o poboamento

34
O POBOAMENTO ASENTAMENTO DA POBOACIÓN NO TERRITORIO

Upload: alcoipontevedra

Post on 27-Jun-2015

468 views

Category:

Education


5 download

DESCRIPTION

Para seguir aprendendo

TRANSCRIPT

Page 1: O poboamento

O POBOAMENTO

ASENTAMENTO DA POBOACIÓN NO TERRITORIO

Page 2: O poboamento

DEFINICIÓN

O poboamento é o asentamento da poboación no territorio. Segundo a forma na que se realice, pode ser de dous tipos:

RURAL: cando a poboación se asenta en aldeas ou casas illadas no campo.

URBANO: cando a poboación se establece en cidades.

Page 3: O poboamento

CRITERIOS PARA DIFERENCIAR OS NÚCLEOS DE POBOACIÓN

URBANOS/RURAIS

As actividades económicas

da poboación

A extensión territorial

A forma e tamaño das

rúas e edificios

As infraestruturas e servizos

públicos.

O número e a

concentración de

habitantes.

Page 4: O poboamento

PAISAXE HUMANIZADA

Calquera tipo de poboamento implica que as persoas transformaron o medio natural e isto dá lugar a unha paisaxe humanizada

Alterada polas actividades agrícolas.

Poboamento escaso e conserva elementos do medio natural.

RURAL

Sufríu maiores transformacións.

Está moi poboada.

URBANA

Page 5: O poboamento

O POBOAMENTO RURAL

Mais da metade da poboación mundial reside en núcleos rurais aínda que disminúen progresivamente mentres crece a poboación urbana.

TIPOS DE POBOAMENTO RURAL:

DISPERSO: a poboación vive en casas, granxas ou aldeas diseminadas polo campo.CONCENTRADO: as vivendas agrúpanse en núcleos onde se localizan os servizos.INTERCALAR: intermedio entre os dous anteriores. Edificios illados entre os núcleos.

Page 6: O poboamento

OS NÚCLEOS RURAIS: AS VILAS

As aldeas son as unidades básicas de asentamento no poboamento rural. Pódense clasificar en función de dous criterios:

A súa forma

A súa relación coa activid

ade agrari

a.

Page 7: O poboamento

SEGUNDO A SÚA FORMAE A SÚA RELACIÓN COA ACTIVIDADE

AGRARIA.

LINEAL: as vivendas sitúanse a ambos lados

dunha vía de comunicación ou dun río.

NUCLEAR: as casas atópanse arredor dun núcleo central onde se localiza un

edificio importante.

RADIAL: as vivendas concéntranse arredor dun

núcleo central do que parten varias rúas ou vías.

ALDEA AGRÍCOLA: núcleo reducido dedicado

á agricultura e á gandaría.

AGROCIDADE: é unha vila con diversos servizos

e elementos urbanos aínda que a actividade principal segue sendo a agricultura e gandaría

VILA RESIDENCIAL: aínda que se sitúa nun

espazo rural as actividades dos seus

habitantes son propias do espazo urbano.

Page 8: O poboamento

OS NÚCLEOS RURAIS: A REDE VIARIA

No espazo rural, as comunicacións realízanse a través de dous tipos de vías:

VÍAS PECUARIAS: lugares de paso para o gando que se trasladan en busca de pasto

CAMIÑOS RURAIS: comunican os núcleos de poboación e estes coas áreas cultivadas

Xunto á rede viaria rural coexiste unha rede viaria (autoestradas, estradas, liñas de ferrocarril,etc.) que comunica as aldeas cos núcleos urbanos.

Page 9: O poboamento

AS EDIFICACIÓNS: A CASA DE CAMPO

A casa de campo presenta elementos construtivos diferentes en función do clima do lugar, as prácticas agrarias da zona e os materiais de construción existentes.

Os pechamentos (portas e ventás) tamén están condicionados polo seu clima.

Page 10: O poboamento

O POBOAMENTO URBANO

O poboamento urbano é o resultado dun proceso de concentración de persoas en cidades. Esta tendencia é crecente, na actualidade, un 48,68% da poboación mundial vive en cidades. A taxa de urbanización non é mesma en todos os lugares: en Oceanía, América e Europa esta taxa supera o 70%, mentres que en África e Asia non chega ao 40%.

Page 11: O poboamento

O CRECEMENO DAS CIDADES

O crecemento deu lugar a grandes núcleos urbanos de diferentes dimensións. Entre eles atópanse os seguintes:

ÁREA METROPOLITANA• Un núcleo central e outros núcleos menores.• A metróplole centraliza a actividade

administrativa, económica e cultural, os outros acollen os aeroportos, zonas residenciais, centros comerciais, industrias.

CONURBACIÓN• Orixínase cando dúas ou máis cidades proximas

se unen.• Cada cidade mantén a súa independencia

administrativa.

MEGALÓPOLE• Unión de varias cornubacións. Trátase de grandes

extensións de terreo moi poboadas.• Boston, Washington, Osaka, Kobe. Amsterdam e

Stuttgart.

Page 12: O poboamento

AS FUNCIÓNS DA CIDADE

A función da cidade defínese pola actividade principal que se leva a cabo nela. Función residencial, función comercial, función industrial, función político-administrativa, función cultural.

Page 13: O poboamento

A XERARQUÍA URBANA

A xerarquía é a organización das cidades en rangos ou categorías. Unha cidade dispón tamén dunha área de influencia, é dicir, un contorno xeográfico co que ten relación. O conxunto de núcleos urbanos xerarquizados e relacionados entre sí constitúe unha rede urbana.

Nos países máis desenvolvidos, as redes urbanas son máis densas ca nos menos desenvolvidos.

Page 14: O poboamento

A ANÁLISE DA CIDADE

Para analizar unha cidade é necesario coñecer a súa relación co territorio (emprazamento e situación) e a súa morfoloxía ou forma (plano e edificacións).

Page 15: O poboamento

A LOCALIZACIÓN E A SITUACIÓN

Localización é o lugar concreto no que se asenta unha cidade.

Situación é a localización da cidade con respecto a outros lugares (centro costa, interior,etc.)

Page 16: O poboamento

O PLANO URBANO

É unha representación gráfica da distribución dos espazos edificados (vivendas, edificios públicos …) e os espazos libres (rúas, prazas, parques, …) dunha cidade. Segundo a súa forma pódense distinguir: plano ortogona, en cuadrícula ou taboleiro de damas, plano radiocéntrico, plano irregular.

Page 17: O poboamento

PLANO ORTOGONAL

Presenta rúas rectas que se cruzan perpendicularmente. Vantaxes: pode ampliarse sen dificultades, facilita a división administrativa e permite a construción de rueiros de edificios regulares.INCONVENIENTES: non se adapta a todos os relevos e dificulta a circulación rodada (soluciónase construíndo avenidas diagonais.

O plano ortogonal empregouse en cidades como Bos Aires, Nova York e o ensanche de Barcelona.

Page 18: O poboamento

PANO RADIOCÉNTRICO

Caracterízase pola existencia dun punto central desde o que parten unha serie de rúas e de vías en sentido radial, cortadas por outras que forman círculos concéntricos.VANTAXES: facilita a comunicación entre o centro e a periferia e adáptase á diversas formas de relevo.INCONVENIENTES: dificultade de circulación de vehículos que se ven obrigados a atravesar o centro da cidade. Os centros históricos de Moscova, Milán,Nördingen ou Vitoria-Gasteiz.

Page 19: O poboamento

PLANO IRREGULAR

Caracterízase porque non responde a unha forma xeométrica definida. Acostuma corresponder á zona máis antiga da cidade e xeralmente posúe un grande atractivo turístico. INCONVENIENTE: a dificultade para o tráfico e carencia de espazos abertos.

Sevilla, Córdoba, Granada, Madrid e Toledo

Page 20: O poboamento

A EDIFICACIÓN URBANA

Nunha cidade podemos atopar edificios de diferentes tipos; os principais sos os seguintes:

Edificios antigos.

Edificios en bloque.

Vivendas unifamiliares.

Edificacións de crecemento espontáneo ou chabolas.

Page 21: O poboamento

A ESTRUTURA DA CIDADE

A organización dos núcleos urbanos está condicionada polas funcións da cidade. Así pódense distinguir:

1. O centro: é o espazo máis destacado da cidade. Nel desenvólvese unha grande actividade comercial e localízxanse numerosos centros de lecer, así como as principais institucións financeiras.

Esta área denomínase “distrito central de negocios”, adoita estar ben comunicado, dispoñer de edificios de grande altura, ter un tráfico intenso.

En moitas cidades europeas, o centro correspóndese co núcleo histórico.

Page 22: O poboamento

A ESTRUTURA DA CIDADE

2. Área suburbuna, trátase dunha zona que era rural e que se converteu en urbana como consecuencia do crecemento da cidade.

Nela localízanse servizos e industrias, así como barrios dormitorio nos que predomina a función residencial.

3. Área industrial, as fábricas localízanse nos polígonos industriais situados na periferia, preto das grandes vías de comunicación.

Page 23: O poboamento

A ESTRUTURA DA CIDADE

4. Área residencial, en xeral están distribuidas por toda a cidade. Poden clasificarse segundo o nivel económico dos seus habitantes:• Barrios de grupos sociais acomodados.• Barrios de grupos sociais menos

acomodados.

5. Zonas verdes, áreas non edificadas nas que predominan a vexetación, distribúese por todo o espazo urbano, benefician o medio natural e melloran a imaxe da cidade. As súas dimensións son variables.

Page 24: O poboamento

OS PROBLEMAS URBANOS E AS SÚAS SOLUCIÓNS

Na actualidade, as cidades presentan problemas relacionados co medio natural, as infraestruturas e o transporte.

1. O medio natural: a contaminación atmosférica, a acústica. Ademais xeran unha grande cantidade de refugallos.Co fin de resolver estes problemas urbanos lévanse a cabo as seguintes actuacións:

Utilización do transporte público.

Instalación de pantallas acústicas.

Separación de materia orgánica doutros residuos.

Page 25: O poboamento

OS PROBLEMAS URBANOS E AS SÚAS SOLUCIÓNS

As infraestruturas urbanas inclúen o abastecemento de auga e enerxía ou os servizos públicos e os servizos públicos.

O transporte de viaxeiros e mercadorías provoca enormes problemas de circulación e contaminación. Para resolver o problema do transporte urbano constrúense vías que rodean a cidade (circunvalacións)

Page 26: O poboamento

O POBOAMENTO EN ESPAÑA

Na actualidade, en España predomina o poboamento urbano fronte ao rural. O 78,6% da poboación española vive en cidades.

Page 27: O poboamento

O POBOAMENTO RURAL

1. Tipos: o disperso é característico do norte peninsular e o concentrado no resto.

2. Transformación no mundo rural: Nas últimas décadas, o poboamento rural en España experimentou importantes cambios entre os que destacan os seguintes:

Page 28: O poboamento

O POBOAMENTO RURAL

1. As áreas rurais montañosas e do interior víronse afectadas polo éxodo rural desde a década de 1960. Moitos núcleos quedaron despoboados e incluso abandonados. Na actualidade comezan a revitalizarse a través do turismo rural ou a repoboación de familias de inmigrantes.

2. Os núcleos rurais situados en áreas costeiras experimentaron unha transformación radical, pasaron de desenvolver unhas actividade pesqueira ou agraria a ser centros urbanizados e turísticos.

3. As poboacións rurais próximas ás grandes cidades asumiron funcións urbanas (residencial, industrial, de servizos,…) e convertéronse en parte da área metropolitana.

Page 29: O poboamento

O POBOAMENTO URBANO

O proceso de urbanización en España remóntase á Idade Antiga e foise desenvolvendo ao longo dos séculos. Nas últimas décadas, o poboamento urbano experimentou as seguintes transformacións:

o As cidades son centros de actividades terciarias.

o As grandes áreas metropolitanas (Madird e Barcelona) consolidáronse e convertéronse en importantes centros económicos.

o As cidades principais dalgunhas das grandes áreas metropolitanas perderon poboación a favor dos núcleos máis próximos.

o O crecemento das cidades organízase mediante plans urbanísticos (plans xerais de ordenación urbana).

o Os centros históricos, os ensanches e as áreas urbanas máis deterioradas reformáronse.

Page 30: O poboamento

O POBOAMENTO URBANO

o Nalgúns núcleos urbanos realizáronse proxectos para modernizar a súa imaxe.

o Ampliáronse e melloráronse as vías de comunicación e os sistemas de transporte.

Page 31: O poboamento

A ESTRUTURA DA CIDADE ACTUAL

Na maioría das cidades españolas podemos distinguir:

O centro histórico.

Os barrios residenciais e ensanches.

Os antigos barrios de traballadores.

Periferia urbana: áreas residenciais, áreas industriais, áreas de equipamentos e servizos.

Page 32: O poboamento

A XERARQUÍA URBANA

As cidades españolas ordénanse segundo unha xerarquía que inclúe as seguintes categorías:

1. Metrópoles nacionais: pertencen a este rango as áreas metropolitanas de Madrid e Barcelona. (4,9 millóns de habitantes).

2. Metrópoles rexionais: son as áreas metropolitanas de Valencia, Alacant, Sevilla, Bilbao, Málaga e Zaragoza.(500.000 /1.600.000 habitantes).

3. Metrópoles subrexionais ou rexionais de segundo orde: Las Palmas, Murcia, Palma de Mallorca, Valladolid, Córdoba, Vigo,… (250.000/500.000 habitantes)

4. Cidades medias: Burgos, Albacete, Badajoz, Almería, León, Santa Cruz de Tenerife,… (50.000/250.000)

5. Cidades pequenas: Plasencia, Mieres, Calatayud, Medina del Campo,…(menos de 50.000 habitantes).

Page 33: O poboamento

A REDE URBANA

As cidades españolas conforman unha rede que presenta as seguintes características:

É periférica: a maioría das cidades grandes localízanse nas áreas costeiras.

É bicéfala: ten dúas cabezas xa que sobre todo o conxunto destacan as áreas metropolitanas de Madrid e Barcelona.

Pódese dividir en eixes e áreas xeográficas: terzo norte, eixe mediterráneo, interior peninsular, ndalucía e rexións insulares.

Page 34: O poboamento