a lingua azul - consellería do medio...

42
A LINGUA AZUL EVOLUCIÓN E E MEDIDAS DE CONTROL

Upload: phungminh

Post on 10-Feb-2018

217 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

A LINGUA AZUL

EVOLUCIÓN E E

MEDIDAS DE CONTROL

Page 2: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

A ENFERMIDADE

A Lingua Azul (L.A.) está producida por un virus do que se teñen

identificado 24 serotipos distintos.Afecta con diferente intensidade ás

especies ruminantes.

Non ten ningún risco para os seres humanos

Page 3: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

É unha enfermidade infecciosa non contaxiosa .

A única vía de transmisión da enfermidade é a través da picadura dos mosquitos dos mosquitos Culicoides, isto fai que en ausencia destes, un animal enfermo nunca pode contaxiar aos outros.

Page 4: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade propia de países cálidos ao sur do paralelo 40. A distribución da enfermidade a nivel mundial vai parella á das poboacións das especies de mosquitos que actúan como vectores.

Page 5: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

SÍNTOMAS DA ENFERMIDADE

No caso do gando ovino:• O Ovino é a especie ruminante mais sensible a enfer midade

• Febre alta, que pode chegar ata 42º C.

• Inflamación e úlceras na mucosa bucal e outras zona s

• Lingua inflamada de cor azulada.

• Descargas nasais e salivación intensa.• Descargas nasais e salivación intensa.

• Edema de papo e cabeza

• Coxeiras.

• Dificultade respiratoria.

•A morte pode suceder aos 8-10 días ou pode haber re cuperación con perda de lá e atraso no crecemento.

Page 6: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

SÍNTOMAS DA ENFERMIDADE

• No caso do gando vacún:

• O proceso pode pasar sen síntomas aparentes

• En ocasións detectase só unha simple baixada de produción maior ou menor segundo a presentación dunha fase febril.

• Nos casos mais graves no gando vacún tense detectado ata a aparición • Nos casos mais graves no gando vacún tense detectado ata a aparición doutros síntomas como incremento da salivación ou lesións ulcerosas na lingua, mucosa nasal e bucal, e en ocasións coxeiras.

• Os animais recuperan ao cabo de uns días, quedando inmunizados fronte ao serotipo do virus causante.

Os animais afectados de calquera especie seguen send o posíbeis focos para a transmisión do virus durante un período estimado de 60 días des pois da infección.

Page 7: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Evolución recente da enfermidade

No 2004 detectouse a enfermidade en Andalucía (serotipo 4) procedente de Marrocos estendéndose progresivamente por Extremadura, parte de Castela a Mancha, de Castela e León e en Castela e León e en Madrid, ata estabilizarse a zona afectada coincidindo coa zona de maior densidade de poboación de Culicoides da especie Imícola, considerado como único vector implicado na transmisión do virus S-4

Page 8: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Evolución recente da enfermidadeEn xullo do ano 2007 aparecen os primeiros focos de enfermidade provocada por virus do serotipo 1 en Cádiz cuxa orixe foi relacionada coa presentación de focos do mesmo serotipo en Marrocos.

Este serotipo estendeuse rapidamente por todo o territorio anteriormente afectado polo Virus S-4, polo que inicialmente pensouse que o único vector implicado na súa transmisión sería o Culicoides Imícola

Page 9: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

O virus serotipo-1 ocupou o mesmo territorio que o virus serotipo-4 entre xullo e outubro de 2007

Page 10: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Novembro de 2007 :Primeiro foco de Lingua Azul no País Vasco provocado polo virus S-1.

Non hai poboacións estables de Culicoides Imícola. É moi abundante outro tipo de mosquito o Culicoides Obsoletus, a quen se lle atribuíu

capacidade para transmitir o virus S-1

Page 11: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Situación no Estado español en novembro de 2007

Page 12: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

No ano 2006 detéctase por vez primeira na historia a enfermidade nun país do norte de Europa.

• No mes de agosto de 2006 foi detectada a enfermidade no sur de Holanda identificándose como causante o virus S-8, sendo

causante o virus S-8, sendo esta a primeira detección deste virus en calquera país de Europa (entrada de animais de zoo?) Estendese a Bélxica e Alemaña no mesmo mes de agosto e a Francia en setembro.

Page 13: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Evolución da enfermidade na Cornixa Cantábrica.

En xaneiro de 2008 detectouse por vez primeira no estado circulación do virus S-8 en Cantabria, sen que dende aquela data se declarase ningún novo caso en territorio español.

Desde Euskadi difundiuse a enfermidade a outros territorios lindantes, así en febreiro do 2008 confirmáronse os primeiros focos de Cantabria polo virus S-1

Page 14: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Evolución da enfermidade na Cornixa Cantábrica.

No mes de febreiro de 2008 foron declarados tamén por vez primeira focos da enfermidade en animais nacidos ou criados en Asturias,provocada por virus S-1

Os focos localízarnse en concellos lindantes con Cantabria (Llanes e Cantabria (Llanes e Villaviciosa).

A declaración implicou a definición dunha nova zona de restricción, que chegou ata o límite da C.A. de Galiza.

Page 15: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Evolución no Estado e en Europa

Dende Holanda a enfermidade avanzou en todas as direccións afectando neste momento a Luxemburgo, Bélxica, Alemaña, Bélxica, Alemaña, Francia, Chequia, Dinamarca, Reino Unido... Por outra banda o virus S-1 entrou en Francia procedente do País Vasco e avanzou cara ao norte e ao leste.

Page 16: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Medidas de control realizadas en Galiza• Rede de alerta veterinaria. • Controis de movementos • Controis de animais

incorporados procedentes de zona de risco.

• Controis serolóxicos aleatorios.

• Control entomolóxico, Rede permanente Rede permanente composta por 5 trampas e rede de 14 trampas de localización variable.

• Control en explotacións sentinela.

• O sistema se complementa con actuacións de desinsectación.

Page 17: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Condicións xerais para o transporte de gando dende zonas restrinxidas a zonas libres.

Os animais non presentarán síntomas clínicos da enfermidade.

A carga e transporte realizaranse fóra das horas de máxima actividade dos mosquitos.

Os vehículos serán previamente Os vehículos serán previamente desinsectados.

Os animais estarán tratados con desinsectante ou repelente.

Os animais con destino a vida deben contar con probas negativas á Lingua Azul.

Page 18: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Resultado das medidas de control

Nos 8 primeiros meses de 2008 analisáronse para Lingua azul no Laboratorio de sanidade e Producción Animal de Galiza LASAPAGA:• 11420 mostras de sangue enteiro mediante a PCR • 13792 mostras de soro mediante a Elisa.Dende o LASAPAGA enviáronse ao Laboratorio Central de Referencia de Laboratorio Central de Referencia de Algete 2359 mostras para confirmación..Os controis realizados permitiron a detección nunha vintena de explotacións galegas uns 50 animais bovinos infectados polo virus, procedentes de zonas de risco. Os animais foron eliminados a tempo, evitando así eficazmente a circulación viral en Galiza e a conseguinte entrada da enfermidade por esta vía.

Page 19: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

A vacinación como método de control

• A normativa vixente, (artigo 9.2 da directiva 2000/75/CE, e artigo 11.2 do RD 1228/2001) limita a autorización do uso da vacinación e impón a preceptiva autorización previa da Comisión Europea, aos territorios incluídos dentro dunha área denominada “zona de protección” tamén denominada “zona restrinxida” definida polo establecemento dun radio de como mínimo 100 km establecemento dun radio de como mínimo 100 km entorno aos focos declarados, e prohibe taxativamente a utilización da vacina (artigo 10.2 da directiva e artigo 10.3 do real decreto) nas áreas denominadas “de vixilancia” definidas pola prolongación do primeiro radio nun mínimo de 50 kms máis. Na mesma liña a vacinación sería incompatible co mantemento do estatus de territorio libre á enfermidade.

Page 20: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

A vacinación como método de control• Para o virus serotipo-4, só foi posible contar con vacina

inactivada para o vacún e para ovino en abril de 2006 ano 2006, esta vacina permitiu control efectivo e eficaz do virus S-4 no sur do estado español.

• Para o virus do serotipo-1 dispúxose de vacina inactivada para vacún e ovino novembro de 2007. inactivada para vacún e ovino novembro de 2007.

• Para o virus do serotipo-8 dispúxose de vacina inactivada en cantidade limitada en maio de 2008 e só foi a partir de xullo de 2008 que houbo plena dispoñibilidade.

Page 21: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

A vacinación como método de control • A experiencia positiva das vacinacións

masivas (S-4) e a dispoñibilidade de vacina (S-1 e S-8) levou a que o MARM entablase unha negociación coa Comisión Europea para que permitise a organización de campañas de vacinación en territorios que non estaban afectados polos radios de protección definidos en torno aos focos declarados.

• A Comisión autorizou a condición de que que os territorios que iniciasen un plan de vacinación foran previamente declarados “zona restrinxida” o que conleva a aplicación de medidas de restricción dos movementos similares ás dos territorios onde existe realmente a enfermidade.

Page 22: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Ante esa nova situación, en agosto de 2008, iniciáronse plans de vacinación fronte ao serotipo 1 e 8 en novos territorios españois.Entre todos eles

A vacinación como método de control

Entre todos eles Cataluña (ainda sen circulación viral) decidiu vacinar pola clara ameaza a través da fronteira francesa tanto a entrada do S-1 como do S-8.

Page 23: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

A vacinación como método de control

Os restantes territorios que se incorporaron á vacinación contra os dous serotipos, en agosto de 2008, ou ben xa estaban declarados oficialmente total ou oficialmente total ou parcialmente afectados por radios de protección a un dos serotipos (S-1) ou sen estalo estaban dentro do radio de 150 km dende focos declarados.

Page 24: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

A vacinación en GalizaEn agosto 08, en función da situación e da posibilidade de vacinación xeralizada, Galiza decidiu iniciar un plan de vacinación fronte aos virus S 1-8 . O plan foi efectivo desde o 1 de setembro.

A situación ata finais de xullo era:

Dende abril só se tiñan detectado un escaso número de focos da enfermidade en Asturias, e todos localizados nos concellos do localizados nos concellos do oriente xa afectados.

A rede de alerta veterinaria galega non detectara dende maio ningún caso positivo importado.

Nas explotacións sentinela, na rede de control entomolóxico e nas mostraxes serolóxicas de reforzo non aparecía ningún indicador de alerta.

Page 25: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

A vacinación en Galiza

No trancurso de xullo e durante agosto mudou a avaliación do risco

• Incremento no número de focos no oriente asturiano, Cantabria e País Vasco.

• Detección de animais positivos procedentes de europa, Cantabria e Asturias.

• Sospeita de foco en Xixón (achégase máis a Galiza)

Page 26: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

A vacinación en Galiza

En base a criterios rigurosamente técnicos, Galiza foi xunto con Cataluña a única comunidade autónoma en iniciar un plan de vacinación xeneralizada sen estar afectada en ningunha comarca do seu territorio por radio de seguridade ou zona restricción da enfermidade

En Agosto 2008 foi confirmada a enfermidade na comarca de Xixón

Page 27: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Co inicio da vacinación Galiza pasou a formar parte dunha nova zona restrinxida S1-S8 (ZR S1-8):

A vacinación en Galiza

Galiza, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, a Rioxa, Aragón e Cataluña, provincias de Burgos, Palencia e León.

Page 28: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Evolución da enfermidade dende o inicio da vacinaci ón en GalizaO día 2 de setembro Asturias declara un foco por vez primeira na comarca de Grado. O radio de protección de 150 km afecta á maioría do territorio da provincia de Lugo e a unha comarca de Ourense. A circunstancia modifica as condicións para o movemento implantadas en Galiza dende o inicio da vacinación. Ao tempo detéctanse novos focos noutras comarcas da cornixa e focos do virus S-8 na mesma fronteira con Francia.

Page 29: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Evolución da enfermidade dende o inicio da vacinaci ón en Galiza

O foco máis occidental declarado en Asturias permanece localizado na comarca de Grado.

A Rede de Alerta Veterinaria de Galiza confirma o día 22 de setembro casos de Lingua Azul en 9 animais nacidos ou criados en explotacións galegas.

A Pontenova, no límite co Principado A Pontenova, no límite co Principado de Asturias foi o primeiro concello galego afectado.

A Consellaría do Medio Rural declara oficialmente a enfermidade nas comarcas veterinarias de Meira, A Mariña Oriental e a Mariña Central. A partir de ese dia na paxina Web actualizaranse os positivos confirmados.

Page 30: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

TRANSPORTE DENTRO DE GALIZA:

Orixe en calquera comarca galega sen foco de L.A. declarado:Os ruminantes transportaranse amparados na copia validada da folla de saneamento.

Orixe nalgunha comarca galega con foco de L.A. declarado e con destino ás demais comarcas galegas:1. Para sacrificio directo en matadoiro: O transporte realizarase amparado por copia validada da folla de saneamento en vehículos desinsectados. 2. Para vida (incluíndo as feiras): Será necesaria a obtención de autorización oficial de traslado (Guía) na Oficina Comarcal Agraria e ademais:de traslado (Guía) na Oficina Comarcal Agraria e ademais:

a) Vehículo desinsectado.b) Animais tratados con desinsectante ou repelente.c) Os animais a trasladar deben ter proba de Lingua Azul con resultado

negativo, agás os que trás o seu paso por unha feira sexan directamente destinados a matadoiro.

Dentro do territorio das comarcas galegas con foco de L.A. declarado:Os ruminantes transportaranse amparados na copia validada da folla de saneamento

Page 31: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

DESTINO A OUTROS ESTADOS MEMBROS DA UNIÓN EUROPEA:

Dende calquera comarca galega:

Para sacrificio:

• Deben solicitar o certificado sanitario con 48hs de anticipación.• Os vehículos serán desinsectados.• Os animais serán tratados cun desinsectante ou repelente.

Para vida:

• Os vehículos serán desinsectados.• Os animais serán tratados cun desinsectante ou repelente.• Os animais a trasladar deben ter proba de Lingua Azul con resultado negativo.• Con destino Portugal deben solicitar o certificado sanitario con 48hs de anticipación.

Os animais de máis de 5 meses só poderán trasladarse se están vacinados.

Page 32: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

DESTINO A COMUNIDADES E PROVINCIAS ESPAÑOLAS INCLUÍDAS NA MESMA ZONA RESTRINXIDA QUE GALIZA:

• Están incluídas na mesma zona restrinxida que Galiza os seguintes territorios:

• Principado de Asturias.• Cantabria.• País Vasco. • A Rioxa.• Navarra.• Navarra.• Aragón.• Cataluña.• Provincias de León, Palencia e

Burgos.Esta listaxe poderá ampliarse no futuro, tanto por declaración de novos focos como por ampliación do plan vacinal

Page 33: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

DESTINO A COMUNIDADES E PROVINCIAS ESPAÑOLAS INCLUÍDAS NA MESMA ZONA RESTRINXIDA QUE GALIZA:

Orixe en calquera comarca galega sen foco de L.A. declarado:

• Para vida e para sacrificio só se precisa a comunicación do movemento con 48hs de antelación, esto non é preciso se o traslado se realiza desde unha feira.

Orixe nalgunha comarca galega con foco de L.A. declarado:

• As condicións serán as mesmas que as indicadas no punto anterior, agás se o destino é unha das “Comarcas Protexidas ”, en cuxo caso:

• Para vida e sacrificio, o vehículo será desinsectado.• Para vida:

– Os animais serán previamente tratados con desinsectante ou repelente.– Os animais deben ter proba de Lingua Azul con resultado negativo.

Page 34: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

DESTINO A COMUNIDADES E PROVINCIAS ESPAÑOLAS INCLUÍDAS NA MESMA ZONA RESTRINXIDA QUE GALIZA:

• Ata o día 31 de outubro, son comarcas protexidas as seguintes:

• - Na província de Burgos: Aranda de Duero, Burgos, Castrojeriz, Lerma, Roa de Duero e Salas de Los Infantes.

• - Na provincia de Palencia: Astudillo, Baltanás, Carrión de Los Condes, Herrera de Pisuerga, Palencia, Herrera de Pisuerga, Palencia, Paredes de Nava e Saldaña.

• - Na provincia de León: Astorga, La Bañeza, Carrizo, Fabero, León, Ponferrada, Riello, Sahagún, Santa María Del Páramo, Valencia de Don Juan e Villafranca Del Bierzo.

Page 35: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

DESTINO A COMUNIDADES E PROVINCIAS ESPAÑOLAS NON INCLUÍDAS NA MESMA ZONA RESTRINXIDA QUE GALIZA

Desde calquera comarca galega:

Para vida e sacrificio: • Comunicación do movemento con 48 horas de anticipación, excepto se os

animais se trasladan desde unha feira.• O vehículo será desinsectado

Ademais para vida:• Os animais serán tratados con desinsectante ou repelente.• Os animais a trasladar deben ter proba de Lingua Azul con resultado

negativo.Como consecuencia da nova estratexia vacinal aprobada no Comité de Alerta

Sanitaria Veterinaria ao remate de 2008 é previsible que todas as comunidades españolas queden incluídas cando menos ZR S1-8 o que simplificará os movemento dento do Estado.

Page 36: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Servizo de analíticas PCR no Laboratorio de Sanidade e Producción Animal de Galiza (LASAPAGA)

• Ou ben mediante chamada ao CIAG (902 112 000) para solicitar o servizo de extración de mostras para diagnóstico virolóxico de Lingua Azul, ou ben recorrendo aos servizos ben recorrendo aos servizos de veterinarios libres ou de ADSG os gandeiros poden facer chegar as mostras ao LASAPAGA quen emitirá ditamen no prazo máis breve posible facendo chegar o resultado vía telemática á OAC da comarca onde se atopa a explotación remitente.

Page 37: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Servizo de analíticas PCR no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galiza (LASAPAGA)

Antes de solicitar unha proba PCR lembre que:

• Dende calquera explotación galega pódense enviar animais sen necesidade de realización de probas analíticas a Cataluña, Aragón, Navarra, A Rioxa, País Vasco, Cantabria, Asturias é ás comarcas non protexidas de León, comarcas non protexidas de León, Palencia ou Burgos.

• Se a explotación pertence a unha comarca na que non foi declarado foco as probas tampouco son necesaria para traslados a calquera parte de Galiza nin á totalidade das provincias de León, Palencia e Burgos.

Page 38: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Programación da vacinación:

Dende o día 1 de setembro comezou a aplicación de vacinación de xeito obrigatorio e de balde en todas as explotacións galegas.

Cada semana os titulares das explotacións a vacinar son avisados polos equipos veterinarios. A Consellaría do Medio Rural colga semanalmente na súa web a programación e evolución da Consellaría do Medio Rural colga semanalmente na súa web a programación e evolución da vacinación.

Aplicaranselle 2 doses a cada animal separadas aproximadamente entre 3 e 4 semanas.Os animais adquiren a inmunidade entorno aos 10 dias despois da segunda dose aplicada.As explotacións que inician a vacinación non son inmobilizadas.

Page 39: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Programación da vacinación:

• A aplicación da vacina que se iniciou con persoal veterinario dependente da empresa pública Tragsega , veuse reforzado coa incorporación de persoal veterinario dos servizos oficiais da consellaría.

• Prevese un incremento exponencial no ritmo de vacinación coa contratación de novos efectivos de persoal veterinario.

• Ademais a consellaría pretende posibilitar que os servizos veterinarios das Asociacións de Defensa Sanitaria Gandeiras (ADSGs), poidan participar Asociacións de Defensa Sanitaria Gandeiras (ADSGs), poidan participar vacinando as súas explotacións.

• As ADSGs que queiran participar contarán co material necesario para o desenvolvemento da actuación.

• En todo caso a consellaría distribuirá entre as ADSGs productos desinsectante, priorizándose aquelas cuxas explotacións se atopen máis próximas ás áreas de risco.

Page 40: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Actuacións nas explotacións positivas

Confirmado o caso a explotación queda inmobilizada e baixo vixilancia oficial durante como mínimo 60 días.

Descártase aplicar de xeito ordinario a medida de sacrificio obrigatorio como sistema de control da enfermidade.

O gandeiro debe asegurar a desinsectación de animais e da explotación de xeito continuado, e comunicará as incidencias explotación de xeito continuado, e comunicará as incidencias detectadas aos SSVVOO

Os animais non positivos, só poderán abandonar a explotación se van desinsectados con destino ao sacrificio directo, ou para vida con probas diagnósticas negativas realizadas despois de cómo mínimo 14 días de protección fronte aos mosquitos.

Page 41: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

Indemnizacións

• Está previsto o pago de indemnización polas mortes provocadas pola enfermidade ou polos sacrificios obrigatorios que ordene a autoridade sanitaria.

• Para que exista dereito a cobro de indemnización é imprescindible que estea declarada a enfermidade na explotación e que exista informe dos veterinarios oficiais sobre a causa de morte.informe dos veterinarios oficiais sobre a causa de morte.

• As indemnizacións serán tramitadas de oficio polos servizos veterinarios oficiais.

• As explotacións integradas en ADSG terán 10% de incremento no importe indemnizado.

Page 42: A LINGUA AZUL - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/gandaria/sanidade/informes/... · Historicamente a Lingua Azul foi considerada unha enfermidade

• Importes• Ovino de leite reproductor menor de 5 anos: ………………………………………..115€• Ovino carne reproductor menor de 5 anos:………………..………………………….96€• Ovino maior de 5 anos……………………………………………………………………54€• Ovino menor …………………………………………………………………….………54€• Cabrún de leite reproductor menor de 5 anos…………………………………………92€• Cabrún de carne reproductor menor de 5 anos………………………………………73€• Cabrún maior de 5 anos ………………………………………………………….……46€

Indemnizacións

• Cabrún maior de 5 anos ………………………………………………………….……46€• Cabrún menor ……………………………………………………………….……..…….54 €• Aborto ovino ……………………………………………………………………………….18€• Vacún ata 3 meses ………………………………………………………...………….240€• Vacún de 3 meses e 1 día ata 12 meses ……………..……………………………465€• Vacún de 12 meses e 1 día ata 24 meses …………………………………………645€• Vacún de 24 meses e 1 día ata 5 anos …………………………………………….740€• Vacún de 5 anos e 1 día ata 10 anos ……………………………………………….540€• Vacún maior de 10 anos ………………………………………………………………300€