manual da enfermidade celÍacamanual da enfermidade celÍaca. autor: acega coa colaboración de dra....

18
MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA

Upload: others

Post on 02-Aug-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

MANUAL DAENFERMIDADE

CELÍACA

Page 2: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

Autor: ACEGA coa colaboración de

Dra. Pilar Pavón BelinchónPediatra

Mª Teresa García FernándezEnfermeira

Edita: Dirección Xeral de Saúde PúblicaConsellería de SanidadeXUNTA DE GALICIA

Ilustracións: B. SAAVEDRA PITA

Imprime: Tórculo Artes Gráficas, S.A.

DL: C-766-04

Page 3: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

Este/a neno/a é coma os/as demais: xoga, corre, salta,nada, vai ó colexio, etc. A única diferenza é que haialgúns alimentos que non pode comer. Os que conteñenGLUTE.

Page 4: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

Todos os alimentos que precisamos chegan a nós polotubo dixestivo. Unha vez dentro, e despois da dixestión,pasan ó sangue atravesando as paredes do intestino;isto coñécese como ABSORCIÓN INTESTINAL.

Page 5: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

Para poder realizar esta absorción, as paredes dointestino teñen unha estrutura especial: están formadaspor unhas prolongacións en forma de dedos que sechaman VILOSIDADES INTESTINAIS e, a través delas, osalimentos pasan ó sangue. Se estas vilosidades nonexistisen non se podería realizar a absorción intestinal.

Page 6: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

¿Que é o GLUTE?

O glute é unha proteína que existe nas fariñas de trigo,centeo, cebada e tritical.

A avea, aínda que non contén glute, pode ter por estarcontaminada na súa orixe ou durante o procesado.

Page 7: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

O glute, en determinadas persoas, “ataca” a estruturanormal do intestino, destruíndo as vilosidades eimpedindo que os alimentos pasen ó sangue e seaproveiten correctamente. Estas alteracións coñécenseco nome de MALABSORCIÓN INTESTINAL. Esta“intolerancia” ó glute coñécese como ENFERMIDADECELÍACA. Ímosvos explicar como é esta enfermidade.

Page 8: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

As persoas celíacas cando non toman glute non teñenproblemas. Isto ocorre cos lactantes que só se alimentande leite, froita e papas de millo e arroz, que, comosabedes, non conteñen glute. Nestas circunstancias, odesenvolvemento do/a neno/a é normal.

Page 9: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

Cando o/a neno/a ten a idade adecuada, introdúcese oglute na súa alimentación (pan, galletas, fariñas decereais, etc.). Despois dun intervalo variable, que podeser de tres a nove meses, comezan a aparecer osseguintes síntomas: perda de apetito, diarrea, cambiode carácter, aumento da barriga, deixa de medrar, etc.

Page 10: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

Cando os pais/nais ven estes síntomas acoden ó centrode saúde, donde despois de explorar ó/á neno/a,realízanlle análises e outras probas que levan a sospeitarunha intolerancia ó glute.

Page 11: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

Para confirmar o diagnóstico farase unha biopsiaintestinal. Esta realízase pasando, pola boca ata ointestino, unha sonda fina cunha cápsula ou aparellochamado endoscopio. Cando chega ó intestino, ó lugaradecuado, tómase unha pequena mostra da mucosaintestinal. Obsérvase ó microscopio e vense asvilosidades, aquelas que vos diciamos ó principio. Seestán en mal estado, trátase da enfermidade celíaca.

Page 12: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

Despois de feito o diagnóstico, o tratamento consisteen levar de forma rigorosa unha DIETA SEN GLUTE.

Non sempre é doado saber que alimentos dos queexisten no mercado teñen glute, polo que é necesarioconsultar as listas editadas periodicamente polaASOCIACIÓN DE CELÍACOS.

Page 13: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

Tedes que saber que hai moitos alimentos que nonconteñen glute e que abondan para unha alimentacióncorrecta.

Ademais, existen alimentos especiais preparados confariñas sen glute.

A Asociación de Celíacos indicaravos onde podedesconseguilos.

Page 14: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

As persoas celíacas, como xa dixemos antes, poderánfacer unha vida totalmente normal na casa, no colexio,cos/as amigos/as... A única precaución que debedes teré NON TOMAR ALIMENTOS QUE CONTEÑAN GLUTE.

Page 15: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

Se comedes no comedor do colexio, os/as vosos/aspais/nais deben comunicarlle o voso réxime á direccióndo centro, que, con toda seguridade, colaborará enfacer a vosa dieta.

Page 16: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

Se ides de viaxe, vacacións, a restaurantes... lembradeque hai moitos menús que non conteñen glute.

Page 17: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

O/a neno/a vai precisar máis dunha biopsia para chegara un diagnóstico definitivo de enfermidade celíaca e, deconfirmarse, levará UN RÉXIME SEN GLUTE DURANTETODA A VIDA.

Page 18: MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra. Pilar Pavón Belinchón ... Non sempre é doado saber que alimentos dos que

Se a dieta se leva ben, cousa relativamente doada defacer, o crecemento e desenvolvemento do neno seránormal.