miguel barros - decálogo municipais 2015 - cxg vigo

1

Click here to load reader

Upload: mortadelo007

Post on 21-Jan-2018

67 views

Category:

Law


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Miguel Barros - Decálogo Municipais 2015 - CxG Vigo

MANIFESTO PROGRAMÁTICO: “O VIGO QUE QUEREMOS”

En CxG queremos que Vigo recupere a vitalidade económica e o crecemento demográfico

1. Queremos a “Nosa Caixa” . Porque a recuperación non é un momento, é un proceso. Precisamos o aforro para atender a pemes e familias.

2. Queremos construír politicamente a Área Metropolitana. Porque Vigo debe ser líder na acción e non lastre que retarde a construción do espazo común no centro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

3. Queremos recoñecer o policentrismo da estrutura de poder social e representativo das AA.VV.

4. Queremos orzamentos transparentes e participativos. As AA.VV. deben participar na ordenación das prioridades de inversión.

5. Queremos modificacións puntuais no PXOM que fagan posible a súa execución:- Iniciar a construción física da ronda de circunvalación.- Reducir a carga de reserva para vivenda protexida nos ámbitos que o precisen atendendo aos actuais prezos do solo.

6. Queremos Porto Cabral . Porque é necesario executar o PXOM e dar sentido e servizos a nosa Centralidade na Eurorrexión.

7. Queremos os laboratorios no Novo Hospital Comarcal.

8. Queremos a Nosa Universidade liderando os proceso de I+D+i.

9. Queremos unha Ría Limpa dos vertidos directos por parte dos concellos que bordean as marxes da ría de Vigo. Concello, Xunta e Augas de Galicia non poden adiar a solución deste problema.

10. Queremos unha Política Institucional Colaborativa. A confrontación institucional debilita a confianza cidadá e escusa a solución de todos os problemas.

¡VOTA O CAMBIO SENSATO!

¡VOTA COMPROMISO POR GALICIA (CxG)!

¡VOTA MIGUEL BARROS!