ceip de vite i - edu.xunta.gal de... · infantil establece no artigo 3: ... 7.-fichas individuais...

7
PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected] CEIP DE VITE I CURSO 2015 / 2016

Upload: vudan

Post on 07-Oct-2018

224 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]

CEIP DE VITE I

CURSO 2015 / 2016

Page 2: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]

PERIODO DE ADAPTACION E. INFANTIL 3 AÑOS

Xustificación:

Coa aprobación Decreto 330/09, do 4 de xuño, polo que se establece o Currículo de

Ed. Infantil establece no artigo 3: “os centros educativos planificarán un período de

adaptación do alumnado para favorecer a transición desde a familia ou dende a escola infantil

á nova situación de ensino aprendizaxe”.

Que é o período de adaptación?

O período de adaptación é tempo que transcorre desde que o neno ou a nena chega

por primeira vez á escola ata que xa se desenvolve con normalidade dentro dela.

Dende o punto de vista pedagóxico, adquire gran importancia a separación do fogar

que a nena ou neno vai vivir ao incorporarse á escola, polo que consideramos fundamental o

período de adaptación, xa que a súa actitude ante a escola, ante as relaciones sociais, ante as

aprendizaxes ao longo de toda a escolarización, vai depender de cómo asimile este proceso,

positiva ou negativamente.

De aí a necesidade de organizar un adecuado período de adaptación para que a entrada

na escola por vez primeira sexa o menos traumática posible, xa que nalgúns casos é a primeira

separación que se produce entre a nena ou neno e a familia. En dito período é moi necesaria a

colaboración da nai e pai.

A nena ou neno ten que ser capaz de asimilar os cambios que supón esta nova

actividade na súa vida cotiá e polo tanto é normal que se presente coma un proceso irregular

onde poderemos observar avances, retrocesos e sentimentos contraditorios de aceptación e

rexeitamento. Igualmente poden aparecer regresións e síntomas diversos.

Para que este proceso se leve a cabo de maneira adecuada é importante manter unha

actitude aberta e receptiva, atendendo aos seus distintos ritmos.

Page 3: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]

Obxectivos

Obxectivos xerais

O obxectivo principal neste período de adaptación é facilitar a adaptación da nena

ou neno ao centro, establecendo distintos vínculos afectivos entre eles e a súa mestra.

Obxectivos específicos:

Coñecer algúns espazos do centro, tanto interiores coma exteriores (aula, aseos,

biblioteca, sala de psicomotricidade, patio).

Coñecer o nome da súa mestra e dalgún compañeiro.

Adquirir progresivamente certas rutinas.

Familiarizarse con materiais e actividades cotiás.

Desenvolverse cada vez mais de forma autónoma na aula e no centro.

Favorecer a confianza e as relaciones dos pais e nais no centro.

Contidos

Necesidades corporais de aseo e hixiene corporal (pis, lavar as mans).

Os obxectos e materiais de aula.

Actividades e rutinas diarias.

Hábitos sociais: saúdos e despedidas.

Traballarase:

Participación e recoñecemento da pertenza a distintos grupos sociais.

Identificación da súa mestra e dalgúns compañeiros.

Manipulación e experimentación dos obxectos persoais de aula.

Percepción das necesidades corporais e normas para satisfacelas pedindo axuda cando

sexa necesario.

Construción da orden temporal no transcurso das actividades diarias.

Expresión das necesidades persoais.

Utilización das formas socialmente establecidas para relacionarse cos demais: saúdos,

despedidas e peticións.

Coñecer os espazos e profesionais que traballan no centro escolar.

Aceptación das normas establecidas para o funcionamento do grupo clase.

Page 4: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]

Estratexias metodolóxicas na aula e na casa

Creación dun ambiente cálido, acolledor e seguro.

Establecer unha relación socio-afectiva entre o a nena ou neno e o docente.

Coidar os momentos de acollida e saída, recibíndoos con agrado, falando cos pais e

nais á saída sobre o transcurso da xornada.

A actividade base será o xogo libre e espontáneo cos outros nenos e nenas para

favorecer así a comunicación, os hábitos, a interrelación...

Pedirase ás familias que reforcen aqueles aspectos que sexan necesarios para mellorar

a adaptación do neno nena á escola.

Temporalización

MES DE XUÑO

O período de adaptación desenvolverase ao longo do mes de setembro, segundo o

horario que se indica máis abaixo, onde os nenos comezan esta nova experiencia.

Anteriormente planificamos a finais do mes de Xuño unha reunión xeral para todos os pais e

nais dos alumnos e alumnas de 3 anos que se van a incorporar ao centro, onde se expón a

importancia de realizar un adecuado período de adaptación e as finalidades educativas que o

xustifican.

Na reunión do mes de xuño trátanse os seguintes temas:

- Presentación do equipo de Educación Infantil.

- Que é período de adaptación?

- Como poden colaborar os pais e nais?

- Cando e como vai ser a incorporación á escola?

-Entrega dun cuestionario ás familias, coa fin de coñecer mellor aos nenos e

nenas.

- Recomendacións para o verán.

O MES DE SETEMBRO

No mes de setembro: Distribución do horario escolar e incorporación paulatina do

alumnado.

A aula de tres anos en función do alumnado matriculado queda organizada en 4 grupos

tal e como segue:

Page 5: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]

GRUPOS GRUPO 1:

1. Barreiro Nieto, Julia

2. Barros Lago, Artai

3. Castro García, Mauro

4. Daibeche, Amina

5. Fraga González, Adrián

GRUPO 2:

6. García García, Diego

7. García Mosquera, Iago

8. Huang, Weichen

9. Iglesias Castro, Naiara

10. Lea Salaño, Ainara

11. Lema Señarís, Damián

GRUPO 3:

12. Martínez Suárez, Laura

13. Mouro García, Mateo

14. Noya García, Roi

15. Pampín Vale, Noa

16. Paz Castro, Daniel

GRUPO 4:

17. Pena Luque, Daniel

18. Rey Aparicio, Noa

19. Rey Taboada, Rubén

20. Sanjurgo Gil, Sergio

21. Serrano Fernández, Gael

22. Torras Villaverde, Ibai

23. Valiñas Moure, Mateo

Page 6: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]

O horario e os días que asistirán a clase serán los seguintes:

1ª SEMANA

HORARIO

SETEMBRO

LUNS MARTES MÉRCORES 10

XOVES

11

VENRES

10 -11.30h GRUPO 1 GRUPO 3

12.00 -13.30h GRUPO 2 GRUPO 4

ENTREVISTAS

INDIVIDUAIS

2ª SEMANA HORARIO

SETEMBRO

14

LUNS

15

MARTES

16

MÉRCORES

17

XOVES

18

VENRES

10-11.30h GRUPOS 2 E 4 GRUPOS 1 E 3 GRUPOS 1 E 2 GRUPOS 2 E 3 TODOS DE

10,00 – 13,30 12.00 – 13,30 GRUPOS 1 E 3 GRUPOS 2 E 4 GRUPOS 3 E 4 GRUPOS 1 E 4

ENTREVISTAS

INDIVIDUAIS

3ª SEMANA

HORARIO

SETEMBRO

21

LUNS

22

MARTES

23

MÉRCORES

24

XOVES

25

VENRES

09:30 – 14:30 TODOS DE

10,00 – 13,30 HORARIO COMPLETO

Establécense períodos para as entrevistas INDIVIDUAIS coas familias. Recollemos

toda a información posible sobre os novos alumnos e alumnas e dámoslle aos pais e nais

orientacións sobre as próximas semanas.

Actividades relativas á aprendizaxe de hábitos, destrezas e rutinas básicas.

As actividades a realizar coas nenas e nenos no período de adaptación serán

curtas e variadas procurando en todo momento que se relacionen entre si e coa mestra

titora.

Entre estas temos:

1.- Exploración e xogo libre pola aula e patio, coa fin de descargar emocións,

sentimentos e angustias propias destes momentos.

2.-Presentación da aula, das distintas zonas, aprendendo o nome dos distintos materiais

e a utilizalos adecuadamente.

Page 7: CEIP DE VITE I - edu.xunta.gal DE... · Infantil establece no artigo 3: ... 7.-Fichas individuais de coloreo, ... expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvite1/ - [email protected]

3.-Presentación da mestra, dos compañeiros e compañeiras. Xogos e cancións para

aprender o nome.

4.-Manipulación de diferentes materiais.

5.-Cantar cancións.

6.-Narración de contos.

7.-Fichas individuais de coloreo, pegar trociños de papel...introducindo algunha das

técnicas plásticas mais sinxelas.

8.- Introdución das normas que rexerán a convivencia na aula, así como as rutinas.

A clase presentará un aspecto alegre e acolledor sen demasiados xoguetes, o

material irémolo sacando pouco a pouco, explicando como deben usalo e onde se garda.

É moi importante atender ás normas aportadas polo equipo de Educación Infantil

sobre as “axudas” que propician o desenvolvemento da autonomía persoal (marcar a

roupa, poñer gomas nos chaquetóns, …), para facilitar a adquisición paulatina de novas

rutinas.

Avaliación

Diariamente no noso anecdotario imos reflectindo os aspectos mais importantes

do día: nenas e nenos que choran, que se aferran aos adultos, que non deixan os

obxectos que traen da casa, se choran durante todo o tempo, que non realizan as

actividades propostas, etc.

Ao finalizar o período de adaptación cumprimentaremos a “Ficha de

observación do período de adaptación”.

Neste período é moi necesaria a colaboración das nais e pais, xa que a

adaptación do seu fillo ou filla ven determinada, en gran medida, por como asuman a

separación; os seus temores, expectativas, ansiedade, seguridade ou inseguridade, o seu

grado de confianza nas posibilidades do neno e nas garantías do centro, xa que todos os

seus temores poden ser transmitidos a través de diversas manifestacións a súa vez

captados polos fillos e/ou fillas como algo negativo cara a escola.