non digas o meu nome en voz alta

9

Click here to load reader

Upload: patricia-aa

Post on 30-Mar-2016

222 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

http://www.blogoteca.com/moitoconto/

TRANSCRIPT

Page 1: Non digas o meu nome en voz alta

1º premio

Non digas o meu

nome en voz alta

Rebeca Rodríguez

Page 2: Non digas o meu nome en voz alta

-Si, non, non sei… Eu queríao, xúrollo, non sería capaz de facerlle dano a

Alejandro.

Iso foi o último que dixen antes de entrar aquí. Levo xa seis meses

internada á espera de xuízo e non sei o que vai pasar porque ninguén me cre…

Teño que declarar ante o xuíz antes da vista. A miña avogada?... Ben, fai o

que pode, pero non ten fe en min. Coma ninguén por aquí á volta. Estame

conducindo a onda o xuíz, ela fala, eu oio que fala, pero non a escoito. Estou

farta de preguntas inútiles que sei que non van servir.

O fondo do corredor, a porta, a cadeira gris, a mesa gris e a bombilla

colgando do teito. O xuíz comezou co interrogatorio.A miña historia comeza

así...

Era un día de inverno. Saía do instituto e vin o coche máis marabilloso

que ninguén inventara ata o momento. Era un Seat Ibiza Cupra, negro,

reprogramado, colectores, backets Recaro .. Un señor coche. A miña

conversación coas colegas pasou a segundo plano cando vin semellante bólido

aparcado diante dos meus narices. Encantoume. Imposible negalo. El estaba

apoiado fóra, observando... Non o puiden resistir e ollei para el, era

guapísimo.. Nun primeiro momento xa souben que era máis vello ca min, xa

polo simple feito de ter coche, e de ter ese coche. A maioría de rapaces que

coñecía con coche tiñan unha pota vella herdada de seus pais ou de seus

irmáns maiores... Pensei que tería uns vinte e cinco-trinta. Aínda así,

Page 3: Non digas o meu nome en voz alta

pareceume o anxo de todos os anxos... Tiña barba de dous días, ollos claros e

mirada picara.. Quedei tan embobada mirando para el, que nin sequera me

dei conta de que as miñas amigas estaban a rirse de min, e de que el tamén

me devolvía a mirada... Sentinme cohibida... Pregunteime a min mesma por

que estaría alí . El, estaba claro, había anos que deixara o colexio. Entón vin

saír a Adán con cara de poucos amigos... Non sabía que Adán tivese un irmán

tan, tan guapo... El viña recollelo, pois no colexio non se fiaban de que fose á

casa á saída, e era necesario que un adulto respondese por el debido ao seu

mal comportamento... dentro e fóra do horario escolar ...

Así sucedeu día tras día: el viña recoller a seu irmán pequeno e nós

ollabamos o un para o outro ..

O día menos pensado, estando nese ritual diario, el acercouse , olloume,

e saudoume. Ofreceuse a levarme á casa, pois non tiña que levar a seu irmán,

viñera simplemente por verme. Eu aceptei claro... Non podía resistirme a el,

ao coche, ao perigo, e ademais estaba chovendo...Que carallo!

O tempo transcorreu e o que en principio só foron olladas, pasaron a

citas, e a unha relación intensísima... Eu coñecín a felicidade ao lado de

Alejandro. El era o meu todo .. Non me importaba que tivese 34 anos e eu 16,

non me importaba nada ...Porque nós eramos luz e todos estaban cegos .... As

citas con el, os días de ir pasear ao campo, cear por aí, saídas, excursións,

incluso ver a tele con el era para min o mellor que nunca puidese imaxinar. A

vida con el era sinxelamente marabillosa. O mellor momento do día era a

saída do colexio, non porque acabara ese castigo insufrible que xa non podía

Page 4: Non digas o meu nome en voz alta

soportar máis, senón porque era o primeiro momento do día no que vía a cara

do meu anxo, do meu rei. El primeiro levaba a Adán a casa. A el creo que eu

non lle caia moi ben. Non sei. Aínda que a verdade nunca o vin mirar para

ninguén sen poñer cara de asco.

Á xente, ao principio, estrañoulle a miña relación con el , pois como

saltaba a vista era moito maior ca min ... Pero chegou un momento no que

estaban tan acostumados a vernos xuntos que ninguén se entremeteu. Ata que

aquel día ... Estabamos camiñando polos arredores do instituto, trouxérame

el a clase pola mañá burlando as normas estúpidas de meu pai. Nada máis

entrar no coche, noteino tenso, pensei que sería por espertar tan cedo ou

calquera outra cousa... Non lle dei importancia. Cando baixamos do coche, el

díxome que lle termara do móbil mentres collía algo no coche, non lembro

ben o que, eu agarreino. Estaba chovendo, esbirrei e o móbil caeume nunha

poza. Alejandro veu, agarroume polo brazo e comezou a chamarme torpe. A

xente quedóusenos mirando. Non entendín por que me estaba a humillar

diante da xente, pero unha mala mañá tena calquera .. Aínda que esa mala

mañá custounos bastante tempo de enfado, de morros, e de brazos cruzados,

de chamadas sen resposta e de días sen vernos nin de saber o un do outro.

Despois de pedirme desculpas, fixemos as paces.

Todo volveu á normalidade. Citas. Encontros. Paseos. A felicidade

volvera a min. Pero a xente seguía desconfiando de nós .

Aquel fora un día de primavera luminoso, pero frío. Saín da ducha cun

sorriso de orella a orella e funme vestir de azul , a súa cor favorita. Puxen un

Page 5: Non digas o meu nome en voz alta

vestido azul de gasa, dous pares de medias porque ir, ía frío, pero eu queríame

lucir. Unhas bailarinas brancas e o bolso branco para facer conxunto.

Estaba todo pensado. Eu fun con todo o amor do mundo pedirlle as

pinzas para rizar o pelo á miña veciña Lida . Eran para facer unhas ondas no

pelo. Porque o meu pelo non riza desde que teño as capas e quería que el me

vise de maneira distinta que co pelo sempre lisiño. Ela deixoumas encantada

cun sorriso cómplice lendo a cara de parva que levaba posta como unha

máscara dende que quedara con el . Fun ao meu piso e púxenme mans á obra

co pelo, primeiro rizalo coas pinzas e feito isto desfacer os rizos co secador

con coidado para que me quedaran unhas ondas perfectamente naturais .

Maquilleime tamén moi ao natural, pois non quería que el me vise pintada

coma unha porta, pero tampouco ía ir sen maquillar, as cousas como son .

Acabei de arranxarme, botei colonia, puxen os pendentes. Cinco

minutos antes da hora. Última ollada antes de saír á rúa no espello da

entrada. Fun á casa da veciña devolverlle as pinzas e despois duns cantos

eloxios fun dirección ao campo da festa. Sentei. Prendín un cigarro. O meu

sorriso de orella a orella era imborrable. As pernas tremíanme, pero a ilusión

era tan grande. Recordei aquel primeiro día que decidira vir verme en vez de

quedar nalgún lado coma normalmente. Estaba tan ilusionada por velo .

Odiaba a idea de que vivise noutro lugar que non fose a miña cama. Pasaron

cinco minutos. Comecei a sentirme desesperada. Un lote de pensamentos

empezaron a pasar pola miña cabeza. Ningunha das ideas tomaba forma, pero

todas me aturdían. Aínda había esperanza de que viñese, de que se atrasase,

Page 6: Non digas o meu nome en voz alta

de que ao chegar se desculpase e me abrira a porta do coche. Dez. Xa non

había esperanza.Vinte. Non ía vir. Deixarame alí. A velas vir ...

Fun camiñando cara á miña casa, pois dende o campo ata o meu piso

non había nin 300 metros. Sentíame un zombi. Nada tiña sentido ao meu

redor. Que pasara ? Tiña razón a xente, os rapaces, todos? ... El non era quen

aparentaba, el non era bo para min, el non era bo nin nunca o sería, pero

como eu son unha túzara... Claro... Sentía como se unha viga de formigón

armado estivese sobre o meu peito, impedíndome respirar, pensar, latexar o

corazón .. Cando abrín os ollos estaba tombada no chan da miña habitación,

non sei nin como cheguei alí ....

Eu contéillelo as miñas amigas, ben, elas víronme feita un trapo e

quixeron saber. Cando llo dixen comezaron a mirarme estraño, como se el me

fixese o peor do mundo. No momento eu pensei que así era, pois non entendía

o plantón, por moito que me avisase e me chamase e me preguntase se me

enfadaba, se quería algo, que me compensaría... Eu tiña dereito a dicir que

fora o peor do mundo, elas non ... Elas non o coñecían, non sabían como era,

non tiñan a conexión que eu tiña con el ... Como puidera facerme iso?¿

A noticia correu como a pólvora e todos os perdóns posibles e todo o

seguinte foi en van. Ninguén vía xa normal a nosa relación. Ninguén o vía

normal a el, e se el non era normal eu prefería quedar fóra da normalidade

con el que permanecer nun mundo que sería incompresible para min sen el .

O mal xa estaba feito, a xente comezou a mirarnos como se eu fose unha

malpocada criatura a que el estaba a ferir, como se eu fose unha desas

Page 7: Non digas o meu nome en voz alta

mulleres maltratadas... Como se eu me vise intimidada por el e non fose capaz

de defenderme... Non sei... Foi unha situación moi estraña. As miradas, a

xente, os comentarios... As miñas propias amigas comezaron a darme de lado.

Como se eu fose un bicho raro, como se fose a muller dun narcotraficante ou

dun asasino E como non, os comentarios chegaron á miña casa, onde miña

nai puxo o grito no ceo. A súa filla non ía saír cun home tan vello, cun home

que era malo. As faladurías fixeron que quedásemos illados do mundo .. Pois

estaba claro que eu non pensaba renunciar ao mellor da miña vida porque uns

cantos rexoubeiros sen vida se dedicasen a facer un mundo dunha parvada...

A miña relación con Alejandro continuou igual ca sempre, se non fora

polo illamento, polas miradas... El sentíase mal por culpa diso, a xente

pensaba que me maltrataba e non podía soportar a idea de que o mirasen mal

por facerme algo que non era verdade. El queríame e non permitía que

ninguén o puxese en dúbida. O 17 de abril fomos tomar algo e cear ao

Centrum...

O camiño para aló foi ameno, viñemos falando disto e do outro.

Pensando se veríamos unha película ou se simplemente ceariamos. Nunca

esquecerei eses momentos, esa simple conversación, pois é o último que me

queda del. Da miña media laranxa, da persoa que lle dou sentido á miña vida

e que tamén llo quitou cando el se foi. O seu sorriso cando entrei no coche,

cando me rozou a man para cambiar de canción, o seu olor cando me acerquei

a darlle un bico. Esas sensacións nunca se borrarán da miña cabeza. Desde

Page 8: Non digas o meu nome en voz alta

que chegamos xa non recordo máis ... Sei que decidimos ir a alí, e despois hai

un oco na miña memoria ... Recordo cando a policía me atopou ... Foi como se

unha luz se fixase en min... Non sei se tiña os ollos abertos ou pechados, pero

era como unha escuridade infinita... Recordo ver as siluetas dos policías

acercándose a min, levándome ao coche e abrigándome ...

Alejandro apareceu con tres puñaladas no peito e unha marca dun

obxecto pesado na cabeza nun descampado…

Dende aquel día estou aquí interna , ao principio estiven dous meses en

estado de shock , nin sequera falaba. Cando me explicaron o que sucedeu foi

peor, ademais a chea de preguntas e insinuacións sobre se eu o asasinara a el.

Non podía crer nada do que ocorrera. Pensar que o amor da miña vida

desaparecera para sempre, que nunca volvería ver a súa cara, o seu sorriso, as

súas mans, foi o peor que me puido pasar. Como se me arrincasen o corazón e

me obrigasen a seguir vivindo sen el . Estando morta xa , pero sen permitirme

morrer. E tampouco podía crer que intentasen culparme de algo que era obvio

que eu non fixera. Eu matar a Alejandro? Nunca. Sería como matarme a min

mesma. Pero chegou un momento no que xa me dá igual , non quero seguir

vivindo aí fóra sabendo que el non está. Prefiro estar recluída e na soidade,

onde sempre me acordarei del. Xa non quero volver ir ao cine , saltar, correr,

bicar, ver o sol, pasear ou sorrir se el xa non está comigo.

Adán, o irmán pequeno de Alejandro, desapareceu da cidade e da vida

de todos. A policía informouse, e todo o mundo dixo que Alejandro era

Page 9: Non digas o meu nome en voz alta

violento, que me maltrataba e que era “normal” que eu decidise asasinalo,

pois dende que estaba con el non volvera saber nada dos meus amigos

seguramente por que el me obrigaba.

Eu só sei que non fun. Sería incapaz de matar a persoa que máis quixen

nesta vida. E non sei o que ocorreu… Non recordo nada... Pero eu son

inocente. Eu só quero que el volva. Eu non... Eu queríao, xúrollo ..