memoria final do departamento de lingua galega e …...ies a xunqueira ii rúa celso emilio...

16
IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 [email protected] 886.15.90.98 www.iesaxunqueira2.com Memoria final do departamento de Lingua galega e Literatura IES A Xunqueira II. Pontevedra. A xefatura de departamento. Sabela Laxe Díaz Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019 Páxina 1 de 16

Upload: others

Post on 12-Feb-2020

17 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Memoria final do

departamento de Lingua

galega e Literatura

IES A Xunqueira II.

Pontevedra.

A xefatura de departamento.Dª Sabela Laxe Díaz

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019 Páxina 1 de 16

Page 2: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Índice1. Modificacións introducidas durante o curso na programación didáctica feita ao principio de curso e as súas motivacións...........................................................................................................3

2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos en relación cos cursos anteriores...........4

3. Propostas para a revisión de:...................................................................................................5

a. A programación didáctica para o curso seguinte..................................................................5

b. A concreción curricular..........................................................................................................6

4. Funcionamento do departamento............................................................................................6

5. Composición do mesmo...........................................................................................................7

6. Temas máis importantes tratados nas reunións.......................................................................8

7. Informe de actividades complementarias e extraescolares......................................................9

8. Valoración do traballo feito para a integración das TIC na práctica docente, fomento da lectura e desenvolvemento das competencias clave...................................................................11

9. Libros de texto........................................................................................................................ 15

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019 Páxina 2 de 16

Page 3: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

1. Modificacións introducidas durante o curso naprogramación didáctica feita ao principio de curso e assúas motivacións.

Non se produciron modificacións da Programación Anual. Só houbo pequenasadaptacións puntuais na secuenciación dos temas consonte as circunstanciasparticulares de cada grupo, como a presenza de alumnado exento, excursións e outrasactividades, e, nalgún caso, a necesidade de lle dedicar máis tempo a algún tema para asúa correcta asimilación. Algúns grupos, polo seu interese e participación, demandaronunha maior profundización en certos aspectos do temario. Noutros, as condutasdisruptivas dalgúns alumnos dificultaron fortemente o desenvolvemento previsto.

Nalgúns cursos, sobre todo en cursos de ESO con Literatura na Programación, puidoalterarse a orde dos temas para dar continuidade e ligazón aos contidos literarios explicala seguindo unha orde cronolóxica. Nalgún curso de 4º ESO deixáronse temas desintaxe para non repetir o que viña facendo o Departamento de Lingua castelá co que secomparte escolas e tendencias. Neses cursos intensificáronse os temas de lingua ecreación.

Puideron quedar por ver certos apartados dalgunhas unidades, en beneficio deelaboración de textos poéticos, pequenos relatos, intercambios de opinión ou pequenasexposicións sobre aspectos de tipo cultural, histórico ou sociolingüístico.

O material utilizado foi o libro de texto e certos apuntamentos de apoio ou fichas condiversas actividades. Ademais disto, caderno de clase; dicionarios; libros de lecturaobrigatoria e de lectura opcional; lecturas escollidas para ler na clase e compartircomentarios; consultas en Internet.

Por outra banda, este curso resultou ser moi accidentado en canto ao número de baixasque se produciron ao longo do ano, por diferentes membros do Departamento. Estacircunstancia ralentiza e dificulta o cumprimento da programación polos períodos deadaptación duns e outros. Aínda así, conseguimos os obxectivos.

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019 Páxina 3 de 16

Page 4: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos enrelación cos cursos:

Os resultados globais do presente curso son os que se detallan a continuación:

TOTAL APTOS NON APTOS

1ºESO 120 ALUMNOS 91 ALUMNOS 29 ALUMNOS

2ºESO 87 ALUMNOS 67 ALUMNOS 18 ALUMNOS+2 EXENTOS

3ºESO

3ºESO PMAR

108

10

93

4

15

6

4ºESO 89 61 28

1ºBACH 96+6 BAIXAS 72 24

2ºBACH 90 87 3

LIT SÉC XX-XXI 2ºBACH 20 ALUMNOS 20 ALUMNOS 0

2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos enrelación cos cursos anteriores.

Literatura do século XX-XXI é unha materia optativa que cursan só aquelesalumnos realmente interesados, polo que o resultado é excelente. Ocorre algosimilar cos alumnos de 2º de Bacharelato que xa teñen claros os obxectivos. En 1ºde Bacharelato hai un resultado peor pois os alumnos veñen sen ritmo de estudose sobre todo, experimentan antes de ir a un Ciclo Medio.

Destacamos o baixo rendemento do grupo de PMAR, pois segundo o criterio daprofesora encargada de impartir aulas, o grupo estaba formado por alumnos quenon son realmemte de PMAR e estropeaban o grupo.

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019 Páxina 4 de 16

Page 5: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dous alumnos chegaron do estranxeiro na 3ªavaliación sen pedir exención poloque figuran como suspensos en 2º ESO e 4ºESO. En 4º ESO C, tres alumnos non se

presentaron aos exames nin asistiron á clase, polo que tamén figuran entre os

Suspensos.

3.Propostas para a revisión de:

a. A programación didáctica para o curso seguinte.

En principio non contemplamos modificacións substanciais na

programación, sempre a expensas das indicacións pertinentes que se

nos fan chegar a principio de curso por parte da inspección educativa.

Procuraremos, iso si, mellorar en todo o que sexa posible en canto ao

uso de todas as novidades que se nos vaian ofrecendo en canto a

programas educativos, uso das redes, etc., que iremos incorporando ao

noso día a día. Seguiímonos opoñendo ao uso de Edisgal de forma

unánime.

Ademais, probablemente sería interesante revisar a programación de

actividades complementarias e extraescolares do centro e intentar que

non coincidan as excursións longas e outras actividades como a Semana

da Música no terceiro trimestre e en semanas consecutivas, porque

afecta moito ao ritmo de traballo nalgún curso e dificulta que se poida

cumprir a programación establecida.

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019 Páxina 5 de 16

Page 6: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

A concreción curricular.

Sería moi interesante insistir no interese do grupo de reforzo para a

materia de Lingua galega e literatura en 2o e 1o de ESO e así poder

atender e concretar mellor a programación ás necesidades específicas

do alumnado que, por diversas razóns, leve un ritmo de aprendizaxe

máis lento ou necesite un reforzo en determinados aspectos.

Conviría tamén que a composición dos grupos desdobrados e dos de

referencia fose máis homoxénea, tanto no aspecto numérico como no

que se refire ás necesidades educativas e de atención particular aos

seus membros.

Insistimos en que os alumnos destes niveis 1º e 2º de ESO, traen un

nivel baixísimo da Lingua e moitos prexuízos sobre o seu uso.

Necesitamos traballar ambos con grupos reducidos.

4. Funcionamento do departamento.

Cúmprese a lexislación vixente coa hora mensual de reunión do departamento

e a redacción do informe sobre acordos e seguimento da programación. O

departamento funciona con total normalidade, destacando o bo ambiente e a

colaboración entre os seus membros, tanto os de destino definitivo como os

substitutos que, por diversas circunstancias, tivemos o presente curso.

O Departamento asume temporalmente o PMAR e así garante unha praza a

maiores das definitivas para dar unha mellor calidade de ensino con grupos

desdobrados.

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019 Páxina 6 de 16

Page 7: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Este curso foron concedidas dúas prazas definitivas que se suman ás dúas xa

existentes. A partir do vindiro curso o Departamento estará constituído por

catro persoas con praza definita, polo que se poderán plantexar diferentes

actuacións de futuro.

5. Composición do mesmo.

A materia de Lingua Galega e Literatura foi impartida no presente curso polas

dúas profesoras da plantilla do centro que conforman o departamento e tres

profesores interinos e unha profesora de Latín con horas de lingua.

Un membro do departamento actuou como Xefe do Departamento e outros

exerceron de titoras.

Composición do departamento e grupos asignados a cada membro:

Asignaciónde grupos.Profesor 1.

Patricia Puíme Montero

6

Profesor 2.Sabela Laxe Díaz

5

Profesor 3.Xosé Francisco Godón Davila

6

Profesor 4.Ricardo Maquieira Coello

5

Profesor 5.María Mercedes López

5

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019 Páxina 7 de 16

2ºBTO1º ESO 2º ESO 4ºESO 1º BTOtotal 3ºESO

1 grupo 2 grupos 3 grupos

1 grupo 4 grupos

1 grupo 1 grupo 3 grupos

1 grupo(optativa)

2 grupos 1 grupo 2 grupos

1 grupo2 grupos e PMAR

Page 8: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Sánchez

Profesor 6Maria do Carme García Diéguez

2

6. Temas máis importantes tratados nas reunións.

Os temas recurrentes nas reunións do Departamento, entre os outros que se

detallan nas actas, foron os seguintes:

- Seguimento da Programación Anual.

- Proposta e análise de diversos libros de lectura.

- Proposta de distintas actividades escolares do departamento. Valoración do

seu interese pedagóxico e decisión sobre as mesmas.

- Recuperación das materias pendentes e indicacións aos alumnos. Incluímos

aquí a elaboración das probas, a súa corrección e cualificación.

-Traballos de participación no Ben veñas Maio e noutras actividades escolares e

extraescolares.

- Comunicación e comentario dos temas tratados nas Comisións Pedagóxicas.

Resolución sobre as consultas solicitadas nelas.

- Revisión e cambios posibles de libros de texto, de lectura e outros materiais

pedagóxicos.

- Debate e consulta de apartados concretos da sintaxe e gramática.

- Análise dos resultados das distintas avaliacións.

- Participación nas actividades puntuais que foron surxindo durante o curso.

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019 Páxina 8 de 16

2 grupos

Page 9: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

7.Informe de actividades complementarias eextraescolares.

Colaboramos co Departamento de Dinamización Lingüística en todo tipo de

actividades destacando as encamiñadas a celebrar a Semana das Letras

Galegas coa anual actualización do mapa dos autores galegos xa

homenaxeados.

Colaboramos tamén, en todos os niveis, coas actividades do Ben veñas Maio:

videoclip, concurso de Banda Deseñada, Curtametraxe ,Concurso de

Fotografía, Concurso de Narración Curta,... acadando distintos premios,

concretamente, en narración curta levamos os dous premios, curtametraxe e

videoclip (destacamos o traballo que se fai ao longo da ESO de potenciar a

redacción e a creatividade escrita e oral).

Participamos nos Obradoiros OPS, ofertados polo Servizo de Normalización do

Concello, cos alumnos e alumnas de 1º de BACH.

Co gallo da chegada a Compostela de “A derradeira lección do mestre” de

Castelao, visitamos con 4º ESO a Cidade da Cultura e o Panteón dos galegos

ilustres.

Os alumnos de 3ºESO tiveron como lectura “Europa express”de Andrea

Maceiras e tivemos a honra de contar coa súa presenza para algaravía dosDirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de

2019 Páxina 9 de 16

Page 10: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

alumnos. Esta obra ofertouse tamén como lectura optativa en 4º ESO e tamén

asistiron á charla e posterior asinado de libros. Consideramos fundamental o

contaco dos escritores co alumnado e contamos coa inestimable colaboración

das diferentes editoriais galegas.

En colaboración co Departamento de Xeografía e Historia realizouse unha saída

a Campo Lameiro realizada por Ricardo Maquieira ,orixinario da zona, visitando

o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre.

Colaborando co Departamento de Relixión, visita ao monte Alba e co

Departamento de Educación Plástica e Visual, visita á praia da Lanzada.

Tendo en conta que dentro do Departamento contabamos coa presenza dun

autor, actor e director de teatro, Fran Godón, realizáronse varias postas en

escena.

Dous profesores colaboradores no programa PROA.

Participación no TEI ao longo do curso.

Quedaron moitas visitas por realizar de todas as que o Departamento

programou, pero foron tantas as visitas e saídas doutros Departamentos que

foi imposible realizar máis.

O grupo de teatro que se organizou o curso pasado tivo gran éxito entre o

alumnado, chegándose a sumar algún alumno doutros Centros. Este ano, aínda

que o intentamos, non foi posible, pois a profesora tivo diversos problemas

persoais. Polo que contemplamos a posibilidade de ofertalo, nalgún momento,

como asignatura optativa. .

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019

Páxina 10 de16

Page 11: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

8.Valoración do traballo feito para a integración das TICna práctica docente, fomento da lectura edesenvolvemento das competencias clave.

Desde o departamento trátase de fomentar a lectura mediante

recomendacións de libros e facilitando unha bibliografía que poden consultar,

mesmo sobre temas de actualidade de grande interese. Tamén se facilitan

artigos de prensa e revistas relacionados coa actualidade que os poidan

motivar e interesar.

Os libros de lectura que leron este curso os nosos alumnos e alumnas foron os

seguintes:

1º de ESO:

Ledicia Costas. Escarlatina, a cociñeira defunta.

Jordi Serra i Fabra, “Kafka e a boneca viaxeira”.

Fernando Castro, A derradeira bala.

2º de ESO:

Hector Cajaraville, Denébola, A Roxa.

Agustín Fernández Paz, Cartas de inverno.

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019

Páxina 11 de16

Page 12: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Fernando Castro, A derradeira bala.

3º de ESO:

Francisco Castro, O corazón de Branca de Neve.

Mo. Victoria Moreno, Anagnórise.

Antón Lopo, A arte de trobar.

4º de ESO:

Castelao, Os dous de sempre

Ánxel Fole, Á lus do candil.

Vanesa Sotelo e Fran Godón, Nome: bonita e Subterráneo.

O terceiro trimestre traballouse o teatro como literatura e feito cultural,

escenografía, improvisación,etc., polo que todos os cursos tiveron o teatro

como lectura. Decantámonos por autores actuais e un teatro novo.

Os alumnos de Bacharelato leron os libros recomendados na súa programación.

Respecto ás TIC, é frecuente o uso do ordenador para búsquedas de

información, redacción de traballos e solución de problemas. Tamén o visionado

de videos e documentais. Todo isto a un nivel básico.

No ámbito das novas tecnoloxías foron varias as actividades realizadas con

cada nivel educativo:

1º e 2º ESO:

Elaboración dunha exposición sobre un tema escollido por cada alumno/-a:

debían buscar

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019

Páxina 12 de16

Page 13: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

información na Internet, elaborar o traballo cun procesador de textos e un

guión no que se basearían para realizar a exposición oral. Presentaron o

traballo con portada, imaxes e texto.

3º ESO:

Elaboración dunha exposición sobre un tema escollido por cada alumno/-a:

debían buscar información na Internet, elaborar o traballo cun procesador de

textos para a súa entrega e valoración.

Ademais, elaboraron un guión e presentacións en powerpoint para realizar a

exposición oral.

Análise da presenza e uso da lingua galega nas páxinas web que visitan

habitualmente.

Dentro das aulas de Lingua galega e literatura tamén se fomentou o hábito

lector por dúas vías:

a) Coa realización de lecturas obrigatorias ao longo do curso.

b) Ofrecendo a posibilidade de realizar lecturas voluntarias sobre as que

deberían entregar unha ficha de lectura ou realizar un pequeno control. No

caso de que a ficha entregada se axustase aos criterios pedidos, valoraríase

positivamente na avaliación correspondente.

Análise das competencias educativas traballadas:

1.-Competencia en comunicación lingüística, tanto oral como escrita. No

ámbito da comunicación oral, foi sempre unha condición imprescindible o uso

oral da lingua galega nas intervencións na aula, feito ao cal unha grande parte

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019

Páxina 13 de16

Page 14: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

dos alumnos non están acostumados, custándolle facelo con soltura e

naturalidade, polo que houbo que vencer moitas reticencias.

No ámbito da comunicación escrita, o traballo diario do alumnado requiría dela

para facer as tarefas,pero tamén para a elaboración de traballos de

investigación e de fichas de lectura (voluntarias).

2.-Competencia social e cidadá: o alumnado analizou e valorou

positivamente a riqueza lingüística e cultural existente no mundo; coñeceu e

respectou as diferentes culturas aportadas polos compañeiros inmigrantes e

buscou puntos en común entre a nosa cultura e a deles (lendas, contos,

folclore...); estudou a existencia de diferentes usos, rexistros e niveis de lingua

adecuados para cada contexto comunicativo; coñeceu e valorou a existencia

de días dedicados á paz, a muller, a poesía, as Letras galegas, etc.

3.-Competencia no tratamento da información dixital: a través das

actividades anteriormente citadas observou a presenza da lingua galega nas

novas tecnoloxías e valorou o seu uso educativo; analizou e produciu diferentes

tipos de textos dixitais (só texto, só imaxe e imaxe e texto); utilizou a rede

para buscar información e aprendeu a ser crítico cunha fonte inesgotable de

recursos que carece, en moitos casos, dun filtro de calidade e fiabilidade.

4.-Competencia cultural e artística: o alumnado leu, produciu, apreciou e

valorou con criterio diferentes textos e obras literarias ao longo do curso.

Algúns destes traballos foron presentados a concursos internos ou externos,

con moito éxito.

5.-Competencia para aprender a aprender: o alumnado aplicou diferentes

técnicas de estudo (subliñado, esquema de ideas principais/secundarias, mapa

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019

Páxina 14 de16

Page 15: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

conceptual, resumo, definición de conceptos) de diferentes tipos de textos

(xornalísticos, narrativos, descritivos, persoais...) adaptados aos diferentes

niveis; aprendeu a ser crítico e a levar adiante tarefas de revisión dos textos de

elaboración propia; ampliou o seu léxico mediante o uso de dicionarios (en

diferentes formatos); buscou información para a elaboración de traballos e

realizou unha exposición oral diante dos seus compañeiros.

6.-Competencia para a autonomía e a iniciativa persoal: o alumnado

realizou análises críticas de diferentes tipos de textos, da existencia de

diferentes formatos adecuados para a realización de tarefas escolares e

observou a existencia de factores positivos e negativos no uso das novas

tecnoloxías. No ámbito da lingua observou e valorou positivamente a presenza

da lingua nos diferentes ámbitos e a posibilidade de utilizar a lingua en

diferentes e enriquecedores contextos.

9. Libros de texto.

Ademais do imprescindible caderno do alumno e das fotocopias proporcionadas

polo profesor/a en calquera nivel e nomeadamente nos cursos de bacharelato,

contamos con outros materiais e recursos que se detallan a continuación.

Para os niveis de 2º ESO e 4º ESO, da editorial Anaya utilizamos os seguintes

recursos e materiais

- O libro do alumnado para a área de Lingua Galega e Literatura 2º ESO e 4º

ESO.

- A Proposta didáctica para Lingua Galega e Literatura 2º ESO e 4º ESO.

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019

Páxina 15 de16

Page 16: Memoria final do departamento de Lingua galega e …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal 886.15.90.98 Memoria

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

- Os recursos da Proposta didáctica, que recollen lecturas complementarias;

fichas de traballo de reforzo e de ampliación; material para o desenvolvemento

das competencias; plan lector e a Adaptación curricular.

- O xerador de probas escritas de avaliación.

- O libro dixital.

- Os recursos que se ofrecen na web www.anayaeducacion.es.

- Os cadernos complementarios de ortografía, léxico, morfosintaxe e expresión

escrita.

- As propostas de traballo do caderno Portfolio.

Para os niveis de 1º ESO e 3º ESO utilizamos os libros da editorial Consorcio -

Bahía ed., e todo o material que a editorial puxo á nosa disposición.

En 1º e 2º de BACH. traballouse com material proporcionado polo profesor/a e

con material accesible pola rede.

De gran utilidade resulta a páxina ogalegoeu para a práctica da lingua.

Outro recurso que a dotación do centro puxo ao noso dispor en cada aula é a

consulta e o acesso ao material de todo tipo que se encontra na rede: xornais,

vídeos, páxinas especializadas en temas concretos, ...

Dirección MD50XD04G Actualización do 26 de June de 2019

Páxina 16 de16