novelas ambientadas nas democracias … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos...

17
NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS POPULARES URSS RUSIA Archipiélago Gulag (Alexandr Soljenitsin). Relato con carácter autobiográfico sobre os campos de castigo soviéticos durante a época stalinista no que reconstrúe con detalle e crueza a vida penitenciaria nos tempos da Unión Soviética. Asesinato en el Kremlin (Alejandro Gallo). Personaxes reais mestúranse con outros de ficción partindo do feito real do asasinato, en 1934, do dirixente comunista e colaborador de Stalin, Serguéi Kirov. Na investigación para esclarecer o feito aparecen demasiadas sombras. El hombre que amaba a los perros (Leonardo Padura). Novela organizada arredor dun acontecemento histórico que tivo lugar en México en 1940: o asasinato de Trotsky pero unha historia ficticia, a dun escritor cubano que coñece por casualidade a Ramón Mercader, o asasino, xa vello e enfermo. El primer círculo (Aleksandr Solschenitzin). En 1949, un funcionario do ministerio de Asuntos Exteriores soviético fai unha chamada á embaixada norteamericana para comunicarlle a existencia dun proxecto atómico dirixido contra EE UU. A chamada queda rexistrada e cómpre descubrir o culpable. La alternativa del Diablo (Frederick Forsyth). As malas colleitas de cereais en Ucraína provocan protestas nacionalistas que poden provocar un enfrontamento entre as grandes potencias que dominan o mundo durante a Guerra Fría.

Upload: dangtu

Post on 19-Jun-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS POPULARES

URSS – RUSIA

Archipiélago Gulag (Alexandr Soljenitsin). Relato con carácter

autobiográfico sobre os campos de castigo soviéticos durante a

época stalinista no que reconstrúe con detalle e crueza a vida

penitenciaria nos tempos da Unión Soviética.

Asesinato en el Kremlin (Alejandro Gallo). Personaxes reais

mestúranse con outros de ficción partindo do feito real do asasinato,

en 1934, do dirixente comunista e colaborador de Stalin, Serguéi

Kirov. Na investigación para esclarecer o feito aparecen demasiadas

sombras.

El hombre que amaba a los perros (Leonardo Padura). Novela

organizada arredor dun acontecemento histórico que tivo lugar en

México en 1940: o asasinato de Trotsky pero unha historia ficticia, a

dun escritor cubano que coñece por casualidade a Ramón Mercader,

o asasino, xa vello e enfermo.

El primer círculo (Aleksandr Solschenitzin). En 1949, un

funcionario do ministerio de Asuntos Exteriores soviético fai unha

chamada á embaixada norteamericana para comunicarlle a

existencia dun proxecto atómico dirixido contra EE UU. A chamada

queda rexistrada e cómpre descubrir o culpable.

La alternativa del Diablo (Frederick Forsyth). As malas colleitas de

cereais en Ucraína provocan protestas nacionalistas que poden

provocar un enfrontamento entre as grandes potencias que dominan

o mundo durante a Guerra Fría.

Page 2: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

La casa Rusia (John le Carré). Relato ambientado na época da

perestroika, entre espías e contraespías, operacións de alto risco e

historias de amor.

Laberinto (Larry Collins). O islamismo ameaza a unha Unión

Soviética próxima a súa desmembración, pero un ambicioso coronel

da KGB ten un plan para cambiar o obxectivo e que sexa o

presidente de Estados Unidos, todo elo contando coa axuda unha

brillante neurocirurxiana e porá en marcha un plan tan incrible como

inquietante.

Pabellón de cáncer (Aleksandr Solzhenitsyn). Historia centrada en

dous personaxes moi diferentes –unha vítima da represión stalinista,

trasunto do propio autor, e un funcionario membro do partido

comunista e delator de disidentes- reflexionan sobre cuestión vitais

unidos por unha mesma circunstancia, a proximidade da morte.

Vida de un desconocido (Andreï Makine) Un escritor ruso exiliado en

París decide volver á súa Rusia natal en busca da propia identidade

tras un fracaso amoroso. En San Petersburgo, quedara o amor da súa

xuventude agora transformada nunha frívola nova rica, un modelo

da nova Rusia poscomunista.

DEMOCRACIAS POPULARES EUROPEAS

Cita en Berlín (Isolde Heyne). Novela xuvenil que relata a

evolución de pensamento de Inka, unha rapaza de 14 anos que

realiza unha viaxe a Berlín leste por primeira vez desde que, con

catro anos, tivo que abandonar o lugar onde nacera.

La promesa de Kamil Modracek (Jiri Kratochvil). Praga, anos 50,

en pleno dominio do réxime comunista, historia de crimes con

transfundo político.. Unha pintora é asasinada logo dun

interrogatorio da policía secreta e seu irmá, un arquitecto, xura

vingarse, pero a situación se lle escapa das mans.

Page 3: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

El espíritu de Praga (Ivan Klima). Recompilación de textos

centrados no escenario da cidade de Praga obra dun autor que viviu

intensamente a historia do seu país desde a ocupación nazi á

revolución do veludo de 1989 e a repartición de Checoslovaquia en

1993.

CHINA MAOÍSTA E POSMAOÍSTA

Adiós a mi concubina (Lilian Lee). Durante catro décadas, dous

actores da ópera chinesa gozan de fama e boa posición, pero coa

chegada de Mao e a prohibición deste xénero, os actores sobreviven

como poden actuando en obras de propaganda ata que son acusados

de tramar a morte do líder. Desde o desterro a que son sometidos

logran fuxir a Hong Kong, onde poderán retomar a súa actividade.

Amor el espino blanco (Ai Mi). Historia de amor durante a

revolución cultural china dos anos 70. As diferenzas sociais e

ideolóxicas das familias dos namorados non impiden que o romance

continúe e unicamente a morte os separará.

Azalea roja (Anchee Min). Biografía da autora durante a súa vida en

China antes de trasladarse a EE UU en 1984, aínda que os datos

corresponden a etapa comprendida entre a súa infancia en Shanghai

ata a morte de Mao en 1976. Seguidora de Mao inicialmente, varios

conflitos no seu contorno fan que se vaia distanciando desta

ideoloxía e acabe por marchar de China.

Balzac y la joven costurera china (Dai Sijie). Durante a revolución

cultural maoísta, dous mozos son levados a unha aldea para

reeducalos; alí coñecen a outros mozos que leen novelas prohibidas

publicadas en occidente e a súa lectura lles presenta dúbidas e

reflexións.

Page 4: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

Cisnes salvajes (Jung Chang). Relato sobre a vida de tres mulleres

que resume a problemática das vicisitudes de China ao longo do

século XX.

El Club de la Buena Estrella (Amy Tan). O autor, desde a distancia

que lle permite vivir en Estados Unidos, relata as vidas dun grupo de

mulleres coas que compón un mosaico da historia de China e de

Estados Unidos durante máis de cincuenta nos.

El teatro de los lirios (LuluWang). A familia de Lian é trasladada a

un campo de reeducación durante a revolución cultural de Mao. Para

evadirse do ambiente opresivo, trata de escaparse á natureza, onde

fala cos animais e as flores da súa propia vida. O lirismo das pasaxes

contrasta coa dureza das situacións reais.

El verano de la traición (Hong Ying) Relato baseado nos tráxicos

sucesos da Praza de Tiananmen de 1989.

En el estanque (Ha Jin). Unha pequena fábula revolucionaria ambientada nos anos posteriores á norte de Mao que discorre entre as miserias e os anhelos duns personaxes comúns que se esforzan por apoderarse das faragullas de riqueza que se lles poñen ao seu alcance.

Haz el favor de no llamarme humano (Wang Shuo). Con humor e

un argumento un tanto esperpéntico o autor aborda a desquiciada

realidade china durante a época de Deng Xiaoping. Tras o fracaso de

China nos Xogos Olímpicos, o Comité Nacional pola Mobilización

Popular debe restituír o honor da patria buscando a persoa que

converterán no novo superheroe chinés.

Page 5: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

La chica del pañuelo rojo (Jili Jiang). Con 12 anos cando se inicia a

revolución cultural de Mao, a protagonista séntese solidaria e

orgullosa de participar nela, pero os problemas se inician cando a súa

familia comeza a ser acosada por ter avós que foron terratenentes:

unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos.

La espera (Ha Jin). Relato ambientado nos anos 60 que centra a súa

crítica na burocracia comunista a través da historia dun médico que

se ve obrigado a ocultar os seus auténticos sentimentos para non ser

considerado un burgués reaccionario.

La esposa del Dios del Fuego (Amy Tan). Longa historia persoal

sobre o fondo histórico de China desde os anos veinte ata os inicios

do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil.

La hija del curandero (Amy Tan). Narración sobre a vida dunha

muller nacida en China a comezos do século XX e que emigra a

Estados Unidos tras o triunfo de Mao. A segunda parte da historia é a

que relata a súa filla desde San Francisco.

La puerta de la paz celeste (Shan Sa). Sinxela narración da loita por

conseguir unha vida máis libre e xusta tratando de liberarse da

maquinaria opresora do réxime comunista.

Las tres hijas de Madame Liang (Pearl S. Buck). En plena

revolución cultural madame Liang rexenta en Shanghai un

restaurante de distinguida clientela e sofisticado menú, a pesar das

consignas oficiais de austeridade, o que mostra a duplicidade do país.

Outro contrapunto é o que poñen as tres fillas que estudan en EE UU.

Page 6: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

Madame Mao (Anchee Min). Biografía novelada dunha das mulleres

máis temidas e admiradas da historia chinesa, rebelde, actriz,

ambiciosa, tirana que gobernou China á morte do seu marido Mao.

Nacer mujer en China (Xinran Xue). En 1989, nun momento de

certa apertura do réxime, unha periodista iniciou un espazo

radiofónico no que invitaba ás mulleres a falar da súas experiencias e

o libro recolle parte deses testemuños.

Pies vendados y traje occidental (Pang-Mei). A principal

protagonista é a avoa da autora que conta á súa neta os cambios

orixinados en China coa chegada do réxime comunista de Mao, con

tantas costumes que tivo de esquecer e outras novas que

obrigatoriamente tivo que aceptar.

Sombras del pasado (Ha Jin). Novela ambientada na China de 1989,

pouco antes da revolta estudantil da praza de Tiananmen centrada na

vida dun universitario e as súas reflexións mentres coida, nun

hospital, dun profesor que acaba de sufrir un ataque cerebral.

Vientos amargos( Harry Wu). Narración das propias experiencias

vividas durante máis de vinte anos en campos de trabajo chineses aos

que eran enviados os acusados de ser inimigos do réxime comunista

e nos que eran sometidos a reeducación.

CUBA

Bacardí Cuba ( Tom Gjeten). Historia da familia Bacardí de Cuba,

posuidora dunha destilería coñecida en todo o mundo. Historia

dunha familia, un negocio e unha nación ao longo de 150 anos de

paixón, ambición e poder.

Page 7: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

Cuba libre (Yoani Sánchez). Esta bloguera cubana ofrece unha

incisiva mirada sobre os problemas e desexos actuais do seu país.

El rey de La Habana (Pedro Juan Gutiérrez). Historia baseada en

feitos reais, narra a vida dun rapaz nas rúas da Habana nos anos

noventa, cunha linguaxe dura similar á da vida do protagonista.

La providencia (Emilio A. Foureaux). Narración sobre a propia

experiencia vivida polo seu autor (Miliki) durante a revolución

cubana, personalizado na figura dos exiliados políticos daquela

época. Coa chegada de Castro ao poder, o protagonista, que loita

pola revolución, vese obrigado a abandonar a illa, enfrontándose a

un futuro incerto.

Sangra por la herida (Mirta Yáñez). A narrativa actual cubana trata

de plasmar nas letras a verdade sen temor á censura, rescatando a

memoria histórica dunha xeración que viviu con forza os convulsos

anos 60, mostrando as marcas que esa etapa deixou nas súas vidas.

NOVELAS AMBIENTADAS EN PAÍSES DESCOLONIZADOS

INDIA

Donde las piedras son dioeses (Norman Lewis). Convencido de que

na India existían moitas zonas que se afastaban dos itinerarios

tradicionais, o autor emprendeu unha viaxe polas rexións de Bihar y

Orissa, extensas zonas nas que aínda persiste unha enorme pobreza e

subsisten tribus aborixes que manteñen as súas propias tradicións.

Page 8: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

El buen nombre (Jhumpa Lahiri). Unha novela de xeracións, do

exilio dunha familia que emigra desde Calcuta a Estados Unidos,

das vivencias contrastadas entre a sociedade que se deixa atrás e a

que hai que adaptarse.

El chico de la playa (Vakil Ardashir). India segue sendo un mundo

de contrastes de moitos tipos, como os que vive o protagonista nos

anos 70. Fillo dunha acomodada e occidentalizada familia de

Bombai, ante a falta de atención dos seus pais refúxiase na casa dos

veciños, unha ordenada familia comunista e outras personaxes do

barrio.

El cielo de Bombay (Thrity Umrigar). Historia cargada de

sensibilidade e emoción sobre os prexuízos de casta no Bombai

actual a través da relación de dúas mulleres, ama e criada, unidas

polo afecto pero separadas polas diferenzas sociais.

El dios de las pequeñas cosas (Arundhati Roy). Narración sobre

diferentes aspectos de India ao longo das décadas dos anos 70 e 80 a

través dunha familia que vive ao sur de India e na que se mesturan

numerosos personaxes coas súas propias vidas.

El olor de la India (Pier Paolo Pasolini). O libro foi escrito ao

regreso da viaxe do autor pola India en 1961 e é a crónica do

impacto que ese país exerceu sobre o director de cine italiano, pola

beleza dos templos de Benarés, as noites de Bombay, o Ganxes, os

olores… O libro complétase cunha entrevista a Alberto Moravia que

acompañou ao autor na viaxe.

Page 9: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

El perfecto equilibrio (Rohinton Mistry). Unha cidade india xunto

ao mar, 1975. O goberno acaba de declarar o estado de emerxencia e

a escaseza de vivendas obriga a compartir os espazos. As catro

persoas nas que se centra a acción acabarán mesturando as súas

vidas nun clima de afecto e humor.

El sari rojo (Javier Moro). Novela de amor, traizón e familia no

corazón da India protagonizada por Sonia Gandi, unha italiana de

familia humilde que, a raíz do seu matrimonio con Rajiv Gandhi,

viviu un conto de fadas ao pasar a formar parte da emblemática saga

dos Nehru-Gandhi.

El vagón de las mujeres (Anita Nair). Unha muller madura e

solteira da que sempre dependeu a súa familia sente a necesidade de

fuxir de todo e toma un tren no que se atopa con outras mulleres

coas que comparte confidencias.

El vendedor de saris (Rupa Bajwa). A través da vida dun humilde

vendedor de saris aparecen as grandes diferenzas económicas e

sociais da India: as ricas clientas preocupadas pola imaxe e o

mantemento das relación sociais interesadas, os compañeiros de

traballo, os vecinos, o xefe, os amaños das vodas…

Era medianoche en Bopal (Dominique Lapierre e Javier Moro).

Relato novelado do escape dunha nube de gas tóxico producida por

unha fábrica norteamericana construída en Bopal que causou trinta

mil mortes e cincocentos mil feridos.

Esperando al Mahatma (R.K. Narayan). Novela ambientada nos

anos anteriores á independencia de India. O portagonista é un mozo

de familia acomodada pero solitario que se namora dunha seguidora

de Ghandi, polo que tamén el se suma ao movemento. O relato

remata coa morte do líder da non violencia.

Page 10: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

Esta noche la libertad (Dominique Lapierre e Larry Collins). Obra

clásica sobre a caída do imperio británico na India e o nacemento de

India e Paquistán. No relato aparecen protagonistas básicos do

proceso, destacando a figura de Ghandi rematando libro co seu

asasinato.

Gora: una juventud en la India (Rabindranath Tagore). Aínda que

escrita con anterioridade á independencia, presenta un magnífico

retrato da sociedade bengalí a través da epopeia do seu protagonista

no marco da enorme diversidade de razas, culturas e relixións que

caracterizan a India.

Hijos de la medianoche (Salman Rushdie). O autor sérvese do

protagonista para recrear os momentos finais da India como colonia

británica, da súa indepencia e do nacementos de dous novos países,

India e Paquistán, combinando estes feitos reais con outros de

ficción.

India (V. S. Naipaul). A modo un libro de viaxes, o autor, na súa

dobre condición de hindú e europeo, describe con amenidade e

exactitude mil aspectos da India actual.

India, vagón 14-24 (Ignacio Carrión). Relato da experiencia vivida

polo autor cando, a finais dos anos 70., realiza unha viaxe

percorrendo India nun vagón enganchado aos trens que conectaban

as principais ciudades. A ocasión permitiu ao periodista coñecer

lugares e persoas, algunas tan interesantes como Tareixa de Calcuta

e a primeira ministra Indira Gandhi, á que entrevista no derradeiro

capítulo.

Page 11: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

La ciudad de la alegría (Dominique Lapierre). Best-seller mundial

que describe as miserables condicións nas que vivían os

desherdados na India, especialmente os dun barrio de chabolas de

Calcuta, onde as desgrazas se suceden provocadas pola chuvia, as

enfermidades, as tradicións ou os políticos. En medio dun inmenso

caos, un médico norteamericano trata de aliviar a situación

ofrecendo a súa axuda.

La India que yo amo (Ramiro Calle). Relatos deste orientalista

español extraídos das súas viaxes a través de curiosidades,

entrevistas e tradicións de todos os puntos dese enorme e variado

subcontinente.

La nieta de la Maharaní (Maha Akhtar). A través de case un século

da historia da India e de catro xeracións de mulleres, a autora

describe vivencias, espazos e acontecementos que se inician e

rematan en España coa historia de Anita Delgado.

Una mujer casada (Manju Kapur). Astha es un ama de casa

tradicional, pero cando coñece a un atractivo profesor de Historia

recupera un dos seus desexos: pintar. Será compatible esta vocación

co seu papel de esposa e nai?

Vicente Ferrer. La revolución silenciosa (Alberto Oliveras). Non é

historia de India, pero si dunha persoa que dedicou a súa vida a

mellorar a condición dos menos favorecidos daquel país e que

deixou unha fonda pegada en xentes, paisaxes e actitudes.

Page 12: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

NOVELAS AMBIENTADAS EN AMÉRICA LATINA

PAÍS INDETERMINADO

El otoño del patriarca (Gabriel García Márquez). A novela é como

unha fábula sobre o poder e a soidade dos poderosos, presentado a

un ditador nun ficticio país do Caribe que exerce un poder ditatorial

prototipo deste tipo de réximes que se instalaron en numerosos

países de América latina na segunda metade do século XX.

Jaque a la deuda (Carlos Fiances). Novela xuvenil que aborda a

cuestión das dificultades económicas que sofren moitos dos países de

América Latina á hora de ter que devolver os préstamos do FMI. Un

economista alemán presenta un plan: axudar aos países coa

condición de que se unan politicamente a algún país europeo. A

experiencia faríase con España e a República Dominicana que

pasaría a ser como unha especie de nova Comunidade Autónoma.

Historia de Ana. (Urs M. Fieechtner). Novela xuvenil que aborda a

temática das ditaduras latinoamericanas. Ana, universitaria dun país

suramericano sen identificar, vive alegre e confiada coa súa nai, pero

pola relación con amigos acaba comprometida coa loita política

contra a ditadura que aterroriza o seu país. Pero un día é detida e

pasa a formar parte dos desaparecidos; sufre todo tipo de vexacións,

da a luz un neno que lle arrebatan…pero non perde a esperanza nin a

fe no triunfo final.

COLOMBIA

Cien años de soledad (Gabriel García Márquez). A novela está

ambientada no ficticio pobo de Macondo nun amplo espazo

temporal da historia de Colombia entre mediados do século XIX e

mediados do XX, época recoñecible polas guerras civís que

enfrontaron a liberais e conservadores, a federais con centralistas,

´poca de construción do ferrocarril e da explotación bananeira, pero

sobre todo é unha novela fundadora do denominado realismo

máxico.

No hay silencio que no termine (Ingrid Betancourt). Relato

autobiográfico da candidata á presidencia de Colombia foi

secuestrada polas FARC, que a mantivo en cautividade durante seis

anos. Este é o relato da súa vida durante ese tempo, das penalidades

sufridas nas duras condicións da selva, mantida unicamente coa

esperanza da liberación

Page 13: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

Noticia de un secuestro (Gabriel García Márquez). Narración

baseada nun feito real, o secuestro de varias personalidades

colombianas, a comezos dos 90, a partir dos relatos dos propios

secuestrados.

CUBA

Memorias del desarrollo (Edmundo Desnoes). Ideas, reflexións e

representación do proceso revolucionario a través da voz dun

narrador pertencente á orde burguesa en descomposición. Pero a

ironía e ambigüidade da novela permiten que se poida ler como

crítica á burguesía ou como crítica aos elementos opresivos da

revolución.

MÉXICO

Itinerario de una Pasión. Los Amores de Mi General Villa (Rosa

Huella Villa). Novela escrita pola neta de José Doroteo Arango

Arámbula, Pancho Villa, un dos líderes da revolución mexicana

centrada na intensa vida amorosa do seu avó.

REPÚBLICA DOMINICANA

La fiesta del chivo (Mario Vargas Llosa). Novela centrada na época e

actividade do ditador da República Dominicana Rafael Leónidas

Trujillo, das consecuencias para a vida da illa, desde dous puntos de

vista separadas por unha xeración: a que viviu o seu asasinato en 1961

e a de 1992 cando unha das protagonistas volve á illa e reflexiona sobre

o pasado.

ARXENTINA

Cuarteles de invierno (Oswaldo Soriano). Historias ambientadas na

época da ditadura militar (1976-1983). Un cantor de tango e narrador e

un boxeador son contratados para as festas dun pobo; non queren máis

que facer o seu traballo e non involucrarse nas intencións do s

militares, pero non resulta sinxelo.

Page 14: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

No habrá más penas ni olvido (Osvaldo Soriano) Na localidade

imaxinaria de Colonia Nueva desátase unha loita entre peronistas de

esquerda e de dereita que acabará con tráxicas e imprevistas

consecuencias.

Operación Masacre (Rodolfo Walsh). Novela baseada nos coñecidos

como fusilamentos de José León Suárez, unha matanza de militares e

civís que tivo lugar en xuño de 1956 durante o goberno do

autodenominado revolución libertadora. O relato dun dos superviventes

permitiu a redacción desta novela.

CHILE

El desierto (Carlos Franz). A historia transcorre nun pobo chileno

durante a ditadura de Pinochet, convertido xa nun ancián. A

protagonista é una xuíza que debe enfrontarse a un militar, situación

que serve para ilustrar unha interesante reflexión sobre os perversos

vínculos que se establecen liberdade e ditadura.

Insaciables (Mónica Echeverría e Patricia Lutz). Novela sobre o

ascenso e a caída e, sobre todo, a ambición sen límites da familia de

Augusto Pinochet a partir dunha ampla documentación investigada.

La burla del tiempo (Mauricio Electorat). A novela está estruturada

en dous relatos paralelos: o dun grupo de adolescentes que comeza a

militar na esquerda clandestina en Santiago a finais dos anos 70, e

un mozo captado pola ditadura e delator. No encontro de ambos

prodúcese o intercambio de confesións de que compartiu, desde

extremos opostos, o pasado dun país.

La casa de los espíritus (Isabel Allende). Historia da saga dunha

poderosa familia chilena de terratenentes a través de tres xeracións.

O despótico patriarca non consegue manter o imperio privado

debido ao paso do tempo a ao contorno social cada vez máis

explosivo.

La vida doble (Arturo Fontaine). Esta novela aborda a violencia do

réxime da ditadura de Pinochet desde unha perspectiva menos

habitual: a liberalización económica radical e as convulsiones que

orixinou o cambio radical dos patróns produtivos. A novela mostra o

rápido ascenso da plutocracia advenediza e o eclipse da vella orde: a

aristocracia latifundista ferida por Allende e rematada por Pinochet.

Page 15: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

Las cien águilas (Germán Marín). Segunda parte da triloxía

Historia de una absolución familiar (Círculo vicioso, La ola

muerta), unha especie de axuste de contas co pasado e palabras do

autor. Esta entrega valeu o repudio dos seus compañeiros de

promoción da Escola Militar por utilizar símbolos castrenses. O

autor, colaborador de Allende, é un dos máis duros críticos da

ditadura chilena.

Miguel Littín clandestino en Chile (Gabriel García Márquez).

Reportaxe sobre a visita clandestina que o director de cine chileno

Miguel Littín realiza ao seu país natal lodo de 12 anos de exilio,

falsificando datos para poder entrar e filmar, pois figuraba na listaxe

negra de Pinochet que lle impedía regresar. A misión ten éxito e

consegue valiosos testemuños sobre as actuacións da ditadura.

Nocturno de Chile (Roberto Bolaño). Historia dun sacerdote do

Opus Dei que relata catro episodios da súa vida: a visita á casa dun

destacado crítico literario nos anos 50, a viaxe a Europa nos 60, as

clases sobre o marxismo que realizou para Pinochet e so seus

colaboradores nos 70, e a asistencia aos faladoiros literarios, lugares

onde tamén se torturaba aos opositores ao réxime.

Relato en el frente chileno (Ilario Da. Bonnefoy).Relato sobre tres

xoves chilenos que se opuxeron activamente á ditadura.

Salvador Allende (Enrique Lafourcade). Novela escrita pouco

despois da morte do presidente chileno e o autor relata o que

imaxina que serían os seus pensamentos nos últimos momentos da

súa vida

Synco (Jorge Baradit). Obra de ciencia ficción de carácter político.

Salvador Allende non more e Chile é una nación modélica para o

mundo, onde a tecnoloxía alcanza cotas de gran desenvolvemento e

Santiago é unha gran capital en constante crecemento. A rede Synco

logra inventar un modelo socialista da man do pensamento

colectivo, os mitos mapuches, o esoterismo, a experimentación

xenética sen marcos legais e a deformación dos referentes culturais

soviéticos.

Page 16: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

Tejas Verdes. Diario de un campo de concentración en Chile Hernán

Valdés). Relata as vivencias do autor despois do golpe militar

encabezado por Pinochet en 1973 contra o goberno socialista de

Salvador Allende, desde o momento que que foi secuestrado e

levado ao campo de concentración ata a súa liberación.

Tengo miedo torero (Pedro Lemebel). Santiago de Chile, 1986.

Barricadas nas rúas e protestas continuas contra a ditadura e no

medio deste panorama, unha serie de personaxes marxinais e a

preparación dun atentado contra Pinochet.

Una casa vacía (Carlos Cerda). Un acomodado empresario regala

unha casa á súa filla, unha casa supostamente abandonada durante a

ditadura de Pinochet. O día que se celebra o inicio da vida na casa,

entre os invitados están os antigos propietarios e outros personaxes

que van dando pistas para entender que a casa non estaba abandona

senón que foi utilizada polos militares como centro de detención

clandestino e de tortura.

PERU

El héroe discreto (Mario Vargas Llosa). Trama de dúas historias de

empresarios no Perú actual, as súas vidas familiares, os negocios, os

problemas cos fillos, as amantes, os intentos de extorsión esixindo o

pago dunha cota en papeis asinados cunha araña, o secuestro dunha

amante ou a morte finxida para poder casar a escondidas dos seus

fillos… múltiples historias habilmente entrelazadas.

Historia de Mayta (Mario Vargas Llosa). A obra preséntase como

unha investigación que intenta reconstruír a figura de Alejandro

Mayta, un troskista peruano que en 1958 iniciou un intento

revolucionaria que fracasou; posteriormente foi detido en varias

ocasións e a súa figura quedou esquecida.

Page 17: NOVELAS AMBIENTADAS NAS DEMOCRACIAS … · unicamente se denuncia a seu pai poderá continuar cos seus estudos. La ... do mandato de Mao a través da convulsa historia da guerra civil

Quién mató a Palomino Molero? (Mario Vargas Llosa). Relato de

carácter policíaco a partir da aparición do corpo, brutalmente

asasinado, do aviador Palomino Molero atopado preto dunha base

militar ao norte de Perú. Este feito é un pretexto para que o autor

examine a natureza humano no seu lado máis escuro, a corrupción

política e os prexuízos de clase no Perú dos anos 50.

OUTROS PAÍSES

El beso del Sahara (Gonzalo Moure Trenor). Novela xuvenil sobre

os campos de refuxiados saharauis. Durante a súa visita a un destes

campos, Marta recibe un bico de Nadira, unha rapaza refuxiada e a

partir dese momento as súas vidas se intercambian. Os soños e a

realidade confúndense coa vida das dúas protagonistas.

Las montañas de Buda (Javier Moro). Historia do Tibet, onde os

monxes budista presentan cara ás tropas chinesas en defensa dunha

fe, unha tradición e o espírito dun pobo, a forza do Dalai Lama

mantendo a chama da esperanza. A atención está centrada en dúas

mulleres que se unen a un grupo de refuxiados para cruzar, de noite,

as montañas máis altas do mundo.