era o día de samain cando saíron maría e pepín a facer trasnadas pola noite,

12

Upload: raiden

Post on 06-Jan-2016

42 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

- PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

Page 1: Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,
Page 2: Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,
Page 3: Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,

Este conto foi realizado por:Texto orixinal: Crisanta Bustabad Pérez

Ilustración: alumnos e mestres do CEE Infanta Elena

Alumnos: Lucía, Javier, Saray, Ramón, Mario,Carlo, Montse, Marcos, Anastasia, Jose, Patricia, Isabel, Laura, Nelson, Antonio, Ana,

Ismael, Daniel, Cristian e Samuel.Profesores: Aurora, Crisanta, Cristina, Elena, Gemma, José Luis, Loli,Lourdes, Montserrat, Mª

Carmen e Mª Luisa.

Page 4: Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,

Era o día de SamainCando saíron María e Pepín

A facer trasnadas pola noite,Sen que ninguén os escoite,

Acenderon as cabazasCo lume das fogazas.

Page 5: Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,

Emprenderon un camiño sinxeloCara ao vello casteloChamaron á porta,

E abriu un vampiro coa cabeza torta¡uf vaia susto!-dixo Pepín tremendo,

¡ímonos de aquí correndo!E mentres eles fuxían

O vampiro ría

Page 6: Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,

Tentando fuxir a porta cruzaronE no castelo se adentraron.

De súpeto apareceu un negro gatoQue os fixo correr outro anaco.

E mentres eles fuxían,O vampiro e o gato rían.

Page 7: Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,

Entraron nunha grutaPreta e obscura

Chea de morcegos, Que case os deixan cegos

E mentres eles fuxían.O vampiro, o gato e os morcegos

rían

Page 8: Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,

Logo de tanto correr Decidiron un descanso facer.

De repente, viron unha pantasmaCase lles dá un ataque de asma!

E mentres eles fuxían,O vampiro, o gato, os morcegos

E a pantasma rían.

Page 9: Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,

Seguiron buscando a saídaPois preferían a noite fría

Ao paso saíulles unha armadura, E corre que corre marcharon con amargura

E mentres eles fuxían,O vampiro, o gato, os morcegos, a pantasma

E a armadura rían

Page 10: Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,

Atoparon un gran buracoOnde esconderse un anacoSe non fora un esqueleteQue alí estaba no retreteE mentres eles fuxían,

O vampiro, o gato, os morcegosA pantasma, a armadura e

O esquelete rían

Page 11: Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,

Eu quero marchar para a casa -dixo María.

Isto xa desde o comezo me arrepía-Este castelo está encantado-

Dixo Pepín asustadoE estando buscando a saída

Apareceu un monstro coa fronte cosidaE mentres eles fuxían,

O vampiro, o gato, os morcegos,A pantasma, o esquelete e

O monstro rían

Page 12: Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,

Atoparon un pasadizoE unha bruxa desfixo o feitizo

Son a bruxa do outonoEspertade deste sono!Deixade xa de tremer

Que nada disto volveredes a ver!Marchade á casa a durmir

Que todos nós quedaremos a rir!