lévala - scouts mscpreséntanse 5 franxas de idade e baséanse en lecturas de cada semana do...

4

Upload: others

Post on 25-May-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lévala - Scouts MSCPreséntanse 5 franxas de idade e baséanse en lecturas de cada semana do Advento e, a través de oracións, contos, actividades e cancións, intentan facer reflexionar
Page 2: Lévala - Scouts MSCPreséntanse 5 franxas de idade e baséanse en lecturas de cada semana do Advento e, a través de oracións, contos, actividades e cancións, intentan facer reflexionar

Este ano enmarcaremos os materiais da Luz da Paz de Belén arredor do xogo clásico de nenos das “Chelas”, no que unha persoa “a leva” (ou como se diga en cada sitio) e debe perseguir aos demais, para “pasarlle a responsabilidade de levala” ao que “pille”, o cal deberá pasarlla a outro e así sucesivamente. Este será o lema que utilicemos e, dende o punto de vista bíblico, re-forzaremos coa frase que Xesús lles di aos apóstolos: “Déixovo-la miña paz, dóuvo-la miña paz”, que atopamos no evanxeo de Juan (Jn 14, 27).

O lema reflicte unha dobre mensaxe:

Lévala

NOTA: Estes materiais son unha proposta ampla que non necesita aplicarse ao 100%; permite que cada grupo elixa e decida o que utiliza cada semana. Pode utilizar só as oracións, só as cancións, a canción e a actividade, unha cousa diferente cada semana, etc. Haberá que adaptala á realidade concreta en cada caso e ao tempo que se dispoña.

“deixar e dar”. A Paz de Xesús énos dada e por iso “a levamos connosco” e, ao mesmo

tempo, debemos comprometernos en “levala a outros” e o mesmo ocorre coa Luz da Paz de

Belén.

Preséntanse 5 franxas de idade e baséanse en lecturas de cada semana do Advento e, a través de oracións, contos, actividades e cancións, intentan facer reflexionar aos nenos sobre das cha-ves que cada semana vanlle axudar a vivi-lo Advento e prepararse para o Nadal e, en especial, para a chegada de LPB.

Page 3: Lévala - Scouts MSCPreséntanse 5 franxas de idade e baséanse en lecturas de cada semana do Advento e, a través de oracións, contos, actividades e cancións, intentan facer reflexionar

LEMAS E LECTURAS

Primeira semana: “Sempre listos”, ¿Xogamos ou prefires aburrirte? ¿Queres que a vida se che escape como auga entre as mans? Hai que estar alerta para darnos conta de cando se nos invita a xogar, para logo decidir se queremos xogar ou non, e nese caso o xogo ao que se nos invita é a vivencia do Advento.

Mt 24,37-44. “Coma nos tempos de Noé, así pasará cando veña o Fillo do Home. Antes do diluvio comían, bebían e casaban ata o día que Noé entrou na arca; e de nada se decataron ata que veu o diluvio, e os enguliu a todos. O mesmo pasará cando veña o Fillo do Home. Entón estarán dous homes no agro; levarán a un e deixarán ó outro. Estarán dúas mulleres moendo no muíño,

levarán unha e deixarán a outra.Vixiade, porque non sabedes nada do día no que virá o voso

Señor. Entendédeo ben: se soubese o dono da casa a que hora vai chegar o ladrón, estaría á espreita e non permitiría que lle

asaltasen a casa. Así tamén: estade vós preparados, porque na hora menos pensada preséntase o Fillo do Home.”

Segunda semana: “Sempre listos a participar”, ¡A xogar! Pero este xogo ten unhas normas, a vida ten unhas normas, hai que xogar valéndonos das normas e é fundamental para rematar ben. Neste xogo as regras véñennos dadas na Palabra de Deus. Vivir o Advento é vivir segundo o modelo de Xesús e elo esíxenos coherencia da nosa vida coa de Xesús.

Salmo 71.Outórgalle, Deus, o teu xuízo ó rei;

ó fillo de reis, a túa xustiza.Que rexa ó teu pobo rectamentee ós teus pobres con equidade.

Florecerá a xustiza nos seus días,unha prosperidade duradeira como a lúa.

Dominará de mar a mar,desde o gran río ata o cabo da terra.

Diante del caerán os inimigos,Lamberán o po os adversarios.

Traeranlle dons os reis de Tárxix e das illas,os reis de Saba e de Sebá pagaranlle tributo.

Postraranse ante el todos os reis da terra,servirano todas as nacións.

El librará ó pobre que suplica,ó aflixido que está sen axuda.

Terá piedade dos febles e indixentes,salvará a vida dos pobres.

Que o seu nome dure por sempree a súa sona igual có sol.

Que se bendigan nel todos os pobose que o proclamen ditoso.

Page 4: Lévala - Scouts MSCPreséntanse 5 franxas de idade e baséanse en lecturas de cada semana do Advento e, a través de oracións, contos, actividades e cancións, intentan facer reflexionar

Terceira semana: “Sempre listos a loitar”, ¡Lévala! Xa aceptaches as normas. Agora “levala” significa que tes unha responsabilidade, que non te podes botar atrás, non te poden frear as dificultades, que tes que seguir e non vale mirar desconsolado aos que non participan. É toda unha responsabilidade.

IS 35, 1-6ª¡Que se alegren o deserto e mais a terra reseca, que brinque de ledicia a estepa e que floreza!

¡Que, coma a lis, floreza abundantemente, que brinque en exultante danza!Concedéuselle a gloria do Líbano, o esplendor do Carmelo e do Xarón.

Eles mesmos verán a gloria do Señor, o esplendor do noso Deus.Fortalecede as mans adormecidas, e ponde firmes os xeonllos que tremen.

Dicídelles ós de corazón tímido:“Collede ánimo, non temades. Velaí o voso Deus.

Chega a vinganza, a recompensa de Deus. Chega El mesmo, e salvaravos”.Entón abriranse os ollos dos cegos, e os oídos dos xordos destaparanse.

Entón o coxo saltará coma un corzo e a lingua do mudo cantará xubilosa.Si, saen á luz augas no deserto e ríos na estepa:

a terra reseca convértese nunha lagoa, e a terra sedenta en mananciais de auga.No campo onde os chacais se tomban, a herba converterase en canivelas e xuncos.

Alí haberá unha calzada, unha verea, e á calzada chamaráselle Vía Sacra.Nada impuro pasará por ela:

o mesmo Señor camiñará con eles, e os homes non se desviarán.Non haberá alí león, e ningún animal salvaxe subirá, ningún se atopará.

Por alí camiñarán os redimidos, e os rescatados do Señor volverán por ela,entrarán en Sión con xúbilo, felicidade eterna sobre as súas cabezas.Conseguirán ledicia e felicidade, pois o sufrimento e o pranto fuxirán.

Cuarta semana: “Sempre listos a servir”, ¡Dala!, Ven o mellor do xogo, da-la luz. Dar a vida. Darse é todo un privilexio: estamos escollidos e chamados a anuncia-lo Evanxeo, a da-la vida polos demais, a axudar sempre ao que o necesite e, de momento, facémolo levando a LPB.

Rm 1,1-7.

Paulo, escravo de Cristo Xesús, chamado para ser apóstolo, escollido para o Evanxeo de Deus, 2que El prometera antes por medio dos seus profetas nas Escrituras santas, 3e que trata do seu Fillo Xesús Cristo o noso Señor, que como home naceu da

semente de David, 4pero que polo Espírito santificador foi consti-tuído Fillo de Deus con pleno poder ó ser resucitado dos mortos.5Por medio del recibimos o don de ser apóstolos, para promo-

vermos entre todos os pobos xentís a obediencia da fe, en honor do seu nome. 6Entre eles tamén vos contades vós, chamados

por Xesús Cristo. 7A todos os predilectos de Deus, que estades en Roma, chamados a serdes santos, deséxovos graza e paz de

parte de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.