o líquido tisular tema 4 - wordpress.com · 2016. 2. 23. · sangue e linfa tema 4 o sangue é o...

12
O líquido tisular Tema 4 Vaso sanguíneo Vaso linfático Líquido tisular As células necesitan vivir rodeadas de líquido para poder realizar as súas funcións. Este líquido, ou medio interno, debe nutrir as células ademáis de permitir que se comuniquen, defendelas, eliminar refugallos, etc. A maior parte deste líquido, o líquido intersticial ou tisular, móvese moi lentamente entre las células e outra parte, sangue e linfa, circula a maior velocidade polo interior de tubos. O líquido tisular móvese entre as células, aportando nutrientes e recollendo substancias de refugallo. O líquido tisular entra e sae dos vasos sanguíneos a nivel capilar. Gran parte de líquido que sae dos vasos non pode volver a entrar debido á presión que existe dentro do vaso. O exceso de líquido é recollido polos vasos linfáticos, que o verte de novo no sistema circulatorio sanguíneo. O sistema circulatorio humano é pechado. O líquido circulatorio (sangue e linfa) non se mestura co líquido tisular, excepto a nivel dos capilares.

Upload: others

Post on 03-Feb-2021

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • O líquido tisular Tema 4

    Vaso sanguíneo

    Vaso linfático

    Líquido tisular

    As células necesitan vivir rodeadas de líquido para poder realizar as súas funcións. Este líquido, ou medio interno, debe nutrir as células ademáis de permitir que se comuniquen, defendelas, eliminar refugallos, etc. A maior parte deste líquido, o líquido intersticial ou tisular, móvese moi lentamente entre las células e outra parte, sangue e linfa, circula a maior velocidade polo interior de tubos.

    O líquido tisular móvese entre as células, aportando nutrientes e recollendo substancias de refugallo. O líquido tisular entra e sae dos vasos sanguíneos a nivel capilar. Gran parte de líquido que sae dos vasos non pode volver a entrar debido á presión que existe dentro do vaso. O exceso de líquido é recollido polos vasos linfáticos, que o verte de novo no sistema circulatorio sanguíneo.

    O sistema circulatorio humano é pechado. O líquido circulatorio (sangue e linfa) non se mestura co líquido tisular, excepto a nivel dos capilares.

  • Sangue e linfa Tema 4

    O sangue é o líquido corporal máis importante. Representa aproximadamente o 8% do peso total das persoas adultas o que corresponde a uns 4,5 ou 5 litros; o 55% é plasma e o 45% células sanguíneas.Funcións do sangue:- Transportar nutrientes (desde o intestino) e osíxeno

    (desde os alveolos pulmonares) ata as células.- Transportar dióxido de carbono e outros productos

    tóxicos resultantes da actividade celular, desde as células ata os órganos de excreción.

    - Contribuir a manter e regular a temperatura corporal.- Defender o organismo contra infeccións e outras

    agresións.- Reparar as roturas dos vasos mediante a coagulación

    sanguínea.O sangue está constituído por unha fracción líquida ou plasma e unha fracción celular formada por células ou fragmentos de células: hematíes, leucocitos e plaquetas.O plasma está formado principalmente por auga (90-93%) onde se atopan disoltas ou en suspensión outras moitas substancias, que van hacia as células (osíxeno e productos da dixestión) ou hacia os órganos de excreción (dióxido de carbono e os productos tóxicos procedentes do metabolismo celular).

    A linfa ten unha composición química semellante á do líquido intersticial que baña os espacios existentes entre as células dos distintos tecidos do corpo. Funcións da linfa:- Transporte de lípidos simples desde o

    intestino ata os vasos sanguíneos.- Transporte de grandes moléculas orgánicas

    do líquido intersticial ata os vasos sanguíneos.

    - Transporte de microorganismos que conseguen chegar ao líquido intersticial son transportadas ata os ganglios linfáticos onde serán destruídos.

    - Regulación da composición do líquido intersticial.

  • Compoñentes do plasmaCompoñentes do plasmaCompoñentes do plasmaCompoñentes do plasma

    Auga 92%92%92%

    Proteínas plasmáticas 7%

    Albúminas 60%

    Proteínas plasmáticas 7%

    Globulinas 35%

    Proteínas plasmáticas 7%

    Fibrinóxeno 4%Proteínas plasmáticas 7%

    Outras proteínas reguladoras (enzimas, hormonas, proteínas coagulantes...)

  • Células sanguíneas Tema 4

    HEMATÍES (glóbulos vermellos)Son as células máis abundantes no sangue. Non posúen nucleo. Teñen forma de disco aplanado, máis fino no centro que nas beiras. A súa característica cor vermella débese á gran cantidade de hemoglobina que conteñen.A hemoglobina é unha molécula proteica que conten catro átomos de ferro. Ten a propiedade de combinarse reversiblemente co osíxeno e co dióxido de carbono. É responsable do transporte destes gases entre os alveolos pulmonares e as células.

    LEUCOCITOS (glóbulos brancos)Son células incoloras cun gran núcleo redondeado ou dividido en varios lóbulos. Existen varios tipos de leucocitos que realizan distintas funcións relacionadas coa defensa do organismo ante agresións externas (infeccións) ou internas (células cancerosas).Os leucocitos posúen dúas propiedades:- Fagocitose: poden emitir pseudópodos, o que lles permite atacar os microorganismos infecciosos,

    englobándoos e dixeríndoos.- Diapédese: poden atravesar as paredes dos vasos sanguíneos e moverse entre as células de moitos tecidos.

    Hai tres grandes tipos de leucocitos:- Granulocitos. Dintínguense por presentaren multitude de gránulos no citoplasma e un núcleo dividido en

    varios lóbulos. Destrúen ós microorganismos infecciosos mediante fagocitose.- Linfocitos. Caracterízanse por posuir un gran núcleo rodeado por un citoplasma escaso e sen granulos.

    Desempeñan unha importante función na fabricación de substancias que atacan ós axentes patóxenos.- Monocitos. Posúen un gran núcleo en forma de faba, excéntrico, e un citoplasma sen granulacións. Teñen

    unha gran capacidade de fagocitose sobre células cancerosas e microorganismos.

    PLAQUETAS (trombocitos)Non son verdadeiras células senón fragmentos doutras células maiores: os megacariocitos da médula vermella. As plaquetas realizan unha importante función durante a coagulación sanguínea.

  • A coagulación sanguínea Tema 4

    A coagulación é un mecanismo de defensa ante a rotura dos vasos sanguíneos. Este complicado proceso consta de moitas reaccións químicas e nel interveñen moitas substancias sanguíneas ademáis das plaquetas.

    Cando se produce unha ferida sucédense os seguintes fenómenos:

    1. As plaquetas son atraídas polos restos de tecidos rotos e achéganse á ferida.

    2. As plaquetas inducen a transformación do fibrinóxeno en fibrina. As moléculas de fibrinóxeno son pequenas proteínas que existen no sangue; por acción das plaquetas transfórmanse en longas cadeas de fibrina. A fibrina forma unha malla que se adhire ás beiras da ferida e tapona parcialmente o burato.

    3. As plaquetas adhírense á malla de fibrina pechando completamente a ferida. O conxunto de fibrina e máis plaquetas forma o tapón plaquetario (vulgarmente carola).

    4. O tapón plaquetario permanece o tempo necesario para que se rexeneren os tecidos rotos e sexan substituídos por novos tecidos.

  • O corazón Tema 4

    O corazón é un órgano musculoso de forma e tamaño parecido a un puño pechado. Nunha persoa adulta sana pesa uns 300 g. Está constituído por unha grosa capa muscular, miocardio, revestida interna e externamente por dúas membranas, endocardio e pericardio respectivamente.

    Está situado no mediastino, entre os pulmóns e sobre o diafragma, tras o esternón e diante da columna vertebral (diante da 5ª á 7ª vértebras torácicas). Está rodeado dunha membrana, o pericardio que permite o seu movemento sen que se desprace.

    Posúe catro cavidades chamadas cámaras cardíacas. As superiores, as aurículas, encárganse de recibir o sange das veas e as inferiores, os ventrículos, encárganse de impulsar o sangre cara ás arterias. Entre ambas aurículas e ambos ventrículos existe un tabique de modo que ambos lados do corazón nunca se comunican en estado adulto (aínda que sí en embrións).

    As aurículas son máis delgadas que os ventrículos e o ventrículo dereito ten as paredes máis delgadas que o esquerdo.

    - A aurícula dereita recibe sangue das veas cavas procedentes de todo o corpo.- O ventrículo dereito envía sangue pola arteria pulmonar aos pulmóns.- A aurícula esquerda recibe sangue das veas pulmonares.- O ventrículo esquerdo envía sangue pola arteria aorta a todo o corpo.

    Entre as aurículas e os ventrículos e entre os ventrículos e as arterias existen válvulas que impiden o retroceso do sangue para que se produza a circulación:

    - Válvula auricular dereita: tricúspide.- Válvula auricular esquerda: bicúspide ou mitral.- Válvula semilunar pulmonar.- Válvula semilunar aórtica.

  • Funcionamento do corazón Tema 4

    A función do corazón consiste en impulsar ó sangue facéndoo circular polos vasos sanguíneos de todo o corpo.Os movementos do corazón maniféstanse polos ruídos que produce. O ciclo cardíaco consiste na seguintes fases:- Diástole, ou dilatación xeral das catro cavidades cardíacas: o sangue procedente

    das veas cavas penetra na aurícula dereita, o sangue das veas pulmonares pasa á aurícula esquerda e algo de sangue das aurículas comeza a pasar, pasivamente hacia os ventrículos. Esta fase dura aproximadamente 4/10 de segundo.

    - Sístole auricular, ou contracción das aurículas: impulsa o sangue das aurículas ós ventrículos. O brusco peche das válvulas tricúspide e mitral produce un ruído xordo (toum). Esta fase dura aproximadamente 1/10 de segundo.

    - Sístole ventricular, ou contracción dos ventrículos o sangue do ventrículo esquerdo é impelido cara á arteria aorta e o sangue do ventrículo dereito cara ás arterias pulmonares. O peche das válvulas semilunares e sigmoides producen un ruido seco (tac). Esta fase dura aproximadamente 3/10 de segundo.

    O fin dun ciclo cardíaco concide co inicio do seguinte. O corazón latexa incansablemente ao longo de toda a vida a unha media de 70 veces por minuto (40.000.000 de veces cada ano). Move de 4 a 6 litros de sangue por minuto en repouso pero pode chegar a 20 - 30 l/min.Como as arterias posúen paredes musculosas, cada vez que o corazón impulsa sangue por elas prodúcense pulsacións, que se poden detectar en certas partes do corpo (pulsos ou pescozo). Cada pulsación corresponde cun batemento do corazón.O corazón ten o seu propio rego sanguíneo mediante as arterias coronarias que parten da aorta ascendente. As veas coronarias desembocan no seo coronario que vierte na aurícula dereita.

  • Vasos sanguíneos Tema 4

    Capas dos vasos sanguíneos:- Endotelio: capa epitelial.- Túnica interna: capa de tecido conxuntivo elástico.- Túnica media: capa de tecido muscular liso.- Túnica externa: capa de tecido conxuntivo.

    O grosor destes tecidos é maior en arterias que en veas. En ambos casos van ramificándose en vasos cada vez menores. As anastomoses son unións entre vasos sanguíneos de pequeño calibre. Son máis frecuentes en veas que en arterias e moi frecuentes en capilares.

    Tipos de vasos sanguíneos:- Arterias. Son vasos de gran calibre, de paredes musculosas e elásticas que levan o

    sangue desde o corazón hacia as diferentes partes do corpo. Exemplos: arteria aorta e arterias pulmonares. As ramificacións máis finas das arterias denomínanse arteriolas.

    - Veas. Son vasos de gran calibre de paredes pouco musculosas e dotadas de válvulas que impiden o refluxo do sangue. Transportan o sangue desde os órganos e tecidos hacia o corazón. Exemplos: Veas cavas superior e inferior e veas pulmonares. As ramificacións máis finas das veas denomínanse vénulas.

    - Capilares. Son vasos de moi pequeno calibre que forman unha vastísima rede que envolve a totalidade dos órganos do individuo. As paredes dos capilares están formadas por unha única capa de células, o que permite o intercambio de gases e outras substancias entre o sangue e as células.

  • Tema 4

    O sangue percorre todo o corpo mediante dous circuitos pechados e independentes: a circulación maior e a circulación menor. - A circulación menor comeza no ventrículo dereito do corazón. De aquí parten as arterias pulmonares que

    transportan o sangue venoso ós pulmóns. Estas arterias ramifícanse cada vez máis ata dar lugar ós capilares que rodean os alveolos pulmonares onde se produce o intercambio gaseoso e a conversión de sangue venoso en sangue arterial. Os capilares continúanse por vénulas e éstas por veas que, á saída dos pulmóns, forman as veas pulmonares. De aquí o sangue pasa á aurícula esquerda.

    - A circulación maior comeza no ventrículo esquerdo do corazón. Da arteria aorta, que transporta o sangue arterial, parten arterias (primeiro hacia a cabeza e as extremidades superiores e despois hacia a cavidade abdominal e as extremidades inferiores). As arterias ramifícanse repetidas veces ata dar lugar a arteriolas que chegan a tódolos órganos (agás os pulmóns) e tecidos do corpo onde se continúan coa rede de capilares. Aquí ten lugar o intercambio de gases, nutrientes e productos de excreción entre as células e o sangue. Finalmente o sangue, xa convertido en sangue venoso, retorna por vénulas e veas hacia as veas cavas que entran na aurícula dereita.

    A circulación sanguínea polas arterias realízase pola forza que o corazón lle imprime ó sangue en cada latexo. A velocidade do sangue é alta. A presión que o sangue exerce sobre as paredes das arterias denomínase presión arterial (ou tensión arterial). Durante a sístole a presión é maior e durante a diástole a presión e menor, estes dous valores corresponden na linguaxe ordinaria á tensión máxima e á tensión mínima.

    Tensión arterial en mm Hg:! ! ! P. diastólica! P. sistólica! ! ! ! ! ! Recen nacido/a! 10-40!! 60-90! ! ! ! ! ! Neno/a! ! 50! ! 100! ! ! ! ! ! Adolescente! 70-80!! 120! ! ! ! ! ! Adulto/a! ! 80-90!! 120-160! ! ! ! ! ! Vello/a! ! 95! ! 170

    Circulación sanguínea

  • Circulación sanguínea Tema 4

    A circulación nas arteriolas, vénulas e capilares é moito máis lenta que nas arterias, porque a forza exercida polo sangue distribúese por unha superficie moito maior.A circulación polas veas non se debe á forza impulsora do corazón senón ás seguintes causas:- Compresión das veas polos músculos combinado coa- Acción das válvulas venosas, que impiden o refluxo do sangue venoso.- Os movementos da caixa torácica durante a inspiración e espiración (na

    circulación menor).- O efecto de aspiración da diástole cardíaca sobre as veas cavas e pulmonares.

    HIXIENE DO SISTEMA CIRCULATORIO.Moitos factores inflúen sobre o funcionamento do sistema circulatorio, a parte das doenzas hereditarias ou conxénitas, os máis importantes teñen que ver cós hábitos de vida (falta de exercicio, estrés), a dieta e o tabaco.Algunhas doenzas relacionadas co sistema circulatorio:- Arterioesclerose: Acumulación de colesterol nas paredes das arterias, que

    poden chegar a tupirse.- Trombose: Formación de coágulos por acumulación anormal de plaquetas,

    que poden ocluir arterias (se afecta á arteria coronaria provoca un infarto de miocardio).

    - Anemia: defecto de hematíes por diversas causas como a carencia de ferro na dieta.

  • Circulación linfática Tema 4

    O sistema circulatorio linfático é un sistema complementario do sistema sanguíneo. A súa función principal é recoller o líquido intersticial que existe nos tecidos, entre as células, transportalo e incorporalo ó sistema circulatorio sanguíneo, máis concretamente á altura das veas subclavias. O sistema linfático está constituido por: médula vermella, ganglios linfáticos, timo, bazo, amígdalas, adenoides, vasos linfáticos e linfa.A médula vermella aparece no interior dalgúns osos. É o lugar onde se producen as células sanguíneas.Os ganglios linfáticos son estructuras redondeadas ou ovaladas (entre 1 mm e 25 mm de diámetro) conectados ós vasos linfáticos de todo o corpo sen embargo concéntranse en certas partes do corpo como axilas, pescozo e ingles. O bazo, os adenoides, o apéndice, o timo e as amígdalas son ganglios especiais que, ademáis, poden realizar outras funcións.Hai tres tipos de vasos linfáticos: capilares, canais e conductos según o seu calibre.Os capilares linfáticos son vasos moi finos. Distínguense dos capilares sanguíneos por seren pechados nos extremos ("en dedo de luva") e por posuiren poros que permiten o paso de moléculas grandes como proteínas.Os canais e conductos linfáticos son moi semellantes ás veas. Posuen válvulas en forma de niños semellantes ás que posúen as veas. Os tubos quilíferos son uns capilares linfáticos especializados que existen no interior das vellosidades intestinais, a súa misión é a absorción de lípidos no intestino delgado.Os conductos linfáticos de case todo o corpo confluen na canle torácica que está conectada coa vea subclavia esquerda. Os vasos procedentes do brazo dereito e da metade dereita da cabeza conflúen na vea subclavia dereita.

  • Tema 4

    Ademáis da función de transporte, o sistema linfático realiza outras importantes funcións:- A médula ósea vermella é o lugar onde se producen as células

    sanguíneas. Algunhas como as plaquetas e os hematíes pasan directamente ós vasos sanguíneos pero os leucocitos teñen que madurar nalgúns órganos, especialmente no timo e nos ganglios.

    - Os ganglios linfáticos producen leucocitos e interveñen na maduración dos linfocitos. Son órganos de defensa do organismo contra agresións do medio externo, concretamente bacterias e virus. Unha infección provoca a inflamación dalgúns ganglios linfáticos.

    - Os vasos quilíferos son un tipo especial de capilares lin-fáticos que existen no interior das vellosidades intestinais. A súa función é recoller os ácidos graxos procedentes da dixestión.

    A circulación da linfa é moi lenta pois non existe un órgano impulsor (como o corazón impulsa o sangue no sistema circulatorio sanguíneo). O movemento da linfa efectúase pola acción dos seguin-tes factores:- Contracción dos músculos próximos ós vasos linfáticos.- Movementos pasivos do corpo.- Presión arterial.- Acción das válvulas (semellantes ás existentes nas veas) que

    impiden o refluxo da linfa.

    Circulación linfática