memoria do grupo s1a · 2016-05-04 · para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos...

25
MEMORIA DO GRUPO S1A S1A: María Aneiros Aneiros S1A1 María Barcón Lage S1A2 Santiago Cacheiro Requeijo S1A3 Patricia Campos Castelos S1A4 Laura Casal Tizado S1A5 1. Explicación de Grupo: 1.1. Resumo do traballo realizado. Resultados en relación ao blogue. Resultados consonte as competencias. Eficacia e solucións para superar os obstáculos atopados. Actividades significativas realizadas. Ao longo deste cuadrimestre, o noso grupo centrouse no tratamento da saúde mental por parte dos medios de comunicación. Para iso, contactamos con diferentes asociacións da nosa comarca como Itínera ou Andaina, que traballan man a man con persoas que teñen algunha enfermidade mental , que son os que mellor poden documentar como reciben o tratamento da saúde mental que emiten os medios. Tamén quixemos ter o punto de vista dos medios, polo que contactamos con Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios). Con estas asociacións foi cas que traballamos principalmente, levando a cabo dous círculos de aprendizaxe, partindo sempre da idea de que nos atopabamos en igualdade total á hora de expresarnos, e onde todas as opinións eran ben recibidas, pois, ao igual que se traballa nas asociacións coas que mantivemos contacto, nós tampouco quixemos establecer unha liña que separase aos profesionais das asociacións dos voluntarios ou dos usuarios. Participamos tamén, tanto como testemuñas como de forma activa, nalgunhas das súas actividades, visitamos os lugares onde traballan estas asociacións, non só en Santiago senón tamén nas zonas rurais como en Dodro, onde é mais complexo realizar as actividades que levan a cabo nestes centros, ademais de crear un correo electrónico no que recibiamos as opinións, relatos persoais, experiencias ou todo aquilo que quixeran contarnos, tanto os usuarios coma os voluntarios. Os obstáculos máis importantes a salvar foron os problemas de protección de datos dos usuarios das asociacións. Ao tratarse de persoas cun diagnóstico clínico, é complicado acceder aos seus datos, porque, evidentemente, existe unha protección en canto aos seus nomes completos e á súa imaxe, polo que non puidemos sacar fotos nos círculos nin nas actividades. Por outra banda, foi complicado tamén compaxinar horarios para realizar actividades coas asociacións e tamén para organizar os círculos, pois era complicado que cadrasen as actividades a realizar cos nosos horarios lectivos, complicándose aínda máis cos cambios de horarios de última hora, charlas, etc, que nos levaron a ter que atrasar moitos encontros. Ao final conseguimos compaxinar os horarios e realizar así os dous círculos de aprendizaxe que tiveron lugar o sete e o dezanove de abril no piso da Asociación Itínera na rúa República Arxentina en Santiago de Compostela, a través dos cales puidemos realizar dúas entradas grupais coas que intentamos transmitir a todos os nosos lectores aqueles coñecementos adquiridos a través das opinións e da análise das noticias levado a cabo nestes encontros.

Upload: others

Post on 23-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

MEMORIA DO GRUPO S1A S1A:

María Aneiros Aneiros S1A1 María Barcón Lage S1A2 Santiago Cacheiro Requeijo S1A3 Patricia Campos Castelos S1A4 Laura Casal Tizado S1A5

1.­ Explicación de Grupo: 1.1.­ Resumo do traballo realizado. Resultados en relación ao blogue. Resultados consonte as competencias. Eficacia e solucións para superar os obstáculos atopados. Actividades significativas realizadas. Ao longo deste cuadrimestre, o noso grupo centrouse no tratamento da saúde mental por parte dos medios de comunicación. Para iso, contactamos con diferentes asociacións da nosa comarca como Itínera ou Andaina, que traballan man a man con persoas que teñen algunha enfermidade mental , que son os que mellor poden documentar como reciben o tratamento da saúde mental que emiten os medios. Tamén quixemos ter o punto de vista dos medios, polo que contactamos con Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios). Con estas asociacións foi cas que traballamos principalmente, levando a cabo dous círculos de aprendizaxe, partindo sempre da idea de que nos atopabamos en igualdade total á hora de expresarnos, e onde todas as opinións eran ben recibidas, pois, ao igual que se traballa nas asociacións coas que mantivemos contacto, nós tampouco quixemos establecer unha liña que separase aos profesionais das asociacións dos voluntarios ou dos usuarios. Participamos tamén, tanto como testemuñas como de forma activa, nalgunhas das súas actividades, visitamos os lugares onde traballan estas asociacións, non só en Santiago senón tamén nas zonas rurais como en Dodro, onde é mais complexo realizar as actividades que levan a cabo nestes centros, ademais de crear un correo electrónico no que recibiamos as opinións, relatos persoais, experiencias ou todo aquilo que quixeran contarnos, tanto os usuarios coma os voluntarios. Os obstáculos máis importantes a salvar foron os problemas de protección de datos dos usuarios das asociacións. Ao tratarse de persoas cun diagnóstico clínico, é complicado acceder aos seus datos, porque, evidentemente, existe unha protección en canto aos seus nomes completos e á súa imaxe, polo que non puidemos sacar fotos nos círculos nin nas actividades. Por outra banda, foi complicado tamén compaxinar horarios para realizar actividades coas asociacións e tamén para organizar os círculos, pois era complicado que cadrasen as actividades a realizar cos nosos horarios lectivos, complicándose aínda máis cos cambios de horarios de última hora, charlas, etc, que nos levaron a ter que atrasar moitos encontros. Ao final conseguimos compaxinar os horarios e realizar así os dous círculos de aprendizaxe que tiveron lugar o sete e o dezanove de abril no piso da Asociación Itínera na rúa República Arxentina en Santiago de Compostela, a través dos cales puidemos realizar dúas entradas grupais coas que intentamos transmitir a todos os nosos lectores aqueles coñecementos adquiridos a través das opinións e da análise das noticias levado a cabo nestes encontros.

Page 2: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

O blogue foi o lugar onde quixemos compartir todo o aprendido durante o noso contacto coas asociacións. Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de diferentes campos como a literatura, o cine, as campañas publicitarias, o manual de estilo para publicacións nos medios creado por Feafes, as imaxes, etc. 1.2.­ Rexistro­itinerario (por datas, desde o máis novo ao máis antigo) de accións emprendidas. Diarios: resultados. 25 de abril 2016 ­ PUBLICACIÓN GRUPAL ­ IIº Círculo Saíde Mental (S1A) 25 de abril 2016 ­ PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL ­ Electroshocks como parte do tratamento médico (María Barcón Lage ­ S1A2) 22 de abril 2016 ­ PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL­ Xogan os xornalistas coas imaxes? (Patricia Campos Castelos ­ S1A4) 20 de abril 2016 ­ PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL ­ A realidade das enfermidades mentais nos medios (María Aneiros Aneiros ­ S1A1) 21 de abril 2016 ­ PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL ­ Un novo caso de vulnerabilidade ante os medios (Santiago Cacheiro Requeijo ­ S1A3) 20 de abril 2016 ­PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL­ A realidade das enfermidades mentais nos medios (María Aneiros Aneiros ­ S1A1) 19 de abril 2016 ­ REUNIÓN círculo de aprendizaxe (S1A) 19 de abril 2016 ­ PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL­Persoas con enfermidade mental no cumio da celebridade (Laura Casal Tizado ­ S1A5) 19 de abril 2016 ­ PUBLICACIÓN GRUPAL ­ Primeiro Círculo Saúde Mental (S1A) 18 de abril 2016 ­ PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL ­Os erros das publicacións fronte á verdade (María Barcón Lage ­ S1A2) 11 de abril 2016 ­PUBLICACIÓNARTIGO INDIVIDUAL ­Nin vítimas nin delincuentes (Santiago Cacheiro Requeijo ­ S1A3) 8 de abril 2016 ­ PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL­ Saúde mental e deportes (Patricia Campos Castelos ­ S1A4) 7 de abril 2016 ­ REUNIÓN círculo de aprendizaxe (S1A) 6 de abril 2016 ­ PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL­ É racional o medo aos enfermos mentais? (María Aneiros Aneiros ­ S1A1) 4 de abril 2016 ­ PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL ­ As opción ante a dependencia das persoas con enfermidade mental (Laura Casal Tizado ­ S1A5) 28 de marzo 2016 ­ PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL­ As enfermidades mentais nos libros (María Barcón Lage ­ S1A2) 17 de marzo 2016 ­ PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL­ Descubrindo a labor das asociación de enfermos mentais (Santiago Cacheiro Requeijo ­ S1A3) 16 de marzo 2016 ­ PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL ­Prexuízos e autocomplexos (Patricia Campos Castelos ­ S1A4) 15 de marzo 2016 ­ PUBLICACIÓN ARTIGO INDIVIDUAL ­As enfermedades mentais no cine (María Aneiros Aneiros ­ S1A1) 15 de marzo 2016 ­ VISITA á actividade de debate da Asociación Itínera (María Aneiros Aneiros ­ S1A1) 14 de marzo 2016­ PUBLICACIÓNARTIGO INDIVIDUAL ­Autoafirmar as enfermidades mentais no xornalismo (Laura Casal Tizado ­ S1A5)

Page 3: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

5 de marzo 2016 ­ Creación do correo electrónico [email protected] para recibir todo aquilo que os usuarios e voluntarios das asociacións queIran aportar (experiencias, formas de traballo das asociacións, dificultades do día a día (María Barcón Lage ­ S1A2) 3 de marzo 2016 ­ VISITA a Dodro para coñecer a Asociación Andaina (María Aneiros Aneiros ­ S1A1; María Barcón Lage ­ S1A2; Patricia Campos Castelos ­ S1A4; Laura Casal Tizado ­ S1A5) 24 de febrero 2016 ­VISITA ao cemiterio do Psiquiátrico de Conxo coa Asociación Itínera (Santiago Cacheiro Requeijo ­ S1A3; Laura Casal Tizado ­ S1A5) 1.3.­ Pequeno test ao traballo realizado (máximo, 1 parágrafo de 10 liñas cada apartado) 1.3.1.­ Estimación sobre os procedementos levados ao cabo polo GT. O grupo ao completo traballou arreo para a realización dun traballo o máis completo e competente posible, atendendo ás recomendacións feitas tanto polos coordinadores, o profesor, como polos membros das asociacións consultadas. Fomos traballando paso a paso á hora de facer a información apoiándonos nas opinións e no criterio das persoas que están máis involucradas día a día na realidade social que tratamos para así poder retratala da maneira mais fiel posible. Por outra banda, traballamos man a man coas persoas, comunicándonos en igualdade para crear un ambiente de confianza no que poder espallar as ideas de maneira libre e sá, e poder recollelas para o noso enriquecemento persoal e profesional. 1.3.2.­ Estimación sobre o seguimento do tema nos artigos e nas interpretacións grupais realizadas. Axuste aos indicadores. O noso grupo quixo observar o tratamento da saúde mental no medios de comunicación que colaboran a crear unha imaxe irreal do colectivo. Respostamos así ao primeiro dos nosos indicadores, que falaba do tratamento espectacularizante e morboso que se transmite á xente e que é creador de estigmas e prexuízos cara os enfermos e o seu mundo. Atopámonos na nosa análise, como xa supuxeramos ao escoller o noso segundo indicador, un problema de linguaxe, que é inadecuada e negativa, o que nos leva ao noso terceiro indicador referido ao tratamento negativo dos temas relacionados coa saúde mental, pois na propia selección dos temas a tratar é moito máis sinxelo atopar relacións con actos violentos que con accións positivas. Todo isto desemboca na creación dun descoñecemento por parte da poboación da realidade social dos medios, que é precisamente o último dos nosos indicadores. 1.3.3.­ Estimación dos comentarios realizados polos membros dos GT a outros grupos e alumnos. Dende o noso grupo non quixemos encerrarnos só no tema da saúde mental, senón que colaboramos cós nosos compañeiros de outros grupos comentando algunhas das súas entradas. Cada un de nós comentou un total de seis post, que xa fose polo interese persoal que espertaba nel o tema ou polo acordo ou desacordo co alí expresado, nos resultaron de interese. Tentamos aportar nos nosos comentarios unha argumentación que dese lugar a un debate sobre o tema en particular e, cando foi posible, tamén ofertamos aos nosos compañeiros algún enlace que consideramos podía serlles de utilidade para o tratamento do seu tema. 1.3.4.­ Pertinencia e permanencia dos Círculos xerados desde o GT de aprendizaxe. Contactos. Estado no que fica o Círculo. Para garantir a permanencia no tempo do noso círculo chegamos a un acordo con Carlos Martínez Uzal, coordinador da Asociación Itínera, que se comprometeu a que cada ano participen no círculo entre tres e seis persoas entre os que haxa representación de usuarios, voluntarios e profesionais.

Page 4: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

Porén explicounos a imposibilidade que se lle presentaba para garantir que as mesmas persoas que traballaron con nós fosen os que participasen en vindeiros anos, xa que nin el mesmo sabía se ían seguir na asociación. Aínda así afirmou a súa colaboración como Asociación que aportase usuarios e voluntarios e que colaborase cada ano activamente co observatorio garantindo así a súa continuidade neste. 1.3.5.­ Estimación sobre a vinculación do realizado no blogue con conceptos, modelos e teorías vistos e entregados polo profesor na aula (apropiación dos coñecementos nas publicacións realizadas) Os membros do grupo intentamos tratar temas que poidan interesar aos lectores do blogue, pero sen deixar de lado aqueles que normalmente fican esquecidos incluso nos medios de comunicación especializados. É complicado facer unha análise profunda nun espazo tan reducido como son 700 palabras, pero penso que aplicamos os coñecementos adquiridos na clase en materia de comunicación e, sobre todo, de comunicación interpersonal e comunitaria. Basicamente, como xa se mencionou en puntos anteriores, nós partimos dunha base de traballar e consultar man a man ás persoas en igualdade, para así poder facer información da maneira máis correcta, respectuosa e fiel ao colectivo posible. Polo tanto, nós en todo momento traballamos de persoa a persoa, tomándoas como parte indispensable deste proxecto. 1.4.­ Materiais. 1.4.1.­ Referencias consultadas (enlaces comentados). Aneiros Aneiros, María ­ S1A1

1. Primeiro post: As enfermidades mentais no cine → https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/15/as­enfermidades­mentais­no­cine/

a. Palabra clave → Posibilidades. Web decine21.com: “Las 100 mejores películas

sobre la locura y las enfermedades mentales”. http://decine21.com/listas­de­cine/lista/Las­100­mejores­peliculas­sobre­la­locura­y­las­enfermedades­mentales­93504

b. Palabra clave → Asasino en serie real. Web psicologiaymente.net: “Vida y retrato psicológico de Ed Gein, “el carnicero de Plainfield”. https://psicologiaymente.net/forense/ed­gein­carnicero­plainfield­1#

c. Palabra clave → Shutter Island. Web filmaffinity.com: “Shutter Island”. https://www.filmaffinity.com/es/film173696.html

d. Palabra clave → Cisne Negro. Web filmaffinity.com: “Cisne Negro”. http://www.filmaffinity.com/es/film458406.html

2. Segundo post: É racional o medo aos enfermos mentais? →

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/06/e­racional­o­medo­aos­enfermos­mentais/

a. Palabra clave → Estudo. Web depre.net: “¿El esquizofrénico, puede ser un

asesino?”. http://depre.net/el­esquizofrenico­puede­ser­un­asesino/#.Vx­qXEc4qC5 b. Palabra clave → “Un enfermo mental incendia a súa casa e profire ameazas de

morte”. Xornal Diario de Córdoba: “Un enfermo mental quema su casa y profiere amenazas de muerte”.

Page 5: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

http://www.diariocordoba.com/noticias/cordobaprovincia/enfermo­mental­quema­casa­profiere­amenazas­muerte_1028909.html

c. Palabra clave →“Incidencia a vivenda dun enfermomental que matara a golpes a un neno de tres anos” Xornal Listin Diario: “ Incencidan vivienda de enfermo mental que mató a golpes a niño de tres años”. http://www.listindiario.com/la­republica/2016/03/24/412951/incendian­vivienda­de­enfermo­mental­que­mato­a­golpes­a­nino­de­tres­anos

d. Palabra clave → Páxina. Xornal El País: “Caso de Germanwings”. http://elpais.com/tag/germanwings/a/

3. Terceiro post: A realidade das enfermidades mentais nos medios →

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/20/a­realidade­das­enfermidades­mentais­nos­medios/

a. Palabra clave → Reinforcing Stigmatization: Coverage of Mental Illness in

Spanish Newspapers. Web researchgate.net https://www.researchgate.net/publication/261442031_Reinforcing_Stigmatization_Coverage_of_Mental_Illness_in_Spanish_Newspapers

b. Palabra clave → Universidade Complutense de Madrid. Estigma e enfermidade mental. Universidade Complutense de Madrid http://biblioteca.ucm.es/ecsa/9788474919806.pdf

c. Palabra clave → Titular. Xornal ABC: “El 84% se siente rechazado por la incomprensión hacia la enfermedad mental”. http://sevilla.abc.es/sevilla/sevi­84­por­ciento­siente­rechazado­incomprension­hacia­enfermedad­mental­201603282128_noticia.html

Barcón Lage, María ­ S1A2

1. Primeiro post: As enfermidades mentais nos libros https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/28/as­enfermidades­mentais­nos­libros/

a. Palabra clave → Autocontrol

http://hervadapsicologos.com/2013/06/04/el­autocontrol­emocional/ b. Palabra clave → Trastorno bipolar http://www.drromeu.net/trastorno­bipolar/ c. Palabra clave → El extraño caso del Dr. Jekyll y Mr. Hyde

http://escrituraenpiedra.blogspot.com.es/2013/09/dr.html d. Palabra clave → La Luna no está

http://www.culturamas.es/blog/2014/03/25/la­luna­no­esta­el­sorprendente­libro­de­nathan­filer/

e. Palabra clave → Los renglones torcidos de Dios https://cocatiz.files.wordpress.com/2009/08/luca­de­tena­torcuato­los­renglones­torcidos­de­dios.pdf

2. Segundo post: Os erros das publicacións fronte á verdade

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/18/os­erros­das­publicacions­fronte­a­verdade/

Page 6: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

a. Palabra clave → Artigo http://www.diariocordoba.com/noticias/cordobaprovincia/enfermo­mental­quema­casa­profiere­amenazas­muerte_1028909.html

b. Palabra clave → Medicación http://www.who.int/mental_health/management/psychotropic_book_spanish.pdf

c. Palabra clave → Enfermidade http://sevilla.abc.es/sevilla/sevi­84­por­ciento­siente­rechazado­incomprension­hacia­enfermedad­mental­201603282128_noticia.html

d. Palabra clave → Moitos casos http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/poio/2016/04/01/secundino­presentaba­veintena­lesiones­trece­craneo/0003_201604P1C6991.htm

e. Palabra clave → Libro de estilo https://consaludmental.org/publicaciones/GuiaEstiloFEAFESLauraBolanos.pdf

3. Terceiro post: Electrochocs como parte do tratamento médico

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/25/electroshocs­como­parte­do­tratamento­medico

a. Palabra clave → noticia http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/04/06/actualidad/1396816993_322595.html

b. Palabra clave → “Los impagos dejan en el aire a 300 enfermos mentales en Alicante” http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/02/18/valencia/1392738508_392195.html

c. Palabra clave → Electroshocs http://www.bbc.com/mundo/noticias/2016/02/160218_electrochoque_controversia_am

d. Palabra clave → Terapia electroconvulsiva http://www.chospab.es/publicaciones/protocolosEnfermeria/documentos/9f823a1dac3887ef602f0317ef704010.pdf

e. Palabra clave → “Te sorprenderá saber con que frecuencia se usa el electrochoque hoy” http://www.laopinion.com/2016/02/19/electrochoque­por­que­aun­se­usa­este­tratamiento­tan­polemico/

f. Palabra clave → OMS http://www.who.int/mental_health/policy/legislation/WHO_Resource_Book_MH_LEG_Spanish.pdf

g. Palabra clave → Estudos https://cchrlatam.org/folletos/SPA­ECT.pdf Cacheiro Requeijo, Santiago ­ S1A3

1. Primeiro post: Descubrindo a labor das asociacións de enfermos mentais → https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/17/fagamos­visibles­as­suas­labores/

a. Palabra clave → Asociación Itínera. Web Asociación Itínera.

http://www.asociacionitinera.com/ b. Palabra clave → Andaina. Asociación Andaina Pro Saúde Mental.

http://andainaprsm.blogspot.com.es/

Page 7: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

c. Palabra clave → Xogo de Tronos. Web facebook.com: “Asociación Itínera. Vídeo: ‘Defiende el Norte. Capítulo 2: “Duelo a muerte”.”. https://www.facebook.com/180462995421255/videos/vb.180462995421255/688158517985031/?type=3&theater.

2. Segundo post: Nin víctimas nin delincuentes →

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/11/nin­victimas­nin­delincuentes/

a. Palabra clave → Estudo. Xornal Europa Press: “El estigma del trastorno mental: de

las burlas en la escuela a la vulneración de derechos”. http://www.europapress.es/sociedad/noticia­estigma­trastorno­mental­burlas­escuela­vulneracion­derechos­20151021172920.html

b. Palabra clave → Confederación Salud Mental España. Web consaludmental.org. https://consaludmental.org/

c. Palabra clave → Noticia. Xornal La Verdad: “Diseñan una playa para enfermos mentales”. http://www.laverdad.es/murcia/cartagena/201604/06/disenan­playa­para­enfermos­20160406011732­v.html

3. Terceiro post: Un novo caso de vulnerabilidade ante os medios →

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/21/un­novo­caso­de­vulnerabilidade­ante­os­medios/

a. Palabra clave → Carta. Web facebook.com: “Wentworth Miller”

https://www.facebook.com/wentworthmilleractorwriter/posts/1713822728830662:0 b. Palabra clave → Desculpas. Web facebook.com: “The LAD Bible”.

https://www.facebook.com/LADbible/posts/2691099820937191 c. Palabra clave → Medios de comunicación. Web noticiasdelaciencia.com: “Estar

disponible a todas horas en las redes sociales puede generar ansiedad y depresión en la adolescencia”. http://noticiasdelaciencia.com/not/16005/estar­disponible­a­todas­horas­en­las­redes­sociales­puede­generar­ansiedad­y­depresion­en­la­adolescencia/

Campos Castelos, Patricia ­ S1A4

1. Primeiro post: Prexuízos e autocomplexos → https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/16/prexuizos­e­autocomplexos/

a. Palabra clave → Andaina. Asociación Andaina Pro Saúde Mental.

http://andainaprsm.blogspot.com.es/ b. Palabra clave → Podería padecer. Xornal 20 minutos: “Expertos señalan que el

copiloto de Germanwings podría padecer una patología mental muy oculta”. http://www.20minutos.es/noticia/2418388/0/expertos­psicologia­psiquiatria/copiloto­germanwings/patologia­mental­oculta/

c. Palabra clave → Exemplo. Web Personasque.es: “¿Es posible el embarazo con esquizofrenia?” https://www.personasque.es/esquizofrenia/salud/diagnostico/embarazo­2228

Page 8: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

2. Segundo post: Saúde mental e deportes →

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/08/saude­mental­e­deportes/

a. Palabra clave → FIFPro. Web FIFPro: “Estudio: Enfermedad mental en el fútbol profesional”.https://www.fifpro.org/es/noticias/estudio­enfermedad­mental­en­el­futbol­profesional

b. Palabra clave→NBA. Web Solobasket.com: “Trastornos mentales, luchando contra los demonios” http://www.solobasket.com/salud/trastornos­mentales­luchando­contra­los­demonios­interiores

c. Palabra clave → Suicidio. Xornal O Mundo Deportivo: “Un futbolista alemán se suicida tras tres intentos fallidos”. http://www.mundodeportivo.com/20140720/futbol/internacional/un­futbolista­aleman­se­suicida­tras­tres­intentos­fallidos_54412298225.html

d. Palabra clave → Noticia. Xornal 20 minutos: “De promesa de la NBA a vagar errático por la calle: la tragedia de Delonte West”. http://blogs.20minutos.es/deportes­el­ultimo­tiro/2016/02/28/de­promesa­de­la­nba­a­vagabundo­erratico­la­tragedia­de­delonte­west/

3. Terceiro post: Xogan os xornalistas coas imaxes? →

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/22/10426/

a. Palabra clave → Carta. Web Consalud.org: “Carta abierta a los productores de ‘La que se avecina’”. https://consaludmental.org/sala­prensa/carta­abierta­productores­serie­television­la­que­se­avecina­18768/

b. Palabra clave → Noticia. Xornal O País: “Ellos se ocultan, el sistema les olvida”. http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/04/08/actualidad/1365451355_580267.html

c. Palabra clave → Noticia. Xornal 20 minutos: “Operan con éxito a un paciente de esquizofrenia colocando electrodos en el cerebro”. http://www.20minutos.es/noticia/2502721/0/operan­exito/paciente­esquizofrenia/electrodos­cerebro/

Casal Tizado, Laura ­ S1A5

1. Primerio post: Autofirmar as enfermidades mentais no xornalismo → https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/14/concienciarnos­informarnos­orientarnos/

a. Palabra clave → OMS. Web who.int

.http://www.who.int/features/factfiles/mental_health/mental_health_facts/es/ b. Palabra clave → “Salud mental y medios de comunicación”. Web FEAFES.

http://feafesgalicia.org/img/documentacion/guias/Guia­de­estilo­Salud­mental­y­medios­de­comunicacion.pdf

c. Palabra clave → FEAFES. Web FEAFES. http://feafesgalicia.org/

2. Segundo post: As opcións ante a dependencia das persoas con enfermidade mental → https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/as­opcions­ante­a­dependencia­das­persoas­con­enfermidade­mental/

Page 9: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

a. Palabra clave → lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía

Persoal e Atención das persoas en situación de dependencia. Web ine.es http://www.ine.es/ss/Satellite?L=es_ES&c=INESeccion_C&cid=1259925472720&p=1254735110672&pagename=ProductosYServicios%2FPYSLayout&param3=1259926137287

b. Palabra clave → Observamos os datos. Web boe.es. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE­A­2006­21990

c. Palabra clave → Xenero en materia de referencia. Web consaludmental.org. https://consaludmental.org/publicaciones/XVI­Dictamen­Observatorio­Dependencia.pdf

3. Terceiro post: Persoas con enfermidade mental no cumio da celebridade →

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/persoas­con­enfermidade­mental­no­cumio­da­celebridade/

a. Palabra clave → Prensa rosa Xornal La Voz de Galicia: “Angelina Jolie y su

estremada delgadez” http://novo.lavozdegalicia.es/noticia/novo/que­se­cuece/2016/04/04/angelina­jolie­preocupante­delgadez/00031459791070499784362.htm

b. Palabra clave → “La vida poco <<maravillosa>> de John Nash, esquizofrénico y Premio Nobel de Economía”. Xornal ABC: http://www.abc.es/ciencia/20150525/abci­nash­mente­maravillosa­muere­201505242127.html

c. Palabra clave → Medios Xornal El Pais: “Hugh Laurie tiene depresión” http://elpais.com/elpais/2007/10/30/actualidad/1193730534_850215.html

1.4.2.­ Materiais audiovisuais aportados. Enlaces activos á Memoria Audiovisual do Blogue. Como xa comentamos en puntos anteriores, existen, por mor da lei de protección de datos, problemas para a distribución de imaxes das persoas usuarias das asociacións, polo que non puidemos achegar demasiado material audiovisual á memoria do blogue (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/biblioteca­audiovisual­cic­1516/) Achegamos, por unha parte, os audios dos dous círculos realizados. Primeiro círculo 7/4/16: https://drive.google.com/file/d/0B9HA90gJfgkHUzZMN1Q4ckJoWms/view Segundo círculo 19/4/16: https://drive.google.com/file/d/0B9HA90gJfgkHYnNKZFNVakpuWEk/view Por outra banda, algunha imaxe, tamén, dos círculos, pero sen amosar as caras das persoas, xustamente pola razón mencionada. Os encargados da Memoria audiovisual subiron unha delas (un calendario para a visibilización das enfermidades mentais con caras coñecidas do panorama galego e nacional), pero non subiron a foto do segundo círculo, que se pode atopar na portada da entrada do blogue. https://drive.google.com/file/d/0B9HA90gJfgkHems0d2JSUlh0Tmc/view En canto ás actividades, si que puidemos enviar á Memoria Audiovisual unhas fotos tomadas na nosa saída coa Asociación Itínera ao antigo cemiterio do hospital psiquiátrico de Conxo, no que voluntarios, usuarios e traballadores da asociación levan anos facendo un fantástico traballo de restauración e posta en valor dun espazo impresionante pero que ficou totalmente esquecido desde que

Page 10: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

deixou de utilizarse alá polos anos 70. https://drive.google.com/folderview?id=0B9HA90gJfgkHZjM1cUR5cWM2QTA&usp=sharing 1.4.3.­ Axenda de contactos. Nomes, roles e que aportaron.

­ Carlos Martínez Uzal (psicólogo e coordinador da Asociación Itínera): Dende o primeiro momento brindouse a axudarnos en todo o que quixeramos e ofreceuse a facernos partícipes ou testemuñas das actividades da asociación. Ao estar man a man cos usuarios cada día sabe moi ben os problemas que teñen tanto á hora de lidiar cos medios de comunicación coma ca sociedade en xeral, e fíxonos coñecedores desta realidade antes case inexistente para nós. Podemos dicir que esta asociación é o piar do noso traballo.

­ Cristina Fernández (voluntaria da Asociación Itínera): Cristina é unha das voluntarias

veteranas de dita asociación. Sabe ao igual que Carlos o traballo diario que se leva a cabo entre as súas paredes e ao ter unha idade máis próxima á nosa puido darnos un punto de vista menos “técnico” por así dicilo, máis coloquial.

­ Marcos Regueira Núñez (usuario da Asociación Itínera): Foi o usuario co que contamos nos

dous círculos de aprendizaxe que levamos a cabo. A súa visión é crucial para o desenvolvemento deste traballo e serviunos, curiosamente, para percatarnos de que tiña unha opinión acerca do tratamento da saúde mental por parte dos medios de comunicación moi distinta á que nos poderiamos esperar.

­ Ana Ramos (xornalista membro de Agareso): Participou no primeiro círculo de aprendizaxe e

foi a moderadora do mesmo. Representou aos medios de comunicación e aportou coma coñecedora do xornalismo social posibles pautas que deberán seguir os xornalistas para conseguir un mellor tratamento do tema.

­ Xurxo Salgado (membro de Agareso e xornalista en Galicia Confidencial): Contamos con el

para o segundo círculo de aprendizaxe. Aínda que de primeiras o non estar especializado no tema podía ser un inconvinte para nós resultou ser todo o contrario, pois puidemos ver ao que se enfronta un xornalista cando ten que tratar noticias sobre saúde mental entre moitas outras e ten os coñecementos básicos que podemos ter calquera de nós.

­ Alejandro Díaz Forján (psicólogo de Andaina): Permitiunos o achegamento a asociación

Andaina ao convidarnos a acudir ás súas instalacións situadas en Dodro para coñecer o seu método de traballo, ademais de aos seus voluntarios e usuarios, que estiveron encantados de falar connosco. Fronte á imposibilidade que tiña de participar nos nosos círculos coa súa asociación por motivo de desprazamento, estivo encantado de colaborar por medio do noso correo electrónico, trasladándollelo aos usuarios e voluntarios para que todos puidesen contarnos aquelo que lles apetecese sobre a súa enfermidade, xa fosen experiencias, recordos das actividades da asociación, opinións sobre o tratamento recibido...

­ Kiko, Fran e Eloy (usuarios da Asociación Andaina): Despois de deixarlles o correo que

creamos para este traballo ([email protected]) puxéronse en contacto con nós en varias ocasións para contarnos como lles ía ou simplemente curiosidades do seu día a día.

Page 11: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

­ María Tizado Riera (terapeuta ocupacional): serviu de apoio en temas de terapia ocupacional

en persoas con enfermidade mental, como funciona por dentro un hospital psiquiátrico, así como en temas de comportamentos nas distintas psicopatoloxías, para poder orientarnos á hora de facer as informacións e centrarnos nos temas.

2.­ Aportacións individuais (2 páxinas ou 800 palabras máximo) Aneiros Aneiros María ­ S1A1 2.1.­ Aproveitamento individual do traballo. Coñecementos, capacidades e destrezas conseguidas. O principal coñecemento que adquirín grazas a este traballo e que creo que condicionará toda a miña vida profesional é a idea de que todo o que poida escribir nun xornal, nun blogue ou dicir na radio ou na televisión pode ter consecuencias moito máis graves do que poida pensar. Con isto quero dicir que grazas ao achegamento ao tema da saúde mental que a realización deste traballo me proporcionou puiden coñecer a un grupo de xente que quixo contarnos as súas experiencias, algunhas moi pouco agradables, pero que forman parte do seu día a día, polo simple feito de ter unha enfermidade mental. Conciencieime de que calquera comentario debe ser mirado con lupa antes de ser publicado, pois pode ferir a alguén e de que un artigo mal documentado transmite a todos os que o len ideas erróneas. Agora son máis consciente de que para moitos todo “o que sae na tele” é unha verdade absoluta, aínda que sexa información errónea, sesgada ou incompleta, e que isto leva a que o xornalistas sexan, en gran medida, culpables da creación de estigmas, prexuízos e pensamentos negativos na sociedade. En concreto este traballo permitiu que me achegase a un colectivo que, pese a saber que existía, non sabía de todos os seus problemas. Cando vemos a unha persoa cega ou en cadeira de rodas, sabemos que estas persoas atópanse cunha serie de dificultades no seu día a día. Un enfermo mental, pode ir a un bar, a unha discoteca e a calquera lugar que queira sen que os demais nos decatemos de que detrás desa persoa hai unha enfermidade mental, de feito podemos pasar anos traballando ao seu lado sen sequera darnos conta de que cada mañá ten que tomar un tratamento para a súa doenza. Porén cando nos enteramos a actitude da maioría cambia, comezamos a velos como se fosen monstros e non persoas, moitas veces os consideramos un perigo, cando nunca deron motivos para iso, non lles ofrecemos traballo e moitos nin se acercarían a eles por medo, e todo por culpa dos prexuízos, que en gran medida se filtran á xente a través da literatura, do cine, das redes sociais e, por suposto, dos medios de comunicación. 2.2.­ Posibilidades de mellora do traballo e crítica construtiva do mesmo. Considero que o principal problema foi para a realización das reunións dos círculos de aprendizaxe. Fixar as datas para eles foi bastante complexo, e pese a que ao final conseguimos realizar dous reunións, persoalmente creo que un terceiro encontro resultaría moi enriquecedor, xa que houbo algúns temas nos que no tivemos tempo a afondar e que resultaban bastante interesantes. Cando dependes de traslados dende outros puntos de Galicia, como nos pasou con AGARESO ou con Andaina, a cal finalmente non puidemos ter nos círculos pero á cal acudimos para documentarnos

Page 12: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

sobre como se traballa en zonas rurais, e cando as asociacións como Itínera teñen un horario de actividades tan amplo, ocupando así a meirande parte do tempo que tíñamos dispoñible para a realización dos encontros, resulta moi complicado cadrar todas as pezas, pero ao final conseguímolo. 2.3.­ Actividades realizadas polo/a alumno/a, tanto no blogue, como fóra del (relativo ao traballo de grupo) Como editora do grupo S1A foi a miña labor revisar todas as entradas individuais e grupais que foron publicadas tanto, baixo a firma do grupo, como de algún dos compoñentes do mesmo. Tras facer unha primeira revisión aos post esperaba que o meu coordinador, Mauro Bastón Piñeiro, fixese o mesmo para poder proceder a publicar eu mesma a entrada, etiquetala e introducila nas súas categorías. No caso de que houbese que cambiar algo eu e máis o meu coordinador procedíamos a comunicarllo ao resto do grupo para poder solucionar o problema. Como é propio participei nos dous círculos de aprendizaxe que realizamos e na análise posterior feita en forma de posts grupais que se atopan no blogue da materia. Ao igual que os meus compañeiros realicei tamén tres artigos individuais. No primeiro deles “As enfermidades mentais e o cine” quixen deixar constancia de que o problema non se atopaba só nos medios de comunicación e que hai outro campos, como neste caso o cine, que tamén contribúen á creación de estigmas sociais. No segundo “É racional o medo aos enfermos mentais?” apoieime en diversos casos atopados na prensa e en dous estudos para facer unha reflexión sobre o ridículo que é considerar violenta a unha persoa só por padecer unha enfermidade mental e como os medios teñen, en gran medida, a culpa disto. No terceiro artigo “A realidade das enfermidades mentais nos medios” empreguei un estudo que analizaba as noticias que aparecen nos medios españois relacionadas coa saúde mental, para facer unha nova reflexión sobre a situación actual da saúde mental no panorama xornalístico. Tamén acudín xunto cos meus compañeiros a Dodro para coñecer os métodos de traballo da asociación Andaina, a unha xornada da actividade de debate que ten lugar os martes na asociación Itínera e comentei diferentes artigos dos meus compañeiros doutros grupos sobre diversos temas como a transexualidade, a criminalización das novas xeración, a terceira idade... Barcón Lage María ­ S1A2 2.1.­ Aproveitamento individual do traballo. Coñecementos, capacidades e destrezas conseguidas. De forma individual a realización do traballo proposto pola materia e o tema escollido por nos, serviu para analizar o tratamento do colectivo que ten “enfermidades mentais”. Coñecer a persoas que se dedican a axuda e integración destas persoas fai sinxelo darse conta de que a maioría das información realizadas polos periodistas non estaban facendo un tratamento igualitario e creaban unha concepción errónea mediante a adxectivación propia para conseguir unha morbosidade consumida polos lectores. Este foi un punto clave, que creo axudarame a saber como enforcar as noticias dende a perspectiva do primordial da documentación e con vistas a un traballo que poderá repercutir na visión dos lectores sen coartar a veracidade.

Page 13: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

Se podería dicir tamén que persoalmente me serviu coma un punto de inflexión en como se pode chegar a sentir unha persoa cando un periodista a adxectiva coma “perturbado” o solo ven artigos nos que se relacionan con todo tipo de sucesos e non se trata desde un punto de integración que é o que mais falta fai, segundo comentaban os mesmos usuarios. Polo tanto e unha materia necesaria que ensina a tratar con as fontes e como conseguir un intercambio de ideas en común entre os membros dos círculos. 2.2.­ Posibilidades de mellora do traballo e crítica construtiva do mesmo. Dende un principio a materia se veu variada polas horas que tiñamos que compaxinar coas demás do curso, pero iso era un problema menor dado que ocorre todos os anos. Pero xuntado a tardanza en responder das asociacións supuxo un atraso do traballo do GT con datas asinadas de publicacións e círculos que houbo que modificar, po lo que a realización de post se xuntaron e tivemos que facelo con maior presa. Tamén as trabas por parte dos integrantes, como dixen no punto anterior, foron un condicionante a hora de adquirir as súas fichas persoais e a súa implicación no traballo. Pero hay que destacar que ainda con estes incovenientes os post do blog e todas as actividades a realizar polo grupo se fixeron dentro das datas establecidas pola materia. 2.3.­ Actividades realizadas polo/a alumno/a, tanto no blog, como fóra del (relativo ao traballo de grupo) Como integrante do GT no que tratamos o tema das “enfermidades mentais” persoalmente me centrei na busca de documentación coa axuda das miñas compañeiras María Aneiros Aneiros e Patricia Campos Castelos, para coñecer as labores de integración que realizaban as asociacións coas que íamos tratar foi de moita utilidade asistir a Asociación Andaina en Dodro onde tivemos a ocasión de falar cos usuarios e voluntarios por primeira vez, e nese momento moitos dos estigmas que levabamos se caeron grazas ao coloquio fluído entre eles que nos contaban as súas actividades e rutinas diarias e nosoutros que faciamos preguntas sobre como lles sentaban o tratamento das enfermidades mentais nos medios, un feito moi beneficioso para o traballo e persoal. Nesta división de tarefas tamén tiñamos asignados o traballo do audiovisual, realizar fotografías dos círculos e gravar coa gravadora os mesmos. O punto de realizar as fotografías resultou complexo dado que os integrantes dos círculos eran persoas anónimas que non estaban dispostas a ser fotografadas, po lo tanto só podemos facer algunha fotografía de carteis publicitarios das asociacións ou dos pes dos integrantes. Por outra banda o audio foi sinxelo de gravar dado que Laura Casal Tizado, integrante do grupo tiña unha gravadora e simplemente a deixabamos no centro das persoas que se dispoñían en círculo para falar nestes “círculos” ou debates. Debido a non poder realizar a parte fotográfica do traballo, polo dito anteriormente, decidimos anotar cada un de nos todas as intervencións das persoas do círculo e así contrastar entre nos o mais interesante a tratar nos post grupais e os tres individuais que fixemos. Tamén quero facer referencia aos post dalguns comañeiros que publicaron no blog cos seus respectivos grupos nos que trataban temas de interese e que cómo o tema do meu GT (as

Page 14: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

enfermidades mentais) se veían discriminados por razón de condición sexual como é o caso do comentario a primeira noticia, nivel económico e discapacidade física entre outros. Temas todos nos que debe primar a igualdade entre persoas antes que o morbo e as publicacións que tenden a calificar as persoas por ter un problema de calquer tipo en vez de integrar aos colectivos, por eso comentei en eles seis.

1. Ricardo Baloira Armas ­ S1E1: “A criminalización dos mozos portadores do VIH nos medios” https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/15/a­criminalizacion­dos­mozos­portadores­do­vih­nos­medios/

2. Silvia Gómez García ­ S2D3: “A pobreza hereditaria nos medios” https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/a­pobreza­hereditaria­nos­medios/

3. Marta Eireos Currás ­ S1C4: “Cine e discapacidade” https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/18/cine­e­discapacidade/

4. Mikaela Viqueira Giovachini ­ S3A6: “O mundo que merecen os dicapacitados auditivos” https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/15/o­mundo­que­merecen­os­discapacitados­auditivos/

5. David Costoya López ­ S1C1: “A discapacidade nas aplicacións e portais de contactos” https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/15/a­discapacidade­nos­sitios­de­contactos­online/

6. Lucía Rodríguez Obregón ­ S3A4: “Non son xordomudo: linguaxe inclusiva” https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/14/non­son­xordomudo­lenguaxe­inclusiva/

Cacheiro Requeijo Santiago ­ S1A3 2.1.­ Aproveitamento individual do traballo. Coñecementos, capacidades e destrezas conseguidas. Antes de levar a cabo este traballo descoñecía, coma creo que a grande maioría da sociedade o fai, en qué consistían algunhas enfermidades mentaris e cómo eran tratadas nos medios de comunicación. Ademai nunca tivera contacto coa problemática deste colectivo e recoñezo que eu mesmo tiña algún estigma asociado a este tema. Grazas ao trato caos asociacións e cos propios usuarios coñecín de primeira man, c¡xunto cos meus compañeiros, o seu punto de vista, os problemas aos que se enfrontan día a día e a posibles solucións que vían ao seu mal tratamento. Dito doutra forma, escoitamos e vimos o que os medios e a sociedade non lle da nin voz nin visibilidade. Coma estudante de xornalismo e, polo tanto, futuro xornalista, aprendín a intentar non cometer no futuro os mesmos erros que se están a cometer no tratamento de temas coma este, desexando crear así un novo xornalismo que normalice dunha vez por todas a situación das persoas con enfermidades mentais. 2.2.­ Posibilidades de mellora do traballo e crítica construtiva do mesmo.

Page 15: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

Principalmente tivemos problemas para presentar a documentación necesaria para levar a cabo o traballo debido, como xa comentabamos anteriormente, á política de protección de datos tan rigurosa que teñen as asociacións coas que traballamos. Sería bo contar con prazos máis definidos e amplos para a realización correcta do traballo, xa que cando se depende de terceiras perosas ás que lle estas a pedir un favor, hai que ter en conta que non van estar dispoñibles para ti todos os días a calqueira hora. Se tivéramos tempo para levar a cabo un terceiro círculo sería mellor, pois quedaron noticias sen analizar e seguro que saían máis temas interesantes como ocorreu no outros dous días, pero resultounos imposible compaxinar horarios cos membros do mesmo. Gustaríame tamén reunir a varias asociacións de persoas con enfermidades mentais e ver que compartían e en que non estaban de acordo, pero ao estar Andaina situada en Dodro, quedábanos a desmán e só puidemos ir de visita un día a coñecer seu traballo. Un debate entre asociacións estaría moi ben, pois aínda que todas perseguen mais ou menos o mesmo fin, non todas comparten as mesmas ideas sobre os medios para chegar a eles nin en como tratar aos usuarios, facéndoo Andaina dunha forma moito máis escolar e Itínera cun trato de non distinción entre usuarios, voluntarios e profesionais. 2.3.­ Actividades realizadas polo/a alumno/a, tanto no blogue, como fóra del (relativo ao traballo de grupo) Con respecto ás miñas publicacións no blogue, para os tres posts individuais establecidos no programa do traballo, decidín explicar no primeiro, despois de ter falado xa coa asociación Itínera e con Andaina, funcionamento das mesmas e as actividades que se levan a cabo dentro das súas paredes, xa que a sociedade non é coñecedora do traballo de desenvolven diariamente e do útil que é a súa axuda diaria para todo o colectivo afectado. Para o segundo posto tomei como referencia unhas palabras que Carlos, coordinador de Itínera, empregara no primeiro círculo de aprendizaxe e decidín falar sobre a victimización das persoas con enfermidades mentais por parte dos medios de comunicación e da sociedade e xeral, xa que aínda que hoxe en día este colectivo está sen normalizarse e os enfermos son considerados ou vítimas ou delincuentes. Por iso é preciso atopar un punto medio, ou simplemente tratalos coma persoas coas mesmas capacidades e condicións que calquera outra. Para o derradeiro post collín un caso persoal dun actor que foi vítima dun trato vexatorio por parte dos medios de comunicación sen coñecer o contexto que tiña, é dicir, a depresión que estaba a atravesar. Ademais disto como é lóxico asistín aos círculos de aprendizaxe e colaborei na interpretacións dos mesmos cos posts grupais elaborados por todo o grupo. Como non só me parecía interesante o noso tema, comentei un total de seis posts de diferentes compañeiros, pertencentes a outros grupos, que chamaron a miña atención por unha cousa o por outra, referidos a temas como o do colectivo LGTBI, o da prostitución ou a pobreza etc. Fóra do blogue, fun o encargado por parte de comunicación do grupo de traballo, xunto coa miña compañeira Laura Casal. Ambos fomos os encargados de contactar coas asociacións e cos membros dos círculos de aprendizaxe. Ademais, participei nunha visita ao cemiterio do Hospital Psiquiátrico de Conxo, coa Asociación Itínera, a cal leva xa máis de catro anos realizando tarefas de reconstrución e mantemento dese espazo xa esquecido polos cidadáns e organismos públicos.

Page 16: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

Campos Castelos, Patricia – S1A4 2.1.­ Aproveitamento individual do traballo. Coñecementos, capacidades e destrezas conseguidas. Antes de comezar a traballar co tema, eu tiña os mesmos estereotipos que ten a xente á hora de falar de enfermidades mentais. A verdade que non me atrevía a saír adiante con este tema pero toda a miña visión cambiou cando fixemos a excursión a Dodro. Ese círculo que fixemos xunto con coordinadores e usuarios da asociación Andaina cambiou a miña opinión sobre o tema. Os usuarios transmitíronme confianza polo que conseguín quitarme de enriba eses prexuízos que tiña na cabeza sobre persoas que teñen unha enfermidade mental. A verdade que grazas a tratar este tema fíxome crecer como persoa e tamén como futura xornalista. Aparte de todo isto, mellorei os meus coñecementos en saúde mental grazas a toda a información que empreguei para realizar os meus respectivos artigos no blogue e tamén os dous círculos que realizamos coa asociación Itínera. Como xa dixen antes, fíxome cambiar a miña visión e para min iso xa é aumentar as miñas capacidades non só en temas de saúde mental senón que tamén nos temas que trataron os restos dos grupos. A través do libro de estilo de Feafes souben como levar a cabo o análise das noticias e atopar os erros que tiñan as mesmas. 2.2.­ Posibilidade da mellora do traballo e crítica construtiva do mesmo. A materia de Comunicación Interpersonal e Comunitaria faite crecer como xornalista e quítache os propios estigmas que me crearon ata agora os medios de comunicación. Cando nos presentamos ao principio dixen que estaba interesada nos deportes pero grazas á esta asignatura e sobre todo ó traballo abrín o meu campo e engado que tamén estou interesada no ámbito social. Neste tipo de xornalismo quedan moitas cousas que cambiar xa que os medios de comunicación só tratan as noticias que buscan o sensacionalismo e a morbosidade, despreocupándose así do esencial do xornalismo, que é informar. Todos nos merecemos un sitio nesta sociedade e debemos de eliminar as barreiras que existen entre todos os colectivos. Penso que non se dedicaron ás horas necesarias a este traballo xa que non temos tempo a ocuparnos só dunha materia posto que temos máis asignaturas no cuadrimestre. Pero aínda así serve de moita de axuda porque che cambia moito a forma de pensar. A única crítica que podo poñerlle a asignatura é que todo debería de seguir un patrón establecido dende o principio e que non xurdiran tarefas inesperadas, senón que xa se souberan dende un principio todo o que habería que facer co traballo. 2.3.­ Actividades realizadas polo/a alumno/a, tanto no blogue, como fóra del (relativo ao traballo de grupo) En canto as actividades realizadas, fixen como o resto dos meus compañeiros de traballo os tres artigos correspondentes no blogue dos subtemas que máis me chamaron a atención e dos cales quería falar.

Page 17: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

Colaborei comentando en seis dos artigos expostos polos demais grupos da clase xa que me chamaron a atención os temas que trataban:

1. Gadór Cascales Quiroga ­ S1E5: ‘Invisibilidade da realidade xitana’ https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/11/invisibilidade­da­realidade­xitana/

2. Paula Casas da Rocha ­ S1E4: ‘Os esteotipos do colectivo xuvenil na prensa e no medio audiovisual’ https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/01/os­estereotipos­do­colectivo­xuvenil­na­prensa­e­no­medio­audiovisual/

3. Lucía Rodríguez Obregón ­ S3A4: ‘Non son xordomudo: linguaxe inclusiva’ https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/14/non­son­xordomudo­lenguaxe­inclusiva/

4. Kelly Iglesias Hervella ­ S2B1: ‘Unha loita pública e común’ https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/20/unha­loita­publica­e­comun/

5. Marta Eireos Currás ­ S1C4: ‘Cine e discapacidade’ https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/18/cine­e­discapacidade/

6. Nerea Sande Barbeito ­ S3B5: ‘O prezo do diñeiro’ https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/21/o­prezo­do­dineiro/#more­10146

A miña función que emprendía nos círculos de aprendizaxe, nun primeiro momento, era a toma de imaxes e gravar en vídeo ditos círculos pero ao participar persoas cun diagnóstico clínico non puiden realizar as miñas funcións posto que existe unha protección en canto ós nomes completos e a súa imaxe. Polo que me encarguei de coller todo o que dicían os membros de ambos círculos realizados para que despois servira de axuda á hora de realizar os dous artigos colectivos dos círculos que levamos a cabo. Dende un primeiro momento formei parte do departamento de documentación do grupo xunto con María Aneiros e María Barcón. Co cal creamos unha carpeta no Drive cos demais compoñentes do grupo para compartir toda a información e noticias que atopásemos sobre o tema que estábamos a tratar. Fora do blogue, tiven a oportunidade de realizar a excursión a Dodro, lugar onde se atopa a Asociación Andaina Pro Saúde Mental. Ao chegar á dito lugar, realizamos unha especie de coloquio cos propios usuarios, os coordinadores e voluntarios da asociación. As persoas que tiñan unha enfermidade mental contáronnos todas as súas experiencias co asociación e tamén as tarefas que realizaban durante toda á semana. O que máis me chamou a atención foi que realizaban un programa de radio. Isto como xa dixen ao principio da miña aportación individual foi o que me cambiou a forma de ver o tema. Por iso penso que é unha experiencia que debe de levar a cabo un xornalista á hora de tratar estes temas. Casal Tizado Laura ­ S1A5

Page 18: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

2.1.­ Aproveitamento individual do traballo. Coñecementos, capacidades e destrezas conseguidas. Conseguín desenvolver máis profundamente os coñecementos adquiridos anteriormente no campo de xornalismo social, máis concretamente no tema da saúde mental. Aproveitei ao máximo a asignatura para espallar a miña visión dos medios de comunicación (en concreto os galegos e, máis alá os nacionais e internacionais, fixándome nos latinoamericanos). Pareceume unha tarefa interesante, na que aprendín a observar, identificar, analizar e sintetizar os comportamentos dos medios en materias sociais concretas, e, a partir de aí, formarme unha opinión crítica para mudar, desde dentro, e crear un novo xornalismo no futuro. 2.2.­ Posibilidades de mellora do traballo e crítica construtiva do mesmo. Penso que o traballo se podería mellorar dispoñendo e empregando máis tempo nel. Por outra banda, tamén sería interesante ter traballado incluso máis desde dentro coas asociacións, indo a máis actividades, traballando man a man cos usuarios, coñecéndoos de verdade, para ser moito máis conscientes das súas realidades persoais. Como crítica construtiva persoal, penso que, persoalmente, quizais me centrei moito en ler e deixei a elaboración da información para os últimos días antes da data de publicación, restándome así tempo para facela máis completa e elaborada. Como crítica construtiva da materia e do traballo en si, penso que estivo mal estruturado desde o principio, pois non houbo desde un primeiro momento un programa pechado a seguir, senón que foron saíndo cousas durante as semanas, imprevistos e novas tarefas que non tiñamos contempladas en ningún momento, e que nos trastocaron os plans completamente. Penso que todo debería estar organizado por escrito desde o minuto cero, cada tarefa, cada prazo e cada parte, e como inflúen na nota. 2.3.­ Actividades realizadas polo/a alumno/a, tanto no blogue, como fóra del (relativo ao traballo de grupo) En canto ao meu traballo dentro do grupo, realicei as tres entradas individuais pactadas, e colaborei cos meus compañeiros na realización das entradas grupais pertinentes en relación aos círculos realizados. Por outra parte, tamén realicei comentarios nas entradas do resto de compañeiros da clase, elexido as entradas que me pareceron máis interesantes á lectura, ou que eu podía aportar algo máis. En canto ao meu traballo fóra do blogue, ocupeime, nun primeiro momento, xunto con Santiago, da tarefa de busca de fontes e de posta en contacto con persoas, asociacións, etc. Dediqueime a facer chamadas, acercarme a algunha sede, etc. A partir de aí, comezamos a ter contacto máis directo coas asociacións por medio de whatsapp, chamadas de teléfono, correo electrónico, etc, e a través destas plataformas tamén comezamos a recompilar información, datos e tamén manuais, artigos, etc, que pasamos ao resto do grupo, que se encargaba da parte de documentación. Posteriormente comezamos a ter máis contacto cara a cara coas persoas, comezando por unha saída ao antigo cemiterio do hospital psiquiátrico de Conxo, no que estivemos acompañados por Cristina, unha técnica da Asocc. Itínera, Carlos, o coordinador, e algúns usuarios, que nos ensinaron o espazo, as actividades que alí realizaron e nos contaron parte da súa historia, moi interesante. Por outra parte, xunto con Santiago, acercámonos á sede de Itínera varias veces para que o trato fose máis persoal dentro do posible. Ademais, fun a encargada de levar o coche ata a sede da Asociación Andaina en Dodro.

Page 19: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

3.­ Materiais producidos (convenientemente datados e colados) 3.1.­ Interpretación final de grupo sobre o tema escollido e analizado. O tema escollido, como xa dixemos ao principio desta memoria, é o tratamento da saúde mental, centrándonos así nas enfermidades mentais. As enfermidades mentais están moito máis expandidas na sociedade do que imaxinábamos ao empezar este estudo. Pero aínda así a imaxe que ten a xente das persoas que teñen unha enfermidade mental é bastante desafortunada, onde os grandes culpábeis desta situación en gran medida son os medios de comunicación. Os medios de comunicación son os encargados de ofrecer esa imaxe distorsionada deste tipo de problemas e refírense a distintos trastornos mentais cun ton que non é o apropiado. Eles mesmos son un gran reflexo do que a sociedade pensa, a vez que na sociedade se reflícte o que os medios publican. Nós quixemos entrar no medio desta relación de retroalimentación para así ofrecer a visión moito máis acertada deste tipo de enfermidades. Para cambiar os estigmas que teñen a sociedade contactamos con distintas asociación como Itinera, Andaina… xa que elas mesmas traballan man a man con persoas que teñen unha enfermidade mental e que tamén denunciaron a actitude dos medios de comunicación neste campo. Puidemos tratar cos principais afectados xa que nos desprazamos até Dodro, os cales nos dixeron como era o seu día a día na asociación, nos contaron como é vivir nunha sociedade que non acepta os seus problemas e tamén como é convivir cunha enfermidade deste tipo. Non quixemos só ter a opinión de persoas que teñen unha enfermidade mental senón que tamén nos puxemos en contacto con Agareso posto que queríamos oír as opinión dos xornalistas. Por un lado quixemos saber como se recibe na redacción unha información que inclúe as persoas con enfermidades mentais, é dicir, cal é o método de proceder, se existe algún punto no libro de estilo dos seus medios referido a como tratalos, etc. ; e por outra banda para poñelos en relación cos afectados polas enfermidades mentais e falar con eles de como reciben as súas publicación. A parte disto, tamén acudimos ao cemiterio de Conxo, o cal nos levou o coordinador da Asociación Itínera, Carlos Martínez, e tamén asistimos a un dos debates celebrados en dita asociación. En conclusión, este traballo fíxonos ampliar os nosos coñecementos sobre saúde mental, e tamén en como debemos de tratalos nos medios de comunicación. Crecemos como futuros xornalistas cunha visión moi distinta a dos medios. Grazas tamén o traballo algúns dos compoñentes puideron sacarse a venda que tiñan nos ollos tras os estereotipos creados polos medios. Polo tanto, debemos de informarnos antes de tratar calquera tema 3.2.­ Interpretacións das lecturas debates (da máis nova á máis vella) INTERPRETACIÓN DO II CÍRCULO DE APRENDIZAXE ( 19­04­2016) Neste segundo círculo(https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/25/iio­circulo­saude­mental/) a dinámica do análise das noticias xa era coñecida polos integrantes do mesmo aínda que non estaba Ana, a coordinadora do anterior círculo, pero chegou Xurxo, xornalista e membro de Agareso, que escribe no xornal “Galiza Confidencial”. Todos os membros levaron as súas propias noticias e neste caso optaron por comezar a ler as que trouxera Xurxo dado que eran as mais actuais e o que tiña máis.

Page 20: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

Por todo isto, neste círculo dou tempo a introducir o dobre de noticias que no primeiro dado que as empregaban para apoiar as súas argumentacións. Isto favoreceu o punto de vista de cada quen que deu lugar a unha dinámica moito máis relaxada. Mentres ían saíndo noticias, facíamos fincapé no que máis abraiaban ou maior posturas a favor ou en contra suscitaba. As noticias a tratar neste segundo círculo foron: (por orden de saída)

1. Xornal “El Periódico”, co titular “Un niño con un brote psicótico mata a un profesor en el instituto” http://www.elperiodico.com/es/noticias/barcelona/nino­brote­psicotico­mata­profesor­instituto­4117957

Ao comezar a lectura desta noticia, vese que se da un ton sarcástico ó tráxico suceso. Como axuda para mellorar a redacción, Carlos di que un bo xeito de tratalo é promovendo a autoaxuda e aportando aspectos positivos de cara a visión por parte da sociedade.

2. Xornal “O Faro de Vigo”, co titular “La muerte en soledad de un hombre con 3544 amigos en Facebook” http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/04/08/muerte­soledad­hombre­3544­amigos/1437454.html

Nesta segunda noticia, o tema séguese a centrar no encasillamento dos enfermos mentais como persoas violentas, como no tratamento do anterior artigo exposto, acusación que causa moita controversia.

3. Cadena SER “Versiones contradictorias sobre la muerte del batería de “Los Piratas”” http://cadenaser.com/emisora/2015/08/27/radio_galicia/1440674711_609059.html

Continúan saíndo noticias nas que se asocian as enfermidades mentais con actos violentos, mortes e artigos de sucesos, contribuíndo a crear unha asociación de conceptos errónea. Neste caso non tiña que ver a súa enfermidade na noticia da súa morte. Todos os integrantes ven de mais apuntar polo tanto un feito illado e persoal que non ten relación nin relevancia co caso a explicar polo xornalista.

4. Xornal “La Voz de Galicia” “Andrea Lubitz, el copiloto que estrelló el avión de Germanwings, vió a 41 médicos en cinco años” http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2015/06/11/andreas­lubitz­copiloto­estrello­avion­germanwings­vio­41­medicos­cinco­anos/00031434042863427287582.htm

O máis sorprendente no que coincidimos ao rematar a charla foi de novo nas opinións que tiña o usuario dado que a parte de levar un ton calmado e con apenas intervencións no debate, pero cando as realizaba era mediante susurros, non primaba na súa visión a crítica senón a xustificación de relacionar os feitos coa enfermidade mental dado que se a persoa implicada a tiña era importante decilo. Por outra banda o demais compoñentes pasaban a discutir sobre a mais que cuestionable redacción por parte dos xornais e non dudaban en apoialo con exemplos, noticias semellantes e

Page 21: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

opinións dende un punto de vista igualitario para unha comprensión por parte da sociedade onde se poida lograr a igualdade no tratamento. INTERPRETACIÓN DO I CÍRCULO DE APRENDIZAXE (07­04­2016) No primeiro círculo (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/primeiro­circulo­saude­mental/ ) se notaban as ganas de debatir sobre cuestións que lles preocupan na asociación e particularmente as persoas que compoñían o círculo de debate que levaron as noticias que buscaron con anterioridade dado a incesante redacción de noticias nas que se falan sobre os enfermos mentais de forma despectiva ou errónea o que lles produce sentirse coma un colectivo social desprazado e tratado con diferenza dos mais. O grupo se compuxo de 6 persoas das que 3 eran voluntarios, 1 usuario, 1 coordinador da asociación Itínera e unha xornalista que realiza xornalismo social e pertence a asociación Agareso. Todas as persoas que nos falaron de primeira man da súa percepción dos erros incesantes nas publicacións. As noticias a tratar neste primeiro círculo foron: (por órden de saída)

1. Xornal “La Voz de Galicia” “La fiscalía pide 25 años de internamiento en un psiquiátrico para la mujer acusada de matar a su bebé en Santiago” http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/07/juicio­bebe­hallado­muerto­hotel­santiago­celebrara­junio/00031457352727321411179.htm

Nesta primeira noticia xa se sembrou o debate dado que afirman que a muller acusada de asasinato ten unha enfermidade mental sen comprobalo tan sequera por un especialista (psiquiatra), como apuntaron todos os que estaban no círculo. Este titular causou recelo, mentres que a sorpresa foi cando o usuario da asociación dixo que non lle sorprendía que indicaran unha enfermidade mental dado que según el nun estado de calma non se realizaría un acto dese tipo, dicía que soamente podería suceder nun brote psicótico.

2. Xornal “La Voz de Galicia” “Aplazan el juicio a un perturbado por acuchillar a tres policías” http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2016/02/03/aplazan­juicio­perturbado­acuchillar­tres­policias/0003_201602201602031454492713376.htm

No mesmo titular da noticia xa queda patente a tendencia dos xornalista a inclinarse por os estigmas da sociedade axustanto a palabra “perturbado” directamente asociada a un enfermo mental. Dende o comezo chamou a atención a adxetivación dunha persoa despreciando e calificando como “perturbado” polo feito de estar diagnosticado con unha enfermidade mental. Se deron voltas sobre o risco de apuntar a opión persoal do xornalista que nestes casos volve a desprestixiar as persoas sen argumentación e sentido algún para apoiar a noticia, todos coinciden en que so buscan o sensacionalismo, vender e deixan de lado a integridade da persoa. Para concluir cabe decir que ambos círculos foron beneficiosos para a nosa comprensión e apoyo ao colectivo que ten enfermidades mentais. Dados os fallos que se seguen a repetir nos medios indistitamente da súa liña editorial que na mayoría dos casos non ofrecen un trato igualitario e

Page 22: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

respetuoso que se merece calquera persoa deixando de lado paternalismos ou tratamentos desiguais. Con estes círculos e a posterior publicación dos mesmos no blog intentamos dar a coñecer os erros e consellos para revertir estos fallos, con apuntamentos a enlaces de interese coma o recurrente libro de estilo de FEAFES e avogando pola documentación para chegar a lograr unha información veraz e non coartada pola opinión, esperamos con todo isto frear o estigma social que se ten sobre persoas que padecen enfermidades mentais. 3.3.­ Artigos individuais. Aneiros Aneiros, María ­ S1A1 20 de abril de 2016 – A realidade das enfermidades mentais nos medios 6 de abril de 2016 – É racional o medo aos enfermos mentais? 15 de marzo 2016 – As enfermidades mentais no cine Barcón Lage, María ­ S1A2 25 de abril de 2016 – Os electroshocks como parte do tratamento médico 18 de abril de 2016 – Os erros das publicacións fronte á verdade 28 de marzo de 2016 – As enfermidades mentais nos libros Cacheiro Requeijo, Santiago ­ S1A3 21 de abril de 2016 ­ Un novo caso de vulnerabilidade ante os medios 11 de abril de 2016 – Nin víctimas nin delincuentes 17 de marzo de 2016 – Descubrindo a labor das asociacións de enfermos mentais Campos Castelos, Patricia ­ S1A4 22 de abril 2016 – Xogan os xornalistas coas imaxes? 8 de abril 2016 – Saúde mental e deportes 16 de marzo 2016 – Prexuízos e autocomplexos Casal Tizado, Laura ­ S1A5 19 de abril 2016 ­Persoas con enfermidade mental no cumio da celebridade 4 de abril de 2016 – As opcións ante a dependencia das persoas con enfermidade mental 14 de marzo de 2016 – Autoafirmar as enfermidades mentais no xornalismo 3.4.­ Balanzo do número de comentarios conseguidos por alumno e interlocucións conseguidas. María Aneiros Aneiros ­ S1A1 As publicacións xunto e os comentarios conseguidos son os seguintes:

Page 23: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

1. As enfermidades mentais no cine: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/20/a­realidade­das­enfermidades­mentais­nos­medios/ O comentario obtido foi de Reboreda López, Sandra ­ S3D1.

2. É racional o medo ás enfermidades

mentais?:https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/06/e­racional­o­medo­aos­enfermos­mentais/ Os comentarios obtidos foron de Valdevieso Vidal, Jaime ­ S3C4; Senra Rivas, Mara ­ S3C2; Rodríguez Vicente, María S3C1; Reboreda López, Sandra ­ S3D1.

3. A realidade das enfermidades mentais nos medios:

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/15/as­enfermidades­mentais­no­cine/ Os comentarios obtidos foron de: Pombo Silva, Cristina ­ S3E1; Valdevieso Vidal, Jaime ­ S3C4; Badía Deltell, Carmen ­ S1D3.

Todos os comentarios realizados nos meus artigos foron contestados. Barcón Lage, María ­ S1A2 As publicacións e os comentarios conseguidos son os seguintes:

1. As enfermidades mentais nos libros https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/28/as­enfermidades­mentais­nos­libros/ Os comentarios obtidos foron por Sambad Guillomia, Denise ­ S3E2; Reboreda López, Sandra ­ S3D1 e Bermúnez Lista, Sheyla ­ S1B5.

2. Os erros das publicacións fronte á verdade

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/18/os­erros­das­publicacions­fronte­a­verdade/ Comentarios obtidos por Valdivieso Vidal, Jaime ­ S3C4 e Bermúnez Lista, Sheyla ­ S1B5

3. Electrochocs como parte do tratamento médico

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/25/electroshocs­como­parte­do­tratamento­medico Comentarios obtidos por: Reboreda López, Sandra ­ S3D1; De Matos Alonso, Adrián ­ S1D1; Figueroa Torres, Iria ­ S2A1; e Aguete Sancho, Gemma ­ S1C2.

Cacheiro Requeijo, Santiago ­ S1A3 As publicacións e os comentarios conseguidos son os seguintes:

1. Descubrindo a labor das asociacións dos enfermos mentais https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/17/fagamos­visibles­as­suas­labores/ Os comentarios obtidos foron de: pexegopodre; Rodríguez Vicente, María ­ S3C1; Reboreda López, Sandra ­ S3D1.

Page 24: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

2. Nin vítimas nin delincuentes https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/11/nin­victimas­nin­delincuentes/ Os comentarios obtidos foron de: Feijóo García, Luís ­ S1D4; proxectocidec; Reboreda López, Sandra ­ S3D1

3. Un novo caso de vulnerabilidade ante os medios:

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/21/un­novo­caso­de­vulnerabilidade­ante­os­medios/ Os comentarios obtidos foron de: Bermúdez Lista, Sheyla ­ S1B5; Costa Iglesias, Nerea ­ S1B2.

Todos os comentarios que realizaron nos meus artigos foron contestados. Campos Castelos, Patricia ­ S1A4 As publicacións e os comentarios conseguidos son os seguintes:

1. Prexuízos e autocomplexos: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/16/prexuizos­e­autocomplexos/ . Un único comentario obtido neste artigo por parte de Taboada González, Ángela ­ S3C3

2. Saúde mental e deportes:

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/08/saude­mental­e­deportes/ . Un único comentario obtido por parte de Castaño Gosende, Noelia ­ S1B1

3. Xogan os xornalistas coas imaxes?:

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/22/10426/ . Os comentarios conseguidos neste artigo foron tres por parte de Yañez Vila, Natalia ­ S3C5; por Bermúdez Lista, Sheyla ­ S1B5 e Aguete Sancho, Gemma ­ S1C2

Todos os comentarios que realizaron nos meus artigos foron contestados. Casal Tizado, Laura ­ S1A5 As publicacións e os comentarios conseguidos son os seguintes:

1. Autoafirmar as enfermidades mentais no xornalismo: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/14/concienciarnos­informarnos­orientarnos/. Dous comentarios por parte de Yáñez Vila, Natalia­ S3C5.

2. As opcións ante a dependencia das persoas con enfermidade mental:

https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/as­opcions­ante­a­dependencia­das­persoas­con­enfermidade­mental/ . Un comentario por parte de Yáñez Vila, Natalia­ S3C5.

Page 25: MEMORIA DO GRUPO S1A · 2016-05-04 · Para iso publicamos un total de 15 entradas individuais nos que tratamos a saúde mental e o tratamento que os medios fan dela a través de

3. Persoas con enfermidade mental no cumio da celebridade: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/persoas­con­enfermidade­mental­no­cumio­da­celebridade/. Tres comentarios, realizados por Lucía Casas Piñeiro – S1C5, Rodríguez Menéndez, Cristina­ S3B4 e Iglesias Hervella, Kelly­S2B1.

Todos os comentarios que realizaron nos meus artigos foron contestados.