memorias 2015 pazo de tor

86
MEMORIA 2015 PAZO DE TOR

Upload: redemuseisticalugo

Post on 15-Apr-2017

172 views

Category:

Art & Photos


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

1

MEMORIA 2015 PAZO DE TOR

Page 2: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

2

ÍNDICE

1. LIMIAR 3

2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES 4

3. PROGRAMA DIDÁCTICO 9

Actividades escolares 10

Obradoiros semana dos museos 12

Obradoiros de verán 14

Obradoiros de outono 24

Obradoiros de Nadal 26

4. SEMANA DOS MUSEOS 30

5. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS 36

6. PROGRAMA DE CONFERENCIAS 65

7. PROGRAMA DE COLECCIÓNS 72

8. PROGRAMA DE ARQUITECTURA 76

9. PROGRAMA CULTURAL E ROTEIROS 76

10. DOSIER DE PRENSA 80

11. PROGRAMA DE PERSONAL 85

Page 3: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

3

1.LIMIAR

O Pazo de Tor é unha fermosa mostra da arquitectura pacega galega.

Presenta unha colección musealizable que transmite a vida da

fidalguía galega a visita ó Pazo de Tor non só permite coñecer de

primeira man unha das máis importantes mostras da arquitectura

pacega galega, permite tamén coñecer integramente todas as salas

e dependencias do mesmo, co seu mobiliario orixinal e coas

coleccións artísticas que a familia foi atesourando ó longo dos

séculos, un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na

Galicia da Idade Moderna. As coleccións tamén que alberga o Museo

Pazo de Tor tamén de tipo etnográfico que van desde a época

castrexa ata a época actual. As salas do Museo Pazo de Tor tamén

son espazos expositivos e de intervencións artísticas de diversas de

obras contemporáneas, sendo incluso centro de convivencia e traballo

de artistas de todas as disciplinas. A laboura didáctica está presente

ao longo de todo o ano. O Museo Pazo de Tor dispón dunha aula

didáctica que serve de taller de aprendizaxe tendo como soporte

material e documental o Pazo de Tor, estas actividades son

complementadas con diversos actos de efemérides, actuacións

musicais, teatrais. É por elo que o Museo Pazo de Tor segue a

ofrecernos un sinfín de posibilidades para aprender, imaxinar,

compartir e disfrutar.

Page 4: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

4

Visitar o Museo Pazo de Tor: está aberto ao público de martes a

domingo agás os festivos locais de Monforte de Lemos, o día de Sta

Rita (22 de maio) 24, 25, 31 de Nadal e o 1 de xaneiro. Non se

require reservas para as visitas individuais ou familiares, as quendas

de visitas son ás 11:00h e 12:30h pola mañá e 16:30h e 18:00h pola

tarde. A duración das mesmas son de 1 hora aproximadamente,

todas as visitas son acompañadas e guiadas.

Concertación de visitas para grupos de máis de 15 persoas. Estas

faranse previa reserva de día e hora dirixíndose ao persoal de

recepción no número de teléfono 982165534 ou ben enviando un

mail no seguinte enderezo: [email protected] e

poñerémonos en contacto o antes posíbel

2. ESTADÍSTICA DE VISITANTES

Analise da estadística.

Houbo un incremento notable de visitantes, pasando de 7601

vistitantes no 2014 a 9066 no 2015. Destaca sobre todo o

incremento de grupos escolares, que sendo un total de 15 os grupos

escolares (1 grupo menos que o ano pasado) que sumaron 771

alumnos fronte aos 461 alumnos do ano 2014, provintes

pricipalmente de centros da Provincia de Lugo aínda que tamén

houbo de Vigo, A Coruña. Queremos tamén destacar o incremento

xeral de visitas de menores de idade, sumaron un total de 1478 que

representan algo máis do 16%. O incremento de visitantes tamén

veu dado polo incremento de visitas individuais promovidas

principalmente por casas de turismo rural da zona, Parador e o

Balneario de Augas Santas. Ofertando a visita ao Pazo como un

recurso turístico de interese.

Page 5: Memorias 2015 Pazo de Tor

XANEIRO FEBREIRO MARZO ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOSTO SETEMBRO OUTUBRO NOVEMBRO DECEMBRO ANUAL

HOMES 89 152 312 367 514 340 379 728 282 375 286 208 4032MULLERES 118 139 484 526 610 440 471 931 367 393 316 239 5034

0-10 19 2 73 54 332 95 52 157 17 85 9 71 96611-14 7 3 13 30 41 12 13 75 1 10 44 14 26315-18 0 0 6 28 34 15 14 72 8 4 64 4 24919-25 4 10 11 32 7 18 19 58 3 22 23 4 21126-40 9 24 98 70 93 68 66 135 35 77 56 51 78241-65 148 171 287 347 379 338 489 826 357 343 350 229 426466- 20 81 308 332 238 234 197 336 228 227 56 74 2331

LUGO CIDADE 17 3 26 28 67 90 73 43 13 88 38 29 515LUGO PROVINCIA 121 128 284 228 549 84 100 468 231 266 229 260 2948GALICIA 50 131 340 403 374 383 331 330 137 138 191 84 2892ANDALUCÍA 5 0 4 9 2 43 63 78 31 17 2 2 256ARAGÓN 0 0 1 4 2 0 13 50 11 0 2 4 87ASTURIAS 0 2 16 12 55 14 7 34 71 44 19 19 293BALEARES 0 0 0 0 0 0 0 7 0 0 5 0 12CANARIAS 0 0 0 0 0 0 2 6 2 1 2 2 15CANTABRIA 2 0 0 9 0 0 3 0 5 9 0 2 30CATALUÑA 2 14 10 7 12 20 43 221 24 10 8 14 385CASTILLA LEÓN 0 3 35 32 24 18 31 65 18 88 27 11 352CASTILLA LA MANCHA 0 0 2 7 0 0 12 16 4 4 6 0 51EUSKADI 2 0 0 74 2 49 42 44 14 4 9 6 246EXTREMADURA 0 0 0 2 2 2 10 9 2 20 0 3 50MADRID 5 6 51 47 28 19 81 144 48 33 48 10 520MURCIA 0 0 0 0 0 0 2 9 0 0 1 0 12NAVARRA 0 0 0 3 0 27 0 12 2 2 2 0 48LA RIOJA 0 0 0 0 0 0 0 5 0 0 0 0 5VALENCIA 2 0 6 5 2 21 18 79 14 10 8 0 165EXTRANXEIROS 1 4 21 23 5 10 19 39 22 34 5 1 184

MAÑAS 101 165 347 376 640 294 356 715 322 363 305 209 4193TARDES 106 126 449 517 484 486 494 944 327 405 297 238 4873

LUNS 0 0 0 0 0 35 17 0 0 0 0 0 52MARTES 11 53 143 36 79 180 94 289 123 90 176 71 1345MÉRCORES 9 18 130 112 146 69 98 307 84 41 31 70 1115XOVES 11 36 24 103 45 67 110 288 43 171 124 7 1029VENRES 39 29 54 122 214 109 181 196 38 65 38 41 1126SÁBADO 41 101 207 245 320 215 136 354 226 244 113 168 2370DOMINGO 96 54 238 275 320 105 214 225 135 157 120 90 2029

GRUPOS ESCOLARES 0 40 493 82 50 106 771GRUPOS ADULTOS 30 52 327 244 254 204 108 172 139 155 127 138 1950VISITAS INDIVIDUAIS 177 239 429 649 377 494 742 1487 510 563 369 309 6345DOMINGOS NO MUSEO 96 54 238 275 320 105 214 225 135 157 120 90 2029

TOTAIS MENSUAIS 207 291 796 893 1124 780 850 1659 649 768 602 447 9066*RESUME

EXTRANXEIROS

SUIZ

A

UR

UG

UA

I

REI

NO

UN

IDO

PO

RTU

GA

L

ITA

LIA

AR

XEN

TIN

A

BÉL

XIC

A

FRA

NC

IA

HO

LAN

DA

RU

SIA

EEU

U

CA

NA

DA

PER

Ú

VEN

EZU

ELA

NO

RU

EGA

MÉX

ICO

CEU

TA

ALE

MA

NIA

SIN

GA

PU

R

BR

ASI

L

PO

LON

IA

REP

. DO

MIN

ICA

NA

ANUAL

XANEIRO 3 1 4FEBREIRO 4 1 5MARZO 0ABRIL 1 5 1 1 2 2 1 1 14MAIO 5 1 2 1 1 10XUÑO 3 1 1 5XULLO 2 2 6 1 4 15AGOSTO 4 4 6 6 6 4 12 5 47SETEMBRO 4 12 3 1 20OUTUBRO 3 4 27 34NOVEMBRO 2 1 3DECEMBRO 1 1

TOTAIS7 0 29 35 7 30 4 13 0 1 7 1 1 3 0 3 1 1 4 7 3 1 158

Nº DE GRUPOS XANEIRO FEBREIRO MARZO ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOSTO SETEMBRO OUTUBRO NOVEMBRO DECEMBRO ANUAL

Nº DE GRUPOS ESCOLARES 0 0 1 0 9 2 0 0 0 1 2 0 15Nº DE GRUPOS ADULTOS 0 5 10 2 7 4 3 5 4 4 5 4 53

RESUME DE VISITAS Ó MUSEO PAZO DE TOR. ANO 2015

Page 6: Memorias 2015 Pazo de Tor

2014 2015

Xaneiro 91 207 127%

Febreiro 167 291 74%

Marzo 510 796 56%

Abril 638 893 40%

Maio 1117 1124 1%

Xuño 523 780 49%

Xullo 725 850 17%

Agosto 1497 1659 11%

Setembro 799 649 -19%

Outubro 494 768 55%

Novembro 588 602 2%

Decembro 452 447 -1%

7601 9066

Por nº de visitantes

0 200 400 600 800

1000 1200 1400 1600 1800

Gráfico comparativo visitantes ano 2014-15

2014

2015

0

200

400

600

800

1000

1200

1400

1600

1800

207 291

796 893

1124

780 850

1659

649 768

602 447

POR Nº DE VISITANTES ANO 2015

Page 7: Memorias 2015 Pazo de Tor

Por días de semana

Luns 52

Martes 1345

Mércores 1115

Xoves 1029

Venres 1126

Sábado 2370

Domingo 2029

9066

Por idades

0-10 966

11-14 263

15-18 249

19-25 211

26-40 782

41-65 4264

66- 2331

9066

52 1345

1115 1029

1126 2370

2029

0 500 1000 1500 2000 2500

POR DÍAS DE SEMANA ANO 2015 Domingo

Sábado

Venres

Xoves

Mércores

Martes

Luns

966; 11%

263; 3%

249; 3%

211; 2%

782; 8%

4264; 47%

2331; 26%

POR IDADES ANO 2015

0-10

11-14

15-18

19-25

26-40

41-65

66-

Page 8: Memorias 2015 Pazo de Tor

Por procedencia

LUGO CIDADE 515

LUGO PROVINCIA 2948

GALICIA 2892

ANDALUCÍA 256

ARAGÓN 87

ASTURIAS 293

BALEARES 12

CANARIAS 15

CANTABRIA 30

CATALUÑA 385

CASTILLA LEÓN 352

CASTILLA LA MANCHA 51

EUSKADI 246

EXTREMADURA 50

MADRID 520

MURCIA 12

NAVARRA 48

LA RIOJA 5

VALENCIA 165

EXTRANXEIROS 184

9066 0

500

1000

1500

2000

2500

3000

515

2948 2892

256

87

293

12 15 30

385 352

51

246

50

520

12 48 5

165 184

POR PROCEDENCIAS ANO 2015

LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCÍA

ARAGÓN ASTURIAS BALEARES CANARIAS

CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA LEÓN CASTILLA LA MANCHA

EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA

NAVARRA LA RIOJA VALENCIA EXTRANXEIROS

Page 9: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

8

3. PROGRAMA DE DIDÁCTICA:

O apartado de didáctica é un dos piares fundamentais de vocación de

servizo a sociedade, tamén é unha posta en valor dos fondos dos

museos da Rede Museística Provincial de Lugo; fondos que non só

rememoran o pasado senón que seguen a inspirar e a dar leccións

artísticas, etnográficas e antropolóxicas social de gran utilidade

formativa para os de hoxe e mañá i é que todos teñen cabida, dende

os máis cativos aos maiores seguen a interpretar e reinterpretar o

pasado e o presente.

Este apartado consta de 2 apartados principais e de 4 subapartados.

3.1 Programa de Actividades Escolares curso 2014/15.

Programa de Actividades.

Programa de actividades Escolares 2014/2015

O Programa de Actividades Escolares. Presentado en outubro de 2014

por Mario Outeiro, delegado da área de Cultura e Turismo, xunto á

xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, e a directora do

Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro. Foi un programa dirixido

Page 10: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

9

como de costume a todos os centros escolares de Galicia, con

actividades adaptadas aos diferentes ciclos, desde E. Infantil ata BAC.

Pretendeuse seguir ofertando á comunidade escolar experiencias

didáctivas co fin último de coñecer comprender, valorar e gozar das

coleccións e espazos que conforman parte do patrimonio histórico

artístico e cultural da provincia de Lugo.. Dende a Rede Museísitca en

sintonía coas formulacións da museoloxía social.

A oferta de actividades presentaba 4 grandes bloques temáticos que

conformaban o eixe estructural da nosa intervención didáctica:

Bloque 1. Crea o Teu Museo. Qué é un museo? A actividade

incluía un obradoiro deseñado para traballar de maneira creativa a

construcción do seu propio museo a partir dun material que se lle

entregaba a cada escolar compostos por unha caixa-museo,

fotografías, imaxes deseñadas etc. Dirixido a ciclos/cursos de 3º, 4º,

5º e 6º de Primaria. A duración era de 60 min.

Bloque 2. O Museo Como Relator de Historias, catálogo de

visitas abertas segundo os diferentes contidos que ofrecen as

coleccións e seccións dos Museos da Rede Museística. É unha

proposta didáctica xa levada a cabo en anos anteriores que se poden

exemplificar nas seguintes experiencias: rutas literarias, a arte do

vestido, cerámica de Sargadelos, etc. Dirixido a ciclos/cursos de 3º,

4º, 5º e 6º de Primaria. A duración era de 60 min.

Bloque 3: O Museo Como Retrovisor Histórico. Esta proposta

nace coa finalidade de capacitar o alumnado para interpretar

vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento

da nosa cultura. Dirixido a ciclos/cursos: 4º, 5º, 6º de E. Primaria.

Eso a duración estimada das actividades é de 60 minutos. Bloque 4

Viaxe Polos Museos Da Rede. Metodoloxía. Imaxinaremos que estamo

de safari (Ex. Safari Polo Pazo de Tor) percorrendo o museo buscando

animais representados en diferentes obras expostas ou na

arquitectura e mobiliario. Trátase tamén de agrupar animais sexan de

Page 11: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

10

pelo ou pluma de terra ou de aire, etc No remate do Safari, a

actividade completábase facendo un álbum cos cromos.

No Pazo de Tor leváronse actividades específicas igual que nos outros

museos da Rede, foron a seguintes:

Actividades exclusiva do Museo Pazo de Tor. “Sentido e

Sensibilidade”, a Viaxe dos Sentidos polo Pazo de Tor. Metodolóxía:

Mergullándose no pasado pescudando entre as pezas e as estancias

do Pazo, tratando de captar os misterios e sensacións que envloven o

noso museo. Neste xogo de probas no que os sentidos xogan un

papel esencial para o coñecemento do museo desde dentro. O museo

constituirá o noso panel de xogo, cada estancia será unha casiña a

percorrer na sosa viaxe, facendo paradas para desenrrolar as

diferentes probas do xogo nos que entraba a memoria, os sons, a

mímica, idiomas… Ciclos/Cursos. Educación Primaria e ESO. Duración

estimada de 70 a 90 minutos.

Actividade exclusiva do Museo Pazo de Tor. “Viaxe no Tempo

no Pazo de Tor a través dos Pergameos”. Metodoloxía. Partindo

dos fabulosos e difersos fondos de pergameos que atesoura o Pazo de

Tor, tendo como fío conductor os pergameos, tendo en conta o que

poñían a escritura e os debuxos. Indagando nos diversos procesos

que se levaban a cabo para facer un pergameo completo.

A concertación de visitas. Coa finalidade de responder ás necesidades

do novo programa escolar 2014/2015 foi necesario ofrecer un servizo

de concertación de visitas máis personalizado onde poder manter

unha conversa sobre o tipo de visita que se quería concertar tendo en

conta as características do grupo e o bloque temático da

programación

Page 12: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

11

3.2 PROGRAMA DE ACTIVIDADES CLUB PEQUEAMIGOS, CLUB

EI!, CLUB SENIOR..

Xa estamos na primaveira!

Na sociedade actual existen numerosas redes socias a través das

cales homes e mulleres podemos expresar as nosas ideas e

Page 13: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

12

inquedanzas. Partindo da pregunta ¿que é para ti a igualdades?

realizouse unha instalación móbil na que cada participante tiña que

escribir nun tuit, 140 carácteres, explicando a súa idea sobre a

igualdade. A instalación desenvolveuse nos catro museos da rede e

coa que os visitantes puideron interactuar con novos tuits, de

maneira física ou virtual. Nun segundo momento, os participantes

tiñan que percorrer as salas do museo e captar unha imaxe que

exprese igualdade.

O hastag creado en twitter recolleu todos os tuits e fotografías, e

perseguía como meta manterse activo ata o 25 de novembro, Día

Internacional contra a Violencia de Xénero no que se fixo unha

exposición coas fotografías seleccionadas que mellor representen a

igualdade. Está elección fixéronna os propios participantes do club Ei!

A expresión artística non entendeu nin atendeu a espazos, polo que

historicamente os graffitis representan a expresión máis libre de

pensamento. Neste obradoiro analizouse os graffitis como expresión

artística e movemento reivindicativo, para nun segundo momento

facer unha instalación propia. A partir de breves mensaxes que as

persoas participantes crearán sobre a igualdade, elaboráronse

modelos que logo se trasladaron á instalación mural que estivo

exposta durante un mes no museo e que tamén se publicaron

periodicamente nas redes socias co hasta

#EXPRESÁNDONOSPOLAIGUALDADE

…no MUSEO PAZO DE TOR

#EXPRESÁNDONOSPOLAIGUALDADE

As actividades comezaron o 1 de abril de 2015

ANIMA IPAD/TABLET

A todos nos gusta usar o iPad/Tablet, especialmente os nenos, pero

podemos usalos dun xeito creativo? Neste taller exploráronse e

Page 14: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

13

desenvolveuse a creatividade a través da Arte da Animación creando

pequenas pezas, curtametraxes.

A Arte, e en especial o Cine é unha ferramenta de grande alcance

para espertar a curiosidade e interese polo seu ámbito máis próximo

dando renda solta ás súas enerxías creativas, ás capacidades críticas

e desenvolvemento da motricidade fina.

Anima iPad/Tablet damos vida a obxectos, personaxes,

desenvolvendo habilidades con materiais e tecnoloxía marabillosa.

Traballouse de xeito colaborador. Poñeremos voces, música e

editando a nosa historia para crear a nosa pequena grande

animación. Anima iPad/Tablet utiliza unha metodoloxía do

descubrimento; lúdica e ao tempo unha divertida experiencia

educativa. O Taller así mesmo foi acompañado dunha proxección de

curtametraxes para acompañarnos no noso pequeno proceso de

creación.

Page 15: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

14

VERÁN 2015 NA REDE MUSEÍSTICA. Vive o verán!

PROGRAMA DE OBRADOIROS E ACTIVIDADES

Como cada ano, no verán preparouse un

programa de actividades amplo e variado para

todas e todos, no que grandes, medianos e

pequenos poidamos entreternos e aprender.

Obradoiros creativos, concertos divertidos, viaxes

e visitas guiadas, propostas coas que pretendemos darlle forma

creativa ao que soñamos e imaxinamos. As nosas propostas están

abertas á participación de todas as persoas que o desexen, e moi

especialmente para os integrantes dos nosos clubs: Pequeamig@s,

Ei! e Sénior.

Nos 4 Museos da Rede Museística se ofertou un amplo e variado

abanico de actividades para os 3 clubes, achegamos a continuación

as celebradas no Museo Pazo de Tor

MUSEO PAZO DE TOR »Descubrindo o labirinto. Consistía en

perderse polo labirinto de Tor e tentar atopar os camiños de saída.

Descubrimos os usos e funcións do noso labirinto de pedra centenario

a través da construción dun minilabirinto, pero non foi tan doado,

había que gañarse as súas pezas superando múltiples probas.

Page 16: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

15

»Obradoirso pequeamigos, Ei! e Senior: “Arte para a

igualdade”

Tomouse conciencia sobre as desigualdades históricas entre homes e

mulleres, e como a arte reflicte esa circunstancia. Mais, como

podemos mudalo?

»Obradoiro de poesía visual para o Club Sénior

Con este obradoiro pretendeuse exercitar a mente e outras

habilidades mediante obradoiros prácticos. A aprendizaxe cultural,

compartir o tempo, espazo, experiencias e coñecementos é de vital

importancia para a satisfacción dos nosos maiores.

Page 17: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

16

Page 18: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

17

»Obradoiro Club Sénior “Memoria Visual”

Con este obradoiro pretendeuse exercitar a mente e outras

habilidades mediante obradoiros prácticos. A aprendizaxe cultural,

compartir o tempo, espazo, experiencias e coñecementos é de vital

importancia para a satisfacción dos nosos maiores.

»Obradoiros Club Pequeamigos “Divulgación Científica

Contáronmo e esquecino, vino e entendino, fíxeno e aprendino.

Ciencia para ver a arte. A idea foi amosar o vencello entre a arte e o

complexo mundo da ciencia. Unha mensaxe innovadora sobre a

capacidade creativa do ser humana.

Page 19: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

18

»Obradoiros do Club Pequeamigos: “Museoterapia: Arte e

Sentidos

Achegar, aprender, alimentar o noso maxín, saborear a arte,

fortalecer a autoestima, sentirse pertencente a un grupo …

Idades: de 4 a 14 anos

Prazas: 30

Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos

Data: 19 de agosto

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Page 20: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

19

»Unha viaxe culinaria no espazo e no tempo, pola xeografía e

a historia da gastronomía

A través dunha presentación con imaxes e música, viaxamos a

diferentes culturas para coñecer o máis característico da súas

gastronomías: India, China, Xapón, Europa … Tivemos a

oportunidade de degustar os sabores máis característicos de cada

país.

Page 21: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

20

»Man con man, ritual sobre a pel. Obradoiro de

henna

Tatuamos os noso propios deseños con henna natural

importada de Marrocos. Unha festa para celebrarmos a

alegría do verán.

Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos

Data: 19 de agosto

Horario: de 16:30 a 19:30 h.

Page 22: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

21

»Obradoiro TratoRetrato para o Club Pequeamig@s

Seguramente non hai nada máis sorprendente que retratarnos, un

debuxo no que representamos a nosa imaxe coas esaxeracións

propias da caricatura.

Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos

Datas: 26 de agosto

Horario: de 11:30 a 13:30 h.

Page 23: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

22

»Obradoiro: unha viaxe fotográfica no Museo

Aprendemos a ollar as fotografías e descubrir as mensaxes que se

agochan nelas. Que historias nos inspiran? O museo será un

escenario para a nosa imaxinación, un escenario de historia. A través

das coleccións fotográficas de cada museo viaxamos no tempo e

crearemos as nosas propias historias. Se pechamos os ollos, qué

historias se nos ocorren que poderían ter acontecido neste mesmo

lugar noutras épocas?

Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos

Page 24: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

23

»Obradoiro: Historias violetas, as mulleres nos museos

Exploráronse o papel e espazos que as mulleres teñen ocupado

tradicional e historicamente na nosa cultura: no campo, na

aristocracia..., que actividades desempeñaban e como vivían en

relación aos homes, e entre as diferentes clases sociais. Os museos

gardan a memoria de obxectos, espazos, imaxes que ilustran a vida

das mulleres ao longo da historia, pero tamén son ferramentas

transformadoras, de cambio, para un futuro mellor. Observaremos,

aprenderemos e cuestionaremos eses roles tradicionais. Á través de

fotografías, reflexionaremos e compartiremos ideas de como o

espazo, obxectos e imaxes do museo nos axudaron a entender e

recrear a nosa imaxe.

Page 25: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

24

»VIAXES* DESDE LUGO AOS MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA

Houbo viaxe en autobús e visita

guiadas ao Museos, totalmente

gratuítas.

Viaxe ao Museo Fortaleza San Paio

de Narla, Friol

Data: 24 de xullo

Viaxe ao Museo Provincial do Mar,

San Cibrao-Cervo

Data: 15 de xullo

Viaxe Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos

Data: 10 de xullo

*Para usar o servizo de autobús foi preciso apuntarse previamente no

departamento de Didáctica do MPLugo (tfno.: 982 24 23 00 / 982 24

21 12)

Page 26: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

25

Como cada ano a Rede Museística ofrece un

amplo programa de actividades para todos os

públicos na programación de outono para

maiores, pequenos e xente nova.

Este outono contouse con obradoiros creativos

e propostas que amosaron os catro museos da

Rede desde unha perspectiva diferente;

pedimos que se achegaran e que descubrirán

como a cultura pode abrir innumerables portas

á imaxinación, á innovación e á fantasía.

PROGRAMA DE OBRADOIROS E

ACTIVIDADES

AUDIODRAMA NA REDE

As coleccións da Rede Museísticas cóntannos

innumerables historias, a partir delas pódense

facer moitas lecturas da nosa cultura, case

tantas coma visitantes. Os rapaces e rapazas

poden utilizar a súa imaxinación e o seu poder

creativo para contarnos a súa propia versión

das obras utilizando unha linguaxe nova para

eles: a narración radiofó-nica. 5

IDADES: 7 a 15 anos

DATA PAZO DE TOR: 9 de outubro.

PIRÁMIDE DE IDEAS

Nunha visita aos museos da rede hai moitas

cousas que poden chamar a atención: unha

sala en particular ou incluso un pequeno

detalle, cada visitante experimenta unha vivencia diferente e cada

punto de vista pode abrir innumerables portas á creati-vidade.

PROPOSTAS DIDÁCTICAS

PARA O OUTONO 2015

PEQUEAMIGOS

En todos os Museos da

Rede

Crear para xogar

Xogueteando

Audiodrama na Rede

Pirámide de ideas

PROPOSTAS DIDÁCTICAS

PARA O OUTONO 2015

CLUB EI!

Reciclarte

Geocaching na Rede

Museística

Crea a túa APP na Rede

Obradoiros de arte para

bebés e nais/país

Obradoriros de caligrafías

chinesa e árabe

CLUB SENIOR

A casa dos avaos

Redes sociais senior

Os contos da avoa

Banco de memoria e

procomún

VIAXES

O futuro viaxa ao pasado

PEQUEAMIGOS

XOGUETEANDO

Aprender a xogar é aprender

a vivir. A través de

xoguetesantigos e de

xogostradicio-nais os

máispequenos descubrirán a

infancia dos seusmaiores.

IDADES: de 3 a 15 anos

DATA PAZO DE TOR:24

setembro.

Page 27: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

26

Centrámonos en 4 das cousas que chamaron máis a atención dos

rapaces decorarase unha pirámide de papel con motivos inspirados

nas notas tomadas.

IDADES: 7 a 15 anos

PRAZAS: 15

DATA PAZO DE TOR: 17 novembro.

NADAL 2015 na REDE MUSEÍSTICA: MUSEO PAZO DE TOR

NADAL 2015 NA REDE MUSEÍSTICA: Programa de actividades

no Museo Pazo de Tor

O deputado delegado da área de Cultura da Deputación de

Lugo, Xosé Ferreiro, presentou o programa de actividades

para o período do Nadal que baixo a denominación "Nadal

cultural" se van desenvolver no CENTRAD e nos museos da

Rede Museística da Deputación. As inscricións para os

obradoiros que o precisan foron a partir do mércores, 9 de

decembro, e debían formalizarse no departamento de

Didáctica do Museo onde se vaia realizar a actividade.

Como cada ano, os museos da Rede Museística de Lugo presentan un

programa actividades para achegar a cultura a todas e todos.

Propoñemos novas perspectivas para que os maiores e os cativos

vivan o noso patrimonio e as nosas colección en clave participativa e

intercultural.

Page 28: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

27

OBRADOIRO: As cores do Inverno

O inverno é chegado e a contorna do Pazo de Tor transfórmase nunha

paraxe máxica. A natureza vai mudando o seu manto ata virarse

nunha fantasía plena de luz e cor. Así que fomos espremer todas as

cores do inverno e transformalas en arte. Fabricamos tinturas

naturais, coma os nosos devanceiros, e empregamolas para facer

composicións nas que a natureza tamén nos emprestou os seus

moldes.

Club Pequemig@s

Idades: de 4 a 14 anos

Datas: 5 de decembro

Horario: De 11:30 a 13:30

Prazas: sen límite

OBRADOIRO: Do chineiro á mesa

As casas fidalgas estaban rodeadas de luxo, que se mostraban en

todo o seu esplendor nos seus actos de sociedade. As mesas

amoreadas de refinados manxares, presentábanse en vaixelas de

Sargadelos, Pickman, Limoges, Sèvres, sempre escoltadas por finas

cristalerías e cubertería de prata. O Pazo de Tor ten sobrados

exemplos de todas estas cousas. Así que fomos crear e decorar a

nosa propia vaixela coas técnicas propias das mellores factorías

cerámicas, mais tamén aprendemos os rudimentos do protocolo e os

bos modais na mesa. Sacamos os pratos do chineiro para a mesa.

Club Pequemig@s

Idades: de 4 a 14 anos

Datas: 12 de decembro

Horario: de 11:30 a 13:30

Prazas: sen límite

Page 29: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

28

OBRADOIRO: A luminaria en Tor

Sendo o ano 2015 o ano internacional da Luz, abordouse o tema da

luz no Pazo de Tor.

A sensación espacial dos interiores e exteriores do Pazo á noitiña, non

fai moito eran ben diferentes. O xeito de iluminar estes espazos

mudou ben: velas, candís, quinqués de gas, carburo, lámpadas de

aceite … proxectaban sombras e arumes que lle conferían unha

sensación espacial máxica e misteriosa. Estes obxectos,

hoxe pezas de museo, rememoran fórmulas prácticas e

enxeñosas para a época, e tamén nos falan da historia da

humanidade.

Demos luz ao asunto repasando as diferentes fórmulas

de iluminación, para levarmos a práctica alguna delas

Club Pequemig@s

Idades: de 4 a 14

Datas: 23 de decembro

Horario: 11:30 a 12:30

OBRADOIRO: Árbore de ideas

Page 30: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

29

Nunha visita ao Pazo de Tor hai moitas cousas que poden chamar a

atención: unha sala en particular ou incluso un pequeno detalle, cada

visitante experimenta unha vivencia diferente e cada punto de vista

pode abrir innumerables portas á creati-vidade. Centrámonos en

algunhas das cousas que chamaron máis a atención dos rapaces para

decorar unha árbore de Nadal feita de papel con motivos inspirados

nas notas tomadas.

Club Pequemig@s

Idades: de 6 a 14

Datas: 26 de decembro

Horario: de 11:00 a 12:30

Prazas: sen límite

OBRADOIRO: Viaxe Fotográfica

Aprendemos a ollar as fotografías e descubrir as mensaxes que se

agochan nelas. Que historias nos inspiran? O museo será un

escenario para a nosa imaxinación, un escenario de historia. A través

das coleccións fotográficas de cada museo viaxamos no tempo e

creamos as nosas propias historias. Se pechamos os ollos, que

historias se nos ocorren que poderían ter acontecido neste mesmo

lugar noutras épocas?

Club Pequemig@s

Idades: de 6 a 14

Datas: 30 de decembro

Horario: de 11:00 a 12:30

Prazas: sen límite

OBRADOIRO: Historias Violetas

Exploramos o papel e espazos que as mulleres teñen ocupado

tradicional e historicamente na nosa cultura: no campo, na

aristocracia..., qué actividades desempeñaban e como vivían en

relación aos homes, e entre as diferentes clases sociais. Os museos

Page 31: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

30

gardan a memoria de obxectos, espazos, imaxes que ilustran a vida

das mulleres ao longo da historia, pero tamén son ferramentas

transformadoras, de cambio, para un futuro mellor. Observamos,

aprendemos e cuestionamos eses roles tradicionais. Á través de

fotografías, reflexionado e compartindo ideas de como o espazo,

obxectos e imaxes do museo nos axudaron a entender e recrear a

nosa imaxe.

Club Pequemig@s

Idades: de 6 a 14

Datas: 30 de decembro

Horario: de 12:30 a 14:00

Prazas: sen límite

4. SEMANA DO MUSEOS DIM, Día Internacional dos Museos

Programa para o Día Internacional dos Museos 2015

A xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, Encarna

Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron

no claustro do MPLugo a programación prevista para os catro

museos da Rede con motivo da celebración os días 16, 17 e 18

de maio da Noite dos Museos, Día das Letras Galegas e Día

Internacional dos Museos. Tamén deron a coñecer o fallo do

«I Concurso Olladas 2015 para escolares: A miña familia,

antes e agora», e o gañador do Premio Especial (véxase

imaxe) deste concurso cuxo autor é Edgar Peteira Iglesias,

Page 32: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

31

alumno de 4º curso de E. Primario do CEIP Veleiro Docampo,

de Castro de Rei (Lugo). (Programa completo DIM 2015) (Acta

Fallo concurso)

DIM 2015: Museos para unha sociedade sostible

O planeta está esgotado, vive nun equilibrio precario entre a

modernidade e a destrución. Chegou o tempo do cambio, a

humanidade necesita volver a conectar coa natureza para un

desenvolvemento sostible. Aquel ano o lema para o Día Internacional

dos Museos foi “Museos para unha sociedade sostible”. Porque neste

contexto, os museos teñen o deber de converterse en medios

facilitadores do cambio, teñen que ser referentes dun novo modelo

social e económico, cimentado na solidariedade e no respecto polo

medio ambiente, mediante o aproveitamento racional dos recursos

dispoñibles. A responsabilidade social dos museos ten que poñelos na

primeira liña, como difusores de boas prácticas e xeradores do

cambio.

En Galiza temos a sorte de que esta data é inmediata á celebración

do Día das Letras Galegas, un día ao ano no que tratamos de poñer

en valor a nosa lingua, reivindicar a nosa identidade e fortalecer a

nosa alma como pobo. Polo que, no caso da lingua, tamén sería

indicado aplicar o concepto sostible, porque queremos unha lingua

saudable, unha lingua viva, unha lingua de todos, como vehículo de

progreso e modernidade.

Así pois, no 2015 fusionamos lingua e museos, arte e natureza.

FOTO_PALABRA

Nesta iniciativa imos incluír dúas variantes: “Un día / Unha palabra” e

“Haikus pola lingua”

Haikus pola lingua

Page 33: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

32

Nos haikus combínanse á perfección os conceptos de lingua, arte e

natureza. Os haikus son pequenos poemas de orixe xaponés, que se

compoñen de tres versos, de 5-7-5 sílabas, que

acostuman a tratar da natureza, da realidade, do

percibido polos sentidos. A miúdo inclúen un kigo,

que é unha palabra ou expresión que fan referencia

ó día, estación ou período do ano ó que se refire o poema. Os haikus

teñen unha grande potencia espiritual, neles combínase a intuición, a

harmonía, o equilibrio coa natureza, o sentimento, o vínculo. Algúns

descríbenos como o impacto dun momento sentido con profundidade.

Quixemos capturar a forza da palabra e da natureza en imaxes. Neste

caso, pretendeuse convocar un concurso a través das redes,

invitando a colexios e bibliotecas, para que acompañen fotografías da

natureza, da nosa paisaxe, con haikus. Con todas as

fotocomposicións cramos unha exposición virtual nas nosas redes

sociais como homenaxe á nosa lingua e ó mesmo tempo para lanzar

unha mensaxe de concienciación para a preservación do medio

ambiente. As fotocomposicións debían remitirse ao correo

[email protected], poñendo como título da mensaxe Haikus

pola lingua.

Neste caso, cada un dos museos procurará a participación de poetas

e artistas para incluír as súas fotocomposicións (foto + haiku) nas

súas redes sociais.

FOTO_PALABRA

Nesta iniciativa imos incluír dúas variantes: “Un día / Unha palabra” e

“Haikus pola lingua”

Un día / Unha palabra

Esta iniciativa estaba pensada para encher as

nosas redes sociais (facebook e twitter) de

palabras en galego, esas palabras que forman

Page 34: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

33

parte dun patrimonio esquecido, palabras ou expresións que falaban

os nosos maiores e que por caeren en desuso están desaparecendo

do noso vocabulario. E porque cremos que unha lingua viva é unha

lingua que se fala, queremos que os nosos seguidores nas redes

contribúan a enriquecer tanto o noso léxico como a nosa cultura, e

publiquen “foto_palabras”, fotos dos obxectos ou de escenas que

teñan relación coa palabra ou expresión que tratan de mostrar. Para

estimular a participación dos nosos seguidores do facebook podemos

establecer un sistema de nominacións, polo cal unha persoa elixe a

outra para que publique a súa “foto_palabra”, e así sucesivamente,

mencionando ou etiquetando o nome do museo da Rede no que

quere participar.

Para publicar as foto_palabras no twitter, utilizarase o #conlingua.

Cada un dos museos poñerá no twitter unha “foto_palabra” por día

relacionada cos contidos das súas coleccións ou do entorno no que

está integrado.

NOITE DOS MUSEOS: Sábado, 16 de maio

Visita e concerto no Museo Pazo de Tor, Monforte

de Lemos

18: 00 h. Saída en autobús* desde Lugo para o Museo

Pazo de Tor

19:15 h. Visita ao Museo Pazo de Tor

20:30 h. Tempo libre

21.00 h. Concerto de Oleg Dzhevelo (clarinete)

22:15 h. Regreso a Lugo a onde se chegará sobre as 23:30 h.

*Para usar o servizo de autobús é preciso apuntarse previamente no

departamento de Didáctica do MPLugo (tfno.: 982 24 23 00 / 982 24

21 12). Este servizo será anulado en caso de non reunirse un mínimo

de 30 usuarios.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: domingo, 17 de maio

Page 35: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

34

12:00 h.-Visita guiada ao Museo Fortaleza de San Paio de Narla.

12:00 h.-Visita guiada ao Museo Provincial de Lugo.

12:00 h.-Visita guiada ao Museo Provincial do Mar.

12:00 h.-Visita guiada ao Museo Pazo de Tor

Actividades a desenvolver nesta xornada: Ademais das visitas

guiadas continúan “Un día /Unha palabra”, “Haikus pola lingua” e

“Culturban, cultura urbana sostible”.

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: luns, 18 de maio

Os catros museos estarán abertos ao público nesta xornada.

Intervención de Iago Eireos, anexo antiga vaquería.

Page 36: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

35

Concerto de Oleg Dzhevelo (clarinete)

Page 37: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

36

5. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS.

Preséntase no Museo Pazo de Tor o proxecto

‘Como na casa. Relatos creativos sobre o fogar

expandido’

Presentouse en rolda de prensa no Museo

Pazo de Tor o porxecto ‘Como na casa.

Relatos creativos sobre o fogar expandido’.

Ao acto asistiron Pilar López, concelleira de

cultura do Concello de Monforte de

Lemo, Encarna Lago, xerente da Rede

Museística da Deputación de Lugo e coordinadora do

proxecto, Chus Martínez Domínguez, coordinadora do

proxecto, e Silvia Fiallega, en representación do persoal do

servizo didáctico deste Museo.

COMO NA CASA. RELATOS CREATIVOS SOBRE O FOGAR

EXPANDIDO

INTRODUCIÓN

No Pazo de Tor encontramos motivos

suficientes que inspiran á creación. O conxunto

dos seus espazos serven para investigar a orixe

dun lento e misterioso goteo de referentes e

referencias do ámbito doméstico, de intrigas

arquitectónicas, de sorprendentes obxectos e

máxicas perspectivas nun sereno contorno.

Un gozoso descubrimento que nos leva a

formular o presente proxecto. Unha proposta expositiva na que a

creación contemporánea dialogará, interpretará e conectará os

elementos espaciais e materiais do Pazo nun relato entorno ao

doméstico, á historia da intimidade.

Da man da recoñecida narrativa da escritora Anxos Sumai, a arte

farase presente en forma de intervención. Propoñendo un

emocionante viaxe que axude a descubrir a contemplación dun

Page 38: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

37

mundo, doutra época e doutra condición,

proximamente descoñecido e reconstruído coa

investigación, a través de fontes documentais e

bibliográficas e tradición oral. Así, o Pazo de Tor

contará cun novo ángulo de significación a engadir

aos anteriores: a arte.

Trátase de adherir unha capa máis, un novo rexistro,

ao lenzo metafórico que poder ser o Pazo de Tor, de

volver pisar sobre o territorio que día a día e séculos

tras séculos habitaron xentes comendo, durmindo,

traballando, practicando sexo, divertíndose, sufrindo,

enfermando ou relacionándose con animais. En

definitiva, observar unha normalidade que é a base

da historia con maiúsculas.

PROXECTO EXPOSITIVO

Os creadores e as creadoras participantes na

proposta iniciaron, guiados pola escrita, unha viaxe

polo Pazo de Tor deambulando de habitación en

habitación e reflexionando sobre o modo en que cada

unha delas ten figurado na evolución da vida privada.

As obras expostas crearon unha breve subhistoria da

vida privada, proporcionándolle aos espazos e aos

obxectos do Pazo un carácter de certa inmediatez en

contraste coa tranquilidade e atemporalidade que se estenden en

todas as direccións.

O texto de Anxos Sumai foron proxectado pola casa e os artistas

traballaron con el a través da arte e viceversa, a arte inspirou á

escritora. Tratando ambas disciplinas de dar resposta ás

interrogantes que xera o cotián, tratando de considerar aos

elementos da normalidade como importantes, poñendo en valor os

seus sempiternos vínculos.

ARTISTAS:

ANXOS SUMAI

MÓNICA ALONSO

MARTA BRAN

JACOBO BUGARÍN

MÓNICA CABO

BOSCO CARIDE

CLARA CERVIÑO

ANDREA COSTAS

DAVID CRESPO

VICTORIA DIEHL

ALBA FANDIÑO

TAMARA FEIJOO

AMAYA GONZÁLEZ REYES

EMILIA GUIMERANS

BEATRIZ LOBO

HUGO LÓPEZ AYUSO

MARTA LLORIA

CHELO MATESANZ

CRISTINA RAMÍREZ

MONTSE REGO

JUAN CARLOS ROMÁN

MANUEL DE LA ROSA

EDUARDO VALIÑA

JORGE VARELA

XOSÉ VILAMOURE

Page 39: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

38

Así, as obras presentadas convertéronse en altofalantes do pasado,

prolongando nalgúns casos e anticipando noutros, sinerxías e

dinámicas vinculadas á cultura.

ARTISTAS

Os creadores e as creadoras participantes na mostra son de distintas

xeracións e distintas disciplinas, algúns deles teñen traballado sobre o

tema do íntimo e a outros presentóuselles a ocasión como un reto na

procura de novos significados e realidades.

O conxunto de obra tratou de pezas existentes, pertencentes a

coleccións públicas e dos/as artistas.

Inauguración foi sábado, 13 de xuño, ás 20.00 h. EXPOSICIÓN

TITULADA Coma na casa. Relatos creativos sobre o fogar

expandido

ARTISTAS

Os creadores e as creadoras participantes na mostra son de distintas

xeracións e distintas disciplinas, algúns deles teñen traballado sobre o

tema do íntimo e a outros preséntaselles a ocasión como un reto na

procura de novos significados e realidades. O conxunto de obra

trátase de pezas existentes, pertencentes a coleccións públicas e

dos/as artistas.

Page 40: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

39

Page 41: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

40

Coma na casa. Relatos creativos sobre o fogar expandido

A realidade histórica e simbólica do Pazo de Tor

constitúe o lugar ideal para deseñar e desenvolver

unha exposición sobre unha tendencia seminal da

arte contemporánea: investigar o pasado para entender mellor o

presente. Observar, interpretar e afondar nos distintos niveis

conceptuais e físicos dun lugar para tratar de abordar cuestións

pretéritas que adormecen no noso imaxinario, pero que espertan e se

activan ao entrar nun lugar tan especial como é o caso desta casa

fidalga.

Page 42: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

41

A exposición formula preguntas sobre as distintas capas que

compoñen a existencia do Pazo de Tor, presentando distintos relatos

en torno á visión da nosa propia historia e á historia do noso pasado,

botando man dun catálogo de cuestións que lle atinxen á intimidade

do ser humano, á esfera privada da humanidade, para pensalas en

clave de futuro; posibilidades creativas vinculadas a un lugar

concreto.

O título da mostra Coma na casa, persegue

activar un dobre xogo sobre o que de positivo

ten aquilo relacionado co refuxio e a construción

(estar como na casa), pero tamén ilustrar un

retrato dos cambios sufridos, do que ten de

envés esa realidade. Vinte e catro artistas

visuais, fiados a esta Casa mediante a escrita de

Anxos Sumai, responderán á permanencia ou

transformación de cuestións universais acerca do particular como: o

medo, o sexo, a soidade, o amor, o azar, o desexo, o poder, a

curiosidade, a violencia, o destino, o tempo e a familia, entre outras

cuestións, mediante a intervención e convivencia das súas obras cos

distintos obxectos, espazos, arquitectura e, incluso, coa propia

musealización do Pazo, executadas coa intención do diálogo, da

análise e da crítica.

Page 43: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

42

Un percorrido transversal nos significados, nas accións e nos xestos

que acompañan ás obras, á súa montaxe e á participación do público,

xogando coa ambigüidade desde o cuestionamento, a ironía, a

relectura, o humor. Tamén desde a óptica do relato ficcionado da

literatura de Anxos Sumai, que nalgúns casos resumirá e noutros

expandirá as liñas de traballo presentadas. Algúns dos artistas

signifícanse no lugar mediante obras que exploran desde o presente;

outros, en cambio, fano desde a creación de novos territorios que

redistribúen tempos, símbolos e incluso rutinas. A complexidade dos

discursos e as prácticas logran que a visita se faga multiplicando as

lecturas e revelando artistas que non só pensan no obxecto físico

senón tamén en termos de espazo, tempo e memoria, engadíndolle

un relato máis á historia desta casa .

Presentadas no interior e exterior do Pazo de Tor, ben nas diferentes

estancias domésticas ou ben no patio e alpendres exteriores, as obras

da exposición foron cedidas xenerosamente polos e polas artistas así

como polas súas galerías, se ben, nalgúns casos, a implicación foi

máis activa coa proxección ex profeso de instalacións, intervencións,

debuxos, textos e obxectos, que, moitas veces, buscan incorporar

elementos, discursos e axentes da propia casa.

Esta exposición é un convite ao público do Pazo de Tor, que agudice a

vista máis alá do presentado e pautado na casa, alimentando a

curiosidade por atopar o pasado solapado polo presente e o futuro,

como unha acumulación incesante de novas experiencias, en continua

expansión.

Chus Martínez Domínguez, comisaria da

exposición

Cobiza, levidade

Cando alguén morre, a casa queda limpa e pesa

menos: a consciencia esvaece e apréciase unha

lixeira levidade, como un suspiro. Pero en Tor non acontece a

Page 44: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

43

ingravidez porque, plantado entre os prados e o bosque, o pazo

enraizou no máis profundo e segue agarrado ás fendas do granito, á

semente anacarada dos herbais. En Tor, que mantén a severidade e

parece comprimirse sobre si mesmo –someténdose á ira que tensa as

paredes- recoñecemos o olor da vellez, quizais o recendo das

lembranzas. As lembranzas, os esquecementos. Tanta xente. Como

calcular as vidas e as mortes que o nutriron? Cantos gatos

perseguiron ratos nas gateiras? Canto sangue de partos e

menstruacións delourou nas sabas de liño? Ninguén pode contar os

ósos rotos das crianzas, a cólera dos homes, os porcos sacrificados.

Nin sequera podemos cheirar os ouriños nos penicos, contar a auga

vertida nas almofías nin oír os xemidos dos orgasmos.

O pazo pesa: non está limpo aínda de conciencias nin é leve e iso que

hai anos que a última persoa, a anciá que o vivía, xa non é máis que

unha presenza reproducida en retratos nos salóns. Ela, a muller, é

posiblemente a súa derradeira lembranza. O pazo míranos sorrinte e

ávido cando o visitamos porque

precisa novos ocupantes. Quere cativarnos porque é unha inmensa

araña. Os espazos, os tesouros. Tantos obxectos. Os obxectos están

vivos, amalgaman riqueza e quincalla en huchas para engaiolar

persoas cobizosas. Son os obxectos os que lle dan esa severa mirada

expectante. Onde estaban antes eses residuos sedutores? Xuntounos

o cheiro do verniz reseso, os pasos nas alfombras, a dor da pel do

leopardo? Desprazadas dos seus lugares, as cousas de Tor -

malhumorado por non atrapar quen o habite- zumegan decadencia.

Mesmo na solaina luminosa e no canto dos paxaros agóirase o desexo

do pazo de implosionar, sabedor de que ninguén máis o ha vivir,

malia a arañeira centenaria custodiar a Deus e a Virxe – os anxos, as

santas e os santos- estenderse ata o labirinto do xardín.

Cando estes novos obxectos, demasiado estraños e indecentes o

ocupen, sentirá medo? Expulsaraos furioso porque danan a súa

sacralidade? Obscenos e inmorais. Tanta indecencia. Como non vai

Page 45: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

44

acollelos se sabe que con semellante agresión á súa memoria deixará

de pesar e sentirá o acougo da levidade?

Anxos Sumai

EXPOSICIÓN: EstudioAberto#4 [ residencia artística no Pazo

San Marcos ]

CREAR, COMPARTIR, PARTICIPAR, DIALOGAR

EstudioAberto#4 [ residencia artística no Pazo San Marcos ]

Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de

Lugo)

(do 7 ao 30 de agosto de 2015)

#FormarParte

Tras unha exitosa 3ª edición que posicionou a Lugo no mapa nacional

de residencias artísticas, a Deputación Provincial de Lugo, a

través da súa Rede Museística, presentouse unha nova edición de

Estudio Aberto, unha iniciativa dentro do proxecto Enredarte, que

trae á cidade novas propostas artísticas de creación en directo.

Conceptos como crear, compartir e participar, volverán converxer

na Sala de Exposicións do Pazo San Marcos, acollendo 8 artistas que

realizarán 8 novos proxectos inéditos de creación.

Page 46: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

45

MELANIA FREIRE (Lugo, 1991), NURIA RUIBAL (Oviedo,

1983), MIGUEL BENJUMEA (San Fernando, Cádiz, 1982),

ROMÁN CORBATO (Gijón, 1980), MARÍA PRADA (Madrid,

1968), OLALLA CASTRO & NICOLETA MOISE (Lugo, 1989 &

Bucarest, 1989), MARISOL MAZA (México DF, 1979), JUAN

ANTONIO CEREZUELA (Cartagena, 1982) son os 8 artistas

seleccionados para que nesta 4ª ediciónafronten un gran reto

creativo. O punto de partida será distinto, xa que os creadores

terán unhaexperiencia inicial diversa nos diferentes museos da

Rede (2 artistas no Museo Provincial de Lugo, 2 artistas no Museo

Pazo de Tor en Monforte de Lemos, 2 artistas no Museo Provincial do

Mar en San Cibrao e 2 artistas no Museo Etnográfico de San Paio de

Narla). Un primeiro día separados en espazos diversos para recoller

impresións, estudar os espazos e as coleccións, xuntándose ao

día seguinte todos e todas no Pazo San Marcos de Lugo para comezar

a crear nun estudio compartido.

OBRAS, ARTISTAS e MUSEOS ONDE SE INSPIRARON

Museo Pazo de Tor

-Miguel Benjumea

-Olalla Castro & Nicoleta Moise

Page 47: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

46

Page 48: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

47

Esta nova edición deste programa de residencias parte da premisa de

provocar un achegamento directo á arte contemporánea e aos

propios artistas, ademais de establecer un diálogo vivo coas

coleccións, co patrimonio material e inmaterial dos nosos

museos.

Novamente, non faltará a Reflexión no programa da residencia: os

artistas participantes presentarán a súa obra ao público mediante

pequenas conferencias e recibirán a visita de profesionais do

sector (críticos, comisarios, museólogos, galeristas, artistas), neste

caso MÓNICA MANEIRO, directora de DARDO Magazine e comisaria

de exposicións, e o artista multidisciplinar JORGE PERIANES, que

dun xeito horizontal e aberto darán unha pequena charla e

compartirá consellos, opinión e análise.

Coordinación: Encarna Lago e Paula Cabaleiro.

+ info proxecto global (convocatoria e fases)

VISITAS COMENTADAS

Desde o día 18 de agosto e ata o 22, ambos inclusive, realizáronse

visitas comentadas na Sala de Exposicións Pazo de San Marcos

(sede da Deputación de Lugo) onde se expuxeron as obras dos 8

artistas, cos seguintes horarios:

Nestas visitas comentadas propónselle ao visitante un exercicio de

reflexión sobre as interrogantes que cada obra lle pode suxerir,

contrastándoas ademais coas que a cada artista lle gustase que o

espectador se formulase.

Un exercicio de diálogo entre a idea creadora e os seus efectos no

espectador.

Agasallaouse a cada asistente con unha publicación das editadas

recentemente pola Rede Museística

Page 49: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

48

PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS

EXPOSICIÓN: Olladas ‘A miña

familia’, viaxou ata o Pazo de Tor

A exposicón Olladas ‘A miña

familia’, comisariada por

Encarna Lago, intégrase no

programa Olladas de

muller que centra a súa

atención na obra A miña

familia, de Xulia Minguillón

(1944). A mostra que ofreceu a

visión da propia familia da

artista nun momento histórico

moi concreto e diferente ao actual comeza a súa itinerancia

nos museos da Rede Museística. Desde este sábado, 11, e ata

o 30 deste mes de abril unha parte desta exposición poderá

verse no Museo Pazo de Tor, en Monforte de Lemos.

EXPOSICIÓN: Olladas ‘A miña

familia’, no Pazo de Tor

Mª José Domínguez

Félix Carpio

Alberto Pena

Paz Vicente

Verónica Vicente

Olladas “A miña familia” contou coa participación de 47 artistas,

47 miradas diferentes nas que se reflexiona sobre a figura e o tempo

tendo como referente a familia e a muller.

EXPOSICIÓN: Olladas ‘A miña familia’

Page 50: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

49

O xoves, 5 de marzo, ás 20:00 horas, tivo lugar na Sala de

Exposicións do Pazo de San Marcos (Deputación de Lugo) a

inauguración de esta mostra encadrada no proxecto A arte de

ser muller nun mundo por compartir 5.0. Este acto contará coa

presencia de Mario Outeiro, deputado delegado da Área de

Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, de Encarna Lago,

xerente da Rede Museística e comisaria da exposición, e de

Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo.

O programa Olladas de muller centrou a súa

atención na obra dunha muller: A miña

familia, de Xulia Minguillón, realizada en

1944, e que ofrece a visión da súa propia

familia nun momento histórico moi concreto

e diferente ao actual. A exposición Olladas.

“A miña familia” conta coa participación de

47 artistas, 47 miradas diferentes nas que se

reflexiona sobre a figura e o tempo tendo

como referente a familia e a muller.

A través das obras coñecemos os momentos históricos e o papel que

xoga a muller na construción da sociedade. A familia é o elemento

que aglutina as sociedades e a súa representación é unha

oportunidade para coñecer os modelos sociais cos que as novas

xeracións se identifican e socializan. Neste ámbito é onde se insire a

convocatoria do concurso dirixido a escolares “A miña familia, antes e

agora”, co obxectivo de fomentar a participación, os valores de

convivencia e a expresión artística. Na sociedade actual, a

construción da familia cambiou en consonancia cos cambios sociais e,

hoxe en día, existen diversas formas e conceptos de familias, a

diferenza dos modelos tradicionais de familias que representa a obra

de Xulia Minguillón.

Page 51: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

50

EXPOSICIÓN: Luis Seoane. Paisaxe psíquica

A paisaxe en Luis Seoane é unha sorte de viaxe; primeiro

física, logo mental.

EXPOSICÓN: Luis Seoane. Paisaxe psíquica

Paisaxe psíquica

A paisaxe en Luis Seoane é unha sorte de viaxe; primeiro física, logo

mental. A comezos dos anos cincuenta realiza algunhas das súas

pinturas de paisaxe máis significativas tras unha viaxe á provincia

arxentina de Neuquén, ao pé dos Andes, que supón un cambio radical

na súa óptica artística, así como unha conexión directa coas súas

paisaxes dos anos setenta, os seus traballos máis líricos. Ata entón,

as súas paisaxes funcionaban como meros escenarios ou fondos das

súas figuras, pero estas xa son paisaxes en sentido estricto,

pequenas pero ambiciosas. Seoane rompe co costumismo e amosa

unha natureza sublime, de inclinacións abstractas, que comeza a

definir o seu interese polas superficies de cor. A perspectiva redúcese

e a paisaxe preséntasenos como un muro, como un retrato. A

proximidade dificulta a lectura da imaxe e o espectador abandónase

ao inconmensurable, malia as pequenas dimensións de cada unha das

pinturas. A liña do ceo, case inexistente pero imprescindible, é chave

para compoñer a imaxe. A estas pinturas acompáñanlles debuxos

terrosos e azuis, que se corresponden cos seus cadros. Uns son

extremadamente leves, outros marcan as liñas de montaña de

maneira grosa, e outros son case a mimese dos seus cadros e mesmo

levan escrita a indicación da cor.

Mentres, nas súas augadas, agudízase o que de maneira xenérica

poderíamos calificar como un proceso de abstracción. Coma se se

Page 52: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

51

tratase dun tremor, o representativo tórnase borroso e convértese

nun espazo intersticial onde a cor actúa como único indicio para unha

narrativa, e unha serie de fendas funcionan como elemento expresivo

e cromático capaz de definir forma e espazo. Nas suas augadas e

gouaches evócanse paisaxes sen chegar a describilos de maneira

clara.

Ás paisaxes do Río da Prata, de Neuquén, de Saboia ou de Xenebra,

así como ás escenas rurais, é necesario sumar as que marcan os seus

comezos como pintor e tamén os seus últimos traballos: os dedicados

ao mar. Son composicións dinámicas, de grafía nerviosa, con

tendencia ao curvo, fundindo en harmonía liña e masas de cor.

Imaxes rítmicas. Tamén as que non teñen o mar como único

protagonista, nas que se advirte o seu gusto en ollar desde o alto e a

influencia do seu dominio do deseño e do gravado. Algunhas das

paisaxes máis fermosas teñen como único protagonista o coruñés

mar do Orzán. As cores tórnanse intensas, sobre todo as azuis. Como

en todos os seus traballos desde os anos cincuenta, Seoane non

buscará imitar as ondas do mar, ao contrario. Simplemente signfica o

xesto, como nas paisaxes das súas últimas augadas. Máis que

representar o movemento, este insinúase, incítase. Nalgúns casos,

traza o espazo con mecanismos do grafismo expresionista, case

automático, mesmo dadaísta. A

expansión espacial dos seus

arabescos é aquí escritura. O xesto

asume a condición dunha danza,

como se da imaxe dunha resonancia

se tratara. Luis Seoane consegue

recrear a forza do mar, captando a

marusía, deténdoa en tensión, como

se se tratase dunha natureza morta,

unha paisaxe psíquica conxelada no

tempo. É a paisaxe da realidade que

ve e que quere. Galicia como pano de

fondo.

Page 53: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

52

EXPOSICIÓN: Olladas ‘A miña familia’

As artistas e os artistas seleccionados para esta 1ª fase son:

David Catá, Verónica Vicente, Edu Albo, Alberto Pena, Marian Losada,

Martín Lestao, Patricia Arellano, Paula López Vallejo, José

Caamaño, Paz Vicente, Laura Piñeiro, Iria Cortizo, Roi

Domínguez, María Xosé Domínguez, Paco Pestana, Juan José

Lomarti, Yolanda Dorda, Fernando Yáñez, Benjamin Santín Ben, María

Nogueira, Germán Limeres, Iago Eireos, Luz Darriba, Miguel Anxo

Macía, José Reigosa, Mauro Leivas, Paula Noya, Félix Carpio, Renata

Otero e Pilar Boullosa.

Comisaria: Encarna Lago

Actividades complementarias:

Houbo visita guiada: O día 6 de marzo, ás 20.00 h., a comisaria da

mostra, Encarna Lago, atendeu unha visita guiada para os asistentes

ao "II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración" que terá lugar

nos museos da Rede Museística entre o 6 e o 8 de marzo.

A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 5.0.

Se botamos unha ollada histórica ao papel que a muller cumpriu no

mundo da arte, a primeira visión coa que nos atopamos é a da muller

como obxecto, como mero modelo expositivo sobre a cal perpetuar os

roles de xénero dunha cultura patriarcal imperante.

A muller, no mundo da arte, durante moitos anos quedou relegada a

ocupar sinuosos planos nos lenzos que penduran das paredes de

museos de todo o mundo. Ao mesmo tempo que a muller artista

quedaba silenciada. É ben coñecido que na historia da arte, moitas

das mulleres artistas asinaban as súas obras baixo identidades

Page 54: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

53

masculinas para evitar que os seus traballos foran censurados.

A arte, como linguaxe expresiva, manifesta o que existe na sociedade

nos diversos momentos históricos e, así, visibiliza os roles de xénero

e o papel da muller nos diversos ámbitos da sociedade: dende o seu

papel na familia (como nai protectora) ata o seu papel na

comunidade e sociedades. Polo tanto, a sociedade é un concepto que

evoluciona histórica e socialmente e no que se fai necesario que a

muller xogue un papel activo e visible.

Mirar a arte con perspectiva de xénero permite ter un visión global

das diferenzas que para homes e mulleres supón a arte. Visibilizar a

contribución das mulleres ao mundo das artes supón facer unha

reinterpretación da historia, cuestionándose os discursos

institucionais, incorporando novas propostas que dean como

resultado a transformación da mirada sobre a o mundo e as mulleres.

Dende a Rede Museística de Lugo, levamos anos apostando por un

modelo de traballo baseado en plans con obxectivos a medio e longo

prazo, máis aló das celebracións puntuais de efemérides.

Page 55: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

54

A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0 enmárcase

dentro da iniciativa levada a cabo pola Rede Museística Provincial de

Lugo baixo o comisariado da xerencia da RMP, centrada na

visibilidade das mulleres no eido creativo.

Nesta nova edición, o que se persegue é evidenciar o feito de que a

construción dunha sociedade igualitaria pasa por dous eixes claves:

dunha banda o recoñecemento e visibilidade da muller como axente

activo na construción da sociedade actual e, doutra banda, a

visibilidade da arte creadora sobre postulados de igualdade, dende a

ollada compartida de homes e mulleres.

Por todo isto, nesta ocasión o programa Olladas de muller centra o

seu foco de atención na obra dunha muller: A miña familia, de Xulia

Minguillón, realizada en 1944, e que ofrece a visión da súa propia

familia nun momento histórico moi concreto e diferente ao actual. A

exposición Olladas “a miña familia” conta coa participación de 47

artistas, 47 miradas diferentes nas que se reflexiona sobre a figura e

o tempo tendo como referente a familia e a muller.

A través das obras coñecemos os momentos históricos e o papel que

xoga a muller na construción da sociedade. A familia é o elemento

que aglutina as sociedades e a súa representación é unha

oportunidade para coñecer os modelos sociais cos que as novas

xeracións se identifican e socializan. Neste ámbito é onde se insire a

convocatoria do concurso dirixido a escolares “A miña familia, antes e

agora”, co obxectivo de fomentar a participación, os valores de

convivencia e a expresión artística. Na sociedade actual, a

construción da familia cambiou en consonancia cos cambios sociais e,

hoxe en día, existen diversas formas e conceptos de familias, a

diferenza dos modelos tradicionais de familias que representa a obra

Xulia Minguillón.

Page 56: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

55

Esta edición trata, consecuentemente, de ampliar as olladas,

non só dos participantes senón tamén no senso de que a

exposición vai contar cun novo formato de multi-salas (sala

de Xulia Minguillón e sala Multiusos do Museo Provincial de

Lugo e a sala de Exposicións da Deputación de Lugo) e ,a

partir do mes de abril, as obras viaxarán aos catro museos da

Rede configurando unha topografía da provincia de Lugo.

Non é coincidencia que sexa na provincia de Lugo, en xeral, e na

Rede Museística de Lugo, en concreto, onde estas iniciativas teñen

cabida. Somos museos de comunidade, o que implica que o traballo

levado a cabo está planificado e que se concreta baseándose en

proxectos museísticos orquestrados en programas para/coa

comunidade. Unha comunidade que se estende a artistas,

asociacións, familias, escolares e público en xeral que atopa nos

nosos museos un espazo para o encontro, a reflexión, a divulgación e

o desenvolvemento integral das persoas. Ao longo do 2014, foron

moitos os programas levados a cabo dende a Rede Museística no seu

Page 57: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

56

labor de visibilizar e reivindicar a muller na arte. A modo de exemplos

cabe citar o proxecto Diálogo Intercultural: Lugo-Arxentinadentro do

que se inseriu o programa “Mulleres de aqui e de acolá”; as

exposicións colectivas Olladas de muller sobre a guía postal Lugo de

Maruja Mallo e Historia da visibilidade creativa feminina na Rede e o

Pazo san Marcos foi testemuña do acto inaugural do Festival Miradas

de Mulleres 2014, en Galicia.

Nesta liña de formular obxectivos a medio e longo prazo, hai que

salientar que, tras o éxito acadado o ano pasado, este ano

celebramos o II Congreso de xénero, Museos e Arte, apostando e co

convencemento no labor de compromiso social que a Rede Museística

vén desenvolvendo no campo de xénero que nesta nova edición se

engade, como piar necesario, a migración.

Por todo iso, A arte de ser muller nun mundo por compartir

5.0 preséntase como unha oportunidade máis de visibilizar o papel da

muller ao longo dos vindeiros meses do 2015, con actividades

didácticas complementarias e paralelas ao Plan xeral de igualdade da

RMP, nas que se poña de manifesto a igualdade nos catro museos da

rede en consonancia coas comunidades que os viven e os visitan:

Muller rural en San Paio de Narla; Muller e mar no Museo do Mar;

Muller, clases sociais e discapacidade no Pazo de Tor; Muller e arte

no Museo Provincial de Lugo.

[Encarna Lago, comisaria e xerente da RMP]

Page 58: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

57

Page 59: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

58

Page 60: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

59

EXPOSICIÓN: adaptándose.

Empoderando ás persoas con discapacidade a través da arte

Page 61: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

60

O xoves, 15 de outubro, ás 17:00 h., inaugurouse no Museo

Pazo de Tor, Monforte de Lemos, a exposición “_adaptándose.

empoderando ás persoas con discapacidade a través da arte”.

Trátase do resultado do proxecto Artability que durante dous

anos se veu desenvolvendo co obxectivo de aumentar a

participación social das persoas con discapacidade, mellorar o

sistema educativo de adultos e facer una análise comparativa

europea sobre o impacto da arte na vida destas persoas.

EXPOSICÓN: _adaptándose. Empoderando ás persoas con

discapacidade a través da arte

Museo Pazo de Tor (do 15 ao 31 de outubro de 2015)

Organiza: COGAMI (Confederación Galega de Persoas con

Discapacidade)

Page 62: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

61

Monitores: Purificación Salvador Rebolo, Javier Rey

Feijoo, Javier Varela Quintás e Cristina Alonso

Barreiro.

Formación: Encarna lago González, Paula Cabaleiro,

Adrián Pérez Lago e Cristina Fernández Lamela.

O proxecto Artability supuxo para COGAMI-Lugo a

apertura dunha fiestra á creatividade, á exploración das propias

capacidades, á mellora na nosa estima, á adquisición de novos

coñecementos ... sería difícil enumerar todos os beneficios que

supuxo para nós. A arte entrou nas nosas aulas de repente, e aínda

que ao principio nos produciu algo de desconcerto, pronto se

converteu en algo cotiá e incluso necesario.

Aínda que o importante foi o camiño, queremos amosarvos con esta

exposición o traballo feito durante estes dous anos

EXPOSICIÓN: A Maruxaina e outras sereas

Inauguración: martes, 24 de novembro, ás

19:00 h.

EXPOSICIÓN: A Maruxaina e outras

sereas (esculturas de Otero Regal e textos de

Pablo Mosquera e Paco Rivas.

Museo Pazo de Tor

Page 63: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

62

(do 24 de novembro ao 29 de febreiro de 2016)

A Maruxaina e outras sereas

Desde o punto de vista cultural estamos ante unha vella tradición

entre as xentes que viven pendentes do Océano. Desde o punto de

vista popular, estamos ante unha festa de enorme concurrencia en

pleno verán da Mariña.

Pero hai máis. É a eterna dualidade entre o ben e o mal, o xuízo

popular ante unha lenda que fala da conduta dunha serea coas

xentes que viven do mar; ata con xuízo na noite de agosto, diante do

pobo.

As cartas mariñas sempre indicaron a presenza das illas que deron

lugar a San Cibrao, e nesas illas, entre aves mariñas, acantilados

capaces de dar ao traste cos buques, vive unha muller que pode ser

causa de medo ou de ledicia.

Na cova de Xan Bello, e tal como a

describiu Luis Seranee en 1948,

desde o seu exilio de Bos Aires, esa

estraña criatura co seu candil, oculta

pero facendo sentir a súa presenza,

convértese nun mito que se transmite

oralmente, de xeración en xeración.

É a feiticeira dunha Galicia

medoñenta do alén, das

profundidades e das galernas, que

sabe dos cambios de carácter, do

vento e do mar.

Hoxe as deleidades son outras, de

carne e óso, universitarias, capitáns

de empresas multinacionais, enganchadas ao teléfono móbil e ao

ciberespazo, pero moitas veces actúan como A Maruxaina.

Page 64: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

63

Page 65: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

64

6. PROGRAMA DE CONFERENCIAS E COLOQUIOS.

II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración

O xoves, 22 de xaneiro de 2015, presentouse no MPLugo o “II

Congreso de Xénero, Musesos, Arte e Migración” nun acto no

que interviron Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da

Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Encarna

Lago, coordinadora do proxecto e xerente da Rede Museística,

Pilar Sánchez Monje, coordinadora do proxecto, Paula

Cabaleiro, directora do Festival de Miradas de Mulleres e

Aurelia Balseiro, directora do MPlugo.

II CONGRESO XÉNERO, MUSEOS, ARTE E MIGRACIÓN

6-7-8 marzo 2015 – Rede Museística Provincial de Lugo

Nos días 11,12 e 13 de outubro de 2013 realizouse, no marco da

Rede Museística Provincial o I Congreso Xénero, Museos e Arte. O

rotundo éxito acadado, con numerosas acreditacións e comunicacións

presentadas, o amplo seguimento a través das redes sociais, pero

sobre todo o convencemento no labor de compromiso social que a

Rede Museística vén desenvolvendo, impúlsannos a levar a cabo este

segundo congreso, no que se engade, como piar necesario, a

Page 66: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

65

Migración.

Tras comezar coa exposición na pasada edición, dos estudos de

xénero, estimulados polo movemento feminista, moi activo desde o

último terzo do século XX, nesta ocasión propoñemos liñas de traballo

en torno á presenza da muller nos museos e coleccións, dirixindo e

participando de proxectos artísticos, así como afondando nos

aspectos de xénero que aparecen nas migracións e a súa

interculturalidade.

Con estes bloques como vías a percorrer, este Congreso proxéctase

cun carácter activo e contemporáneo, onde poñente e participante se

sitúan na mesma plataforma e contribúen nos contidos de cada

bloque.

No primeira sesión, Xénero e Museos, comenzouse analizando de

que maneira está presente a muller nas coleccións de arte galegas e

estatais, o seu papel na universidade, e o compromiso de ser

institucións para todos e todas.

A muller artista é protagonista na segunda sesión, Xénero e Arte,

onde se porá de manifesto a capacidade de difusión do seu traballo a

través do Festival Miradas de Mulleres. Será interesante coñecer de

que forma se salvan as dificultades que ofrece o mercado da arte e

como a experiencia artística amosa a pegada do pensamento

feminista.

E por último, en Xénero e Migración, falouse da muller migrante,

que características culturais leva consigo, os programas de

integración e de transmisión cultural, e contaremos co relato das

propias protagonistas.

Este Congreso ten o espírito de derrubar barreiras. Primeiro,

resgando a liña que separa conferenciante/asistente, a través de

Page 67: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

66

exposicións dinámicas e dialogadas. Segundo, fomentamos unha

participación máis directa, utilizando as TIC e os audiovisuais para

que todo estudo, comunicación, reflexión de todos aqueles

interesados nestas liñas de traballo, poida estar presentes na propia

voz dos seus autores, non importa onde se atopen.

Por último, destacar que é unha realidade para toda administración

pública a obriga de manifestar e promover políticas de igualdade

entre homes e mulleres. Este seminario quere apuntalar esta liña de

actuación desde unha perspectiva integradora, facéndoo nun espazo

aberto á exposición de experiencias e modelos arredor do xénero nos

eidos artístico, educativo e social.O II Congreso de Xénero,

Museos, Arte e Migración celebrarase en Lugo e no marco dos

Museos da Rede Museística Provincial de Lugo (Galicia, España) os

días 6, 7 e 8 de marzo de 2015.

Cada bloque temático organízase en diálogos abertos tal e como se

expoñen no programa.

ORGANIZACIÓN E ENTIDADES COLABORADORAS

Este Congreso foi organizado pola Rede Museística Provincial de Lugo

e conta coa colaboración de distintas institucións museísticas de

calado como ICOM España, Museo de León, Red Española de

Profesionales de Museología Social, Museo Maritim de Barcelona,

Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC), Fundación

Jiménez-Arellano da Universidade de Valladolid, Museo Thyssen-

Bornemisza, Museo Arqueológico de Cacabelos; así como plataformas

de investigación, exhibición e difusión como o Observatorio de

educación patrimonial en España, Festival Miradas de Mujeres, Píkara

Magazine, Isköo espazo multidisciplinar, Mujeres de las Artes Visuales

(MAV) e o Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Conta, igualmente, co patrocinio científico das Universidades de

Zaragoza co Máster en Museos: Educación e Comunicación,

Page 68: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

67

Valladolid, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Universidade

Complutense e Universidade Autónoma de Madrid.

ESTRUTURA E TEMÁTICA

O Congreso estivo estruturado en tres bloques

temáticos: Xénero e Museos, Xénero e Arte, e Xénero e

Migración. Cada día do congreso corresponde a un destes bloques.

1.º BLOQUE: XÉNERO E MUSEOS

Neste apartado afrontouse na presenza da muller desde en museos e

coleccións de arte, tanto en Galicia como en España, en institucións

públicas e privadas. Será interesante reflexionar sobre a forma na

que a cuestión de xénero está presente no deseño dos seus

programas e proxectos. Amosáronse modelos de actuación para

xestionar con e para todos e todas, dunha maneira responsable e

comprometida coa sociedade. Non podemos deixar de lado, neste

bloque o que a Universidade pode ofrecernos, desde os seus estudos

de xénero e cos seus exemplos de planeamento cultural dirixido por

mulleres.

2.º BLOQUE: XÉNERO E ARTE

Esta segunda sesión versou sobre a posición que a muller artista

afronta no mercado da arte, cales son as ferramentas que utiliza para

superar as barreiras de xénero, e como se saca o veo da

invisibilidade e da indefinición que a propia realidade lle impón.

Amosouse como o traballo do Festival Miradas de

Mujeres impulsou a exhibición da representación artística en

feminino, e compartiremos os proxectos de diversas artistas plásticas

que xiran en torno á cuestión de xénero .

3.º BLOQUE: XÉNERO E MIGRACIÓN

Fixemos neste terceiro bloque unha ampliación sobre o congreso

anterior. Incluímos a migración como tema transcendente para falar

de xénero como unha realidade social patente nas nosas

Page 69: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

68

comunidades.. Neste punto navegamos polas circunstancias que

marcan a integración, polos proxectos que traballan coa

interculturalidade, e como a muller é transmisora da identidade

cultural.

Programa (só o desenvolto no Museo Pazo de Tor)

»Sábado 7.marzo. Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos)

#BLOQUE II: XÉNERO E ARTE

09:30 – 12:30 DIÁLOGOS

Diálogo 1 - “Festival Miradas de Mulleres”

Diálogo 2 - “Proxectos artísticos contedores de feminismos”

Diálogo 3 - “Muller artista e mercado da Arte”

12:30 – 14:00 DEBATE

COORDINACIÓN E DOCUMENTACIÓN

Encarna Lago (Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo)

Juan García Sandoval (Investigador accesibilidade social e xénero.

Conservador de Museos da CARM e ex-Director do Museo de Belas

Artes de Murcia)

Paula Cabaleiro (Xestora cultural. Directora de Directora Festival

Miradas Mulleres 2014 en Galicia)

Pilar Sánchez Monje (Coordinadora do congreso. Máster en

Servizos Culturais USC. Produtora e comunicadora cultural)

PARTICIPARON

Marián López Fernández-Cao (Doutora en Belas Artes, profesora

titular da Universidade Complutense de Madrid e presidenta de MAV -

Mujeres en las Artes Visuales)

Silvia Blanco (Directora do Museo Arqueolóxico de Cacabelos)

Mar Caldas (Docente da Facultade de Belas Artes da UVigo, artista

visual e comisaria. Foi coordinadora da Sala X)

Cristina Fernández Lamela (Responsable de Isköo, espazo

multidisciplinar)

Page 70: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

69

Carme Nogueira (Artista visual. Investigadora en temas de

identidade e de espazo doméstico)

Mónica Alonso (Artista plástica, Doutora en Belas Artes)

Gema López (Artista plástica. Máster en Arte Contemporáneo)

Bárbara G. Vilariño (Asesora de comunicación, xornalista cultural e

con visión de xénero. Píkara magazine)

Renata Otero (Artista multidisciplinar e investigadora en

feminismos. Doutora cum laude de Historia da Arte.)

16:30 – 19:00 Visita ás contornas do Museo (NECESARIA

INSCRICIÓN PREVIA)

Organización

Comité organizador e coordinación xeral do Congreso

Encarna Lago

Juan García Sandoval

Pilar Sánchez Monje

Paula Cabaleiro

Persoal da Rede Museística Provincial de Lugo

Comité Científico

Carmen Delia Gregorio Navarro

Luis A. Grau

Teresa Soldevila

Amelia Aguado

Araceli Corbo

Ana Moreno

Victoria Falcó

Almudena Domínguez

Nuria Rivero

Olaia Fontal

Chus Martínez Domínguez

Mercedes Rosón

Mª Ángeles Querol

Josefina Cerviño

Page 71: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

70

Marián López Fernández-Cao

Silvia Blanco

Cristina Fernández Lamela

Carme Nogueira

Mónica Alonso

Gema López

Bárbara G. Vilariño

Renata Otero

Mar Caldas

Silvia Fiallega Lorenzo

Ángeles Carnacea Cruz

Mª Antonia Pérez Rodríguez

Margarita Ledo

Luzía Oca

Milagros Castro

Iria Vázquez Silva

Mery País Domínguez

Amal Ait Mohand

Mª del Carmen Amingorena Tejeiro

Alina Pena Labrada

Rocío Fernández

Observatorio da Mariña pola Igualdade

CONFERENCIA:

XESTIÓN CULTURAL DA

REDE MUSEÍSTICA.

Sesión desenrrolada no

Museo Pazo de Tor, Rede

Museística Provincial de

Lugo.

Mª Antonia Pérez

Profesora Titular de

Documentación

Facultade de

Humanidades e

Documentación

Encarna Lago González,

Xerente da Rede da

Museística Provincial de

Lugo.

Sesión presencial do Curso

de Experto Universitario en

Xestión Cultural da Usc.

Universidade de Santiago de

Compostela.

Data. 18 de decembro

Page 72: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

71

7. PROGRAMA DE COLECCIÓNS

Intervención expositica co fin de manter unha preservación máis

eficaz de algunhas pezas e de expoñer outras que non estaban

expostas for falta dun expezo adecuado. Trasladáronse varias,

peanas e vitrinas, reutilizadas para dar cubillo a diferentes pezas.

A nova exposición e disposicón dos dos fondos do Museo Pazo de Tor,

afectou

Sala Despacho. Na vitrina do despacho

Libro. “El Arte de la Montería” de Argote de Molina. S. XVI.

Sala Cuarto infantil. Novos xoguetes década dos 60

Page 73: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

72

8. PROGRAMA ARQUITECTÓNCIO E DE SERVIZOS

18/12/2015

A Deputación Provincial de Lugo convocou a contratación dos servizos

de vixilancia e seguridade integral no Museo Pazo de Tor

1.-A Deputación Provincial de Lugo convocu con data 17 de decembro

de 2015 a contratación dos servizos de vixilancia e seguridade

nas dependencias do Museo Pazo de Tor a partir do día 31 de

decembro do 2015.

»Anuncio, documentación e prego de condicións

_____

2.-A Deputación Provincial de Lugo convocou con data 17 de

decembro de 2015 a prestación do servizo para dotar dunha

solución de seguridade integral composta por solución de

videovixilancia, optimización do sistema de detección de

intrusión, sistema de protección de obras do Pazo de Tor.

»Anuncio, documentación e prego de condicións

Prazo: 5 días hábiles contados a partir da publicación do anuncio no

perfil do contratante da páxina da Deputación Provincial de Lugo.

Page 74: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

73

PREDIF distingue os museos da Rede

co distintivo de Turismo Accesible

Os museos da Rede Museística da deputación de Lugo (Museo

Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de

Tor) foron recoñecidos por PREDIF (Plataforma

Representativa Estatal de Personas con Discapacidad Física)

co distintivo de Turismo Accesible, distintivo otorgado a

aqueles establecementos turísticos que traballan para

mellorar a accesibilidade das súas instalacións e servizos.

Este distintivo ofrece información obxectiva sobre as condicións de

accesibilidade dos diferentes establecementos recoñecidos a persoas

con discapacidade, a persoas maiores e familias con nenos, etc., o

que se traduce nunha difusión na app de Turismo Accesible de

PREDIF, TUR4all, no Geoportal de Turismo Accesible e na capa Layar

de realidade aumentada, ademais de mellorar a imaxe destes museos

como establecementos socialmente responsables.

Con este distintivo, estes museos da Rede Museística suman un novo

recoñecemento ao seu constante labor de integración das persoas

con discapacidade, labor que constitúe un dos obxectivos nos que se

basea a súa xestión museística.

Page 75: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

74

Page 76: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

75

9. PROGRAMA MANIFESTACIÓNS CULTURAIS E ROTEIROS

O Entroido é unha manifestación cultural e popular moi arraigada na

Comarca de Lemos e na Comarca de Chantada (Entroido Ribeirao)

como tamén o é por todo Galiza onde ten un sentido de pervivencia

de antigas tradicións, aínda non alteradas en demasía pero no que se

está a percibirse certo risco de alteracións de cara xerar espectáculo

como sucede noutras manifestacións populares. Na Comarca de

Lemos destaca os Compadres e Comadres, valvula de escape para

facer satírica a persoeiros ou a aspectos socias, sempre

enmarcándose no próximo no cotiá utilizando a figura do “meco” para

recrecar situcións.

Page 77: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

76

SAÍDAS EN BUS, COMPARTIR, EXPERIENCIA

INTERXERACIONAL.

Iniciativa que consistiu en facer grupos para visitar os museos da

Rede Museística Provincial de Lugo e coñecer un pouco máis as

contarnas de cada museo facendo roteiros en Bus onde familias

amigos con nenos nenas comparten non só un transporte público

senón que taménunha experiencia interxeracional

Page 78: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

77

10. PROGRMA DE REDES SOCIAIS

As redes sociasi, hoxe elemento cotiá, xeito habitual de comunicarse

en diferentes ámbitos da vida resultan ser un elemento de cada vez

máis peso,Achegamos a continuación unha gráfica de evolución de

seguidores do Museo Pazo de Tor , onde se percibe un imcremento

moi notable que fai que ademáis de destacar como recurso turístico

en plataformas de opinión como Tripa Advaisor como lugar de

máximo interés entre os museos da zona. Google+ tamén contribue

a visibilizar o Pazo senón tamén a achegar opinión que nos poden

axudar a mellorar. A corrección da xeolocalización levada a cabo no

2014 contribíu tamén a unha mellor experiencias dos que nos veñen

visitar, dando indicacións certeiras de cómo chegar xa que

anteriormente prantexaba problemas. Facebook é a principal

ferramenta de comunicación nas redes sociais onde o muro

experimentou un aumento contínuo e considerable de seguidores,

onde as valoracións de “me gusta” e ”compartido” tamén acompañan

estes incrementos. A persoa encargada habitualmente é Silvia

Fiallega Lorenzo, exercendo de Comunity Manager, trata de amosar

un perfil fresco, actualizado e con moitos contidos sempre referidos

aos fondos do Pazo as actividades que aquí se levan a cabo non só no

Pazo xa que somos unha Rede Museística e o traballo en rede é o

xeito natural de actuar, tamén está a ser unha plataforma ou canle

para levar a cabo xogos, concursos e lugar de compartir

coñecemento, seguidamente da gráfica podemos observar capturas a

modo de exemplo. Como non tamén é unha canle para os convites

aos diferentes eventos que aquí se celebran e tamén recibir

suxerencias, en definitiva é unha ferramenta non só de visibilidade

senón que é unha canle de comunicación e interación dinámica por

igual entre o Museo e os amigos e seguidores

Page 79: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

78

Page 80: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

79

Page 81: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

80

Reproducción de nota de Facebook:

“Boas tardes desde o Pazo de Tor! Estamos rematando o ano e é un bo momento para ir facendo

balance e propoñernos novos retos. Hoxe queremos que vexades canto aumentou a nosa comunidade

virtual. A primeiros de ano pasábamos por moi pouco dos 900 seguidores en facebook, a día de hoxe xa

somos 1.258 e subindo! Isto é mérito voso e por iso queremos agradecervos o voso apoio e a difusión

que facedes do noso museo e de toda a labor que levamos a cabo nel. Grazas, grazas e un millón de

grazas! A ver se chegamos ós 1.300 antes de que acabe o ano. Xa lle estades dando a compartir e a

gústame todo o que poidades, Emoticono wink”

Page 82: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

81

11. DOSIER DE PRENSA_

Este ano foi un ano onde o Museo Pazo de Tor foi protagonista de

reportaxes moi interesantes centrados principalemente no Museo e o

seu labirinto. Medios dixitais tamén deron conta de iniciativas levadas

a cabo no Pazo de Tor, seguidamente achegamos algunhas capturas.

Page 83: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

82

oas tardes desde o Pazo de

Tor! Cada día que pasa, o

noso museo vai meténdose

más fondo no sentir dos

nosos visitantes. No día de

onte, Paula Cabaleiro,

unha das nosas

"enredadas" en mil e un

proxectos, presentou o

Pazo de Tor coma o seu

rincón favorito no

programa A Revista da

TVG, presentado por

Begoña Fontenla. Para

todo aquel que non puidera

ver o programa,

deixámosvos o enlace para

que poidades disfrutar do

pazo a través da ollada de

Paula:

http://www.crtvg.es/tvg/a-

carta/a-revista-1535749

Page 84: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

83

Page 85: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

84

B

Seguimos de noraboa!

Hoxe o Diario Cultural

dedícalle unha ampla

reportaxe á exposición

'Coma na

casa.@PazodeTor

@RedeMuseistica:

http://www.crtvg.es/rg/a-

carta/diario-cultural-diario-

cultural-do-dia-24-06-

2015-1247948

Page 86: Memorias 2015 Pazo de Tor

Museo Pazo de Tor

85

EQUIPO.

Encarna Lago: Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo

Manuel García: Vixilante de Arquitectura do Museo Pazo de Tor

Silvia Fiallega: Vilxiante-Guía Museo Pazo de Tor

Juan Ignacio: Bibliotecario Rede Museística Provincial de Lugo

Noelia: Persoal de mantemento e limpaza Museo Pazo de Tor

Tar López: Vixilante-Guía Museo Pazo de Tor.