manifesto 8 de marzo 2012 · 2012. 3. 6. · manifesto do 8 de marzo de 2012 a “red de unidades...

3
MANIFESTO DO 8 de MARZO de 2012 A “Red de Unidades de Igualdad de Género para la Excelencia Universitaria” (RUIGEU), formada por 33 universidades públicas españolas, no marco da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, presenta unha primeira iniciativa conxunta que se materializa neste manifesto cunha idea de partida: só as universidades que funcionan baixo o prisma dunha igualdade real entre mulleres e homes poden acadar a calidade e excelencia académicas. Para conseguir este obxectivo é imprescindible que, de acordo co establecido na Disposición adicional duodécima da Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, todas as universidades conten entre as súas estruturas con unidades de igualdade, dotadas dunha partida orzamentaria, de persoal técnico especializado en xénero e de persoal de administración, tendo en conta a idiosincrasia de cada universidade: As unidades de igualdade son necesarias: porque na universidade tamén é preciso eliminar a segregación vertical (poucas mulleres nos postos de maior responsabilidade) e horizontal (poucas mulleres ou poucos homes en determinadas especialidades); porque hai que cambiar os estereotipos e roles de xénero que inflúen na concentración de homes e mulleres en determinados estudos, áreas de coñecemento ou servizos; porque é necesario visibilizar as mulleres na linguaxe e nos contidos das titulacións; porque de acordo coa nova Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación é imprescindible incorporar a perspectiva de xénero a toda a investigación; porque é xusto recuperar a memoria histórica das mulleres; porque deben ter recoñecemento e difusión os logros conseguidos e as producións científicas en materia de xénero; porque os talentos e coñecementos femininos deben ser potenciados, valorados e recoñecidos; porque é preciso acadar unha representación equilibrada de mulleres e homes nos órganos de goberno, de investigación e de xestión; porque é imprescindible a implicación dos órganos de goberno e de xestión das universidades para desenvolver as actuacións en materia de igualdade; porque a transversalidade de xénero debe ser un dos principios reitores das universidades en todas as súas actividades (xestión, docencia e investigación); porque o principio de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes debe rexer todas as actuacións das universidades; porque é necesario seguir traballando para conseguir a tolerancia cero ante as situacións de violencia de xénero no contexto universitario e deseñar os instrumentos para previla e erradicala;

Upload: others

Post on 17-Sep-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: manifesto 8 de marzo 2012 · 2012. 3. 6. · MANIFESTO DO 8 de MARZO de 2012 A “Red de Unidades de Igualdad de Género para la Excelencia Universitaria” (RUIGEU), formada por

MANIFESTO DO 8 de MARZO de 2012

A “Red de Unidades de Igualdad de Género para la Excelencia Universitaria” (RUIGEU), formada por 33 universidades públicas españolas, no marco da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, presenta unha primeira iniciativa conxunta que se materializa neste manifesto cunha idea de partida: só as universidades que funcionan baixo o prisma dunha igualdade real entre mulleres e homes poden acadar a calidade e excelencia académicas.

Para conseguir este obxectivo é imprescindible que, de acordo co establecido na Disposición adicional duodécima da Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, todas as universidades conten entre as súas estruturas con unidades de igualdade, dotadas dunha partida orzamentaria, de persoal técnico especializado en xénero e de persoal de administración, tendo en conta a idiosincrasia de cada universidade:

As unidades de igualdade son necesarias:

� porque na universidade tamén é preciso eliminar a segregación vertical (poucas mulleres nos postos de maior responsabilidade) e horizontal (poucas mulleres ou poucos homes en determinadas especialidades); � porque hai que cambiar os estereotipos e roles de xénero que inflúen na concentración de homes e mulleres en determinados estudos, áreas de coñecemento ou servizos; � porque é necesario visibilizar as mulleres na linguaxe e nos contidos das titulacións; � porque de acordo coa nova Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación é imprescindible incorporar a perspectiva de xénero a toda a investigación; � porque é xusto recuperar a memoria histórica das mulleres; � porque deben ter recoñecemento e difusión os logros conseguidos e as producións científicas en materia de xénero; � porque os talentos e coñecementos femininos deben ser potenciados, valorados e recoñecidos; � porque é preciso acadar unha representación equilibrada de mulleres e homes nos órganos de goberno, de investigación e de xestión; � porque é imprescindible a implicación dos órganos de goberno e de xestión das universidades para desenvolver as actuacións en materia de igualdade; � porque a transversalidade de xénero debe ser un dos principios reitores das universidades en todas as súas actividades (xestión, docencia e investigación); � porque o principio de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes debe rexer todas as actuacións das universidades; � porque é necesario seguir traballando para conseguir a tolerancia cero ante as situacións de violencia de xénero no contexto universitario e deseñar os instrumentos para previla e erradicala;

Page 2: manifesto 8 de marzo 2012 · 2012. 3. 6. · MANIFESTO DO 8 de MARZO de 2012 A “Red de Unidades de Igualdad de Género para la Excelencia Universitaria” (RUIGEU), formada por

� porque as persoas que sustentan a responsabilidade política e económica deben pór en marcha as medidas que favorezan a conciliación e a corresponsabilidade;

A RUIGEU quere expresar o seu compromiso por cambiar a situación actual e conseguir que todas as universidades dispoñan de unidades de igualdade e de plans de igualdade para dar cumprimento á Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, de Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes.

Hoxe, Día Internacional das Mulleres, a RUIGEU quere facer unánime a súa voz e alzar o seu compromiso solidario neste manifesto para continuar o traballo, manter os logros acadados ata o momento e alcanzar unha igualdade real, tanto na nosa sociedade coma nas nosas universidades.

UNIVERSIDADES ASINANTES

Page 3: manifesto 8 de marzo 2012 · 2012. 3. 6. · MANIFESTO DO 8 de MARZO de 2012 A “Red de Unidades de Igualdad de Género para la Excelencia Universitaria” (RUIGEU), formada por