manifesto fundacional

3
MANIFESTO Os/as abaixo asinantes presentamos este Manifesto e facemos público a través do mesmo a nosa intención de construír un novo movemento capaz de constituírse como alternativa aos actuais movementos da mocidade do noso país. Un movemento asembleario e democrático. Dirixímonos á mocidade galega coa proposta de cambiar o mundo. Este é o noso obxectivo e a nosa obriga. A nosa proposta nace da análise daquelo que nos rodea: desde o local ata o global, dúas esferas que se cruzan, que deben vivir na nosa actividade política. Cremos firmemente na construcción dunha sociedade democrática, libre e solidaria, sen explotados nin explotadores, sen opresores nin oprimidos. Cremos necesario o impulso dun novo movemento da mocidade que desde a participación directa dos/as seus/súas membros articule unha loita colectiva para rematar coa actual realidade social, laboral e cultural. Pensamos que só a través dunha profunda formación e praxe política podemos acadar a liberdade colectiva e individual. Pensamos que é o momento de que as mozas e mozos galegas/os reivindiquen o seu dereito a un proxecto adecuado ao obxectivo de toda nación: a independencia. Un movemento desde o que loitar por unha vía para a liberdade de tódolos colectivos e sociedades: o socialismo. Só a través da loita colectiva é posible transformar o mundo e construír outro novo. Unha política diferente, un mundo diferente: é posible, é necesario, é urxente. Polo mesmo manifestamos: 1) Galicia é unha nación supeditada ás esixencias políticas, sociais e económicas do estado español. Somos nacionalistas co claro e definido obxectivo de loitar pola independencia do noso país. Loitamos por unha Galiza libre, soberana e independente. Defendemos e esiximos o dereito á autodeterminación dos pobos, manifestando a nosa solidariedade internacionalista con aqueles que viven subsumidos ao poder dun Estado alleo.

Upload: adiante-galiza

Post on 22-Mar-2016

248 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Comezamos a fragoar o que sería ADIANTE cunha xeira de asembleas abertas iniciadas na véspera do Día da Patria Galega de 2003 a partir dun grupo inicial de mozas e mozos independentistas e revolucionari@s procedentes de distintas estruturas (de base, políticas, sindicais, culturais…) e formad@s nas loitas da LOU, Prestige, anti-guerra… ás/aos que se foron sumando máis xente até a nosa Asemblea Nacional Constituínte celebrada en Compostela o 9 de Outubro de 2004 baixo o lema O FUTURO É NOSO.

TRANSCRIPT

Page 1: Manifesto Fundacional

MANIFESTO

Os/as abaixo asinantes presentamos este Manifesto e facemos público a través do

mesmo a nosa intención de construír un novo movemento capaz de constituírse como

alternativa aos actuais movementos da mocidade do noso país. Un movemento

asembleario e democrático.

Dirixímonos á mocidade galega coa proposta de cambiar o mundo. Este é o noso

obxectivo e a nosa obriga. A nosa proposta nace da análise daquelo que nos rodea: desde

o local ata o global, dúas esferas que se cruzan, que deben vivir na nosa actividade

política.

Cremos firmemente na construcción dunha sociedade democrática, libre e solidaria, sen

explotados nin explotadores, sen opresores nin oprimidos.

Cremos necesario o impulso dun novo movemento da mocidade que desde a

participación directa dos/as seus/súas membros articule unha loita colectiva para

rematar coa actual realidade social, laboral e cultural.

Pensamos que só a través dunha profunda formación e praxe política podemos acadar a

liberdade colectiva e individual.

Pensamos que é o momento de que as mozas e mozos galegas/os reivindiquen o seu

dereito a un proxecto adecuado ao obxectivo de toda nación: a independencia. Un

movemento desde o que loitar por unha vía para a liberdade de tódolos colectivos e

sociedades: o socialismo.

Só a través da loita colectiva é posible transformar o mundo e construír outro

novo.

Unha política diferente, un mundo diferente: é posible, é necesario, é urxente. Polo

mesmo manifestamos:

1) Galicia é unha nación supeditada ás esixencias políticas, sociais e económicas do

estado español. Somos nacionalistas co claro e definido obxectivo de loitar pola

independencia do noso país. Loitamos por unha Galiza libre, soberana e

independente. Defendemos e esiximos o dereito á autodeterminación dos pobos,

manifestando a nosa solidariedade internacionalista con aqueles que viven

subsumidos ao poder dun Estado alleo.

Page 2: Manifesto Fundacional

2) No Mundo a diferencia entre ricos e pobres continua a aumentar cada día. A nosa

análise da realidade basease na diferencia de clases que opera na sociedade

capitalista. Somos de esquerdas e pensamos que a única solución é a construcción

dun futuro socialista.

3) Defendemos a nosa Lingua e a nosa Cultura, hoxe en retroceso debido ás políticas

de “bilingüismo harmónico” da Xunta e ao seu pouco ou nulo interese en políticas

de investigación, defensa e espallamento do noso patrimonio cultural e lingüístico.

Loitamos polo que nos é propio e apoiamos a todos aqueles pobos que ven como o

que lles é propio desaparece.

4) A Globalización non é máis que unha nova forma de Imperialismo capitalista.

Considerámonos inseridos dentro do movemento antiimperialista e anti-

globalización que loita contra a espoliación económica e a dominación política que

levan adiante as potencias neoliberais.

5) A nova forma de producción variable, da “fábrica difusa”, localizada alí onde os

custos de producción e salarios sexan o máis pequenos posibles, define o novo tipo

de traballador/a: flexible e vulnerable. Avogamos pola redistribución e reapropiación

do salario e non polo traballo no contexto da precariedade. A precariedade, o paro e

a emigración non poden ser as alternativas para a nosa xeración e para as xeracións

futuras.

6) A situación laboral, social, política e cultural a que se ven enfrontadas as mozas

segue a ser moito máis dura que a situación dos mozos: a igual traballo, menos

salario, máis precariedade, violencia de xénero. Loitamos activamente pola

igualdade entre os homes e as mulleres. É a obriga de todos os mozos e mozas

defender posicións feministas baseadas en análises socialistas da nosa realidade.

7) A educación é un factor de liberación e de emancipación á que toda a mocidade

debe ter aceso. É un elemento primordial no desenvolvemento integrado do noso

país en todas as súas vertentes afirmándose como un elemento de enriquecemento

dun pobo. Consideramos que a educación debe constituír claramente unha

prioridade do investimento público. Defendemos como opción política unha

educación plenamente pública, laica, galega e de calidade.

8) Asistimos actualmente a unha nova diáspora no noso país: cada vez son máis os

mozos e mozas que se ven obrigados a marchar fóra na procura dun futuro mellor.

Ademais non podemos esquecer os milleiros de galegos e galegas espallados polo

mundo enteiro. Nin o estado español nin a Xunta de Fraga se preocupan o máis

Page 3: Manifesto Fundacional

mínimo polos nosos concidadáns. É necesaria unha política que apoie o seu retorno

e impida que no futuro sigamos a perder parte da nosa forza productiva.

9) Nos últimos anos vemos como aumenta o fluxo de inmigrantes, mozos e mozas que

veñen fuxindo de países onde o sistema capitalista e a súa consecuente espoliación

están unha fase máis insufrible que no noso. Consideramos fundamental a

integración das comunidades de inmigrantes, respectando e valorizando as

características propias destas comunidades. Estamos ao seu lado defendendo os

dereitos da súa cidadanía, aínda que non vexamos a inmigración masiva como

solución para ningún pobo

10) Rexeitamos a destrucción e a explotación dos recursos naturais resultantes do

sistema capitalista que busca o lucro. Porque estamos fartos de ser unha colonia

onde se espolian as nosas riquezas e se destrúen os nosos montes, ríos e mares.

Porque estamos fartos de ver como no mundo o poder neoliberal espolia os recursos

dos cidadáns.

11) É urxente a existencia dunha verdadeira política que proporcione medidas

sistemáticas e eficaces de prevención, tratamento e reinserción social das persoas

drogodependentes e alcohólicas. Non admitimos que ningún mozo ou moza sexa

preso/a por razóns de consumo de drogas. Defendemos unha discusión pública sobre

as drogas e desmitificación de falsas ideas que só benefician ao sistema capitalista e

garanten que o narcotráfico continúe a ser un dos seus piares.

12) Consideramos fundamental o respecto e a defensa das diversas orientacións sexuais

dos individuos. Apoiamos as intervencións nas loitas dos colectivos de gais,

transexuais e lesbianas.

Estes son as nosas evidencias. Axúdanos a desenvolvelas, a facelas realidade, a

estendelas. Únete a nós.