nenos e novas tecnoloxías

2
Nenos e novas tecnoloxías. Afonso Vázquez-Monxardín. 6-3-10. La Región A ver se me explico ben, que a cousa ten moitas reviravoltas e todos andamos nela. Por primeira vez na historia da humanidade hai hoxe unha preadolescencia e adolescencia que sabe da tecnoloxía de vangarda moito máis que os seus pais e que a maioría dos profesores. Antes un pai ensináballe a enxertar a un fillo, un xastre a cortar ao seu aprendiz, ou un obreiro da construción a facer masa ao axudante. E así, os que non querían estudar, a pesar da rebeldía propia da adolescencia, eran conscientes da xerarquía de coñecementos e desexaban ter canto antes un oco laboral no que empezar a aprender cousas que lle habían ser, pensaban, máis útiles e rendibles na vida que o que se lles pegaba dun contexto escolar que non os seducía. Integrábanse na sociedade polo traballo. A outra vía. ¡Ah! Pero isto era antes. Agora, a explosión da microtecnoloxía comunicativa e de ocio nun momento de bonanza económica, fixo chegar ás familias un universo de aparellos –sobre todo telefonía, cámaras, ordenadores, MP3, Ipod, Game Boy, Play Station, Wii, DVDs- cos que, sen dúbida, están máis familiarizados os máis novos da casa. Os que aprenderon de nenos esa linguaxe botón que tanta graza nos facía ao principio (Mira que riquiña, anda co chupete e xa sabe pór películas no vídeo) agora colleron o mando non só do televisor senón, a pouco que os deixemos, da casa toda. ¿E como foi a cousa? Unha conxunción de moitos elementos. Por unha banda o lixo televisivo situou ao espectador de chupete –tipo Maggie Simpson- ante a realidade de que unha vez dominada a palabra aínda que sexa a niveis primitivos, todo o emitido por calquera boca ten validez semellante e relativa apoiada na desfachatez e na xesticulación como elementos argumentativos básicos. Xa pode un Nobel dicir que a Lúa é un satélite da Terra, que un tertuliano guaperas e simpático lle pode contestar tan pancho: “Eso te parece a ti, viejo, pero yo sé que es un queso”, todos rin e a continuación, votación democrática: os que crean que é un satélite que chamen ao número X e os do queixo a Z. Gaña o queixo, claro. Por tamén, ese xa natural dominio da linguaxe botón que aprenderon sós, con proba-erro, fai que nos elementos menos

Upload: claudiacarrero

Post on 17-Sep-2015

223 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Texto de comprensión lectora para los alumnos de 1 ESO

TRANSCRIPT

Nenos e novas tecnoloxas. Afonso Vzquez-Monxardn. 6-3-10. La Regin

A ver se me explico ben, que a cousa ten moitas reviravoltas e todos andamos nela. Por primeira vez na historia da humanidade hai hoxe unha preadolescencia e adolescencia que sabe da tecnoloxa de vangarda moito mis que os seus pais e que a maiora dos profesores. Antes un pai ensinballe a enxertar a un fillo, un xastre a cortar ao seu aprendiz, ou un obreiro da construcin a facer masa ao axudante. E as, os que non queran estudar, a pesar da rebelda propia da adolescencia, eran conscientes da xerarqua de coecementos e desexaban ter canto antes un oco laboral no que empezar a aprender cousas que lle haban ser, pensaban, mis tiles e rendibles na vida que o que se lles pegaba dun contexto escolar que non os seduca. Integrbanse na sociedade polo traballo. A outra va. Ah! Pero isto era antes. Agora, a explosin da microtecnoloxa comunicativa e de ocio nun momento de bonanza econmica, fixo chegar s familias un universo de aparellos sobre todo telefona, cmaras, ordenadores, MP3, Ipod, Game Boy, Play Station, Wii, DVDs- cos que, sen dbida, estn mis familiarizados os mis novos da casa.Os que aprenderon de nenos esa linguaxe botn que tanta graza nos faca ao principio (Mira que riquia, anda co chupete e xa sabe pr pelculas no vdeo) agora colleron o mando non s do televisor senn, a pouco que os deixemos, da casa toda. E como foi a cousa? Unha conxuncin de moitos elementos. Por unha banda o lixo televisivo situou ao espectador de chupete tipo Maggie Simpson- ante a realidade de que unha vez dominada a palabra anda que sexa a niveis primitivos, todo o emitido por calquera boca ten validez semellante e relativa apoiada na desfachatez e na xesticulacin como elementos argumentativos bsicos. Xa pode un Nobel dicir que a La un satlite da Terra, que un tertuliano guaperas e simptico lle pode contestar tan pancho: Eso te parece a ti, viejo, pero yo s que es un queso, todos rin e a continuacin, votacin democrtica: os que crean que un satlite que chamen ao nmero X e os do queixo a Z. Gaa o queixo, claro.Por tamn, ese xa natural dominio da linguaxe botn que aprenderon ss, con proba-erro, fai que nos elementos menos espabilados deles, se cuestione a posibilidade de aprender algo de quen non fale con soltura esa linguaxe. Simplemente, que podo aprender eu deste burro (pai, profesor...) que nin sabe baixar msica do Emule ou co Aris? Ou desta ignorante (avoa, nai, profesora) que nin sabe mandar mensaxes polo mbil? E crearon un mundo blindado -aqu o Tuenti- no que se ciberrelacionan para ben e para mal. Para ben por varias cousas e para mal por moitsimas que sabemos ou tememos. E aqu, digo, obriga dos pais saber con quen andan seus fillos na ra e no ciberespazo- e necesidade dos pais actualizrense tecnoloxicamente para poder exercer de pais tamn nese novos mundos. Evidentemente no ensino existe preocupacin e todos tratamos de impedir que se fagan gravacins indebidas nos colexios e fomentamos a boa relacin entre os estudantes. Pero se ligan, rifan, ou se insultan s das, tres ou catro da ma desde os seus dormitorios interconectados no ciberespazo, xa lles cousa bastante fra do noso control. Pero non deba ser do seu, seor pai, seora nai. Non deba ser.1.- Buscar as palabras que non se coecen2.- Resumo do conto3.- Marcar as ideas principais en cor diferente4.- Dar a opinin sobre o texto