memoria2019 · 2020. 1. 23. · a actividade foi organizada en colaboración co concello de rianxo...

19
Memoria 2019 www.fundacionplacidocastro.com

Upload: others

Post on 26-Feb-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

www.fundacionplacidocastro.com

Page 2: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

1. Conferencia Anual

O 25 de Xaneiro celebrouse en Rianxo a XX Conferencia Anual sobre “O Galeuzka e Plácido Castro”, impartida polo historiador Xosé Estévez Rodríguez.

A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio.

Page 3: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

2. Premio de Tradución

A décimo oitava edición, correspondente a 2018, fallouse en Cambados o 28 de Xuño. O xurado estivo composto por: Olga López (Xunta de Galicia), Fernando Moreiras (Asociación de Tradutores Galegos), Ana Luna Alonso (Universidade de Vigo), Víctor Caamaño (Fundación Plácido Castro), Xulio Ríos (IGADI) e Xosé Luís Franco Grande (Real Academia Galega). Resultou premiada Antía Veres Gesto, pola tradución da

novela A Lost Lady ou Unha muller perdida, de Willa Cather.O fallo deuse a coñecer nun acto público celebrado en Cambados no marco da Festa do Albariño o 1 de Agosto. A entrega tivo lugar o 27 de setembro en Corcubión cunha nutrida presenza de autoridades e persoas amigas. Foron aprobadas, con modificacións respecto á convocatoria anterior, as Bases da XIXª edición.

Page 4: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

3. Ruptura do convenio coa adega Terra de Asorei

O 31 de Xullo de 2018, a Fundación Plácido Castro e a adega Terra de Asorei asinaron un convenio de colaboración “para a promoción da figura e obra de Plácido Castro”. O convenio contemplaba, entre

outros, o compromiso da adega de financiar o premio de tradución, dotado con 2.000 euros. Vista a falta de compromiso suficiente e efectivo da adega coa Fundación nestes termos, o convenio quedou sen efecto.

Page 5: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

4. Convenio de colaboración coa Universidade de Vigo

O 16 de xullo asinouse un convenio de colaboración educativa coa Universidade de Vigo, que se suma así ao xa subscrito coa Facultade de Xeografía e Historia da USC.

Page 6: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

5. Nova exposición biográfica sobre Plácido Castro

A exposición, que achega novas perspectivas e formatos, celebrouse en Corcubión, Cambados, Vilagarcía, e Cee.

Page 7: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

6. Exposición e seminario sobre A Irlanda de Plácido Castro

Coa presenza da embaixadora de Irlanda en España, Sile Maguire, e do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, en representación da Xunta de Galicia, inaugurouse en Vilagarcía o 21 de xuño a exposición A Irlanda de Plácido Castro. A tal efecto, editouse un folleto explicativo. A exposición visitou posteriormente Cambados e Corcubión. En todos os actos

houbo representación das máximas autoridades locais e membros do Padroado da fundación. O 25 de xuño, tamén en Vilagarcía, realizouse un seminario sobre o mesmo tema que contou coa participación de David M. Clark, Uxío Breogán Diéguez-Cequiel, Manuela Palacios González e Keith Payne. Os relatorios publicaranse en colaboración coa revista Murguía.

Page 8: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

7. Xornada co Consello da Cultura Galega

En colaboración co Consello da Cultura Galega (CCG), o 22 de febreiro celebramos en Cambados a xornada Vocacións e ideais de Plácido Castro que contou coa participación de Laura Linares, María Jesús Lorenzo Modia, César Lorenzo Gil, Luís Álvarez

Pousa, Xulio Ríos e Rubén Camilo Lois González. O acto de inauguración contou coa presenza da alcaldesa Fátima Abal e da presidenta do CCG, Rosario Álvarez. Está pendente a edición dixital dos relatorios, que corre a cargo do CCG.

Page 9: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

8. Colaboración co Centro Persépolis (Madrid)

Con Ahmad Taherí, Director do Centro Persépolis de Madrid, planificamos accións para valorizar inda máis a fermosa tradución de Plácido Castro de As Rubayat de Omar Kayyam.

Page 10: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

9. Promoción da páxina web da Fundación e da presenza nas redes sociais

O plan de promoción da entidade para divulgar a figura de Plácido Castro nas redes sociais permitiu avances sostidos. O número de seguidores en Facebook ascende a 1.585 (antes 1.505). Fixéronse 137 publicacións. En Twitter é de 401 (antes 301). Fixéronse 368 chíos.

Page 11: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

10. Recensións de Verbas Atlánticas

Cabe significar a realización de recensións da obra editada por Laura Linares a cargo de Juan Miguel Zarandona (Castilla. Estudios de Literatura, Universidad

de Valladolid), Manuela Palacios (Madrygal), Alberto Álvarez Lugrís (Hermeneus) e Armando Requeixo (Criticalia).

Page 12: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

11. Relacións Institucionais

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do seu titular Valentín García Gómez, expresou o seu apoio a diferentes actividades da Fundación e nomeadamente a súa concordancia co

proxecto de convertela nun referente para o mundo da tradución en Galicia.Os contactos para a ampliación do Padroado (concellos de Muxía, Vigo ou Catoira) non deron froitos aínda.

Page 13: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

12. Reunións do Padroado

O Padroado reuniuse en tres ocasións ao longo do exercicio 2019: o 8 de febreiro, en Corcubión, e o 4 de xuño e o 4 de setembro en Cambados. O 11 de novembro actualizamos os Estatutos da fundación.

Page 14: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

13. Incorporación da AGPTI e adaptación dos Estatutos

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) incorporouse á Fundación Plácido Castro delegando a súa representación na súa presidenta, Iria Taibo Corsanego.

Igualmente atendeuse o requirimento da Xunta de Galicia para adaptar os estatutos, outorgándose unha nova escritura pública o 10 de decembro.

Page 15: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

14. Protocolo de xestión da Secretaría da fundación

As súas cinco cláusulas regulamentan as funcións da secretaría exercida polo IGADI, principal entidade promotora, e determinan as implicacións orzamentarias e funcionais desta relación.

Page 16: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

15. Inauguración da nova sede oficial e Arquivo Permanente

Completouse o traslado de documentación e de dotación dos medios materiais sendo inaugurada o 22 de marzo. Foi aprobada unha estratexia de dinamización e está en estudo un regulamento de usos.Tamén se incorporou a súa ubicación no Google Maps.

Page 17: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

16. Outras actividades

Publicáronse en diferentes medios artigos divulgativos a propósito da figura de Plácido Castro.

Page 18: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

Memoria2019

17. Balance económico

INGRESOS 8.620,00APORTACIÓNS PATRÓNS 4.400,00

Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00

Aportación Concello Cambados 1.800,00

Aportación Concello Corcubión 800,00

SERVIZOS PRESTADOS 3.200,00

Concello Vilagarcía 1.200,00

Secretaría Xeral de Política Lingüística 2.000,00

OUTROS INGRESOS 1.020,00

Doazón CHC 1.000,00

Doazón XR 20,00

GASTOS 9.266,14GASTOS XERAIS 1.793,57

Compra material oficina (libro de visitas) 20,90

Gastos de secretaría anual 921,98

Servizo asesoría 282,73

Servizo notaría 214,76

Servizos bancarios e similares 14,40

Outros tributos (taxas Xunta de Galicia) 36,72

Outros servizos (memoria Fundación, correos e FNMT) 263,58

Quebranto na tarxeta de correos 38,50

GASTOS DAS ACTIVIDADES 7.472,57

Xestión redes sociais 2.388,54

Edición Conferencia Anual 48,40

Premio “Plácido Castro” de Tradución 2.065,85

Exposición biográfica “Plácido Castro” 1.149,50

Exposición “Irlanda visitada Plácido Castro” 1.820,28

EXCEDENTE NEGATIVO EXERCICIO 2018 -646,14

Page 19: Memoria2019 · 2020. 1. 23. · A actividade foi organizada en colaboración co concello de Rianxo (A Coruña), culminándose a edición impresa co seu patrocinio. Memoria2019 2

FUNDACIÓN PLÁCIDO CASTRO

31 de decembro de 2019