montaña roja, el médano
TRANSCRIPT
Montaña Roja
El Médano
Reserva Natural Especial Montaña Roja
Protexida tamén como Área de Sensibilidade EcolóxicaSITUACIÓN: concello de Granadilla de Abona (Tenerife)
SUPERFICIE: 166 hectáreas
Espazo formado por un cono volcánico e as extensas zonas e praias areosas chamadas médanos.
A Montaña Roja é un cono volcánico de cinzas vermellas de 171 m de altura flanqueado polas praias Leocadio Machado (El Médano) e La Tejita, ao longo duns 3 km de costa.
A montaña formouse pola erupción dun volcán litoral. Está conectada á illa por un brazo de materiais volcánicos.
Camiño de subida á Montaña Roja
O espazo acolle unha das mellores mostras do hábitat de areas inorgánicas de Tenerife, co único sistema dunar conservado na illa e pequenas pozas de auga salobre alimentadas pola infiltración da auga do mar.
Praia Leocadio Machado e El Médano
Praia La Tejita
Praia La Tejita co Teide ao fondo.
FLORAA área ten un importante valor florístico, con 136 especies vexetais, algunhas ameazadas. Destacan o balancón (Traganum moquinii), as leiteiras (Euphorbia paralias), as tabaibas (Euphorbia balsamifera e outras), os cardonciños (Ceropegia fusca), os cardóns (Eophorbia canariensis), as meleras (Ononis tournefortii), os “treintanudos” (Polygonium balansae)...
Tabaiba (Euphorbia balsamifera)
Cardonciño (Ceropegia fusca)
Chenoleoides tomentosa
Leiteira (Euphorbia paralias)
Gonospermum fruticosum
Heliotropum ramosissimum
Launaea arborescens
Limonio (Limonium pectinatum)
Lotus sesilifolius
Plocama pendula
Balancón (Traganum noquinii)
Zygophyllum
Zygophyllum fontanesii
Polycarpa nivea
Xesta
Mesembryanthemum, unha planta invasora procedente de Sudáfrica.
FAUNAA faixa costeira e as lagoas son lugares importantes para a invernada e migración de aves limícolas como biluricos, píllaras, agullas, mazaricos... É un único lugar de Tenerife onde aniña a píllara papuda (Charadrius alexandrinus). Tamén se ven gaivotas, carráns e garzotas. Na parte interior hai pica camiñeira (Anthus berthelotii), papuxa tomilleira (Sylvia conspicillata), alcaudón real, bubela, camachuelo trompetero (Bucanetes githagineus), terrera marismeña (Calandrella rufescens), alcaraván...
Hai ademais varias especies de lagartos e unha gran variedade de invertebrados, moitos endémicos.
Píllara papuda (Charadrius alexandrinus).
Destaca a presenza dun escarabello endémico Pimelia canariensis, en perigo de extinción e que só se atopa en contados lugares da costa sur de Tenerife.
Imaxe de Internet
Lagarto tizón
Adela Leiro LoisMon Daporta Padín
Xuño 2014