mapa da zona - dialnet · 2019. 7. 30. · un tosco cachote que fai de lintel e que, a pesar de...

6
94 ~ Xoan Carlos Rivas Fernández Ourense Topógrafo Colexiado e Funcionario da Administración Local. Director do Museo Municipal de Ourense. Académico Correspondente da Real Academia Galega desde 1977. Membro do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” do C.S.I.C., na súa sección de Prehistoria e Arqueoloxía desde 1977. Membro da Xunta de Goberno da Fundación “Otero Pedrayo” desde 1987. Vinculado ao Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense desde tempos de Ferro Couselo, co que colaborou e chegou a ter grande amistade. É Membro titular do seu Grupo “Marcelo Macías”, nomeado por Orde da antiga Dirección General de Bellas Artes en 1972. Ten publicados máis de sesenta traballos de investigación en diversos boletíns e revistas especializadas, así como comunicacións en congresos, simpó- sios, etc. Colabora a miúdo nalgúns xornais de Galicia, nos que xa publi- cou máis dun centenar de artigos sobre divulgación e defensa do patri- monio cultural ourensano e galego. Grande coñecedor das terras de Ourense, no seu haber ten importan- tes achados artísticos e arqueolóxi- cos, moitos deles doados ou xestio- nados para o Museo Arqueolóxico Provincial. MAPA DA ZONA

Upload: others

Post on 27-Oct-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MAPA DA ZONA - Dialnet · 2019. 7. 30. · un tosco cachote que fai de lintel e que, a pesar de estar rachado, aguanta perfectamente o peso do muro por estar a maior parte das outras

94~

Xoan Carlos Rivas Fernández

Ourense

Topógrafo Colexiado e Funcionario

da Administración Local. Director do

Museo Municipal de Ourense.

Académico Correspondente da Real

Academia Galega desde 1977.

Membro do Instituto de Estudos

Galegos “Padre Sarmiento” do

C.S.I.C., na súa sección de

Prehistoria e Arqueoloxía desde

1977. Membro da Xunta de Goberno

da Fundación “Otero Pedrayo” desde

1987. Vinculado ao Museo

Arqueolóxico Provincial de Ourense

desde tempos de Ferro Couselo, co

que colaborou e chegou a ter grande

amistade. É Membro titular do seu

Grupo “Marcelo Macías”, nomeado

por Orde da antiga Dirección

General de Bellas Artes en 1972. Ten

publicados máis de sesenta traballos

de investigación en diversos boletíns

e revistas especializadas, así como

comunicacións en congresos, simpó-

sios, etc. Colabora a miúdo nalgúns

xornais de Galicia, nos que xa publi-

cou máis dun centenar de artigos

sobre divulgación e defensa do patri-

monio cultural ourensano e galego.

Grande coñecedor das terras de

Ourense, no seu haber ten importan-

tes achados artísticos e arqueolóxi-

cos, moitos deles doados ou xestio-

nados para o Museo Arqueolóxico

Provincial.

MAPA DA ZONA

Page 2: MAPA DA ZONA - Dialnet · 2019. 7. 30. · un tosco cachote que fai de lintel e que, a pesar de estar rachado, aguanta perfectamente o peso do muro por estar a maior parte das outras

95~

Estamos en terras de Allariz, a unscatro quilómetros desta vila cara aCelanova, e no fondo do val doArnoia, moi preto xa das súas augase por baixo da vella verea ou cami-ño real que levaba ás ditas poboa-cións. O entorno é abraiante, esta-mos no medio dunha fermosa fragaautóctona, baixando dende AsQuintás ao río, pero indo cara APortela en percura do Regato dasRegueiras para seguilo ata o seuencontro co Arnoia, onde se atopa oMuiño das Canás.

Nesta paraxe é o imperio do carba-llo, que deixa pouco máis respiropara algúns que outros vellos cara-cochos de castiñeiros. Case non sepode avanzar, encargarse delo apronunciada pendente, as pólas bai-xas, as moitas silvas, as xestas e ataas espiñas dos abruñeiros bravos; afalta de xente no campo permitehoxe medrar todo esto en demasía.Os encostados carreiros xa sontamén impracticábeis e van xalona-dos con pequenos muros de desgas-tadas pedras, moitas cubertas xacon espeso manto de musgo, e nosdos sucalcos xa só se adiviñan.Houbo lóstregos e chuviscou algo,cheira a humidade e a herba fresca.É a Galicia marceada que xa sae dainvernía.

Noutrora foran terras de SanRosendo e dos seus frades; moi

preto está a igrexa de San Trocado,onde fai anos atopouse unha anti-quísima necrópole; cara o Sur, unquilómetro por riba de nós estáPazó e Amiadoso, con importanteselementos arquitectónicos mozára-bes, feitos por aqueles fuxidos dasterras dos mouros que quizais aco-lleu aquí tamén o Santo abade deCelanova.

Xa pasaron moitos anos dende quevira por primeira vez esta reliquiaarquitectónicoetnográfica, o Muiñodas Canás, descoñecido no mundoda cultura e, dende logo, dos inven-tarios da etnografía galega, chamadotamén por outros veciños da bisba-rra o Muiño do Demetrio, polo quefora o seu derradeiro muiñeiro epropietario; daquelas levara eu aosarquitectos Xavier Suanzes e IagoSeara, interesados xa polo patrimo-nio cultural e etnográfico da nosaterra, e tamén por coñecer, comadicían eles, as “solucións técnicas”da rudimentaria fábrica de moer.

O muiño está situado nunha colosalatalaia rochosa na marxe esquerdado Arnoia, a uns 15 metros de alti-tude sobre as súas augas; encóntrasetamén preto do Regato dasRegueiras, que pouco despois dedar parte das súas augas ao muiño,desemboca no Arnoia.

Evidentemente trátase de unha

UNHA ENXEÑOSA CONSTRUCCIÓNRUPESTRE: O MUIÑO DAS CANÁS(*)

Xoan Carlos Rivas Fernández

É curioso decatarse como nestes

últimos tempos a figura e obra de

Xesús Ferro Couselo está sendo

avaliada e engrandecida funda-

mentalmente como defensor por

antonomasia do patrimonio

arqueolóxico e artístico galego. E

esto é verdade, si. Pero esta

laboura que desenrolou fielmen-

te, non tanto pola obriga do fun-

cionario e seu cargo, como

dende unha vehemente e natural

actitude ética, cultural e de com-

promiso coa súa terra, quizais

estea diluindo dalgún xeito

outros dos seus indudábeis e

máis importantes méritos no

eido do estudo e da investiga-

ción. E podo dicir que entre eles

estaba tamén, anque moi acocha-

do e inédito nas publicacións, o

eido da etnografía, interesándolle

moito os traballos de especialis-

tas nesta materia como Fritz

Krüger, Mattos, Viana, Jorge

Días, Leite de Vasconçelos, Pires

de Lima, o propio Risco,

Laureano Prieto co que colabo-

rou, e, como non, os do seu gran-

de amigo “Xocas”.

Con este cativo traballo quero

lembrar, polo tanto, ó tamén

investigador etnógrafo D. Xesús

Ferro Couselo.* Axudáronme con grande eficacia neste traballo Carlos Domínguez, leal amigo e xa veterano cola-borador en moitas andainas arqueolóxico-etnográficas, e seu fillo Xosé Carlos que xa está tamén a tra-ballar rexistrando o patrimonio cultural máis esquecido da nosa terra. Dos valores de ambos fago aquírecoñecemento.

Page 3: MAPA DA ZONA - Dialnet · 2019. 7. 30. · un tosco cachote que fai de lintel e que, a pesar de estar rachado, aguanta perfectamente o peso do muro por estar a maior parte das outras

96~

Page 4: MAPA DA ZONA - Dialnet · 2019. 7. 30. · un tosco cachote que fai de lintel e que, a pesar de estar rachado, aguanta perfectamente o peso do muro por estar a maior parte das outras

97~

Page 5: MAPA DA ZONA - Dialnet · 2019. 7. 30. · un tosco cachote que fai de lintel e que, a pesar de estar rachado, aguanta perfectamente o peso do muro por estar a maior parte das outras

98~

construcción rupestre, xa que enparte aproveitaron as característicasnaturais da grande formación graní-tica que alí aflora; no resto do rudi-mentario edificio foi completamen-tado coa realización de muros decachotes e de tres dificeis e durostraballos de tallado na dita rocha,para facer espacios respectivamentea parte da vivenda ou estancia supe-rior, para o depósito de auga baixoa entrada da canle, e na cota máisinferior para a ubicación dos rodi-cios con as súas correspondentesrodas de moer.

Os debuxos que aquí se amosan,aínda con ser unha boa e moi des-criptiva axuda, non dan idea cabalda increíbel e hábil utilización quese fixo do rochedo para asentar neltodas as instalacións necesarias paralevar a cabo o tradicional procesode moenda a partir da forza da auga.

Non describirei agora o funciona-mento dun muiño desta clase, porestar dito dabondo nos manuais deetnografía, e só subliñarei as carac-terísticas concretas de todo esterudimentario complexo, principian-do pola súa parte superior.

En primeiro lugar tallouse na pen-dente rocha unha banqueta de apro-ximadamente 4 metros de lonxitu-de, case en horizontal, por 1,60 defrente; despois afondouse aíndamoito máis na dura rocha, até uns5,50 metros, para chegar á cota dasporcas onde asentan os eixos dosrodicios. A parte de rocha de caraao río quedou a menos altura que ada plataforma anterior, polo que foisuplementada con sillería irregularata chegar a uns 30 centímetros porbaixo da outra; é por elo que o chande madeira que asentaba entre elas,

tiña que levar unha pequena incli-nación.

Pola parte exterior do muiño, orochedo volve a baixar en doce talu-de ata uns 3 metros, e a seu pé pasaa canle que fai de aliviadoiro ásaugas sobrantes do muiño, e que ásúa vez segue o seu curso a certaaltura á beira do Arnoia por estamarxe esquerda, para regar unslameiros máis adiante. Aínda atopa-mos aquí, un pouco máis por riba dacota da dita canle, con outra plata-forma natural de uns 3 metros delonxitude, antes de se precipitardefinitivamente en vertical ata uns15 metros de profundidade sobre asmesmas augas do río Arnoia.

A parte lateral dereita, onde está aporta do muiño, non presenta maiorproblema para o seu cerramento, efíxose con sillería, a máis traballadade todo o edificio. Fora, á esquerdada porta, hai un sentadoiro ou pou-sadoiro baixo un sinxelo cobertizoou cabildo, hoxe desaparecido, queestaba sostido pola prolongacióndas dúas únicas vigas de madeiraque tiña o teito do muiño.

O lado esquerdo, en cambio, preci-sou xa dun elevado, atrevido e máisrexo muro feito con grandes pezasirregulares, que en seu contacto coarocha natural fóronse adaptando aoseu perfil tal como ía caendo. Poreste lado son visitábeis tanto osrodicios como os seus eixos e aestructura de lousas ou sésigas queteñen conta dos pés e das mós demoer; para elo deixouse unha entra-da a modo de cova entre os douspromontorios rochosos, medianteun tosco cachote que fai de lintel eque, a pesar de estar rachado,aguanta perfectamente o peso domuro por estar a maior parte dasoutras pezas trabadas entre si.

O chan de madeira que tivo o pri-meiro andar, non deixaba entrar aluz natural na parte baixa, que eraonde tiña que estar máis tempo omuiñeiro, e requería ter algún tipo

de alumeado artificial con fachos,candís de aceite, grasa, ou mesmocarburo, etc. A máis da porta, osmuros levaban na parte superioroutros dous ocos, unha xanela caraa parte do río Arnoia e outra lateralmirando cara augas abaixo, con unpoio ou sentadoiro. Dende ambasdomínase unha paisaxe incompará-bel.

O cerramento máis superior desteedificio, cara o monte, foi solucio-nado con un enorme penedo natu-ral, de case dúas toneladas, e queseguramente estivera deitado da súaparte exterior alí mesmo, sendolevantado sen dúbida con moito tra-ballo, e deixado de canto parapechar por ese lado o muiño; a máisdesto tiña conta do teito, que poraquí queda a tan só 1,40 do terreoexterior.

Hai outros bloques de grandesdimensións que tiveron que semover tamén, e ao carón mesmodeste, atópase un que, este si,houbo que arrancalo en canteira elogo transportalo dende máis lonxe.¿Como se conseguiu esto en terreotan illado, só con ruíns e moi encos-tados sendeiros? Pois con grandetraballo. O esforzo tivo que serímprobo, e dende logo, con a con-currencia de moito persoal, o queindica a grande importancia quetiña noutros tempos industria tanelemental pero, sen dúbida, tan vitalpara a mantenza de moitas familiasde campesiños.

Evidentemente un muiño destascaracterísticas tiña que ser de réxi-me comunitario, e non privado ou“de herdeiros”, só así poderase com-prender o traballo acadado aquí, oseu costoso mantemento e conser-vación ata fai medio século atrás.

A presa onde se capta a auga para omuiño, está composta por dúasboas laxas fincadas oblicuamenteno leito do regato ata máis da meta-de do seu cauce; a canle ten poucorecorrido, sen case pendente, pero

Page 6: MAPA DA ZONA - Dialnet · 2019. 7. 30. · un tosco cachote que fai de lintel e que, a pesar de estar rachado, aguanta perfectamente o peso do muro por estar a maior parte das outras

99~

leva pezas en media cana de pedralabrada, incluso o aliviadoiro quearrodea ó pé a maior parte do roche-do onde se asenta o muiño.

Non é este muiño de longo e pen-dente conducto final da auga oucubo, nin de cheminea vertical depedras redondas furadas, senón dereservatorio ou depósito previo.Nos cinco últimos metros a canleestá cuberta por rexas lousas depedra con máis anchura da normal,porque en realidade non cubren otradicional cubo en pendente deentrada da auga, -coma dixemos, ocorto recorrido da canle non dápara que colla velocidade-, senón undepósito de uns 2,50 por 2,80metros de anchura e 3 de profundi-dade, feito na dura rocha. Destemodo, por presión constante e nonpor caida, dáselle forza á auga quesae por dous buratos ou conductosredondos, de unha cuarta de diáme-tro, tamén feitos a base de furar arocha natural, e que van dereitos aencarar as culleres do rodicio.

En fin, calquer descripción que sefaga das características constructi-vas deste vello e particular muiño,aínda facendo énfase en certos deta-lles, sempre desmerecerá da propiacontemplación in situ deste merito-rio conxunto rupestre e de seuentorno.

No Regato das Regueiras, poucosmetros augas abaixo de onde se cap-tan as augas para o muiño, atópaseunha pequena pontella, que étamén a máis rudimentaria en pedraque coñezo. Como se está a ver nosesquemas que fixen dela, trátase dedúas pedras longas meténdose carao regato e a certa altura das augasdende a marxe esquerda; outra máissobresae da marxe dereita esta vezdende abaixo e frente as anteriores,e unha terceira foi posta por ribatrabada nos extremos das outras esen tan sequera ser traballada.

Dende aquí ata a desembocadura auns 50 metros, o regato deslízase

pola desgastada rocha natural for-mando dúas fermosas e pequenasfervenzas, e ata a mesma caida noArnoia faina sobre un colchón laxe-ado. Todo un belido espectáculo.

O Muiño das Canás é un dos moi-tos vestixios, fermosos e insepará-beis dos cursos dos nosos regatos,testemuña dunha cultura milenariaque xa morreu; museos vivos doárduo quefacer dos devanceiros,preciadas pezas que en calqueradiantado e culto país xa levan anossendo obxecto dos máis solícitoscoidados. Como dixen ao comezo,este é unha verdadeira xoia quemerece mellor futuro que o dehoxe, en estado de abandono, senteito e con parte dos sillares dosmuros derrubados por mor dos con-sabidos gamberros; coido que, unhavez revalorizado e dado a coñeceraquí, sexa axiña restaurado e dotadoda correspondente sinalación, e dosendeiro que permita o seu accesocon máis comodidade a todos osinteresados nestes tradicionais valo-

res culturais da nosa terra. A frescu-ra e espectacularidade da paisaxevirxe que o arrodea, previa limpezae coidado destas ribeiras do Arnoia,será sen dúbida tamén outro alicien-te para os visitantes.

A pontella do regato