sxestións lecturas nadal

11
Fernando Casado Mora “Ilusiones” Ler, participar, é facer literatura. Ensinade a ler, por favor, ensinade a ler nos libros, no vento, nos charcos dun día de choiva, no bosque e na luz, ensinade a ler, pídovolo, para que ninguén creza ata a idade da avaricia e o desamorJuan Farias

Upload: lolylago

Post on 13-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Suxestións lectura, cine, música e videoxogos para un Nadal de lecturas compartidas

TRANSCRIPT

Page 1: Sxestións lecturas Nadal

Fernando Casado Mora

“Ilusiones”

“Ler, participar,

é facer

literatura.

Ensinade a ler,

por favor,

ensinade a ler

nos libros, no

vento, nos

charcos dun día

de choiva, no

bosque e na luz,

ensinade a ler,

pídovolo, para

que ninguén

creza ata a

idade da

avaricia e o

desamor”

Juan Farias

Page 2: Sxestións lecturas Nadal

O cabaleiro Herr Hans de Ringstetten ten que

atravesar un bosque como proba de valor, pero os

seus pasos Lévano a lugares inesperados, onde

coñece á belísima ninfa Ondina, da que queda

prendado ao instante. O pasado da rapaza como

criatura do bosque non impide o seu casamento,

pero traerá máis desgrazas das que ambos os dous

imaxinaban.

Unha lenda máxica de amor, ciumes e traxedia, con

espectaculares ilustracións de Benjamin Lacombe e

páxinas con transparencias que nos internan no

mundo das ninfas da auga.

O caderno perdido está baseado nas

notas persoais e os esbozos de

Leonardo da Vinci, o xenio do

Renacemento máis influinte da

Historia. O texto, os debuxos e os

despregables dos seus inventos máis

famosos, que nunca conseguirán

materializarse –ata agora-, ofrecen

unha fascinante visión dos

pensamentos dun home que sempre

foi quen de ir un paso máis aló.

Page 3: Sxestións lecturas Nadal

.

Case 100 personaxes sóbense a este

pequeno teatro de Rébecca

Dautremer.

Un libro con espectaculares

troqueles que recolle moitos dos

personaxes e algunhas frases dos

libros desta magnífica ilustradora.

¡Damas e cabaleiros, asómense a

este máxico teatro ilustrado!

Sabela tomou unha decisión persoal: Quere saber a verdade do seu propio pasado. Non obstante, para logralo debe recorrer á memoria de Fidel, unha memoria que xa non é o que era e que ademais agacha canto non ten vontade de lembrar.

Page 4: Sxestións lecturas Nadal

Naquela época, o futuro afastado era algo

indefinido, non sabía que nome poñer ás

miñas vas ilusións. Acostumaba estar soa,

deambulaba polas rúas interminables, e

cando se levantaba o vento sentíame como

follaxe. Contemplaba o ceo estrelado,

desexando saber se habería alguén nalgún

lugar do mundo encamiñándose cara a mín.

Era como a luz, que vai dunha estrela a outra.

Logo apareciches ti. E despois separámonos.

Esperabamos a xuventude, pero

equivocámonos un co outro.

« Este libro está dedicado aos nenos e adultos que

deixaron de buscar un mundo perfecto».

Page 5: Sxestións lecturas Nadal

Á volta da súa viaxe, o escritor Xabier Louzao

atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle

escribirá durante a súa ausencia. Unhas cartas

que, nunha espiral de enigmas, descobren os

estraños suceso que está a vivir Adrián na súa

nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa

axuda. Mais alí, os dous amigos Terán que

enfrontarse a misterios que talvez as persoas

nin tan sequera somos capaces de imaxinar.

Antonio Seijas é o autor desta versión en

banda deseñada de Cartas de Inverno, a

extraordinaria novela de terror de Agustín

Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa

galega contemporánea.

Seúl, nun futuro

afastado. Tres tramas

paralelas, que

acabarán

entrelazándose: unha

científica leva a cabo

un experimento de

alto risco e de

consecuencias

funestas; un médico

faise cargo dun bebé

monstro e necesitará

droga dura para

soportalo; unha

parella atópase na

estrada cunha muller

de pel verde… Os

destinos destes

estraños personaxes

entrecrúzanse

inexorablemente, nun

movemento circular

imparable, facendo

encaixar ao milímetro

todas as pezas dun

guión do máis insán.

Page 6: Sxestións lecturas Nadal
Page 7: Sxestións lecturas Nadal

Esta obra é unha construción

de humor e dor. Unha

novela da vida para chorar e

rir. As voces baixas son as

criaturas, os nenos e nenas,

as mulleres que falan soas,

os mortos, os animais… É un

libro no que se entrelazan a

memoria persoal e a

colectiva.

Dende o primeiro medo, o

narrador asiste á descuberta

da vida por mor da

existencia extraordinaria da

xente do común, as “voces

baixas” que non queren

dominar e que se alimentan

de contos.

Do G ao Z, de Manuel

Veiga, é un dicionario

humorístico e

indignado que comeza

pola letra «G» e no que

se van definindo, con

moita retranca,

palabras que teñen que

ver coa actualidade, coa

política, coa cultura e

coa historia, sempre

cun enorme sentido de

humor

Page 8: Sxestións lecturas Nadal

A historia de Lindaciudad,

unha poboación que é vitima

do maleficio dunha extrana

muller Guiados por un

contacontos, acompañarán a

unha intrépida rapaza, Idra, a

descubrir o misterio desta

cidade, mentras resolven

distintos xogos de

desenvolverán a súa

capacidade memorística e de

atención

Xogo interactivo cooperativo

elaborado polo grupo de

xénero da Coordinadora de

ONGD do Principado de

Asturias no que deberás

"conquistar o mundo" en

favor da igualdade e que ten

como obxectivo sensibilizar

aos xoves e adolescentes

sobre as situacións de

violencia que sofren as

mulleres no mundo.

Page 9: Sxestións lecturas Nadal

Neste libro reúnense 50

fascinantes óperas, moitas

delas consideradas as máis

famosas de todos os tempos.

É un libro claro, pero tamén

é unha invitación á ópera,

que é unha forma de arte

moi especial e moi completa.

Hai quen di que a ópera é a

máis importante das artes,

porque é unha suma de

moitas outras artes. Isto é

moi certo, pero a ópera é

moito máis que a suma

desas outras artes; é unha

arte coas súas propias

calidades especiais, un arte

que apaixona e ás veces

tolea a quen gusta del.

Page 10: Sxestións lecturas Nadal

Un preso fugado do cárcere intenta recuperar o botín agochado uns anos antes nunha remota e solitaria aldea; pero o que alí atopa supón unha condena peor que o cárcere. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mesmísimo arcipreste de Santiago protagonizan unha historia de terror, humor e fantasía.

A aventura conta a viaxe de Bilbo

Bolsón, quen se ve arrastrado a unha

épica busca que o levará a reclamar

o reino que anos atrás perderon os

ananos a mans do terrible dragón

Smaug. Sen velo vir, e convencido

polo mago Gandalf o Gris, Bilbo

acaba formando parte dunha

compañía de 12 ananos liderados

polo lexendario guerreiro Thorin,

Escudo de Roble. A súa viaxe

levaraos ao salvaxe, a través de

terras perigosas infestadas de

trasgos, orcos e huangos mortíferos,

así como do misterioso e sinistro

Nigromante, ata que coñece a unha

criatura que cambiará a súa vida

para sempre… Gollum

Page 11: Sxestións lecturas Nadal