letras galegas 2013

2
17 de maio EDL G biblioteca ROBERTO VIDAL B LAÑO Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) é unha das principais figuras do teatro galego e un dos artífices da súa profesionalización nas últimas décadas do século XX. Comezou a súa andaina en 1974 coa fundación do Grupo de Teatro Antroido, co que participou nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia. Posteriormente estivo vinculado a diferentes compañías teatrais, non só como autor, senón tamén como actor, director, guionista e escenógrafo. A súa obra caracterízase por un inquebrantable compromiso coa lingua galega e con Galicia, ademais de mostrar unha inequívoca vontade estética. O seu teatro é experimentación e nel combínanse a tradición popular coa culta e coas tendencias máis innovadoras. Pero ademais do teatro, a súa faceta de actor desenvolveuse tamén noutros eidos. Dende o nacemento de Televisión de Galicia, foi habitual como adaptador de textos literarios para ese medio, entre os que destacan "O noxo" de Blanco Amor e "Cara de Lúa" de ´Ánxel Fole. Tamén participou como actor en series, como Mareas vivas e en películas cinematográficas, como Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, ou A lingua das bolboretas, de José Luis Cuerda. "Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas e, sen embargo por iso, máis grandiosas.”

Upload: luz-jares

Post on 24-Mar-2016

219 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

triptico informativo

TRANSCRIPT

Page 1: letras galegas 2013

17 de maio

EDLG

biblioteca

ROBERTO VIDAL B LAÑO

Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) é unha das principais figuras do teatro galego e un dos artífices da súa profesionalización nas últimas décadas do século XX.

Comezou a súa andaina en 1974 coa fundación do Grupo de Teatro Antroido, co que participou nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia. Posteriormente estivo vinculado a diferentes compañías teatrais, non só como autor, senón tamén como actor, director, guionista e escenógrafo.

A súa obra caracterízase por un inquebrantable compromiso coa lingua galega e con Galicia, ademais de mostrar unha inequívoca vontade estética. O seu teatro é experimentación e nel combínanse a tradición popular coa culta e coas tendencias máis innovadoras.

Pero ademais do teatro, a súa faceta de actor desenvolveuse tamén noutros eidos. Dende o nacemento de Televisión de Galicia, foi habitual como adaptador de textos literarios para ese medio, entre os que destacan "O noxo" de Blanco Amor e "Cara de Lúa" de ´Ánxel Fole. Tamén participou como actor en series, como Mareas vivas e en películas cinematográficas, como Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, ou A lingua das bolboretas, de José Luis Cuerda.

"Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima

de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas e, sen embargo por iso, máis grandiosas.”

Page 2: letras galegas 2013

Instituto de Ensino SecundarioMONTE CARRASCO