o neno contaminante- limpolandia

2
O neno contaminante Era unha vez un neno que cada vez que ía pescar se tiña sede mercaba unha lata de Coca Cola, bebía e a tiraba a auga contaminándoa e perxudicando ao medio ambiente. Cando soaba os mocos cunha servilleta e votábao no contedor azul dos papeis en vez de tiralo no negro dos residuos. Pero un día ía xogar a un parque novo que puxeran no seu barrio e el non sabía onde era así que foi parar a un mundo ao que ninguén fora nunca, era un mundo sen igual: limpo, sen delincuentes, sen drogas e ademais brilaba o Sol todo o día. Xoán, que así se chamaba o neno, quedou perplexo ao ver ese mundo tan marabilloso. -<<Non hai nubes, os nenos son educados, non manchan… E ademais non usan tantos coches e usan autobuses ou bicis, patíns, patinetas e skates.>> Dixo Xoán marabillado. El viu a un habitante dese mundo e preguntoulle: -Onde estou? E o señor díxolle: -Ti estranxeiro estas en Limpolandia onde utilizamos as tres erres que son: reducir, reciclar e reutilizar e sobre todo nunca tiramos lixo aos ríos nin aos mares porque nunca contaminamos. -O que fago eu. Dixo susurrando Xoán. O habitante de Limpolandia oíu a Xoán dicindo iso e preguntoulle: -De verdade fas iso?. Xoán mirouno e moveu a cabeza, parecía que estaba afirmando e Marcos que era o habitante de Limpolandia díxolle: -Pois iso está moi, moi, moi mal. Eu vouche ensinar a reducir, reciclar e a reutilizar.

Upload: agam0085

Post on 07-Aug-2015

177 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: O neno contaminante- Limpolandia

O neno contaminante

Era unha vez un neno que cada vez que ía pescar se tiña sede mercaba unha lata de Coca Cola, bebía e a tiraba a auga contaminándoa e perxudicando ao medio ambiente. Cando soaba os mocos cunha servilleta e votábao no contedor azul dos papeis en vez de tiralo no negro dos residuos. Pero un día ía xogar a un parque novo que puxeran no seu barrio e el non sabía onde era así que foi parar a un mundo ao que ninguén fora nunca, era un mundo sen igual: limpo, sen delincuentes, sen drogas e ademais brilaba o Sol todo o día. Xoán, que así se chamaba o neno, quedou perplexo ao ver ese mundo tan marabilloso.

-<<Non hai nubes, os nenos son educados, non manchan…

E ademais non usan tantos coches e usan autobuses ou bicis, patíns, patinetas e skates.>> Dixo Xoán marabillado.

El viu a un habitante dese mundo e preguntoulle:

-Onde estou?

E o señor díxolle:

-Ti estranxeiro estas en Limpolandia onde utilizamos as tres erres que son: reducir, reciclar e reutilizar e sobre todo nunca tiramos lixo aos ríos nin aos mares porque nunca contaminamos.

-O que fago eu.

Dixo susurrando Xoán. O habitante de Limpolandia oíu a Xoán dicindo iso e preguntoulle:

-De verdade fas iso?.

Xoán mirouno e moveu a cabeza, parecía que estaba afirmando e Marcos que era o habitante de Limpolandia díxolle:

-Pois iso está moi, moi, moi mal. Eu vouche ensinar a reducir, reciclar e a reutilizar.

Xoán estaba moi contento e de súpeto dixo:

-Por certo como te chamas?

-Chámome Marcos. E ti? - Díxolle Marcos.

E Xoán contestoulle: -Eu son Xoán.

Despois de coñecerse comezaron co entrenamento de salvar o planeta Terra. Primeiro comezaron coa primeira erre, reducir, é un traballo para non tirar tanto lixo. A Xoán

Page 2: O neno contaminante- Limpolandia

este traballo éralle difícil pero de tanto loitar conseguiuno. Á segunda erre era reciclar que era meter cada lixo no seu colector, ese traballo tamén lle foi difícil pero logrou conseguilo tamén. E por último a terceira erre, reutilizar, que era se algunha cousa aínda servía ,reutilizala en vez de tirala ao lixo. Ese traballo era doado para Xoán porque sempre o facía, pero o traballo que más lle custou era non tirar lixo ao río nin ao mar, pero conseguiuno e cando xa estaba listo para volver dixo eufórico:

-Moitas grazas Marcos!

Despois de darlle as grazas a Marcos despediuse de todos e foise. Cando chegou a casa púxose a levar unha forma de vida baseada nas tres erres e nunca máis volveu ensuciar nin contaminar.