letras galegas 2018primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2018/05/eei... · 2018. 5. 28. ·...

8
LETRAS GALEGAS 2018 Dende a Escola de Educación Infantil de Vilarrodís Oseiro, festexamos o día das letras galegas dunha forma moi especial. Pensamos primeiro en adaptar o contido e actividades aos/ás nosos/as alumnos/as (de entre 3 e 6 anos). Reunímonos todos xuntos na biblioteca da nosa escola, onde recordamos aos rapaces e rapazas quen era María Victoria Moreno. Como para eles/elas non é unha persoa cercana e coñecida, pensamos que entenderían a súa importancia mellor se o podían ver dunha forma lúdica. Por iso accedemos a un vídeo dos bolechas onde falan da autora conmemorada no seguinte enlace: http://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal- Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2018/contido_0041.html Agora xa sabíamos quen era María Victoria Moreno polo que nos tocaba saber que obras coñecíamos. Para iso eliximos dous libros de poesía da autora. Como para estas idades ás veces a poesía é complexa decidimos ilustrala. Así cada un ou varios versos veríamos unha imaxe relacionada, e grazas a iso conseguimos unha mellor comprensión. Pero non quedaría ahí. Cos nosos dous poemas ilustrados fomos á aula de psicomotricidade a facer un gran mural: - Os máis maiores fixeron un mural da autora con datos relevantes. Pintaron, repasaron, pegaron- Os nenos e nenas de 4 anos foron os encargados de darlle cor a un poema do libro Eu conto, ti cantas…” - Os nenos e nenas de 3 anos, fixeron o mesmo que os alumnos de 4, pero cun poema do libro ¿E haberá tirón de orellas?. Xa rematado, chega a hora de colocar todo, pero esta vez dunha forma diferente. Unha das mestras irá lendo os versos do poema de forma ordenada, e así cada neno terá que estar moi antento para ver se ese é o seu verso e poder ir pegandoo en orde con axuda doutras mestras do centro. O resultado foi moi positivo, xa que a atención foi plena. Pero non todo acaba aquí. Gustaríanos que a comunidade escolar se enterase do que fixemos, e ao mesmo tempo traballar con aplicacións diversas. Xunto os nosos alumnos/as fomos gravando uns vídeos onde eles mesmos recitaban os poemas. Logo estes vídeos foron enlazados a unha imaxe das portadas dos libros que dende as casas as familias poderían capturar coa aplicación móbil HP READER. Tamén na nota que levaron as familias había un código QR que accedía directamente ao blog de Bibliorrodís (a nosa biblioteca). Vamos a ver a continuación a nosa actividade en imaxes:

Upload: others

Post on 17-Feb-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • LETRAS GALEGAS 2018 Dende a Escola de Educación Infantil de Vilarrodís – Oseiro, festexamos o día das letras galegas dunha forma moi especial. Pensamos primeiro en adaptar o contido e actividades aos/ás nosos/as alumnos/as (de entre 3 e 6 anos). Reunímonos todos xuntos na biblioteca da nosa escola, onde recordamos aos rapaces e rapazas quen era María Victoria Moreno. Como para eles/elas non é unha persoa cercana e coñecida, pensamos que entenderían a súa importancia mellor se o podían ver dunha forma lúdica. Por iso accedemos a un vídeo dos bolechas onde falan da autora conmemorada no seguinte enlace: http://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2018/contido_0041.html Agora xa sabíamos quen era María Victoria Moreno polo que nos tocaba saber que obras coñecíamos. Para iso eliximos dous libros de poesía da autora. Como para estas idades ás veces a poesía é complexa decidimos ilustrala. Así cada un ou varios versos veríamos unha imaxe relacionada, e grazas a iso conseguimos unha mellor comprensión. Pero non quedaría ahí. Cos nosos dous poemas ilustrados fomos á aula de psicomotricidade a facer un gran mural:

    - Os máis maiores fixeron un mural da autora con datos relevantes. Pintaron, repasaron, pegaron…

    - Os nenos e nenas de 4 anos foron os encargados de darlle cor a un poema do libro “Eu conto, ti cantas…”

    - Os nenos e nenas de 3 anos, fixeron o mesmo que os alumnos de 4, pero cun poema do libro “¿E haberá tirón de orellas?.

    Xa rematado, chega a hora de colocar todo, pero esta vez dunha forma diferente. Unha das mestras irá lendo os versos do poema de forma ordenada, e así cada neno terá que estar moi antento para ver se ese é o seu verso e poder ir pegandoo en orde con axuda doutras mestras do centro. O resultado foi moi positivo, xa que a atención foi plena. Pero non todo acaba aquí. Gustaríanos que a comunidade escolar se enterase do que fixemos, e ao mesmo tempo traballar con aplicacións diversas. Xunto os nosos alumnos/as fomos gravando uns vídeos onde eles mesmos recitaban os poemas. Logo estes vídeos foron enlazados a unha imaxe das portadas dos libros que dende as casas as familias poderían capturar coa aplicación móbil HP READER. Tamén na nota que levaron as familias había un código QR que accedía directamente ao blog de Bibliorrodís (a nosa biblioteca). Vamos a ver a continuación a nosa actividade en imaxes:

    http://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2018/contido_0041.htmlhttp://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2018/contido_0041.html