n Órgano de comunicación do s. n. de ccoo · cións meteo rolóxicas como pol o endurecemento das...

10
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 66 - febreiro de 2016

Upload: lamnga

Post on 11-Mar-2019

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · cións meteo rolóxicas como pol o endurecemento das co n dicións políticas e so ciais da nosa qu e-rid a Europa. Quen nos ía d icir

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 66 - febreiro de 2016

Page 2: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · cións meteo rolóxicas como pol o endurecemento das co n dicións políticas e so ciais da nosa qu e-rid a Europa. Quen nos ía d icir

GALiCiA SiNdiCAL Número 66 - febreiro de 2016

2

www.galicia.ccoo.es

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / DIRECCIÓN: Juan Martínez / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normalización Lingüística/ EQUIPO DE REDACCIÓN: Xesús Castro, Silvia Parga, Begoña Méndez, Fco. Carrera, Xerardo Uz / COLABORACIÓNS: Emiliano Cossini, Adela Poisa,Xan M.ª Castro, Fdo. Armendáriz, J. Antonio Moreno, Ramón Górriz, José Campos / CONTACTO: [email protected] / PECHE: 1/3/2016

Estamos en hora boa polaabsolución dos compa-ñeiros de Airbus, proce-

sados por participaren na folgaxeral do 29 de setembro de2010. Segue habendo casosde compañeiros e compañei-ras axuizadas polo mesmomotivo, pero seguro que osseus procesos se afrontarándoutro xeito tras a gran mareade solidariedade que se des-pregou en todo o estado enapoio dos «oito de Airbus».Personalizouse neles a in-xusta persecución contraquen defende o dereito cons-titucional de folga, reprimidocun Código penal trufado devulneracións constitucionais.

Valor da mobilizaciónAs traballadoras e traballa-

dores seguimos sendo víti-mas da degradación do novo

emprego, co que só grazas ámobilización –e mesmo áfolga– é posible facer fronteás políticas que pretendenque sigamos pagando a crisecon baixadas de salarios,perda de dereitos consolida-dos e unha temporalidade in-soportable.Insístese nas políticas de

austeridade e en manter asreformas laborais e fiscaisque tanta dor provocaron. Aotempo, sácase peito presen-tando as cifras dun crece-mento macroecónomicoimperceptible nas economíasda inmensa maioría da cida-danía. Escoitamos declara-cións triunfalistas sobre aredución do desemprego,cando o que hai é unha fuxidade mozas e mozos a outrospaíses coa esperanza de de-mostraren fóra a súa valía.

CAIXA DO CORREO «GALICIA SINDICAL»

A persecución da mobiliza-ción fainos retroceder a épocaspasadas, cando a actividadesindical era reprimida pola di-tadura. Cada 10 de Marzo lem-brámonos ben disto, reme-morando os sucesos de 1972nos que foron asasinados oscompañeiros Amador e Daniel.

Día da Clase Obreira GalegaNa conmemoración do Día

da Clase Obreira Galega, temosque manter o compromiso contodas as compañeiras e com-pañeiros que, agora en demo-cracia, son perseguidosxudicialmente por defenderena clase traballadora. Debemosseguir facendo presión paraque se arquiven as súas cau-sas, para que sexan absoltosou mesmo indultados, comoten que ocorrer cos compañei-ros de Vigo Carlos Rivas e Se-

rafín Rodríguez, cunha sen-tenza condenatoria de tresanos de cárcere. Se o indultogobernamental ten sentido al-gunha vez, debe ser agora!

Quen nos defendese non somos nós?

Page 3: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · cións meteo rolóxicas como pol o endurecemento das co n dicións políticas e so ciais da nosa qu e-rid a Europa. Quen nos ía d icir

3

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 66 - febreiro de 2016

Un ano máis, conmemorare-mos o Día da Clase ObreiraGalega e farémolo mani-

festándonos, igual que o fixeronhai 44 anos, en condicións durase coa ameaza da represión, osobreiros da Bazán de Ferrol. Rei-vindicaban un convenio e uns sa-larios dignos, as liberdades defolga e manifestación, a liberdadesindical... A democracia!Grazas a eles temos hoxe a po-

sibilidade de manifestarnos en li-berdade, de reivindicar pacífica edemocraticamente mellores sala-rios e condicións de vida. A tan-tas veces mencionada transicióná democracia non foi, como tra-tan moitas veces de dicirnosvoces interesadas ou desinfor-madas, unha simple manobra depalacio. Foi produto da loita daclase traballadora, de CCOO, damilitancia máis consecuente daoposición ao franquismo, quefixo posible un tránsito pacíficoda ditadura á democracia, por su-posto co concurso dunha seriede persoeiros políticos e do rei,pero non debido en exclusiva, ninsequera no fundamental, a eles.Esta reflexión vén a conto por-

que en momentos complicadoscomo o actual (vivimos nunhademocracia, pero nunha situa-ción difícil) é preciso manter, tei-mudamente pero con intelixen-cia, a presión necesaria para evi-tar os retrocesos que se están adar na calidade da democracia enas condicións laborais de traba-lladores e traballadoras. Aí temosa lei mordaza, con claras limita-cións ao dereito de expresarse emanifestarse; aí temos a reformalaboral, co resultado de claros re-

trocesos en forma de perda depoder adquisitivo dos salarios,deterioración das condicións la-borais e empobrecemento da ne-gociación colectiva.Hai 44 anos, como consecuen-

cia da represión franquista, per-deron a vida en Ferrol AmadorRey e Daniel Niebla. Foron feridos

máis de corenta obreiros, entreeles o dirixente de CCOO JulioAneiros. Producíronse multitudede despedimentos, detencións,torturas e cárcere. A represiónconcretouse simbolicamente nochamado proceso dos 23 no que,entre outros, José María Riobóo,Rafael Pillado e Manuel Amor

acumularon anos e anos de cár-cere. Na memoria deles, perotamén por interese propio, temosque continuar a loita.No inmediato, acudamos á

manifestación que o día 10Marzo, ás 19 horas, percorreráFerrol saíndo dende o monu-mento ao 10 de Marzo.

Page 4: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · cións meteo rolóxicas como pol o endurecemento das co n dicións políticas e so ciais da nosa qu e-rid a Europa. Quen nos ía d icir

GALiCiA SiNdiCAL Número 66 - febreiro de 2016

4

www.galicia.ccoo.es

Oano 2015 foi o das persoasrefuxiadas. No mundo, oseu número superou os

vinte millóns por primeira vezdesde 1992. En Europa asistimosnos últimos meses á inoperanciadas institucións comunitariasante a peor crise de desprazadosdesde a II Guerra Mundial: dupli-cáronse as peticións de asilo res-pecto ao ano anterior de persoasque foxen de numerosos paísespola guerra, o terrorismo ou a re-presión. No seu intento de arriba-ren a unha terra máis amable,polo menos 2.800 persoas pere-ceron este pasado ano no Medi-terráneo. A fotografía do pequenocadáver de Aylan Kurdi nunhapraia turca sacudiu a adormecidaconciencia europea.Ante unha crise así, Bruxelas,

de novo, volveu reaccionar demaneira exasperadamente lentae descoordinada. Cada país ocu-pouse de aplicar as súas propiasreceitas. Mentres países comoAlemaña ou Suecia respondían,ao principio, con gran solidarie-dade (1,1 millóns e 163.000 derefuxiados acollidos, respectiva-mente), outros axiña botaronman dos seus militares, valadosde espiños e cans.Á falta dunha política común,

nuns poucos meses puidemoscomprobar como nos países doleste logo deixaron ben claroque o multiculturalismo occi-dental non ía con eles. Con todo,o contrapunto foi a «beatifica-ción» da chanceler alemá, An-gela Merkel, pola man tendida áspersoas refuxiadas, unha inicia-tiva recibida con moito entu-siasmo na sociedade xermana.

Do «Refugees Welcome!» pasa-mos, en poucos meses, a com-probar que a xenofobia é unfenómeno moi asentado nas en-trañas europeas.A solidariedade está esgotada

nalgúns países que, con razón,xa non poden axudar moito máisaos refuxiados mentres a carganon se reparta equitativamente:en Bruxelas acordouse acoller106.000 persoas que chegaronpor Italia e Grecia, pero a penosarealidade ao iniciar 2016 é quesó 272 foron acomodadas. EnEspaña, só 18 das 14.931 per-soas comprometidas foron ins-taladas. Namentres, Europaasume que serán tres millóns ototal de persoas refuxiadas quecheguen ata 2017.

No tema das persoas refuxia-das, os países da UE pasanolimpicamente das súas obri-gas. Schengen colapsou deforma estrepitosa por ben quepoñer portas ao campo desta in-migración sexa unha vergoñapara os valores europeístas.Todo son lamentacións, repro-ches... E mentres, a crise daspersoas refuxiadas empeora porirresponsabilidade, incompeten-cia e insolidariedade. Nesta con-xuntura, a xenofobia e osradicalismos atopan a súa xus-tificación para arremeter contrao noso modelo social.Abonda xa de leis para despo-

xar as persoas refuxiadas dosseus obxectos de valor (Suecia,Alemaña, Suíza), basta de acep-tar só persoas cristiás (Repú-blica Checa) ou de impor oporco nos menús que serven asinstitucións públicas (Dina-

marca), acabemos co cartel de«non se aceptan musulmáns»(Eslovaquia) ou coas portas pin-tadas de vermello e pulseirasobrigatorias (Reino Unido) ou,tamén, coas agresións a meno-res (Holanda).

Política migratoria da UEAnte esta tráxica situación, a

UE debe reformular radical-mente a política migratoriacunha visión de longo alcance,sabendo que asistimos a un fe-nómeno estrutural de longo per-corrido. É fundamental un planeuropeo de acollida e integra-ción dos refuxiados, o estable-cemento de dispositivos desalvamento eficaces no Medite-rráneo, a creación de corredoreshumanitarios garantidos, a ac-tuación nos países de orixe,entre outras medidas urxentes.En definitiva, os fluxos migra-

torios seguirán debido á pobrezae á inestabilidade política insta-lada na periferia da Unión Euro-pea e, sobre todo, comoconsecuencia dunhas políticaseconómicas e comerciais quecondenan a miles de persoas ápobreza, a verdadeira orixe dascrises migratorias.

Page 5: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · cións meteo rolóxicas como pol o endurecemento das co n dicións políticas e so ciais da nosa qu e-rid a Europa. Quen nos ía d icir

5

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 66 - febreiro de 2016

Que vivimos nunha socie-dade líquida onde todoflúe e nada se mantén o

suficiente como para poder facerunha análise sosegada, cabal esensata xa foi advertido porZygmunt Bauman hai uns anos:o máis duro da devandita reali-dade é a escasa presenza tantona retina social como mediáticade cuestións importantes e/ougraves para a nosa convivencia.Desde a aparición da foto do

pequeno Aylan, morto nunhapraia, ata hoxe, a visibilidade datraxedia dos inmigrantes a Eu-ropa quedou reducida ao mí-nimo, malia que o dramatismoda situación aumentou, tantopolo endurecemento das condi-cións meteorolóxicas como poloendurecemento das condiciónspolíticas e sociais da nosa que-rida Europa.Quen nos ía dicir a aqueles

que desde os anos noventa edesde un punto de vista do res-pecto aos dereitos humanos, asgarantías democráticas e o Es-tado de dereito cuestionabamoso Sistema de Schengen (pai da«Europa-Fortaleza», cos seusvalos e filtros de fronteira exte-rior, a súa lista de persoas es-tranxeiras non admisibles ou oseu sistema de información),nos atopariamos anos despoisdefendendo o único que aíndaten de bo: o mantemento dunteórico espazo común europeode liberdade, seguridade e xus-tiza onde debe primar a libre cir-culación e onde non existenfronteiras interiores.Que ninguén se engane: cues-

tionar Schengen é cuestionar o

propio modelo de construcióneuropea e primar os interesesnacionais, que non son outrosque os intereses particularesmovidos en moitos casos porunha mestura de egoísmo e faltade memoria aderezado cun xe-neroso chorro de nacionalismopopulista. E isto parece que nonfixo senón comezar.Todo iso xusto neste mo-

mento en que se requiren asmáis altas doses de responsabi-lidade para asumir o papel tantocomo UE como polos propiosestados membros de garantesdos principios democráticos ede respecto ao Estado de de-reito; non é aceptable que osmuros da construción europeaabalen pola catástrofe migratoriaque vivimos. Que os vinte e oitopaíses non asuman a súa res-ponsabilidade nin sequera paraacoller a pírrica cifra de 160.000persoas proposta pola ComisiónEuropea di moito da fraxilidadedo modelo.

dade ás case simbólicas medi-das de recolocación.A encrucillada é manifesta;

pór en dúbida o modelo afecta apropia construción europea e osseus balances e equilibrios, perotamén os seus propios valores eo seu propio ADN: o propio mo-delo social europeo e a súa con-figuración como sociedadesavanzadas onde prima o Estadode dereito e onde as garantíasdemocráticas se fundamentantamén na solidariedade entre osseus membros.A resposta non está no vento.

A resposta está en Europa, por-que só as súas institucións, osseus estados, as súas socieda-des, os seus cidadáns e cidadáspoden demostrar que soube-ron estar á altura da esixenciahistórica do momento que vi-vimos. Xacando eramos os eu-ropeos quen fuxiamos polomundo á procura de asilo e pro-tección. Non lles fallemos. Nonnos fallemos.

E trátase de responsabilidade,convén non esquecelo. A solida-riedade dáse voluntaria e unila-teralmente, malia que todos ospaíses da UE están obrigados aprestala consonte os tratados in-ternacionais que asinaron.Resulta imprescindible res-

ponderlles aos nosos socios so-bresaturados polos novos emasivos fluxos, respectando efacendo respectar un sistemaequitativo de repartición desaspersoas, valorando ante todo ofactor humano, sen esquecernunca que os solicitantes sonpersoas que foxen de terriblessituacións nos seus países deorixe.

Encrucillada manifestaDoutra banda, non parece

aceptable que países que reci-ben prestacións da UE en formade axudas, compensacións ousubvencións económicas nonasuman a súa responsabilidadee mesmo mostren a súa hostili-

Page 6: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · cións meteo rolóxicas como pol o endurecemento das co n dicións políticas e so ciais da nosa qu e-rid a Europa. Quen nos ía d icir

GALiCiA SiNdiCAL Número 66 - febreiro de 2016

6

www.galicia.ccoo.esConcentración diante do Hospital da Coruña para esixir unha axeitada atención sanitaria nos abortos

SEN COMENTARIOS

Page 7: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · cións meteo rolóxicas como pol o endurecemento das co n dicións políticas e so ciais da nosa qu e-rid a Europa. Quen nos ía d icir

7

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 66 - febreiro de 2016

OConsello Nacional deCCOO de Galicia ratificouo informe presentado o

pasado día 27 polo secretarioxeral, Xosé Manuel SánchezAguión, no que se lamenta queGalicia perdera unha década,motivo polo que o sindicalistareivindicou a necesidade duncambio de políticas.Sánchez Aguión comezou o

seu informe reflexionando sobrea situación tras as eleccións xe-rais do pasado 20 de decembro,nas que a cidadanía rexeitou aspolíticas «dos partidos que go-bernaron durante a crise».Aguión destacou o «forte pau»sufrido polo PP, que perdeu máisde sesenta escanos, descensoque o sindicalista atribúe tantoaos recortes como aos casos decorrupción. O resultado electoralamosa un escenario que «difi-culta tremendamente» a confor-mación de Goberno. Por primeiravez, o partido máis votado nonterá posibilidades de gobernar, xaque pasou os últimos anos «cri-minalizando todo o que fosepacto, consenso, concertaciónou acordo», e queda actualmentesen apoios.

Tarefas do novo GobernoPara Sánchez Aguión, a es-

querda ten «un reto importante»,que é o de deixar os «tactismospartidarios» para «entrar afondo» e pórse de acordo sobreas cuestións «básicas», comoderrogar a reforma laboral, aLOMCE e a lei mordaza, a convoca-toria do Pacto de Toledo para dar

viabilidade ao sistema público depensións, a suba do salario mí-nimo ou a revitalización dos ser-vizos públicos, entre outrosasuntos.No ámbito estritamente labo-

ral, o secretario xeral de CCOOcualificou de «nefasta» a situa-ción do mercado de traballo deGalicia, marcado pola precarie-dade e a eventualidade, espe-cialmente no caso da moci-dade, xa que case o 60% dasmozas e mozos teñen un con-trato temporal.En opinión de Sánchez Aguión,

a «suposta recuperación» econó-mica non se está a notar no mer-cado laboral galego, cuxos datosde ocupación están no mesmonivel de hai trece anos. «Isto é o

que se chama unha década per-dida», sentenciou. Segundo asúa análise, Galicia non deixaráatrás a crise mentres o empregonon volva estar como no ano2008, cando había máis de 1,2millóns de persoas traballando.Por esta razón, «instou a un cam-bio de políticas e a non teimar nomesmo modelo produtivo quenos conduciu á crise».O secretario xeral de CCOO

alertou tamén no seu informesobre o incremento das desigual-dades por mor da crise. Diferen-zas de xénero, porque as mulle-res asalariadas en Galicia cobrande media o 22% menos que oshomes. Discriminación taménpor nacionalidade, porque osasalariados estranxeiros cobran

case a metade dos que teñen anacionalidade española.Este é o escenario global, pero

detrás destas cifras está tamén adesigualdade entre os diferentestramos salariais, que reflictendun «xeito preciso» esas diferen-zas nas condicións laborais. Cosdatos de 2014, 300.716 asalaria-dos e asalariadas obtiveron unsingresos inferiores ao SMI, isto é,inferior a 645 euros brutos aomes. Outras 130.974 persoas ga-ñaron menos de 1,5 veces o SMI,ou sexa, menos de 968 euros aomes. En total, 431.960 traballa-dores e traballadoras «non che-gan a mileuristas».

Intervención de Xosé Manuel Sánchez Aguión no último Consello Nacional

Page 8: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · cións meteo rolóxicas como pol o endurecemento das co n dicións políticas e so ciais da nosa qu e-rid a Europa. Quen nos ía d icir

GALiCiA SiNdiCAL Número 66 - febreiro de 2016

8

www.galicia.ccoo.es

Outro ano, a clase traballa-dora galega, e a mocidadeen concreto, afrontamos o

10 de Marzo nunha situación deextrema dificultade. Tras anos deaxustes e recortes de servizos ede dereitos sociais e laborais, oGoberno segue instalado namentira da recuperación econó-mica. Recuperación que paranós, mozos e mozas da clase tra-balladora, non existe. A poboa-ción activa mantense en caídadesde o 2010 e, catro anos des-pois da reforma laboral, Galiciaten 25.000 empregos menos.

Parcialidade e temporalidadeA parcialidade e a temporali-

dade son, cada vez máis, parte danosa realidade. A taxa de parcia-lidade sitúase xa no 26% e a detemporalidade aumentou desdeo 2010 un 8 %. Máis da metadeda mocidade traballadora ten unemprego temporal. As reformaslaborais dos gobernos de PSOEe PP só serviron para favorecer odespedimento barato e garantirun cambio de paradigma na con-tratación: foron a ferramenta paraque as empresas despedisenmasivamente persoal indefinidoa prezo de saldo, substituíndoesta man de obra por outra tem-poral e precaria.

Risco de pobreza e exclusiónAdemais, un 34 % da moci-

dade continúa sen ter acceso aoemprego. Isto, xunto coa caídados salarios, déixanos ás mozase mozos nunha situación de pre-cariedade que se vai volvendo

máis profunda a medida queavanzan as políticas económicasneoliberais.Esta situación está levando

cada vez a máis mozos e mozasao risco de pobreza e exclusiónsocial, o 32 % xa. Hoxe en díanon abonda con ter un emprego,pois nin o froito do noso traballonos dá para vivir dignamente. Asgrandes empresas obteñen cadaano maiores beneficios mentresas políticas sociais, laborais e deredistribución de riqueza en be-neficio da clase traballadora con-tinúan abandonadas.O proceso de desindustrializa-

ción, que xa comezara antes dacrise, recibiu un pulo coas políti-cas gobernamentais dos últimosanos. Seguimos afondando nun

modelo produtivo baseado na es-tacionalidade e en condicións la-borais precarias. E, como xasabemos, a alternativa é a emi-gración, á que se teñen lanzadomoitos mozos e mozas dende ocomezo da crise.Sobran os motivos para que a

mocidade obreira saia ás rúas ereivindique os seus dereitos este10 de Marzo. O paro masivo, asreformas laborais e os contratostemporais que non nos dan se-guridade xurídica ante o patrón,dificúltannos a nosa capacidadepara organizarnos nos centros detraballo e reivindicarmos osnosos dereitos. Son un ataquecontra nós e nosa debe ser a res-posta, tanto na rúa como na em-presa. Cómpre avanzar na

conciencia, na organización e namilitancia de clase. Soamente asíhaberá saída. Porque o futuro é noso e non

haberá futuro sen nós! Este 10 deMarzo, a mocidade traballadora áconquista do futuro: mobilízatecon CCOO-Xuventude!

Page 9: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · cións meteo rolóxicas como pol o endurecemento das co n dicións políticas e so ciais da nosa qu e-rid a Europa. Quen nos ía d icir

9

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 66 - febreiro de 2016

Coma todos os anos, o Sin-dicato Nacional de CCOOfixo un estudo avaliativo so-

bre a aplicación da Lei de promo-ción da autonomía persoal eatención ás persoas con depen-dencia en Galicia (LAPAD) e, comatodos os anos, as conclusiónsdéixannos unha gran preocupa-ción.Esta lei non lle gustou ao PP

desde o primeiro momento, e poriso non ten interese ningún enaplicala nin no ámbito estatal ninna maioría das comunidades queo partido goberna. A partir do2011, o Goberno fai sucesivas re-formas para reducir o gasto dosistema a través de varias liñasde actuación:n Limitar o colectivo benefi-

ciario, cambiando os baremos eintroducindo moratorias para queas persoas con dependencia mo-derada non se incorporasen aosistema ata o 1 de xullo de 2015.n Reducir a intensidade das

prestacións a que teñen dereitoas persoas beneficiarias.n Transferir á persoa benefi-

ciaria a responsabilidade de fi-nanciar parte do gasto público.n Modificar os conceptos de

«rede pública» e «oferta públicade servizos», intentando conven-cer a persoa usuaria de que oimportante é o servizo e nonquen o preste. Utilízase esteargumento para privatizar osservizos.n Deixar de lles pagar a se-

guridade social ás persoas coida-doras, que han cargar con estacotización. Ao primeiro, a lei re-

collía que as coidadoras ecoidadores de dependentes noncotizarían á Seguridade Social,que a Administración o faría porelas. Desde que estas persoasdeben asumir o pagamento, xanon o fan: á parte de cobrarenunha contía menor, en moitasocasións non lles chega nin paraaboar esta cota. Quedan, así, fórado mercado das pensións.É certo que agora a Xunta de

Galicia destina á dependenciamáis cartos que o Goberno cen-tral, pero parte deses cartos xaviñan de servizos que se estabanprestando con anterioridade áimplantación da lei. Ademais,aínda que nos orzamentos doano 2015 aumentou a dotaciónen relación co 2014, segue

sendo inferior á que se desti-naba en 2012.A lei de dependencia non acaba

de despegar en Galicia; é máis,en certos aspectos, vai a peor.Durante os primeiros anos de

aplicación da lei, as solicitudesaumentaban progresivamente ataque empezaron a diminuír en2012. O descenso tórnase grave

no 2015: o 1 de xullo dese anoentraban no sistema as persoascon dependencia moderada e, enboa lóxica, as solicitudes tiñanque aumentar notablemente; po-rén, entre xullo e novembro dimi-nuíron. Esta circunstanciapódese deber ao desánimo e afalta de credibilidade da xentefronte ao desenvolvemento da lei.Respecto ás solicitudes pen-

dentes de avaliación, entre 2008e 2010 aumentan considerable-mente, diminúen a partir dese úl-timo ano e volven incrementarseno 2015. Poderiamos pensar queé por causa da incorporación daspersoas con dependencia mode-rada pero, visto que este feitonon incrementou as solicitudes,só nos queda interpretar que sedebe á falta de recursos materiaise humanos.Canto á lista de espera –per-

soas ás que se lles recoñece unservizo ou prestación pero quenon o reciben–, foi aumentandodesde 2009 ata 2011, empezou aminguar a partir deste ano evolve medrar no ano 2015. Entre2014 e 2015, a lista de esperasubiu sete puntos; sempre evo-lucionou moito peor que a mediaestatal, e só catro comunidadesautonómicas están en peor situa-ción ca nós.Desenvolver os dereitos da

persoa con dependencia é o quefai válida a lei. De nada serve re-coñecerllos se despois non se fanefectivos. Neste momento, hai enGalicia 24.691 persoas en lista deespera, o 37,94 % das que teñenrecoñecido o dereito; son 8.605máis que o ano pasado. Insisto:falamos de persoas ás que selles recoñeceu un dereito e nonse lles dá.

A lei de dependencia nunca lle gustou ao PP, que non fixo máis que recortala

Page 10: N Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · cións meteo rolóxicas como pol o endurecemento das co n dicións políticas e so ciais da nosa qu e-rid a Europa. Quen nos ía d icir

Número 66 - febreiro de 2016

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

De esquerda a dereita, Mercedes López, Juan Bello e Manuel Peña-Rey