n Órgano de comunicación do s. n. de cc · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en...

14
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 59 - marzo de 2015 N este número, o secre- tario confederal de Or- ganización e Comuni- cación, Fernando Lezcano, explica o contido do código ético que o sindicato apro- bou a comezos de mes. Segundo o dirixente sindi- cal, o documento transmite unha mensaxe clara: «so- mos o sindicato maioritario, o mellor sindicato. Agora temos que ser a mellor or- ganización». / PÁX. 4

Upload: others

Post on 22-Jul-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 59 - marzo de 2015

Neste número, o secre-tario confederal de Or-ganización e Comuni-

cación, Fernando Lezcano,explica o contido do códigoético que o sindicato apro-bou a comezos de mes.

Segundo o dirixente sindi-cal, o documento transmiteunha mensaxe clara: «so-mos o sindicato maioritario,o mellor sindicato. Agoratemos que ser a mellor or-ganización». / PÁX. 4

Page 2: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

GaLICIa SINdICaL Número 59 - marzo de 2015

2

www.galicia.ccoo.es

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / DIRECCIÓN: Juan Martínez / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normalización Lingüís-tica / EQUIPO DE REDACCIÓN: Xesús Castro, Castor Fernández, Begoña Méndez, Silvia Parga, Benxamín Rocha, Francisco Carrera, Xerardo Uz / COLABORA-CIÓNS: Manuel Lago, Ramón Górriz, Mabel Pérez, Fernando Lezcano, Xan María Castro / CONTACTO: [email protected] / PECHE: 31/3/2015

O2015 vai ser un anoeminentemente electo-ral, repleto de propostas

das persoas que se postulanpara representarnos. Buscangañar a nosa confianza e pí-dennos o voto para que, libre-mente, decidamos quen nosrepresentará.Proliferan as imaxes divulga-

tivas das organizacións que sepresentan ás eleccións, as doscandidatos e candidatas queencabezan as súas listas. Acrise nótase no desprega-mento de recursos: talvez nonvexamos tantos carteis, pan-cartas nin panfletos coma nou-tras eleccións; nin moitomenos a quincalla habitual dechisqueiros, bolígrafos e gorrascoas siglas e a petición do votogravadas. Non hai cartos paraiso, e quizá a xente non enten-dería ese dispendio cos apurosque se pasan para encher ne-veiras e pagar recibos.

As redes sociais están a su-plir esas carencias: todo sonperfís de organizacións, decandidatos e candidatas, slo-gans a prol das súas propostase de rebatemento das doscompetidores. É momento delembrar que fixo cadaquén du-rante o último mandato, etodos concordan en que ascandidaturas rivais non estive-ron ao lado da xente que repre-sentaban.Mais tamén hai casos en que

se destaca a forza conseguidadesde a unidade e a suma deesforzos de varias organiza-cións, por riba dos lexítimos in-

tereses en gañar as eleccións.Paradoxalmente, os medios

de comunicación non se faneco destas eleccións, nin dasorganizacións que se presen-tan, nin das candidaturas, nindas propostas. Non hai segui-mento das campañas, ninamoreamento de xornalistas áentrada ou saída dos actos, ninentrevistas, nin moito menosdebates televisados.Son decenas de miles de

eleccións as que se celebraneste ano. Centenares de milesde representantes para elixir.Pero nin un só goberno. Millónsde persoas van votar. A in-

mensa maioría de traballado-res e traballadoras elixiránquen os representará nas súasempresas. Esas persoas quese reunirán coas direcciónspara negociar o convenio co-lectivo, que convocarán mobi-lizacións contra os despedi-mentos e os ataques aos de-reitos conquistados, que che-garán a acordos razoables paraa viabilidade da empresa, queinformarán en asembleas oscompañeiros e compañeirasde todo o que lles afecta nocentro de traballo e no sec-tor. E van facer todo iso vo-luntariamente, con horassindicais e con asesora-mento sindical, pero sencontraprestación ningunha.Polo menos, así teñen que

facelo as persoas elixidascomo representantes nas can-didaturas de Comisións Obrei-ras. Ese debe ser o nosocompromiso.

Abriuse ao tráfico o novo trenVigo-A Coruña / A Coruña-Vigo.Agora, o tempo de viaxe é de só70 minutos, ou iso din, con para-das intermedias en Santiago ePontevedra. Estou segura de quea nova infraestrutura axudará a

vertebrar Galicia un pouco máis,pero, iso si, só parte de Galicia, aatlántica. O investimento na in-fraestrutura foi de centos demillóns de euros, gasto quenon debeu de doer, ao tempoque se deixou abandonado oferrocarril de media distancia,que nos últimos dous anos su-friu recortes e máis recortes,deixando sen servizo ducias deestacións en toda Galicia.

Quérennos abocar a unha Ga-licia de dúas velocidades; a rá-pida, do novo Eixo Atlántico; e alenta, a depauperada e desman-telada media distancia. Precisa-mente, o que é sinal dedesenvolvemento noutros paísesé esta última, porque constitúe ogroso do servizo público.

Digamos que está ben o EixoAtlántico, e deámoslle uso namedida das posibilidades, porque

a fin de contas é un transportecolectivo. A partir de agora, vol-veranse meter cartos no ferroca-rril de proximidade? Deixarasede lado o pretexto da rendibili-dade, cando non doeu o inves-timento multimillonario na altavelocidade?

Carolina MárquezNigrán

Page 3: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

3

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 59 - marzo de 2015

Hai xa corenta e sete anosdos tráxicos sucesos do10 de marzo de 1972.

As Comisións Obreiras de Ga-licia, xa desde que eramosmovemento sociopolítico du-rante os anos que aínda sobre-viviu a ditadura, manifestamosa nosa firme vontade de lem-brar a data, non só para resal-tar o carácter tráxico doacontecido, senón para poñerde relevo a importancia daloita daquel ano 1972 en Ferrole no conxunto de Galicia.

Esa vontade quedou reflec-tida anos máis tarde, xa legali-zadas as Comisións Obreiras,no Primeiro Congreso do Sin-dicato Nacional de CCOO deGalicia, celebrado en Vigo en1978, coa decisión de conside-rarmos o 10 de Marzo Día daClase Obreira Galega. De aí endiante conmemoramos a datacon manifestacións e outrosactos, e poñemos en primeiroplano os problemas, reivindica-cións e obxectivos da claseobreira galega. Nunca faltou amanifestación en Ferrol, con-vocada unhas veces en solita-rio e outras xunto con outrascentrais sindicais.

A partir do ano 1992, o Sin-dicato Nacional de CCOO deGalicia, coa colaboración daFundación que presido, ou-torga os Premios 10 de Marzoa aqueles homes e mulleresque destacaron na súa traxec-toria vital na defensa da clasetraballadora, dos valores de li-berdade e igualdade.

Este ano os premios conce-déronselles aos sindicalistas

Manuel Villares Creo e AuroraPlata Casais, e tamén a CarlosNúñez Rodríguez, histórico di-rixente do Partido Comunista.Por suposto, celebrouse a ma-nifestación do día 10 en Ferrolcunha notable asistencia, baixoo lema «polo emprego e a xus-tiza social».

A celebración do 10 de Marzoadquiriu unha indiscutible con-tinuidade, nunca faltamos a esacita. Pero, preciso é recoñecelo,a súa dimensión foi desigualnos distintos períodos por múl-tiples motivos que sería moi ex-tenso explicar. Cómpre felicitar-se porque se mantén a chamada celebración neste día, perosen caer en posicións confor-mistas canto á dimensión daconmemoración, que non al-canzou aínda o seu teito.

Unha preocupación foi sem-pre a institucionalización dadata. CCOO propuxo reiteradasveces o súa declaración comodía festivo na comunidade autó-noma. Malia o recoñecementopolo Parlamento de Galicia, osobxectivos de institucionaliza-ción da data están lonxe de aca-darse. A isto contribúe, sendúbida, que outras opcións sin-dicais non recoñezan o 10 demarzo como Día da ClaseObreira Galega; tamén a insufi-ciente consideración outorgadapolo Goberno e o Parlamento deGalicia ao movemento obreirona loita polas liberdades e a de-mocracia, e mesmo, na actuali-dade, ao movemento sindical nadefensa dos dereitos de traba-lladores e traballadoras, dos de-reitos da cidadanía.

Á parte desas dificultades ob-xectivas, correspóndenos facerun esforzo maior para derrubarun certo «muro de silencio» enrelación co Día da Clase ObreiraGalega. Para evitar que nunhagran parte da sociedade pase to-talmente desapercibido. Valo-rando o acerto do manifesto (odeste ano e o de anos anteriores)en reflectir os problemas actuaisda clase traballadora galega efacer propostas para superar agrave situación, atrévome a ex-presar algunhas suxestións:

n Vincular máis o acto cen-tral aos problemas concretose específicos nos centros detraballo.n Diversificar máis os actos

do 10 de Marzo; posibilitar quemozos e mozas coñezan osignificado da data, chegandonon só aos centros de traballo,senón aos centros de estudo.n Gañar na dimensión dos

actos que se celebran, peroatendendo tamén á súareper-cusión pública e aosmedios de comunicación.

Na fotografía superior, unha das primeiras manifestacións do 10 de Marzo; na inferior, monumento en Ferrol a Amador e Daniel

Page 4: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

GaLICIa SINdICaL Número 59 - marzo de 2015

4

www.galicia.ccoo.es

O4 de marzo de 2015, oConsello Confederal deCCOO, reunido en sesión

extraordinaria e coa asistenciade catrocentas persoas, debateue aprobou, practicamente porunanimidade, un documento deespecial transcendencia para me-llorar a transparencia e o controlda actuación do sindicato: ochamado código ético.

O documento titúlase Medidaspara reforzar as mellores prácti-cas de goberno e control deCCOO, e o seu obxectivo é claro:«somos o sindicato maioritario,o mellor sindicato. Agora temosque ser a mellor organización».Con estas palabras resumiu o se-cretario confederal de CCOO, Ig-nacio Fernández Toxo, o debateque se desenvolveu ao longo damañá do 4 de marzo, e que con-cluíu coa votación xa coñecida de142 votos a favor, 0 en contra e 5abstencións.(*)

O documento contén medidasde aplicación inmediata e outrasque afectan a normas estatutariase básicas da acción sindical quedeberán ser definitivamente apro-badas no próximo congreso con-federal. Porén, nada será escusapara abordar decontado os cam-bios que avancen en cinco gran-des eixes de actuación:n Garantir a renovación dos

órganos de dirección.n Garantir a transparencia das

nosas actuacións.n Garantir unha adecuada ac-

tividade institucional.n Dispor dun sistema homo-

logable de retribucións e com-pensación de gastos no marco daactividade sindical.

n Reforzar o control da nosaactuación e do bo goberno dosindicato.

Xunto a estas pautas deintervención do sindicato quedesenvolve o documento, deci-dimos crear a figura do/dadefensor/a da afiliación, paracanalizar as queixas das per-soas afiliadas ao sindicato eatopar solucións ás súasdemandas.

Trátase de non defraudar asdemandas crecentes dunhacidadanía cada vez máis cons-ciente dos seus dereitos emenos tolerante cos casos decorrupción. A aparición enCCOO dalgunhas prácticas ex-cepcionais, non acordes coasnosas normas e principios,animáronnos a responder clarae rapidamente cando estasprácticas se constataron e apromover cambios no nosofuncionamento interno (conmedidas estruturais orientadasa favorecer un maior control danosa actividade).

Por iso quixemos sintetizarnos cinco eixes citados asnosas propostas. Garantir arenovación dos órganos dedirección, e estender a limita-ción de mandatos (que agorase aplica aos secretarios esecretarias xerais) a todos osmembros das comisións execu-tivas da Confederación eestruturas federais e territoriais;garantir a transparencia das no-sas actuacións, facendo efectivaa presentación dunha declaraciónde renda e bens ao comezo domandato das persoas elixidaspara formar parte dos órganos de

dirección de cada organizaciónconfederada e a propia confe-deración, ademais de dar publi-cidade ás contas e datos econó-micos máis relevante; garantirunha adecuada actividade institu-cional, reforzando as obrigas deinformación e rendición de con-tas dos representantes institu-cionais; garantir unha adecuadapolítica de retribucións e com-pensación de gastos no marcoda actividade sindical, co obxectode definir un sistema común deaplicación ao conxunto da con-federación; e reforzar o control danosa actuación e o correcto go-berno dos recursos creando, porexemplo, a figura do/da defen-sor/a da afiliación, dependente daComisión Executiva Confederal,

para facilitar a mellor atención áspersoas afiliadas ao sindicato queexpresen críticas ou queixassobre a nosa actividade.

En definitiva, como lembrouo propio Toxo na súa inter-vención de clausura do Conse-llo Confederal, «cómpre aplicarben a solidariedade interna e osrecursos para dignificar e uni-ficar a actividade sindical.O sindicalismo é unha activi-dade para mirar a xente á cara,para visitar as empresas efalar cos traballadores e tra-balladoras, porque, se non,perdémolos».

(*) Aínda que participaron catrocentas persoas no de-

bate,  representando  a  todas  as  organizacións  de

CCOO, só votaron as/os membros do Consello Con-

federal. O documento está dispoñible en www.ccoo.es.

Na fotografía superior, votación do código ético no Consello Confederal;sobre estas liñas, intervención de Ignacio Fernández Toxo

Page 5: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

5

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 59 - marzo de 2015

Un ano máis, a Secretaríada Muller de CCOO e oGabinete Económico do

sindicato presentamos un docu-mento sobre a situación dasmulleres galegas no mercadode traballo. Novamente, osdatos corroboran que vivimosnunha sociedade que xera des-igualdade.

Todos os anos, co gallo do 8 deMarzo, Día Internacional da Mu-ller, elaboramos este documento,no que analizamos os datos eformulamos as nosas conclu-sións. Consideramos que se tratadun traballo imprescindible parao coñecemento da realidade eque nos achega elementos paraintentar mudala.

Continúa a tendencia negativaNo 2014 perdéronse 2.100

empregos femininos en Galicia,polo que continúa a tendencianegativa dos últimos cincoanos, período no que se des-truíron máis de 50.000 postosde traballo que estaban ocupa-dos por mulleres, o que equi-vale a un 10%.

O tempo parcial segue a ser fe-minino, o que debuxa un pano-rama de precariedade que seestende ao salario, ás prestaciónse ás pensións das mulleres. É undos «éxitos» da reforma laboraldo Partido Popular: a conver-sión do mercado de traballo, xacon dificultades e suficiente-mente precario, nun espazo deinseguridade vital para homes e,sobre todo, para mulleres.

Á tan cacarexada recuperacióneconómica non é perceptiblepara as mulleres, nin en termos

de emprego –como vimosantes– nin tampouco no tocanteás prestacións contributivas easistenciais. Os datos que apare-cen no noso traballo proban queas prestacións femininas son in-feriores ás masculinas, conse-cuencia das peores condiciónsde traballo e da fenda salarial.

Despoboamento no ruralTodos os datos falan da impor-

tancia do emprego e do arraiga-mento das mulleres a través dotraballo e da calidade de vida norural, como contribución subs-tancial ao mantemento da po-boación. Por iso chamamos aatención sobre os sectores ondemáis emprego feminino se per-deu: a industria e a agricultura.

A situación revela, tamén, ofracaso das políticas adoptadasata o de agora. Como temos ditonumerosas veces en CCOO, mes-mo no propio Parlamento de Ga-licia, fixar poboación activa nopaís é un obxectivo moito máisurxente que concentrarse en au-mentar a natalidade; quen en-tenda de demografía, sábeo.

Mozas en precarioTamén este ano dedicamos un

apartado ás mulleres menores de30 anos. Puidemos comprobarasí que a mocidade é o colectivomáis numeroso no traballo a xor-nada parcial e na temporalidade.A precariedade da xuventude éaltísima: máis da metade da po-boación asalariada ten un con-trato temporal e a taxa dedesemprego é enorme, o queagoira un preocupante futuro.Faltan medidas de crecementodo emprego e, por suposto, deemprego de calidade, e un nú-mero crecente de mozos e mozasvense na obriga de buscaren al-ternativas fóra de Galicia.

En definitiva, a análise do mer-cado de traballo dende a pers-pectiva de xénero presenta unhasituación de clara desigualdadepara as mulleres galegas.

Non hai políticas públicasEsta é a realidade das traballa-

doras galegas, en boa parte porculpa das actuacións da Xunta,como a desaparición das políti-cas públicas reais e das medidas

de acción positiva que corrixan adiscriminación.

Dende o Sindicato Nacionalde CCOO reclamamos que seescoite e valore a nosa diag-nose. Solicitamos, tamén, o ini-cio dun debate de propostaspara elaborar un Plan Especialde Igualdade entre Mulleres eHomes no ámbito laboral; quenon pode ser un exercicio deretórica, senón que ha recolleras nosas propostas, acompa-ñadas de medidas eficaces erealistas para combater todasas brechas laborais de xénero.

Compañeiros e compañeiras de CCOO na manifestación deste ano en Santiago de Compostela

Page 6: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

GaLICIa SINdICaL Número 59 - marzo de 2015

6

www.galicia.ccoo.es

Aperda de emprego e adegradación das condi-cións laborais seguen

sendo as notas definitoriasdo mercado laboral feminino.Desde o ano 2009, case51.000 mulleres perderon oemprego en Galicia; só no2014 foron 2.100. No últimoano, a creación neta de em-prego nos servizos e naconstrución non compensoua destrución de postos detraballo na industria e no sec-tor primario.

Hai menos emprego para asmulleres e case unha de cadacatro traballan a xornada par-cial (o 23 %). Non escolleronelas esta opción, senón que o66 % manifestan que a acep-taron por non atoparen unemprego a tempo completo; eun 10 % acóllense a este tipoxornada por mor das respon-sabilidades familiares (coi-dado de fillos/as, maiores,dependentes…). É salientableque no caso dos homes só un1 % está nesta situación, oque evidencia que seguensendo mormente as mulleresas que adaptan as súas condi-cións laborais ás circuns-tancias familiares e, en moitoscasos, renuncian a unha de-dicación que impulsaría a súacarreira profesional.

A temporalidade na contra-tación segue sendo a tónicaxeral. O noso mercado laboralten pouco de ríxido porque,realmente, rexístranse un nú-mero significativo de contra-

tos, pero demasiados tempo-rais e de duración moi curta.Máis do 90 % dos contratosiniciais rexistrados para mu-lleres son temporais e deses,ao redor de un de cada tresten unha duración inferior aunha semana. É evidente quea reforma laboral non foicapaz de darlle pulo á estabi-lidade no emprego.

O actual desemprego é ina-ceptable nunha sociedade queten entre os seus principiosconstitucionais o dereito aotraballo e a unha remunera-ción suficiente para satisfa-cer as necesidades propias eas da familia. No 2014 había131.200 desempregadas enGalicia, isto é, o 21,7 % dasactivas. A situación é tre-menda porque 50.800 mulle-res (o 39 % das desemprega-das) levan dous anos ou máisbuscando emprego, e seguenaumentando pois son 4.900máis que no 2013: son un co-lectivo moi numeroso con ris-

co de caer na exclusión social.Desde o ano 2009, o de-

semprego feminino aumentoudeseguido ata o 2013. No2014 había 900 paradas me-nos, pero este descenso nonavala as afirmacións optimis-tas sobre a evolución do paropor dúas razóns. A primeira éque a baixada é ínfima: un 2 %das 51.200 que se sumaronao paro entre 2009 e 2013. Asegunda é que moitas mulle-res xa non están incluídas nacategoría de paradas; é dicir,deixan de buscar emprego deforma activa ante a falta de ex-pectativas de atopalo.

Incidencia na xuventudeMerece especial mención a

incidencia deste problema naxuventude. Nas mulleres me-nores de 30 anos, a taxa deparo sobe ata o 37,6 %. Escoi-tamos acotío informaciónssobre a nova emigración; boaparte dela son mozas moicualificadas que se ven aboca-

das a procuraren oportunida-des. Unhas atoparán un empre-go acorde coa súa formación:eran parte do noso mellor ca-pital humano que desaprovei-tamos en beneficio dos paísesde acollida; outras estarán so-brecualificadas no seu postode traballo, pero aquí nin se-quera poderían aspirar a iso.

Page 7: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

7

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 59 - marzo de 2015

Hai máis mulleres ca homesen idade legal de traballar,pero a poboación activa femi-nina é inferior á masculina. Noano 2012 alcanzouse a ciframáis alta de activas (617.500mulleres) pero desde ese anoabandonaron o mercado labo-ral 12.500 mulleres. Velaí outrofreo para acurtar a diferenzaentre a taxa de actividadede mulleres e de homes: no2014 era do 49 % e o 59 %respectivamente.

O teito de cristal non se vepero está aí. A representaciónnos órganos de decisión édesequilibrada, malia nonhaber razóns fundamentadasque lles impidan ás mulleresalcanzar ese status; non é unproblema de formación, ninde competencia, nin de lide-rado, nin de conformismo.Nos postos de traballo que requi-ren unha alta cualificación, comoos técnicos, científicos e intelec-tuais, hai máis ocupadas ca ocu-pados (un 21 % de ocupaciónfeminina fronte ao 14% de mas-culina) pero as mulleres aíndaestán infrarrepresentadas nospostos de dirección e xerencia(un 2,5 % de ocupadas, mentresque os ocupados son un 4,7 %).

A conciliación non pode sertratada como un tema secun-

dario porque non o é. Sobretodo en Galicia, onde temos unproblema demográfico serio, éunha das medidas eficacespara incrementar a natalidade.É un compromiso que temosque adquirir todas e todos: ogoberno, os axentes sociais e,xaora, os homes.

Sen avances en igualdadeAs políticas e medidas enca-

miñadas a avanzar en igual-dade pouco teñen que ver coasque aplicou ata o de agora oGoberno: recortou en servizosesenciais como a sanidade, aeducación ou a dependencia;non fixo efectiva a ampliacióndo permiso de paternidade acatro semanas, e impuxo unhareforma laboral regresiva cantoa dereitos laborais... Perotamén os axentes sociaisdeben seguir incorporando atransversalidade de xénero nanegociación colectiva con me-didas e plans de igualdade.

Doutra banda, malia que seavanzou, sobre todo nas xera-cións máis novas, na repar-tición das responsabilidadesfamiliares entre homes e mulle-res, aínda son mormente asmulleres as que solicitan per-misos nas empresas, como de-mostran os datos de pres-

tacións por maternidade: no2014 foron 305 homes fronte a13.974 mulleres. Se esta pro-porción fose máis equilibrada,as empresas desbotarían o pre-xuízo de que contratar mulleresen idade fértil supón un atrancoá produción.

Esas circunstancias das mu-lleres para acceder ao merca-do laboral e permanecer nel(maior presenza no tempo par-cial; segregación sectorial eocupacional; máis interrup-cións na vida laboral e máislongas; menor taxa de ocupa-ción…) están entre os factoresque explican a brecha salarial.Tirando dos datos da enquisaanual da estrutura salarial doano 2012, para que houbeseigualdade sen reducir os sala-rios dos homes, obviamente, osalario feminino tería que in-crementarse un 31,9 %. Entén-dese que esa diferenza é unhamedia porque entre unha traba-lladora e un traballador en con-dicións laborais idénticas(están na mesma empresa,teñen a mesma xornada, omesmo tipo de contrato, asmesmas funcións, a mesmaantigüidade, etc.) non podendarse desigualdades porquesería ilegal.

A brecha salarial, lonxe de

diminuír, segue aumentando:no 2008, o salario medio anualmasculino foi o 126,8 % do fe-minino; no 2012 sobe ata o131,9 %. É dicir, a diferenzaaumentou de 4.459 a 5.333euros. Esta disparidade nossalarios tamén repercute nasprestacións por desempregoe nas pensións. Canto áspensións de xubilación, comoconsecuencia das discrimina-cións que arrastran da vidalaboral, as mulleres cobranmoito menos ca os homes:no 2014, o importe mediodas pensións de xubilaciónnas mulleres era de 617,99euros mensuais que, no casodos homes, subía ata os997,18 euros.

Risco de pobrezaTamén as mulleres son

maioría nas pensións non con-tributivas da seguridade social(ao redor do 68 %), na rendade integración social de Galicia(un 58 %) e na axuda de emer-xencia social (un 60 %).

A poboación feminina en riscode pobreza ou exclusión social(segundo a Estratexia Europea2020) atangue case unha de cadacatro mulleres en Galicia: no2012, o 23,76 % das mulleres es-taban nesta situación.

Page 8: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

GaLICIa SINdICaL Número 59 - marzo de 2015

8

www.galicia.ccoo.es

O secretario xeral de CCOO,Xosé Manuel Sánchez Aguión,principiou a súa intervención noúltimo Consello Nacional, cele-brado o 27 de marzo, denun-ciando que Galicia é hoxe «máispobre» e «máis desigual».Desde que comezou a crise,apuntou o sindicalista, destruí-ronse no noso país 227.000postos de traballo, dato ao quecómpre engadir a «gravísimadeterioración» nas condiciónslaborais e de vida.

Hai menos emprego asala-riado e de peor calidade, sina-lou Aguión, porque o que seperdeu era maiormente indefi-nido. Tres anos de reforma la-boral deixan tras de si unintenso axuste dos cadros depersoal que empezou pola nonrenovación de contratos tem-porais e continuou co despe-dimento das persoas concontrato fixo. A substituciónde emprego a tempo completopor emprego a tempo parcial,intensificada no 2014, «cons-tata os efectos perversos dareforma laboral», sinalou o se-cretario xeral.

Con todo, o «derrubamento»da poboación activa é «o maiorlastre» do mercado laboral ga-lego, que cada vez abandonanmáis persoas, moitas delaspara marcharen do país (casevinte mil o ano pasado) ante afalta de expectativas de atopa-ren un emprego ou desenvolve-ren un proxecto de vida enGalicia.

Sánchez Aguión instou a«pór punto final» aos recortese demandoulle á Xunta quedote «suficientemente» os ser-

vizos públicos de saúde, educa-ción, atención social e depen-dencia, porque xeran ocupacióne promoven a cohesión social.Pediu tamén «política paraas persoas», particularmente acreación dunha renda garantidade cidadanía para quen non tenrecursos; control dos prezospúblicos e dos privados, conespecial énfase no caso dasmarxes empresariais en servi-zos básicos como a electrici-dade, o transporte, a enerxía oua auga.

O persoal de Unipost na Co-ruña denuncia constantes frac-cionamentos e atrasos no pa-gamento das nóminas.Fronte á reiteración deste

«comportamento anómalo»,que dura xa máis dun ano,CCOO estase a mobilizar paraesixir que os pagamentos dossalarios se fagan integramentee antes do día 5 de cada mes.

CCOO critica que a continua«improvisación, falta de pre-vención e pésima xestión fo-restal da Xunta» provoquen, unano máis, o incendio de centosde hectáreas no noso país.Para o sindicato, é «lamenta-ble» que a única política daConsellaría do Medio Ruralsexa «agardar a que chova». Enmarzo arderon máis de 600hectáreas.

A Federación de Sanidadede CCOO rexeita a oferta deemprego público que pre-sentou o SERGAS na últimamesa sectorial, pois implicaque o sistema público desaúde continúe coa perda detraballadores e traballadoras.En consecuencia, segundo osindicato, seguirá aumen-tando a carga asistencial e adeterioración na calidade doservizo prestado. CCOO lem-bra que nos últimos anos seperderon máis de tres milempregos no SERGAS.

A Federación do Ensino deCCOO de Galicia considera po-sitivo o seguimento «masivo»da xornada de folga convocadao 24 de marzo nas universida-des galegas.

A folga contou co apoio deCCOO-Ensino e outras organi-zacións sindicais e estudantísque se uniron contra as políti-cas do ministro Wert, especial-mente contra o chamado«3+2», un proxecto para que ascarreiras (graos) duren unica-

mente tres anos, aos que se su-marían outros dous de posgrao.

CCOO critica que os «eleva-dos prezos» dos estudos deposgrao e as maiores dificulta-des para optar ás bolsas, cam-bios introducidos por Wert,converterán en «clasista» o ac-ceso á educación superior e,polo tanto, suporán unha dimi-nución significativa do númerode estudantes universitarios.

Por último, CCOO denunciaque xunto ao «3+2» haberá un

recorte de máis de mil millóns,que se engadirá aos 1.500 quexa perderon as universidadesentre o 2010 e o 2014.

Intervención de Sánchez Aguión no Consello Nacional do sindicato

Page 9: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

9

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 59 - marzo de 2015

Centos de persoas asinaronxa a prol dunha iniciativa lexis-lativa popular que promoveCCOO contra a privatizacióndo Rexistro Civil.

O vindeiro 14 de xullo en-trará en vigor unha reformapola que as funcións destesorganismos pasan aos Rexis-tros Mercantís.

O sector da Xustiza de CCOOalerta de que este paso signi-ficará a privatización, así comoimposición de taxas por unservizo que actualmente é debalde.

O sindicato iniciou hai se-manas contactos institucio-nais a nivel local e autonó-mico, coa finalidade de reco-

ller apoios de partidos políti-cos e institucións contra «unnovo desmantelamento dunservizo público».

No que atinxe especifica-mente á ILP, foi presentada pu-blicamente o pasado 19 demarzo en Santiago de Com-postela. A día de hoxe, CCOOxa fixo dous grandes actos de

recollida de sinaturas, en Vigoe Ourense, accións que se re-petirán noutras localidades dopaís. Cómpre salientar que,aínda sendo unha iniciativa deCCOO, outras organizaciónsxa amosaron o seu interese emesmo nalgún caso participa-ron activamente, como acon-teceu na cidade olívica.

Rematada a última fase doproceso electoral, Comisiónsfíxose con 13 dos 21 delega-dos e delegadas de AdolfoDomínguez, S. A., o 61,9 %do total. No centro de traballoRúa 3-4, CCOO logrou oitodelegados, por tres da UGT edous da CIG; na Rúa 8, CCOOlogrou tres delegados, por unda UGT e outro da CIG; final-mente, na Rúa 9, CCOO con-seguiu dous e a UGT só un.

Á esquerda, mesa de recollida de sinaturas instalada en Vigo; á dereita, traballadoras do Rexistro Civil de Ourense

As candidaturas de CCOOestán a acadar bos resulta-dos nas primeiras elecciónsdo persoal laboral da Xuntana provincia de Ourense.Chegado o ecuador deste

proceso, CCOO logrou xa ametade dos delegados edelegadas, 17 de 34. Ade-mais, Comisións foi o sindi-cato máis votado en todosos comicios do ámbito ata omomento.

CCOO logrou dúas delega-das nas eleccións de Cleaneten Ferrol. O novo comité deempresa fórmano dúas dele-gadas de Comisións, outrasdúas da CIG e unha da UGT.Para CCOO, trátase dun

«éxito rotundo» e un apoio aolabor do sindicato a prol dosdereitos das traballadoras des-ta empresa, que loitan desdesetembro para percibiren asnóminas.

O sector Ferroviario de CCOOde Galicia, dentro da modera-ción, considera positivos os re-sultados nas eleccións sin-dicais do ADIF e de Renfe Ope-radora. Debido á reestrutura-ción no sector, o número dedelegadas e delegados a elixirreduciuse en seis. Con todo,CCOO mantense como se-gunda forza, mentres recortadistancia coa primeira e seafasta da terceira.

Page 10: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

GaLICIa SINdICaL Número 59 - marzo de 2015

10

www.galicia.ccoo.es

SEN COMENTARIOS

Malia os anuncios de suposta recuperación económica, a maioría da poboación segue sen albiscar indicios dela; por esta razón,o emprego continúa a ser a reivindicación central de mobilizacións como a do recente Día da Clase Obreira Galega, en Ferrol

Os megamillonarios dalista Forbes poñen carade satisfacción; eles

constitúen ese 1 % da poboa-ción que posúe o que o outro99 % necesita. Madía leva!Como di Woody Allen, para ocomún dos mortais «hai unhavida mellor, pero é carísima».As estatísticas de reparticiónda riqueza testemuñan que omundo nunca foi tan desigualcomo está sendo agora nin afractura social tan dramática. Opropio Warren Buffett, terceiroda lista, recoñéceo ao afirmar:«Claro que a loita de clasescontinúa, pero a miña vai ga-ñando». E neste conflito de in-tereses uns teñen a tixola polomango e o resto abrásase coasconsecuencias. Non precisan

saltar por riba das leis –quetamén hai casos en que si–,abóndalles con mobilizar assúas influencias e inxentes re-cursos para facer legal o quemellor lles convén e para nosconvencer de que o benestarda cidadanía depende directa-mente do seu nivel de riquezapersoal. «As leis están feitaspara os fillos dos reis, non paraa xente do común», dille Creon-te a Antígona nun intento deconvencela para que reneguedos seus principios éticos e li-brala así da condena fatal.Nesta mesma liña, o presidentedo Tribunal Supremo afirmabahai pouco que «a Lei de axuiza-mento criminal está pensadapara o “roubagaliñas” e nonpara o gran defraudador».

No século pasado, o Estadoocupábase de garantir unhaserie de servizos públicos(hospitais, escolas, servizossociais, xustiza, correos, recur-sos naturais, infraestruturasviarias…) e contribuía a redis-tribuír –mal que ben– a riquezaentre os máis desprotexidos.Agora estáselle traspasandoeste cometido á iniciativa pri-

vada a prezo de saldo e concláusulas que, en caso de per-das económicas (non importanas causas), será a cidadaníaquen as pague.

Peor nos pode ir aínda se se-guimos confiando nun Estadoque se desentende das súasobrigas morais e condena opobo a salarios de pobreza, áemigración e á miseria cultural.

Page 11: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

11

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 59 - marzo de 2015

Opasado mes de xaneiro,Comisións Obreiras ga-ñou as eleccións sindi-

cais do persoal laboral noConcello de Boimorto, as pri-meiras desde que se elixe uncomité de empresa e non dele-gados ou delegadas de persoal.A candidatura desta organiza-ción lograra nos anteriorescomicios tres representantes;agora, conseguiu facerse coatotalidade do comité: cinco de-legados e delegadas.

Este bo resultado débese aotraballo realizado por persoascomo Olga, María Elena, Sylviae Manolo, compañeiras e com-pañeiros que aceptaron o con-vite do GALICIA SINDICAL para

compartiren a súa experienciaco resto da organización a tra-vés desta páxina.Manolo Vázquez García (54

anos) está afiliado ao sindicatodesde hai cinco anos, os catroúltimos xa como delegado deCCOO no Concello. Na súa opi-nión, as empresas «deberíancolaborar máis cos sindicatos»,xa que a resolución dos proble-mas laborais é unha cuestiónpositiva «para a empresa e opersoal». Precisamente, reco-ñece que a precariedade laboralé unha das cuestións recorren-tes cando os seus achegadoscontactan co sindicato.Olga Rodríguez Ares (52

anos) leva catro afiliada a Co-

misións, pero só é delegadadesde as eleccións de xaneiro,cando os seus compañeiros ecompañeiras de sindicato lle pe-diron presentarse «e pareceumeque debía aceptalo». Encara oreto «moi ilusionada», agardandoque o labor realizado «sexa nobeneficio de todos e todas».

Aínda que non está afiliada,María Elena Rey Souto (51anos) non tivo moitas dúbidasá hora de defender as siglas deCCOO nestas eleccións e estrear-se como delegada do sindicato.O labor realizado nos úl-timos catro anos logrou que oresto do persoal do Concello«comece a confiar» e procure«axuda para solucionar confli-

tos», situación nada doada por-que, como apunta Manolo,«había moito medo a represa-lias» da parte patronal.

Igual que Olga, Sylvia CeaVázquez (40 anos) afronta conilusión o reto de ser delegada,neste caso por un segundomandato. «Espero que estea-mos á altura do noso laborcomo sindicalistas», apuntacon modestia. No seu día de-cidiu afiliarse a CCOO porquecoñecía o traballo do sindicatonoutros concellos e considerouque se trataba «da mellor op-ción». O obxectivo inmediato,seguir «traballando duro» polosservizos públicos e os dereitoslaborais, sinala.

Page 12: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

GaLICIa SINdICaL Número 59 - marzo de 2015

12

www.galicia.ccoo.es

Apobreza laboral e a desi-gualdade son as dúas ca-ras do mesmo problema.

A deterioración salarial prexu-dica moito máis as persoas quemenos cobran, de forma que aoempobrecelas en maior medida,anchéase a brecha. O salariomedio que manexa a enquisa decusto laboral (ECL) oculta a terri-ble realidade da pobreza e adesigualdade salarial que sufri-mos de forma crecente en Es-paña. Para aproximarse a estarealidade é moito máis útil omódulo de salarios por decísque incorpora nos seus datosanuais a enquisa de poboaciónactiva (EPA).

Na distribución por decís, ototal da poboación asalariada di-vídese en dez tramos co mesmonúmero de persoas en cada undeles. En 2013, último ano condatos, 14.143.600 persoas tra-ballaron como asalariadas e,por tanto, cada decil estaba for-mado por 1.414.260 persoas.No decil 1 están os 1,414 mi-llóns de persoas que perciben osalario máis baixo; no últimodecil, o 10, o mesmo número depersoas co salario máis alto.Entre ambos os valores sitú-anse os outros oito decís.

No ano 2013, o salario mediodos 1,4 millóns de asalariados dodecil 1 era de 414 euros men-suais brutos en 12 pagas, contíamoi por baixo do limiar da po-breza. Aínda que custe aceptalo,en España hai 1,4 millóns de tra-

balladores e traballadoras porconta allea que teñen unha retri-bución anual de menos de 5.000euros; distribuídos en doce nó-minas mensuais e dúas pagasextras (o formato máis habitualno noso país), equivale a unhanómina mensual de 355 eurosbrutos. Esta é a situación máisdramática.

No decil 2 e no 3 tamén os sa-larios son baixos, mais non tanto.Sumando os tres decís, obtemosque 4,2 millóns de asalariados, o30 % do total, teñen unha nóminamensual inferior aos 950 eurosbrutos, ou sexa, unha de cadatres persoas asalariadas nonchega a mileurista.

As persoas asalariadas enca-dradas nos últimos decís soncada vez máis pobres porque osseus salarios se desvalorizanmáis ca os do resto. De 2010 a2013, todos os tramos salariaisperderon poder adquisitivo, peroos efectos foron moito máisduros precisamente entre os quemenos cobran: o decil 1 perdeuo 23 % do seu salario real frontea unha media do 7,4 % do con-xunto dos asalariados. As1.414.260 persoas asalariadasque están no último tramo sala-rial son pobres, e cada vez sonomáis: en tres anos perderon caseun de cada catro euros do seusalario real.

Como diciamos, a deteriora-ción afecta máis a quen menoscobra, de xeito que se agranda abrecha cos niveis máis altos. No

ano 2007, o salario medio do de-cil 1 era de 502 euros, mentresque o decil 10 estaba en 3.671. Acomparación entre os dous valo-res dános un cociente que midea diferenza entre ambos: os asa-lariados do decil 1 cobraban 7,3veces menos que os do decil 10.No ano 2013 este aumento dadesigualdade agrávase, pois se aproporción era de 7 a 1, nese anosobe de 11 a 1.

Analizar a composición do de-cil 1, coñecer as causas que de-terminan a pertenza a este tramode salarial que equivale a ser tra-ballador/a pobre, serve para for-mular propostas contra esta ina-ceptable situación.

Traballar con xornada parcialé o factor determinante paraestar no grupo dos salariosmáis baixos: o 92 % das per-soas do decil 1 traballan comoasalariadas a tempo parcial, sóo 8 % traballa a xornada com-pleta. Hai o triplo de mulleresque homes no tramo dos sala-rios máis baixos: elas son o 75 %das persoas do tramo salarial

máis baixo fronte ao 25 % dehomes, un cociente de 3 a 1 encontra das mulleres.

Aínda que a mocidade leva apeor parte, todas as idadesestán presentes na escala infe-rior dos salarios. O 14 % daspersoas do decil 1 teñen menosde 24 anos, cando o seu pesono total de asalariados/as é sódo 5 %; pero tamén 1 de cada10 maiores de 55 anos está notramo os peores salarios.

Españois e estranxeiros so-fren a pobreza salarial, xa que o73 % das persoas que están nodecil 1 son españolas, de formaque só 1 de cada 4 persoas conbaixos salarios é inmigrante; asoutras tres teñen nacionalidadeespañola.

Os baixos salarios non soncousa só dos contratados tem-porais, como o demostra que o51 % das persoas asalariadas dodecil 1 ten un contrato indefinidoe o 49 % de carácter temporal,isto é, a metade das persoas conbaixos salarios teñen unha rela-ción laboral estable.

En 2007, os asalariados do decil 1 cobraban 7,3 veces menosque os do decil 10; en 2013, 11 veces menos

Page 13: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

13

www.galicia.ccoo.es

GaLICIa SINdICaLNúmero 59 - marzo de 2015

Parece que as negociaciónspara o asinamento do ter-ceiro Acordo para o Em-

prego e a Negociación Colectivaestán atoadas. Coma en anterio-res ocasións, o punto máis con-flitivo está na cuestión salarial.

Ante a postura de bloqueoda patronal, quero falar da im-portancia de chegar a unacordo que, como di o seunome, trata do emprego e danegociación colectiva. No queatinxe ao primeiro bloque, oacordo é necesario porquecómpre adaptar os salarios árealidade da economía espa-ñola, aínda que só sexa porsimple xustiza social. Peroademais, porque o acordo aco-mete cuestións como a contra-tación, o emprego da mo-cidade, a igualdade de xénero,a seguridade e a saúde no tra-ballo, os mecanismos de flexi-bilidade interna negociada, aclasificación profesional e a

mobilidade funcional ou a or-denación do tempo de traballo,entre outros aspectos.

Todos eles son temas impor-tantes. Moi importantes. Cen-trareime agora na negociacióncolectiva –sobre todo na súaestrutura–, o outro elementoque dá nome ao acordo.

A postura de CCOO nas ne-gociacións é clara: defensa doconvenio sectorial. Queremosque este sexa o marco que de-termine as condicións de traba-

llo, a estrutura e distribucióndas materias de negociacióncolectiva entre os ámbitos es-tatal, autonómico ou provincial,co que se evitaría a concorren-cia entre convenios.

Queremos, tamén, a poten-ciación dos acordos parciaisdurante o proceso de negocia-ción para a renovación dunconvenio, así como o compro-miso das partes para estable-cer un procedemento áxil eseguro. Outro dos nosos ob-

xectivos é o reforzamento dascomisións paritarias, incluíndonas súas funcións a interven-ción nos casos de non aplica-ción dos convenios.

Após a sentenza que se co-mentou no anterior número doGALICIA SINDICAL, atopámo-nos con problemas de desequi-librio dentro dunha mesmaempresa, unha vez perdida a ul-traactividade do convenio, se nonexiste un de ámbito superior.Para estes casos, o AENC for-mula unha solución, evitando,pois, o baleiro de cobertura.

Do punto de vista xurídico, acuestión non está totalmenteresolta. Por exemplo, o Tribu-nal Superior de Xustiza de Na-varra emitiu unha sentenza opasado 28 de xaneiro segundoa cal non se poden aplicar ostermos da resolución xudicialantedita. O problema, lonxe desolucionarse, tórnase máiscomplexo, por iso é importantetodo acordo que potencie unhanegociación colectiva que sedeteriora, desacelera e indivi-dualiza de máis en máis.

Como se pode ver, os moti-vos para asinalo e defendeloabundan. Por iso, á espera deque se asine ou non, polomenos debemos ter clara a súanecesidade.

Xesús CastroSecretario de Acc. Sindical de CCOOEquipo de redacción

Nas empresas, mozas e mozosson os que cobran menos, peroos baixos salarios afectan taméná xente con antigüidade. Aíndaque é certo que o 52 % do decil 1leva menos de dous anos no seuposto de traballo, tamén o é queo 27 % leva máis de cinco.

Os servizos de baixo valor en-gadido concentran os salariosbaixos: o 62 % do colectivo demenor nivel salarial son persoasque traballan como empregadasnos fogares, na hostalaría, no co-mercio e nos servizos auxiliaresa empresas.

Os soldos máis baixos estáncase todos no sector privado,

que absorbe o 96 % das persoasque conforman o decil 1; tan sóo 4 % traballa no sector público.Ademais, canto máis pequena éa empresa, máis traballadores etraballadoras con baixos salarioshai: o 63 % do decil 1 traballa enempresas con menos de dez tra-balladores ou traballadoras.

Esta situación de pobreza labo-ral e de desigualdade é inacepta-ble nunha sociedade democráticadigna dese nome. Por iso, loitarcontra a marxinación de variosmillóns de traballadores e traba-lladoras pobres é unha das prio-ridades do movemento sindical.Porque esta discriminación inso-

portable soluciónase cunha polí-tica salarial máis xusta. En con-creto, CCOO propón unha me-llora sensible e sostida dos sala-rios en termos reais, que é indis-pensable para dar consistencia árecuperación económica; dentrodesta proposta para todos os sa-larios, hai que actuar con medi-das específicas nos salarios máisbaixos.

En primeiro lugar, cómpre ele-var o salario mínimo interprofe-sional ata 800 euros mensuais endous ou tres anos, co que se re-cuperaría a súa perda de poderadquisitivo para converterse nundique de contención contra os

salarios de pobreza. En segundolugar, establecer salarios míni-mos de sector máis altos nasramas de actividade con máis po-breza laboral. En terceiro lugar, eligado ao punto anterior, os in-crementos salariais nestas activi-dades teñen que estar por en-cima da media. Por último, perose cadra o máis importante,cómpre derrogar gran parte danormativa legal da contratación atempo parcial que converteu estafigura nun contrato a demanda,sen dereitos e, por tanto, nondesexado pola maioría das per-soas, que o sofren só porque nonteñen outra alternativa.

Fotografía de arquivo dunha concentración en Santiago de Compostela

Page 14: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · de relevo a importancia da loita daquel ano 1972 en Ferrol e no conxunto de Galicia. Esa vontade quedou reflec - tida anos máis tarde,

Número 59 - marzo de 2015

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Proximamente haberámobilizacións contra oTTIP en Galicia e no resto

do estado. Este Tratado deLibre Comercio entre a UniónEuropea e os Estados Unidosé un acordo transnacional deenorme relevancia que estáa ser negociado desde haimáis dun ano. Precisamentepor esas dúas razóns, sor-prende que o 99,99 % da po-boación nin sequera oísefalar del.O obxectivo principal do

acordo é homoxeneizar ábaixa as condicións laboraisentre os Estados Unidos e aUnión Europea, con primacíapara o primeiro bando, que éo que concentra as principaiscorporacións empresariais eo gran capital.

Preténdese, pois, «ameri-canizar» o mercado de traba-llo, deixar na mínima expre-sión os dereitos laborais. Noné casual isto, sobre todo setivermos en conta que os Es-tados Unidos soamente rati-ficaron dúas das oito normasfundamentais que rexen aOrganización Internacionaldo Traballo (OIT).As negociacións iniciá-

ronse en 2013 e están xa narecta final. Porén, leváronseen todo momento con «dis-creción», ou sexa, de costasá cidadanía. Non parece quesexa un descoido, non: a faltade información é intencio-nada para evitar a reacciónsocial contraria.

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez