nota de prensa necesidades en saúde mental a_coruña_10outubro2011

2
A Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña está formada polas seguintes organizacións: Federación de AAVV da Coruña e Área Metropolitana, Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica da Coruña, Asociación sociocultural Namentras, BNG, CCOO, CIG, PSdeG-PSOE, UGT, Xunta de Persoal da Área de Saúde da Coruña Recursos para saúde mental: unha emerxencia, tamén na Coruña A Coruña, 10 de outubro de 2011, Día Mundial da Saúde Mental A Plataforma pola defensa e mellora da sanidade pública da Coruña contou desde o seu inicio, en xuño de 2010, co obxectivo de ter unha dotación adecuada de recursos en saúde mental. Hoxe, no día mundial da saúde mental, a Plataforma insiste na necesidade de atención digna e eficaz dos pacientes con problemas de saúde mental. Queremos chamar a atención, con urxencia, pola pésima dotación de recursos de rehabilitación de pacientes crónicos na Coruña. É unha enfermidade que non ten porque verse pero que provoca un sufrimento inmenso aos pacientes e ás súas familias. Saúde mental é a área máis precaria en recursos de todo o Sistema, tanto en Galicia como en España. Ademais do incremento excesivo da demanda nos centros de saúde mental, condicionado tamén pola medicalización dos problemas da vida, os cambios sociais e médicos dos últimos anos produciron cambios organizativos importantes na atención de saúde mental. O abandono dos Sanatorios psiquiátricos e a orientación do proceso de atención cara a atención ambulatoria ou no domicilio, e cun enfoque de rehabilitación e de inserción sociolaboral dos pacientes, fixo necesario crear novas estruturas e novas formas de atender aos pacientes. A crise parece que pode con todo, incluso coa nosa conciencia, pero as realidades están aí: En España os suicidios están aumentando e son xa a terceira causa de morte, tras a mortalidade cardiovascular e o cancro. A realidade é bastante dramática na Coruña, sobre todo nos dispositivos de rehabilitación. Non contamos con Unidade de Rehabilitación Hospitalaria, sendo necesario derivar ao Hospital de Santiago, onde tampouco se poden facer cargo dos pacientes da Coruña por estar eles tamén saturados. Tampouco contamos con centros de reinserción psicosocial e laboral. As prazas de coidados residenciais ou pisos protexidos están concertados con organizacións de enfermos, que afortunadamente están cubrindo, na medida das súas posibilidades, as deficiencias da sanidade pública. Revisando o Plan Estratéxico de Saúde Mental 2006-2011 podemos comparar os recursos recomendados e os recursos existentes. Non hai neste momento ningunha perspectiva de mellora:

Upload: ramon-castro

Post on 10-Jan-2017

238 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nota de prensa necesidades en saúde mental a_coruña_10outubro2011

A Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña está formada polas seguintes organizacións: Federación de AAVV da Coruña e Área Metropolitana, Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica da Coruña, Asociación sociocultural Namentras,

BNG, CCOO, CIG, PSdeG-PSOE, UGT, Xunta de Persoal da Área de Saúde da Coruña

Recursos para saúde mental: unha emerxencia, tamén na Coruña

A Coruña, 10 de outubro de 2011, Día Mundial da Saúde Mental

A Plataforma pola defensa e mellora da sanidade pública da Coruña contou desde o seu inicio, en

xuño de 2010, co obxectivo de ter unha dotación adecuada de recursos en saúde mental. Hoxe, no

día mundial da saúde mental, a Plataforma insiste na necesidade de atención digna e eficaz dos

pacientes con problemas de saúde mental. Queremos chamar a atención, con urxencia, pola pésima

dotación de recursos de rehabilitación de pacientes crónicos na Coruña. É unha enfermidade que non

ten porque verse pero que provoca un sufrimento inmenso aos pacientes e ás súas familias.

Saúde mental é a área máis precaria en recursos de todo o Sistema, tanto en Galicia como

en España. Ademais do incremento excesivo da demanda nos centros de saúde mental,

condicionado tamén pola medicalización dos problemas da vida, os cambios sociais e

médicos dos últimos anos produciron cambios organizativos importantes na atención de

saúde mental. O abandono dos Sanatorios psiquiátricos e a orientación do proceso de

atención cara a atención ambulatoria ou no domicilio, e cun enfoque de rehabilitación e de

inserción sociolaboral dos pacientes, fixo necesario crear novas estruturas e novas formas

de atender aos pacientes.

A crise parece que pode con todo, incluso coa nosa conciencia, pero as realidades están aí:

En España os suicidios están aumentando e son xa a terceira causa de morte, tras a

mortalidade cardiovascular e o cancro.

A realidade é bastante dramática na Coruña, sobre todo nos dispositivos de rehabilitación.

Non contamos con Unidade de Rehabilitación Hospitalaria, sendo necesario derivar ao

Hospital de Santiago, onde tampouco se poden facer cargo dos pacientes da Coruña por

estar eles tamén saturados. Tampouco contamos con centros de reinserción psicosocial e

laboral. As prazas de coidados residenciais ou pisos protexidos están concertados con

organizacións de enfermos, que afortunadamente están cubrindo, na medida das súas

posibilidades, as deficiencias da sanidade pública.

Revisando o Plan Estratéxico de Saúde Mental 2006-2011 podemos comparar os recursos

recomendados e os recursos existentes. Non hai neste momento ningunha perspectiva de

mellora:

Page 2: Nota de prensa necesidades en saúde mental a_coruña_10outubro2011

A Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública da Coruña está formada polas seguintes organizacións: Federación de AAVV da Coruña e Área Metropolitana, Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica da Coruña, Asociación sociocultural Namentras,

BNG, CCOO, CIG, PSdeG-PSOE, UGT, Xunta de Persoal da Área de Saúde da Coruña

Existentes Recomendados Diferenza

USM

Cee 8 1

8 1

0 0

Hospital de Día 1 2 -1 Camas de Hospitalización psiquiátrica de Agudos (1/10000 hab)

31 52 -21

Unidade de Hospitalización Psiquiátrica Infanto-Xuvenil

Non hai

Centro para nenos e adolescentes co graves problemas de conduta

Non hai na Coruña. Só está o centro de Pedroso, en Santiago

Unidade de saúde mental infanto-xuvenil

1 2 -1

Unidade de psicoxeriatría 0 1 -1 Unidade de alcoholismo e outras drogodependencias. As teóricas Unidades de Condutas Aditivas

1 1 0

Unidade de RHB Non hai. Derivación a Santiago, que é deficitaria en camas

Centros de reinserción psicosocial e laboral

Non hai públicos

Unidades de coidados especiais (xudiciais,…)

Non hai. Derivación a Santiago

Unidades de Coidados Residenciais Non hai. A Santiago Pisos protexidos 16 pacientes 36 -20 Prazas residencias específicas 0 13 -13

Asina: Ramón Veras Castro (696394788), en representación da Plataforma