e proubouna primeiro. Colocou o nariz enriba dunha liña e

aspirou con forza.

As pupilas dilatáronselle e abriu a boca coma buscando unha

bocada de aire que non podia atopar.

Jimmy tardou un pouco, pero fixo o que o seu amigo, e aspirou con

forza.

Ao principio non sentira nada, pero agora estaba a viaxar polos

sons e as cores. Viaxaba da man de Nancy, e abrazábaa coma se

nunca lle fose infiel.

Cando espertou, Sid xa estaba recomposto da súa viaxe.

-Que? Que tal?- Preguntoulle Sid

-Poderías conseguir máis?

-Claro, ho! Como non?-Respondeulle Sid.

Cruzaron a cidade, chea de borrachos e yonkis. Spark comezou a

sentirse mal outra vez pola súa ex. Nese momento aparecéuselle

na mente, coma unha epifanía, a frase de Green Day : ¨I'm the son

of rage and love. The Jesus of Suburbia¨ E era certo. El era fillo do

amor. Amor polo punk, o alcohol e por Nacy.E tamén era fillo da

rabia. Rabia, pola traizón dese amor. Era o condenado St.Jimmy.

O Xesús dos Suburbios.

Cando chegaron a unha rúa fedorenta e sucia, Sid díxolle que

esperara.

Page 8: O que foi de jimmy sparks

Spark fíxolle caso pero puxo o oído agudo para ver se sentía algo.

Non conseguiu moito ao principio pero chegou a escoitar algo.

-Carallo, déronche unha malleira, eh?- Esa era a voz de Sid.

-Un anormal que me pillou e me deu unhas labazadas-Contestou

outra voz, esta non a coñecia- Quen te acompaña? Que saia.

-É un colega, xa verás.Vaíche caer ben.Spark!-

-Como que Spa..?!-Berrou unha voz feminina.

Jimmy entrou nada máis oír a voz de Sid e o que atopou xeoulle a

sangue e fíxolle ferver a cabeza.

Ali estaban, Sid, Nancy e ao tipo ao que lle dera unha malleira,

iluminados por un lámpada palpabrexante que case non alumaba

o lugar.A noite estaba totalmente negra e escura

-TI!- Berrou o traficante- Voute matar, imbécil!

Acto seguido cargou contra el, ignorando que aínda estaba a

pagar as do seu anterior encontro. Spark apartouse del e pisoulle

un nocello, facendo que caera e dese coa cabeza contra o chan.

Quedou atordado totalmente.

-Que carallo facemos aqui, Sid? Que merda é esta?-Berrou Jimmy

-Sid, que fai el aquí?- Preguntoulle Nancy

-É que...eu....tatabexou Sid buscando unha resposta coherente.

Jimmy dirixiu a vista cara Nancy

-Nancy, es unha zorra- Dixolle Spark- Enganáchesme, e con este

imbécil!

Page 9: O que foi de jimmy sparks

-Coma se fose o único! Es un pailán,Jimmy. Queres

triunfar,como unha estrela do punk, pero sabes que nunca o

conseguirás por ser un merdas, non si? Madura Rotten, e abre

os ollos. Púxenche os cornos porque non fuches o

suficientemente bo para min. Deiteime con todos os que atopei,

e ti sábelo.

Os ollos de Spark estaban cheos de bágoas, e apretaba os

puños con forza.

-Cala! Déíxao, xa! Déíxame en paz!- Berraba Jimmy, tratando de

frear aquel maremoto de ira e tristeza.

-Pois pegueicha, e con todos! Incluso cos teus ¨amigos¨. -Díxolle

Nancy con malicia.

Spark abriu os ollos e quedou mudo. Mirou cara Sid, quen tiña a

cabeza gacha de vergoña

-Eu..síntoo....Jimmy...-Tatexou Sid tratando de pedirlle perdón.

Spark notou como o sangue lle subia á cabeza e perdia

totalmente o control.

Colleu una botella do chan e esnaquizoulle o cu contra unha

parede, facendo que o vidro rompera en afiadas puntas de

cristal.

-Macho, que vas facer con iso?! - Dixo Sid aterrado- Tio, son

eu,Sid, o teu irmán.

-Non es máis ca un traidor! Ti non es nada pra min!- Berrou Sid

con furia.

Page 10: O que foi de jimmy sparks

Nese momento o narcotraficante saíu de detrás de Jimmy e

tiróuselle enriba

-Xa es meu!-Berrou o tipo.

Sparks tratou de evitalo, e fracasou. Ambos caeron ao chan, e

Sparks caeu enriba de Sid.

Tratou de levantarse, aturdido polo golpe. Notou as mans quentes

e húmidas, mirou cara Nancy e viu o seu rostro, contraído nunha

horrible expresión de terror. Mirou as mans. Estaban totalmente

vermellas. Dirixiu a vista cara Sid, aterrorizado. Estaba tendido,

coa botella de cervexa rota, chantada no peito, coma a bandeira

dunha triste conquista. Tiña o rostro desfigurado de dor. Jimmy

notou coma a bile quente lle subía pola gorxa e lle saía pola boca.

-Está...morto- Dixo Nancy, totalmente en estado de shock

O narcotraficante quedou mirando para o morto, e botou a correr

coma un foguete.

Nancy deu uns pasos cara atrás.

-Es un asasino.....un monstro- Mascullou ela mentres se ía

perdendo na escuridade ata irse.

Sparks non se decatou de nada disto, non tiña sangue na cabeza

para escoitar ou atender. Só podía centrarse no corpo do que

unha vez fora o seu mellor amigo, e agora eran os restos dun

amante da súa namorada. O fedor procedente dos bueiros era

insoportable, mais non fora iso o que fixera vomitar.

Page 11: O que foi de jimmy sparks

Tiña os ollos fóra de lugar e tremía de puro terror. Ao seu arredor

non había máis que sangue e cristais rotos. A rúa estaba case a

escuras a excepción dunha bombilla tremente que case non daba

a luz suficiente para observar a horripilante escena. Cando os

seus pulmóns por fin puideron coller aire, o único que saíu da súa

gorxa foi un berro. Acto seguido, caeu ao chan, desmaiado.

Sparks espertou un par de horas máis tarde, encharcado no

sángue. Levantouse con gran esforzo e apoiouse na parede para

arrastrarse cara o exterior da rúa. Cando conseguiu manterse en

pé, comezou a deambular polas rúas ata un parque. Ali sentou, e

volveu a mirar as mans, seguían enchoupadas. Moveuse ata

unha fonte e lavounas ata deixalas limpas. Nese momento

comezou a valorar as opcións que tiña e a estudar a situación.

Acababa de matar o seu mellor amigo, e había dúas persoas que

o viran .Aínda así , eles non poderían testemuñar, pois terían que

revelar que estaban a vender drogas. A súa vida en Liverpool non

seguía sendo posible, esa era a única solución á ecuación. Así

que colleu e comezou a camiñar ata a súa casa.

Entrou pola porta, e sacou de debaixo da cama unha maleta de

coiro marrón moi gastando onde meteu camisetas, pantalóns e

roupa en xeral. Todos os discos que puido. Os cartos que tiña e

os pósters.

Page 12: O que foi de jimmy sparks

Cando tivo todo listo, colleu a maleta, a guitarra e as chaves do

coche, un ford mustang de 1970 bastante destrozado.Baixou as

escaleiras a todo correr para non atoparse con ninguén, meteuno

todo no coche e saíu a todo correr da cidade, deixándoo todo atrás

e mirando cara o sol, que saía polo horizonte.

Algúns meses máis tarde, Spark estaba en Londres. Atopara un

apartamento, esta vez pagando un aluguer co soldo de camareiro

que gañaba nun bar, ademais das propinas que lle daban por tocar

con seu grupo ¨Sex Cannon¨, que pretendía ser un homenaxe aos

Sex Pistols. Fixera novos colegas, e botara moza, esta era unha

punk, coma Nancy, pero era boa rapaza e quería moito a Jimmy,

ademais de tocar o baixo.Tiña o costume de levar botas a todos os

lados e tiña uns anteollos bastante grandes que só a ela lle

poderían quedar ben. Chamábase Martha e era de Gales.

Jimmy estaba tocando o famoso tema ¨Jesus of Suburbia¨ de

Green Day, co seu grupo no pub. Cando acabaron, tomaron unha

cervexa todos. Spark levantou a cabeza e mirou ao final da barra,

e ali a viu. Sentada nunha cadeira e bebendo soa. Nancy, estaba

nese pub.

Jimmy dubidou un segundo e quedou pensando que facer. Nese

intre Martha colléuno polo ombro e preguntoulle:

-Estás ben? Véxote un pouco atontado, coma se viras unha

pantasma.

Page 13: O que foi de jimmy sparks

-Estou vendo unha agora mesmo- Murmuro Spark.

-Que dis? Non te escoito,fala máis alto.

-...nada,tanto ten- Contestoulle a Martha, mentres a collía da man

e lle dedicaba un sorriso cálido.

Deuse a volta e ignorou o feito de que Nancy estivese detrás súa

ata que foi para a casa. Unha vez na cama, con Martha ao lado,

quen durmía profundamente, e mirando ao póster dos Sex

Pistols, por fin puido pensar.

¨Ambos os casos eran verdade. Son un Xesús dos Suburbios,

pero ao igual que Xesús, morrín, e agora,que volvo á vida, son un

triunfador, teño un bo traballo, unha boa moza, uns bos colegas e

un mal pasado. Sonche Johnny Rotten coma un mártir. Son o

home que vivíu e morreu polo Punk e polo amor, que morreu

polas malas compañias e a traizón e que agora, renace polo

mesmo polo que vivu. Sonche o condenado St.Jimmy¨