new ordinaria do dÍa 7 de abril de 2017. 1.- aprobación das … · 2017. 5. 2. · •...

48
CONCELLO DE OURENSE SECRETARIA XERAL DO PLENO RESUME DOS ACORDOS DO PLENO DO CONCELLO EN SESIÓN ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das seguintes actas : - Sesión ordinaria día 3 de marzo de 2017. - Sesión extraordinaria do día 29 de marzo de 2017. - Sesión extraordinaria do día 30 de marzo de 2017. Postas a aprobación as actas do Pleno do Concello da sesión ordinaria do día 3 de marzo e das sesións extraordinarias dos días 29 e 30 de marzo de 2017, aprobáronse por asentimento unánime. 2.- Posta en coñecemento das resolucións ditadas dende a data de celebración do último Pleno e, en especial, dos seguintes : - Decreto núm. 1749, de 17/03/2017, sobre delegación das funcións das áreas de Portavocía, Infraestruturas, Perímetro Rural, Parques e Xardíns, Medio Ambiente, Servizo Eléctrico, Limpeza e Transporte Público na concelleira dona Flora Moure Iglesias, desde o día 22/03/2017 ata o 26/03/2017, ámbolos dous incluídos. - Decreto 2141, de 29/03/2017, sobre as áreas de goberno. - Decreto 2214, de 30/03/2017, sobre delegación de competencias na Xunta de Goberno local e nos concelleiros/as membros desta. O Concello Pleno deuse por enterado dos decretos e resolucións da alcaldía ditados dende a data de celebración do último Pleno e, en especial, dos decretos relacionados. 3.- Posta en coñecemento das seguintes resolucións : - Decreto núm. 1895, de 22/03/2017, sobre liquidación do Orzamento do Concello de Ourense, correspondente ao exercicio económico de 2016. - Decreto núm. 1896, de 22/03/2017, sobre liquidación do Orzamento do Consello Municipal de Deportes, correspondente ao exercicio económico de 2016. O Concello Pleno deuse por enterado dos decretos e resolucións da alcaldía ditados dende a data de celebración do último Pleno e, en especial, dos decretos relacionados. 4.- Posta en coñecemento do acordo da xunta de goberno local de 30 de marzo de 2017, de delegación de competencias da xunta de goberno local nos seus membros . A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria de 30 de marzo de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte ACORDO:

Upload: others

Post on 10-Oct-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL DO PLENO

RESUME DOS ACORDOS DO PLENO DO CONCELLO EN SESIÓN ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017.

1.- Aprobación das seguintes actas:

- Sesión ordinaria día 3 de marzo de 2017. - Sesión extraordinaria do día 29 de marzo de 2017. - Sesión extraordinaria do día 30 de marzo de 2017.

Postas a aprobación as actas do Pleno do Concello da sesión ordinaria do día 3 de

marzo e das sesións extraordinarias dos días 29 e 30 de marzo de 2017, aprobáronse por asentimento unánime.

2.- Posta en coñecemento das resolucións ditadas dende a data de celebración

do último Pleno e, en especial, dos seguintes:

- Decreto núm. 1749, de 17/03/2017, sobre delegación das funcións das áreas de Portavocía, Infraestruturas, Perímetro Rural, Parques e Xardíns, Medio Ambiente, Servizo Eléctrico, Limpeza e Transporte Público na concelleira dona Flora Moure Iglesias, desde o día 22/03/2017 ata o 26/03/2017, ámbolos dous incluídos.

- Decreto 2141, de 29/03/2017, sobre as áreas de goberno. - Decreto 2214, de 30/03/2017, sobre delegación de competencias na Xunta de

Goberno local e nos concelleiros/as membros desta.

O Concello Pleno deuse por enterado dos decretos e resolucións da alcaldía ditados dende a data de celebración do último Pleno e, en especial, dos decretos relacionados.

3.- Posta en coñecemento das seguintes resolucións:

- Decreto núm. 1895, de 22/03/2017, sobre liquidación do Orzamento do Concello de Ourense, correspondente ao exercicio económico de 2016.

- Decreto núm. 1896, de 22/03/2017, sobre liquidación do Orzamento do Consello Municipal de Deportes, correspondente ao exercicio económico de 2016.

O Concello Pleno deuse por enterado dos decretos e resolucións da alcaldía ditados

dende a data de celebración do último Pleno e, en especial, dos decretos relacionados.

4.- Posta en coñecemento do acordo da xunta de goberno local de 30 de marzo de 2017, de delegación de competencias da xunta de goberno local nos seus membros.

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria de 30 de marzo de 2017, adoptou,

entre outros, o seguinte ACORDO:

Page 2: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

2

41.- Delegación de competencias da Xunta de Goberno Local nos seus membros (VII).

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade dos asistentes (10 votos a favor), acordou:

PRIMEIRO.- Delegar con carácter xeral, sen prexuízo das delegacións específicas que se determinan no punto segundo, e unicamente no ámbito das materias propias da súa área ou delegación, nos/as concelleiros/as membros da Xunta de Goberno local, a quenes se lles atribúen responsabilidades de goberno, as seguintes competencias da Xunta de Goberno local:

a) O exercicio da potestade sancionadora en xeral e a adopción de medidas cautelares por incumprimento do disposto nas Ordenanzas municipais, cando non estivese expresamente atribuída ao Alcalde por Lei, no ámbito das competencias que lles delegue a Xunta de Goberno Local en relación coa área ou servizo que lles atribúa, salvo os expedientes disciplinarios incoados ao persoal funcionario municipal por falta muy grave con proposta de separación do servizo que non resulta delegable.

b) En xeral os actos de impulsión e mero trámite dos expedientes cuxa resolución final sexa competencia da Xunta de Goberno e esta non as teña delegado, en relación coa área ou servizo que se lle atribúa.

c) Contratación e modificación de carácter menor dacordo co establecido no Orzamento municipal e a súas bases de execución (inclúe autorización e disposición). Asemade delégase no seu caso, a designación do persoal municipal responsable do contrato.

d) A solicitude, tramitación e xustificación de subvencións.

e) Outorgamento de premios e becas, en relación coa área ou servizo que se lle atribúa.

f) A concesión de calquera tipo de licencia excepto as de obra maior.

g) Aprobación de convenios nos termos e formalidades esixibles na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou aquela que a veña a substituir, agás aqueles que teñan contido económico.

h) Aprobación do Plan de seguridade e saúde no traballo, correspondente ás obras nas vías e terreos de uso público, edificacións afectas ao servizo público ou calquera outro ben de carácter patrimonial.

SEGUNDO.- Delegar nos/as seguintes concelleiros/as, con carácter específico, as seguintes competencias:

1.- Delegar na concelleira dona María Sofía Godoy Gómez-Franqueira en relación coa Área de ASUNTOS SOCIAIS, SANIDADE, IGUALDADE, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO, as seguintes:

Page 3: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

3

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

1.1.- A concesión de calquera tipo de licenza, salvo que a lexislación sectorial lla atribúa expresamente a outro órgano (incluíndose, entre outras, as licenzas por tenza de animais perigosos; a concesión de dereitos funerarios e expedición de documentos acreditativos da titularidade dos mesmos, así como o cambio de titularidade; gravación de lápidas; a tramitación e resolución en materia de concesións, tales como kioscos, revogación ou denegación de reservas de aparcamento e tarxetas de estacionamento á persoas con discapacidade). 1.2.- Tramitación e resolución en materia de concesión, revogación ou denegación de axudas económicas individualizadas non periodicas, do servizo de axuda no fogar, do servizo de teleasistencia domiciliaria e do servizo do centro de día. 1.3.- Concesión directa de subvencións por motivos de interese humanitariao debidamente xustificados, que dificulten a súa convocatoria pública e teñan por beneficiario a persoas físicas, con importe igual ou inferior a 5.000 euros, segundo o disposto na Lei xeral de subvencións, na súa normativa de desenvolvemento e nas bases de execución do orzamento municipal aprobado para cada exercicio económico. 1.4.- O exercicio da potestade sancionadora e a adopción de medidas cautelares en materia de venda, subministración e consumo de bebidas alcohólicas na vía pública non vinculados a un establecemento permanente. 1.5.- Exercicio da potestade sancionadora prevista na normativa referida á protección e tenencia de animais de compañia, ou normas que as substitúan.

2.- Delegar na concelleira dona Flora Moure Iglesias en relación coa Área de RECURSOS HUMANOS E COMERCIO, as seguintes:

2.1.- En materia de recursos humanos: • A xestión do persoal. • O desenvolvemento da xestión económica, incluíndo a autorización, disposición

e recoñecemento de obrigas; así como a disposición de gastos para anticipos de haberes ó persoal.

• Despido do persoal laboral. • Aprobación de bases das convocatorias de selección e provisión de postos de

traballo. • Réxime disciplinario e as demais decisións en materia de persoal que non estean

expresamente atribuídas a outro órgano. • Calquera outra decisión en materia de persoal non atribuída expresamente a outro

órgano. 2.2.- En materia de comercio:

• A concesión de autorizacións de uso común especial normal ou ocupación das vías públicas, así como réxime sancionador (inicio e resolución) e a declaración da súa caducidade nos seguintes supostos:

• - Instalación de mesas, veladores, cadeiras, sombrillas, xardineiras, mamparas ou calquera outro tipo de separador para uso hosteleiro.

Page 4: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

4

• - Incoación, concesión ou revogación de autorizacións para a venda ambulante. • A adopción de medidas cautelares. • O exercicio da potestade sancionadora pola venta na vía pública fóra de

establecementos comerciais permanentes. • A concesión de autorizacións de postos de venda nos mercados municipais: Praza

de Abastos nº 1 e Praza de Abastos nº 2. • Publicidade en Mupis na vía pública.

•A concesión de calquera tipo de licenza, salvo que a lexislación sectorial se atribúa expresamente a outro órgano, (inclúese especificamente a tramitación, concesión, ou revogación de licenzas para venda ambulante).

3.- Delegar na concelleira dona Ana María Fernández Morenza en relación coa Área de FACENDA E CONTRATACIÓN, as seguintes:

3.1.- En materia de facenda: • O recoñecemento de obrigas, excepto en materia de gastos de persoal. • En relación aos ingresos de natureza non tributaria: a aprobación das liquidacións e

padróns correspondentes, así como os actos resolutorios nos procedementos de recadación e xestión en vía voluntaria en relación aos mesmos.

• Revisión de prezos. • Aprobación de liquidacións de empresas concesionarias. • Anticipos de caixa fixa e pagos a xustificar. • Colocación de excedentes de tesouraría. • Devolucións de ingresos de carácter non tributario. • Aprobación de contas xustificativas de subvencións concedidas. • Aceptacion de cesións a título gratuito de bens inmobles e dereitos.

3.2.- En materia de contratación:

• A designación do persoal municipal responsable da negociación do contrato, cando o sistema de adxudicación sexa o negociado sen publicidade.

• A designación do persoal municipal responsable da execución do contrato, agás nos contratos correspondentes a outras Concellerías.

• Acordos sobre devolución de fianzas contractuais xa sexan de carácter provisional ou definitivo.

4.- Delegar no concelleiro don José Araújo Fernández en relación coa Área de PORTAVOCÍA DO GOBERNO, INFRAESTRUTURAS E MEDIO AMBIENTE, as seguintes:

4.1.- A concesión de calquera tipo de licenza, salvo que a lexislación sectorial lla atribúa expresamente a outro órgano (inclúe, entre outras, as licenzas de canalizacións e acometidas de servizos e infraestruturas básicas; a concesión de licenzas de taxi, a súa transmisión e revogación, cambios de vehículo, concesión de permisos de condutor; e, incoación e resolución de expedientes en materia de transporte público de viaxeiros).

Page 5: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

5

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

4.2.- En materia de infraestruturas:

• Expedientes de devolución de fianzas constituídas en materia de ocupación temporal da vía pública por obras de canalización na vía pública.

• Aprobación dos proxectos de obras na vía e terreos de uso público e declarar a caducidade, cando proceda.

• O exercicio da potestade sancionadora para a incoación e resolución do procedemento sancionador por infraccións derivadas da aplicación das ordenanzas municipais referidas á Área.

4.3.- En materia de medio ambiente:

• Ditar ordes de execución de limpeza de solares e inmobles de titularidade privada e exercicio da potestade sancionadora que corresponda por incumprimento das mesmas.

Exercer a potestade sancionadora e a adopción de medidas cautelares e de execución susbsidiaria en materia de disciplina ambiental, salvo que por Lei se atribúan a outros órganos municipais.

5.- Delegar no concelleiro don Jorge Pumar Tesouro en relación coa Área de SERVIZOS XERAIS, PROMOCIÓN ECONÓMICA, RECURSOS EUROPEOS, FORMACIÓN OCUPACIONAL, TURISMO e TERMALISMO, SISTEMAS DE INFORMACIÓN E COOPERACIÓN INSTITUCIONAL, as seguintes:

5.1.- As de carácter xenérico. 5.2.- A concesión de calquera tipo de licenza, salvo que a lexislación sectorial lla atribúa expresamente a outro órgano. 5.3.- Aprobación das listas provisional e definitiva de solicitudes de niños empresariais.

6.- Delegar no concelleiro don José Mario Guede Fernández en relación coa Área de DEPORTES, as seguintes: 6.1.- As de carácter xenérico. 7.- Delegar na concelleira dona María Belén Iglesias Cortés en relación coa Área de CULTURA E EDUCACIÓN, as seguintes:

7.1.- A tramitación e adopción de acordos, incluída a adxudicación e a designación do persoal municipal responsable do contrato, nos expedientes de contratos de natureza artística que se tramiten por procedemento negociado. 7.2.- Autorizacións en materia de festas (inclúe ocupación de dominio público: escenarios, atraccións de feira, barracas, etc...). 7.3.- Autorizacións para utilización do Auditorio Municipal e espazos expositivos dependentes da Concellería de Cultura).

Page 6: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

6

7.4.- Aprobación das listas provisional e definitiva de solicitudes de concesión e revocación de plazas para actividades desenvolvidas e convocadas pola Área de Educación e Cultura.

8.- Delegar no concelleiro don José Jesús Cudeiro Mazaira en relación coa Área de URBANISMO, VIVENDA E PATRIMONIO, as seguintes: 8.1.- En materia de urbanismo:

• A tramitación, concesión, denegación ou revogación de licenzas urbanísticas de obra menor.

• A tramitación, concesión, denegación, revogación e sanción (inclúe nomeamento de instructor e resolución) de licenzas para instalación de carteis publicitarios.

• A tramitación e resolución de expedientes sobre licenzas de ocupación da vía pública municipal e doutros bens de uso público municipal (guindastres, estadas, colectores de residuos de obra, etc...)

• Acordos sobre renuncia a súa utilización e transmisión de licenzas de contido urbanístico, formuladas polo titular das mesmas, incluídas as das obras maiores.

• A adopción de resolucións sobre devolucións de fianzas para responder de danos á vía pública na execución de obras.

• As actividades de apertura ou funcionamento para a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade recreativa, espectáculo público, económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, ainda sexan de foma eventual ou de temporada, incluso en zonas privadas, suxeitas ao ámbito de competencias do Concello, segundo o establecido na Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, ou calquera que veña a substituíla ou modificala.

Resolución de expedientes de expedición de títulos habilitantes en materia urbanística nos supostos de declaración responsable e comunicación previa.

• Tramitación e emisión de requirimentos de corrección de deficiencias a actividades comerciais, industriais e profesionais cuxa instalación e funcionamento estivesen autorizados ou comunicados (incluídas as actividades cualificadas).

• Licenzas para rótulos comerciais vinculados a unha actividade. • Desestimento ou renuncia de solicitudes de tramitación de procedementos. • Declaración de caducidade por simple inactividade do interesado na

cumprimentación de trámites. • Subscribir convenios de colaboración previstos na lexislación urbanística para a

execución das obras de urbanización nos distintos sistemas de actuación. • Resolver sobre a recepción provisional e definitiva das obras de urbanización. • Presidir o levantamento das actas previas nos expedientes de expropiación, asi

como as de depósito e ocupación, e as de mutuo acordo, pago e ocupación. • Resolver sobre a devolución de fianzas e garantías depositadas para responder das

obligacións urbanísticas. • Exercer a potestade sancionadora por infraccións urbanísticas, coa imposición de

sancións, medidas correctoras e cautelares e de restablecemento da legalidade urbanísitca, así como a execución subsidiaria da mesma cando fora preciso.

Page 7: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

7

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

8.2.- En materia de patrimonio: • A incoación e tramitación de expedientes administrativos de investigación,

deslinde, recuperación de oficio e desafiuzamento de bens, tanto de dominio público como patrimoniais de titularidade municipal.

• As competencias de incoación e instrucción dos expedientes de responsabilidade patrimonial.

• Incoación e resolucion de accións de regreso contra os concesionarios ou contratistas por responsabilidade patrimonial cando o importe sexa inferior a 15.000 euros.

9.- Delegar no concelleiro don Francisco Carlos Campos San Martín en relacion coa Área de SEGURIDADE CIDADÁ E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, as seguintes:

• A tramitación e resolución de expedientes sobre licenzas para a entrada de vehículos; reserva de estacionamento para carga e descarga de mercadorías de calquera clase na vía pública, así como a modificación de esta, a súa transmisión, renuncia e revogación.

• Expedientes de devolución de fianzas constituídas en materia de vaos. TERCEIRO.- As delegacións contidas neste acordo poderán modificarse ou revogarse, total ou parcialmente pola Xunta de Goberno local, en calquera momento de conformidade co establecido nos artigos 9 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xuridico do sector público, e 116 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais (ROF). CUARTO.- A Xunta de Goberno local poderá acordar a avocación daquelas competencias que pola súa importancia, transcendencia social ou otras consideracións o xustifique sen que elo supoña unha alteración das delegacións de competencias e atribucións efectuadas, de conformidade co previsto nos artigos 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro e 116 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro. QUINTO.- A presente delegación producirá efectos dende o día seguinte a que a Xunta de Goberno Local adopte o acordo que nos ocupa, sen prexuízo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia. SEXTO.- Deixar sen efecto as delegacións de competencias nos membros da Xunta de Goberno local recollidas no seu acordo de data 21.11.2016 (corrección de erros por acordo de data 24.11.2016). SÉTIMO.- Nas resolucións que se adopten no exercicio das delegacións conferidas pola Xunta de Goberno local, farase constar expresamente esta circunstancia e a data deste acordo.

Page 8: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

8

OITAVO.- O acordo comunicarase aos membros integrantes da propia Xunta de Goberno local -considerarase tacitamente aceptada a delegación-; aos distintos ámbitos, servizos, Concellerías ou Áreas e exporase no Taboleiro de anuncios, ordenando así mesmo a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. NOVENO.- Deste acordo da Xunta de Goberno local darase conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se realice. DÉCIMO.- Contra esta resolución que pon fin a vía administrtiva, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que o ditou, ou ben, recurso contencioso- administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense, sen prexuízo da posibildiade de interpor cualquera outro recurso que se estime procedente en defensa do seu dereito.

O Pleno do Concello dáse por enterado.

5.- Posta en coñecemento do informe de Tesouraría sobre o período medio de

pago correspondente ao mes de febreiro de 2017.

INFORME PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES MES DE FEBREIRO DE

2017

1.- NORMATIVA APLICABLE: A lei 3/2004, de 29 de decembro pola que se establecían as medidas de loita contra a morosidade das operacións comerciais, incorporou ó noso ordenamento xurídico a Directiva 200/35/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, de 29 de xuño de 2000. Transcorridos 5 anos dende a vixencia da citada norma, fíxose necesario a súa adaptación ós cambios producidos no entorno económico e modificación para que sexa aplicable, tanto no ámbito da empresa privada, como no do sector público. Esta modificación levouse a cabo coa Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 e decembro. O artigo cuarto da citada norma establece: “3. Los Tesoreros o, en su defecto, Interventores de las Corporaciones locales elaborarán trimestralmente un informe sobre el cumplimiento de los plazos previstos en esta Ley para el pago de las obligaciones de cada Entidad local, que incluirá necesariamente el número y cuantía global de las obligaciones pendientes en las que se esté incumpliendo el plazo. 4. Sin perjuicio de su posible presentación y debate en el Pleno de la Corporación local, dicho informe deberá remitirse, en todo caso, a los órganos competentes del Ministerio de Economía y Hacienda y, en su respectivo ámbito territorial, a los de las Comunidades Autónomas que, con arreglo a sus respectivos Estatutos de Autonomía, tengan atribuida la tutela financiera de las Entidades locales. Tales órganos podrán igualmente requerir la remisión de los citados informes.”

O Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenrrola a metodoloxía de cálculo

Page 9: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

9

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

do periodo medio de pago a proveedores das Administracións Públicas e as condicións e o procedemento de retención de recursos dos rexímenes de financiación, previstos na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira”. Con iste Real Decreto dase cumprimento ó que establece a Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira, tras a reforma operada pola Lei Orgánica de Control da Débeda no Sector Público, que introduce o concepto de período medio de pago (PMP), como expresión do volumen da débeda comercial, e establece a obriga de que todas as Administracións Públicas o apliquen e fagan público. O obxetivo principal é contribuir a erradicar a morosidade das Administracións Públicas e controlar a débeda comercial, evitando a acumulación de retrasos no pago de facturas ós proveedores. 2.- INFORME: Establece o Real Decreto 635/2014, unha metodoloxía económica común para o cálculo do período medio de pago a proveedores, período medio que ven a medir o retraso no pagamento da débeda comercial en termos económicos, así, esta medición poderá tomar valor negativo si a Administración paga paga antes de trinta días naturais dende a presentación das facturas ou certificacions de obra. Así, calcularase un período medio de pago global a proveedores que comprenderá o de todas as entidades incluídas no artigo 2 da LO 2/2012 e, o período medio de pago de cada entidade. Para o cálculo do período medio de pago o Real Decreto precisa as facturas que deberán ser tidas en conta e sinala, expresamente, aquelas que deberán ser excluídas. Estes cálculos, no caso das Corporacións Locais incluídas no ámbito subjetivo dos artigos 111 e 135 do TRLRFL aprobado por RDL 2/2004, de 5 de marzo, será mensual. A metodoloxía establecida para o cálculo do período medio de pago a proveedores é a seguinte: Artigo 4: “Cálculo del período medio de pago global a proveedores”

∑ (período medio de pago de cada entidad * importe operaciones de la entidad )

periodo medio de pago = _____________________________________________________ global a proveedores ∑importe operaciones de las entidades

“Se entenderá por importe de las operaciones de la entidad el importe total de pagos realizados y de pagos pendientes en los términos indicados en los artículos siguientes” Artigo 5: “Cálculo del período medio de pago de cada entidad” ratio operaciones pagadas*importe total pagos realizados + ratio operaciones pendientes de pago*importe total pagos pendientes

periodo = ________________________________________________________________ medio de pago importe total pagos realizados + importe total pagos pendientes

Page 10: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

10

� Para los pagos realizados en el mes, se calculará el ratio de las operaciones pagadas de acuerdo con la siguiente fórmula:

∑ (número de días de pago * importe de la operación pagada )

ratio de las operaciones = ________________________________________ pagadas Importe total de pagos realizados

“Se entenderá por número de días de pago, los días transcurridos desde: Los treinta posteriores a la fecha de entrada de la factura en el registro administrativo, según conste en el registro contable de facturas o sistema equivalente, o la fecha de aprobación de la certificación mensual de obra, según corresponda, hasta la fecha de pago material por parte del la Administración.”

� Para las operaciones pendientes de pago al final del mes, se calculará el ratio de las operaciones pendientes de pago de acuerdo con la siguiente fórmula:

∑ (número de días pendientes de pago * importe de la operación pendiente de pago )

ratio de operaciones = ______________________________________________________ pendiente de pago Importe total de pagos pendientes

“Se entenderá por número de días pendientes de pago, los días naturales transcurridos desde los treinta posteriores a la fecha de anotación de la factura en registro contable de facturas o sistema equivalente, o desde la fecha de aprobación de la certificación mensual de obra, según corresponda, hasta el último día del período al que se refieran los datos publicados.” A raíz da publicación o 26/03/2015, na páxina da Oficina Virtual de Coordinación Financeira das Entidades Locais, da nova “Guía para la Elaboración de los informes trimestrales de morosidad”, fixéronse adaptacións no programa informático para recoller os novos informes cos formatos requeridos. O principal cambio que se deriva destas modificacións no cálculo do PMP, e que no pendente de pago recóllense todas as facturas que constan no rexistro contable de facturas expedidas dende o 01/01/2014, incluídas as que non están contabilizadas ó final do período ó que se refire ó PMP. Aplicando a metodoloxía establecida no citado Real Decreto, os períodos medios de pago resultantes no mes de FEBREIRO DE 2017 son:

1. Período medio de pago global a proveedores: 7,65 DÍAS

2. Período medio de pago de cada entidad: � CONCELLO …..............................................................8,15 DÍAS � CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES..................-7,37 DÍAS

No cálculo dos periodos medios de pago, tal e como establece o artigo 3 do Real Decreto 635/2014, só se terán en conta as facturas expedidas dende o 1 de xaneiro de 2014 que

Page 11: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

11

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

consten no rexistro contable de facturas e as certificacións de obra aprobadas dende a mesma data. Quedan excluídas as obrigas de pago contraídas entre entidades que teñen a consideración de Administracións Públicas no ámbito da contabilidade nacional, asimesmo, quedan excluidas as obrigas de pago que forón obxeto de retención dende esta Tesourería como consecuencia de embargos, mandamentos de execución, procedementos admimistrativos de compensación ou actos similares dicatados por órganos xudiciales ou administrativos. Tendo en conta que o período medio de pago global resultante no Concello para o mes de FEBREIRO de 2017 é de 7,65 días, estase a cumprir o prazo previsto na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 e decembro, pola que se establecían as medidas de loita contra a morosidade das operacións comerciais. A Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público, establece no artigo 10: “Los órganos o unidades administrativas que tengan atribuida la función de contabilidad en las Administraciones Públicas efectuarán requerimientos periódicos de actuación respecto a las facturas pendientes de reconocimiento de obligación, que serán dirigidos a los órganos competentes”. Tendo en conta o sinalado, adxúntase como ANEXO I ó presente informe, copia do requerimento efectuado no mes de febreiro de 2017 dende esta Tesourería ós servizos municipais que teñen facturas sen tramitar no rexistro de facturas que tiveron entrada no rexistro xeral do Concello con antiguedade superior a 30 días, (sexa por non estar devoltas correctamente conformadas ou por presentar algún tipo de defecto subsanable polo servicio esixido dende a Intervención), no que se solicita, á vista dos prazos establecidos pola normativa vixente para a aprobación das facturas, procedan a realizar as actuacións pertinentes que permitan a tramitación do recoñecemento das obrigas. Como ANEXO II, adxúntase o informe de resume xenerado polo programa de contabilidade no que se recolle o importe total das operacións pagadas e as pendentes de pago correspondentes ó mes de febreiro de 2017 que xeneraron os ratios e período medio de pago resultante para o Concello. Como ANEXO III, adxúntase os informes de detalle e resume xenerados polo programa de contabilidade no que se recollen as operacións pagadas e as pendentes de pago correspondentes ó mes de febreiro de 2017 que xeneraron os ratios e período medio de pago resultante para o Consello Municipal de Deportes, enviados a esta Tesourería dende o Organismo Autónomo.

O Pleno do Concello dáse por enterado.

6.- Informe de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite da débeda con ocasión da aprobación da liquidación do exercicio de 2016.

Page 12: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

12

Ref : 188-17 Aprobada a liquidación orzamentaria do exercicio económico do 2016, de conformidade co disposto na Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira, en concordancia co artigo 16.2 do Real Decreto 1463/2007, do 2 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da lei de estabilidade orzamentaria na súa aplicación ás Entidades Locais, a Intervención municipal emite o seguinte informe : 1.- Lexislación aplicable Nesta materia, a lexislación aplicable de referencia contense basicamente nas seguintes disposicións : - Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira ( en adiante LOEPSF ). - Real Decreto 1463/2007, do 2 de novembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da estabilidade orzamentaria, na súa aplicación ás Entidades Locais. - Orde Ministerial HAP/2015/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministración de información previstas na LOEPSF. - Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo o que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. - Manual de cálculo do Déficit en Contabilidade Nacional adaptado ás Corporacións Locais, publicado pola Intervención Xeral da Administración do Estado. - Guía para a determinación da Regra de Gasto do artigo 12 da LOEPSF para corporacións locais. IGAE. 3 ª Edición. - Regulamento núm. 549/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de maio (DOCE. 26-06-2013), polo o que se aproba o SEC 2010. 2.- Antecedentes e consideracións previas A Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira, de aplicación a tódalas administracións públicas, dispón que a elaboración, aprobación e execución dos orzamentos e demais actuacións que afecten ós gastos ou ingresos, realizarase nun marco de estabilidade orzamentaria, entendendo como tal, unha situación de equilibrio ou superávit estrutural. A estabilidade orzamentaria é unha magnitude ou indicador que pretende limitar o recurso ó endebedamento por riba da cantidade que se amortiza anualmente. Implica que os recursos correntes e de capital non financeiro, deben ser suficientes para facer fronte, ós gastos correntes e de capital non financeiros. Expresado noutros termos, poderiamos definir a estabilidade orzamentaria como a existencia dun equilibrio en termos presupostarios, de execución e liquidación, entre os ingresos e os gastos de natureza non financeira, segundo as normas de contabilidade nacional, de xeito tal que, se os ingresos non financeiros superan os gastos non financeiros, teriamos capacidade de financiamento, e se fora á inversa, é dicir, os gastos superiores aos

Page 13: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

13

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

ingresos, entón estariamos ante unha situación de necesidade de financiamento, polo que, existiría inestabilidade. Dun xeito mais específico, segundo o Sistema Europeo de Contas ( SEC - 2010 ) unha entidade local, cumpre co seu obxectivo de estabilidade orzamentaria, cando na aprobación, execución ou liquidación dos orzamentos, a suma de ingresos non financeiros ( capítulos 1 a 7 ) resulte superior á suma dos gastos non financeiros ( capítulos 1 a 7 ), incorrendo nunha situación de déficit, ou «necesidade de financiamento», cando a suma de ingresos ( capítulos 1 a 7 ) sexa inferior á suma de gastos ( capítulos 1 a 7 ). De acordo con esta metodoloxía, a capacidade ou necesidade de financiamento, vería determinada polo saldo que reflicte a capacidade ou necesidade dunha administración pública, para prestar ou pedir prestados, recursos a outros sectores económicos dentro ou fora do pais, calculando o citado saldo, como a diferencia entre os ingresos e gastos de natureza non financeira.

Este sistema de cálculo, debe ser modulado atendendo ós criterios de Contabilidade

Nacional ( SEC- 2010 ) que difieren da metodoloxía orzamentaria aplicable no noso país en diversos aspectos, sendo incluso algúns deles contraditorios coa nosa normativa contable. Os axustes a realizar deben partir das magnitudes que ofrece a contabilidade orzamentaria.

Non corresponde a un informe destas características explicitar os distintos tipos de axustes a realizar, senón unicamente expoñer aqueles que operan no cálculo do exame do cumprimento do obxectivo da estabilidade orzamentaria no Concello de Ourense, e que se expoñen de seguido ( 1 ) : a ) Ingresos fiscais : En contabilidade nacional, a norma de cálculo dos ingresos fiscais ou asimilados, obtidos nun determinado exercicio ven dado polo criterio de caixa. Polo tanto, a efectos da elaboración das contas da contabilidade nacional, as rúbricas dos impostos, taxas, multas, sancións e recargas, rexistraranse polo importe realizado en caixa, xa proceda do exercicio corrente ou de pechados. Este axuste deberase aplicar ós ingresos contabilizados nos capítulos I, II, e III do orzamento de ingresos de cada corporación local, e figura de xeito pormenorizado no Anexo I que se achega ó presente informe. b ) Intereses : De acordo cos criterios do SEC– 2010, rexe na contabilización dos intereses o principio do devengo, de xeito tal, que se a contabilidade non reflicte as cantidades devengadas por este concepto ó longo do exercicio, deberá efectuarse un axuste pola diferenza, incorporándose a fin de exercicio os intereses explícitos devengados, vencidos ou non. En coherencia co exposto, procedeuse a eliminar a parte dos intereses pagados no ano 2016, mais devengados no exercicio do 2015 ( 104,10 euros ) dando como resultado un axuste negativo no volume de gastos non financeiros cifrado en -104,10 euros ( Anexo II ). c ) Transferencias : dentro deste apartado deben efectuarse dous tipos de axustes.

Page 14: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

14

- En primeiro lugar, a información debe presentarse en termos consolidados, o que fai preciso eliminar as transferencias dadas e recibidas entre unidades dependentes dunha mesma administración ( Anexo III ). - En segundo lugar, a efectos da súa contabilización, debe primar o criterio do ente pagador da transferencia, de xeito tal, que se non existira constancia fidedigna do seu ingreso ou da aprobación pertinente do ente pagador, debería efectuarse un axuste á baixa. No suposto que motiva este informe, cómpre manifestar que neste apartado realizouse un axuste ó alza por importe de 202.198,47 euros, por mor das devolucións de subvencións realizadas ó longo do exercicio do 2016 ( Anexo IV ), acordadas pola Administración do Estado e da Xunta de Galicia, á vista do incumprimento das obrigas xustificativas de emprego dos fondos transferidos, desvirtuando deste xeito o volume global de transferencias percibidas doutras administracións públicas. Por idéntico motivo, realizáronse axustes ó alza por contía idéntica ás deduccións operadas en concepto de devolución das liquidacións definitivas da Participación nos Tributos do Estado nos exercicios do 2008, 2009, 2013 e 2014, por importes de 40.998,33, 1.533.956,16, 1.240.160,27 e 10.000,42 euros respectivamente, magnitudes que figuran no estado da débeda resultante da liquidación do exercicio ( MEM111a_13) que se achega ó presente informe. d ) Axustes por gastos non imputados ó orzamento, esto é, gastos realizados no exercicio pendentes de aplicar ao orzamento. Estes gastos acóllense na conta 413 “ Acreedores por operacións pendentes de aplicar ó orzamento ”, con movementos no seu haber polo importe dos gastos pendentes de aplicar a 31 de decembro e, no seu debe, polos aplicados ao longo do exercicio, procedentes do exercicio anterior, tal e como establece o manual editado pola IGAE para o cálculo do déficit. O saldo acredor desta conta aumenta o déficit en termos de contabilidade nacional, namentres o saldo debedor minórano. Do exposto resulta un axuste positivo a efectuar, por importe de 3.123.100,99 euros tal e como se reflicte no anexo explicativo, determinado pola diferenza entre o importe do gasto imputado ó orzamento do exercicio 2016 pero contraído no exercicio anterior ( cargos conta 413 ) e o gasto correspondente ó exercicio corrente non imputado ó orzamento do exercicio 2016 ( haber conta 413 ), tal e como se reflicte no listado contable MEM2411cR. 3. Cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria En aplicación do artigo 32 da LOEPSF, cando da liquidación orzamentaria dedúzcase un superávit, este deberá destinarse tanto no caso do Estado, CC.AA como Corporacións locais, a reducir o endebedamento neto. No mesmo sentido, o artigo 12.5 da LOEPSF, dispón que os ingresos que se obteñan por riba do previsto, destinaranse integramente a reducir ó nivel de débeda pública. Aplicando o sistema de cálculo exposto, ase como os axustes a realizar, resulta da liquidación consolidada do Concello de Ourense e do Consello Municipal de Deportes (

Page 15: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

15

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

OO.AA. dependente do propio Concello ) correspondente ó exercicio do 2016, unha situación de superávit non financeiro, e polo tanto de capacidade de financiamento, por importe de 24.754.259,84 euros, de acordo co seguinte cadro explicativo :

Cómpre salientar que a situación de prórroga dos orzamentos xerais do estado para o exercicio do 2017 impide considerar de aplicación a Disposición adicional sexta da LOESPSF, de xeito tal, que a aplicación do superávit orzamentario cara á reducción da débeda constitúe unha esixencia de ineludible aplicación, toda vez que segundo o disposto no artigo 28.f) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno, constitúe unha infracción moi grave non destinar o superávit da liquidación aprobada á reducción do nivel de endebedamento neto nos termos previstos no artigo 32 da LOESPSF.

4. Cumprimento da regra de gasto

CONCEPTOS IMPORTES

Dereitos recoñecidos capítulos I a VII orzamento 2016 109.805.131,40

Obrigas recoñecidas capítulos I a VII orzamento 2016 80.216.175,61

DIFERENCIA INGRESOS - GASTOS 29.588.955,79

AXUSTES

1) Axustes recadación capítulo 1 -1.719.154,83

2) Axustes recadación capítulo 2 0,00

3) Axustes recadación capítulo 3 -1.779.697,61

4) Axustes transferencias outras AAPP 202.198,47

5) Axuste por liquidación PIE-2008 40.998,33

6) Axuste por liquidación PIE-2009 1.533.956,16

7) Axuste por liquidación PIE-2013 1.240.160,27

8) Axuste por liquidación PIE-2014 10.000,42

9) Axuste por devengo de intereses -104,10

10) Axuste por gastos pendentes de aplicar ao orzamento 3.123.100,97

Total ingresos axustados 108.093.432,34

Total gastos axustados 83.339.172,50

TOTAL CAPACIDADE DE FINANCIAMENTO 24.754.259,84

Page 16: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

16

De conformidade co disposto no artigo 30 da LOEPSF, cada administración pública deberá aprobar un límite de gasto non financeiro, que marcará o teito de asignación dos seus recursos orzamentarios. Este límite de asignación de recursos virá determinado pola aplicación en cada exercicio orzamentario, da regra de gasto a que fai referencia o artigo 12 da citada lei orgánica, de xeito tal, que a variación de gasto computable entre distintos exercicios, non deberá superar a taxa de referencia de crecemento do PIB, correspondendo ó Ministerio de Facenda a súa determinación. Neste sentido, a regra do gasto para as entidades locais cumprirase, sempre e cando a variación en termos SEC do gasto computable, entre dous exercicios económicos, non supere a taxa de referencia de crecemento do Produto Interior Bruto de medio prazo da economía española, modificado, de ser o caso, no importe dos incrementos permanentes e diminucións de recadación derivados de cambios normativos. En aplicación da Guía para a determinación da Regra de Gasto para corporacións locais, editada pola Intervención Xeral da Administración do Estado, enténdese por gasto computable a efectos da determinación do límite de gasto non financeiro, os empregos non financeiros definidos en termos do Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais, excluídos os intereses da débeda e o gasto financiado con fondos finalistas procedentes da Unión Europea ou doutras administracións públicas, e as transferencias ás Comunidades Autónomas e ás corporacións locais vinculadas ós sistemas de financiamento. En coherencia co exposto, ó limite de gasto non financeiro virá determinado pola suma das obrigas recoñecidas con cargo ós capítulos 1 a 7 de gastos, derivadas da liquidación do exercicio anterior, e excluíndo por unha banda, os intereses da débeda (como gastos financeiros unicamente se deberán computar gastos de emisión, formalización, modificación e cancelación de préstamos, débedas e outras operacións financeiras, así como os gastos por execución de avais. Subconceptos 301, 311, 321, 331 e 357), e por outra, os gastos financiados con fondos finalistas, sexan doutras administracións públicas ou da Unión Europea ( Subconceptos 420, 470, 480, 720, 770, 780 ). O incumprimento da regra de gasto, e o seu corolario, o límite de gasto non financeiro, ven sancionado pola LOEPSF, coa obriga para as administracións públicas incumpridoras, de formular un Plano Económico Financeiro, co contido e alcance que sinala o artigo 12.2 da nomeada lei orgánica. No suposto que motiva este informe, cómpre manifestar que a Xunta de Goberno local do Concello de Ourense, aprobou con carácter provisional, en sesión celebrada o 12 de novembro de 2015, e logo posteriormente con carácter definitivo a Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro, o Plan Económico Financeiro do Concello de Ourense para os exercicios do 2015 e 2016. En virtude das prevencións deste plan, a Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro, como órgano que ten atribuidas as facultades de tutela financeira das corporacións locais de Galicia, autorizou un límite de gasto non financeiro para o Concello de Ourense,

Page 17: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

17

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

cifrado en 95.019.935,27 euros, con respecto ó exercicio económico do 2016 ( achégase copia da resolución aprobatoria e das prevencións do propio plan aprobado ). O cumprimento da regra de gasto fixada para o exercicio económico do 2016, tendo en conta os datos que ofrece a súa liquidación, reflíctese no seguinte cadro explicativo desagregado polos distintos compoñentes que o configuran :

VERIFICACION CUMPRIMENTO LIMITE GASTO NON FINANCIERO

LIQUIDACION EXERCICIO 2016

Gastos non financeiros consolidados. Liquidación 2016

Importes

+ I. Gastos de persoal

31.756.580,41

+ II. Compra de bens e servizos

41.502.219,65

+ III. Gastos financeiros

521.948,17

+ IV. Transferencias correntes

2.238.506,88

+ VI. Investimentos

3.695.262,84

+ VII. Transferencias de capital

501.657,66

Suma gastos non financeiros

80.216.175,61

A deducir (art. 12.2)

- Intereses débeda

335.653,40

- Gastos financiados con fondos finalistas UE/AA.PP (*)

2.770.869,53

Suma -

3.106.522,93

+/- Axustes SEC 95 (art. 12.2)

Page 18: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

18

- Aplicación superávit Disp. Adicional sexta LOEPSF ( IFS )

0,00

+ Axuste gastos non imputados ó ornamento ( conta 413 )

3.123.100,99

Gasto computable ano 2016

80.232.753,67

Limite gasto non financeiro 2016

95.019.935,27

DIFERENZA GASTO COMPUTABLE - LIMITE GASTO -

14.787.181,60

(*) Segundo anexo explicativo núm. V 5.- Cumprimento do límite da débeda O artigo 13 da LOEPSF estableceu a obriga de non superar un límite de débeda que se fixou para o exercicio do 2016 no 3,4 % do PIB. Tendo en conta que para o ámbito da da administración local non está fixado pola normativa aplicable esta porcentaxe en termos de ingresos non financeiros, resulta imposible determinar o límite de débeda tal e como prevé o citado artigo en termos de produto interior bruto local, polo que resulta de aplicación nestes momentos, os límites legais tradicionais da normativa de facendas locais para o recurso o seu endebedamento. Neste sentido, cómpre manifestar, que á vista do volume de endebedamento do Concello de Ourense a 31 de decembro do 2015, cifrado en 9.969.878,02 euros, estase por debaixo do límite do 75 % que se estableceu polo Real Decreto Lei 8/2010, do 20 de maio, e que foi prorrogado para sucesivos exercicios en virtude da disposición final trixésima primeira da Lei 17/2012, do 27 de decembro.

(+) Ingresos correntes ordinarios liquidados capítulos 1 a 5 107.477.597,48

(-) Ingresos correntes afectados ou extraordinarios -1.809.507,56

TOTAL INGRESOS CORRIENTES A CONSIDERAR: 105.668.089,92

VOLUMEN DE DEBEDA VIVA a 31.12.2016 : 9.969.878,02

Porcentaxe débeda viva sobre ingresos correntes : 9,44 %

6.- Cumprimento do Periodo Medio de Pagamento ( PMP ) A Lei Orgánica 9/2013, do 20 de decembro, de control da débeda comercial no sector público, introduciu unha nova regra fiscal de obrigado cumprimento para as administracións públicas derivada da aplicación do principio de sostibilidade financeira, de

Page 19: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

19

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

xeito tal que avaliarase non só a débeda financeira, senón tamén a débeda comercial, a través dun indicador denominado Período Medio de Pagamento ( en adiante PMP ). Este novo parámetro constitúe un indicador económico cuxo cálculo foi desenvolvido polo Real Decreto 635/2014, do 25 de xullo, segundo o cal, o PMP vai medir o retraso nos pagamentos da débeda comercial en térmos económicos, como un indicador distinto respecto do periodo legal de pagamento establecido no Texto refundido da Lei de contratos do sector público. Seguindo a metodoloxía de cálculo establecida polo citado real decreto, o PMP da débeda comercial do Concello de Ourense situouse a 31 de decembro de 2016 nos seguintes ratios :

- PMP Concello de Ourense : 16,33 días - PMP Consello Municipal de Deportes : -12,74 días

- PMP GLOBAL : 15,77 días

Estes datos revelan o cumprimento do prazo previsto na Lei 15/2010, do 5 de xullo, pola que se modificou a Lei 3/2004, do 29 de decembro, toda vez que o denominado PMP queda por debaixo do prazo legal de trinta días, tal e como se puxo de manifesto pola Tesourería municipal, con ocasión do informe de morosiddae correspondente ó mes de decembro do 2015. 7.- Conclusións A liquidación consolidada do Concello de Ourense e do Consello Municipal de Deportes ( OO.AA. dependente do propio Concello ) correspondente ó exercicio do 2016, reflicte unha situación de superávit non financeiro, e polo tanto de capacidade de financiamento, cifrada en 24.754.259,84 euros, así como un cumprimento dos límites da débeda que establece a normativa aplicable na materia. Asimismo, no tocante á regra de gasto, a ánalise realizada revela unha situación de cumprimento con respecto ó limite de gasto non financeiro establecido no Plan Económico Financeiro para o exercicio económico do 2016 e aprobado pola Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro. Finalmente indicar, que en virtude do establecido polo artigo 16.2 do Real Decreto 1463/2007, do 2 de novembre, polo o que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei xeral de estabilidade orzamentaria, deberase remitir o informe de avaliación á citada dirección xeral, como órgano que ten atribuidas as facultades de tutela financeira das corporacións locais de Galicia.

O Pleno do Concello dáse por enterado.

Page 20: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

20

7.- Posta en coñecemento das resolucións adoptadas contrarias aos reparos formulados pola Intervención municipal.

Ref : 01-17-P 1.- Marco normativo De conformidade co disposto no artigo 218 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, na redacción efectuada pola Lei 27/2013, do 17 de decembro, de racionalización e sostibilidade da administración local : “ O órgano interventor elevará informe ao Pleno de todas as resolucións adoptadas polo Presidente da entidade local contrarias aos reparos efectuados, así como un resumo das principais anomalías detectadas en materia de ingresos. O devandito informe atenderá unicamente a aspectos e labores propios do exercicio da función fiscalizadora, sen incluír cuestións de oportunidade ou conveniencia das actuacións que fiscalice. O contido neste apartado constituirá un punto independente na orde do día da correspondente sesión plenaria.O Presidente da Corporación poderá presentar no Pleno informe xustificativo da súa actuación. Sen prexuízo do anterior, cando existan discrepancias, o Presidente da Entidade Local poderá elevar a súa resolución ao órgano de control competente por razón da materia da Administración que teña atribuída a tutela financeira. O órgano interventor remitirá anualmente ao Tribunal de Contas todas as resolucións e acordos adoptados polo Presidente da Entidade Local e polo Pleno da Corporación contrarios aos reparos formulados, así como un resumo das principais anomalías detectadas en materia de ingresos. Á citada documentación deberá acompañar, se é o caso, os informes xustificativos presentados pola Corporación local.” 2.- Consideracións xurídicas O exercicio da función fiscalizadora atópase regulada nos artigos 213 e ss. do Rd. lex. 2/04, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais ( en adiante TRLRFL ), comprensiva, entre outras funcións, da intervención crítica ou previa de todo acto, documento ou expediente susceptible de producir dereitos ou obrigas de contido económico. No contexto da fiscalización dos expedientes de gasto, cómpre salientar que a función fiscalizadora permite á Intervención municipal paralizar a tramitación dun determinado expediente mediante a formulación dunha nota de reparo, sempre que concorra algunha das seguintes circunstancias ( art. 216 TRLRFL ):

1. Que non exista crédito ou o proposto non sexa axeitado. 2. Que non foran fiscalizados os acordos que deron lugar ás ordes de pagamento. 3. Que se omitiran no expediente requisitos ou trámites esenciais.

Page 21: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

21

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

4. Que derive de comprobación materiais de obras, suministros ou servizos. Nestes supostos, cando o órgano ó que afecte o reparo non estea de acordo con este, corresponderá á Alcaldía-Presidencia a resolución das discrepancias, sendo a súa resolución executiva e indelegable ( art. 217 TRLRFL ), quedando a Intervención municipal obrigada a elevar informe ó Pleno da Corporación sobre tódalas resolucións adoptadas polo Presidente da entidade local contrarias ós reparos formulados, ase como un resumo das principais anomalías en materia de ingresos ( art. 218 TRLFL ). 3.- Contido das resolucións As anomalías detectadas pola Intervención municipal nos expedientes de gasto sometidos á súa fiscalización preceptiva, dende a última data de posta en coñecemento deste tipo de resolucións (2 de outubro de 2016 ), e que determinaron unha paralización temporal dos procedementos de gasto incoados, refírense fundamentalmente á inobservancia ou vulneración dos procedementos de contratación previstos na Lei de contratos do sector público, infracción da normativa de subvencións públicas, e en calquera caso, a deficiencias significativas no proceso de tramitación e xestión de fondos públicos, de acordo co seguinte detalle ordeado por núm. e data de resolución aprobatoria:

- Decreto núm. 2016006947 do 10 de outubro de 2016. - Decreto núm. 2016006948 do 10 de outubro de 2016. - Decreto núm. 2016006949 do 10 de outubro de 2016. - Decreto núm. 2016006976 do 11 de outubro de 2016. - Decreto núm. 2016007065 do 17 de outubro de 2016. - Decreto núm. 2016007109 do 18 de outubro de 2016. - Decreto núm. 2016007305 do 25 de outubro de 2016. - Decreto núm. 2016007309 do 25 de outubro de 2016. - Decreto núm. 2016007332 do 27 de outubro de 2016. - Decreto núm. 2016007333 do 27 de outubro de 2016. - Decreto núm. 2016007334 do 27 de outubro de 2016. - Decreto núm. 2016007608 do 9 de novembro de 2016. - Decreto núm. 2016007773 do 17 de novembro de 2016. - Decreto núm. 2016007774 do 17 de novembro de 2016. - Decreto núm. 2016007943 do 22 de novembro de 2016. - Decreto núm. 2016007944 do 22 de novembro de 2016. - Decreto núm. 2016007945 do 22 de novembro de 2016. - Decreto núm. 2016008133 do 1 de decembro de 2016. - Decreto núm. 2016008134 do 1 de decembro de 2016. - Decreto núm. 2016008602 do 21 de decembro de 2016. - Decreto núm. 2016008881 do 28 de decembro de 2016. - Decreto núm. 2016008990 do 30 de decembro de 2016. - Decreto núm.2017000040 do 5 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000057 do 9 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000058 do 9 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000059 do 9 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000060 do 9 de xaneiro de 2017.

Page 22: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

22

- Decreto núm.2017000061 do 9 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000062 do 9 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000063 do 9 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000088 do 9 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000089 do 9 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000134 do 11 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000151 do 12 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000154 do 12 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000192 do 16 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000193 do 16 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000194 do 16 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000236 do 16 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000237 do 16 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000281 do 17 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000282 do 17 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000297 do 17 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000492 do 25 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000493 do 25 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000503 do 26 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000504 do 26 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000575 do 31 de xaneiro de 2017. - Decreto núm.2017000851 do 9 de febreiro de 2017. - Decreto núm.2017001215 do 22 de febreiro de 2017. - Decreto núm.2017001216 do 22 de febreiro de 2017. - Decreto núm.2017001217 do 22 de febreiro de 2017. - Decreto núm.2017001218 do 22 de febreiro de 2017. - Decreto núm.2017001219 do 22 de febreiro de 2017. - Decreto núm.2017001450 do 7 de marzo de 2017. - Decreto núm.2017001451 do 7 de marzo de 2017. - Decreto núm.2017001690 do 15 de marzo de 2017. - Decreto núm.2017002024 do 27 de marzo de 2017. - Decreto núm.2017002035 do 27 de marzo de 2017. - Decreto núm.2017002080 do 27 de marzo de 2017.

Finalmente indicar que quedan fóra desta relación, as resolucións ditadas pola Concellería delegada de Persoal en contra dos reparos formulados pola Intervención municipal en materia de xestión de persoal, pola especial e singular configuración da regulación da fiscalización dos gastos de persoal que se establece nas bases de execución do orzamento do 2014 ( prorrogadas ata o exercicio económico do 2017 ) e que privan aos reparos formulados pola Intervención municipal da capacidade de paralizar a tramitación dos expedientes administrativos ata que o Alcalde-Presidente resolva a discrepancia xurdida entre o departamento xestor ( Servizo de Persoal e Recursos Humanos ) e o departamento que ten atribuídas pola lexislación vixente as funcións de control da xestión económica ( Intervención municipal ).

O Pleno do Concello dáse por enterado.

Page 23: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

23

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

8.- Posta en coñecemento das conclusións da comisión de investigación para

analizar as xestión realizadas polo Goberno Municipal ante a aparición de dous casos de lexionella entre os traballadores da empresa municipal de limpeza, Ecourense, e estudar as medidas a adoptar nas posibles responsabilidades das ditas actuacións.

Ponse en coñecemento dos asistentes a acta de 22 de febreiro de 2017 da comisión de investigación na que figura as conclusións.

O Pleno do Concello dáse por enterado.

9.- Parte resolutiva.

9.1 Imposición e ordenación da Contribución Especial para a ampliación do

servizo público de extinción de incendios. Aprobación provisional.

Polo Secretario dáse conta do ditame da Comisión de Pleno de 30 de marzo de 2017 que, por tres votos a favor do Grupo Municipal do Partido Popular e catro abstencións dos grupos municipais de Democracia Ourensana, Grupo Municipal Socialista e Ourense en Común, ditamina favorablemente a proposta que contén.

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.- En cumprimento do disposto nos artigos 15.1 e 34.1 e 3 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, acórdase, con carácter provisional, impoñer unha contribución especial pola ampliación do servizo de extinción de incendios do Concello de Ourense, cuxa Ordenanza figura como Anexo do presente Acordo.

O importe do custo previsto da ampliación do servizo de extinción de incendios é de 1.816.500 euros, conforme ao proxecto aprobado pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 10/11/2016, sendo o importe para repartir entre os beneficiarios (compañías de seguros que desenvolven a súa actividade no ramo de incendios no termo municipal de Ourense) o 90 por 100 do mesmo, proporcionalmente ao importe das primas recadadas no ano inmediatamente anterior.

Segundo.- De conformidade co disposto no artigo 17.1 do citado texto refundido, o presente acordo provisional, así como o texto da Ordenanza fiscal anexa ao mesmo, expoñerase ao público no taboleiro de anuncios deste Concello durante o prazo de trinta días hábiles, a fin de que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Terceiro.- Dita exposición ao público anunciarase no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e nun dos diarios de maior difusión da mesma e comezará a contar o seu prazo a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a última das devanditas publicacións.

Page 24: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

24

Cuarto.- En caso de non presentarse reclamacións durante o período de exposición pública, de conformidade co disposto no artigo 17.3 do mesmo texto legal, entenderase definitivamente adoptado o acordo, ata entón provisional, sen necesidade de novo acordo plenario.

Quinto.- O acordo definitivo de imposición e ordenación da contribución especial e o texto íntegro da Ordenanza Fiscal deberán ser publicados no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, producindo efectos o día seguinte ao da súa publicación e permanecendo en vigor ata a desaparición do obxecto da mesma ou ata a súa modificación ou derrogación expresas.

ANEXO

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA CONTRIBUCIÓN ESPECIAL POLA AMPLIACIÓN DO SERVIZO DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS.

Artigo 1º. Disposición xeral

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 28 a 37 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2005, do 5 de marzo, así como na Ordenanza fiscal xeral reguladora das contribucións especiais, este Concello establece a contribución especial pola ampliación do servizo de extinción de incendios aprobada mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 10/11/2016, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal.

Artigo 2º. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta contribución especial a obtención polo suxeito pasivo dun beneficio como consecuencia da ampliación do Servizo Municipal de Extinción do Incendios do Concello de Ourense

Artigo 3º. Beneficios fiscais.

Non poderán recoñecerse outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais.

Artigo 4º. Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos, na súa calidade de persoas especialmente beneficiadas, as compañías de seguros que desenvolven a súa actividade no ramo de incendios no termo municipal de Ourense.

Artigo 5º. Responsables.

Page 25: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

25

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

1. Responderán solidariamente da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Responderán de forma subsidiaria da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 6º. Base impoñible.

A base impoñible desta contribución especial está constituída polo 90 por 100 do custo que o Concello de Ourense soporte pola ampliación do servizo de extinción de incendios.

A base impoñible cuantifícase en 1.634.850 euros, de acordo co proxecto de gasto aprobado pola Xunta de Goberno Local, en data 10/11/2016.

Devandito custo ten o carácter de mera previsión. Se o custo real, unha vez efectuada a ampliación do servizo, fose superior ou inferior ao previsto, tomarase aquel a efectos do cálculo das cotas tributarias correspondentes.

Artigo 7º. Cota tributaria.

A base impoñible desta contribución especial distribuirase entre as entidades ou sociedades que cubran o risco polos bens sitos no municipio de Ourense, proporcionalmente ao importe das primas recadadas no ano inmediatamente anterior.

Se a cota esixible a cada suxeito pasivo fose superior ao 5 por 100 do importe das primas recadadas por leste, o exceso trasladarase aos exercicios sucesivos ata a súa total amortización.

Artigo 8º. Devengo.

A contribución especial devéngase no momento no que o servizo ampliado comezara a prestarse, sen prexuízo de que a cota tributaria sexa esixida por anticipado conforme ao disposto no artigo 32.2 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Artigo 9º. Normas de xestión.

A xestión, liquidación, inspección e recadación da contribución especial realizaranse na forma, prazos e condicións que se establecen na Lei Xeral Tributaria e nas demais leis reguladora da materia, así como nas disposicións ditadas no seu desenvolvemento.

O disposto neste apartado entenderase sen prexuízo dos convenios que o Concello poida establecer coa «Gestora de Conciertos para la Contribución a los Servicios de Extinción de Incendios AIE».

Artigo 10º. Infraccións e sancións.

Page 26: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

26

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime establecido na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.

Disposición final

A presente ordenanza Fiscal entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e permanecerá en vigor ata a desaparición do obxecto da mesma ou ata a súa modificación ou derrogación expresas.

9.2 Moción do Grupo Municipal de Democracia Ourensana relativa á instalación dunha rampla mecanizada no barrio da Carballeira.

Exposición de motivos O barrio da Carballeira sitúase ao Poniente da cidade de Ourense e constitúeno un

conxunto de rúas que ascenden cara o paraxe denominado Castelo Ramiro. Os veciños da zona teñen que superar a diario distintos desniveis que son

certamente bastante pronunciados, atopámonos ademais nun dos barrios cunha poboación máis avellentada da cidade, o que agrava aínda máis o problema.

A praza Do Sagrado Corazón é sen dúbida un dos puntos de confluencia veciñal

máis importantes. A igrexa, o centro de saude, e algún supermercado alí situado fan que ata este espazo se mobilizen frecuentemente os veciños. Debido a esa intensidade de tránsito, e tamén ao desnivel e á avanzada idade á que antes nos referíamos, entendemos que é oportuno e necesario plantexar unha solución que mellore a accesibilidade dos veciños da zona.

Democracia Ourensana trae novamente a este pleno do Concello de Ourense unha proposta na liña de mellorar a accesibilidade na cidade: propoñemos a colocación dunha rampa mecánica no primeiro tramo da rúa Nicomedes Pastor Diaz, que partindo da Avenida de Portugal chega até o cruce ca Rúa Corredores, xunto a glorieta que antecede a Praza do Sagrado Corazón.

Segundo os técnicos consultados, o tramo non supera o 10% de pendente, polo que

cumpre coas recomendacións dos fabricantes —desaconséllano para pendentes que superen o 12%— e coa lexislación galega, que limita ó 10% a pendente para tapices rodantes.

Estamos a falar dunha distancia que podería rondar os 80 metros e que salvaría uns

8 metros de desnivel —case 3 pisos de altura— Corresponde ós técnicos evaluar a forma máis conveniente de levalo a cabo, tendo

en conta as particularidades da zona, tales como realizar a obra por unha beirarúa ou pola outra, as entradas a garaxes, as diversas canalizacións da rúa, se é maís aconsellable facelo

Page 27: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

27

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

en dous tramos de rampa ou incluso poderíamos debatir se procede unha rampa de subida e outra de baixada.

As nosas estimacións tras diversas consultas son que será preciso un investimento

que rondaría os 500.000€. A metade levaríao o suministro e instalación da rampa e a outra metade suporíao a obra civil: demolicións, redes de saneamento, augas, alumeado, etc.

Consideramos oportuno lembrar neste punto que Vigo quere dotar o tramo de Gran

Vía que vai entre Urzáiz e a Praza España de 4 rampas mecánicas para salvar os 650 metros de distancia. Un proxecto que baixo a direción do Arquitecto Alfonso Penela debería comenzar nos próximos meses e rematar no 2018.

Vigo é un dos moitos exemplos de urbe onde este tipo de infraestructuras comenza a

proliferar: algunhas cidades máis grandes e outras máis pequenas. Unhas con orzamentos superiores o diste concello de Ourense e outras certamente con orzamentos bastante máis modestos, coma o caso de Eibar, que con apenas 26.000 habitantes dispón de máis de 40 equipamentos de accesibilidade entre escaleiras mecánicas e rampas.

Se estas cidades puderon asumir estas inversións, non semella moi aventurado

pensar que Ourense tamén debería poder. Non é o noso deber traer un proxecto con tódolos detalles técnicos. O noso traballo

é, tras unha serie de consultas previas de carácter técnico, a constatación diaria da necesidade dunha medida desta natureza e a comprobación de que noutras cidades se están poñendo en marcha solucións semellantes a esta que hoxe propoñemos.

Traemos por tanto a esta sala a idea, o impulso político inicial para que o Concello

se poña a traballar nesta proposta. Por todo elo, presentamos o pleno a seguinte PROPOSTA Pedir o Alcalde que se inicien os estudios previos a elaboración do proxecto de

instalación dunha rampa mecánica no primeiro tramo da rúa Nicomedes Pastor Diaz, no barrio da Carballeira.

Emenda de substitución presentada polo Grupo Municipal de Ourense en

Común:

EMENDA DE SUBSTITUCIÓN: TEXTO INICIAL: 1. Pedir o Alcalde que se inicien os estudios previos a elaboración do proxecto de

instalación dunha rampa mecánica no primeiro tramo da rúa Nicomedes Pastor Diaz, no barrio da Carballeira.

Page 28: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

28

SUBSTITUCIÓN:

1. O pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para que inicie un estudo xeral de necesidades de mobilidade e accesibilidade dos diferentes barrios da cidade. Este estudo deberá resolver de forma obxectiva e argumentada as prioridades de execución, propostas de infraestruturas, valoración estimada de custes, etc. TEXTO DEFINITIVO:

1. O pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para que inicie un estudo xeral de necesidades de mobilidade e accesibilidade dos diferentes barrios da cidade. Este estudo deberá resolver de forma obxectiva e argumentada as prioridades de execución, propostas de infraestruturas, valoración estimada de custes, etc.

O Pleno do Concello, por tres votos a favor do Grupo Municipal de Ourense en

Común, sete en contra do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, e dezaseis abstencións dos grupos municipais do Partido Popular e Grupo Municipal Socialista, adoptou o seguinte ACORDO: Rexeitar a emenda presentada por Ourense en Común.

O Pleno do Concello, por vinte e tres votos a favor dos grupos municipais de

Democracia Ourensana, do Partido Popular e Socialista e tres abstencións do Grupo Municipal de Ourense en Común, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

9.3 Moción do Grupo Municipal de Ourense en Común para o acondicionamento de aprte do espazo da vella E.D.A.R., sito no lugar de Reza, como área de servizo municipal para autocaravanas.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN 1. A situación turística actual de Ourense –2016– (extraído literalmente do

Plan de acción no destino turístico de Ourense ante a chegada do AVE, redactado ao abeiro da Facultade de CC Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo)

A capital da provincia de Ourense conta cun amplo abano de recursos con

potencial de atraer a visitantes e xerar pernoctacións na cidade. Algúns destes recursos forman parte xa da oferta turística da cidade, mentres que outros precisan dunha posta en valor para chegaren a converterse en produto turístico con capacidade de atracción de visitantes. Alén disto, a contorna da cidade conta tamén con elementos de atracción que poden contribuír á xeración de fluxos de visitantes tendo como lugar de pernocta a propia cidade. Os recursos turísticos cos que conta a cidade e os seus arredores poderíanse englobar en tres grandes grupos en función da súa natureza:

Page 29: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

29

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

a. Termais: As Burgas, Estación Termal das Burgas, Centro de Interpretación, Recursos Termais ao longo da marxe do Río Miño...

b. Naturais e paisaxísticos: Augas Termais –Outariz e Chavasqueira–, Río Miño e diversas áreas recreativas e zonas axardinadas.

c. Histórico-monumental, etnolóxico e artístico: Conxunto Histórico Centro Cidade, Catedral de San Martiño, Praza Maior, As Burgas, Convento San Francisco, Ponte Romana e Pontes modernas, Rúa do Paseo, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Conxunto Arqueolóxico de Santo Tomé, entre outros moitos.

d. Festas e acontecementos programados: Os Maios, Entroido, Festival de Cine Internacional de Ourense e diversas manifestacións teatrais –MOTI, FITO... –.

Ademais, hai que destacar na contorna da cidade a Ribeira Sacra, territorio que se

estende xeograficamente ao longo das provincias de Ourense e Lugo, candidato a converterse en Patrimonio da Humanidade por contar cunha grande cantidade de recursos turísticos, dende os naturais e paisaxísticos, pasando polo seu extenso patrimonio histórico-monumental e contando cun importante patrimonio gastronómico e enolóxico; así como festas e feiras de recoñecido prestixio e interese nacional e internacional. Por outra banda, destacar a proximidade doutras zonas de grande interese turístico dende o punto de vista enolóxico, como O Ribeiro, natural e cultural, como a vila de Allariz, e deportivo, como Castrelo de Miño.

Con todo, estes recursos turísticos conforman só unha parte da oferta turística

da cidade de Ourense, precisando ser complementados por unha serie de infraestruturas complementarias de aloxamento, establecementos de restauración e, incluso, centros de congresos e exposicións preparados para acoller eventos de certa relevancia.

Atendendo aos datos do Instituto Nacional de Estatística para o período 2010-

2014 observamos que, agás nos derradeiros meses do ano 2014, onde a estancia media foi maior de dous días, a estancia media nos aloxamentos hosteleiros da cidade nos últimos cinco anos foi inferior aos dous días, sen apreciarse importantes variacións neste senso ao longo do ano. Sendo unha demanda non estacional, é dicir, non existe unha excesiva concentración de turistas en determinadas épocas do ano (pequeno aumento no verán e outono), senón que se atopan bastante repartidos ao longo do mesmo, polo que os impactos negativos para a sociedade e a poboación local derivados dunha alta concentración de turistas na cidade en determinados períodos do ano, tal e como ocorre noutros destinos moi masificados, son mínimos.

Xa que logo, o reto para o sector turístico da cidade de Ourense consiste en

atraer a un maior número de viaxeiros durante a semana, en períodos estivais e, especialmente, que prolonguen as súas estancias na cidade co obxectivo de incrementar o rendemento empresarial. Para iso, a cidade ten que dispor dunha oferta turística que sexa quen de contribuír a prolongar a estancia dos visitantes, o cal supón un maior gasto por parte dos turistas.

2. O Turismo de autocaravana, un sector en crecemento

Page 30: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

30

O denominado Turismo de Autocaravana é un turismo diferente á modalidade

tradicional de oferta hoteleira que agromaba ao carón das praias do Mar Mediterráneo, primeiro e logo no resto do litoral, nas derradeiras décadas do século XX e unha evolución natural do Turismo Cultural que permitía despegar a oferta de grandes territorios de interior no cambio de milenio. Trátase dun turismo ao aire libre e compatible co medio ambiente que centra á viaxe como momento central do período estival grazas á tecnoloxía de vangarda destes vehículos.

Esta modalidade de turismo ten un longo percorrido no continente europeo

contando con infraestruturas de calidade en países como Francia, Holanda e incluso no Algarve luso. Asemade a oferta en España está experimentando un proceso acelerado de cambio, posto que cada vez son máis os concellos que apostan por sumarse a este fenómeno. Numerosos municipios de interior e o litoral cantábrico apostan xa por ofertar espazos e servizos que permiten unha inxección económica que compensa de lonxe a de reducida inversión de acondicionamento das infraestruturas necesarias. Ofrécense así todas as facilidades para que este turismo síntase ben recibido e aumente os días de pernocta en destino, co conseguinte retorno económico especialmente centrado en hostalaría e pequeno comercio de produtos locais, gastronomía, etc.

Calcúlase que en España existen arredor de 40.000 autocaravanas. Estas son

empregadas por milleiros de persoas para percorrer o territorio estatal ao longo do ano. Cifras ás que deberían sumarse as furgonetas non recoñecidas como autocaravanas e os milleiros de vehículos con matrícula europea que cada ano entran na Península Ibérica por Pirineos, así é que países como Francia contan cunha flota total de 400.000 autocaravanas rexistradas. Cifras que cuestionan falsos mitos como o reducido impacto económico deste tipo de turismo.

A propia administración central, consciente desta realidade, ten adaptado o

Regulamento Xeral da Circulación para este tipo de vehículos aos estándares comunitarios europeos. De modo que os seus usuarios xa non poden ser discriminados sempre que respecten as medidas e pesos indicados para cada calzada. Diferenciando deste modo entre acampar e aparcar, reivindicación histórica do colectivo.

Con todo, e malia aos avances destes cambios normativos, este tipo de turismo

demanda de servizos complementarios ao simple feito de aparcar nun lugar concreto. Demándase acceso a auga potable, baleirado de wc e augas usadas, electricidade e carga eléctrica, wifi, lavandería, tenda, etc.

a. O Turismo de autocaravana en Ourense

As beiras do Río Miño concéntranse a diario decenas de autocaravanas e furgonetas atraídas polos recursos termais do noso municipio. Áreas como O Tinteiro ou o aparcamento Termas de Outariz son a carta de presentación do Concello de Ourense a este turismo sen estar habilitadas para tal fin. Estas carecen dos servizos máis básicos de wc e auga potable pero tamén doutros máis específicos como o baleirado das coñecidas augas negras.

Page 31: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

31

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

A Federación Española de Asociaciones de Autocaravanistas primeiro e

o colectivo Cámping Caravaning Club de Galicia-Ourense despois, veñen solicitando en reiteradas ocasións a necesidade de habilitar un espazo específico para este tipo de turismo na contorna da área termal. Argumentan que permitirá aumentar o volume de turistas que pernoctan na nosa cidade ao tempo que o retorno económico que estes xeran tanto nos locais como no propio espazo habilitado. Así é que a inversión rapidamente sería recuperada. Por outra banda ambos colectivos teñen afirmado que un espazo propio para aparcamento de autocaravanas e furgonetas liberaría espazo para o acceso doutro tipo de vehículos, moi necesario considerando o pouco aparcamento dispoñible próximo aos recursos termais como Outariz, Tinteiro ou Chavasqueira.

3. Os terreos da antiga E.D.A.R. de Reza como oportunidade No pleno ordinario do Concello de Ourense do día 6 de novembro de 2015 o grupo

PSdeG-PSOE presentaba unha iniciativa para o mantemento de equipamentos para uso e desfrute dos veciños de Reza trala a demolición da antiga depuradora. Esta resolución plenaria foi aprobada por unanimidade do pleno coa formulación dunha emenda de adición presentada por Ourense en Común, resultando un acordo para instar ao Goberno Municipal para esgotar todas as vías xurídicas posibles para manter o equipamento que actualmente está ocupado polas oficinas da empresa construtora para o uso e desfrute dos veciños de Reza, unha vez se proceda á demolición da antiga depuradora.

Respondíase así a unha demanda que a Asociación de Veciños Quince de Agosto

de Reza remitira á Concellería de Participación Cidadá o 26 de decembro de 2013. Solicitude motivada nos xustificados prexuízos sufridos polos propios veciños e veciñas durante anos, a causa da propia depuradora.

A inicios do pasado mes de febreiro de 2017 comezaron os traballos de

demolición dos dixestores da antiga estación. O primeiro paso dunha actuación que proxecta a recuperación de todos os terreos, ata o de agora ocupados, co fin de convertelos nun novo parque público do barrio e da cidade de Ourense.

Estes terreos están cualificados no ordenamento vixente (PGOU 86) como

Equipamentos Urbanos, e no documento aprobado inicialmente do novo PXOM como Zona Verde/Espazo Libre. Categoría que permitirá manter o uso de zona verde así como de equipamento sempre que este non supere unha superficie maior ao 5 % do total.

Atendendo ao anterior, e previa consulta de conformidade á Asociación de Veciños

Quince de Agosto, preséntase a posibilidade de recuperar os terreos da antiga E.D.A.R. para un uso compatible a tres bandas:

• Para a veciñanza de Reza cun local social adaptado as súas necesidades. • Para toda a cidadanía de Ourense cun espazo verde. • Para o turismo coa implantación dunha área para autocaravanas.

Page 32: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

32

O espazo da vella depuradora acollería así nun marco ideal a este turismo, contribuíndo á dinamización do propio núcleo de Reza. O custe da inversión sería mínimo en contraposición co beneficio que xera este turismo en crecemento. Así é que esta sería recuperada coa propia recadación da área de autocaravanas en pouco (os prezos por acceso roldan os 6€ por autocaravana + servizos como internet 3€ / electricidade 3€, etc.).

Unha actuación como esta permitiría paliar o déficit de servizo do Concello de

Ourense evidenciado na pernocta precaria que cada día enche a contorna da pasarela de Outariz, ou o Campo da Feira.

É por todo o anterior que o grupo municipal Ourense en Común presenta ao Pleno

para o seu debate e aprobación os seguintes acordos ACORDOS: 1.- O pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para

que proceda con urxencia a iniciar os oportunos estudios económicos e xurídicos para a creación dun parque para autocaravanas en parte do espazo da vella E.D.A.R., sita no lugar de Reza. Este deberá ser compatible coa demanda veciñal dun local social e atender as necesidades propias deste tipo de turismo. Así é que deberá contar como mínimo con servizo de auga, baleirado de wc e augas usadas, electricidade e carga eléctrica, entre outros.

Emenda de substitución presentada polo Grupo Municipal Socialista: SUBSTITUCIÓN DO SEGUINTE PUNTO: • “O Pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para

que proceda con urxencia a iniciar os oportunos estudios económicos e xurídicos para a creación dun parque para autocaravanas en parte do espazo da vella E.D.A.R., sita no lugar de Reza. Este deberá ser compatible coa demanda veciñal dun local social e atender as necesidades propias deste tipo de turismo. Así é que deberá contar como mínimo con servizo de auga, baleirado de wc e augas usadas, electricidade e carga eléctrica, entre outros.”

• Pola seguinte proposta de ACORDO: ”Instar ao Goberno Municipal a que

proceda á redacción dun estudio urbanístico, económico e de viabilidade sobre as alternativas coas que se podería contar para a creación dun parque de autocaravanas no Concello de Ourense, e unha vez realizado, se proceda a decidir cal sería a ubicación máis idónea para a posta a disposición dos terreos, a execución das obras, a asignación do orzamento de execución necesario, etc. sen esquecer a elección dun proxecto acorde co entorno necesario para os usuarios de autocaravanas que responda as súas necesidades e tamén sendo respectuoso cos veciños da zona na que definitivamente se decida ubicar.”

TEXTO DEFINITIVO DO ACORDO:

Page 33: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

33

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

• PUNTO Nº 1: ”Instar ao Goberno Municipal a que proceda á redacción dun

estudio urbanístico, económico e de viabilidade sobre as alternativas coas que

se podería contar para a creación dun parque de autocaravanas no Concello

de Ourense, e unha vez realizado, se proceda a decidir cal sería a ubicación

máis idónea para a posta a disposición dos terreos, a execución das obras, a

asignación do orzamento de execución necesario, etc. sen esquecer a elección

dun proxecto acorde co entorno necesario para os usuarios de autocaravanas

que responda as súas necesidades e tamén sendo respectuoso cos veciños da

zona na que definitivamente se decida ubicar.” O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte

ACORDO: Aprobar a emenda. En consecuencia, queda aprobada a moción coa redacción dada pola emenda.

9.4 Moción do Grupo Municipal de Democracia Ourensana relativa ao

funcionamento da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións do Concello de Ourense.

Exposición de motivos La Comisión Especial de Sugerencias y Reclamaciones del Ayuntamiento de

Ourense viene arrojando año tras año un balance realmente pobre en cuanto a actividad. Una comisión que se reúne una vez al mes y tiene como misión, tal y como refleja el artículo 53 del Reglamento orgánico de Gobierno y organización, del Pleno y la Comisión especial de Sugerencias y reclamaciones del Concello de Ourense, lo siguiente:

“Corresponde a la Comisión Especial de Sugerencias y Reclamaciones defender los

derechos de los vecinos en sus relaciones con la Administración Municipal, supervisar la actuación de ésta, proponiendo acciones de mejora y dictaminar las quejas que de conformidad con lo dispuesto en este Reglamento los vecinos le dirijan”

Dicho reglamento expone en el primer punto de su artículo 55: “Todos los ciudadanos tienen derecho a presentar sugerencias y reclamaciones a la

Administración Municipal. Se presentarán en el registro general, siendo recepcionadas y tramitadas por la oficina de participación ciudadana. Esta remitirá mensualmente un listado de reclamaciones o sugerencias a la comisión, especificando el servicio afectado, trámites realizados y soluciones adoptadas.”

Para añadir a continuación en el segundo punto:

Page 34: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

34

“Cuando un ciudadano, transcurridos tres meses desde la presentación de la sugerencia o reclamación no recibiera contestación alguna o cuando la contestación no resultara satisfactoria, podrá dirigirse en queja a la Comisión Especial de Sugerencias y Reclamaciones.”

Pues bien, con los datos de los informes de dicha comisión en la mano, a esta

Comisión apenas llegan quejas, y sugerencias, ninguna; apenas dos reclamaciones llegaron a la Comisión durante el año 2016 y ocho a lo largo del año 2015.

Democracia Ourensana considera que estamos ante un claro caso de mala

utilización de los recursos públicos, tanto económicos como de tiempo y de trabajo. Los miembros de esa comisión saben que la mayoría de las reuniones solo sirven para constatar que no hay asuntos nuevos que tratar. Dado que la asistencia a estas reuniones se retribuye económicamente, reducir su frecuencia supondría un ahorro tanto de dinero como de tiempo, el volumen de asuntos tratado así lo recomienda.

Consideramos que una reunión de la Comisión al trimestre es más que suficiente

dado el volumen de trabajo que actualmente se registra. Cualquier circunstancia puntual que por su gravedad o urgencia así lo requiriese a juicio de su presidente, podría solventarse mediante la convocatoria de una reunión con carácter extraordinario.

Esta ausencia de reclamaciones en queja que llegan a la Comisión nos podría llevar

a pensar que nuestra administración municipal funciona a las mil maravillas y que todos los expedientes son resueltos en tiempo y forma, cosa que mucho nos tememos que no sea así.

A nosotros, al igual que a ustedes, los ciudadanos nos transmiten a diario, incluso

abordándonos en la calle, multitud de quejas que evidencian todo lo contrario: no haber sido debidamente atendidos.

¿Qué sucede entonces? ¿Por qué las quejas no llegan a la Comisión? Pues con total

seguridad, porque el ciudadano desconoce que dispone de esta herramienta, desconoce la existencia de esta instancia en la que puede ejercer su reclamación en queja. En Democracia Ourensana estamos convencidos de la necesidad de divulgar y publicitar debidamente entre la ciudadanía que le asiste el derecho a dirigirse a este órgano.

Este gobierno que no repara en gastos en autobombo y propaganda de su gestión,

debería plantear una campaña de difusión y publicidad de este herramienta que se encuentra a disposición de los ciudadanos. No nos sirve ese “brindis al sol” que supone el ejercicio de propaganda del espacio en la Web municipal de “O Alcalde Responde”, entre otras razones por la ausencia total de un procedimiento reglado, transparente y carente del más mínimo valor administrativo. Hay que ir más allá de los gestos vacuos y trabajar en los órganos que la ley establece y que fueron diseñados y puestos en marcha para este fin.

Los ciudadanos han de conocer cuales son los cauces adecuados. Han de saber cual

es ese gran buzón en el que depositar tanto su sugerencia como la oportuna reclamación en queja. No nos cabe la menor duda que tras una intensa campaña, el volumen de reclamaciones a tratar en la Comisión aumentaría más que sensiblemente, daría sentido a la

Page 35: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

35

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

existencia de la propia Comisión y por encima de todo, el nivel de atención a los ciudadanos se vería notablemente reforzado.

Con el aumento del volumen de reclamaciones y sugerencias que llegarán sin duda a

la Comisión si se divulga y publicita adecuadamente este derecho que asiste a nuestros ciudadanos, Democracia Ourensana entiende que la Comisión ha de profundizar en las causas que motivan estas quejas. Si las demoras son injustificadas y en caso de observar actitudes de negligencia, desidia, desconsideración para con los administrados, etc, por parte de los funcionarios responsables, la Comisión deberá “tomar cartas en el asunto”.

En Democracia Ourensana venimos criticando la laxitud y condescendencia conque

se vienen tratando frecuentemente las faltas cometidas por funcionarios, ya no solo graves, sino incluso muy graves —alguna incluso constitutiva de delito y con sentencia judicial en firme— pero sobre las que finalmente no llegan a abrirse los correspondientes expedientes disciplinarios.

La Comisión no puede contagiarse de estas actitudes que van mas allá de la

tolerancia y ha de velar para que comportamientos que la normativa aplicable considera tipificables como faltas no queden impunes. Para ello deberá comunicar de oficio a la Concejalía de personal para que adopte las medidas que resulten pertinentes con la apertura , en su caso, del expediente disciplinario que pudiera corresponder.

Por todo ello, presentamos al pleno las siguientes PROPUESTAS

1. Que las reuniones de la Comisión Especial de Sugerencias y Reclamaciones pasen a celebrarse con carácter trimestral en vez del actual carácter mensual .

2. Pedir al Alcalde que sea debidamente divulgada y publicitada la labor de esta Comisión y

sobre todo la posibilidad que asiste a los vecinos de Ourense de presentar su reclamación o sugerencia.

3. Que la Comisión, en el supuesto de apreciar hechos o actitudes por parte de algún

funcionario que pudieran constituir motivo de sanción, deberá comunicar de oficio a la Concejalía de personal para que adopte las medidas que resulten pertinentes con la apertura, en su caso, del expediente disciplinario que pudiera corresponder.

O Pleno do Concello, por vinte e tres votos a favor dos grupos municipais do

Partido Popular, Grupo Municipal Socialista e Democracia Ourensana, e tres abstencións do Grupo Municipal de Ourense en Común, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

9.5 Moción do Grupo Municipal Socialista para a adhesión do Concello de Ouense ao programa piloto “Youth in Europe” co fin de poñer en marcha medidas

Page 36: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

36

eficaces para reducir e erradicar as condutas aditivas e o fenómeno do “botellón” na cidade.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Fai un par de décadas, o abuso do alcol e as drogas entre adolescentes era un grave

problema para as institucións en Islandia. Hoxe en día, o país nórdico converteuse nun exemplo e a súa revolución está a estenderse ao resto de Europa. O traballo para acadalo foi duro, a través de intervencións drásticas, directas e globais, pero os resultados foron certamente contundentes: a porcentaxe de adolescentes que abusa do alcol descendeu dun 48% a un 5%, os consumidores de cannabis dun 17% a un 7 % e o tabaquismo dun 23% a un 3%.

Todo xurdiu dunha tese do profesor americano de psicoloxía Harvey Milkman, que

poñía en evidencia que o consumo de alcol e estupefacientes estaba relacionado coa predisposición ao estrés dalgunhas persoas. O segredo do éxito foi a colaboración de distintos actores, colexios e pais, medidas lexislativas, instauración de toques de queda e sobre todo o “bombardeo” aos xóvenes con actividades extraescolares, que enchían o seu tempo de ocio. Chegouse á conclusión de que os xóvenes que practicaban deportes e tiñan boa relación cos seus pais consumían menos drogas e alcol.

Agora estas mesmas experiencias comezan a levarse a cabo, por exemplo, na cidade

de Tarragona, na que todos os xóvenes de 15 e 16 anos cumprimentaron unha enquisa e na que se analizaron con detalle os posibles riscos en cada barrio e cada instituto para a planificación de proxectos nos que participarán: familias, mestres, técnicos, empresarios, etc.

Está claro que dende os Concellos temos a responsabilidade de deseñar e levar

a cabo continuamente medidas e iniciativas que favorezan alternativas de ocio e educativas aos xóvenes co fin de tratar de manter ao marxe as conductas pouco saudables; aínda que hai que recoñecer que a maioría son de carácter meramente informativo e non de acción directa.

Por este motivo, e chegados a este punto, dende o Grupo Municipal Socialista,

sendo coñecedores do programa piloto “Youth in Europe” que a raíz da experiencia levada a cabo en Islandia se está a promover a nivel europeo, propoñendo aos Concellos que se adhiran, participen e pasen á acción directa aportándolles mecanismos para a diagnose, o estudio e a posta en marcha; cremos firmemente, que nun problema tan relevante e a súa vez tan normalizado na nosa cultura xuvenil como pode ser o fenómeno do “botellón” ou tamén o consumo doutras substancias aditivas, fan falta medidas institucionais prácticas e concretas en colaboración cos axentes sociais da nosa cidade, que de verdade poidan resultar efectivas.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdG-PSOE, presenta para a súa

aprobación que se adopte o seguinte ACORDO:

Page 37: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

37

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

1. Instar ao Goberno Municipal a que formalice a súa adhesión ao Programa

”Youth in Europe” co fin de analizar a situación actual na nosa cidade,

participar e compartir información sobre iniciativas e medidas reais que se

poidan levar a cabo dende o Concello de Ourense para a redución e

erradicación tanto de condutas aditivas como de xeito especial do fenómeno

coñecido como ”botellón”, que repercuten tan negativamente na saúde dos

nosos cidadáns e na súa convivencia, sobre todo da nosa xuventude, e que

están a ser efectivas noutras cidades de España e de Europa. O Pleno do Concello, por vinte e tres votos a favor dos grupos municipais do

Partido Popular, Grupo Municipal Socialista e Democracia Ourensana, e tres abstencións do grupo municipal de Ourense en Común, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

9.6 Moción do Grupo Municipal Socialista para a substitución do novo proxecto da sede da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en Ourense polo anteproxecto gañador do Concurso de Ideas de 2012.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O pasado día 9 de Outubro de 2015, despois de 4 anos de demora, paralizando o

anteproxecto preparado no 2012, dous meses antes das eleccións xerais, co dano que isto supuxo a Ourense; o Presidente da CH Miño-Sil e o Alcalde de Ourense, presentaban o novo proxecto da sede da CH Miño-Sil en Ourense, un proxecto básico cuxa superficie total é de 6.000 m2 (practicamente idéntica ao anterior) e cun importe total de execución de 5.000.000 € (o custe no anterior anteproxecto eran 4,5 millóns de €).

O novo proxecto presentado ten maior custe e ocupa practicamente o mesmo

espazo, co cal, as razóns manifestadas por parte do Goberno Central e polo propio Presidente da CH Miño-Sil para desbotar o anteproxecto gañador do concurso de ideas do 2012 carecen de sentido. Asemade, o novo proxecto do edificio que se ubicaría á carón do Miño, entre o novo Edificio dos Xulgados e a Ponte do Milenio, non debe ser a oficina privada do Presidente da CH actual, ten a obriga de servir para as funcións administrativas e unha obriga que poucas veces se dá en Ourense: ser a representación dunha sede do Estado e de Galicia na nosa cidade; é máis, para iso se lle deu un solar cunha ubicación excepcional que realzará esa laboura de representación sen esquecer tamén o compromiso de construír un espazo público arredor.

Todo isto se atopa recollido no Protocolo asinado entre as dúas institucións e

lembrado no Convenio, polo tanto, esta decisión pon de manifesto que se quebra o compromiso adquirido tanto no Protocolo (PARTE EXPOSITIVA CLÁUSULA QUINTA), coma no Convenio e no propio Concurso por parte do Concello e da Confederación, e con falta de transparencia na presentación do novo proxecto, sen saber quen o asinou, como foi o seu procedemento de encargo e posterior adxudicación e cal foi o seu custe total, o cal daba xa bastante que desconfiar.

Page 38: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

38

O novo proxecto presentado presentaba unha carencia estética importante dada a céntrica ubicación do edificio na cidade, e máis se o comparamos co anteriormente presentado gañador do concurso de ideas en 2012.

Anteproxecto 2012 Proxecto Básico 2015

En Novembro de 2015, o Grupo Municipal Socialista no Concello de Ourense presentaba unha moción que era aprobada pola maioría da corporación a excepción do PP, e adoptábase o seguinte acordo:

• Substituír o proxecto básico presentado para a nova sede da CH Miño-Sil

polo Anteproxecto gañador do Concurso de ideas de 2012, máis barato na súa e

execución e acorde coa dignidade e calidade que se lle require á Sede de Galicia e do

Estado en Ourense; coas adaptacións de funcionalidade e accesibilidade que sexan

necesarias antes da presentación do proxecto construtivo por parte da CH Miño-Sil.

Durante o ano 2016, o GMS rexistraba diversas solicitudes de documentación

relativa ao Expediente de Solicitude da Licencia do Proxecto da Nova Sede da CH Miño-Sil en Ourense ao Concelleiro de Urbanismo, sen acadar resposta. Só foron remitidos os informes xurídicos e urbanísticos que deixaban en suspenso a posible concesión da licencia.

Pasado todo este tempo, e atopándonos xa en Febreiro de 2017, en vista de que a

vontade política non foi a de proceder á substitución do proxecto polo anterior e existe unha flagrante falta de transparencia na información pública da concesión da licencia, así como das actuacións levadas a cabo dende a propia Concellería de Urbanismo; vémonos na obriga de denunciar a parálise da situación dunha obra cuxo remate estaba previsto para este ano e que aínda non se comezou sen que por parte dos responsables públicos e políticos se dea ningún tipo de explicación.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, presenta para a súa

aprobación que se adopte o seguinte ACORDO:

Page 39: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

39

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

1. Substituír urxentemente o proxecto básico presentado para a nova sede da CH

Miño-Sil polo Anteproxecto gañador do Concurso de Ideas de 2012, acorde coa

dignidade e calidade que se lle require á Sede de Galicia e do Estado en Ourense,

coas adaptacións de funcionalidade e accesibilidade que sexan necesarias antes

da presentación do proxecto construtivo por parte da CH Miño-Sil para solicitar a

correspondente licencia no Concello de Ourense; dada a inviabilidade

demostrada do novo proxecto e como única solución á demora na construción

dun equipamento desta relevancia para a nosa cidade na ubicación posta a

disposición polo anterior Goberno Municipal.

O Pleno do Concello, por doce votos a favor do Grupo Municipal Socialista e do

grupo municipal de Democracia Ourensana, dez votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular, e tres abstencións do Grupo Municipal de Ourense en Común, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

9.7 Moción do Grupo Municipal de Ourense en Común en favor da implementación dos criterios de eficiencia, equidade, mérito e capacidade que deberían rexer o servizo da Policía Local.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: PREÁMBULO Despois de ter debatido en varias ocasións nesta Corporación Municipal sobre o

servizo de Policía Local, faise imperativo volver a traer o tema a este salón de plenos. Actuacións éticamente cuestionables, arbitrariedade nas directrices, trato discriminatorio e persecución sindical, veñen a ser noticia no pasado mes de Marzo. Realidade á que non debe ser allea este pleno e que tras observar a inacción do goberno municipal, estamos na obriga de trasladar e buscar un acordo.

No relativo ao marco xurídico, a Lei Orgánica 2/1986 de 13 de Marzo, ven a

deseñar en esencia os alicerces fundamentais aplicables as Forzas e Corpos de Seguridade, establecendo os seus principios básicos de actuación, fixando criterios estatutarios e deseñando un concepto novo de Policía, entendido como servizo público. Esta Lei Orgánica, proclamou á Policía Local como integrantes das Forzas e Corpos de Seguridade, recoñecéndolles ás Comunidades Autónomas potestade normativa na materia, sen prexuizo do ordenamento complementario de cada corpo, que corresponde á respectiva Corporación Municipal.

Page 40: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

40

Ao longo da historia, a Policía Local foi evolucionando coa sociedade, dotándoselle de medios e de competencias. Evolucionando desde mínimas competencias, só en materia de tráfico, ata as asignadas na Lei de Forzas e Corpos de Seguridade (L.O. 2/1986 do 13 de Marzo), ou pola lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais, que foi modificada no ano pasado pola lei 9/2016, de 8 de xullo.

Cabe ter en conta tamén que, o Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de Outubro,

polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Emprego Público, regula a selección de persoal ao servizo das Administracións Públicas no Capítulo primeiro do Título IV. Ademais disto, as normas sobre selección dos funcionarios forman parte do réxime estatutario da función pública, e teñen o carácter de lexislación básica segundo se desprende do artigo 149.1.18ª da C.E. Os principios que regulan o acceso á función pública procedentes dos artigos 23.2 e 103.3 da C.E referentes aos criterios de igualdade, mérito e capacidade. Ambos preceptos non constitúen compartimentos estancos que haxa que interpretar e aplicar por separado, senón que unha lectura e interpretación correcta dos mesmos pasa por recoñecer a interrelación existente entre ambos, e non só no referente ao acceso á función pública, senón tamén no relativo á pertenza e permanencia nela.

DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN Se na moción presentada no pleno ordinario do mes de Decembro, dicíamos que na

policía local de Ourense existían diferentes problemáticas derivadas dunha organización deficiente, xustificada esta no cuadrante horario, na dotación de persoal e na deficiente maximización de recursos, o certo é que nesta ocasión debemos sinalar que os problemas continúan e incluso se teñen agravado.

• Cuadrante Horario. O pasado 6 de Marzo púxose en funcionamento un novo cuadrante horario,

motivado fundamentalmente polo incumprimento da directiva europea 2003/88/CE, sobre ordenación do tempo de traballo. Desta reestruturación debemos sinalar que foi imposta unilateralmente pola administración sen ter en conta a opinión de quen vai a padecer ese cuadrante que son os policías de escala básica, que propuxeron establecer un cuadrante horario idéntico ao que se implementa na Policía Nacional. Ademais sinalar que se segue incumprindo a directiva, neste caso relativa aos descansos na fin de semana.

• Arbitrariedade na reasignación de efectivos ás distintas Unidades Operativas. Asistimos a un hermetismo sen parangón no relativo á asignación dos distintos

postos de traballo, solicitude realizada reiteradamente por delegados de persoal do Concello e do que non recibiron resposta. Dito isto, a reasignación de efectivos ás distintas Unidades Operativas fixéronse ao marxe dos criterios legalmente establecidos de mérito, capacidade, igualdade e publicidade, do que podemos concluír que se asignaron "a dedo" sen ningún tipo de sistema obxectivo e imparcial.

Debemos sinalar que varios puntos claves da moción aprobada en Decembro non se

tiveron en conta nesta reestructuración dentro da xefatura, estes son:

Page 41: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

41

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

• Maximización de recursos.- Búsqueda do máximo rendemento A ninguén se nos escapa nesta corporación que a policía, así como outros servizos

deste Concello, no relativo a dotación de persoal, está nunha situación de precariedade superlativa. Como consecuencia disto, danse realidades pouco desexables, como que as patrullas dos policías sexan unipersoais, é dicir non traballen por parellas. En consecuencia temos unha situación de grave inseguridade para os efectivos policiais e cremos que é unha imprudencia por parte dos responsables (mandos superiores ou políticos) contraria á lei de Forzas e Corpos de Seguridade.

A pesar da infradotación do servizo, cremos que non se están aproveitando

realmente todos os recursos existentes. Temos ao redor de 35 policías da escala básica realizando tarefas dentro da xefatura, que se ben algunhas delas son necesarias, outras moitas son totalmente prescindibles. Destínanse ao redor dun 35% dos efectivos a labores que poderían ser feitas por outro tipo de funcionarios "non policías". A realidade é que xa temos ao redor de 10 funcionarios "non policías" traballando en tarefas de administración ou xestión dentro da xefatura. En total hai 45 funcionarios realizando unha labor "de oficina" dentro de dependencias policiais.

Dos 35 policías da escala básica realizando tarefas dentro da xefatura, moi poucos

están en idade de gozar dunha segunda actividade, é dicir non teñen máis de 58 anos, cuestión pola que sería entendible que non traballasen na rúa. Deste xeito, dase a contradición de ter policías patrullando sos polas rúas e deixando moitas zonas da cidade desatendidas, e ter efectivos policiais de 48,46,40,34 anos traballando dentro dunha oficina.

• Suprimir a presenza dos axentes de policía dentro do guindastre. Entendemos que non é unha boa praxe que os efectivos da policía local realicen a

súa labor dentro dun vehículo dunha empresa privada, aínda que esta empresa estea ao cargo dunha concesión municipal.

Presupoñendo boa vontade, aínda que mala praxe, a este método de actuación,

entendendo que busca a pronta reacción ante unha infracción, cremos que existen alternativas a esta opción. Unha delas sería que os guindastres permanezan estacionados en lugares estratéxicos do casco urbano e acudan ao requirimento dos axentes, ao lugar onde sexa preciso.

Esta cuestión non nos parece menor, xa que existen perigos asociados a esta mala

práctica, incídese no risco sobre a seguridade do policía e da propia cidadanía. Deste xeito, a atención cidadá tamén se ve mermada nesta cuestión. Ademáis de sancionar os coches mal estacionados, os policías deben prestar o servizo habitual na zona e compaxinar ambas tarefas, aínda que non sempre resulta sinxelo. O tempo de espera para atender situacións de emerxencia alárgase porque os axentes que van nestes vehículos deben ir ao depósito para levar os coches "no que se perden 50 minutos".

EPÍLOGO

Page 42: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

42

As cuestións plantexadas nesta moción, algunhas delas froito da inacción ante os

graves problemas e a falta de diálogo dentro da Xefatura da Policía Local e coa Xunta de Persoal, precisan de resolucións e efectividade nas medidas que se queren impoñer. Ter un servizo de policía infradotado, deficientemente organizado e sen maximizar os seus poucos recursos, non favorece a ninguén. Esta realidade prexudícanos a todas as persoas, empezando polo propio corpo policial e rematando por calquera veciño ou veciña do Concello.

ACORDOS: 1.- O pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para

que se leve a cabo unha maximización de recursos na policía, evitando que efectivos que sen ter recoñecida a segunda actividade, realicen labores exclusivamente dentro da xefatura da policía e desta forma aumentar a dotación de policías en unidades operativas.

2.- O pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para

que se implementen criterios obxetivos na asignación de servicios, estes son os legalmente establecidos; mérito, capacidade, igualdade e publicidade

3.- O pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para

que os turnos de horarios da policía, se adapten a normativa europea 2003/88/CE, sobre ordenación do tempo de traballo.

4.- O pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para

que se establezan mecanismos rotatorios nas quendas horarias, de tal forma que todos os efectivos estean en igualdade de condicións e tendo en conta, ademais dos xa establecidos por lei, os criterios de equidade nas retribucións mensuais e conciliación da vida familiar e laboral

5.- O pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para

que se suprima a presencia dos axentes da policía local dentro do guindastre. O Pleno do Concello, por nove votos a favor do Grupo Municipal Socialista e

Ourense en Común, dez votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular, e seis abstencións do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Rexeitar a moción.

9.8 Moción do Grupo Municipal de Ourense en Común para a apertura dun proceso de participación veciñal co obxectivo de recoller propostas de mulleres relevantes cos que nomear as prazas 100, 200, 500 ou 1000.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN

Page 43: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

43

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

Dende que comezou o ano 2017 foron asasinadas case dúas decenas de mulleres por violencia machista no estado español. Datos que manteñen a tendencia histórica segundo o Ministerio de Interior. Frías e incompletas estatísticas ao non incluír todos os casos de violencia machista recoñecidos.

A solución a unha das lacras da nosa sociedade pasa por implementar unha batería

de medidas no plano económico, social, educativo, etc.; sendo aprobadas xa numerosas resolucións plenarias para que o equipo de goberno do Concello de Ourense optimice os seus servizos no plano das súas competencias.

A proposta presentada aquí pretende contribuír a visibilizar e socializar o problema.

Non somos quen de poder devolverlle a vida a ningunha das vítimas pero si podemos xerar un símbolo que permita lembrar cada día a todas esas mulleres sometidas ao longo do tempo á violencia patriarcal. Será un modo de saldar unha débeda histórica con moitas mulleres que en Ourense, ao igual que no resto do mundo, foron invisibles a ollos dunha sociedade masculina que limitaba o feminino sempre á esfera do privado.

A nosa historia local ten exemplos suficientes para humanizar as numerosas prazas

sen nome propio do municipio: • A pontina Delia Delso podería humanizar a hoxe Praza 200 no barrio do Pino

pola súa labor como mestra represaliada. • A querida Esperanza Martín Borrajo tería un maior recoñecemento social

que a Praza 100 no barrio de Covadonga polo seu compromiso social como pedánea e activista veciñal.

Son moitos os nomes de mulleres que recoñecer en lugar dos impersoais números

ou letras presentes no rueiro de Ourense. Con todo deberán ser as propias veciñas as que fagan chegar as propostas ao concello con máis nomes propios ou xenéricos, lexitimas propietarias de rúas e prazas. Non tería sequera porque facer mención a unha muller en concreto, por exemplo para a praza 1000 na estrada de Barra de Miño unha idea podería ser Praza das Rianxeiras, pois é sabido que desta zona proviñan moitas delas e sería recoñecer tamén o seu traballo silenciado.

Page 44: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

44

É por todo o anterior que o grupo municipal Ourense en Común presenta ao Pleno

para o seu debate e aprobación os seguintes acordos ACORDOS: 1.- O pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para

que proceda a iniciar os trámites oportunos para a apertura dun proceso de participación veciñal co obxectivo de recoller propostas de mulleres relevantes cos que renomear as prazas 100, 200, 500 ou 1000.

2.- O pleno do Concello de Ourense acorda instar ao goberno municipal para

nomear unha praza Asunción González, como homenaxe a quen foi recoñecida como primeira vítima por violencia machista declarada e documentada en Ourense.

O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte

ACORDO: Aprobar a moción.

9.9 Moción do Grupo Municipal Socialista para a adopción de medidas para a eliminación do gas Radón-222 nos edificios municipais.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O radón-222 é un gas radioactivo natural procedente da cadea de desintegración do

uranio-238 e, xa que logo, ubicuo na natureza. Mentres que o radon non adoita presentar niveis altos ó aire libre, nas vivendas tende a acumularse e pode dar lugar a concentracións moi elevadas, especialmente en zonas e chans moi permeables ou con un alto contido de radio 226. Determinadas actividades laborais (como a minería subterránea ou a explotación das augas termais) poden, ademais, conlevar un risco significativo de exposición a este gas. A exposición prolongada implica un grave risco para a saúde, diversos organismos internacionais e bo número de países emitiron recomendacións ou normativas de carácter obrigatorio co fin de controlar as exposicións ao radon tanto nas vivendas como nos lugares de traballo.

Co obxectivo de avaliar especificamente o risco de cancro asociado á exposición ao

radon nas vivendas, diversos estudos epidemiolóxicos puxeron de manifesto que o risco asociado ás exposicións domésticas é máis elevado; por outra banda, hai indicios, aínda non suficientemente contrastados, doutros posibles efectos do radon (aumento do risco cardiovascular, alteración do sistema inmune, etc.), atopándose incluso asociación entre a concentración de radón e a leucemia infantil.

A partir destes recentes descubrimentos sobre os efectos sobre a saúde deste axente

canceríxeno, a OMS lanzou un proxecto internacional que culminou coa publicación dun documento (WHO Handbook on indoor radon, 2009), no que se recomenda fixar os niveis de referencia nacionais de 100 Bq m3, ou en caso que non se considere factible polas particularidades do país, de 300 Bq m3. Doutra banda o artigo 62 do título VII do Real

Page 45: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

45

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

Decreto 783/2001 de 6 xullo, trata a exposición dos traballadores ás fontes naturais de radiación, destacando especificamente as exposición ao radón-222 e os seus produtos de desintegración. “Os titulares das actividades laborais, non reguladas no artigo, 2.1 nas que existan fontes naturais de radiación, deberán declarar estas actividades ante os órganos competentes en materia de industria das comunidades autónomas en cuxo territorio realizar os estudos necesarios a fin de determinar si existe un incremento significativo das exposicións dos traballadores ou dos membros do público que non poida considerarse desprezable desde o punto de vista da protección radiolóxica”.

As actividades que deben levar a cabo, de xeito obrigatoria, estudos radiolóxicos

sobre as exposicións ao radon ás que dan lugar son en concreto: � Lugares de traballo soterrados (incluídos aparcamentos públicos, metro,

minas, explotacións, minas - museo, e covas turísticas, etc.). � Lugares onde se exploten ou traten augas subterráneas (plantas

potabilizadoras de augas desta orixe ou os establecementos termais). � Todos os lugares de traballo situados nestas zonas indicadas, ou aquelas

que a priori polas súas características xeolóxicas poden xerar cantidades elevadas de radon ou favorecer o seu transporte, o interior de lugares pechados: zonas graníticas, volcánicas ou fallas activas.

Na protección de vivendas contra o radon, recoméndase un nivel de referencia

nacional de 300 Bq m3 de concentración media anual de radon, un nivel obxectivo de deseño para edificios de nova planta ou para vivendas nas que vaian a acometerse accións de mitigación de 100 Bq m3. Os edificios de uso público de longa estancia como hospitais, residencias, etc. aplícaselles o mesmo nivel de referencia que ás vivendas, do mesmo xeito que aos centros de educación infantil, primaria e secundaria, con finalidade de protexer especialmente aos nenos.

Sabendo que é o subsolo granítico onde máis radon se xera porque as súas rocas son

rocas ricas en uranio, o elemento orixe deste gas, conclúese que as zonas de maior risco en España son Galicia, coas provincias de Ourense e Pontevedra á cabeza, un área importante de Castela e León, Estremadura, Comunidade de Madrid, e certas zonas de Castela-A Mancha, segundo o Consello de Seguridade Nuclear. O que fai este elemento é emitir partículas Alfa, moi enerxéticas, que impactan de forma continua contra o epitelio pulmonar e multiplican o risco de sufrir cancro, ata en maior medida que o fume ambiental do tabaco.

A Unión Europea aprobou no ano 2013 unha directiva (2013/ 59/ Euratom),

que entrará en vigor no ano 2018 e que obriga aos gobernos a realizar medicións en lugares de traballo situados en áreas de risco e mitigar a concentración de radon e nos que se rexistre un mínimo de 300 becquerelios por metro cúbico, que é a unidade de medida utilizada con este gas e que equivale á desintegración atómica que se produce nun segundo. Os países membros deberán introducir requisitos nos códigos de edificación que eviten entrada deste gas nos inmobles de nova construción e fomentar a súa redución en casas xa existentes.

Page 46: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

46

Por todo o exposto o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, presenta para a súa aprobación que se adopten os seguintes ACORDOS:

1. Instar ao Goberno Municipal a realizar medicións do nivel de Gas Radon-222

en todos os centros dependentes do Concello de Ourense.

2. Instar ao Goberno Municipal a que dende o Departamento de Prevención de

Riscos Laborais, en base ao informe anterior, se elaboren informes periódicos

sobre o nivel de exposición ao Gas Radon-22 dos empregados municipais e se

adopten as medidas oportunas para reducir a mesma nos seus lugares de

traballo.

3. Instar ao Goberno Municipal a que dende a Concellería de Urbanismo se

supervise, controle e actúe para que nas licencias para novas edificacións se

rexistre un mínimo de 300 Bq m3 de Gas Radon-222, e cumprir así coa

directiva europea do ano 2013. O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte

ACORDO: Aprobar a moción.

9.10 Moción do Grupo Municipal de Democracia Ourensana relativa a praza de abastos da Ponte.

Exposición de motivos El lunes 3 de Abril se celebró un Pleno extraordinario sobre la Plaza de Abastos del

Puente. En la propuesta de D.O., como se dijo oralmente en el pleno, no se especificaban todos los términos de forma concreta, para no encorsetar ni decidir por la Junta de Gobierno, qué términos y tipo de procedimiento de contratación era el más apropiado.

Si bien esas condiciones fueron sugeridas por D.O. en la defensa oral en el pleno

extraordinario del 3 de marzo de 2017, la propuesta escrita dejaba el campo abierto a la Junta de Gobierno, y ello sirvió de excusa al PP, PSOE y OUeC en sus argumentaciones y elucubraciones sobre lo que podría hacer o pretender Pérez Jácome; incluso argumentaron algo tan absurdo, como que el concejal de D.O. pretendía saltarse la legalidad y procedimientos administrativos, algo imposible ya que están perfectamente definidos por la ley.

Cuando el alcalde nos entregó el informe jurídico el pasado miércoles 29 de marzo,

nos dijo que podíamos reformular la propuesta con el aplazamiento del pleno extraordinario, pero ésto no es posible según nos informaron los técnicos municipales. Así que, tras escuchar los argumentos del pleno del lunes 3, y ante la inminencia de un pleno ordinario para este viernes 7, aplazamos la tercera moción que teníamos pensado presentar sobre el Castro de Oira, y presentamos nuevamente una moción sobre la Plaza de Abastos del Puente, en nuestro empeño de materializar una solución definitiva, sin excusas técnicas.

Page 47: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

47

CONCELLO DE OURENSE

SECRETARIA XERAL

Una vez han quedado convocatorias desiertas, la ley permite llevar a cabo un procedimiento negociado, que creemos es el indicado para solucionar de una vez por todas la contratación de la Plaza de Abastos del Puente. Habiendo quedado otras dudas despejadas, como bien se constata en la Junta de Gobierno del 30-3-17, en el punto 3.2 en el que se delegan competencias de contratación en concejales de la corporación, y dejando claro que los 4 meses propuestos por Gonzalo Pérez Jácome, no era tanto un límite de tiempo legal para cerrar el expediente, sino un compromiso auto impuesto para obtener acuerdos cerrados en un plazo concreto. Así, en la propuesta que abajo formulamos, nos mantenemos en el compromiso escrito de que antes de 4 meses podremos cerrar el acuerdo, si bien el expediente transcurrirá según sus propios plazos y tiempos legales. El tiempo lo determinará la tramitación del expediente, pero la competencia delegada que solicitamos, podrá ser revocada, si se estima que el concejal Pérez Jácome tarda demasiado tiempo en cerrar los acuerdos a los que se compromete.

Por otro lado, solicitamos la delegación en el procedimiento en una persona

concreta porque rechazamos la idea sugerida en el pleno de este 3 de abril de que unilateralmente cualquiera puede por su cuenta, buscar ofertantes para la Plaza de Abastos ya que esto no es profesional ni serio, ningún negociador aceptaría la labor de hacerlo con otros posibles 26 concejales negociados paralelamente. Nunca asumiríamos el descrédito, de salir a buscar y entablar negociaciones y charlas con potenciales contratantes, sin tener una delegación concreta; de hecho, la Junta de Gobierno delega a menudo en concejales concretos.

Que quede claro como dijimos en el pleno, que el fracaso hasta la fecha, no es de

Democracia Ourensana, sino de PP, PSOE y OUeC que son los que consensuaron los términos del segundo pliego, cuya convocatoria quedó desierta, de modo que la Plaza está vacía a día de hoy y es una plaza fantasma. Pero estos partidos son como el perro del Hortelano, que ni come ni deja comer, o como en el juicio de Salomón, son la falsa madre que prefería que muriese el niño partido en dos.

En la propuesta dejamos a su criterio si esta moción se aprueba, que la junta de

gobierno decida que tipo de procedimiento negociado, bien con o sin publicidad. Pero esperamos que esta puerta abierta a su elección, no sirva de nueva excusa. A lo que sí nos comprometemos, es a que, en cualquier caso, no cerraremos acuerdos por menor importe del precio licitado, aunque la ley permita oscilar ligeramente el precio en el concurso negociado. Nos comprometemos a no variar nada del último pliego que este Concello aprobó para dicho concurso; condiciones que aceptaron PP, PSOE y OueC en las reuniones mantenidas en el verano de 2016, y donde solo D.O. disintió.

Así pues, asumimos las condiciones que salieron a “su” concurso, pero ahora

añadiendo un extra, nuestras habilidades de marketing para conseguir llegar a buen puerto, algo que ustedes NO lograron en 2 años. Dejen pues a quien lo intenta, máxime cuando el alcalde y sus colaboradores opositores (PSOE y OueC), nos dicen que hay que trabajar y arrimar el hombro, pues a eso estamos, a ver si nos dejan hacer algo que ustedes no pudieron, excepto que sólo quieran a 8 concejales de D.O. para decir lo que ustedes quieran o para decir a todo “Sí, Bwana”.

Page 48: New ORDINARIA DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2017. 1.- Aprobación das … · 2017. 5. 2. · • Publicidade en Mupis na vía pública. •A concesión de calquera tipo de licenza, salvo

48

Por todo ello, presentamos al Pleno la siguiente PROPUESTA 1. Pedir al alcalde que solicite de la junta de gobierno local la delegación de la

competencia a favor del concejal D. Gonzalo Pérez Jácome, para tramitar el procedimiento de concesión de la gestión de la Plaza de Abastos del Puente, tramitándolo a través de procedimiento negociado, en los mismos términos y condiciones del último pliego sacado a concurso, sin variar cuantías ni condiciones.

O Pleno do Concello, por sete votos a favor do Grupo Municipal de Democracia

Ourensana, e dezaseis votos en contra dos grupos municipais do Partido Popular e Grupo Municipal Socialista, adoptou o seguinte ACORDO: Rexeitar a moción.