memoria departamento relixión 2017-2018 - memoria... · para os cadenos dixitais usaremos de apoio...

15
IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 [email protected] 886.15.90.98 www.iesaxunqueira2.com Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 1 de 15 Memoria final do departamento de Relixión Católica Curso 2017- 2018 IES A Xunqueira II. Pontevedra. Asdo. A xefatura de departamento. Dª Olga López Míguez

Upload: vanque

Post on 08-Oct-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 1 de 15

Memoria final do departamento de

Relixión Católica

Curso 2017- 2018

IES A Xunqueira II.

Pontevedra.

Asdo. A xefatura de departamento.

Dª Olga López Míguez

Page 2: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 2 de 15

Índice 1. Modificacións introducidas durante o curso na programación didáctica feita ao principio de curso e as súas

motivacións. ............................................................................................................................................................................ 3

2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos en relación cos cursos anteriores. ............................................... 4

3. Propostas para a revisión de: ......................................................................................................................................... 5

a. A programación didáctica para o curso seguinte. ...................................................................................................... 5

b. A concreción curricular. .............................................................................................................................................. 5

4. Funcionamento do departamento. ................................................................................................................................ 6

5. Composición do mesmo. ................................................................................................................................................ 6

6. Temas máis importantes tratados nas reunións. ........................................................................................................... 7

a. Setembro. ................................................................................................................................................................... 7

b. Outubro. ...................................................................................................................................................................... 7

c. Novembro. .................................................................................................................................................................. 8

d. Decembro. .................................................................................................................................................................. 8

e. Xaneiro. ....................................................................................................................................................................... 9

f. Febreiro. ...................................................................................................................................................................... 9

g. Marzo. ......................................................................................................................................................................... 9

h. Abril. .......................................................................................................................................................................... 10

i. Maio. ......................................................................................................................................................................... 10

j. Xuño. ......................................................................................................................................................................... 11

7. Informe de actividades complementarias e extraescolares. ........................................................................................ 12

8. Valoración do traballo feito para a integración das TIC na práctica docente, fomento da lectura e desenvolvemento

das competencias clave. ....................................................................................................................................................... 13

9. Libros de texto. ............................................................................................................................................................. 15

Page 3: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 3 de 15

1. Modificacións introducidas durante o curso na programación didáctica feita ao principio de curso e as súas motivacións.

As modificacións introducidas foron feitas na concreción para cada estándar de aprendizaxe

avaliable en canto a temporalización, así como no grao mínimo especificados nas rúbricas e

potenciar que, nos procedementos e instrumentos de avaliación, tivese preferencia a produción

dixital polos seguintes motivos:

Valoración das achegas dos alumnos na cooperación atendendo ás súas

necesidades para traballar en grupo na identificación de razóns, dende a posición

cristián, ante situacións reais ou supostas que se propoñen na clase.

Axudar aos alumnos para responder responsablemente os seus deberes, coñecer e

exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a

cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo,

afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre

mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse

para o exercicio da cidadanía democrática.

Agrupación dos alumnos de PMAR cos alumnos do grupo de referencia: Iso fai moi

difícil acertar nunha atención diversificada.

Incorporación de E-Dixgal polo que os alumnos de 1º ESO puideron acceder ós

contidos da plataforma.

O feito de mesturar grupos obriga a adaptar os estándares de aprendizaxe.

Que os alumnos estiveran facendo actividades complementarias e extraescolares doutras

materias fixo modificar a temporalización.

Page 4: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 4 de 15

2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos en relación cos cursos anteriores.

En relación ás avaliacións do curso anterior os resultados son menos favorables.

Había dous alumnos de 2º ESO coa materia pendente e un deles non a recuperou.

Tamén sinalar que o alumno de 1º ESO en Atención domiciliaria acadou un resultado negativo.

En canto aos de 2º Bach que suspenderon foi porque abandonaron a materia tal como

fixeron con outras.

Os resultados para a materia de relixión, despois dalgunhas baixas no centro, foron os

seguintes para este curso 2017-2018:

Grupos Alumnos na materia Aprobados Suspensos

1º ESO A 10 10 0

1º ESO B 12 12 0

1º ESO D 28+1 en At. Domiciliaria 28 1

2ºA + 2ºPMAR 17 17 0

2ºB 20 20 0

2ºD 30 28 2

3º ESO A + 3ºPMAR 19 19 0

3º ESO B 18 18 0

3º ESO D 27 27 0

4º ESO A 22 22 0

4º ESO C+ 4ºESO D 26 26 0

1º Bach A+B 22 22 0

1º Bach D 11 11 0

2º Bach A+B+C 15 13 2

Page 5: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 5 de 15

3. Propostas para a revisión de:

a. A programación didáctica para o curso seguinte.

Para o curso seguinte haberá que perseverar no esforzo de que os alumnos comprendan

mellor as tarefas a través de estándares de aprendizaxe e de que a avaliación non é só a nota

dun exame. De feito, na nosa materia a palabra “exame” xa non aparece.

Tendo en conta que unha sesión de cincuenta minutos por semana é moi pouco tempo,

haberá que seguir axustando os estándares de aprendizaxe á temporalización.

b. A concreción curricular.

Indicadores da concreción curricular:

1. Cumprimento da programación didáctica: Adecuada ás sesións e ás

concrecións metodolóxicas.

2. Informe aos alumnos dos criterios de avaliación e cualificación: Informe

total.

3. Informe os alumnos dos coñecementos mínimos: Si, por varias vías: nas

clases, nos taboleiros e na web do centro.

4. Selección dos estándares en función de cada grupo: Seguer axustándoa.

5. Programación das actividades segundo os contidos: Si.

6. Programación das actividades segundo os distintos grupos: Si.

7. Adopción de estratexias metodolóxicas diversas atendendo á diversidade dos alumnos: Na medida en que a mesturación de grupos o permita.

8. As relacións dentro da aula son correctas: Si, con algún caso de indisciplina

que afecta tamén a outras materias.

9. Fomento á colaboración entre os alumnos: Si.

10. Facilitar estratexias de aprendizaxe: Si.

11. Propoñer un plan de traballo antes de cada unidade: Si.

12. Utilizar medios audiovisuais e informáticos: Un 80%.

13. Aplicar os criterios de cualificación establecidos na programación: Si.

14. Seguir o plan programado para o fomento da lectura: Si, o establecido polo

Plan lector do centro máis o propia da materia segundo o establecido.

15. Corrixir e explicar os traballos e outras actividades: Sempre.

16. Informe do rendemento escolar dos alumnos: Sempre.

17. Informe do comportamento dos alumnos: Sempre.

18. Despois de valorar o aprendizaxe dos alumnos, plantexar no departamento propostas de mellora: As sinaladas anteriormente.

Page 6: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 6 de 15

4. Funcionamento do departamento.

Dado que o profesor D. Luis A. Seoane imparte clases en tres centros tivemos que adaptar

cada reunión semanal á única hora libre da que dispoñíamos en común.

As Actas redactadas atópanse no departamento de relixión nun A-Z destinado a tal efecto.

5. Composición do mesmo.

O departamento de relixión católica, neste curso 2017-2018, estivo composto polos

profesores D. Luis Antonio Seoane Ares (que tamén da clases noutros dous centros) e Dª Olga

López Míguez (que é xefa de estudos) que impartiron clases segundo a táboa seguinte:

Grupos Profesorado

1º ESO A Olga López Míguez

1º ESO B Olga López Míguez

1º ESO D Olga López Míguez

2ºA + 2ºPMAR Luis A. Seoane Ares

2ºB Olga López Míguez

2ºD Luis A. Seoane Ares

3º ESO A + 3ºPMAR Luis A. Seoane Ares

3º ESO B Olga López Míguez

3º ESO D Luis A. Seoane Ares

4º ESO A Luis A. Seoane Ares

4º ESO C+ 4ºESO D Luis A. Seoane Ares

1º Bach A+B Luis A. Seoane Ares

1º Bach D Luis A. Seoane Ares

2º Bach A+B+C Olga López Míguez

Page 7: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 7 de 15

6. Temas máis importantes tratados nas reunións.

a. Setembro.

A) TEMAS TRATADOS: Estudamos os desaxustes de listas e de horarios esperando a que se estabilicen os

cambios e a incorporación de novos alumnos ao centro.

B) DECISIÓNS ADOPTADAS: Xa que o profesor Luis Seoane comparte tres centros e a profesora Olga

López é xefa de estudos acordamos que a reunión deste Departamento será os luns ás 13:20 horas.

Todos os alumnos terán un caderno en papel ou dixital.

En 1º ESO usaremos os materiais de E-Dixgal no momento en que os alumnos dispoñan do seu portátil.

Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases https://religente.wordpress.com

Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas coas que se valorará o blog do alumno

(sexa individual ou colaborativo)

b. Outubro.

A) TEMAS TRATADOS:

1. Tivemos as probas de avaliación inicial do 9 ao 11 de outono.

2. Notamos que os alumnos veñen, despois do verán, coma se unha goma de borrar eliminara o

adquirido durante o curso pasado.

3. Detectamos que bastantes alumnos veñen con maior competencia nas novas tecnoloxías.

4. O día 20 de novembro é o Día Universal da Infancia e o día 25 é o Día internacional contra a

violencia de xénero.

B) DECISIÓNS ADOPTADAS

1. Antes de comezar coa programación deste curso vemos preciso facer un repaso de cousas

elementais do curso pasado.

2. Axudar aos alumnos a usar correctamente a rede axundándolles a coñecer os perigos de Internet así

como as súas vantaxes.

3. Colaboramos coa Vicedirección do centro pasándolle ós alumnos de 1º ESO as fichas sobre

“Inventario de intereses” e “Mellora nas técnicas de estudo”.

4. Na penúltima semana de novembro traballaremos cos alumnos o Día Universal da Infancia e o Día

internacional contra a violencia de xénero.

Page 8: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 8 de 15

c. Novembro.

A) TEMAS TRATADOS:

1. Os alumnos que teñen esta materia de relixión pendente non mostran sinais de querer

recuperala pois pasaron curso por imperativo legal e non se dedican a estudar en ningunha materia.

2. Ter en conta que no mes de decembro será a Semana da Constitución e do estatuto de Autonomía

de Galicia, así como o Día internacional das persoas con discapacidade e o Día da Declaración

universal dos Dereitos Humanos.

B) DECISIÓN ADOPTADAS:

1. Falar cos alumnos que teñen esta materia pendente para facilitarlles a motivación e a recuperación

de cara á convocatoria das probas oficiais.

2. Agora que xa coñecemos un pouco máis aos alumnos de 1º ESO decidimos que este curso non

faremos con eles a saída á Catedral de Santiago porque detectamos que sería un risco innecesario

por mor do seu comportamento. Haberá que esperar a que maduren un pouco e teñan máis

disciplina no centro.

3. Usar as efemérides sinaladas para ir avaliando de cara á primeira avaliación no próximo mes.

d. Decembro.

A) TEMAS TRATADOS:

1. Ten sido un mes que pasou rapidamente polas pontes de festivos. Notamos que unha única sesión

por semana non é suficiente para levar a cabo a programación. A síntese relacionada coa

Constitución, co Estatuto de Autonomía de Galicia e coa Declaración Universal dos Dereitos

humanos tivemos que facela de xeito excesivamente curta.

2. No positivo fixemos aplicación moi práctica das dimensións persoal e social da participación activa.

B) DECISIÓN ADOPTADAS:

Adaptar as programación aos diversos niveis dos nosos alumnos facendo que sexa

prioritaria a fidelidade ao alumnado fronte a fidelidade a excesiva e longa programación do

currículo.

Page 9: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 9 de 15

e. Xaneiro.

A) TEMAS TRATADOS

1. Ao volver das vacacións do Nadal facemos referencia á Paz preparando as actividades pois o día 30 é

o día escolar da non violencia e da Paz.

2. De cara ao próximo mes axudar a tomar conciencia de que a alimentación, a sanidade, a educación,

a cultura básica e os dereitos humanos fundamentais son temas que afectan a todo ser humano e

non poden ser ignorados ou desprazados en función de outros intereses.

B) DECISIÓNS TOMADAS

1. Dar a coñecer a O.N.G. “Mans Unidas”. En que circunstancias e con que proxectos nace. Empezar a

animar aos alumnos para que participen en “clipmetrajesmanosunidas”.

2. Atención especial á xornada educativa da Campaña contra a fame no mundo, tendo en conta os

materiais ofrecidos desde a delegación de Mans Unidas.

f. Febreiro.

A) TEMAS TRATADOS

1. O próximo día 8 de marzo será o Día internacional da muller.

2. Día mundial dos dereitos do consumidor.

3. Do 5 ao 9 de marzo: Semana da prensa.

B) DECISIÓNS ADOPTADAS

Ter en conta eses días adaptándoos aos estándares de aprendizaxe.

g. Marzo.

A) TEMAS TRATADOS:

1. O 7 de abril será o día mundial da saúde.

2. Do 23 ao 27 de abril: Será a Semana do Libro e tamén a Semana da Música no noso centro.

B) DECISIÓNS ADOPTADAS:

1. Axudar aos alumnos a reflexionar sobre o respecto ao propio corpo (Non adicións, non alcohol, non

correr riscos innecesarios).

2. Mostrar que a Biblia é o libro por excelencia. Repasar acerca dela.

3. Facer un breve percorrido pola música sacra mostrando a beleza do relixioso na expresión artística.

Page 10: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 10 de 15

h. Abril.

A) TEMAS TRATADOS:

1. O próximo 9 de maio será o Día de Europa.

2. E do 14 ó 19 de maio: Semana das Letras galegas.

B) DECISIÓNS TOMADAS:

1. Participar en todo momento nas efemérides sinaladas aportando desde a nosa materia os valores

comúns coas outras materias que fan actividades complementarias neses días.

2. Analizar o drama dos inmigrantes e refuxiados situando os países dos que proceden e os países a

onde desean chegar e os motivos.

3. Dar a coñecer algún ámbitos de acollida para inmigrantes e refuxiados, tales como Comunidade de

Taizé – Francia, Diocese de Tanxer (P. Agrelo), Padre Pateras ( P. Isidoro Macías) en Andalucía ou

tamén https://www.accem.es

i. Maio.

A) TEMAS TRATADOS:

1. O luns pasado día 21 remataron as clases de 2º Bacharelato. Neste nivel había 15 alumnos con

unha actitude moi positiva cara a materia, agás dous alumnos que polas súas situacións persoais

acabaron abandonando.

2. No resto dos niveis nótase que as actividades complementarias e os exames influen no

desenvolvemento cotián do currículum.

B) DECISIÓNS TOMADAS:

1. Para o próximo curso será moi necesario que as actividades do departamento de relixión as

fagamos no primeiro trimestre.

2. Como o próximo día 5 de xuño será o Día mundial do medio ambente teremos en conta o

coidado da Terra e incidiremos nos temas de Deus Creador. A compatibilidade ciencia-fe.

3. Colaborar con Aldeas Infantiles a través das enquisas propostas polo departamento de Lengua

Castellana no blog http://titoogando.blogspot.com/2018/05/encuesta-para-adolescentes.html

Page 11: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 11 de 15

j. Xuño.

A) TEMAS TRATADOS

1. Traballamos especialmente o Día Mundial do Medio o 5 de xuño usando o blog

2. https:// antesdequeseatarde2018. blogspot. com.es/ para unha campaña de concienciación

sobre o cambio climático, que se realiza de maneira altruísta e que utiliza o estupendo

documental de Leonardo Dicaprio. Todo gratuíto grazas á colaboración de FOX e National

Geographic.

B) DECISIÓNS ADOPTADAS

1. Informar do contido ecolóxico nos documentos eclesiais como chamada forte á

responsabilidade.

2. Axudar a comprender como asume a fe cristiana a responsabilidade ecolóxica e que significa

falar do Evanxelio da creación.

Page 12: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 12 de 15

7. Informe de actividades complementarias e extraescolares.

Decidimos non facer a visita á Catedral de Santiago de Compostela nin o paseo polos

tellados debido a que detectamos que os alumnos que chegaban a 1º ESO non viñan coas

disciplinas necesarias para asumir os riscos da viaxe.

Realizamos a visita á Basílica de Santa María de Pontevedra con resultados altamente

satisfactorios: Os alumnos aproveitaron notablemente o acompañamento e ensinanzas do

párroco e desfrutaron de estancias que, habitualmente, están pechadas ao público.

Realizamos o traballo de análise da sociedade pontevedresa: Todos os alumnos de

relixión durante as clases traballaron para identificar os principios da doutrina social da igrexa

presentes nos valores democráticos e cidadás.

Colaboramos coa campaña contra a Fame de Mans Unidas que axuda a erradicar a

pobreza extrema: Dentro do tema dos valores (austeridade, gratuidade e sinxeleza) os alumnos

descubren que noutras partes do mundo as condicións de vida son moito peores que as nosas.

Participamos nas actividades complementarias do Club de Lectura do centro así como na

Semana da Música e en todas os proxectos de Vicedirección nos que foi solicitada a nosa

participación.

Page 13: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 13 de 15

8. Valoración do traballo feito para a integración das TIC na práctica docente, fomento da lectura e desenvolvemento das competencias clave.

Integración das TIC na práctica docente:

Neste curso 2017-2018 incorporáronse a E-Dixgal os alumnos de 1º ESO con resultados

altamente satisfactorios na súa motivación e nas súas tarefas.

No resto dos niveis tamén todos os alumnos de relixión católica ven sumamente integradas

as TIC na materia pois parte dos contidos son dixitais e moitos dos traballos de clase fanse nas

aulas TIC e nas aulas de informática. Así:

• Aula Virtual do centro.

• Creación de blogs unipersoais e colaborativos.

• Actividades de webs de relixión.

• Páxinas da igrexa católica e doutras igrexas.

• Páxinas con contidos bíblicos e/ou textos de valores universais.

• Voluntariado e labor social da igrexa, webs de ONGS.

• Historia e valores da nosa terra.

• Traballos e actividades de clase foron enviados e corrixidos no correo electrónico.

En canto ao fomento da lectura:

Colaboración e participación nas actividades organizadas pola Biblioteca do centro:

enquisas, exposicións, consulta de libros e crítica construtiva de artigos.

Traballamos na clase con exercicios e prácticas de comprensión lectora da Biblia e dos

seus xéneros literarios, preguntas sobre o lido, extracción da idea principal e realización de

sínteses escritas ou exposicións orais do texto traballado. En xeral, na clase de relixión son

frecuentes as lecturas e exposicións de ideas e opinións persoais así como a interpretación de

murais ou distintos traballos realizados polo alumno que contribúen ao desenvolvemento da

comprensión dos escritos e á expresión oral.

Page 14: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 14 de 15

Desarrollo das competencias clave:

A materia de relixión católica contribúe o desenvolvemento das sete competencias clave:

1. O currículo de relixión católica válese dos elementos cristiáns presentes na contorna do

alumnado, das imaxes e símbolos, da linguaxe e outros recursos, para a comprensión da

relixiosidade propia de cada etapa evolutiva. Desenvólvese así a competencia en comunicación

lingüística (tanto na expresión oral como na escrita).Ademais o ensino relixioso católico na

escola sérvese da linguaxe académica e das linguaxes que conforman a cultura. O diálogo da fe

coa cultura contribúe á competencia en comunicación lingüística do alumno en relación cos

estándares de aprendizaxe.

2. O ensino relixioso tamén contribúe á competencia matemática ó axudar a que o alumno

relacione datos da Biblia coa historia, contabilice expresións de cifras e use estatísticas para a

descrición e a análise da realidade social.

3. O ensino relixioso axuda a desenvolver a competencia dixital integra as TIC para o tratamento da

información, para a súa obtención e selección crítica. É unha materia na que teñen un

importante papel os recursos tecnolóxicos ao alcance de estudantes e profesores, pois facilitan o

traballo tradicional e ofrecen novas aplicacións.

4. O ensino da relixión contribúe á competencia de aprender a aprender fomentando a atención,

memoria, experiencia, o impulso do traballo en equipo, a síntese da información e opinión. Fai

aos alumnos protagonistas da súa propia aprendizaxe como resposta á vontade de Deus de que o

ser humano colabore activa e libremente co plan divino.

5. A relixión favorece o desenvolvemento de competencias sociais e cívicas por a súa insistencia de

virtudes cívicas para o ben común da sociedade. Educa a dimensión moral e social da persoa,

favorecendo a corresponsabilidade, a solidariedade, a liberdade, a xustiza e a caridade.

6. A competencia do sentido de iniciativa e espírito emprendedor desenvólvese no estudante

partindo do verdadeiro coñecemento de si mesmo, das súas potencialidades, da súa dignidade e

do seu sentido. A formación relixiosa católica aporta á devandita competencia unha cosmovisión

que dá sentido á vida, á cultura e á identidade da persoa humana.

7. A relixión católica aporta á conciencia e expresións culturais o significado e valoración crítica de

tantas obras da nosa contorna, motivando o aprecio pola propia cultura galega e a estima

adecuada doutras tradicións culturais e relixiosas.

Page 15: Memoria Departamento Relixión 2017-2018 - Memoria... · Para os cadenos dixitais usaremos de apoio o blog de clases Alí poderán consultar a Programación da materia e as rúbricas

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6

E-36005 Pontevedra

886.15.90.90

[email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Departamento de Relixión Católica MD50XD04G Actualización do 20 de xuño de 2018 Páxina 15 de 15

9. Libros de texto.

A novidade deste curso 2017-2018 foi o emprego de E-Dixgal cos alumnos de 1º ESO.

Aínda que os portátiles non chegaron ata case rematado o segundo trimestre polo que en vez de libros

de texto os alumnos foron acadando todo o necesario cos apuntamentos que lles proporcionaron os

profesores e algúns materiais no blog http://religente.wordpress.com

así como noutras webs contidas en http://www.ciberiglesia.net/red/clase-religion.htm

Cando foron necesarios, usáronse os libros de texto que hai no Departamento e que,

prioritariamente, foron os seguintes:

En 1º E.S.O: VV.., Religión Católica 1, Ithiel, Ed. Edebé, 2010, ISBN 978-84-236-6358-3

En 2º E.S.O: VV., Religión Católica 2,Ithiel, Ed. Edebé, 2011, ISBN 978-84-236-9916-2

En 3º E.S.O: VV., Religión Católica 3,Ithiel, Ed. Edebé, 2010, ISBN 978-84-236-7838-9

En 4º E.S.O: VV., VV., Religión Católica 4,Ithiel, Ed. Edebé, 2011, ISBN 978-84-236-9968-1

En 1º Bacharelato : CORTÉS J., CASTAÑO G. “Relixión Católica-Bacharelato”

de Ed. SM-PPC. ISBN 978-84-675-9864-3

En 2º Bacharelato: o mesmo que en 1º de Bacharelato.