o dÍa e a noite. o paso do tempo....o dÍa e a noite aínda que non o notamos, a terra (que é o...

16
O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO.

Upload: others

Post on 31-Dec-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

O DÍA E A NOITE.

O PASO DO TEMPO.

Page 2: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

Bos días nenos e nenas de 1º!! Como estades? Estamos aquí de novo para propoñervos unhanova actividade. Imos aproveitar, outra vez, o que sería o último tema de Sociais para seguir afianzando o proceso

lectoescritor (non hai que aprender/memorizar nada!). Así que… durante esta semana propoñémosvos a seguinte lectura sobre O

DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO!!!!

Esperamos que vos guste!

Page 3: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

O SOL

O sol é a estrela que nos dá luz e calor, que son necesarios para vivir.

A cantidade de luz e calor do sol cambian ao longo do día.Cando sae o sol,

é o amencer.Cando o sol está moi alto,

é o mediodía.Cando o sol se oculta, é o

anoitecer.

Page 4: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

O DÍA E A NOITE

Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

dar un volta completa sobre si mesma tarda 24 horas, é dicir, un día.

Ao xirar a Terra sempre hai unha parte que recibe a luz do Sol. Nesa parte é de día. Na outra parte, que non recibe luz, é de noite.

Page 5: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

RETO 1: “Comproba como se produce o día e a noite”1. Colle un globo terráqueo, unha lanterna e deixade o sitio onde

esteades a escuras. (Se non tes, podes coller algo redondo: pelota, laranxa...)

2. Enfoca o globo terráqueo coa lanterna, que representa o Sol.

3. Fixádevos que unha parte da Terra queda iluminada pola lanterna (Sol), é de día, e a outra está ás escuras, é de noite.

O DÍA E A NOITE

Page 6: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

O DÍA E A NOITE

De noite o ceo está escuro porque a luz do Sol non chega a onde vivimos.

Se non hai nubes, podemos ver a Lúa e as estrelas.

A Lúa é o satélite da Terra e xira arredor dela.

Page 7: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

O PASO DO TEMPO

Co paso do tempo as persoas cambiamos. Tamén os obxectos ou os lugares cambian.

• As cousas que xa fixemos ou que xa aconteceron forman parte do PASADO. O pasado é o tempo que quedou atrás.

• O que ocorre neste momento é o PRESENTE.

• Aquilo que aínda tes que vivir ou o que ten que acontecer é o FUTURO. O futuro é o tempo que está por vir.

Page 8: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

A NOSA HISTORIA PERSOAL

A nosa historia persoal empeza cando nacemos e continúa ao longo da nosa vida. Podemos ordenar os momentos máis importantes da nosa vida nunha liña

do tempo.

RETO 2: “Os momentos máis importantes da miña vida”.

Pensa catro momentos da túa vida moi importantes para ti. Debuxa ou pega unha foto deses momentos na táboa que está na seguinte diapositiva. Escribe tamén o ano no que ocorreu ou os anos que tiñas. Importante: Os catro momentos deben quedar ordenados (dende o primeiro que pasou ao último).

Page 9: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

Os momentos máis importantes da miña vida!

Page 10: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

O CALENDARIO

• Un ano ten 365 días, repartidos en 12 meses: xaneiro,febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro,outubro, novembro e decembro.

• Os meses están repartidos en semanas. Unha semana ten 7días: luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado edomingo.

Page 11: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

AS ESTACIÓNS DO ANO

• Un ano ten 4 estacións: PRIMAVERA, VERÁN, OUTONO e INVERNO. En cada estación o tempo atmosférico e a paisaxe cambian.

PRIMAVERA VERÁN OUTONO INVERNO

Page 12: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

FESTAS E TRADICIÓNS

• En Galicia, o outono caracterízase por festas como o Magosto ou Samaín.

• O inverno chega acompañado coas vacacións de Nadal. Tamén no invernogozamos co Entroido, que é unha festa con data variable.

• En primavera celebramos Os Maios. É unha festa de gran tradición enGalicia na que se fai unha competición para premiar os mellores maios,composicións que se fan con flores, herbas, fentos, froitas e ovos.

• Chega o verán e con ela o San Xoán, onde o máis típico é saltar ascacharelas.

Page 13: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE

COMPRESIÓN LECTORA.

1. Escribe V (verdadeiro) o F (falso).• Cando sae o Sol é o anoitecer. ______

• O Sol é unha estrela que nos dá luz e calor. ________

• A Terra tarda 24 horas en dar unha volta sobre si mesma. _____

• A Terra xira arredor da Lúa. _____

• Aquilo que aínda tes que vivir é o FUTURO. _______

• Os días da semana son oito. ________

• O Magosto é unha festa de outono. _________

Page 14: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

2. Completa esta táboa anotando tres actividades que fixeches onte, que fas hoxe e que farás mañá:

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE

COMPRESIÓN LECTORA.

ONTE HOXE MAÑÁ

Page 15: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

3. Contesta no teu caderno:• Cales son as estacións do ano?

Escríbeas.

• En que estación do ano estamos?

• Escribe os días da semana.

• Cantos días ten un ano?_____ Cantos meses ten un ano? _____

• Escribe o nome dos meses do ano.

• En que mes estamos? ___ Cantos días ten este mes?________

• Escribe o mes anterior e o posterior:

_______ novembro ________

_______ abril ________

_______ agosto ________

_______ febreiro ________

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE

COMPRESIÓN LECTORA.

Page 16: O DÍA E A NOITE. O PASO DO TEMPO....O DÍA E A NOITE Aínda que non o notamos, a Terra (que é o planeta onde vivimos) sempre xira sobre si mesma, como si fora unha buxaina. Para

Esperamos que vos gustara esta lectura xa que é a última relacionada cos temas de

Naturais e Sociais...

Para o ano máis e mellor...

MIL BICOS DE AMORODO!!