n novembro de Órgano de comunicación do s. n. de ccoo · galicia. queremos impulsar ao máximo a...

9
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 72 - Novembro de 2016 POBREZA, PRECARIEDADE, RECORTE DE LIBERDADES, VIOLENCIA MACHISTA Tarefas urxentes para a nova lexislatura POBREZA, PRECARIEDADE, RECORTE DE LIBERDADES, VIOLENCIA MACHISTA Tarefas urxentes para a nova lexislatura

Upload: others

Post on 23-Feb-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: N Novembro de Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · Galicia. Queremos impulsar ao máximo a participación da nosa afiliación, pero necesitamos ta-mén a participación do

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 72 - Novembro de 2016

POBREZA, PRECARIEDADE,RECORTE DE LIBERDADES, VIOLENCIA MACHISTA

Tarefas urxentespara a novalexislatura

POBREZA, PRECARIEDADE,RECORTE DE LIBERDADES, VIOLENCIA MACHISTA

Tarefas urxentespara a novalexislatura

Page 2: N Novembro de Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · Galicia. Queremos impulsar ao máximo a participación da nosa afiliación, pero necesitamos ta-mén a participación do

GALICIA SINdICAL Número 72 - novembro de 2016

2

www.galicia.ccoo.es

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / DIRECCIÓN: Juan Martínez / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de NormalizaciónLingüística / EQUIPO DE REDACCIÓN: Xesús Castro, Castor Fdez., Silvia Parga, Begoña Méndez, Francisco Carrera, X. Uz, Xan M.ª Castro / COLABORACIÓNS:Mabel Pérez, Adela Poisa, Fernando Lezcano, Ramón Górriz / CONTACTO: [email protected] / PECHE: 30/11/2016

De novo debemos afron-tar outra lexislatura doPartido Popular no Go-

berno do estado e na Xunta deGalicia, aínda que en ambosos casos, Rajoy e Feijóo fixe-ran méritos abondos para noncontinuaren, para dar paso aunha alternativa política deprogreso e recuperación dedereitos sociais recortadospolas políticas de austeridade.Con matices e tras diferen-

tes procesos, Rajoy e Feijóolograron ser investidos presi-dentes. As forzas políticas deesquerda ficaron na oposicióndesde onde poderán acordariniciativas que freen as políti-cas regresivas anteriores,como acaba de suceder coaparalización da coñecida comolei wert. Con todo, o desexablesería que eses acordos che-gasen antes; axudarían a con-formar un goberno de esquer-da e evitaríannos acudirmosás urnas o pasado xuño e ungoberno de Rajoy co apoio deC’s –auténtica marca brancado PP– e coa abstención dossocialistas.

Situación en GaliciaNo Congreso hai certa

marxe de manobra, xa queRajoy non conta con maioríaabsoluta. No Parlamento deGalicia, pola contra, Feijóo re-valida maioría absoluta trassete anos e dúas lexislaturasseguindo o ditado neoliberal

EDITORIAL

O 15 de decembro, ás rúas

nas políticas públicas, o quexerou grandes mobilizaciónssociais e mesmo movementosde recomposición e renova-ción na esquerda do país, queapuntaban na dirección deimpedir a maioría dos conser-vadores. Non se conseguiu, po-rén, o cambio, esa maioría deesquerda que propiciase unGoberno de progreso na Xunta.

Reformular a oposiciónÉ desexable que, desde a

oposición, as formacións pro-

gresistas aproveiten a lexisla-tura para articularen un pro-xecto alternativo coparticipa-do, coñecido e entendible polacidadanía. De nada serve queparte das forzas da esquerdaaumenten a súa representa-ción se o PP mantén a maioríaabsoluta.Con esta correlación parla-

mentaria, o PP séntese forteen España e en Galicia; afé-rrase ao mantra dos postos detraballo creados para manterpolíticas de recorte que son,

din, as que propician eses su-postos bos resultados. Apro-veitando a situación, somete adebate o sistema público depensións, obviando vocescomo as de CCOO, que propónincorporar o financiamento através dos orzamentos xeraisdo Estado e que se deixe debaleirar o fondo de reservadas pensións.Doutra banda, Rajoy está a

institucionalizar a figura dapersoa pobre con traballo; isto,por culpa das pésimas condi-cións dos novos empregos:precarios, temporais, sen de-reitos. Debémosllo ás refor-mas laborais, que é precisoderrogar con urxencia.

Saída social á crisePara mellorar as condicións

de vida das persoas e evitarque se reforcen as políticasmáis conservadoras, os sindi-catos promovemos un calen-dario de mobilizacións en de-cembro, con concentracións emanifestacións o día 15 nassete cidades galegas. A inten-ción é situar o conflito nasempresas e nas rúas, en-viando un inequívoco sinal derepulsa ás intencións de de-gradar aínda máis o empregoou de manter políticas antiso-ciais en España e en Galicia.A defensa dos nosos derei-

tos, a esixencia dunha saídasocial á crise en Galicia e anecesaria aposta pola crea-ción de emprego de calida-de –desde a viabilidade dossectores estratéxicos do país–son motivos abondo.

Page 3: N Novembro de Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · Galicia. Queremos impulsar ao máximo a participación da nosa afiliación, pero necesitamos ta-mén a participación do

3

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 72 - novembro de 2016

OSindicato Nacional de Ga-licia de Comisións Obreirasconvoca o seu 11.º Con-

greso para os días 18 e 19 demaio de 2017. Convocámolo nomedio dos efectos devastadoresda crise económica e da gravedeterioración social. Ademais, enGalicia padecemos varios anosde xestión neoliberal da crise acargo do PP, os catro últimos, ecun Goberno conservador taménno estado. A aplicación no nosopaís das correntes neoliberaisdominantes en Europa está a las-trar as posibilidades futuras derecuperación.Polo momento, as consecuen-

cias son catastróficas en Galicia.O altísimo desemprego prexu-dica sobre todo as mulleres, amocidade e as persoas paradasde longa duración e maior idade.Soportamos a emigración danosa mocidade, que empobreceGalicia e nos priva da xeraciónmellor formada da nosa historia.O paro de longa duración atan-gue a máis da metade das per-soas desempregadas, as cales,por iso mesmo, carecen en granmedida da mínima protecciónfronte a esa continxencia. O des-emprego entre as mulleres baixao ritmo en relación co masculinoe as formas máis precarias decontratación están a prexudicalasespecialmente.A sucesivas reformas laborais

procuraron debilitar o poder sin-dical nas empresas, o que, aocabo, desprazou a repartición da

riqueza a favor do capital. Taménxurdiron fenómenos de pobrezalaboral e de precariedade que noseran descoñecidos.Convocamos este 11.º Con-

greso ao tempo que impulsamosun amplo debate na organizaciónpara continuar servindo os inte-reses da clase traballadora. A so-ciedade galega mudou, todas asrecesións producen cambios e,malia que os efectos da inci-piente recuperación económicaaínda non se reflicten na socie-dade, o sindicato debe estar pre-parado para protagonizar –candaoutros actores sociais– o futurodeste país.

CambiosDéronse cambios no mundo

do traballo, na empresa e nacomposición do emprego. Incre-mentouse a presenza de mulleres

Francisco CarreraSecretario nacional de Organizaciónde CCOO

Protagonistas do futurodo noso país

no eido laboral e a mocidade in-corpórase a el en condicións pre-carias e a idades máis tardías. Opapel das multinacionais e assúas consecuencias organizati-vas están a provocar unha novaforma de traballo máis externali-zada. O sindicato ten que evolu-cionar para ser unha referenciana empresa, nas Administraciónspúblicas e na sociedade.

Fortificar as basesO 11.º Congreso ha servir para

fortificar as bases deste sindicatodefensor dos intereses da clasetraballadora, dunha sociedadexusta, dun país en movemento eno exercicio do autogoberno deGalicia. Queremos impulsar aomáximo a participación da nosaafiliación, pero necesitamos ta-mén a participación do resto depersoas: abrir as portas do sindi-

O sindicato ten que evolucionar para ser unha referencia

cato a toda a sociedade, liderarunha aposta por Galicia comopaís capaz de dar resposta e unfuturo ao noso pobo.Cómpre unha organización im-

bricada nas empresas, nos cen-tros de traballo, crecendo enafiliación e consolidando a súaforza nas eleccións sindicais. Ne-cesitamos actualizar a nosa orga-nización e dar resposta ás per-soas máis novas, amais de femi-nizar as estruturas sindicais e aacción sindical. Imos fortalecer aunidade de acción sindical, perotamén acometeremos unha am-biciosa política de alianzas sociaiscoas demais forzas sociais.

Profunda renovaciónTemos que saír deste Con-

greso cunha profunda renova-ción nas propostas sindicais esociopolíticas, mais tamén nasestruturas, que han ser máis fle-xibles e centradas na atenciónsindical. Tamén, cunha impor-tante remuda xeracional, conmáis participación das mullerese da xuventude.O 11.º Congreso deberá reva-

lidar a aposta do Sindicato Na-cional de Galicia de CCOO comosindicato da clase traballadora,nacional galego e sociopolítico,cuxos principais obxectivos sona potenciación do autogobernodo noso país, a recuperación dovalor do traballo como elementodeterminante dos dereitos de ci-dadanía; a democratización daeconomía para evitar que nosprivaticen a sociedade e a polí-tica; a disputa pola creación deriqueza no centro de traballo etamén a súa distribución na so-ciedade a través dun sólido es-tado do benestar.

n 11.º Congreso nacional de CCOO de Galicia

Page 4: N Novembro de Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · Galicia. Queremos impulsar ao máximo a participación da nosa afiliación, pero necesitamos ta-mén a participación do

GALICIA SINdICAL Número 72 - novembro de 2016

4

www.galicia.ccoo.es

Temos Goberno. Non o cua-lificamos de «novo», poisnin a súa composición nin

as súas formulacións políticasdeixan de ser continuístas.Un Goberno que, como é co-

ñecido, non conta con maioríaparlamentaria, polo que estáobrigado a conseguila ante cal-quera iniciativa que queira pro-mover. Esta situación fixopensar que desde o Parlamentose poden fraguar maiorías queforcen o Goberno mesmo a ac-tuar en contra do que serían assúas propostas.A imaxe de maior necesidade

de diálogo e consenso e do xogoque pode dar o Parlamentocreouse por unha razón obxec-tiva: a pluralidade existente noCongreso, e por outra, digamos,subxectiva: os chamamentos aodiálogo feitos polo propio Rajoy.Deberemos verificar que hai

de real e que de operación deimaxe neses chamamentos. Estanecesidade de verificación nonse debe a que sexamos descon-fiados de noso; débese a que opropio presidente marcou os lí-mites no seu último discurso nasesión de investidura: non rever-ter as reformas que considerantiveron un gran éxito e advertirdun marco orzamentario com-plicado, tendo en conta os 5500millóns de axuste que esixe Bru-xelas. Todo iso, sen esquecer aexperiencia de como se com-portou o PP no pasado.A disposición ao diálogo

tamén deberemos comprobalacos representantes das patro-

nais: temos pendente a revisiónsalarial para o ano 2017. Desdediversos foros estatais e interna-cionais, incluídos os empresa-riais, recoñécese a necesidadede abandonar o camiño de des-valorización salarial para iniciaroutro de mellora do poder ad-quisitivo dos salarios. Teremosocasión de que o Goberno e asorganizacións empresariais de-mostren a sinceridade das súasdeclaracións; CCOO, de consúncoa UGT, emprazámolos a abri-ren os respectivos procesos denegociación.No caso do Goberno, estamos

dispostos a inaugurar unha novaetapa de diálogo social sobre ascuestións que xa plantamos ácalor das sucesivas campañaselectorais: salarios, particular-mente o incremento do salariomínimo aos 800 euros no inicioda lexislatura; emprego de cali-

dade; restablecer dereitos labo-rais, como os referidos á nego-ciación colectiva, e dereitos so-ciais como renda mínima quepromovemos en forma de inicia-tiva lexislativa popular; garantiro poder adquisitivo das pen-sións e a sustentabilidade dosistema público.Á patronal fixémoslle chegar a

proposta de incremento salarialpara o próximo ano –entre o 1,8e o 3 %– e mesmo lle expuxe-mos a posibilidade de negociarun acordo con contidos máisamplos e de maior duración.Sexa como for, CCOO non po-

de esquecer que a disposiciónao diálogo e ao acordo non res-ponde á simple vontade duns ououtros: calquera pacto supóncesións, e a necesidade de che-gar a un consenso virá dada poladeterminada correlación de for-zas que se estableza en cada

O diálogo socialque defende CCOO

CCOO leva moito tempo defendendo a urxencia de recuperaro poder adquisitivo das pensións

momento. Así, como tentamosfacer sempre, ao tempo que pro-movemos o diálogo sincero eachegamos as nosas reivindica-cións e propostas, debemos mo-bilizar o sindicato e o conxuntode traballadores e traballadoras.Por esta razón, en primeiro

lugar articularemos un discursoclaro, no que deixemos patenteque non imos participar de «ne-gociacións de cartón-pedra»,porque nós temos propostasconcretas para resolver proble-mas concretos de persoas con-cretas. Temos que difundir efacer pedagoxía nos centros detraballo e na sociedade coas no-sas alternativas e convocarmosmobilizacións que se estendanno tempo e de crecente intensi-dade. En democracia, negociar emobilizar forman parte domesmo proceso, e o noso em-peño por chegar a acordos seráo mesmo que poñamos en mo-bilizar para que iso sexa posible.

Fernando LezcanoSecret. confederal de Organizacióne Comunicación de CCOO

Desde diversosforos, taménempresariais,recoñécese anecesidade deabandonar o ca-miño de desva-lorizaciónsalarial para ini-ciar outra demellora dopoder adquisi-tivo dos salarios

Page 5: N Novembro de Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · Galicia. Queremos impulsar ao máximo a participación da nosa afiliación, pero necesitamos ta-mén a participación do

5

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 72 - novembro de 2016

OTribunal de Xustiza daUnión Europea (TXUE)declarou ilegal e discrimi-

natoria a indemnización que alexislación española establecepara as traballadoras e traballa-dores temporais en caso de ex-tinción do seu contrato de tra-ballo ou do seu nomeamentoadministrativo temporal. Taméndeclarou o dereito do persoal in-terino ou temporal a unha in-demnización por extinción oucesamento –que non prevé anosa lexislación–, equivalente áestablecida para o despedi-mento por causas obxectivas,que en España son vinte díaspor ano, cun límite de docemensualidades.No caso galego, milleiros de

persoas son potenciais beneficia-das por esta sentenza: na sani-dade pública, un de cada catropostos de traballo está cubertode xeito eventual; outro tantoacontece co 12 % do persoal doensino público e son miles taménas persoas en idéntica situaciónno resto da Administración auto-nómica e na local. En definitiva,todos os contratos e nomeamen-tos temporais subscritos sonsusceptibles do dereito a faceresta reclamación.Velaí a razón pola que CCOO

puxo en marcha a campaña #Re-clamaciónTemporais, coa que osindicato pon a disposición daspersoas interesadas os seus ser-vizos xurídicos e o asesoramentosindical para axudalas a reclama-ren os seus dereitos, sexa unhamaior indemnización pola extin-

Área Pública de CCOO de Galicia

Centos de interinosacoden a CCOO

ción do contrato ou nomeamentoadministrativo temporal, a fixezado contrato temporal irregular ea condición de indefinido non fixoou ben unha situación xurídicaequivalente cando se trate dunhaempregada ou empregado pú-blico con contrato ou nomea-mento irregular.A campaña iniciouse hai case

un mes e xa se achegaron centosde persoas ao sindicato para seinformaren sobre os procede-mentos. Polo de agora, na maiorparte dos casos trátase de recla-mar indemnizacións maiores áspercibidas no seu momento. Porsectores, o grupo máis nume-roso de reclamacións –máis de250– corresponde á sanidadepública; por comarcas, A Coruñae Vigo van á cabeza. Non obs-tante, están en trámite peticiónsde case toda Galicia que abran-guen practicamente todas as Ad-ministracións públicas galegas.A parte da sentenza que afec-

ta á estabilidade no posto –fun-damentalmente eventuais einterinos das Administraciónspúblicas, na súa pretensión deseren recoñecidos como indefi-nidos non fixos– está a ser tra-tada con máis coidado e cautelapor parte do sindicato: nestaprimeira fase da campaña estú-danse e escóllense as deman-das que, segundo o criterio dosservizos xurídicos, teñen maiorgarantía de prosperar. Isto é asíporque se trata de evitar posi-bles desestimacións.

n Éxito do primeiro mes da campaña #ReclamaciónTemporais

DEFENSA XURÍDICA EN CCOO - Reclama estabilidade no emprego - Esixe as indemnizacións que che correspondenCampaña de asesoramento xurídico e sindicalen aplicación das sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE

Traballadoras e traballadores temporais,das empresas privadase das Administracións Públicas

-

DE

Reclam -

EFENS

ma esta

SA XU

abilidad

URÍDIC

e no em

CA EN

ego mpr

CCOO

O

Cam

-

mpaña de as

escorrEsixe -

sesoramen

sponden as inde

nto xurídico

n mnizac

o e sindical

ións qu

ue che

das ra TTraballadoras e traballador

en a

e s empraballado

aplicación d p

esas prioras e tr

das sentenz

vadas raballad

ribu zas do T Tribunal de Xustiza da UE

es te dor

unal de Xustiza da UE

emporais

stiza da UE

s,

E

e d das

das Adm e s empr

ministrac esas pri

cións Pú vadas

úblicas

Todos os contra-tos e nomea-mentos tempo-rais subscritosson susceptiblesdo dereitoa facer esta re-clamación

Page 6: N Novembro de Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · Galicia. Queremos impulsar ao máximo a participación da nosa afiliación, pero necesitamos ta-mén a participación do

GALICIA SINdICAL Número 72 - novembro de 2016

6

www.galicia.ccoo.es

Comisións Obreiras ten emanifesta unha gran preo-cupación polo ritmo de

implantación da renda de inser-ción social de Galicia (RISGA).Chégannos queixas do seu malfuncionamento tanto por par-te das persoas beneficiarias–ou potenciais beneficiarias–como por parte de traballado-res e traballadoras.Tamén criticamos o escuran-

tismo total por parte da Xunta,que nos traslada a informacióntarde, mal e a rastro: no perío-do 2004-2009, o sindicato re-cibiu información trimestral; noano 2011, pasou a ser semes-tral e actualmente é anual. Esesdatos chegan no verán se-guinte ao do ano valorado.A información trimestral per-

mitíanos á Xunta, ao persoalvinculado a esta materia e maisaos axentes sociais detectar-mos onde aparecían os proble-mas e estudar as súas causase solucións. Na era da tecnolo-xía, cando xa todo está infor-matizado, a ninguén lle entra nacabeza que non se poida disporcase ao momento de datos ac-tualizados. Estas e outras cues-tións fannos concluír que aXunta de Galicia ten moi poucointerese no axeitado funciona-mento da lei que regula a RISGA.

Inquietantes conclusiónsE porque nos preocupa, en

CCOO facemos un estudo anualsobre a evolución da RISGA. As

conclusións, polo de agora, sonmoi inquietantes:n No ano 2015 rexistráronse

máis do dobre de novas soli-citudes da RISGA que no ano2008, cando comezou a crise.n Das solicitudes resolvi-

das en 2015, foron concedidas o58,99 %, denegadas o 26,64% earquivadas o 14,37 %. Os mo-tivos destas denegacións sondiversos. Moitas persoas quecarecen de medios de vidavolven vivir cos seus parentesmáis próximos, co que ficanfóra do limiar económico mar-cado pola lei, malia que a súa

Adela PoisaSecretaria nacional de Política Socialde CCOO

Axilizar a rendade inserción social

liberdade quede diminuída ourepresenten unha carga econó-mica para quen axuda. Outrarazón é que non se adoita teren conta os informes das tra-balladoras e traballadores so-ciais –aínda que a lei recolleesta posibilidade– que son osprofesionais que coñecen depreto a problemática.n Malia que a lei di clara-

mente que as solicitudes hanresolverse nun máximo de dousmeses –nun mes, no caso devítimas de violencia machista–,os propios datos da Xuntaproban que se tarda, de media,

175 días –case seis meses!–en atender as persoas en si-tuación máis precaria. Comoconsecuencia, a renda non cum-pre a función que se pretendíacando se empezou a traballarnela no diálogo social: servir deapoio non só a aquelas familiasque xa entraban na anteriorconcepción da RISGA, senón ta-mén ás persoas perfectamenteintegradas na sociedade que desúpeto quedan sen traballo e,moitas veces, ata sen vivenda,é dicir, persoas, desde ese mo-mento, en exclusión ou en ris-co de exclusión social.n O perfil da persoa per-

ceptora da RISGA é, maiori-tariamente, o dunha familia mo-noparental cunha muller á fronte,de entre 35 e 54 anos, con fi-llos ou fillas a cargo e residentenunha zona urbana. Con todo,o número de homes percep-tores da renda tamén se está aincrementar.Por todo o devandito, insta-

mos a Xunta a que dea unha in-formación actualizada e trans-parente do alcance e funciona-mento da renda de inserciónsocial de Galicia. Queremos queos datos se divulguen, polomenos, cada tres meses. Asímesmo, esiximos que se teñanen conta os informes dos tra-balladores e traballadoras so-ciais e se reduza o prazo detramitación das rendas a, comomínimo, o fixado pola lei.Para atanguer estes obxecti-

vos, cómpre que a Administra-ción conte con suficientes recur-sos humanos, pois será oúnico xeito de resolver a tempoas peticións das persoas en si-tuación de maior necesidade.

n A Xunta de Galicia pasou de informar da evolución da RISGA cada tres meses a facelo unha vez aoano. Ademais, o prazo de resolución das peticións está a triplicar o período legal máximo

A Xunta de Galicia ten moi pouco interese no axeitado funcionamento

da lei que regula a risGA

Rexeitamos oescurantismo daXunta de Galicia

Page 7: N Novembro de Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · Galicia. Queremos impulsar ao máximo a participación da nosa afiliación, pero necesitamos ta-mén a participación do

9

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 72 - novembro de 2016

7

Pedro Galeano, traballadorno Concello de Coslada eafiliado a CCOO, será xul-

gado o próximo 23 de novem-bro(*) por exercer o dereito defolga. A Fiscalía pide tres anosde prisión por participar nafolga xeral do 29 de marzo de2012. Galeano é un dos máis detrescentos sindicalistas imputa-dos en toda España, algúns xacondenados.Tras a queixa interposta por

CCOO e UGT, o Comité de Liber-dade Sindical da OrganizaciónInternacional do Traballo (OIT)dános a razón e constata que oartigo 315.3 do Código penalespañol –e a súa aplicaciónpráctica por parte do ministeriofiscal– vulnera os convenios daOIT sobre liberdade sindical edereito de folga.As sancións penais por actos

de folga; as condenas despro-porcionadas; a ameaza de pri-sión; as multas; o tempo deespera ata a data do xuízo, quesofren as familias; as acusa-cións vertidas por parte das au-toridades policiais, o ministeriofiscal e determinados órganosda xurisdición penal, son os ins-trumentos que o Goberno do PPpuxo en marcha para aplicar areforma laboral de 2012 e res-trinxir o dereito de folga e a li-berdade sindical.As reformas laborais poñen

en cuestión a negociación co-lectiva e debilitan a acción sin-dical, ao tempo que incre-

mentan o poder empresarial, adesvalorización do emprego,dos salarios e das condicións detraballo, así como a reducióndas prestacións sociais e a de-terioración do público. En re-sumo: aumento da desigual-dade e da pobreza; profundo re-troceso das condicións de vidae de traballo.

CriminalizaciónO transvasamento das rendas

do traballo ás rendas do capitalacompañouse dunha limitaciónda democracia, de recortes so-

ciais e da criminalización dasformas de protesta fronte ás po-líticas neoliberais: a lei mordaza,a reforma do Código penal –e oreferido artigo 315.3–, a limita-ción das liberdades, xunto atodo o arsenal xurídico, institu-cional e mediático, conformana outra cara das políticas daausteridade.Estas actuacións acompañá-

ronse da ausencia de diálo-go social e de negociación co-lectiva, así como dunha hosti-lidade antisindical medianteun discurso que fortaleceu o

Liberen os nososcompañeiros!Derroguen o artigo 315.3

No centro da fotografía superior, Pedro Galeano no acto organizadopolas CCOO de Madrid; na imaxe inferior, unha das numerosas mobilizacións

convocadas en Vigo a prol do indulto de serafín rodríguez e Carlos rivas

poder discrecional do empre-sariado e das elites económi-cas e financeiras.

Cómpre un cambioO enfraquecemento do mo-

delo social, o aumento da po-breza e das desigualdades, oretroceso en materia de liberda-des e garantías públicas e acrise institucional fan urxenteerradicar as políticas que con-duciron a esta situación. Nestecambio ha ter un papel clave apresenza activa do sindicalismode clase.A defensa das condicións de

traballo obriga a unha reformaurxente do actual marco penal,que sanciona o exercicio do de-reito de folga. Tamén cómprerevisar os criterios de actuaciónda Fiscalía, así como a prácticaxudicial. Ademais, o Gobernodebe indultar a todos os sindi-calistas –compromiso adquiridopolos anteriores ministros deXustiza– e todas as forzas polí-ticas no Parlamento deben esi-xir a derrogación da maquinarialegal que se puxo en marchapara criminalizar as protestassindicais.Non hai democracia sen de-

reito de folga.Liberdade e absolución inme-

diata para Pedro Galeano etodos os compañeiros e compa-ñeiras imputados e procesados.

Ramón GórrizSecretario confederalde Acción Sindical de CCOO

(*) Extracto do artigo publicado no dia-rio Público días antes do xuízo. O textoíntegro pódese ler na seguinte ligazón:http://tiny.cc/GS72Gorriz

Page 8: N Novembro de Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · Galicia. Queremos impulsar ao máximo a participación da nosa afiliación, pero necesitamos ta-mén a participación do

GALICIA SINdICAL Número 63 - setembro de 2015

8

www.galicia.ccoo.es

O25 de novembro é a dataen que lembramos a terri-ble realidade diaria, a que

sucede en todas as cidades evilas galegas, cando en centos devivendas as mulleres son amea-zadas, golpeadas, violadas, mal-tratadas física e psicoloxica-mente... ou asasinadas. Esamesma realidade sucede noscentros de traballo, onde sonacosadas, oprimidas, discrimina-das e menosprezadas polo únicofeito de seren mulleres.O ano pasado foron asasinadas

sesenta mulleres en toda España,oito en Galicia, e case corenta noque vai de 2016. Cifras oficiais. Éo día de denunciar que na comu-nidade autónoma galega se de-negan catro de cada dez ordes deprotección solicitadas: no 2015rexeitáronse 632 das 1564 pre-sentadas, ás que cómpre engadiroutras dez que non se admitirona trámite. Isto evidencia a inde-fensión e as dificultades con quese atopan as vítimas da violenciade xénero para accederen á pro-tección a que teñen dereito.É o día de lembrarmos as víti-

mas de acoso sexual e por razónde sexo, as que non aparecen enningunha estatística nin son no-meadas, das que nin se fala por-que están agochadas e caladaspolo medo a perderen o em-prego. É o día de denunciar os re-cortes en políticas de igualdade,que, sumados á falta de compro-miso dos gobernos do PP, impi-den reducir a violencia estrutural,

agravada por factores como odesemprego das mulleres, a pre-cariedade laboral, a feminizaciónda pobreza, a desprotección so-cial, os retrocesos en educaciónpara a igualdade e a perda de de-reitos laborais e sociais. É,tamén, o día para insistirmos nasdeficiencias do sistema sanitariona detección e tratamento das si-tuacións de violencia contra asmulleres; e outro tanto no ámbitoeducativo e dos medios de co-municación, que continúan con-vivindo co sexismo, malia aeducación ser clave para comba-ter a desigualdade estrutural na

Mabel Pérez SimalSecretaria nacional da Mullerde CCOO

Pacto galego contraa violencia de xénero

2016

CONTRAA VIOLENCIADE XÉNERO

prevención, protección e dereitos

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

que asenta a violencia de xénero.Co gallo deste 25 de novem-

bro, reclamamos un Pacto Ga-lego Contra a Violencia de Xénerono que todas e todos –gobernos,partidos políticos, sindicatos, or-ganizacións profesionais e em-presariais, xudicatura e colectivosfeministas– establezamos uncompromiso imprescindible paraa prevención de todas as violen-cias. Un pacto que recolla medi-das para combater e eliminar aviolencia contra as mulleres, uncompromiso real, con orzamen-tos e propostas, con datas decumprimento e avaliación, cun

seguimento exhaustivo do quefunciona e do que non funciona,e tamén coa esixencia de asun-ción de responsabilidades anteos incumprimentos.Este pacto debe garantir:n A coordinación institucional

e a cooperación xudicial e policialentre todas as administraciónspúblicas e os distintos profesio-nais implicados.n Unha educación asentada

en valores de igualdade entremulleres e homes, coa implica-ción de todas as administra-cións educativas, profesionaise familias.n A atención sanitaria integral,

mediante o establecemento deequipos multidisciplinares queteñan como fin a asistencia eprevención da violencia contra asmulleres.n Unha carteira básica de

servizos e prestacións sociaispara a asistencia integral de mu-lleres vítimas da violencia dexénero.n A incorporación á nego-

ciación colectiva, en todos osconvenios e plans de igualdadeque se negocien en Galicia, deprotocolos de prevención e san-ción das condutas de acoso se-xual e por razón de sexo.Estas son medidas imprescin-

dibles (e non son as únicas) po-las cales CCOO loitará todos osdías do ano.

n Os arrepiantes datos oficiais demostran a necesidade dun grande acordo para protexer as vítimas da violencia

NOTA: Na seguinte ligazón pódese ac-ceder á campaña especial de CCOOpolo 25 de novembro. Inclúe unha re-lación de actos: http://tiny.cc/25N16

Page 9: N Novembro de Órgano de comunicación do S. N. de CCOO · Galicia. Queremos impulsar ao máximo a participación da nosa afiliación, pero necesitamos ta-mén a participación do

Número 72 - Novembro de 2016

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Comisións Obreiras e outras or-ganizacións asinaron este mes denovembro o primeiro conveniocolectivo das orquestras de ver-bena de Galicia. Para CCOO trá-

tase dun feito «histórico» queculmina décadas de traballo sin-dical para regular e mellorar ascondicións laborais deste colec-tivo profesional.

MEMORIA OBREIRA MEMORIA OBREIRA MEMORIA OBREIRA

Artistas, si; traballadorese traballadoras, tamén

Oámbito de aplicacióndeste convenio atan-gue uns 4500 traballa-

dores e traballadoras –a cuartaparte, aproximadamente 1125,son mulleres– entre artistas,persoal técnico e de conduciónde vehículos.Teté Pérez, voceira de CCOO,

cualifica de «fito» o asina-mento deste convenio, xa queno noso país non hai referentesde negociación colectiva nesteámbito. No estado español tam-pouco existen convenios colec-tivos de orquestras de verbena,polo que esta negociación su-pón un éxito que «ha marcarun antes e un despois nas rela-cións laborais dos músicos emúsicas das orquestras de ver-bena en toda España».Este primeiro convenio colec-

tivo ratifica a consideración la-boral de artistas, técnicos e oresto do persoal como traballa-doras e traballadores «normais»,isto é, con dereito a unha nó-mina mensual, cotización á se-guridade social polo salariorealmente percibido, deduciónsde IRPF, descansos semanais, va-cacións e licenzas retribuídas,pagas extraordinarias, póliza deseguro de accidente laboral ourecoñecementos médicos.

Equipo de redacción

O novo convenio ratifica a consideración laboral de artistas, técnicose resto do persoal do ámbito / Foto: Culturactiva SCG (en Flickr.com)

No convenio tamén se recollea consideración dos ensaios,gravacións, actuacións e temposa disposición da empresa comoxornada laboral. Tamén se in-clúen axudas económicas paracompensar o desgaste dos ins-trumentos e do vestiario –candonon sexan proporcionados polaempresa– e unha axuda econó-mica para compensar a partici-pación en sesións matinais ouvermú.

Unha loita históricaA loita sindical a prol das

condicións laborais do persoaldedicado ao espectáculo re-móntase aos anos setenta, co

Sindicato Galego da Música(SGM), posteriormente Sindi-cato Galego do Espectáculo(SGE), integrado en CCOOdesde 1983. Para o SGM foronclaves Benedicto García Villar,cantautor de Voces Ceibes e sin-dicalista de CCOO, e ÁngelGarcía Seoane 'Gelo' –actualalcalde de Oleiros–, músico deorquestra naqueles tempos eprimeiro secretario xeral do sin-dicato. Desde CCOO salientano labor realizado por persoasque estiveron na dirección doSGM, como Pablo Morán,Moncho Varela, Cruz Andrade,Antón Rodríguez ou Xosé Ra-món Santomil.

XOSÉ RAMÓN SANTOMIL

«Os músicosasumen máiso seu papelde artistasque o detraballadores»

M. P. P.(*)- O convenio chegadespois de décadas de traballosindical nun sector no que enocasións, resultaba difícil convo-car e mobilizar os seus traballa-dores e traballadoras. Falamoscon Xosé Ramón Santomil, diri-xente do SGM nos anos oitenta.

Cando comezaches comomúsico e como sindicalista?Incorporeime ao equipo de

dirección do SGM en 1980, xalevaba uns anos afiliado. Da-quela tocaba nunha orquestra,que se dedicaba a facer verbenasno verán e a actuar en salas defestas durante o inverno.

Cales eran os principaisproblemas que tiñades?Daquela había outro tipo de

problemas, algúns que hoxe endía xa non se dan. Pero pode quea situación sexa mesmo peoragora. Nos anos oitenta non ha-bía unha empresa propiamentedita que contratase os músicos,senón que os músicos xuntabá-monos e contratabamos direc-tamente as actuacións, coas co-misións de festas e as salas. Fun-cionabamos como unha coope-rativa, aínda que informal.

En que centrabades a loitasindical naqueles anos?Ata 1985 había unha grande

indefinición nas relacións labo-rais. Ese ano publicouse un realdecreto que deixaba claro que osmúsicos eramos traballadorespor conta allea, non autónomos.O SGM, xunto con outros sindi-catos, pelexamos para que seaprobase ese decreto, que foi ungrande avance. Despois segui-mos presionando, sobre todopara manter a contratación di-recta para evitar intermediarios.

(*) Extracto da entrevista de MarcosPérez Pena a Xosé Ramón Santomil nodiario dixital Praza.gal. O texto completopódese ler en:http://tiny.cc/GS72Praza