memoria proxecto axenda 21 ies lama das quendas curso 2008-08

37
A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09 A participación: A participación: A participación: A participación: aspecto clave aspecto clave aspecto clave aspecto clave da nosa A21-Escolar. da nosa A21-Escolar. da nosa A21-Escolar. da nosa A21-Escolar. Memoria do proceso de implantación da A21EG no IES Lama das Quendas durante o curso académico 2008-09. O blogue da A21 Escolar do IES Lama das Quendas: http://participarmos.blogaliza.org/

Upload: xurxo-pereira

Post on 16-Mar-2016

226 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Memoria do proxecto de desenvolmento de actividades dentro da Axenda 21 escolar do IEs Lama das Quendas de Chantada

TRANSCRIPT

Page 1: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

A participación:A participación:A participación:A participación:aspecto claveaspecto claveaspecto claveaspecto clave

da nosa A21-Escolar.da nosa A21-Escolar.da nosa A21-Escolar.da nosa A21-Escolar.

Memoria do proceso de implantaciónda A21EG no IES Lama das Quendasdurante o curso académico 2008-09.

O blogue da A21 Escolar do IES Lama das Quendas:

http://participarmos.blogaliza.org/

Page 2: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

1. ACTUACIÓNS DESENVOLVIDAS NA A21EG

Descríbense esquematicamente as principais iniciativas desenvolvidas, seguindonas táboas o esquema proposto:1.1.- Título da actuación.1.2.- Período de realización.1.3.- Fase na que se desenvolveu: Diagnose, Motivación/Comunicación, Plan deAcción, Seguimento, Avaliación.1.4.- Tipo e número de participantes: Alumnado (indicar os cursos participantes),Profesorado (indicar os Departamentos implicados), Pais-Nais, PND, Outros.

Plantexamos no proxecto presentado varias liñas de acción, e a estructuración dotraballo arredor de dous eixos temáticos (ou ámbitos):

- Consumo responsable : proseguindo o traballo iniciado o pasadocurso en relación ao ámbito “alimentación saudable”, dando continuidade ealgunhas accións postas en marcha e desenvolvendo novas propostasrelacionadas co comercio xusto, consumo consciente e producción ecolóxica.

- Contorno natural e biodiversidade : formando un grupo detraballo relacionado con este tema e implicando ao alumnado en propostasrelacionadas co estudio e conservación do medio e a biodiversidade.

LIÑA DE ACCIÓN:Incremento da implicación dos diversos sectores da comunidadeeducativa.

Organización de grupos representativos para a posterior constitución e posta enmarcha do Comité Ambiental .2º e 3º trimestres.Fase na que se desenvolveu: Motivación e Plan de Acción.-Alumnado: 15 representantes de varios cursos (1º, 2º, 3º, 4º de ESO, 1º e 2º deBacharelato).-Profesorado: 10 representantes.-Nais / Pais: 5 representantes.-Persoal non docente: 2 representantes.

Deseño e creación dun lugar permanente de informaci ón/comunicación: opanel da A21EG.Todo o curso.Fase na que se desenvolveu: Motivación / Comunicación.Responsables do seu mantemento:-5 alumnos-as.-2 profesores.

-Colaboración, en iniciativas concretas, con outras entidades do Concello :

Page 3: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

--Admon Local. --Asociacións ambientalistas, culturais, etc. --Medios de comunicación locais.Durante todo o curso.Fase na que se desenvolveu: Motivación / Comunicación e Plan de Acción.Inicaitvas concretas e participantes:

-Colaboración co resto de centros educativos do Concello de Chantada:--IES “Val do Asma”, CPI “Xan de Requeixo” e CEIP “Eloísa Ribadulla” .Actividades relacionadas co ámbito de traballo “patrimonio natural e cultural”:valorización dos xogos populares, a través dunha xornada conxunta de formacióndo profesorado e varias xornadas temáticas dirixidas a alumnado e profesoradodos 4 centros da vila.--CPI “Xan de Requeixo” . Tamén na organización dos ”obradoiros decociña saudables”, en colaboración cos representantes de nais/pais no ConselloEscolar do noso centro.

Colaboración co Concello de Chantada, Programa “Concellos Saudables ”:--Reparto de froita e outras actividades sobre nutrición saudable.--Xornadas e curso de formación para o profesorado sobre xogos populares .--Roteiros interpretativos polo entorno do centro, dirixidos a alumnado e nais epais.Colaboración con asociacións Locais en diversas iniciativas:--Asociación Barcas do Minho (valorización da cultura fluvial e uso das barcastradicionais).--Bicis pola Paz : varias experiencias.--Grupo Ecoloxista Xevale : varias propostas.

Page 4: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

Froita gratuita no IES Lama das Quendas

No presente curso eleximos a “alimentación saudable” como un dos ámbitos detraballo da nosa Axenda 21 Escolar.

En colaboración co Concello de Chantada proponse esta actividade coobxectivo de achegarlle ao noso alumnado os beneficios dunha alimentaciónequilibrada e saudable ofrecéndolles a posibilidade de consumir unha peza defroita, no canto de lambetadas ou produtos de bollería industrial.

A froita será totalmente gratuíta, os gastos correrán a cargo do presuposto co queconta o proxecto de Concellos Saudables.

A duración da actividade virá determinada pola aceptación e a demanda porparte dos alumnos do centro e terá coma data de inicio o luns 9 de febreiro.Repartirase froita os luns, mércores e venres.

Contarase coa colaboración da encargada da cafetería e de alumnado (aquen se pedira a súa axuda) e profesorado do instituto.

Colocaranse diversos carteis na cafetería, elaborados por alumnado, coninformación sobre os beneficios do consumo de froita, os seus principais nutrientes,etc.

Normas básicas

- Só se pedirá a peza de froita se se vai a consumir. Non se xogará coa froitanin se tirará nas instalacións do centro.

- Colaborarase coas persoas encargadas de repartir a froita, sendorespetuosos-as e pacientes. Organizaremos grupos de alumnos-ascolaboradores (3 cada día) que axudaran no reparto.

- Utilizaranse correctamente os distintos colectores cos que conta o institutopara depositar os residuos orgánicos e envases.

- Lavaremos as mans antes e despois de comer .

En colaboración co Programa “Concellos Saudables”, no que participa oConcello de Chantada

Page 5: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

CARTA DE APOIO DO PROGRAMA “CONCELLOS SAUDABLES” AO

PROXECTO A21EG NO IES LAMA DAS QUENDAS.

Lorena Goyanes Vázquez (Técnico superior en dietética e nutrición humana) e

Trinidad Cuesta Bazán (licenciada en ciencias da actividade física e deporte),

técnicos do Programa Concellos Saudables de Carballedo Chantada e Taboada

con teléfono 628223471 e correo electrónico [email protected] e páxina

web www.concellosaudables.com.

Colaboran co proxecto de imoplementación da A21EG do IES Lama das Quendas

de Chantada, participando en diversas actividades nas que o alumnado,

profesorado e colectivo de pais e nais deste centro son os destinatarios:

-Reparto de froita para a comunidade educativa deste centro.

-Organización de xornadas participativas e cursos de formación sobre xogos

populares.

-Deseño e realización de roteiros interpretativos pola comarca.

En Chantada, 29 de setembro de 2009.

Praza de España, nº 1- 27500 CHANTADA- Tel. 982 44 00 11-Movil Concellos Saudables.628223471-Fax.982 46 21 02correo electrónico: [email protected][email protected]ía de Sanidade

Page 6: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

Obradoiros de Cociña Saudables .

3º trimestre.

Fase na que se desenvolveu: Motivación e Plan de Acción.

Coa participación de:-Alumnado de 1º de Bacharelato e 4º de ESO.-Nais e pais.-Varios profesores-as.-Coa colaboración e grabación de varios programas por Tele20 (a televisión local)

Page 7: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

Organización da Semana da Terra e do Libro.

Traballo realizado durante todo o mes de abril.

Fase na que se desenvolveu: Motivación e Plan de Acción.

-Alumnado: de todolos cursos, con moita implicación.-Profesorado: de varios Dptos. Didácticos.-Comisión de Biblioteca.-Persoal non docente.-Coordinador e secretario da A21E.

Page 8: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

Semana da Terra e do Libro: organización e proposta s.

Organización xeral : Dpto de Lingua Castelá e coordinación da A21E.

Temáticas traballadas :-O amor ós libros e a lectura.-A conservación do medio natural; hábitos e prácticas respetuosos comedio ambiente.

Temporalización:As actividades comenzarán a realizarse previamente, para concretalasna semana do 20 ao 24 de abril.

Resumo de actividades :

- Selección de textos e elaboración dunha exposición conmateriais en diferentes formatos , (murais, poemas xigantes ,etc.). O marco da exposición será a carballeira do centro e outrosespazos (pasillos, etc.).

--Temática elexida no presente curso: a LiteraturaHispanoamericana.

--Personaxe / autor homenaxeado: a familia Buendía / GabrielGarcía Márquez.

--Coordinación: Dpto. de Lingua Castelá. Contase coacolaboración doutros Dptos., co obxectivo de traballar condocumentos en diferentes linguas.

--Datas de realización:---os traballos elaboraranse a semana previa, para

colocalos entre 20 e 21 de abril---a exposición será visitada durante os días 22, 23 e 24 de

abril (no horario das materias correspondentes ao Dpto de LinguaCastelá, según o calendario previsto).

---a homenaxe será o día 23 de abril, colocándose a placaconmemorativa.

Elexirase un carballo para representar a homenaxe e colocar unha placaconmemorativa.

Page 9: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

- Elaboración de presentacións (formato .ppt) incluíndo imaxesde paisaxes, elementos do patrimonio natual e textosrelacionados coas temáticas elexidas.

Coordinación: Camilo Ojea, en colaboración con variasprofesoras-es de diversos Dptos.

As presentacións serán visionadas durante os días 22, 23 e 24 nosalón de actos (recreos e horas reservadas).

- Obradoiro de camisetas .Pendente de confirmación; no caso de realizarse, sería nalgún dos

recreos.

- Xogos populares (chave, bolos e virolla, zancos, aros, peóns,etc.).Coordinación: Dpto. de Educación Física.

Repetindo o esquema do ano pasado, durante os recreos dosdías 22 e 23, nos espazos exteriores máis adecuados para cadatipo de xogo e coa colaboración do alumnado.

O día 24, coa colaboración dun equipo de monitores daDeputación de Ourense, realizaranse varias actividadesorganizadas polo Dpto. de Educación Física.

- Deseño e realización dun xogo na biblioteca do centro , econcurso de marcapáxinas , no que participará alumnado eprofesorado.

Coordinación: Comisión de biblioteca, coa axuda de variosprofesores-as.

- Lectura e grabación dun manifesto . Coordinación: alumnadode Diversificación Curricular de 4º ESO. O día 23 de abril.

- Elaboración dun CD cos materiais (textos, fotos,presentacións…).Coordinación: Camilo Ojea.

Page 10: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

Día do Libro e da Terra

Actividades programadas para a semana do 20 ao 24 de abril. Na horasinalada o grupo ten asignada a ocupación do salón de actos.

Grupo Día e hora1ºA Venres 5ª hora1ºB Mércores 3ª hora2ºA Luns 6ª hora2ºB Mércores 6ª hora2ºC Mércores 4ª hora3ºA Martes 4ª hora3ºB Xoves 5ª hora3ºC Martes 5ª hora

3ºD-Diver. Martes 5ª hora4ºA Luns 8ª hora4ºB Luns 2ª hora

4ºC-Diver Xoves 6ª hora1ºA-Bac. Luns 7ª hora1ºB-Bac. Martes 2ª hora

A vindeira semana sumarémonos á celebración dos días da Terra e do Libro(22 e 23 de abril, respectivamente) desenvolvendo diversas actividades, estecurso coordinadas polo Dpto. de Lingua Castelá e coa colaboración doutrosDptos., Comisión de Biblioteca, etc.

O cadro de horarios correspóndese á reserva feita polo profesorado de LinguaCastelá para acudir co alumnado de diferentes cursos ao salón de actos, co finde ver algúns dos materiais elaborados (murais, presentacións audiovisuais,etc). Se alguén máis ten interese en acudir co seu alumnado que se acorde dereservar a hora, comprobando que está libre.

Nos recreos de mércores, xoves e venres (22, 23 e 24 de abril) disporemos dexogos populares; as persoas que se animen a botar unha man para participarco alumnado neses recreos, poden falar con Pilar (Educación Física).

Animamos a todos e todas a participar e colaborar nas actividadesprogramadas.

Page 11: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

LIÑA DE ACCIÓN:Mellora da xestión ambiental.

Diagnose da xestión de residuos no centro .2º e 3º trimestre.

Fase na que se desenvolveu: Diagnose e Plan de Acción.

Coa participación de:-Alumnado.-Persoal non docente.-Profesorado.Déronse os primeiros pasos nunha proposta que desenvolveremos enprofundidade durante o curso 2009-10.

Diagnose: o consumo de papelFase na que se desenvolveu: Diagnose e Plan de Acción.

3º trimestre.

Coa participación de:-Alumnado.-Persoal non docente.-Profesorado.Analizouse o consumo de papel no centro, un recurso básico e fixéronsepropostas concretas para reducir o seu consumo: --Propostas para a fotocopiadora. --Propostas para o un mellor uso nas impresoras. --Propostas para a reutilización de papel usado por unha cara. --Proposta para o uso de papel reciclado. --Propostas para recuperar papel nos fogares e reutilizalo no centro.

Page 12: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

Diagnose: análise das posibilidades para a reducció n da producción deresiduos.3º trimestre.

Fase na que se desenvolveu: Diagnose e Plan de Acción.

Tratouse o tema nunha xuntanza entre profesorado e alumnado, acodándosedesenvolver este punto durante o curso 2009-10.

Mellora do sistema de recollida selectiva de residu os3º trimestre.

Fase na que se desenvolveu: Diagnose e Plan de Acción.

Persoal non docente e profesorado.Adquiríronse varios contentedores e papeleiras para recoller selectivamente:--papel / cartón--envases lixeiros--fracción orgánica e resto.

Fíxose un deseño previo para a sua ubicación e organización da recollida,proposta que será plantexada a principios do curso 2009-10 para ser valoradapolo alumnado.

Valoración do uso de sustancias nocivas e de certas situacións de risco paraa saúde no noso centro e entorno .3º trimestre.

Fase na que se desenvolveu: Diagnose e Plan de Acción.

Coa participación de:-Alumnado.-Persoal non docente.-Profesorado.Déronse os primeiros pasos nunha proposta que desenvolveremos enprofundidade durante o curso 2009-10.

Page 13: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

LIÑA DE ACCIÓN:Integración da A21EG no PEC, o Proxecto de Direcció n do centroe outros plans e programas.

Xuntanzas de traballo co equipo directivo así como cos responsables dosgrupos de traballo e comisións do centro, para organizar e desenvolver aspropostas programadas, avaliar o proceso, plantexar novas iniciativas…

Durante todo o curso.

Fase na que se desenvolveu: Motivación, Plan de Acción e Avaliación.

Participación de: --Equipo directivo. --Coordinador e secretario da A21EG do noso centro. --Membros do Grupo de Traballo “O valor educativo dos roteiros interpretativos” --Membros da Comisión de Biblioteca. --Coordinadora do Plan de Convicencia. --Orientadora e Xefa do Dpto. de Orientación.

Elaboración dunha programación xeral para a impleme tación da A21EG nonoso centro, integrado xunto con outros proxectos d e centro no PEC .

2º trimestre.

Fase na que se desenvolveu: Plan de Acción.

Participación de: --Representantes de alumnos. --Equipo directivo. --Coordinador e secretario da A21EG do noso centro. --Outros profesores fixeron aportacións inclouídas no documento final.

Page 14: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

Xuntanzas de traballo cos titores para organizar e desenvolver variasexperiencias (reparto da froita coa participación do alumnado, realización demurais sobre hábitos saudables, visita a exposicións, saídas ao medio natural...).Durante todo o curso.Fase na que se desenvolveu: Motivación, Plan de Acción e Avaliación.Participación de: --Titores de 1º ciclo de ESO. --Titores-as de 2º ciclo de ESO. --Titores de Bacharelato. --Xefe de estudios. --Coordinador da A21E.

Page 15: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

LIÑA DE ACCIÓN:Desenvolvemento das competencias básicas.

Integración dos obxectivos e contidos propios da A21EG nas programacións dasáreas e materias.Durante todo o curso.Fase na que se desenvolveu: Diagnose, Plan de Acción.Participación de todolos Dptos Didácticos e profesores-as relacionados, que enmaior ou menor medida foron integrando ditos obxectivos e contidos nas suasprogramacións, materias e actividades de aula.

Nota importante: unha das pautas e criterios transm itidos sempre polospromotores da A21EG no noso centro é que este proce so é un proxecto decentro, con propostas que deben ser desenvolvidas d entro da aula, de xeitointerdisciplinar e cooperativo, enrriquecendo o pro xecto con outrasactividades de tipo complementario e/ ou extraescol ar.

Page 16: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

Obradoiro de camisetas realizado os días previos ao Día Mundial do Medio Ambiente, nas aulas de Educación Plástica e Visual.

Concurso de marcapaxinas na celebración da Semana da Terra e do Libro.

Page 17: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA A CELEBRACIÓN DODÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (5 DE XUÑO)

MOSTRA DO FUNCINAMENTO DUNHA COCIÑA SOLAR :Esta actividade estaba prevista para ser realizada no recreo do xoves 4 de xuño; posponsepara a vindeira semana, agardando que mellore o tempo; será coordinada polo alumnado de3º de Diversificación e o Dpto.de Tecnoloxía.

CONCERTO DE FLAUTA NA CARBALLEIRA.Prevista para o recreo do día 5 de xuño, se as condicións meteorolóxicas o permiten;coordinado polo Dpto. de Música e o alumnado de 1º de Bacharelato.

ELABORACIÓN DE ESCULTURAS CON MATERIAIS REUTILIZADOS EDEBUXOS PARA PINTAR CAMISETAS.A partir do 4 de xuño exporanse os materiais presentados e elaborados polo alumnado devarios cursos (1º, 2º e 4º de ESO), coordinados polo Dpto. de Educación Plástica e Visual.

EXPOSICIÓN DE POSTERS E MURAIS NOS PASILLOS E SALÓN DE ACTOS.Actividade coordinada polo alumnado de 1º de ESO e o Dpto. de Ciencias Naturais.Expóñense uns posters envíados pola Consellería de Medio Ambiente e DesenvolvementoSostible (“Especies Ameazadas de Galicia”) que serán utilizados para traballar con varioscursos. Tamén se presenta o seu traballo sobre a paisaxe (“Paisaxes que me gustan e non megustan”).

SELECCIÓN DE CANCIÓNS CON CONTIDOS SOCIOAMBIENTAIS .Coordinado polo Dpto. de Galego. Traballarase co alumnado de diversos cursos.

Page 18: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

C O N C U R S O

Esculturas rápidas con materiais recuperadosCatro alumnas-os resultaron premiados; os premios foronentregados por Antonio Cunqueiro:

Iván e Antonio Lorena e Iván.

Natalia e Antonio Samuel e Antonio.

PARABENS AOS GAÑADORES EGAÑADORAS!

Page 19: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

C O N C U R S O F O T O G R Á F I C O

CHANTADA PARAÍSO NATURAL: PAISAXES DOINVERNO

Alumnado que presentou fotografías, premiado cun vale de 15 euros canxeable por roupa deportiva:

Alba Quintela Rey: 1º ESO B Pablo Diéguez Calviño 1º ESO B

Laura Pérez García 1º ESO B Xende Fernández Pérez 3º ESO C

Soraya Vázquez Saa: 4º ESO A Tania Vázquez García 4º ESO B

Parabéns!O vale-premio seralles entregado polos seus titores-as coa entrega dos boletíns de notas.

Page 20: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

Formación do profesorado: Grupo de Traballo “O Valo r educativo dos roteirosinterpretativos”2º e 3º trimestres (45 horas de formación).Participación de 7 profesores –as de varios Dptos Didácticos.

Competencias básicas traballadas: todas elas, pero especialmente aquelaspropostas como centrais para desenvolver durante este curso académico.

Page 21: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

Formación do profesorado: participación nas activid ades formativas e deintercambio de experiencias do Programa A21EGTodo o curso.Coordinador e secretario da A21.Outros profesores e alumnos que colaboraron en diversas actividades.

Page 22: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

2. OBXECTIVOS TRABALLADOS:Os obxectivo plantexados no proxecto presentado, desenvolvidos durante opasado curso son:

Preséntase a continuación algunha información máis detallada sobre odesenvolvemento de ditos obxectivos:

Sobre os Obxectivos de participación :

PROCESO DE PARTICIPACIÓN:a participación dos diferentes sectores avanzou significativamente durante este 3ºano de implantación da A21E no noso centro:- -alumnado : un grupo de alumnos-as de diversos cursos conformou un grupo

de representantes (15 persoas) que participou en diversas xuntanzasorganizativas, coa participación de rapaces de todolos cursos; a propostafinal foi a integración deste grupo no Comité Ambiental, cuestión queretomaremos proximamente, no presente curso;

- -profesorado : incrementouse o número de persoas que colaboranactivamente, constituíndose un “grupo motor” de 10 persoas que forman ogrupo de profesorado

Obxectivos establecidos para o curso 2008/2009 coa implantación de A21EG.

Obxectivos departicipación

- Motivar á comunidade educativa a participar na A21EG..

- Fomentar a participación

- Constituír o Comité Ambiental.

- Crear un lugar permanente de información -comunicación de todo o relacionado coa A21EG

- Abrir o centro ao entorno inmediato.

-

Obxectivos naprácticadocente/curriculares

- Traballar aspectos da A21EG nalgunhas unidades didácticas das programacións das áreas ematerias.

- Correlacionar o desenvolvemento da A21EG coas competencias básicas (LOE 2/2006).

- Aprender e desenvolver o relativo ás referencias metodolóxicas á interdisciplinariedade,aprendizaxe colaborativo,...

- Integración cos plans de acción prioritarios da CEOU: Proxecto Interdisciplinar, Plan TIC,Proxecto Lector, Plan de Convivencia,...

-

Obxectivos deorganización docentro

- Integrar a A21EG no Proxecto de Dirección do centro.

- Referir a A21EG no Regulamento de Réxime Interior do centro.

- Incorporar a filosofía da A21EG no proxecto educativo do centro.

- Desenvolver iniciativas de xestión coherentes cos principios do desenvolvemento sustentable.

Page 23: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

participante no futuro Comité Ambiental;

- -nais e pais : as representantes de nais / pais no Consello Escolar continúana ser un colectivo moi activo, responsabilizándose de diversas actividades,acadando a participación de outras nais/pais que colaboran habitualmente;

- -persoal non docente : o persoal de conserxería, limpeza e cafeteríacolabora en diversas iniciativas (xestión de recursos, recollida selectiva deresiduos, reparto de froita na cafetería…);

- -outros axentes sociais do Concello de Chantada : é destacable aimplicación de diversos Departamentos do Concello (responsables doPrograma Concellos Saudables; técnicos dos Departamentos de Sanidade eMedio Ambiente, entre outros) e a colaboración de diversos colectivos quedesenvolven a sua actividade no ámbito socioambiental (Grupo EcoloxistaXevale , Bicis pola Paz, Asociación Barcas do Minho).

NIVEL DE PARTICIPACIÓN ACADADO POLO ALUMNADO:Valorámolo como medio – alto : o grado de participación nas actividadesplantexadas foi moi satisfactorio; o grado de participación no deseño eorganización das propostas foi satisfactorio aínda que é necesario que avancemosneste aspecto, sendo o alumnado quen se responsabilice e sexa protagonista delanzar moitas das propostas durante o curso 2009-10 e posteriores.

Sobre os Obxectivos de organización do centro :

COSNTITUCIÓN DO COMITÉ AMBIENTAL:

Demos os primeiros pasos coa conformación de:-grupo de representantes do alumnado (15 persoas)-grupo motor de profesorado (10 persoas)-representantes de nais e pais no Consello Escolar-Comisión Medioambiental do Consello Escolar , formada por diversosmembros de cada sector, incluíndo a unha persoa representando ao “persoal nondocente”.

Estes grupos tuveron inicialmente xuntanzas internas e posteriormenteintercaláronse xuntanzas de traballo compartidas, nas que se analizou odesenvolvemente do proceso, plantexáronse novas propostas, espuxéronsenecesidades, etc.

Como proposa final plantexouse a necesidade de crear a principios do curso2009-10 un Comité Ambiental.

GRAO DE ADAPTACIÓN DO PEC, RRI e PLAN DE XESTIÓN DO CENTRO AOSOBXECTIVOS DA A21EG:

No tocante a este aspecto os responsables da A21E nos pasados cursos estamosmoi satisfeitos, xa que os obxectivos da A21EG foron tidos moi en conta noproceso de elaboración dos novos documentos e plans do noso centro.Ademais de integrar numerosos aspectos recollidos dos plantexamentos e

filosofía da Axenda 21, elaborouse un documento específico e un programa Xeral

Page 24: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

da A21EG para o centro. Como mostra inclúese o documento-resumo incluídocomo anexo do Proxecto Educativo de Centro .

Sobre os Obxectivos curriculares :

Adaptacións dos documentos curriculares (á dinámica da A21EG: moitas dasprogramacións están incluíndo aspectos relacionados coas propostas da A21EG; ametodoloxía de traballo está avanzando cara un estilo máis participativo.

En canto ao grado de consideración das competencias básicas fíxose unesforzo para dar maior relevancia a aquelas competencias elexidas (Autonomía eIniciativa Persoal e Social e Cidadá). Nas actividades propostas polos membros do Grupo de Traballo (O valoreducativo dos roteiros interpretativos) estas duas competencias tuveron especialprotagonismo.

Page 25: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

3. COMUNICACIÓN DO PROGRAMA A21EG.

3.1.- Comunicación interna do programa A21EG á comu nidade educativa.

A comunicación interna realizouse de diversos xeitos:

-PANEL DA A21EG : donde se incluiron as informacións relevantes, fotografías,guións de propostas, etc.

-INFORMACIÓN POR CORREO ELECTRÓNICO dirixida ao persoal do centro:periódicamente enviouse información, convocatorias, etc. a todo o profesorado epersoal non docente do centro.

-Información en todalas XUNTANZAS DOS ÓRGANOS DE XESTIÓN DOCENTRO, incluída como un punto da orde do día específico :

--Consello Escolar.--Claustro de Profesores.--Comisión de Coordinación Pedagóxica.

3.2.- Divulgación do programa A21EG ao entorno.

Tamén de diversos xeitos:

-A través do blogue da A21 do noso centro:http://participarmos.blogaliza.org/

-Información de actividades na prensa local .

-A través do Boletín do Centro, dirixido a todos os membros da comunidadeeducativa (incluídas as familias do alumnado).

-Comunicacións a congresos: presentación dun poster nas VI Xornadas Galegasde Educación Ambiental (EDUAMBIENGAL) .

Page 26: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

4. AUTOAVALIACIÓN XERAL DAS ACTUACIÓNS DESENVOLVIDAS N OPROGRAMA A21EG.

4.1. - Principais avances realizados:-Coñecemento da A21EG pola maior parte da comunidade educativa.

-Implicación de todolos sectores da comunidade educativa, avanzandosiginificativamente nos sectores de nais/pais e alumnado.

-Establecemento de contactos con outras entidades do Concello.

-Propostas de xestión ambiental no centro: reducción do consumo de papel, usode papel reutilizado, reducción do consumo de enerxía eléctrica, mellora narecollida selectiva de resíduos.

-Coordinación do traballo entre o profesorado dos difrentes DepartamentosDidácticos.

-Realización de numerosas actividades, desenvolvendo os obxectivosplantexados.

4.2. - Puntos fortes a destacar-Motivación e implicación das persoas que colaboran activamente.

-Contactos e traballo desenvolvido en colaboración con varias Concellalías doConcello de Chantada e outras entidades locais.

-Participación e protagonismo do alumnado, que vai a máis.

-Consolidación de iniciativas, logo de 3 cursos de rodaxe; integración ecoordinación das diversas propostas nas programación e proxectos do centro.

4.3. - Problemas detectados:-Escaseza de recursos dispoñibles, fundamentalmente de tipo económico.

-Pouca identificación co proxecto dun pequeno grupo de profesorado.

-Dificultade para dar continuidade a certas iniciativas dada a elevadamobilidade do persoal do centro.

4.4. - Aspectos a mellorar:

Canalización e mellora da participación coa creación dun Comité Ambiental.

Page 27: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

5.- PARTICIPACIÓN DO CENTRO NAS ACTIVIDADES DO PROG RAMAA21EG-CURSO 2008/09.

Participación en cursos de formación do profesorado .O noso centro participou en 3 cursos de formación do profesorado:-1 profesor realizou o curso de formación xeral.-2 persoas realizaron o curso relacionado coa páxina web da A21EG.

.Participación na web A21EG (http://a21.medioambiente.xunta.es/escolar/): coainclusión de varias noticias, fotos, etc.

- Participación na III Xuntanza do Profesorado , coa asistencia e presentacióndo proxecto por parte de D.Xurxo Pereira Morata.

Page 28: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

6.- MATERIAIS ELABORADOS NO MARCO DO PROGRAMA A21EG .

Incluímos a continuación algúns dos materiais que fomos elaborando no pasadocurso coa implantación da A21EG no noso centro.

Page 29: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

ROTEIRO MOREDA-SAN PEDRO (Concello de Taboada).

Día: 23 de xuño de 2003.

Horario previsto: Saída: 16:00 h. Chegada: 19:00 h.

Participantes: profesorado interesado (confirmados 3 profesores doGrupo de Traballo “Roteiros Interpretativos”) e alumnado de 1º deBacharelato.

Percorrido: desplazaremonos en autobús ata o punto de inicio doroteiro (Casa da Torre de Moreda,Taboada) que faremos a pe; o autobúsrecolleranos ao final do percorrido a pe (Muiño de San Pedro, Taboada) etraeranos de volta ata o noso centro; detállase o itinerario que serealizará camiñando:

Casa da Torre e Igrexa de Moreda; Milenario carballo de Ramosde Taboada; Capela de San Roque e campo de cruces de pedra;Pazo dos Condes de San Pedro de Bembibre; Fonte dos Mouros;Igrexa de San Pedro; Muíño de San Pedro

� Lonxitude aproximada e dificultade:5 Kms. Dificultade baixa.

� Tempo estimado de duración:Camiñando, unhas 2,5 horas contando as paradas.

� Descrición xeral do itinerario. Concellos (e parroquias polos quepasa).

Todo o percorrido ten lugar no concello de Taboada.Comezamos na parroquia de Moreda, pasando pola propia vila deTaboada e, finalmente, a través duns camiños chegamos áparroquia de San Pedro.

� Descrición das paradas:

-Parada 1: Casa da Torre e igrexa de MoredaO edificio consta de dous corpos: a dereita o da torre de planta

baixa e dúas altas, con porta con arco de medio punto doelado;as fiestras son de arco de descarga ó interior. Da antigüidadedesta casa, dan mostra os restos románicos da antiga igrexa e anecrópole con tumbas antropomorfas traballadas na rocha.

-Parada 2: Carballo de RamosNa entrada do pobo de Taboada, existe o Carballo milenario deRamos, que dá nome á parroquia Santo Tomé do Carballo.

-Parada 3: Capela de San RoqueEsta capela pertenceulles, na antigúidade, ós donos pazo

dos Condes ao igual que a maior parte das terras desa aldea.A capela está rodeada por cruces feitas de pedra.

Page 30: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

-Parada 4: Pazo dos Condes de San PedroPazo fortaleza de orixe anterior ó barroquismo do século

XVIII. Foi construído polos condes de Taboada no ano 1413.

-Parada 5: Fonte dos MourosDisque xa os nosos devanceiros que habitaban nun

castro preto de fonte na "Moa de Novoa" ían saciar a súa sedea ela grazas á súa proximidade. Destes persoeiros venlle onome de "Fonte dos mouros".

-Parada 6: Igrexa e cruceiro de San Pedro de BembibreEsta igrexa románica do século XII, declarada ben de

interese cultural e paraxe de ensoño é a máis importante doconcello de Taboada. Fóra do recinto da igrexa atópase uncruceiro que data do século XIX.

-Parada 7: Muíño de San Pedro

Algúns dos lugares visitados: Igrexa de Moreda, Carballo de Ramos, Pazo dosCondes de S.Pedro, Capela de San Pedro e Fonte dos Mouros.

Page 31: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

A AXENDA 21 ESCOLAR DO IES LAMA DAS QUENDAS:Información básica incluída no Proxecto Educativo d e Centro.

Introdución: que é unha Axenda 21 Escolar.

Unha Axenda 21 Escolar (en adiante A21E) é un programa educativo que recolle ocompromiso plantexado no Cumio da Terra (Río de Janeiro, 1992), aplicando aspropostas da Axenda 21 no ámbito dos centros educativos e os seus municipios.

Están destinados a toda a comunidade educativa: (alumnado, profesorado, persoalnon docente, nais / pais…, outros axentes do concello implicados en ditacomunidade educativa) e son procesos que pretenden implementar o concepto desustentabilidade no ámbito do ensino a través da ambientalización dos centroseducativos, e que, como grandes obxectivos, perseguen a sustentabilidadeambiental, a equidade social e a paz.

Obxectivos.

Como programas educativoambientais que son perseguen os obxectivosinherentes á educación ambiental (os recollidos na Carta de Belgrado e naEstratexia Galega de Educación Ambiental), pero ademais as A21E teñen unsobxectivos máis operativos:

• Mellorar a xestión ambiental e a organización dos centros.

• Promover a participación e unha maior implicación de todolos sectoresda comunidade educativa, dando un maior protagonismo ao alumnadona toma de decisións (tanto sobre a sua propia aprendizaxe como sobreas cuestións organizativas relacionadas co centro / entorno).

• Renovar a práctica docente, o xeito de ensinar, promovendo ainnovación metodolóxica e a revisión curricular.

• Reforzar a colaboración entre o propio centro e os organismos eentidades do entorno, especialmente coa administración local, outroscentros educativos e asociacións locais e comarcais.

• Mellorar a comunicación, tanto interna como na difusión das propiasiniciativas.

Ámbitos de traballo.

A nosa proposta é a seguinte: escoller entre 2-3 temáticas socioambientais,desenvolvendo cada unha delas durante un mínimo de 2 cursos escolares; destexeito céntranse esforzos e é máis fácil organizar o traballo e valorar os cambios emelloras acadadas.

Os ámbitos xerais -dos que escolleremos 2-3 por curso- son:o Papel e cartón: análise do uso, reducción do consumo e uso eficiente,

separación e recollida selectiva...

Page 32: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

o Zonas verdes no centro e entorno: valoración do estado de xardíns, patioescolar; creación dun horto escolar / xardín botánico; análise dos impactos epropostas.

o Recursos enerxéticos: estudio do consumo; medidas de aforro e usoeficiente; estudio da procedencia dos recursos enerxéticos consumidos eimpactos xenerados; promoción das enerxías renovables...

o Xestión de resíduos: análise da xeneración; propostas para a reducción ereutilización; separación e recollida selectiva; reducción e control deresiduos tóxicos e perigosos...

o Xestión da auga: análise da cantidade e calidade da auga consumida;medidas para o aforro e eficiencia; contaminación da auga no centro/Concello...

o Biodiversidade / medio natural: estudio da biodiversidade no centro /Concello; cultivos e diversidade xenética; espazos naturais de interese;especies ameazadas; especies invasoras; repoboacións forestais; paisaxe;incendios forestais...

o Mobilidade e transporte: uso do transporte privado e público e da bicicleta;reducción do tráfico e do ruído; mobilidade e camiño escolar...

o Alimentación saudable: análise do consumo de alimentos no centro e nofogar; hábitos saudables e propostas de mellora; introducción de productosde producción ecolóxica...

o Outras accións para á saúde: consumo de drogas e as suas consecuencias;sexualidade responsable; alternativas para o ocio; atención a persoasmaiores: actividades de contacto e intercambios interxeracionais...

o Contaminación atmosférica e acústica: calidade do aire; análise da emisiónscontaminantes do centro / fogares / Concello; medición dos niveis de ruído...

o Actuación fronte ó Cambio Climático: cálculo da cantidade de CO2 percapita; propostas para a reducción de GEI; realización de estudiosfenolóxicos...

o Ordenación do territorio e planificación urbanística: usos do solo noConcello; análise do PXOU e outros plans; “feísmo”; investigación sobre osimpactos no Concello e proposta de alternativas; planificación de camiñosescolares seguros; elaboración de mapas emocionais; valoración dadespoboación do rural...

o Cálculo da Pegada Ecolóxica: análise da pegada ecolóxica do centro e doconcello; propostas para a súa reducción…

o Consumo responsable / Comercio xusto: propostas para a reducción doconsumo; uso de productos reciclados e con pouca embalaxe; promoción econsumo de productos locais, de producción ecolóxica e de comercioxusto…

o Cooperación ao desenvolvemento: colaboración con proxectos de ONGslocais , galegas,…; contacto / intercambio con escolas doutros países...

Page 33: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

o Igualdade e Xustiza social: desigualdades entre homes e mulleres;discriminación laboral; emigración e convivencia; interculturalidade; loitacontra a pobreza...

o Bens culturais comúns: investigacións e propostas para a conservación dopatrimonio cultural material e inmaterial; estudio da toponimia...

O ámbito de traballo non é máis que unha excusa para organizar o traballo, un dosmedios para acadar os obxectivos da A21E. Tamén se poden escoller outrastemáticas máis específicas, dependendo das circunstancias e necesidades, quenos permitan avanzar cara un modelo de escola máis sustentabel.

Pasos a dar: as fases da A21E.

O traballo organízase secuencialmente en diversas fases; ás veces podecambiarse –según as necesidades- a orde dalgunha delas, ou pode suprimirsealgunha, de xeito flexible:

� Fase de sensibilización / motivación.� Organización e planificación.� Diagnose: avaliación da situación.� Elaboración e implementación de propostas: Plan de Acción.� Avaliación e comunicación.

Un “grupo motor”, xeralmente formado por profesores e profesoras, asumirá aresponsabilidade de impulsar o proxecto. Cando o proceso esté máis madurocrease un órgano para organizar o traballo e canalizar a participación conrepresentación de todolos sectores (persoal docente e non docente, alumnado,nais / pais, representantes das entidades do concello), o Comité Ambiental .

Avances e melloras concretas que se pretenden coa A 21E.

Aspectos organizativos e de xestión:

� Mellor aproveitamento dos recursos:- Recursos materiais: existe un elevado consumo de recursos (papel;

auga; recursos enerxéticos destinados a iluminación, calefacción etransporte; etc.) e precisamos aplicar criterios que permitan reducir /racionalizar o consumo e mellorar a eficiencia. Poden e debenacadarse avances importantes.

- Recursos humanos: ademais do relativo á xestión do persoal dopropio centro (que ten moito que ver coa mellora no clima social e oaumento da motivación que se logra con este tipo de proxectos)identificaremos e activaremos outros dispoñibles no noso contorno(administración local, asociacións, …).

- Recursos económicos, a través da colaboración coas Administraciónse institucións e empresas da comarca.

- Recursos didácticos: recursos naturais, etnográficos, culturais... queserán mellor aproveitados mediante o traballo interdisciplinar e novaspropostas metodolóxicas.

-

Page 34: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

- Recursos pedagóxicos: co contacto, coordinación e posta en marchade novas liñas de traballo compartidas entre centros educativoscercanos e compañeiros-as que traballan neles.

� Avances no artellamento de proxectos no centro, que en moitos casos sedesenvolven en paralelo, coa perda de recursos e a menor eficacia que esosupón.

Aspectos programático – curriculares.

� Traballo interdisciplinar: coa colaboración activa de todolos departamentos.É importante escoller ámbitos de traballo cos que os diferentesDepartamentos Didácticos se sintan identificados, abordando contidoscomúns a moitas disciplinas.

� Adaptación do alumnado novo ao centro e cooperación cos centros queimparten Educación Primaria: pódense integrar no Proxecto Interdisciplinaros ámbitos da propia A21E para cada curso, ou poden escollerse para o PItemáticas diferentes.

Aspectos relativos á participación / implicación da comunidade educativa.

� Actitude do alumnado: reactívando e dótando dun plus de motivación aosalumnos e alumnas.

� Implicación das familias: pódense acadar melloras na comunicación,coñecer a percepción que nais e pais teñen do centro así como as suasnecesidades e así lograr que fagan propostas e participen tanto dende ofogar como noutras actividades do centro.

� Persoal dos centros: avanzando na implicación e promoción de proxectoscomúns tanto entre o persoal docente como non docente.

Recursos.

Coa participación do noso centro no Programa Axenda 21 Escolar de Galicia,temos acceso a diversos recursos:

-Recursos económicos: un presuposto de 1000 euros anuais (aínda que encada curso os responsables do programa revisan o presuposto final, polo que estacantidade é variable) .

-Formación: organízanse varios cursos para o profesorado, aos que teñenacceso 1-2 persoas de cada centro participante.

- A páxina web do programa, con diversos recursos e propostas educativas:

http://a21.medioambiente.xunta.es/escolar

Page 35: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

Para a comunicación e difusión da nosa A21E contamos cunha xección na páxinaweb do centro e un blogue específico:

http://participarmos.blogaliza.org/

Ademais, o centro destinará outros recursos na medida das suas posibilidades.

Organización e coordinación do proxecto:

Designarase un-ha coordinador-a para o proxecto, que disporá no seu horariolectivo de 3 horas para a organización das diferentes propostas e a coordinacióncos Departamentos Didácticos.

Na medida do posible, en función da dispoñibilidade de persoal no centro,designaranse outras persoas que poidan colaborar na organización e impulso deiniciativas no centro.

Crearase un órgano de coordinación: o Comité Ambiental, que tomará como base aComisión medioambiental do Consello Escolar.

Observación final:

A A21E é un proxecto de centro, polo que o ideal é que haxa colaboración eimplicación no mesmo por parte de todolos Departamentos Didácticos.

Ao ser un proxecto flexible o grado de participación pode ser variable, dependendodas diversas circunstancias e necesidades.

Page 36: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

INFORMACIÓNS PRESENTADAS NO BOLETÍN INFORMATIVO DO INSTITUTO.

Axenda 21 Escolar: estado da cuestión.

Xa no terceiro ano de andadura recordamos as motivacións para continuar cun proxectointeresante pero complexo, que require da colaboración de todas e todos:

- É un programa innovador, permite mellorar o traballo interdisciplinar e traballar dun xeitocompartido as temáticas socioambientais dentro da aula.

- Avanzar cara unha xestión máis sustentable dos recursos utilizados (enerxía, auga, papel,transporte, etc.).

- Un puntos dos clave para este curso: promover a implicación e favorecer a participación dacomunidade educativa, fundamentalmente do alumnado. Constituir un Comité Ambiental, conmembros activos de todolos sectores, é un obxectivo importante.

- Na medida do posible, promoveremos accións de sustentabilidade a nivel local – comarcal, encolaboración co Concello e asociacións locais.

- Queremos desenvolver propostas motivadoras e que todo o mundo se poda sentir partícipe,cada un-ha na medida das suas posibilidades e intereses.

Eleximos dous ámbitos de traballo:

-Consumo responsable: proseguindo co traballo iniciado o pasado curso sobre “alimentaciónsaudable”, dando continuidade a algunhas accións e desenvolvendo novas propostasrelacionadas co comercio xusto, consumo consciente e producción ecolóxica. Entre outrasactividades, estase colaborando co Programa Concellos Saudables (consumo de froita,almorzos equilibrados…).

-Contorno natural e biodiversidade: formando un Grupo de Traballo relacionado con estetema (O valor educativo dos roteiros interpretativos) e implicando ao alumnado en propostasrelacionadas co estudio e conservación do medio e a biodiversidade.

O coordinador do proxecto é Camilo Ojea Bouzo. É un proxecto de centro. Todas assuxerencias serán moi benvidas.

Proxecto Interdisciplinar.

No segundo curso de desenvolvemento deste proxecto, eleximos a “alimentación saudable” e o“estudio do patrimonio natural e cultural” como temáticas, en sintonía cos ámbitos da A21E, co finde aproveitar recursos e crear sinerxias. Tamén adicaremos algunhas sesións a estudiar o “uso daauga”, dando continuidade ao traballo iniciado o curso anterior.

A temporalización proposta inicialmente foi (posiblemente sexa modificada adicando máis tempo áterceira das temáticas):

• Alimentación saudable: 15 sesións.• Uso da auga: 10 sesións.• O noso patrimonio natural e sociocultural: 10 sesións

A estas alturas de curso estase rematando o primeiro bloque, con resultados satisfactorios.

As principais actividades realizadas:-Etiquetas de alimentos: recollida, selección e análise de información.-Coñecemento das principais enfermidades relacionadas coa alimentación (análise de documentosde diverso formato).-Os alimentos funcionais: beneficios e perigos. O papel da publicidade.-Alternativas para o consumo responsable: o comercio xusto e a agricultura ecolóxica.-Alimentación e desigualdades a nivel planetario.

O traballo do segundo bloque comeza cunha visita o día 27 de febreiro ao ecomuseo de Arxeriz, enEscairón.

colaboración de outras profesoras-es de diversas materias, dado o carácter interdisciplinar daproposta.

Page 37: Memoria proxecto Axenda 21 IES Lama das Quendas curso 2008-08

A21EG: IES Lama das Quendas de Chantada, curso 2008-09

CONCURSO FOTOGRÁFICO. CHANTADA PARAÍSO NATURAL: PAISAXES DO INVERNO.

BASES:- Tema: imaxes invernais, con neve, etc. da comarca de Chantada.

- Presentación de fotografías:--pode participar calquera persoa da comunidade educativa do IES Lama das Quendas

(alumnado, nais-pais / avós…, persoal do centro)--ata un máximo de 5 fotografías por persoa--meteranse nun sobre pechado, cun seudónimo escrito no sobre; no interior as fotografías

e outro sobre pechado cos datos do autor-a (nome e apelidos, curso ou outros datos que permitanidentificar ao autor-a –para nais/pais o tfno de contacto...).

- Formato:entregarase unha copia en papel da foto (pode ser en 2 tamaños 10x15 ou 20x30 cm).Pedirase o orixinal (negativo ou documento en formato dixital) das fotografías gañadoras eoutras seleccionadas. Calquera dúbida sobre a autenticidade da fotografía conlevará a súaeliminación.

- Premios: vales canxeables por roupa deportiva, CD de música ou libros en establecementosda vila de Chantada, por valor de:--1ºpremio: 50 euros.--2ºpremio: 25 euros.--3º premio: 15 euros.

- Prazo e lugar de entrega:--pódense presentar ata o martes 14 de abril, inclusive--lugar de entrega: secretaría do IES Lama das Quendas.

- Xurado: composto por 8 persoas (2 alumnas-os, 2 profesores-as, 2 nais ou pais de alumnose 2 membros do persoal non docente). A sua decisión será inapelabel.

- Uso das obras:As fotografías serán utilizadas para elaborar unha exposición, con fins educativos.