lecturas de nadal

2
EDUCACIÓN PRIMARIA 2º CICLO En GALEGO: “A miña enciclopedia dos animais” (Editorial S.M.) Stéphanie Ledu preséntanos nesta pequena enciclopedia máis de 150 animais clasificados por espazos naturais. Coñecerás a riqueza do mundo animal a través de textos sinxelos e fotos incribles, divertidas e tenras. Un libro especialmente dedicado para os amantes da natureza. “Benvidos” ( (Editorial Tambre) Tik e Tak son dous esquíos moi simpáticos, que viven nas fragas de Finlandia. Tik toleaba por viaxar e Tak era un namorado do sol. Por iso que na primeira ocasión puxéronse en marcha e chegaron a unha cidade na que ninguén é forasteiro. A que cidade nos levará o seu autor, Manuel Riveiro Loureiro? En CASTELÁN: Un número mágico” (Editorial Anaya) O dragón Minus e o elfo Berk encontrarán un tres dourado: un número máxico que fai aparecer 3 unidades do que lle piden. Resulta divertido pero complícase cando os dragóns das nubes póñense a facer experimentos cun estrano obxecto. A autora, Ana Alonso ,quere ensinarte as Matemáticas pero que moi ben. “La cueva del Corazón” (Editorial Anaya) O buque-escola do capitán Caribe. Na búsqueda do tesouro do pirata Zafir, intérnase nunha gruta parécese moito a un corazón humano. Resolverán os piratas, o misterio que escóndese na gruta? Con este libro,a autora Ana Alonso,quere que aprendas moito sobre Coñecemento do medio. EDUCACIÓN PRIMARIA 3º CICLO En GALEGO: “ O trasno da catedral de Santiago” (Ed. Tambre) Luisa Villar Liébana sabe moi ben que as vellas catedrais gardan segredos. Pode ser que se convertan na morada de seres fantásticos como os trasnos. Coñece os segredos da catedral á vez que disfrutas dunha fantástica aventura. “O carteiro de Bagdad” (Editorial Tambre) Marcos S. Calveiro trasládanos nesta historia ata Bagdad, unha cidade que hoxe resiste baixo as bombas e o fogo cruzado. As escolas pecharon e os nenos xa non xogan na rúa. Alleo a todo isto, Ibrahim reparte o correo na súa bicicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe. En CASTELÁN: ““Jacobo Dos-Dos”. (Editorial Almadraba ) A familia de Jacobo Dos-Dos embarca no buque Haceaguas rumbo a Candá.A bordo,algo cheira mal. Unha serie de cousas-un parche,un loro que non deixa de graznar e un un barco que navega con bandeira pirata. O autor Mordecai Richler fai unha lectura divertida con Jacobo Dos-Dos “Aventuras en Espiral. Mil millones de tuberías 2”( Editorial Anaya) Fai meses caeu un meteorito no patio de M. producíronse grandes cambios no reino das tuberías, unha nova cor: o verde, estraña e preocupa ós seus habitantes. Se queres saber máis, entrade no libro deste escritor chamado Diego Arboleda. AS SUXERENCIAS DE ZONGALO QUIRICO BIBLIOTECA E EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CEIP RECIMIL Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono/Fax 981 312846 http://www.centros/ceiprecimil.edu.xunta.es

Upload: zongalo-quirico

Post on 17-Mar-2016

220 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

As propostas lectoras de Zongalo Quirico

TRANSCRIPT

Page 1: Lecturas de Nadal

EDUCACIÓN PRIMARIA2º CICLO

En GALEGO: “A miña enciclopedia dos animais” (Editorial S.M.)Stéphanie Ledu preséntanos nesta pequena enciclopedia máis de 150 animais clasificados por espazos naturais. Coñecerás a riqueza do mundo animal a través de textos sinxelos e fotos incribles, divertidas e tenras.

Un libro especialmente dedicado para os amantes da natureza.

“Benvidos” ( (Editorial Tambre) Tik e Tak son dous esquíos moi simpáticos, que viven nas fragas de Finlandia. Tik toleaba por viaxar e Tak era un namorado do sol. Por iso que na primeira ocasión puxéronse en marcha e chegaron a unha cidade na que ninguén é forasteiro. A que cidade nos levará o seu autor, Manuel Riveiro Loureiro?

En CASTELÁN:“Un número mágico” (Editorial Anaya)O dragón Minus e o elfo Berk encontrarán un tres dourado: un número máxico que fai aparecer 3 unidades do que lle piden. Resulta divertido pero complícase cando os dragóns das nubes póñense a facer experimentos cun estrano obxecto.

A autora, Ana Alonso ,quere ensinarte as Matemáticas pero que moi ben.

“La cueva del Corazón” (Editorial Anaya)

O buque-escola do capitán Caribe. Na búsqueda do tesouro do pirata Zafir, intérnase nunha gruta parécese moito a un corazón humano. Resolverán os piratas, o misterio que escóndese na gruta?

Con este libro,a autora Ana Alonso,quere que aprendas moito sobre Coñecemento do medio.

EDUCACIÓN PRIMARIA3º CICLO

En GALEGO: “ O trasno da catedral de Santiago” (Ed. Tambre) Luisa Villar Liébana sabe moi ben que as vellas catedrais gardan segredos. Pode ser que se convertan na morada de seres fantásticos como os trasnos.

Coñece os segredos da catedral á vez que disfrutas dunha fantástica aventura.

“O carteiro de Bagdad” (Editorial Tambre)

Marcos S. Calveiro trasládanos nesta historia ata Bagdad, unha cidade que hoxe resiste baixo as bombas e o fogo cruzado. As escolas pecharon e os nenos xa non xogan na rúa. Alleo a todo isto, Ibrahim reparte o correo na súa bicicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.

En CASTELÁN: ““Jacobo Dos-Dos”. (Editorial Almadraba ) A familia de Jacobo Dos-Dos embarca no buque Haceaguas rumbo a Candá.A bordo,algo cheira mal. Unha serie de cousas-un parche,un loro que non deixa de graznar e un un barco que navega con bandeira pirata.

O autor Mordecai Richler fai unha lectura divertida con Jacobo Dos-Dos

“Aventuras en Espiral. Mil millones de tuberías 2”( Editorial Anaya)

Fai meses caeu un meteorito no patio de M. producíronse grandes cambios no reino das tuberías, unha nova cor: o verde, estraña e preocupa ós seus habitantes. Se queres saber máis, entrade no libro deste escritor chamado Diego Arboleda.

AS SUXERENCIAS DE ZONGALO QUIRICO

BIBLIOTECA E EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

DOCEIP RECIMIL

Vivendas Protexidas s/n

Ferrol 15403 A Coruña

Teléfono/Fax 981 312846

http://www.centros/ceiprecimil.edu.xunta.es

Page 2: Lecturas de Nadal

ZONGALO QUIRICO deséxavos unhas boas vacacións de NADAL e por suposto tamén unhas boas lecturas.

Este curso 2011-2012 a vosa mascota, lembra que todos estes libros que aquí presenta son moi, pero que moi especiais. Son libros lidos e elixidos polo voso galo, Zongalo Quirico.

Zongalo Qurico desexa que nestas vacacións aproveitedes para descansar pero tamén para disfrutar destes marabillosos libros. Buscade un ratiño do voso tempo e metédevos nestas historias tan pero que tan especiais.

O voso galo vos recomenda libros de:- Aventuras - Animais- Lugares - Culturas- Viaxes -........- Nen@s - Humorísticos

Zongalo Quirico, asesorado polos mestres e mestras do Equipo de Biblioteca e do Equipo de Normalización Lingüística seleccionou algúns libros que vos poden interesar pero sen esquecer que sodes vós, lectores, os que decidides que queredes ler.

Boas vacacións, boas lecturas e ata.... o aninovo.EDUCACIÓN INFANTIL

3 ANOSEn GALEGO:

“Tito fai de mago” (Ed. Tambre)Tito é un pallaso e estrela indiscutible do circo Rando. Tito admira tanto ao mago do circo que devece por facer fermosos xogos de maxia coma el. Guido Van Genechten preséntanos varios libros nos que Tito é o protagonista.

En CASTELÁN:

“ El pollo Pepe” (Editorial S. M)Neste libro de NIick Denchfield, conta a historia do polo Pepe, que está medrando moito porque come moi ben, aínda que a súa nai é mais grande que el.

Un libro que gusta moito aos nenos máis pequenos.

EDUCACIÓN INFANTIL4-5 ANOS

En GALEGO:

“A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” (Editorial kalandraka)

Un conto escrito por Werner Holzwarth e traducido a máis de 20 idiomas. Non falta de nada nesta historia da toupiña que ten un sombreiro tan especial: humor, xogos, preciosas ilustracións, descricións de animais...Pero por riba de todo é un libro para rir a

gargalladas en familia.

En CASTELÁN:

“La cebra Camila” (Editorial Kalandraka)

Alá onde remata o mundo, no país onde da a volta o vento, vivía unha pequena cebra chamada Camila. En aquel lugar, o vento era moi traveso. Camila tiña que camiñar con moito coidado para non perder a súa roupa.

A autora Marisa Núñez expón no conto como a cebra Camila non segue os consellos da nai.

“ La Navidad de Emilio y Lilú”(Editorial Edelvives)

Emilio e Lilú, protagonistas desta colección farán as delicias dos nosos pequenos lectores, invitándoos a espertar a súa imaxinación.

O seu autor, Roméo P. preséntanos con humor e tenrura a chegada do Nadal.

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º CICLO

En GALEGO: “Pupi e as pantasmas” (Editorial S.M.)

María Méndez Ponte é a autora deste e moitos outros libros, onde Pupi, a nosa mascota preferida, vive extraordinarias aventuras. Nesta ocasión intentará descubrir de onde saen todas esas pantasmas...

“Sete casas, sete bruxas e un ovo” (Editorial S.M.)

A recoñecida escritora Gloria Sánchez volve a sorprendernos con esta historia.

As sete bruxas da árbore están enfadadas entre elas porque todas se namoraron do guapo príncipe. Rodearon as súas casas de trampas, pero de súpeto...

En CASTELÁN:

“Celestino “ (Editorial Almadraba)O autor Febe Sillani preséntanos ó elefante Celestino que atopou un ovo perdido no chan e coa axuda dos seus amigos debe descubrir a quen pertence. Queres saber quen saíu do ovo?

“Josefina busca un tesoro” (Editorial Anaya )Un bo día,Xosefina encóntrase un curioso papel examínao e sen dúbida, é o mapa dun tesouro! Xosefina e os seus amigos deciden buscalo e se plantan na horta e comeza a maior escavación arqueolóxica da historia. O autor Alexander Steffensmeier, sorpréndenos cun final moi pero que moi especial.