o corazón do negror

30

Upload: kalandrakacom

Post on 09-Mar-2016

236 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Faktoría K de libros. Narrativa

TRANSCRIPT

Page 1: O corazón do negror
Page 2: O corazón do negror
Page 3: O corazón do negror
Page 4: O corazón do negror
Page 5: O corazón do negror

O corazón do negror

Page 6: O corazón do negror

Título orixinal: Heart of Darkness, 1899

do texto orixinal: Joseph Conrad© da tradución: Eva Almazán, 2009© desta edición:Faktoría K de Libros, 2009Urzaiz, 125 baixo – 36205 [email protected]

Ilustración e deseño de portada: Marc TaegerCorrección: Martín Luna e Laura AlmazánDirectores de colección: Xosé Ballesteros e Silvia Pérez Tato

Primeira edición: abril, 2009Impreso en C/A Gráfica, VigoISBN: 978-84-96957-62-6DL: PO 148-2009

Reservados todos os dereitos

Esta obra recibiu a axuda da Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación

e Difusión Cultural, na convocatoria de axudas para o ano 2008.

Page 7: O corazón do negror

O corazón do negror

Joseph Conrad

Traducido por Eva Almazán

Page 8: O corazón do negror
Page 9: O corazón do negror

I

A Nellie, unha iola de cruceiro, borneou sobre a áncorasen o menor tremor das velas e quedouse. A marea abalara,o vento estaba case en calma e, ao dirixirse río abaixo, oúnico que podía facer era seguir onde estaba e agardar polodevalo.

A foz do Támesis abríase ante nós tal que o principio duncanal interminable. No horizonte o mar e o ceo soldábansesen xuntura, e no espazo luminoso as velas bronceadas dasgabarras movidas pola marea parecían conformar encarnadosacios inmóbiles de lonas agudas, con escintileos de espichasvernizadas. Unha bruma pousábase nas marxes baixas queescapaban cara ao mar en planura fuxidía. O aire era escuropor riba de Gravesend, e aínda máis atrás parecía condensa-do nunha penumbra melancólica que pendía, inmóbil, sobrea cidade máis grande, e máis grandiosa, do mundo.

O director de tripulacións éranos capitán e anfitrión. Oscatro contemplabamos con afecto o seu lombo mentres elperdía a vista no mar, de pé na proa. Nada daba en todo o ríoa metade de estampa náutica ca el. Parecía un práctico, quepara o home de mar é a confianza personificada. Custabacomprender que o seu facer non se desenvolvía no esteiroluminoso, senón ás súas costas, dentro da penumbra quesobre alí pendía.

Entre nós tendíase, como xa contei nalgures, o vencellodo mar. Amais de manter ligados os nosos corazóns durante

7

Page 10: O corazón do negror

as separacións longas, obraba que tolerásemos os contos–e mesmo as conviccións– dos outros. O avogado, o mellordos vellos compañeiros, gozaba, en razón dos seus moitosanos e das súas moitas virtudes, do único coxín da cuberta edescansaba sobre o único farrapo. O contable xa sacara unxogo de dominó e enredaba arquitectonicamente cos ósos.Marlow estaba sentado na popa, coas pernas cruzadas,apoiado contra o mastro de mesana. Tiña as fazulas afundi-das, a cute amarelecida, o lombo dereito, a fasquía ascética,e cos brazos caídos, as palmas das mans para fóra, parecía unídolo. O director verificou que a áncora enganchara ben,dirixiuse á popa e sentou canda nós. Intercambiamos un parde palabras preguizosas. Despois fíxose o silencio a bordodo veleiro. Por un ou outro motivo non emprendemos apartida de dominó. Sentiámonos meditabundos e sen ánimopara nada que non fose a plácida contemplación. O día aca-baba nunha serenidade de brillantez queda e exquisita.A auga refulxía pacífica, o ceo sen mácula era unha inmen-sidade benigna de luz impoluta, a mesma néboa da marismaessexiana semellaba unha tea vaporosa e radiante, colgadadas elevacións boscosas do interior para pregarse nas beirasbaixas en dobras diáfanas. Só a penumbra que no poñentese pousaba sobre os treitos máis altos sombreaba pormomentos, coma se a enfurecese a aproximación do sol.

E por fin, no seu descenso curvo e imperceptible, púxoseo sol, e de refulxente branco pasou a un vermello mate senraios nin calor, coma se estivese a piques de se apagar derepente, aniquilado polo contacto con aquela penumbra quependía sobre unha aglomeración de homes.

Decontado sobreveu unha mudanza das augas, e a sereni-dade perdeu brillantez e gañou profundidade. O vello río, no

8

Page 11: O corazón do negror

seu treito largo, descansaba calmoso no declinar do día traseras enteiras de lle prestar bo servizo á raza que habitaba assúas orelas, aberto na dignidade plácida dunha pasaxe queconducise aos confíns máis remotos da terra. Contemplaba-mos a corrente patrucial non baixo o rubor vívido dun díabreve que chega e parte para sempre, senón á luz augusta delembranzas perdurables. E certamente nada hai máis doadopara o home que, como di a expresión, «seguiu o mar» conreverencia e afecto ca evocar o grande espírito do pasado nocurso baixo do Támesis. A corrente da marea abala e devalano seu servizo infatigable, cargada de recordos dos homes enavíos que levara ao descanso do fogar ou ás batallas do mar.Coñecera e servira a totalidade dos homes de quen se gaba anación, de sir Francis Drake a sir John Franklin, cabaleirostodos, con ou sen título, os grandes cabaleiros andantes domar. Sustentara todos os navíos cuxos nomes son alfaias querelampan na noite dos tempos, desde o Golden Hind enretorno cos flancos rotundos cheos de tesouros, para servisitado pola maxestade da raíña e concluír así a colosal his-toria, ao Erebus e ao Terror, de camiño ás súas conquistas,para non regresar xamais. Coñecera os navíos e os homes.Partiran de Deptford, de Greenwich, de Erith, aventureirose colonos; barcos de reis e os barcos de homes do comercio;capitáns, almirantes, os escuros «interlopos» do tráfico deOriente, e os «xenerais» comisionados das frotas das Indiasorientais. Buscadores de ouro ou cazadores de fama perco-rreran todos aquel río, levando a espada, e con frecuencia atea, mensaxeiros da forza que habitaba a terra firme, porta-dores dunha chispa do lume sagrado. Que grandeza nonaboiara na baixamar daquel río para penetrar no misteriodunha terra ignota? Soños de homes, sementes de comuni-dades nacionais, xermes de imperios.

9

Page 12: O corazón do negror

O sol ocultouse; o anoitecer caeu sobre da corrente e co -mezaron a prenderse luces ao longo da beira. O faro deChapman, trípode alzado nun lameiro, brillaba con forza. Aslámpadas dos barcos avanzaban na pasaxe, un gran trasfegode luces en ascenso e en descenso. E máis ao oeste, máis arri-ba, o sitio da urbe monstruosa aínda aparecía en forma demarca ominosa no ceo, unha penumbra que pendía á luz dosol, un resplandor refulxente baixo as estrelas.

–E tamén este –falou Marlow de súpeto– foi un dos luga-res escuros da terra.

Era o único de nós que aínda «seguía o mar». O peor quepodía dicirse del era que non representaba a súa clase. Erahome de mar, mais tamén home errante, cando a maioríados homes de mar levan, se se me permite expresalo así,unha vida sedentaria. Os espíritos deses homes teñen que-renza polo fogar, e ese fogar vai sempre con eles: o barco; deigual xeito, sempre os acompaña a patria: o mar. Os barcosson moi semellantes entre si, e o mar é sempre o mesmo. Nainmutabilidade do seu contorno ven desfilar por diantedeles as costas estrañas, as caras estrañas, a cambiante in-mensidade da vida, veladas non por unha sensación de mis-terio, senón por unha ignorancia levemente desprezativa,pois non hai nada misterioso para o home de mar fóra dopropio mar, que manda na súa existencia e é tan inescrutablecoma o destino. No demais, tras as horas de labor, un paseoimprovisado ou unha pándega fortuíta na beiramar abondapara revelarlle o segredo dun continente enteiro, e poloxeral descobre que non paga a pena ser sabedor del. Os con-tos dos homes de mar posúen unha simplicidade directa,todo cuxo significado se contén na casca dunha noz regaña-da. Mais Marlow non era típico (se se exceptúa a súa tenden-

10

Page 13: O corazón do negror

cia a contar contos) e para el o significado dun episodio nonse achaba no interior, a modo de miolo, senón no exterior,envolvendo a historia que o facía distinguible soamentecomo unha luz saca unha néboa, tal que un deses halos queás veces fai visibles a iluminación espectral do luar.

A súa observación non sorprendeu en absoluto. Era moipropia de Marlow. Aceptouse en silencio. Ninguén se deu aotraballo de rosmar sequera, e ao cabo el falou con pausa:

–Estiven a pensar en épocas antiquísimas, cando chega-ron por primeira vez os romanos, hai mil novecentos anos,estoutro día... Desde entón non deixou de saír luz deste río.Cabaleiros, dicides? Si, pero coma un alustro que percorreunha chaira, coma un estralo de relampo nas nubes. Vivimosnese tremelucir, e queira que dure mentres este vello mundodea voltas! Mais onte había aquí escuridade. Imaxinen o quesentía o comandante dunha fermosa... (como lle chama-ban?)... trirreme do Mediterráneo cando de improviso lleordenaban pór rumbo ao Norte, o levaban por terra a todaprésa ata a outra punta das Galias, o puñan ao mando dunhadesas naves que os lexionarios, e vaia xente habelenciosadebían ser todos eles, polo visto construían por centos, enun par de meses, se damos creto do que lemos. Imaxínenoaquí, na mesmísima fin do mundo, un mar da cor do chum-bo, un ceo da cor do fume, unha embarcación tesa comaunha concertina, e a remontar este río con provisións, conordes, ou o que for. Areeiros, trollos, fragas, bárbaros,pouco ou nada que levar á boca o home civilizado, nada parabeber fóra da auga do Támesis. Aquí non había falerno, nonhabía desembarco. De cando en vez, un campamento militarperdido no medio do nada coma unha agulla nun feixe deherba curada, frío, néboa, temporais, pestes, exilio, e morte,

11

Page 14: O corazón do negror

a morte a axexar no aire, na auga, no mato. Aquí debíanmorrer coma moscas. Pero si, si cumpriu. E cumpriu desobra, sen dúbida ningunha, e sen sequera ter que lle dedi-car á misión demasiados pensamentos, excepto anos des-pois, e iso para xactarse das que pasara nos seus tempos,talvez. Tiñan virilidade abonda para se enfrontar á escurida-de. E quizais aquel home se animaba ao ter o ollo posto naposibilidade dun ascenso que o levase á frota de Rávena,indo e vindo días, se tiña bos amigos en Roma e sobrevivíaao clima espantoso. Ou pensen nun cidadán novo, decentee togado, talvez demasiado amigo dos dados, xa saben, quechega ao rabo dalgún prefecto, ou publicano, ou comercian-te incluso, para emendar as súas fortunas. Desembarca nunlameiro, atravesa a fraga a pé, e nalgún posto do interior per-cibe que o estado salvaxe, o estado salvaxe en puridade, oten arrodeado, toda esa existencia misteriosa do salvaxismoque buliga na fraga, nas selvas, no corazón dos homes salva-xes. E tampouco hai iniciación para tales misterios. Ten quevivir no medio do incomprensible que é tamén detestable.E ao tempo hai unha fascinación que se apodera del. A fas-cinación da abominación, saben? Imaxinen os arrepenti-mentos crecentes, as ansias de escapar, o noxo impotente, arendición: o odio.

Fixo unha pausa.–Pero non –proseguiu, erguendo un brazo desde o cóba-

do, a palma cara a fóra, de modo que naquela postura de per-nas cruzadas adoptaba a pose dun buda que predicase conindumento europeo e sen flor de loto–. Non: ningún de nóshabía albergar exactamente esas sensacións. A nós redímenosa eficacia, a devoción á eficacia. Mais aqueles rapaces nonvalían moito, a dicir verdade. Non eran colonizadores, por

12

Page 15: O corazón do negror

administración tiñan unha rapina e pouco máis, sospeito.Eran conquistadores, e para iso chega e abonda a forza bruta,nada do que fachendear, cando se ten, porque a forza propiaé un simple accidente xurdido da debilidade allea. Botabanman do que podían nun coller por coller. Non pasaba deroubo con violencia, homicidio con agravantes a grande esca-la, eran homes que se lanzaban ás cegas, como é propio dequen se enfronta a unha escuridade. A conquista da terra,que en primeiro lugar significa arrincárllela a aqueles queteñen unha cor diferente ou un nariz un chisco máis romo cao noso, non é cousa agradable cando se analiza demasiado.Só a redime a idea. Unha idea subxacente; non un finximen-to sentimental, senón unha idea; e unha crenza altruísta nesaidea, algo que podemos erixir, ante o cal prostrarnos e ofre-cer un sacrificio...

Calou. As lapas esvaraban pola superficie do río, lapiñasverdes, vermellas, brancas, a perseguirse, a adiantarse, a xun-tarse, a entrecruzarse, para logo separarse amodo ou axiña.O tránsito da urbe continuaba sobre o río insomne baixo acrecente profundidade da noite. Seguimos a contemplar, enpaciente espera; non había máis que facer mentres non cam-biase a marea; pero ata que dixo, tras un longo silencio, econ voz vacilante:

–Supoño que recordarán, compañeiros, que nunha oca-sión fun mariñeiro de auga doce por un tempo –non soube-mos que o noso destino, antes de o mar comezar a baixar,era escoitar unha das experiencias inconcluíntes de Mar-low–. Non os quero enfastiar con aquilo que lle aconteceu ámiña persoa –comezou, demostrando con tal observación odefecto de moitos anecdotistas que tantas veces adoitanignorar cal sería a parte favorita do público que atende–,

13

Page 16: O corazón do negror

mais para comprender o efecto que exerceu sobre min teránque saber como cheguei alá, o que vin, como remontei aquelrío ata o lugar en que encontrei de primeiras aquel pobrehome. Era o punto de navegación máis distante e foi o puntoculminante da miña experiencia. Pareceu, en certo modo,proxectar unha sorte de luz sobre todo canto me circundaba,e dentro dos meus pensamentos. E tamén tivo boa parte desombra, e foi penoso, nada fóra do ordinario en sentido nin-gún, nin tampouco demasiado claro. Non, non demasiadoclaro. E mais pareceu proxectar unha especie de luz.

»Daquela, como recordarán, eu acababa de regresar aLondres tras botar moito tempo no Índico, no Pacífico, nosmares da China, unha boa dose de Oriente, por volta de seisanos, e dedicábame a lacazanear, a molestalos a vostedes,compañeiros, no seu traballo, e a invadirlles a casa, coma seme movese a misión divina de os civilizar. Foi agradabilísimodurante unha tempada, mais ao cabo é certo que anoxei o fol-gar. Comecei entón a buscar barco, diría que o traballo máisdifícil do mundo. Mais os barcos non querían saber nada demin. E tamén anoxei esoutro xogo.

»O caso é que, de mociño, me apaixonaban os mapas.Pasaba horas enteiras mirando para América do Sur, ou Áfri-ca, ou Australia, a perderme en todas as glorias da explora-ción. Daquela había na terra moitos espazos baleiros e, candonun mapa vía algún que parecese particularmente suxestivo(tamén é certo que todos o parecen), puña o dedo enriba edicía: «De grande hei ir alí». Recordo que un deses lugaresera o Polo Norte. Ben, aínda non estiven nel e hoxe xa nonhei tentar estar. Perdeu o encanto. Outros lugares estabandispersos polo Ecuador e en toda clase de latitudes de ambosos hemisferios. Cheguei a estar nalgúns deles e... Ben, diso

14

Page 17: O corazón do negror

non imos falar. Pero seguía habendo un, o máis grande, omáis baleiro, por así dicilo, que me tiña eslumecido.

»Certo: para entón xa non era un espazo baleiro. Desdea miña infancia foran debuxando nel ríos, lagos e nomes.Deixara de ser un espazo baleiro de delicioso misterio, unoco branco en que un neno cifraba os seus soños máis glo-riosos. Convertérase nun lugar de escuridade. Mais nelhabía un río en concreto, un río grande e poderoso que sevía no mapa, que lle imitaba a unha inmensa serpe desenro-lada, coa cabeza no mar, o corpo relaxado nunha amplacurva descrita sobre un vasto territorio, e a cola perdida nasprofundidades da terra. E ao contemplalo nun escaparate, omapa fascinoume como unha serpe fascinaría un paxaro, unpaxariño parvo. Recordei entón que había un gran consor-cio, unha compañía que comerciaba naquel río. «Que raio»,pensei para min, para comerciar teñen que valerse dalgúntipo de nave en semellante cantidade de auga doce: barcos devapor! Quen me impedía tratar de me colocar ao mandodun? Continuei a marcha por Fleet Street, pero non logreisacar a idea da cabeza. A serpe engaiolárame.

»Han de saber que era un consorcio continental, aquelasociedade mercantil, pero eu teño moitos parentes con resi-dencia no continente, porque é barato e menos horrible doque parece, ou iso din eles.

»Pésame admitir que empecei a aburalos. Xa aquilo cons-tituía para min unha novidade. Non estaba afeito a conse-guir as cousas por aquela vía, como imaxinarán. Semprealcanzaba pola miña conta e polos meus medios as metasque me propuña. Se alguén chegase a contarme que eu íaactuar así, non daría creto; mais o caso era que, xa ven, se memetera na cabeza a idea de que tiña que ir a aquel lugar fose

15

Page 18: O corazón do negror

como fose. Así que os importunei. Os señores dicían«Home de Deus!» e non facían nada. E entón, quen o habíadicir?, probei coas señoras. Eu, Charlie Marlow, puxen asmulleres a traballar... para atopar traballo! Santo ceo! En fin,como ven, estaba dominado por aquela teima. Unha tíamiña era unha alma cándida chea de entusiasmo. Escribiu:«Será todo un pracer. Estou disposta a facer calquera cousa,por ti o que faga falta. É unha idea marabillosa. Coñezo a es-posa dun persoeiro moi notable da Administración e taménun señor que ten moita influencia con...», etcétera. Estabadecidida a non reparar en molestias para colocarme de capi-tán dun vapor fluvial, se tal era a miña ilusión.

»Déronme o posto, sobra dicilo, e decontado. Polo vistoa compañía acababa de saber que un dos seus capitáns resul-tara morto nunha liorta cos nativos. Aquela era a miña, eesporeoume aínda máis, se cabe, a partir. Ata moitos mesesdespois, cando fixen o intento de me facer cargo do quequedaba do cadáver, non souben que a pelexa orixinal estra-lara por desavinzas a conta dunhas galiñas. Si, de dúas gali-ñas negras. Fresleven, así se chamaba o tipo, danés, el,quedara coa sensación de que o prexudicaran nalgún aspec-to da transacción, de modo que fora á terra e dera en mallarno xefe da aldea cun pau. Non, non me sorprendeu en abso-luto oír aquilo e que ao mesmo tempo me contasen queFresleven fora o espécime máis educado e máis tranquiloque xamais houbera no xénero humano. Sen dúbida o era,pero xa levaba un par de anos alí, comprometido coa nobrecausa, saben?, e a bo seguro sentiu por fin a necesidade defacer valer a súa autoridade dalgún modo. Por tal razónmallou no negro vello sen piedade ante os mesmos ollos dungran número dos seus conxéneres, que observaban petrifica-

16

Page 19: O corazón do negror

dos, ata que un home, o fillo do xefe, segundo me contaron,desesperado ao oír os laios do vello, fixo ademán de botar-lle unha lanza ao branco, e sobra dicir que o traspasou sendificultade entre as espádoas. A seguir a poboación ao com-pleto internouse na selva, seguros de que ían acontecer todaclase de calamidades, mentres o vapor que capitaneaba Fres-leven, pola súa vez, escapaba tamén embargado polo pánico,e comandado polo mecánico segundo teño entendido. Des-pois diso parece ser que ninguén se preocupou de recobraros despoxos de Fresleven ata que cheguei eu e ocupei o seuposto. Eu, en cambio, non fun capaz de deixalo estar, maiscando por fin tiven ocasión de coñecer o meu predecesor, aherba que lle crecía polo medio das costelas era tan alta queocultaba os ósos. Estaban tal cal. Ninguén tocara o sersobrenatural tras a caída. E a aldea quedara abandonada,bocas negras abertas nas casopas medio podrecidas, todaselas escoradas no interior dos valados caídos. A calamidadechegara ben chegada, en efecto. A xente esvaecérase. Unterror cerval escorrentáraos en todas as direccións, homes,mulleres e nenos botaran a correr pola matogueira e nonvolveran xamais. Ignoro tamén o que foi das galiñas. Inclí-nome a crer que se apropiou delas a causa do progreso, nonsei por que. Con todo, tan edificante asunto foi o que mevaleu a colocación antes aínda de comezar a concibir espe-ranzas de obtela.

»Bulín coma un demente para o preparar todo e en menosde corenta e oito horas estaba a cruzar o Canal para presen-tarme ante os meus patróns e asinar o contrato. Nunhaspoucas horas acheime nunha cidade que sempre me recordaun sepulcro encalado. Un prexuízo, sen dúbida. Localicei sendificultade as oficinas da compañía. Era o negocio máis

17

Page 20: O corazón do negror

importante da cidade e obxecto de xactancia para todos conquen dei. Pensaban dirixir un imperio ultramarino e facersede ouro a poder de comerciar.

»Unha rúa estreita e deserta, moi avesía, casas altas, innú-meras fiestras con persianas, un silencio sepulcral, herba aagromar entre as laxes, impoñentes arcos á dereita e á esquer-da para a entrada de coches, inmensos portais de dobre follaen pesado entornamento. Coeime por unha desas fendas,subín por unha escaleira varrida e sen adorno, máis árida caun deserto, e abrín a primeira porta que atopei. Dúas mulle-res, unha gorda e a outra fraca, facían calceta con la negrasentadas en cadansúas cadeiras de asento de palla. A fracaergueuse e veu directa a min, sen deixar de tecer e coa mira-da baixa, tanto que, ata que eu empecei a pensar en me facera un lado para a deixar pasar, como se faría cunha somnám-bula, ela non se detivo e levantou a vista. Levaba un vestidomáis simple ca a funda dun paraugas e xirouse sen dar pala-bra para que a seguise a unha sala de espera. Identifiqueime emirei en volta. Unha mesa de piñeiro no centro, cadeirascorrentes arrimadas contra as paredes, nunha punta un mapagrande e de cores vivas, marcado coa policromía dun arco davella. Apreciábase gran cantidade de vermello, unha visiónsempre benvida porque indica que na zona se está a traballarde verdade, unha barbaridade de azul, algo de verde, algúnretrinco laranxa e, na costa oriental, unha mancha violeta enindicación do lugar en que os alegres pioneiros do progresodan conta da bendita lager. Mais eu non me dirixía a ningun-ha daquelas cores. O meu destino era a amarela. No medio emedio. E alí estaba o río, fascinante, letal, coma unha serpe.Ouh. Abriuse unha porta, asomou unha cabeza de cabelobranco e aspecto secretarial, mais con expresión compasiva,

18

Page 21: O corazón do negror

e un índice enxoito indicoume cun aceno que penetrase nosantuario. A luz era débil e un escritorio pesado achaparrá-base no centro. Ao outro lado de tal estrutura materializába-se unha impresión de obesidade pálida e enlevitada. O xefeen persoa. Apenas debía pasar dos cinco pés e medio, ou isocalculaba eu, e tiña da súa man incontables millóns. Estrei-toume a man, paréceme, rosmou con vaguidade, aprobou omeu francés. Bon voyage.

»En cuestión de corenta e cinco segundos estaba de voltana sala de espera co secretario compasivo que, con gran deso-lación e dó, me deu a asinar non sei que documento. Creoque entre outras cousas me comprometía nel a non divulgarsegredos profesionais. Ben, non pretendo divulgar ningún.

»Empecei a sentir certo desacougo. Saben vostedes quenon estou afeito a tales cerimonias, e naquela atmosfera res-pirábase un mal agoiro. Era coma se acabasen de me facerpartícipe dunha conspiración, non lles sei, algo que non aca-baba de ser de lei, e agradecín poder saír de alí. Na sala ex-terior as dúas mulleres tecían na la negra con frenesí.Decontino chegaban visitantes e a moza non deixaba de ir deaquí para alá e facelos pasar. A vella non se movía da cadeira.Apoiaba as planas zapatillas de pano contra un braseiro etiña un gato no colo. Levaba un invento branco e amidona-do na cabeza, tiña unha verruga nunha meixela e uns anteo-llos de montura prateada escorregados ata o bico do nariz.Botoume unha mirada por riba das lentes. Desacougoume aplacidez rápida e indiferente desa mirada. Dous mozos deexpresión pánfila e xovial seguían o rumbo da nova, e a vellabotoulles a mesma mirada rápida de sabedoría indolente.Daba a impresión de sabelo todo sobre eles e sobre min.Apoderouse de min un arrepío. A vella antollábaseme sinis-

19

Page 22: O corazón do negror

tra e agoirenta. Moitas veces, xa moi lonxe daquel lugar,había pensar naquelas dúas gardiás da porta da escuridade, ateceren la negra coma se houbese servir de pano mortuorio,unha a guiar, a introducir arreo no ignoto, a outra a escudri-ñar as faces xoviais e aparvadas con ollos vellos e displicen-tes. Ave, vella tecelá de la negra, morituri te salutant. Nonmoitos daqueles a quen ela miraba volvían vela; nin a meta-de deles, non, nin de lonxe.

»Aínda quedaba pasar polo médico.»–Puro trámite –aseguroume o secretario con aire de con-

doerse inmensamente comigo en todas as miñas coitas.»Conforme ao dito, un mozo co sombreiro sobre a cella

esquerda, algún pasante, supoño, debía de haber pasantes nonegocio, por moito que o edificio estivese máis silencioso case se erguese nunha necrópole, chegou procedente dalgúnpunto do piso superior e levoume con el. O indumento víaseluído e desleixado, con manchas de tinta nas mangas da cha-queta, e o pano do colo era aparatoso e inchado, baixo unqueixo que semellaba a biqueira dun galorcho. Aínda sobrabaalgo de tempo antes da cita médica, de xeito que propuxentomarmos algo, e coa mesma no pasante xurdiu unha vea dexovialidade. Sentados ante os respectivos vermús, el cantou asloas do negocio que desenvolvía a compañía, e ao cabo eumanifestei con naturalidade canto me sorprendía, daquela,que el non fose para alí. Decontado mostrouse moi frío ecomposto.

»–Non son tan necio como parezo, dixo Platón para osseus discípulos –contestou, sentencioso, baleirou a copa condeterminación e puxémonos en pé.

»O médico, xa vello, tomoume o pulso, a todas luces pen-sando noutra cousa durante a operación.

20

Page 23: O corazón do negror

»–Ben! Ben para o que hai alá –rosmou, e logo preguntou-me con certa ansia se consentía a que me tomase medidas dacabeza.

»Bastante sorprendido contestei que si, momento en queel tirou unha especie de calibre e mediu as dimensións pos-teriores, anteriores, laterais en todos os sentidos, tomandocoidadosos apuntamentos. Era un homiño pequeno, coabarba sen facer, ataviado cun abrigo gastado que parecía unhagabardina e calzado con escarpíns, e xulgueino un sandeuinofensivo.

»–Sempre pido autorización, polo ben da ciencia, paramedirlles o cranio a todos cantos se embarcan para aló –dixo.

»–E tamén cando volven? –inquirín.»–Ah, non, aí nunca os vexo –observou–. Ademais, as

mudanzas prodúcense no interior, sabe? –Sorriu, coma se setratase dun chiste discreto–. De modo que vai vostede paraalá. Fabuloso. E tamén interesante. –Dirixiume unha miradaescrutadora e fixo outro apuntamento–. Houbo algún casode tolemia na súa familia? –preguntou coa maior das natura-lidades. Molesteime moito.

»–Esa pregunta tamén a fai polo ben da ciencia?»–Tería interese para a ciencia –dixo, sen reparar na miña

irritación– observar in situ os cambios mentais dos indivi-duos, mais...

»–É vostede alienista? –interrompín.»–Todos os médicos deberíamos selo en certa medida

–contestou aquel espécime sen inmutarse–. Teño unhamodesta teoría que vostedes, os messieurs que van para aló,deben axudarme a verificar. Velaí a parte que me corres-ponde dos beneficios que o meu país colectará da posesiónde tan magnífico dominio. A riqueza material déixollela

21

Page 24: O corazón do negror

a outros. Perdoe o meu interrogatorio, mais é vostede o pri-meiro inglés que teño ocasión de observar...

»Informeino sen demora de que eu non era típico enabsoluto.

»–De selo –dixen–, non estaría a soster esta conversa convostede.

»–O que di é moi profundo e probablemente errado–dixo cunha risa–. Evite a irritación máis ca a exposición aosol. Adieu. Como din vostedes os ingleses, eh? Good-bye.Ah! Good-bye. Adieu. Nos trópicos é primordial manter acalma... –Levantou o índice en aceno de advertencia–. Ducalme, du calme. Adieu.

»Quedábame por cumprir unha última tarefa: despedirmeda miña marabillosa tía. Atopeina eufórica. Tomei un té, oúltimo té decente que bebería en moitos días, e, nun cuartoque exercía un profundo efecto sosegante ao mostrarse talcal se esperaría do salonciño dunha dama, tivemos unha con-versa longa e tranquila ao pé do lume. No curso desas confi-dencias fíxose evidente que, ante a esposa do alto dignitarioe Deus sabía ante cantas persoas máis, a miña tía me descri-bira como unha criatura excepcional e rebordante de talento,unha bendición para a compañía, un home que non se atopatodos os días. Santo ceo! E eu que me dispuña a me facercargo dun vapor fluvial de catro cadelas, dos de campaíña delata! Polo visto, porén, tamén era un dos obreiros, con capi-tal, xa saben. Unha sorte de mensaxeiro da luz, similar a unhaclase inferior de apóstolo. Naquel momento acababan decorrer ríos de tinta e de abrirse moitas bocas para falar daque-la trapallada, e a boa muller, que vivía no mesmísimo mediodaquela andrómena, deixábase arrastrar. Falou de «quitarllesa tantos millóns de ignorantiños eses costumes horrendos»

22

Page 25: O corazón do negror

ata que, voto a tal, conseguiu incomodarme. Aventureime ainsinuar que a compañía operaba con ánimo de lucro.

»–Esqueces, Charlie querido, que o obreiro ten dereito aoseu xornal –dixo con animación.

»Que curioso é comprobar o lonxe da realidade que vivenas mulleres! Habitan un mundo de seu que endexamais exis-tiu e que nunca poderá existir. É demasiado fermoso, sendúbida; se quixesen construílo, esboroaríase antes do primei-ro solpor. Saltaría algún condenado detalle con que os homeslevamos vivindo tan tranquilos desde o día da creación eenvorcaría a construción enteira.

»Despois recibín un abrazo, instrucións de levar roupa deflanela e escribir con frecuencia, etcétera, e partín. Na rúa,ignoro o porqué, embargoume a estraña sensación de ser unimpostor. Foi insólito que eu, acostumado como estaba a pórrumbo en dirección a calquera lugar do mundo vinte e catrohoras despois de recibir a orde, parando a pensalo menostempo ca calquera outro home ao disporse a atravesar a rúa,tivese un momento de... Non vou dicir de vacilación, mais side pausa abraiada, ante aquel asunto tan anódino. A mellorexplicación que lles podo ofrecer é que por espazo dun parde segundos tiven a sensación de que en vez de dirixirme aocentro dun continente estaba a piques de pór rumbo ao cen-tro da terra.

»Partín nun vapor francés que atracou en todo canto con-denado porto teñen alá, co único propósito (cando menos eunon vía outro) de desembarcar soldados e funcionarios dealfándegas. Dediqueime a observar a costa. Contemplar unhacosta conforme vai pasando por diante do barco é coma dar-lle voltas a un enigma. Velaí se ten, riseira, amuada, incitante,grandiosa, ruín, eslamiada ou salvaxe, e sempre muda, cun aire

23

Page 26: O corazón do negror

de estar a murmurar «Veno descubrir». Aquela mostraba unhacarencia case absoluta de trazos distintivos, coma se aíndanon estivese rematada, e ofrecía un panorama de adustezmonótona. O bordo dunha xungla colosal dun verde tanescuro que logo era negro, orlado de xerfa branca, discorríarecto, coma unha liña trazada con regra, a enorme distancia denós, ao longo dun mar azul cuxo escintileo quedaba embaza-do por unha bruma insidiosa. O son era implacable, a terraparecía brillar e pingar co vapor. De cando en vez aparecíanmarxas griseiras, abrancazadas, agrupadas dentro da xerfabranca, pode que cunha bandeira a ondear por riba delas,asentamentos, algúns con séculos de existencia, e aínda nonpasaban de cabezas de alfinetes na extensión virxe que llesfacía de fondo. Avanzabamos devagar, parabamos, descarga-bamos soldados, retomabamos a viaxe, desembarcabamosalfandangueiros para que cobrasen aranceis no que parecíaunha selva deixaba da man de Deus cun caseto de lata e unmastro abandeirado pinchado no medio e medio, descargaba-mos máis soldados, para que gardasen os alfandangueiros,suponse. Oín que algúns afogaban na xerfa, mais que afoga-sen ou que deixasen de afogar non parecía importarlle dema-siado a ninguén. Soltábanos alí e seguiamos o camiño. A costaera idéntica día tras día, coma se non nos movésemos, perodeixamos atrás varios lugares, centros comerciais, con nomescomo Gran Bassam, Pequeno Popo, nomes que parecían saí-dos dunha farsa sórdida representada diante dun sinistropano negro. A inactividade do pasaxeiro, o meu illamentoentre todos aqueles homes cos cales non tiña nada en común,o mar, unha lánguida balsa de aceite, a uniforme calidade som-bría da costa parecían afastarme da verdade das cousas, den-tro do aparello dun engano triste e sen sentido. A voz da xerfa

24

Page 27: O corazón do negror

oída de cando en cando era un pracer en toda regra, coma ofalar dun irmán. Era algo natural, tiña a súa razón, tiña un sig-nificado. De cando en vez un bote procedente da beira pro-porcionaba un contacto momentáneo coa realidade. Unsnegros propulsábano a remo. Xa desde lonxe se lles distinguíao branco dos ollos a relucir. Berraban, cantaban; os corposeran regos de perspiración; máscaras grotescas tiñan por cara,aqueles rapaces; mais posuían óso, músculo, unha vitalidadesalvaxe, unha intensa enerxía de movemento tan natural exenuína coma a xerfa da súa costa. A súa presenza non preci-saba desculpa. Miralos era un gran consolo. Durante uns ins-tantes sentía que aínda formaba parte dun mundo de feitosobxectivos, mais a sensación non duraba moito. Sempre apa-recía algo que a escorrentaba. Unha vez, así o acordo, topa-mos cun buque de guerra fondeado fronte á costa. Alí faltabaincluso o caseto e o buque canoneaba a matogueira. Seica osfranceses andaban nunha das súas guerras por aquela zona.A bandeira do buque pendía coa flaccidez dun trapo, a bocados canóns do seis asomaban ao longo do casco baixo, aondada graxenta, viscosa, abalábao con preguiza e deixábaocaer despois, facendo oscilar os finos mastros. Na inmensida-de baleira de terra, ceo e auga, alí estaba, incomprensible, adisparar contra un continente. Bum!, disparaba un dos longoscanóns; unha lapiña lostregaba e desaparecía, esvaecíase unhanubiña de fume branco, un diminuto proxectil daba un laiofeble, e non pasaba nada. Era imposible que pasase nada.Había un aquel de demencia no proceso, unha impresión delúgubre caricatura na estampa; e non quedou disipado candoun dos que ían a bordo me asegurou con suma seriedade quepor alí había un campamento de nativos, inimigos, chamoullesel, oculto da vista, nalgures.

25

Page 28: O corazón do negror
Page 29: O corazón do negror
Page 30: O corazón do negror