o complexo lácteo en galicia: situación actual e perspectivas · b. custes das materias primas...
TRANSCRIPT
XORNADA: “O SECTOR LÁCTEO EN GALICIA: RETOS E ESTRATEXIAS ANTE
A DESAPARICIÓN DAS COTAS”
27 de marzo de 2015
O complexo lácteo en Galicia:
situación actual e perspectivas
Edelmiro López Iglesias
Profesor Titular do Departamento de Economía Aplicada
Universidade de Santiago de Compostela
2
ESQUEMA
1. A importancia do complexo lácteo na economía
galega; algúns datos iniciais
2. O marco xeral que vai condicionar o futuro deste
complexo
3. Explotacións lácteas: necesidade dunha reorientación
cara a sistemas produtivos máis ligados á terra
4. Industria láctea e mercados: situación actual e
reflexións para o futuro
5. A (des)articulación da cadea; relacións entre
produtores, industrias e distribución
6. Que actuacións son prioritarias ?. Propostas para un
futuro posible
3
1. A importancia do complexo lácteo na economía galega; algúns datos iniciais
Un sector lácteo dinámico, cun importante peso económico, pero unha
industria débil
Nas 3 décadas transcorridas desde a integración na UE o sector lácteo proseguiu
en Galicia cun notable dinamismo: a produción multiplicouse por 1,5 e o volume
de entregas á industria duplicouse (de 1.206 millóns de litros en 1985 a uns 2.500
na actualidade).
Como consecuencia:
• Incrementouse a participación de Galicia na produción láctea española: do
26,9% en 1985 ao 38,0% na actualidade.
• Esta rama consolidouse como a principal liña de especialización do agro galego:
24,1% da produción agraria en 1990, 30,8% en 2008.
4
Estimación do peso no PIB
Con datos de 2011, o complexo lácteo (conxunto de actividades ligadas á
produción e transformación do leite) aporta o 1,42% do PIB: 1,26% (645 millóns
de euros) o VAB das explotacións e 0,16% (80 millóns) o da industria láctea.
Ademais, a aportación ao PIB non dá unha medida da relevancia do complexo,
dados os fortes encadeamentos con outras actividades. Así, segundo a Táboa
Input-Output de 2005, a industria láctea ten un impacto global no PIB que
multiplica por 9 o seu peso directo.
Non obstante, estes datos ilustran xa a debilidade estrutural do complexo: a
carencia dunha industria transformadora á altura do sector produtor. Do VAB
deste complexo o 90% procede das explotacións; a industria unicamente engade
12 céntimos a cada euro de VAB da produción láctea Cadea produtiva
“truncada”, que se limita esencialmente á obtención de materias primas.
5
Cadro 1. Aproximación ao peso do complexo lácteo no PIB de Galicia 2011
VEB (millóns de euros)
% VEB da economía galega
Total economía galega
51.118,5
100,0%
Sector agrario (Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados) 1.395,6
2,7%
% explotacións lácteas na produción agraria 46,2%
1. Explotacións lácteas
644,8
1,26%
2. Industria láctea
80,3
0,16%
Complexo lácteo (1+2)
725,1
1,42%
Fonte: Elaboración propia a partir de IGE, Contas económicas de Galicia 2011
e INE, Censo agrario 2009.
6
2. O marco xeral que vai condicionar o futuro deste complexo
Partindo desa realidade, o contexto nos próximos anos estará marcado por catro
elementos:
a. Tendencias dos mercados mundiais de produtos lácteos: previsible un
incremento da demanda e prezos altos; pero cunha forte volatilidade.
b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza
e a volatilidade que se constatan desde 2007.
c. Mudanzas na demanda en España como consecuencia da crise económica:
evolución desigual do consumo dos diferentes produtos lácteos; atención dos
consumidores ao prezo fronte á calidade; peso crecente das marcas de
distribuidor.
d. Reforma da PAC 2014-2020: desaparición do sistema de cuotas e
consolidación da liberalización interna e externa do mercado lácteo europeo;
modificacións nas axudas directas ás explotacións (tendencia á igualación dos
pagos por hectárea; busca dunha nova lexitimidade das axudas).
7
Necesidade de dar resposta aos cambios no escenario dos mercados e as
políticas os tres grandes retos a abordar
Para afrontar ese escenario partimos, como principal activo, dun “núcleo duro” de
explotacións cun nivel tecnolóxico comparable ás zonas desenvolvidas da UE.
Pero hai tres problemas que é preciso abordar (polos axentes privados do
complexo e as políticas públicas –dos Gobernos español e galego-):
i. O modelo produtivo das explotacións.
ii. A debilidade da industria (do tecido industrial e cooperativo).
iii. A organización da cadea; relacións entre gandeiros, industrias e distribución.
8
3. Explotacións lácteas: necesidade dunha reorientación cara a sistemas produtivos máis ligados á terra
3.1. O modelo produtivo que se configurou nas últimas décadas
Un modelo produtivo mal orientado, pero racional desde a perspectiva
microeconómica
a. As limitacións estruturais das explotacións (reducida superficie, fragmentación
parcelaria) fixeron que nas últimas décadas se consolidara como dominante no
sector lácteo galego un modelo intensivo, fortemente dependente das
importacións de alimentos para o gando; un modelo construido “de espaldas” ao
factor terra.
Reflexo estatístico: elevado peso das compras de alimentos para o gando.
9
Mapa 1. Porcentaxe que supoñen os custes na compra de alimentos para o gando sobre o prezo do
leite nas rexións da UE
10
b. Ese modelo presentaba (e presenta) importantes problemas desde unha óptica
colectiva; tanto no plano económico como no ambiental.
Problemas económicos
Crecente dependencia das importacións de alimentos para o gando, ao tempo que se
desaproveitan os recursos propios (miles de hectáreas abandonadas).
Problemas ambientais
Estes derívanse da coexistencia de dous fenómenos:
-Crecente intensificación nunha parte limitada do territorio; o que orixina problemas de
contaminación das augas e de sobreexplotación dos solos.
-Abandono ou subutilización de grandes extensións cun elevado potencial agrario. O que
contribúe a alimentar o risco de incendios forestais.
c. Pero o modelo era racional a nivel microeconómico, desde a perspectiva dos
gandeiros individuais; e permitía obter resultados económicos aceptables (relación
favorable “prezo do leite/ prezo do concentrado”; primas por cantidade no pago do
leite; axudas da PAC vinculadas ao volume de produción –prima láctea, integrada
no Pago Único-).
11
3.2. O novo contexto que se perfila a medio prazo
Os tempos están cambiando, e o que serviu até agora non vai servir no futuro
Desde 2007, sen embargo, o contexto experimentou cambios substanciais que se
van acentuar no futuro. Tres novidades a destacar:
a. Prezos das materias primas para a alimentación animal: alza e forte volatilidade
-O que se constata a partir de 2007: crecente volatilidade dos prezos destas
materiais primas nos mercados internacionais, dentro dunha tendencia alcista.
Incremento maior dos custes dos fertilizantes e a enerxía.
-A medio prazo: as previsións son que eses prezos se van manter altos.
-Forte impacto deste encarecemento dos custes nas explotacións lácteas
españolas e galegas.
12
Gráfico 1. Evolución dos prezos do leite, pensos, fertilizantes e enerxía.
España (Índices, base 2000 = 100)
13
b. Desaparición das cuotas, culminando a liberalización do sector lácteo na UE
Efectos das reformas na regulación do sector a partir de 2003 (redución dos prezos de
intervención, debilitamento das medidas públicas de intervención): volatilidade dos prezos,
vinculación coas oscilacións dos produtos industriais nos mercados internacionais.
100
150
200
250
300
350
400
450
500
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
pr leite UE pr intervención pr internacional
14
Impacto da desaparición das cuotas en 2015. Dúas cousas parecen claras:
-Vai orixinar un aumento da produción na UE, coa conseguinte presión á baixa
sobre os prezos. Facilitará que a produción se concentre nas zonas con maiores
vantaxes competitivas (menores custes de produción, proximidade aos centros de
consumo, industria láctea sólida).
De feito, iso é o que ven sucedendo desde 2008, a raíz dos sucesivos incrementos
das cuotas.
-As explotacións galegas afrontan esa liberalización desde unha posición de
desvantaxe, por catro factores: tamaño inferior ao comunitario, endebedamento de
parte delas, nivel baixo de axudas directas, altos custes na compra de alimentos.
Ao que hai que engadir: debilidade da industria; lonxanía aos principais centros de
consumo.
Fronte a esas debilidades, a grande baza das explotacións galegas: potencial para
reducir os custes de produción, en base aos recursos forraxeiros e os alimentos
producidos na explotación.
15
c. Reforma das axudas directas da PAC; tendencia á igualación dos pagos por
hectárea
O esquema que se perfila a medio prazo presenta un perigo para as explotacións
lácteas galegas: que as axudas da PAC, que alcanzan unha cuantía
comparativamente baixa por unidade de traballo e por explotación, se vexan
reducidas, ao tender a pagos por hectárea uniformes.
Xa nos próximos anos: a pesar do modelo de aplicación da PAC 2014-2020
aprobado en España, non será posible escapar dunha certa igualación dos pagos
por hectárea dentro de cada “rexión” (no pago base e o “pago verde”). O que vai
penalizar ás explotacións lácteas máis intensivas.
16
3.3. Consecuencia: papel central que vai adquirir a terra
como condicionante da viabilidade das explotacións
A terra importa. O aproveitamento da base territorial volve ser un factor de
vantaxe competitiva
Os tres factores citados (alza dos prezos das materias primas para a alimentación
do gando, desaparición das cuotas, igualación das axudas por hectárea) apuntan
na mesma dirección:
-O modelo produtivo imperante nas explotacións lácteas galegas vaise enfrontar a
crecentes dificultades.
-Por esta razón, faise necesario reorientar ese modelo cara a sistemas que
dependan en menor medida de alimentos externos.
Conceptos clave no novo contexto: autonomía da explotación na alimentación do
gando e minimización dos custes por litro de leite.
O importante non será ter as vacas que producen máis leite, senón os menores
custes por litro.
17
Imaxe global:
-Hoxe temos unhas 10.000 explotacións lácteas e 350.000 vacas de leite
concentradas en 220.000 hectáreas de SAU (7,5% do territorio galego).
-Obxectivo realista: manter un número de vacas similar (e con toda seguridade
unha cifra menor de explotacións) sobre unha SAU de 350.000 hectáreas.
Requeriría que 130.000 hectáreas actualmente abandonadas foran
incorporadas, preferiblemente mediante arrendamento, ás explotacións de leite
para ampliar a súa base territorial.
18
4. Industria láctea e mercados: situación actual
e reflexións para o futuro
4.1. A debilidade da industria láctea en Galicia
Recordatorio do que todo o mundo coñece
Dous grandes problemas da situación actual:
-Unha parte significativa da produción láctea (mínimo do 25%, con tendencia a
aumentar) continúa exportándose en bruto (esencialmente ao resto de España).
-As industrias localizadas en Galicia están especializadas nos derivados máis
simples (leite envasado), que xeran menor valor acrecentado e contan cunha
demanda menos dinámica; sendo ademais os produtos nos que é maior o poder
das cadeas de distribución, cun dominio crecente das “marcas de distribuidor”.
Resultado: Galicia produce case o 40% do leite de España; pero a industria
láctea supón o 10% da española (en VAB e emprego). Debilidade muito maior
das industrias de capital galego: transforman o 25% do leite producido na nosa
Comunidade.
19
Notas adicionais:
• Escasa relevancia das marcas oficiais de calidade: as 4 DOP de queixos só
transforman o 2% do leite, e unicamente unha DOP pequena (San Simón da
Costa) presenta unha dinámica relativamente sólida; a produción ecolóxica ten
unha presenza testemuñal (0,5% das vacas de leite).
• Debilidade da estrutura cooperativa: atomización, escasa implicación dos
gandeiros, limitadas funcións das cooperativas (reducidas case todas á
actuación como primeiros compradores e o subministro de insumos e servizos).
4.2. Destino das vendas e comercio exterior
O destino das vendas da industria láctea ubicada en Galicia mostra unha rama
volcada ao mercado español: 30% cubre a demanda galega, 65% van ao resto de
España e só o 5% é exportado, na case totalidade a países da UE.
Conclusión: en termos de mercados, o complexo lácteo galego “ten todos os ovos
no mesmo cesto” leite fresco e envasado para o mercado español.
20
4.3. Industria e mercados: reflexións sobre o futuro
Oportunidades e riscos derivados da desaparición das cuotas
a. Oportunidades que abre a desaparición do sistema de cuotas
Dado que a produción de leite en España é un 25% inferior ao consumo de
produtos lácteos (2,4 millóns de toneladas), ábrense posibilidades de:
i. Substituir parte das importacións das industrias lácteas españolas.
ii. Substituir importacións de queixos e produtos industriais (leite en po, manteiga).
Sendo máis ambiciosos: desenvolvemento potencial das exportacións (queixos e
produtos industriais) a outros países, principalmente de fóra da UE.
Factores limitantes:
-O aumento da produción dependerá da capacidade da industria para absorbela e
canalizala aos mercados (mercado español e mercados internacionais).
-Iso precisa de investimentos, que non estamos vendo nen en Galicia nen no resto
de España (contraste co que está sucedendo noutros países da UE).
21
Gráfico 3. Produción e consumo de produtos lácteos en España
22
b. Riscos derivados da eliminación das cuotas
Ao lado das oportunidades, a desaparición das cuotas orixina novos perigos.
O incremento da produción na UE vai elevar o risco de que parte do leite galego
encontre dificultades para ter asegurada a recollida, dado que será factible
abastecer o mercado español con produtos doutros Estados membros.
No novo contexto nen sequera o mantemento de Galicia como abastecedora de
materia prima e leite envasado, o statu quo, está asegurado.
Dadas as incógnitas, necesidade de prepararse para un duplo escenario:
-Que os gandeiros teñan que asumir un papel máis activo na transformación
industrial do leite. O que pasaría por modificar a estrutura cooperativa, incluindo un
compromiso de aportacións de capital moi superior ao actual.
-Que as institucións públicas deban implicarse no impulso (como catalizadoras) de
proxectos industriais.
23
Ante esas incógnitas, que facer ? (ou non facemos nada ?)
c. Unha estratexia realista sobre produtos e mercados
Produtos: un horizonte realista consistiría en combinar dúas estratexias:
-Consolidación de Galicia como abastecedora de commodities (leite envasado e
produtos industriais) para o mercado español. Factor limitante: iso require
empresas de tamaño elevado.
-Desenvolvemento gradual da elaboración de queixos, derivados de maior valor
acrecentado e produtos con marcas de calidade, para nichos de mercado
específicos.
Mercados:
-Sen menosprezar as oportunidades de novos mercados na UE e terceiros países,
o futuro do complexo lácteo galego vai depender fundamentalmente da capacidade
para manter e reforzar as cuotas no mercado español.
-Liña complementaria, con certo recorrido: mercados de proximidade e
abastecemento do mercado galego, sobre todo en queixos e iogurts.
24
5. A (des)articulación da cadea; relacións entre produtores, industrias e distribución
De novo: feitos coñecidos, aos que levamos dando voltas nos últimos anos
Os dous modelos de organización da cadea láctea nos países da UE:
-Organización baseada en cooperativas, que concentran a recollida e
transformación do leite. A articulación gandeiros-industria faise dentro das
estruturas cooperativas (Dinamarca ou Holanda).
-Articulación a través de organizacións interprofesionais, nas que se integran
gandeiros e industrias negociando as condicións de subministro. Modelo, sobre
todo, de Francia e Italia.
A realidade en Galicia e España: ausencia de organización das relacións entre
gandeiros e industrias; cadea láctea desestruturada e desequilibrada, que
favoreceu o dominio das empresas de distribución.
25
Reflexo: distorsións na transmisión de prezos ao longo da cadea
-Cos mecanismos de regulación na UE limitados a unha rede de seguridade, a
volatilidade nos mercados internacionais de produtos industriais transmítese
rapidamente ao mercado europeo destes produtos.
-O prezo do “leite spot” (cisternas) recolle esa volatilidade das commodities.
-Consecuencia: os prezos aos gandeiros siguen as oscilacións nos mercados
internacionais.
-En cambio, os prezos dos produtos de grande consumo, nos que está
especializada a industria española, teñen unha rixidez muito maior, ligada aos
contratos coa distribución.
Efectos finais:
•Conxunturas de caída de prezos das commodities nos mercados internacionais:
a industria láctea española ve mellorar as marxes de explotación.
•O contrario nas fases de alza dos prezos internacionais: elévanse os prezos aos
gandeiros, sen que os maiores custes de aprovisionamiento da industria podan
ser trasladados á distribución.
26
0
50
100
150
200
250
300
1995 1997 1999 2001 2003 2005 2007 2009 2011 2013
FAO Dairy Price Index
2002-2004=100
UE raw milk Index
(2002-2004 =100)
27
80
85
90
95
100
105
110
115
120
125
en
e-1
1
abr-
11
jul-
11
oct
-11
en
e-1
2
abr-
12
jul-
12
oct
-12
en
e-1
3
abr-
13
jul-
13
oct
-13
en
e-1
4
Evolución de los precios de la leche al productor, a la industria y al consumo en España. Índices Base 2011=100
IPRI Leche y lácteos
Pr al productor
IPC Productos lácteos
28
Esas distorsións afectan con especial intensidade a Galicia, ao ser a principal
abastecedora de materia prima en España e contar cunha estrutura industrial
especialmente débil.
Cuestións para o futuro
Seguimos “mareando a perdiz”, ou abordamos (con ambición, pero tamén
de forma pragmática e realista) o problema ?
-No horizonte sen cuotas, e cuns mecanismos na UE restrinxidos a unha rede de
seguridade, a única vía para introducir certa estabilidade son os acordos entre
gandeiros, industrias e distribución.
-Incógnitas:
•Grao de estabilidade que pode lograrse na cadea láctea española a través desa
autorregulación (dada a volatilidade dos mercados internacionais e sen medidas
máis potentes de regulación pública a escala europea) ?.
•Até onde pode chegar unha maior estabilidade e equilibrio nas relacións entre
gandeiros e industrias sen implicar á distribución ?.
29
6. Que actuacións son prioritarias ?. Propostas para un futuro posible
Tendo en conta o exposto, o futuro do complexo lácteo galego vai depender da
capacidade, dos axentes privados e as políticas públicas, para afrontar as tres
cuestións citadas:
-Reorientación do sistema produtivo das explotacións.
-Reforzamento da industria láctea.
-Organización das relacións entre produtores, industrias e distribución.
Neste sentido, formulamos 6 propostas sobre as liñas de actuación prioritarias.
30
a. Unha reforma agraria adaptada ás condicións do século XXI
Recoñecendo que se trata dun tema complexo, resulta imprescindible unha
“reforma agraria” adaptada ás necesidades actuais do agro galego. Reforma non
centrada na propiedade, senón na mobilización produtiva das superficies.
Para o conxunto do sector agrogandeiro o reto é lograr que as terras de 1.600.000
propietarios de fincas rústicas sexan postas a disposición de 25.000/40.000
explotacións. No caso das explotacións lácteas: ampliar a base territorial das
220.000 hectáreas de SAU actuais a unhas 350.000 has.
Algunhas medidas concretas:
-Reforma da lexislación sobre arrendamentos rústicos, para fomentar esta vía de
mobilidade da terra.
-Penalización aos propietarios de terras abandonadas, utilizando mecanismos xa
existentes desde a Lei de creación do Banco de Terras en 2007.
-Reactivación do Banco de Terras, como mecanismo para impulsar a mobilidade e
facilitar que as explotacións lácteas amplíen a súa superficie.
31 31
b. Reorientación dos sistemas produtivos no sector lácteo cara a modelos
menos dependentes de insumos externos
A primeira condición é facilitar a ampliación da base territorial das explotacións.
Pero iso ten que acompañarse doutras medidas:
-Reorientación das axudas aos investimentos das explotacións, de tal modo que
se fomenten os sistemas ligados á terra e se priorice a redución de custes, fronte
aos investimentos en capital fixo (maquinaria, construcións).
-Utilización dos pagos agroambientais, quizá tamén dos pagos acoplados, para
estimular esa modificación dos sistemas produtivos, reforzando o camiño
emprendido no período 2007-2013 coas axudas incluidas no Contrato de
Explotación Sustentable.
32 32
c. Incremento do tamaño das industrias, para afrontar os retos en materia de
innovación e mercados
Partindo da debilidade da industria láctea en Galicia, o futuro esixe concentrar os
esforzos en dous ámbitos:
• Innovación, dirixida ao desenvolvemento de novos produtos e/ou procesos.
• Mellora do posicionamento nos mercados, mediante estratexias diferenciadas por
segmentos (grande distribución, food service, gourmet). Complementado co acceso
a novos mercados internacionais.
Un condicionante fundamental é o tamaño. Dúas vías posibles para superar esta
limitación:
-Crecemento das empresas e concentración empresarial (adquisicións e/ou
fusións). A cuestión: que empresas poden xogar un papel relevante nestes
procesos nos próximos anos ?.
-Fórmulas de cooperación entre empresas (da industria láctea ou distintas ramas
da industria alimentaria), para proxectos colaborativos e accións conxuntas.
33 33
d. Orientación máis selectiva do apoio público ás industrias
-Como criterio xeral, debe restrinxirse o apoio público aos investimentos de
incremento de capacidade en derivados simples con mercados saturados.
-Os fondos disponibles é necesario concentralos en tres ámbitos: liñas
produtivas en derivados de maior valor acrecentado; innovacións que permitan
reducir de modo significativo os custes; accións para o acceso a novos
mercados e a consolidación da presenza no mercado español.
-Dada a debilidade da iniciativa privada, debe deixarse aberta a posibilidade
dunha intervención pública directa (minoritaria e temporal) para impulsar
iniciativas empresariais cun carácter estratéxico (exemplo: proxectos de varias
empresas para a fabricación de leite en po e outros produtos industriais).
34 34
e. Aposta pola diferenciación e as marcas de calidade
Filosofía xeral: nun contexto de mercados liberalizados, o futuro do complexo
agroalimentario galego pasa pola calidade e a diferenciación. Nas commodities,
competindo vía custes, temos en xeral pouco que facer.
Esa idea necesita ser moi matizada no sector lácteo dada a realidade da que
partimos: industria centrada nunha commodity (leite envasado).
Sendo pragmáticos, aposta por unha doble estratexia: consolidar as posicións no
leite envasado para o mercado español; acompañar iso do desenvolvemento de
produtos diferenciados, de calidade, para nichos de mercado específicos.
Medidas concretas desde as políticas públicas:
-Apoio á consolidación de empresas de elevado tamaño, ou proxectos conxuntos,
capaces de reforzar as cuotas de mercado no leite envasado e mellorar a posición
negociadora coas cadeas de distribución.
-Impulso das DOP de queixos; pero cunha óptica empresarial, buscando a creación
de estruturas de comercialización conxuntas e con maior atención á xeración de
valor (evitando a banalización dos produtos das DOP).
-Apoio á creación de marca por parte de empresas privadas.
35 35
f. Impulso dos mecanismos de articulación da cadea láctea
Neste aspecto é esencial aproveitar as posibilidades abertas polo “paquete lácteo”,
tanto no relativo á negociación de prezos como á xestión dos volumes.
Pero hai que poñer sobre a mesa certos matices e consideracións adicionais:
-Sen unha modificación das políticas comerciais e a posición de dominio das cadeas
de distribución será difícil avanzar en relacións máis estables e equilibradas entre
gandeiros e industrias.
-A viabilidade de que as industrias modifiquen a súa “cultura” respecto ás relacións
contractuais cos gandeiros pasa pola mellora das súas estratexias empresariais
(con industrias dedicadas ao leite envasado, nunha porcentaxe elevada baixo marca
de distribuidor, iso é difícil).
-Cos condicionantes actuais, hai un alto risco de que as industrias lácteas busquen
a forma de eludir as obrigas derivadas do marco regulatorio. O forte aumento nos
últimos anos do leite recollido por primeiros compradores non transformadores
constitúe nese sentido un signo preocupante.