o cuco

4
3ºpremio O Cuco Marco Nicolli

Upload: patricia-aa

Post on 28-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Concurso de relatos do CPI O Cruce

TRANSCRIPT

Page 1: O cuco

3ºpremio

O Cuco

Marco Nicolli

Page 2: O cuco

Cada vez que o avó contaba algunha das súas historias a min deixábame coa boca aberta, non sabía se crer todo aquilo que me dicía, ou se estaba a burlarse de min pero a dúbida tan pronto como viña desaparecía, xa que eu miraba a cara do meu avó, tan seria e sen deixar escapar nin un leve sorriso; agora doume de conta que canto máis eu miraba para o avó, el máis e máis argallaba. Ó avó gustáballe como eu o escoitaba coa miña cariña chea de sorpresa e de cando en vez con algún sobresalto. As historia do avó empezaban por unha cousiña pequena pero grazas á súa fantasía facíanse cada vez mais grandes, agora que o penso non todo o que dicía era posible, pero o que era certo é que o fondo do relato era real. Esta historia ten por protagonista a un cuco, en verdade un paxariño! Que aínda que moi pequeno, dou para que o avó me contara unha das súas longas historías. Era o conto máis vello que el sabía. El díxome que este conto tiña que pasar de pais a fillos como xa pasara de seu pai a el. O conto do cuco comeza a finais da primavera cando chegou á pequena aldea das Cabadas. Este cuco cantaba todas as mañás, non descansaba nin domingos nin festivos. Os vellos da aldea sabían que o verán estaba a chegar, dende o máis grande ao máis pequeno dedicabanse a traballar a terra e coidaban os animais que tiñan nas cortes; facían como as formigas, trataban de recoller no estío todo aquilo que podían necesitar para pasar o inverno. O avó díxome que nestes traballos da aldea participaban todos os veciños, cada día para unha casa. Aquel ano as colleitas foron moi boas xa que o pequeno cuco non deixaba de cantar polas mañás, deste xeito a herba do gando estaba nos pallotes, mallárase o trigo nas eiras e en cada malla facíase un pequeno xantar, el díxome que o cuco cucou ata que a última espiga de millo estivo dentro do horreo, este foi o último día que o oíron cucar. Xusto o día seguinte desatouse unha gran tormenta, os máis anciáns comentaban que comezara o inverno. Todos os veciños estaban resgardados nas súas correspodentes casas. As familias estaban felices debido a que estaban seguros de que terían de comer para todo o inverno; os pobriños non se percataban do que o futuro lles deparaba, todos sabían que o cuco volvería na primavera. Foi pasando o tempo, e todos os veciños falaban do duro que era o inverno, tantas nevadas e tanto frío nin os mais vellos o acordaban. A leña dos pallotes pouco a pouco íase esgotando, xa que a xente con tan mal tempo e tanto frío, tiña sempre o lume da lareira encendido donde se reunía toda a familia e os vellos contaban relatos de terror e de fantasía; falaban

Page 3: O cuco

das meigas e infinitos meigallos que me contou o avó, que me estremecía co medo, aínda que non o cría xa que o avó non tiña medo. Díxome que ía pasando o tempo pero o cuco non regresou, estaban moi preocupados; as colleitas foran moi boas pero pouco a pouco o gran das uchas e o millo do horreo íase esgotando, por sorte cando unha familia non tiña apoiábase noutra e repartía o pouco que había. Foi pasando o tempo e o cuco non volvía. Todas as mañás os aldeáns saían da casa e fixábanse no tempo que facía; sempre seguía igual o panorama e volvían cos pés arrastro á calor da lareira. Acabáranse os contos, o inverno era tan longo que aínda que xa tería que vir o tempo do verán este non respondía ás súas chamadas, seguía o frío e o mal tempo; do cuco non se sabía nada. Cando o avó chegou a este punto da historia pouco a pouco a súa voz foise facendo máis rouca e cando o mirei vin que os seus ollos albergaban unha tristeza e que as bágoas case que estaban a punto de saírlle; pero seguiu falando, contoume que pasaran dous anos de moita fame e quen sabe que moitas penurías máis. Na aldea quedaba moi pouco que comer, e o pouco que había era para os máis novos ou para os anciáns. Todo o mundo estaba moi desesperado e xa pasara o tempo do cuco, este ano non viñera a cantar, o verán xa pasara, aínda que non cambiara nada o tempo; seguía habendo tempo invernal como o primeiro día mirando dous anos para atrás. Cando todo na aldea era tristura e a xente estaba moi desesperada, non tiñán nada de comer, algúns homes e os nenos máis grandes, entre eles estaba o meu avó, sucedeu o milagre! Todos xuntos foron a unha fraga donde había moitos castiñeiros, coa ilusión de xuntar algunhas castañas. Os homes levaban ao lombo grandes varales por se nos castiñeiros quedaba algún ourizo, os nenos levaban cestos para recoller as castañas. Todos estaban caladiños por iso percatáronse dun pequeno ruído nunha silveira e, aínda que tiñan medo pouco a pouco fóronse achegando; tiveron que mirar moito tempo xa que o silveiral era moi grande, pero de pronto un neno dixo, papá o cuco! E os homes deixaron caer os varales e correron todos á silveira. Pobriño o cuco quedara enganchado nunha silveira, estaba case sen plumas de tanto loitar para desprenderse desa silva. Parecía a punto de morrer,, Un dos homes colleu o paxariño e todos xuntos regresaron a aldea. Aquel día dixo o avó que se xuntaran todos nunha das casas e deran de comer ó paxariño a última fariña que lles quedaba. Foi pasando o tempo e grazas aos coidados da nena máis pequeniña da aldea un día o cuco botou a

Page 4: O cuco

voar. Non creeredes isto pero a semana seguinte volveu a cucar, isto foi o que me contou o avó. Sempre di que comeza o verán cando unha mañá oe cucar pero eu fíxome no avó e no fondo dos seus vellos ollos, vexo unha sombra de tristura porque aínda pensa naqueles dous longos anos en que o cuco non puido cucar.